Os segredos de aprender unha nova lingua
-
0:02 - 0:04Encántame aprender linguas estranxeiras.
-
0:05 - 0:09Encántame tanto que me gusta aprender
unha nova cada dous anos, -
0:09 - 0:11actualmente estou coa oitava.
-
0:11 - 0:13Cando a xente coñece isto de min,
pregúntanme: -
0:14 - 0:15"Como o fas? Cal é o teu segredo?"
-
0:16 - 0:19E, sendo sincera, durante moitos anos
a miña resposta era: -
0:19 - 0:21"Non sei, simplemente
encántame aprender linguas". -
0:22 - 0:24Pero a xente nunca estaba
contenta coa resposta. -
0:24 - 0:28Querían saber por que botaban anos
intentando aprender unha lingua -
0:28 - 0:30sen conseguir fluidez,
-
0:30 - 0:32e aquí estou eu, aprendendo
unha despois doutra. -
0:33 - 0:35Querían saber o segredo dos políglotas,
-
0:35 - 0:37xente que fala moitas linguas.
-
0:37 - 0:39E iso tamén me fixo pensar a min
-
0:39 - 0:41Como o fan os outros políglotas?
-
0:41 - 0:43Que temos en común?
-
0:43 - 0:45E que é o que nos permite
-
0:45 - 0:47aprender linguas
moito máis rápido ca outros? -
0:48 - 0:51Decidín reunirme con outra xente
coma min e descubrilo. -
0:52 - 0:54O mellor lugar para atopar
moitos políglotas -
0:54 - 0:56é un evento onde centos de amantes
das linguas -
0:56 - 0:59se reúnen para practicar as súas.
-
0:59 - 1:02Hai bastantes eventos así
organizados en todo o mundo, -
1:02 - 1:04polo que decidín ir a un
-
1:04 - 1:06e preguntarlles a políglotas
que métodos usan. -
1:07 - 1:09E coñecín a Benny, de Irlanda,
-
1:09 - 1:13que me dixo que o seu método
era falalas dende o primeiro día. -
1:14 - 1:17Aprende algunhas frases
dun libro de viaxes, -
1:17 - 1:19vai coñecer falantes nativos
-
1:19 - 1:21e empeza conversar con eles de seguido.
-
1:22 - 1:24Non lle importa ter 200 erros ao día,
-
1:24 - 1:27porque así é como aprende,
a partir dos comentarios. -
1:27 - 1:30E o mellor é que hoxe en día
non precisa viaxar moito, -
1:31 - 1:33xa que podes conversar
con nativos facilmente -
1:33 - 1:36dende a comodidade do salón
utilizando webs. -
1:36 - 1:38Tamén coñecín a Lucas, do Brasil,
-
1:38 - 1:41que tiña un xeito de aprender
ruso moi interesante. -
1:41 - 1:46Só engadiu cen falantes aleatorios
de ruso como amigos en Skype, -
1:47 - 1:51e logo --en serio-- abriu
un chat privado cun deles -
1:51 - 1:52e escribiu "Ola" en ruso.
-
1:53 - 1:55A persoa respondeu "Ola, que tal?"
-
1:56 - 2:00Lucas copiou isto e púxoo
nun chat con outra persoa, -
2:00 - 2:03que dixo "Estou ben, grazas. E ti?"
-
2:04 - 2:06Lucas copiou isto para a primeira persoa,
-
2:07 - 2:10e desta forma tiña a dous estranxeiros
conversando entre eles -
2:10 - 2:11sen sabelo.
-
2:11 - 2:12(Risas)
-
2:13 - 2:14E axiña empezou a escribir el tamén,
-
2:14 - 2:16porque tiña tantas conversas deste tipo
-
2:16 - 2:19que descifrou como adoitan empezar
as conversas entre rusos. -
2:20 - 2:21Que método máis enxeñoso, non si?
-
2:22 - 2:27E logo coñecín políglotas que empezan
imitando os sons do idioma, -
2:27 - 2:31e outros que sempre aprendían
as 500 palabras máis usadas da lingua, -
2:31 - 2:35e outros que sempre empezaban
lendo sobre a gramática. -
2:36 - 2:38Se lles preguntei a cen políglotas,
-
2:38 - 2:41escoitei cen formas distintas
de aprender linguas. -
2:42 - 2:45Todo o mundo parece ter un método único
sobre como aprender un idioma, -
2:45 - 2:49mais todos chegamos ó mesmo resultado
de falarmos moitas linguas fluidamente. -
2:50 - 2:54Mentres lles escoitaba falar
dos seus métodos, -
2:54 - 2:56de súpeto vino claro:
-
2:57 - 3:00o único que todos temos en común
-
3:00 - 3:05é que atopamos xeitos de disfrutar
do proceso de aprender linguas. -
3:05 - 3:08Todos os políglotas falaban
de aprender idiomas -
3:08 - 3:10coma se fose divertido.
-
3:10 - 3:11Teriades que lles ver as caras
-
3:11 - 3:14cando me ensinaban
as táboas coloridas de gramática -
3:14 - 3:16e os cartóns cuidadosamente feitos a man,
-
3:16 - 3:19e as súas estatísticas aprendendo léxico
usando aplicacións, -
3:19 - 3:24e incluso como lles gusta cociñar
a partir de receitas noutra lingua. -
3:25 - 3:26Todos usan distintos métodos,
-
3:26 - 3:30pero sempre se aseguran de que sexa algo
que lles gusta persoalmente. -
3:30 - 3:34Decateime de que así é tamén
como aprendo eu. -
3:34 - 3:38Cando estudaba español,
aburríame o texto do libro de clase. -
3:38 - 3:39Quen quere ler sobre José
-
3:40 - 3:42preguntando direcións na estación de tren,
verdade? -
3:43 - 3:45Eu pola contra quería ler Harry Potter,
-
3:45 - 3:47porque de pequena era o meu libro favorito
-
3:47 - 3:49e lérao moitas veces.
-
3:49 - 3:52Así que conseguín a tradución ao español
de Harry Potter e empecei a ler, -
3:53 - 3:56e por suposto, ao comezo
non entendín case nada, -
3:56 - 3:58mais seguín lendo
porque me encantaba o libro, -
3:58 - 4:02é ó final da novela, podía seguila
case sen problemas. -
4:02 - 4:05E o mesmo pasou cando aprendín alemán.
-
4:05 - 4:08Decidín ver Friends,
a miña serie favorita, en alemán, -
4:08 - 4:11e de novo, ao comezo,
era todo un sensentido. -
4:11 - 4:14Non sabía onde acababa una palabra
e onde empezaba a seguinte, -
4:15 - 4:17pero seguina vendo porque era Friends.
-
4:17 - 4:19Podo vela en calquera idioma. Encántame.
-
4:20 - 4:22E despois da segunda ou terceira tempada,
-
4:22 - 4:24de verdade, o diálogo
empezaba a ter sentido. -
4:25 - 4:28Só me decatei disto
ó falar cos políglotas. -
4:28 - 4:30Non somos xenios
-
4:30 - 4:32nin temos atallos para aprender linguas.
-
4:32 - 4:36Só atopamos formas de gozar do proceso,
-
4:36 - 4:39como transformar o aprender unha lingua
dunha materia aburrida -
4:39 - 4:43nunha actividade pracenteira
que non che importa facer a diario. -
4:44 - 4:46Se non che gusta
escribir palabras en papel, -
4:46 - 4:47podes telas nunha aplicación.
-
4:47 - 4:50Se non che gusta escoitar
o contido aburrido dos libros, -
4:50 - 4:54busca contido interesante en Youtube
ou en podcasts para calquera lingua. -
4:55 - 4:56Se es máis ben introvertido
-
4:56 - 4:59e non imaxinas falar con nativos aínda,
-
4:59 - 5:02podes pór en práctica
o de falar contigo mesmo. -
5:02 - 5:04Podes facelo na comodidade do cuarto,
-
5:04 - 5:07describindo os plans para a fin de semana,
como che foi o día -
5:07 - 5:09ou collendo unha foto aleatoria do móbil
-
5:09 - 5:13e describíndolla ó teu amigo imaxinario.
-
5:13 - 5:16Así é como os políglotas aprenden linguas,
-
5:16 - 5:19e o mellor é que pode facelo todo aquel
-
5:19 - 5:21disposto a aprender pola súa conta.
-
5:23 - 5:25Coñecer outros políglotas axudoume
a ver -
5:25 - 5:28que é crucial atopar divertimento
-
5:28 - 5:29no proceso da aprendizaxe de linguas,
-
5:30 - 5:33pero tamén que só co divertimento
non abonda. -
5:34 - 5:36Se queres ter fluidez
nun idioma estranxeiro, -
5:36 - 5:39tamén deberás aplicar tres principios.
-
5:40 - 5:42Primeiro, precisarás métodos efectivos.
-
5:43 - 5:47Se intentas memorizar
unha lista de palabras para un test mañá, -
5:47 - 5:49as palabras quedarán
na memoria a curto prazo -
5:49 - 5:51e esqueceralas aos poucos días.
-
5:51 - 5:54Porén, se queres mantelas
na memoria a longo prazo, -
5:54 - 5:57tes que revisalas varias veces
ao longo duns poucos días -
5:57 - 6:00usando a chamada "repetición espacial".
-
6:00 - 6:04Podes empregar aplicacións baseadas
neste sistema coma Anki ou Memrise, -
6:04 - 6:07ou podes escribir listas de palabras
nun caderno co método Goldlist, -
6:07 - 6:10moi popular entre moitos políglotas.
-
6:10 - 6:14Se non estás seguro de que métodos
son efectivos e están dispoñibles, -
6:14 - 6:17busca canles de Youtube
e webs de políglotas -
6:17 - 6:18e colle inspiración deles.
-
6:19 - 6:21Se lles funciona,
seguramente a ti tamén. -
6:23 - 6:25O terceiro principio a seguir
-
6:25 - 6:27é creares un sistema adaptado
á túa aprendizaxe. -
6:28 - 6:32Todos estamos moi ocupados e ninguén ten
tempo de aprender unha lingua hoxe, -
6:32 - 6:35pero podemos crear ese tempo
se o planeamos un pouco antes. -
6:36 - 6:39Podes levantarte 15 minutos
antes do normal? -
6:39 - 6:42Sería un momento perfecto
para revisar algo de vocabulario. -
6:43 - 6:46Podes escoitar un podcast mentres conduces
de camiño ó traballo? -
6:46 - 6:50Ese sería un momento xenial
para adquirir experiencia auditiva. -
6:50 - 6:53Hai moitas cousas que se poden facer
sen planear sequera ese tempo extra, -
6:53 - 6:56como escoitar podcasts indo ó traballo
-
6:56 - 6:58ou facendo as tarefas da casa.
-
6:58 - 7:01O importante é
crear un plan na aprendizaxe. -
7:01 - 7:03"Practicarei o oral cada martes e xoves
-
7:03 - 7:05cun amigo durante 20 minutos".
-
7:06 - 7:10"Escoitarei un vídeo de YouTube
mentres almorzo". -
7:10 - 7:12Se creas un sistema para aprender,
-
7:12 - 7:14non precisas buscar tempo extra,
-
7:14 - 7:16porque se volve parte da túa vida cotiá.
-
7:18 - 7:21Para terminarmos, se queres aprender
unha lingua con fluidez, -
7:21 - 7:24necesitas un pouco de paciencia.
-
7:25 - 7:27Non se pode aprender un idioma
en dous meses, -
7:27 - 7:31pero si se poden facer mellorías
visibles en dous meses, -
7:31 - 7:35se aprendes todos os días
en pequenas doses dun xeito que che guste. -
7:35 - 7:37E non hai nada que motive máis
-
7:37 - 7:38que o noso propio éxito.
-
7:39 - 7:41Lembro vividamente o momento
-
7:41 - 7:45en que entendín a primeira broma en alemán
vendo Friends. -
7:45 - 7:47Estaba tan feliz e motivada
-
7:47 - 7:50que continuei vendo
dous episodios máis ese día, -
7:50 - 7:52e segundo ía vendo máis,
-
7:52 - 7:56tiña cada vez máis deses momentos
de entendemento, de pequenas vitorias, -
7:56 - 8:00e pouco a pouco, cheguei ó nivel
en que podía usar a lingua -
8:00 - 8:03libremente e con fluidez
para expresar calquera cousa. -
8:03 - 8:04É un sentimento marabilloso.
-
8:05 - 8:06Nunca te fartas del,
-
8:07 - 8:09e por iso aprendo
unha lingua cada dous anos. -
8:09 - 8:11Así que este é todo o segredo políglota.
-
8:11 - 8:14Buscar métodos efectivos
que poidas usar sistematicamente -
8:14 - 8:17durante algún tempo
dun xeito que che dea goce, -
8:18 - 8:22e así é como os políglotas
aprenden linguas en meses e non en anos. -
8:23 - 8:25Agora algúns estaredes pensando,
-
8:25 - 8:27"Iso está moi ben, gozar da aprendizaxe,
-
8:27 - 8:30pero o segredo real non será
que os políglotas -
8:30 - 8:32simplemente teñen moito talento
e a maioría de nós non? -
8:33 - 8:36Hai unha cousa que non vos dixen
sobre Benny e Lucas. -
8:37 - 8:43Benny fixera 11 anos de irlandés gaélico
e cinco de alemán no colexio. -
8:43 - 8:46Non os podía falar cando se graduou.
-
8:46 - 8:50Ata os 21, pensaba que non tiña
o xene da lingua -
8:50 - 8:52e que non podía falar outra lingua.
-
8:53 - 8:56Entón empezou a buscar
o seu modo de aprender linguas, -
8:56 - 9:00que era falar con nativos
e recibir as súas críticas, -
9:00 - 9:04e hoxe Benny pode ter facilmente
unha conversa en 10 linguas. -
9:05 - 9:08Lucas intentou aprender inglés
no colexio durante 10 anos. -
9:08 - 9:11Era un dos peores alumnos da clase.
-
9:11 - 9:13O seus amigos facíanlle burla
-
9:13 - 9:15e déronlle un libro de ruso de brincadeira
-
9:15 - 9:19porque pensaban que nunca aprendería
ese idioma, nin outro. -
9:19 - 9:21E Lucas empezou a experimentar
con métodos, -
9:22 - 9:24buscando a súa propia forma de aprender,
-
9:25 - 9:28por exemplo, falando por chat
no Skype con estraños. -
9:29 - 9:31E 10 anos despois,
-
9:31 - 9:34Lucas pode falar con fluidez 11 linguas.
-
9:35 - 9:37Soa a milagre?
-
9:37 - 9:40Vexo milagres así todos os días.
-
9:41 - 9:42Como mentora de linguaxe,
-
9:42 - 9:45axúdolle á xente a aprender idiomas
por si mesmos, -
9:45 - 9:46e véxoo todos os días.
-
9:46 - 9:50A xente loita para aprender linguas
cinco, 10 e 20 anos, -
9:50 - 9:54e de súpeto toman a aprendizaxe
pola súa conta, -
9:54 - 9:57empezan a utilizar materiais
que lles gustan, métodos máis efectivos, -
9:57 - 9:59ou fan un seguimento da aprendizaxe
-
9:59 - 10:02para poder apreciar o seu propio progreso,
-
10:02 - 10:04e é aí cando de súpeto
-
10:04 - 10:08atopan maxicamente o talento lingüístico
que lles faltara toda a vida. -
10:09 - 10:12Así que se intentaches
aprender unha lingua -
10:12 - 10:14e te deches por vencido,
pensando que é difícil -
10:14 - 10:16ou que non tes talento para os idiomas,
-
10:16 - 10:18inténtao outra vez.
-
10:18 - 10:21Quizais esteas a só un método divertido
-
10:21 - 10:23de aprenderes esa lingua con fluidez.
-
10:23 - 10:27Quizais esteas a un método
de converterte en políglota. -
10:27 - 10:28Grazas.
-
10:28 - 10:32(Aplausos)
- Title:
- Os segredos de aprender unha nova lingua
- Speaker:
- Lýdia Machová
- Description:
-
Queres aprender una lingua nova pero ponche medo ou non tes claro por onde comezar? Lýdia Machová afirma que non se precisa un talento especial nin un "xene para os idiomas". Nunha charla alentadora e inspiradora, descobre os segredos dos políglotas (persoas que falan moitas linguas) e comparte catro principios para axudarche a desbloquear o teu talento oculto para as linguas --e pasalo ben mentres o fas.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 10:45
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for The secrets to learning a new language | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The secrets to learning a new language | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The secrets to learning a new language | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The secrets to learning a new language | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The secrets to learning a new language | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for The secrets to learning a new language | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for The secrets to learning a new language | ||
Alba Calderón Castro edited Galician subtitles for The secrets to learning a new language |