Encántame aprender linguas estranxeiras.
Encántame tanto que me gusta aprender
unha nova cada dous anos,
actualmente estou coa oitava.
Cando a xente coñece isto de min,
pregúntanme:
"Como o fas? Cal é o teu segredo?"
E, sendo sincera, durante moitos anos
a miña resposta era:
"Non sei, simplemente
encántame aprender linguas".
Pero a xente nunca estaba
contenta coa resposta.
Querían saber por que botaban anos
intentando aprender unha lingua
sen conseguir fluidez,
e aquí estou eu, aprendendo
unha despois doutra.
Querían saber o segredo dos políglotas,
xente que fala moitas linguas.
E iso tamén me fixo pensar a min
Como o fan os outros políglotas?
Que temos en común?
E que é o que nos permite
aprender linguas
moito máis rápido ca outros?
Decidín reunirme con outra xente
coma min e descubrilo.
O mellor lugar para atopar
moitos políglotas
é un evento onde centos de amantes
das linguas
se reúnen para practicar as súas.
Hai bastantes eventos así
organizados en todo o mundo,
polo que decidín ir a un
e preguntarlles a políglotas
que métodos usan.
E coñecín a Benny, de Irlanda,
que me dixo que o seu método
era falalas dende o primeiro día.
Aprende algunhas frases
dun libro de viaxes,
vai coñecer falantes nativos
e empeza conversar con eles de seguido.
Non lle importa ter 200 erros ao día,
porque así é como aprende,
a partir dos comentarios.
E o mellor é que hoxe en día
non precisa viaxar moito,
xa que podes conversar
con nativos facilmente
dende a comodidade do salón
utilizando webs.
Tamén coñecín a Lucas, do Brasil,
que tiña un xeito de aprender
ruso moi interesante.
Só engadiu cen falantes aleatorios
de ruso como amigos en Skype,
e logo --en serio-- abriu
un chat privado cun deles
e escribiu "Ola" en ruso.
A persoa respondeu "Ola, que tal?"
Lucas copiou isto e púxoo
nun chat con outra persoa,
que dixo "Estou ben, grazas. E ti?"
Lucas copiou isto para a primeira persoa,
e desta forma tiña a dous estranxeiros
conversando entre eles
sen sabelo.
(Risas)
E axiña empezou a escribir el tamén,
porque tiña tantas conversas deste tipo
que descifrou como adoitan empezar
as conversas entre rusos.
Que método máis enxeñoso, non si?
E logo coñecín políglotas que empezan
imitando os sons do idioma,
e outros que sempre aprendían
as 500 palabras máis usadas da lingua,
e outros que sempre empezaban
lendo sobre a gramática.
Se lles preguntei a cen políglotas,
escoitei cen formas distintas
de aprender linguas.
Todo o mundo parece ter un método único
sobre como aprender un idioma,
mais todos chegamos ó mesmo resultado
de falarmos moitas linguas fluidamente.
Mentres lles escoitaba falar
dos seus métodos,
de súpeto vino claro:
o único que todos temos en común
é que atopamos xeitos de disfrutar
do proceso de aprender linguas.
Todos os políglotas falaban
de aprender idiomas
coma se fose divertido.
Teriades que lles ver as caras
cando me ensinaban
as táboas coloridas de gramática
e os cartóns cuidadosamente feitos a man,
e as súas estatísticas aprendendo léxico
usando aplicacións,
e incluso como lles gusta cociñar
a partir de receitas noutra lingua.
Todos usan distintos métodos,
pero sempre se aseguran de que sexa algo
que lles gusta persoalmente.
Decateime de que así é tamén
como aprendo eu.
Cando estudaba español,
aburríame o texto do libro de clase.
Quen quere ler sobre José
preguntando direcións na estación de tren,
verdade?
Eu pola contra quería ler Harry Potter,
porque de pequena era o meu libro favorito
e lérao moitas veces.
Así que conseguín a tradución ao español
de Harry Potter e empecei a ler,
e por suposto, ao comezo
non entendín case nada,
mais seguín lendo
porque me encantaba o libro,
é ó final da novela, podía seguila
case sen problemas.
E o mesmo pasou cando aprendín alemán.
Decidín ver Friends,
a miña serie favorita, en alemán,
e de novo, ao comezo,
era todo un sensentido.
Non sabía onde acababa una palabra
e onde empezaba a seguinte,
pero seguina vendo porque era Friends.
Podo vela en calquera idioma. Encántame.
E despois da segunda ou terceira tempada,
de verdade, o diálogo
empezaba a ter sentido.
Só me decatei disto
ó falar cos políglotas.
Non somos xenios
nin temos atallos para aprender linguas.
Só atopamos formas de gozar do proceso,
como transformar o aprender unha lingua
dunha materia aburrida
nunha actividade pracenteira
que non che importa facer a diario.
Se non che gusta
escribir palabras en papel,
podes telas nunha aplicación.
Se non che gusta escoitar
o contido aburrido dos libros,
busca contido interesante en Youtube
ou en podcasts para calquera lingua.
Se es máis ben introvertido
e non imaxinas falar con nativos aínda,
podes pór en práctica
o de falar contigo mesmo.
Podes facelo na comodidade do cuarto,
describindo os plans para a fin de semana,
como che foi o día
ou collendo unha foto aleatoria do móbil
e describíndolla ó teu amigo imaxinario.
Así é como os políglotas aprenden linguas,
e o mellor é que pode facelo todo aquel
disposto a aprender pola súa conta.
Coñecer outros políglotas axudoume
a ver
que é crucial atopar divertimento
no proceso da aprendizaxe de linguas,
pero tamén que só co divertimento
non abonda.
Se queres ter fluidez
nun idioma estranxeiro,
tamén deberás aplicar tres principios.
Primeiro, precisarás métodos efectivos.
Se intentas memorizar
unha lista de palabras para un test mañá,
as palabras quedarán
na memoria a curto prazo
e esqueceralas aos poucos días.
Porén, se queres mantelas
na memoria a longo prazo,
tes que revisalas varias veces
ao longo duns poucos días
usando a chamada "repetición espacial".
Podes empregar aplicacións baseadas
neste sistema coma Anki ou Memrise,
ou podes escribir listas de palabras
nun caderno co método Goldlist,
moi popular entre moitos políglotas.
Se non estás seguro de que métodos
son efectivos e están dispoñibles,
busca canles de Youtube
e webs de políglotas
e colle inspiración deles.
Se lles funciona,
seguramente a ti tamén.
O terceiro principio a seguir
é creares un sistema adaptado
á túa aprendizaxe.
Todos estamos moi ocupados e ninguén ten
tempo de aprender unha lingua hoxe,
pero podemos crear ese tempo
se o planeamos un pouco antes.
Podes levantarte 15 minutos
antes do normal?
Sería un momento perfecto
para revisar algo de vocabulario.
Podes escoitar un podcast mentres conduces
de camiño ó traballo?
Ese sería un momento xenial
para adquirir experiencia auditiva.
Hai moitas cousas que se poden facer
sen planear sequera ese tempo extra,
como escoitar podcasts indo ó traballo
ou facendo as tarefas da casa.
O importante é
crear un plan na aprendizaxe.
"Practicarei o oral cada martes e xoves
cun amigo durante 20 minutos".
"Escoitarei un vídeo de YouTube
mentres almorzo".
Se creas un sistema para aprender,
non precisas buscar tempo extra,
porque se volve parte da túa vida cotiá.
Para terminarmos, se queres aprender
unha lingua con fluidez,
necesitas un pouco de paciencia.
Non se pode aprender un idioma
en dous meses,
pero si se poden facer mellorías
visibles en dous meses,
se aprendes todos os días
en pequenas doses dun xeito que che guste.
E non hai nada que motive máis
que o noso propio éxito.
Lembro vividamente o momento
en que entendín a primeira broma en alemán
vendo Friends.
Estaba tan feliz e motivada
que continuei vendo
dous episodios máis ese día,
e segundo ía vendo máis,
tiña cada vez máis deses momentos
de entendemento, de pequenas vitorias,
e pouco a pouco, cheguei ó nivel
en que podía usar a lingua
libremente e con fluidez
para expresar calquera cousa.
É un sentimento marabilloso.
Nunca te fartas del,
e por iso aprendo
unha lingua cada dous anos.
Así que este é todo o segredo políglota.
Buscar métodos efectivos
que poidas usar sistematicamente
durante algún tempo
dun xeito que che dea goce,
e así é como os políglotas
aprenden linguas en meses e non en anos.
Agora algúns estaredes pensando,
"Iso está moi ben, gozar da aprendizaxe,
pero o segredo real non será
que os políglotas
simplemente teñen moito talento
e a maioría de nós non?
Hai unha cousa que non vos dixen
sobre Benny e Lucas.
Benny fixera 11 anos de irlandés gaélico
e cinco de alemán no colexio.
Non os podía falar cando se graduou.
Ata os 21, pensaba que non tiña
o xene da lingua
e que non podía falar outra lingua.
Entón empezou a buscar
o seu modo de aprender linguas,
que era falar con nativos
e recibir as súas críticas,
e hoxe Benny pode ter facilmente
unha conversa en 10 linguas.
Lucas intentou aprender inglés
no colexio durante 10 anos.
Era un dos peores alumnos da clase.
O seus amigos facíanlle burla
e déronlle un libro de ruso de brincadeira
porque pensaban que nunca aprendería
ese idioma, nin outro.
E Lucas empezou a experimentar
con métodos,
buscando a súa propia forma de aprender,
por exemplo, falando por chat
no Skype con estraños.
E 10 anos despois,
Lucas pode falar con fluidez 11 linguas.
Soa a milagre?
Vexo milagres así todos os días.
Como mentora de linguaxe,
axúdolle á xente a aprender idiomas
por si mesmos,
e véxoo todos os días.
A xente loita para aprender linguas
cinco, 10 e 20 anos,
e de súpeto toman a aprendizaxe
pola súa conta,
empezan a utilizar materiais
que lles gustan, métodos máis efectivos,
ou fan un seguimento da aprendizaxe
para poder apreciar o seu propio progreso,
e é aí cando de súpeto
atopan maxicamente o talento lingüístico
que lles faltara toda a vida.
Así que se intentaches
aprender unha lingua
e te deches por vencido,
pensando que é difícil
ou que non tes talento para os idiomas,
inténtao outra vez.
Quizais esteas a só un método divertido
de aprenderes esa lingua con fluidez.
Quizais esteas a un método
de converterte en políglota.
Grazas.
(Aplausos)