A "aldea da demencia" que está a redefinir o coidado de anciáns
-
0:01 - 0:03Isto é Hogeweyk.
-
0:03 - 0:07É un barrio dunha pequena cidade
moi preto de Ámsterdam, en Holanda. -
0:08 - 0:11Hai 27 casas con seis ou sete persoas
en cada unha. -
0:12 - 0:14Hai un pequeno centro comercial
cun restaurante, -
0:14 - 0:17un bar, un supermercado e un pub.
-
0:17 - 0:22Tamén ten rúas, canellas, un teatro...
-
0:22 - 0:25En realidade trátase
dunha residencia de anciáns. -
0:25 - 0:31Unha residencia para persoas
con demencia avanzada -
0:31 - 0:34que necesitan atención
24 horas 7 días á semana. -
0:35 - 0:38A demencia é unha enfermidade terrible
-
0:38 - 0:42para a que aínda non temos cura.
-
0:42 - 0:46Estase a converter
nun problema grave no mundo -
0:46 - 0:49para a xente, para os políticos,
para todos... -
0:49 - 0:51estase a converter nun problema moi serio.
-
0:51 - 0:55Sabemos que nas residencias de anciáns
hai lista de espera. -
0:55 - 0:59A maior parte das persoas con demencia
que entran nunha residencia son mulleres. -
0:59 - 1:03Isto débese a que as mulleres
-
1:03 - 1:05están acostumadas a coidar persoas,
-
1:05 - 1:09así que amáñanse para coidar
os seus maridos con demencia. -
1:09 - 1:13Pero pola contra,
para os homes, non é tan fácil. -
1:14 - 1:19A demencia é unha enfermidade
que afecta o cerebro. -
1:19 - 1:21O cerebro está confundido.
-
1:21 - 1:25A xente xa non sabe que hora é,
-
1:25 - 1:27que pasa, quen son as demais persoas.
-
1:27 - 1:29Están moi confundidos.
-
1:29 - 1:31E por culpa desa confusión
-
1:31 - 1:37póñense nerviosos,
deprimidos, agresivos... -
1:39 - 1:41Esta é
unha residencia de anciáns tradicional. -
1:41 - 1:43Traballei alí en 1992.
-
1:43 - 1:46Eu era a responsable
do servizo de coidados. -
1:46 - 1:50A miúdo falabamos
de que o que faciamos alí -
1:50 - 1:54non era o que quereriamos
para os nosos maiores, -
1:54 - 1:57para os nosos amigos, para nós mesmos.
-
1:58 - 2:00E un día dixemos:
-
2:00 - 2:02"Por moito que falemos, nada vai cambiar.
-
2:02 - 2:04Nós estamos ao cargo.
-
2:04 - 2:06Deberíamos facer algo
-
2:06 - 2:10de maneira que queiramos traer
os nosos pais aquí". -
2:11 - 2:14Falámolo, e o que viamos a diario
-
2:14 - 2:17era que as persoas que vivían
na nosa residencia -
2:18 - 2:20estaban confundidas
con respecto á súa contorna -
2:20 - 2:23porque o que vían
era un ambiente de hospital -
2:23 - 2:28con médicos, enfermeiros
e paramédicos de uniforme, -
2:28 - 2:30e vivían permanentemente nunha sala.
-
2:30 - 2:33E non entendían por que estaban alí,
-
2:33 - 2:36entón buscaban lugares polos que saír.
-
2:37 - 2:42Buscaban con esperanza
a porta para volver para a casa. -
2:42 - 2:46E pensamos que
o que estabamos facendo nesa situación -
2:46 - 2:51era darlle a esa xente,
que xa ten a mente confusa, -
2:51 - 2:52máis confusión.
-
2:52 - 2:56Estabamos engadindo máis confusión
á confusión. -
2:56 - 2:59E iso non era o que esa xente necesitaba.
-
2:59 - 3:02Esa xente quería ter unha vida,
-
3:02 - 3:05e axuda, a nosa axuda,
para lidar con esa demencia. -
3:06 - 3:11Esta xente quería vivir nunha casa normal
-
3:11 - 3:12non nunha sala.
-
3:12 - 3:15Querían ter un fogar normal
-
3:15 - 3:20onde puidesen ulir
a cea ao lume na cociña. -
3:21 - 3:25Ou ser libres de ir á cociña
por algo para comer ou beber. -
3:26 - 3:28Iso era o que esa xente necesitaba.
-
3:28 - 3:30E iso era o que debíamos ofrecerlles.
-
3:31 - 3:36Pensamos que debiamos
organizar este lugar coma unha casa, -
3:36 - 3:41de xeito que non vivisen cun grupo
de 15, 20 ou 30 persoas nunha sala. -
3:41 - 3:46Non, un grupo pequeno de seis ou sete,
coma nunha familia. -
3:47 - 3:49Como vivir con amigos.
-
3:51 - 3:54E debiamos encontrar un modo de agrupalos
-
3:54 - 3:56segundo a súa maneira de pensar
-
3:56 - 4:00para que tivesen a oportunidade real
de facerse amigos -
4:00 - 4:02cando vivisen xuntos.
-
4:02 - 4:07Entrevistamos as familias dos residentes
e preguntámoslles -
4:07 - 4:09"Que é importante para teu pai?"
-
4:09 - 4:10"Que é importante para túa nai?"
-
4:10 - 4:13"Como é a súa vida?" "Que desexos teñen?"
-
4:13 - 4:15E identificamos sete grupos
-
4:15 - 4:17aos que chamamos
"grupos de estilo de vida". -
4:18 - 4:21E, por exemplo,
encontramos un estilo de vida formal. -
4:22 - 4:23Nese estilo de vida
-
4:23 - 4:27a xente interactúa
de maneira máis formal, -
4:27 - 4:28máis distante.
-
4:28 - 4:31O seu ritmo diario
empeza tarde e acaba tarde. -
4:32 - 4:35Neste estilo de vida escóitase
máis música clásica -
4:35 - 4:36ca nos outros grupos.
-
4:37 - 4:38En canto ao menú,
-
4:38 - 4:42ben... é máis afín á cociña francesa
que á holandesa tradicional. -
4:42 - 4:44(Risas)
-
4:44 - 4:47É o oposto
ao estilo de vida do obreiro. -
4:47 - 4:49Este é un estilo moi tradicional.
-
4:49 - 4:52A xente érguese cedo e déitase cedo
-
4:52 - 4:56porque traballaron duro toda a vida,
especialmente coas mans. -
4:56 - 4:59En moitos casos tiveron
un pequeno negocio familiar, -
4:59 - 5:01unha pequena granxa, unha tenda
-
5:01 - 5:05ou coma o Sr. B., que traballaba no campo.
-
5:05 - 5:12Contoume que ía traballar cada mañá
coa súa comida nunha bolsa de papel -
5:12 - 5:14e un puro.
-
5:15 - 5:19Ese puro era o único luxo
que se podía permitir. -
5:19 - 5:23E despois de comer fumábao.
-
5:23 - 5:27E ata o día que morreu en Hogeweyk,
-
5:27 - 5:33ía cada día despois de comer para este
pequeno alboio fumar o seu puro. -
5:35 - 5:37Esta é miña nai.
-
5:37 - 5:38Pertence ao estilo de vida cultural.
-
5:38 - 5:41Leva seis semanas vivindo en Hogeweyk.
-
5:41 - 5:44Este estilo de vida vai de viaxar,
-
5:44 - 5:46coñecer xente, outras culturas,
-
5:46 - 5:50o interese pola arte e a música...
-
5:50 - 5:52Hai máis estilos de vida.
-
5:53 - 5:57Pero diso foi do que falamos
e iso foi o que fixemos. -
5:58 - 6:01Aínda que vivas nunha casa
cun grupo de persoas de ideas afíns, -
6:01 - 6:06non é a túa propia vida,
non é o teu fogar. -
6:06 - 6:08Hai máis cousas na vida.
-
6:08 - 6:12Todo o mundo quere divertirse
e darlle sentido á súa vida. -
6:12 - 6:16Somos animais sociais
e precisamos vida social. -
6:16 - 6:18E iso é o que puxemos en marcha.
-
6:18 - 6:24Queremos saír da casa,
ir de compras, coñecer xente... -
6:25 - 6:29Ou ir ao bar e tomar
unha cervexa con amigos. -
6:29 - 6:34Ou coma o Sr. W,
a quen lle gusta saír a diario -
6:34 - 6:37para ver se hai mulleres bonitas
pola volta. -
6:39 - 6:40É moi cabaleiroso con elas;
-
6:40 - 6:43só espera que lle sorrían e conségueo.
-
6:43 - 6:45E baila con elas no bar.
-
6:46 - 6:48Cada día é unha festa.
-
6:48 - 6:50Hai quen prefire ir a un restaurante,
-
6:51 - 6:53tomar un viño cos amigos,
-
6:53 - 6:56ou xantar ou cear con amigos
e celebrar a vida. -
6:56 - 7:00Miña nai pasea polo parque
e senta nun banco ao sol. -
7:00 - 7:03esperando que veña alguén
e sente ao seu lado -
7:03 - 7:06para falar sobre a vida,
-
7:06 - 7:10ou sobre os patos da lagoa.
-
7:10 - 7:13Esa vida social é importante.
-
7:14 - 7:18Significa que es parte da sociedade,
que tes o teu lugar. -
7:18 - 7:21E iso é o que todos precisamos.
-
7:21 - 7:25incluso se temos demencia avanzada.
-
7:25 - 7:29Isto é o que vexo
dende a ventá da miña oficina. -
7:29 - 7:33Un día vin a unha señora
que viña dun lado, -
7:33 - 7:36e a outra señora que viña do outro,
e atopáronse na esquina. -
7:36 - 7:39Eu coñecíaas moi ben ás dúas.
-
7:39 - 7:43A miúdo víaas pasear por fóra.
-
7:43 - 7:46Nalgunha ocasión
tratei de conversar con elas, -
7:46 - 7:50pero a súa conversa era...
-
7:50 - 7:53bastante complicada de entender.
-
7:53 - 7:58Pero vinas reunirse, vinas falar
-
7:58 - 8:00vinas xesticular.
-
8:00 - 8:01E divertíanse xuntas.
-
8:02 - 8:05Despois despedíronse
e cada unha marchou polo seu lado. -
8:05 - 8:09Isto é o que queremos na vida:
encontrarnos con outra xente -
8:09 - 8:11e formar parte da sociedade.
-
8:11 - 8:13E isto é o que vin alí.
-
8:14 - 8:16Hogeweyk converteuse nun lugar
-
8:16 - 8:19onde xente cun estado
de demencia avanzado pode vivir, -
8:20 - 8:22ter liberdade e seguridade,
-
8:22 - 8:26porque os profesionais e voluntarios
que traballan alí -
8:26 - 8:29saben como tratar a demencia.
-
8:29 - 8:33E os profesionais saben como facer
o seu traballo -
8:33 - 8:38de maneira que se axuste
con naturalidade á vida dos residentes. -
8:38 - 8:44E iso significa que a dirección
ten que proporcionar -
8:44 - 8:46todo o que esa xente precisa
para facer o seu traballo. -
8:47 - 8:50Necesítase unha dirección
que se atreva a facelo, -
8:50 - 8:53a facer as cousas de xeito diferente
-
8:53 - 8:56a como sempre se fixeron
nunha residencia de anciáns tradicional. -
8:59 - 9:01Sabemos que funciona.
-
9:02 - 9:05Cremos que isto se pode facer
en todas as partes -
9:05 - 9:08porque isto non é para ricos.
-
9:08 - 9:12Conseguímolo co mesmo presuposto
-
9:12 - 9:16que ten calquera residencia
de anciáns tradicional no noso país. -
9:16 - 9:19Traballamos só co presuposto estatal.
-
9:20 - 9:24(Aplausos)
-
9:28 - 9:32Porque ten que ver con pensar diferente,
-
9:32 - 9:34con mirar a persoa que está fronte a ti
-
9:35 - 9:38e decatarse do que esa persoa
necesita agora. -
9:40 - 9:43Trátase de sorrir, de pensar diferente,
-
9:43 - 9:46de como actuar, e iso non custa nada.
-
9:48 - 9:52E hai algo máis:
trátase de tomar decisións. -
9:52 - 9:56Trátase de decidir
en que gastas os cartos. -
9:57 - 9:59Eu sempre digo:
-
9:59 - 10:04"As cortinas vermellas son tan caras
coma as grises" -
10:04 - 10:05(Risas)
-
10:05 - 10:08É posible, en todas partes.
-
10:09 - 10:11Grazas.
-
10:11 - 10:15(Aplausos)
- Title:
- A "aldea da demencia" que está a redefinir o coidado de anciáns
- Speaker:
- Yvonne van Amerongen
- Description:
-
Como preferirías pasar os derradeiros anos da túa vida: nunha estéril institución hospitalaria ou nunha aldea cun supermercado, un pub, un teatro e un parque a pouca distancia? A reposta parece evidente agora, pero cando Yvonne van Amerongen axudou hai 25 anos a desenvolver o innovador centro de atención á demencia de Hogeweyk en Amsterdam, viuse como unha arriscada ruptura coa tradición. Viaxa con van Amerongen a Hogeweyk e bota unha ollada a unha reinventada residencia de anciáns baseada nunha vida libre, significativa e social.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 10:30
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for The "dementia village" that's redefining elder care | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The "dementia village" that's redefining elder care | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The "dementia village" that's redefining elder care | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for The "dementia village" that's redefining elder care | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for The "dementia village" that's redefining elder care | ||
Claudia Ríos García edited Galician subtitles for The "dementia village" that's redefining elder care | ||
Claudia Ríos García edited Galician subtitles for The "dementia village" that's redefining elder care | ||
Claudia Ríos García edited Galician subtitles for The "dementia village" that's redefining elder care |