1 00:00:00,659 --> 00:00:02,610 Isto é Hogeweyk. 2 00:00:02,954 --> 00:00:07,365 É un barrio dunha pequena cidade moi preto de Ámsterdam, en Holanda. 3 00:00:07,831 --> 00:00:11,350 Hai 27 casas con seis ou sete persoas en cada unha. 4 00:00:11,641 --> 00:00:14,060 Hai un pequeno centro comercial cun restaurante, 5 00:00:14,060 --> 00:00:16,845 un bar, un supermercado e un pub. 6 00:00:16,945 --> 00:00:21,627 Tamén ten rúas, canellas, un teatro... 7 00:00:22,343 --> 00:00:25,207 En realidade trátase dunha residencia de anciáns. 8 00:00:25,331 --> 00:00:30,714 Unha residencia para persoas con demencia avanzada 9 00:00:30,714 --> 00:00:34,437 que necesitan atención 24 horas 7 días á semana. 10 00:00:35,111 --> 00:00:38,449 A demencia é unha enfermidade terrible 11 00:00:38,449 --> 00:00:41,976 para a que aínda non temos cura. 12 00:00:42,132 --> 00:00:45,640 Estase a converter nun problema grave no mundo 13 00:00:45,640 --> 00:00:48,611 para a xente, para os políticos, para todos... 14 00:00:48,611 --> 00:00:51,016 estase a converter nun problema moi serio. 15 00:00:51,123 --> 00:00:54,923 Sabemos que nas residencias de anciáns hai lista de espera. 16 00:00:54,923 --> 00:00:58,973 A maior parte das persoas con demencia que entran nunha residencia son mulleres. 17 00:00:59,429 --> 00:01:02,815 Isto débese a que as mulleres 18 00:01:02,815 --> 00:01:05,082 están acostumadas a coidar persoas, 19 00:01:05,082 --> 00:01:08,650 así que amáñanse para coidar os seus maridos con demencia. 20 00:01:08,840 --> 00:01:12,923 Pero pola contra, para os homes, non é tan fácil. 21 00:01:14,396 --> 00:01:18,726 A demencia é unha enfermidade que afecta o cerebro. 22 00:01:18,843 --> 00:01:21,094 O cerebro está confundido. 23 00:01:21,438 --> 00:01:24,756 A xente xa non sabe que hora é, 24 00:01:24,756 --> 00:01:27,268 que pasa, quen son as demais persoas. 25 00:01:27,268 --> 00:01:29,112 Están moi confundidos. 26 00:01:29,112 --> 00:01:31,387 E por culpa desa confusión 27 00:01:31,387 --> 00:01:36,968 póñense nerviosos, deprimidos, agresivos... 28 00:01:38,693 --> 00:01:41,378 Esta é unha residencia de anciáns tradicional. 29 00:01:41,391 --> 00:01:43,439 Traballei alí en 1992. 30 00:01:43,439 --> 00:01:45,608 Eu era a responsable do servizo de coidados. 31 00:01:45,627 --> 00:01:50,173 A miúdo falabamos de que o que faciamos alí 32 00:01:50,173 --> 00:01:53,728 non era o que quereriamos para os nosos maiores, 33 00:01:53,752 --> 00:01:57,060 para os nosos amigos, para nós mesmos. 34 00:01:57,815 --> 00:01:59,600 E un día dixemos: 35 00:01:59,624 --> 00:02:02,378 "Por moito que falemos, nada vai cambiar. 36 00:02:02,402 --> 00:02:03,775 Nós estamos ao cargo. 37 00:02:03,799 --> 00:02:06,295 Deberíamos facer algo 38 00:02:06,319 --> 00:02:09,683 de maneira que queiramos traer os nosos pais aquí". 39 00:02:10,773 --> 00:02:13,781 Falámolo, e o que viamos a diario 40 00:02:13,805 --> 00:02:17,498 era que as persoas que vivían na nosa residencia 41 00:02:17,522 --> 00:02:19,887 estaban confundidas con respecto á súa contorna 42 00:02:19,911 --> 00:02:23,458 porque o que vían era un ambiente de hospital 43 00:02:23,482 --> 00:02:27,593 con médicos, enfermeiros e paramédicos de uniforme, 44 00:02:27,617 --> 00:02:29,624 e vivían permanentemente nunha sala. 45 00:02:30,069 --> 00:02:32,903 E non entendían por que estaban alí, 46 00:02:32,927 --> 00:02:36,236 entón buscaban lugares polos que saír. 47 00:02:36,617 --> 00:02:41,554 Buscaban con esperanza a porta para volver para a casa. 48 00:02:42,022 --> 00:02:45,847 E pensamos que o que estabamos facendo nesa situación 49 00:02:45,871 --> 00:02:50,910 era darlle a esa xente, que xa ten a mente confusa, 50 00:02:50,934 --> 00:02:52,384 máis confusión. 51 00:02:52,384 --> 00:02:55,918 Estabamos engadindo máis confusión á confusión. 52 00:02:56,180 --> 00:02:58,631 E iso non era o que esa xente necesitaba. 53 00:02:59,084 --> 00:03:01,846 Esa xente quería ter unha vida, 54 00:03:01,870 --> 00:03:05,434 e axuda, a nosa axuda, para lidar con esa demencia. 55 00:03:05,957 --> 00:03:10,639 Esta xente quería vivir nunha casa normal 56 00:03:10,639 --> 00:03:12,263 non nunha sala. 57 00:03:12,482 --> 00:03:15,307 Querían ter un fogar normal 58 00:03:15,307 --> 00:03:20,029 onde puidesen ulir a cea ao lume na cociña. 59 00:03:20,966 --> 00:03:25,228 Ou ser libres de ir á cociña por algo para comer ou beber. 60 00:03:25,611 --> 00:03:27,865 Iso era o que esa xente necesitaba. 61 00:03:27,865 --> 00:03:30,364 E iso era o que debíamos ofrecerlles. 62 00:03:31,269 --> 00:03:36,010 Pensamos que debiamos organizar este lugar coma unha casa, 63 00:03:36,010 --> 00:03:40,966 de xeito que non vivisen cun grupo de 15, 20 ou 30 persoas nunha sala. 64 00:03:41,434 --> 00:03:45,648 Non, un grupo pequeno de seis ou sete, coma nunha familia. 65 00:03:47,069 --> 00:03:48,942 Como vivir con amigos. 66 00:03:50,709 --> 00:03:54,196 E debiamos encontrar un modo de agrupalos 67 00:03:54,196 --> 00:03:56,433 segundo a súa maneira de pensar 68 00:03:56,433 --> 00:03:59,867 para que tivesen a oportunidade real de facerse amigos 69 00:03:59,867 --> 00:04:02,057 cando vivisen xuntos. 70 00:04:02,161 --> 00:04:07,073 Entrevistamos as familias dos residentes e preguntámoslles 71 00:04:07,073 --> 00:04:08,687 "Que é importante para teu pai?" 72 00:04:08,687 --> 00:04:10,246 "Que é importante para túa nai?" 73 00:04:10,246 --> 00:04:12,781 "Como é a súa vida?" "Que desexos teñen?" 74 00:04:12,899 --> 00:04:15,021 E identificamos sete grupos 75 00:04:15,021 --> 00:04:17,144 aos que chamamos "grupos de estilo de vida". 76 00:04:17,709 --> 00:04:21,370 E, por exemplo, encontramos un estilo de vida formal. 77 00:04:21,851 --> 00:04:23,101 Nese estilo de vida 78 00:04:23,101 --> 00:04:26,546 a xente interactúa de maneira máis formal, 79 00:04:26,546 --> 00:04:27,863 máis distante. 80 00:04:27,863 --> 00:04:31,199 O seu ritmo diario empeza tarde e acaba tarde. 81 00:04:31,923 --> 00:04:34,909 Neste estilo de vida escóitase máis música clásica 82 00:04:34,909 --> 00:04:36,289 ca nos outros grupos. 83 00:04:36,519 --> 00:04:37,952 En canto ao menú, 84 00:04:37,952 --> 00:04:42,184 ben... é máis afín á cociña francesa que á holandesa tradicional. 85 00:04:42,184 --> 00:04:43,557 (Risas) 86 00:04:43,557 --> 00:04:47,365 É o oposto ao estilo de vida do obreiro. 87 00:04:47,365 --> 00:04:49,336 Este é un estilo moi tradicional. 88 00:04:49,336 --> 00:04:51,999 A xente érguese cedo e déitase cedo 89 00:04:51,999 --> 00:04:55,763 porque traballaron duro toda a vida, especialmente coas mans. 90 00:04:55,763 --> 00:04:58,985 En moitos casos tiveron un pequeno negocio familiar, 91 00:04:58,985 --> 00:05:01,088 unha pequena granxa, unha tenda 92 00:05:01,088 --> 00:05:05,237 ou coma o Sr. B., que traballaba no campo. 93 00:05:05,466 --> 00:05:11,910 Contoume que ía traballar cada mañá coa súa comida nunha bolsa de papel 94 00:05:12,190 --> 00:05:13,763 e un puro. 95 00:05:14,785 --> 00:05:19,114 Ese puro era o único luxo que se podía permitir. 96 00:05:19,324 --> 00:05:23,337 E despois de comer fumábao. 97 00:05:23,447 --> 00:05:26,950 E ata o día que morreu en Hogeweyk, 98 00:05:26,950 --> 00:05:33,264 ía cada día despois de comer para este pequeno alboio fumar o seu puro. 99 00:05:34,701 --> 00:05:36,583 Esta é miña nai. 100 00:05:36,583 --> 00:05:38,369 Pertence ao estilo de vida cultural. 101 00:05:38,369 --> 00:05:40,610 Leva seis semanas vivindo en Hogeweyk. 102 00:05:41,490 --> 00:05:43,847 Este estilo de vida vai de viaxar, 103 00:05:43,847 --> 00:05:46,204 coñecer xente, outras culturas, 104 00:05:46,204 --> 00:05:49,729 o interese pola arte e a música... 105 00:05:50,054 --> 00:05:52,115 Hai máis estilos de vida. 106 00:05:53,060 --> 00:05:57,033 Pero diso foi do que falamos e iso foi o que fixemos. 107 00:05:57,683 --> 00:06:01,326 Aínda que vivas nunha casa cun grupo de persoas de ideas afíns, 108 00:06:01,326 --> 00:06:05,905 non é a túa propia vida, non é o teu fogar. 109 00:06:06,345 --> 00:06:08,054 Hai máis cousas na vida. 110 00:06:08,054 --> 00:06:12,043 Todo o mundo quere divertirse e darlle sentido á súa vida. 111 00:06:12,043 --> 00:06:15,797 Somos animais sociais e precisamos vida social. 112 00:06:15,797 --> 00:06:18,258 E iso é o que puxemos en marcha. 113 00:06:18,498 --> 00:06:23,807 Queremos saír da casa, ir de compras, coñecer xente... 114 00:06:25,027 --> 00:06:28,527 Ou ir ao bar e tomar unha cervexa con amigos. 115 00:06:28,527 --> 00:06:33,921 Ou coma o Sr. W, a quen lle gusta saír a diario 116 00:06:33,921 --> 00:06:36,876 para ver se hai mulleres bonitas pola volta. 117 00:06:38,616 --> 00:06:40,277 É moi cabaleiroso con elas; 118 00:06:40,277 --> 00:06:42,912 só espera que lle sorrían e conségueo. 119 00:06:42,912 --> 00:06:44,988 E baila con elas no bar. 120 00:06:45,941 --> 00:06:47,549 Cada día é unha festa. 121 00:06:47,549 --> 00:06:50,304 Hai quen prefire ir a un restaurante, 122 00:06:50,834 --> 00:06:52,535 tomar un viño cos amigos, 123 00:06:52,535 --> 00:06:56,098 ou xantar ou cear con amigos e celebrar a vida. 124 00:06:56,138 --> 00:07:00,214 Miña nai pasea polo parque e senta nun banco ao sol. 125 00:07:00,214 --> 00:07:03,482 esperando que veña alguén e sente ao seu lado 126 00:07:03,482 --> 00:07:06,196 para falar sobre a vida, 127 00:07:06,326 --> 00:07:09,500 ou sobre os patos da lagoa. 128 00:07:10,402 --> 00:07:12,818 Esa vida social é importante. 129 00:07:13,628 --> 00:07:18,051 Significa que es parte da sociedade, que tes o teu lugar. 130 00:07:18,341 --> 00:07:20,760 E iso é o que todos precisamos. 131 00:07:21,452 --> 00:07:25,092 incluso se temos demencia avanzada. 132 00:07:25,422 --> 00:07:28,617 Isto é o que vexo dende a ventá da miña oficina. 133 00:07:28,617 --> 00:07:32,518 Un día vin a unha señora que viña dun lado, 134 00:07:32,518 --> 00:07:36,315 e a outra señora que viña do outro, e atopáronse na esquina. 135 00:07:36,315 --> 00:07:38,582 Eu coñecíaas moi ben ás dúas. 136 00:07:38,818 --> 00:07:42,618 A miúdo víaas pasear por fóra. 137 00:07:42,618 --> 00:07:46,295 Nalgunha ocasión tratei de conversar con elas, 138 00:07:46,474 --> 00:07:50,403 pero a súa conversa era... 139 00:07:50,403 --> 00:07:52,722 bastante complicada de entender. 140 00:07:53,222 --> 00:07:57,570 Pero vinas reunirse, vinas falar 141 00:07:57,570 --> 00:07:59,642 vinas xesticular. 142 00:07:59,642 --> 00:08:01,003 E divertíanse xuntas. 143 00:08:01,790 --> 00:08:04,643 Despois despedíronse e cada unha marchou polo seu lado. 144 00:08:05,193 --> 00:08:08,643 Isto é o que queremos na vida: encontrarnos con outra xente 145 00:08:08,643 --> 00:08:11,078 e formar parte da sociedade. 146 00:08:11,078 --> 00:08:12,958 E isto é o que vin alí. 147 00:08:14,208 --> 00:08:15,941 Hogeweyk converteuse nun lugar 148 00:08:15,941 --> 00:08:19,019 onde xente cun estado de demencia avanzado pode vivir, 149 00:08:19,859 --> 00:08:21,717 ter liberdade e seguridade, 150 00:08:21,717 --> 00:08:26,231 porque os profesionais e voluntarios que traballan alí 151 00:08:26,442 --> 00:08:29,276 saben como tratar a demencia. 152 00:08:29,276 --> 00:08:32,853 E os profesionais saben como facer o seu traballo 153 00:08:32,853 --> 00:08:37,935 de maneira que se axuste con naturalidade á vida dos residentes. 154 00:08:38,225 --> 00:08:43,721 E iso significa que a dirección ten que proporcionar 155 00:08:43,721 --> 00:08:46,483 todo o que esa xente precisa para facer o seu traballo. 156 00:08:46,933 --> 00:08:50,335 Necesítase unha dirección que se atreva a facelo, 157 00:08:50,335 --> 00:08:53,328 a facer as cousas de xeito diferente 158 00:08:53,328 --> 00:08:56,440 a como sempre se fixeron nunha residencia de anciáns tradicional. 159 00:08:59,017 --> 00:09:01,347 Sabemos que funciona. 160 00:09:02,200 --> 00:09:04,534 Cremos que isto se pode facer en todas as partes 161 00:09:05,494 --> 00:09:07,738 porque isto non é para ricos. 162 00:09:08,081 --> 00:09:12,332 Conseguímolo co mesmo presuposto 163 00:09:12,332 --> 00:09:16,055 que ten calquera residencia de anciáns tradicional no noso país. 164 00:09:16,481 --> 00:09:19,365 Traballamos só co presuposto estatal. 165 00:09:19,617 --> 00:09:24,083 (Aplausos) 166 00:09:28,103 --> 00:09:31,903 Porque ten que ver con pensar diferente, 167 00:09:32,143 --> 00:09:34,252 con mirar a persoa que está fronte a ti 168 00:09:34,758 --> 00:09:37,967 e decatarse do que esa persoa necesita agora. 169 00:09:39,587 --> 00:09:42,914 Trátase de sorrir, de pensar diferente, 170 00:09:42,914 --> 00:09:46,456 de como actuar, e iso non custa nada. 171 00:09:47,716 --> 00:09:51,908 E hai algo máis: trátase de tomar decisións. 172 00:09:51,908 --> 00:09:56,388 Trátase de decidir en que gastas os cartos. 173 00:09:56,581 --> 00:09:58,592 Eu sempre digo: 174 00:09:59,182 --> 00:10:04,282 "As cortinas vermellas son tan caras coma as grises" 175 00:10:04,282 --> 00:10:05,476 (Risas) 176 00:10:05,476 --> 00:10:08,213 É posible, en todas partes. 177 00:10:09,283 --> 00:10:10,540 Grazas. 178 00:10:10,660 --> 00:10:14,930 (Aplausos)