[Script Info] Title: [Events] Format: Layer, Start, End, Style, Name, MarginL, MarginR, MarginV, Effect, Text Dialogue: 0,0:00:00.66,0:00:02.61,Default,,0000,0000,0000,,Isto é Hogeweyk. Dialogue: 0,0:00:02.95,0:00:07.36,Default,,0000,0000,0000,,É un barrio dunha pequena cidade \Nmoi preto de Ámsterdam, en Holanda. Dialogue: 0,0:00:07.83,0:00:11.35,Default,,0000,0000,0000,,Hai 27 casas con seis ou sete persoas \Nen cada unha. Dialogue: 0,0:00:11.64,0:00:14.06,Default,,0000,0000,0000,,Hai un pequeno centro comercial \Ncun restaurante, Dialogue: 0,0:00:14.06,0:00:16.84,Default,,0000,0000,0000,,un bar, un supermercado e un pub. Dialogue: 0,0:00:16.94,0:00:21.63,Default,,0000,0000,0000,,Tamén ten rúas, canellas, un teatro... Dialogue: 0,0:00:22.34,0:00:25.21,Default,,0000,0000,0000,,En realidade trátase \Ndunha residencia de anciáns. Dialogue: 0,0:00:25.33,0:00:30.71,Default,,0000,0000,0000,,Unha residencia para persoas \Ncon demencia avanzada Dialogue: 0,0:00:30.71,0:00:34.44,Default,,0000,0000,0000,,que necesitan atención \N24 horas 7 días á semana. Dialogue: 0,0:00:35.11,0:00:38.45,Default,,0000,0000,0000,,A demencia é unha enfermidade terrible Dialogue: 0,0:00:38.45,0:00:41.98,Default,,0000,0000,0000,,para a que aínda non temos cura. Dialogue: 0,0:00:42.13,0:00:45.64,Default,,0000,0000,0000,,Estase a converter \Nnun problema grave no mundo Dialogue: 0,0:00:45.64,0:00:48.61,Default,,0000,0000,0000,,para a xente, para os políticos, \Npara todos... Dialogue: 0,0:00:48.61,0:00:51.02,Default,,0000,0000,0000,,estase a converter nun problema moi serio. Dialogue: 0,0:00:51.12,0:00:54.92,Default,,0000,0000,0000,,Sabemos que nas residencias de anciáns\Nhai lista de espera. Dialogue: 0,0:00:54.92,0:00:58.97,Default,,0000,0000,0000,,A maior parte das persoas con demencia \Nque entran nunha residencia son mulleres. Dialogue: 0,0:00:59.43,0:01:02.82,Default,,0000,0000,0000,,Isto débese a que as mulleres Dialogue: 0,0:01:02.82,0:01:05.08,Default,,0000,0000,0000,,están acostumadas a coidar persoas, Dialogue: 0,0:01:05.08,0:01:08.65,Default,,0000,0000,0000,,así que amáñanse para coidar \Nos seus maridos con demencia. Dialogue: 0,0:01:08.84,0:01:12.92,Default,,0000,0000,0000,,Pero pola contra, \Npara os homes, non é tan fácil. Dialogue: 0,0:01:14.40,0:01:18.73,Default,,0000,0000,0000,,A demencia é unha enfermidade \Nque afecta o cerebro. Dialogue: 0,0:01:18.84,0:01:21.09,Default,,0000,0000,0000,,O cerebro está confundido. Dialogue: 0,0:01:21.44,0:01:24.76,Default,,0000,0000,0000,,A xente xa non sabe que hora é, Dialogue: 0,0:01:24.76,0:01:27.27,Default,,0000,0000,0000,,que pasa, quen son as demais persoas. Dialogue: 0,0:01:27.27,0:01:29.11,Default,,0000,0000,0000,,Están moi confundidos. Dialogue: 0,0:01:29.11,0:01:31.39,Default,,0000,0000,0000,,E por culpa desa confusión Dialogue: 0,0:01:31.39,0:01:36.97,Default,,0000,0000,0000,,póñense nerviosos, \Ndeprimidos, agresivos... Dialogue: 0,0:01:38.69,0:01:41.38,Default,,0000,0000,0000,,Esta é \Nunha residencia de anciáns tradicional. Dialogue: 0,0:01:41.39,0:01:43.44,Default,,0000,0000,0000,,Traballei alí en 1992. Dialogue: 0,0:01:43.44,0:01:45.61,Default,,0000,0000,0000,,Eu era a responsable \Ndo servizo de coidados. Dialogue: 0,0:01:45.63,0:01:50.17,Default,,0000,0000,0000,,A miúdo falabamos \Nde que o que faciamos alí Dialogue: 0,0:01:50.17,0:01:53.73,Default,,0000,0000,0000,,non era o que quereriamos \Npara os nosos maiores, Dialogue: 0,0:01:53.75,0:01:57.06,Default,,0000,0000,0000,,para os nosos amigos, para nós mesmos. Dialogue: 0,0:01:57.82,0:01:59.60,Default,,0000,0000,0000,,E un día dixemos: Dialogue: 0,0:01:59.62,0:02:02.38,Default,,0000,0000,0000,,"Por moito que falemos, nada vai cambiar. Dialogue: 0,0:02:02.40,0:02:03.78,Default,,0000,0000,0000,,Nós estamos ao cargo. Dialogue: 0,0:02:03.80,0:02:06.30,Default,,0000,0000,0000,,Deberíamos facer algo Dialogue: 0,0:02:06.32,0:02:09.68,Default,,0000,0000,0000,,de maneira que queiramos traer\Nos nosos pais aquí". Dialogue: 0,0:02:10.77,0:02:13.78,Default,,0000,0000,0000,,Falámolo, e o que viamos a diario Dialogue: 0,0:02:13.80,0:02:17.50,Default,,0000,0000,0000,,era que as persoas que vivían\Nna nosa residencia Dialogue: 0,0:02:17.52,0:02:19.89,Default,,0000,0000,0000,,estaban confundidas \Ncon respecto á súa contorna Dialogue: 0,0:02:19.91,0:02:23.46,Default,,0000,0000,0000,,porque o que vían \Nera un ambiente de hospital Dialogue: 0,0:02:23.48,0:02:27.59,Default,,0000,0000,0000,,con médicos, enfermeiros \Ne paramédicos de uniforme, Dialogue: 0,0:02:27.62,0:02:29.62,Default,,0000,0000,0000,,e vivían permanentemente nunha sala. Dialogue: 0,0:02:30.07,0:02:32.90,Default,,0000,0000,0000,,E non entendían por que estaban alí, Dialogue: 0,0:02:32.93,0:02:36.24,Default,,0000,0000,0000,,entón buscaban lugares polos que saír. Dialogue: 0,0:02:36.62,0:02:41.55,Default,,0000,0000,0000,,Buscaban con esperanza \Na porta para volver para a casa. Dialogue: 0,0:02:42.02,0:02:45.85,Default,,0000,0000,0000,,E pensamos que \No que estabamos facendo nesa situación Dialogue: 0,0:02:45.87,0:02:50.91,Default,,0000,0000,0000,,era darlle a esa xente, \Nque xa ten a mente confusa, Dialogue: 0,0:02:50.93,0:02:52.38,Default,,0000,0000,0000,,máis confusión. Dialogue: 0,0:02:52.38,0:02:55.92,Default,,0000,0000,0000,,Estabamos engadindo máis confusión \Ná confusión. Dialogue: 0,0:02:56.18,0:02:58.63,Default,,0000,0000,0000,,E iso non era o que esa xente necesitaba. Dialogue: 0,0:02:59.08,0:03:01.85,Default,,0000,0000,0000,,Esa xente quería ter unha vida, Dialogue: 0,0:03:01.87,0:03:05.43,Default,,0000,0000,0000,,e axuda, a nosa axuda, \Npara lidar con esa demencia. Dialogue: 0,0:03:05.96,0:03:10.64,Default,,0000,0000,0000,,Esta xente quería vivir nunha casa normal Dialogue: 0,0:03:10.64,0:03:12.26,Default,,0000,0000,0000,,non nunha sala. Dialogue: 0,0:03:12.48,0:03:15.31,Default,,0000,0000,0000,,Querían ter un fogar normal Dialogue: 0,0:03:15.31,0:03:20.03,Default,,0000,0000,0000,,onde puidesen ulir \Na cea ao lume na cociña. Dialogue: 0,0:03:20.97,0:03:25.23,Default,,0000,0000,0000,,Ou ser libres de ir á cociña \Npor algo para comer ou beber. Dialogue: 0,0:03:25.61,0:03:27.86,Default,,0000,0000,0000,,Iso era o que esa xente necesitaba. Dialogue: 0,0:03:27.86,0:03:30.36,Default,,0000,0000,0000,,E iso era o que debíamos ofrecerlles. Dialogue: 0,0:03:31.27,0:03:36.01,Default,,0000,0000,0000,,Pensamos que debiamos \Norganizar este lugar coma unha casa, Dialogue: 0,0:03:36.01,0:03:40.97,Default,,0000,0000,0000,,de xeito que non vivisen cun grupo\Nde 15, 20 ou 30 persoas nunha sala. Dialogue: 0,0:03:41.43,0:03:45.65,Default,,0000,0000,0000,,Non, un grupo pequeno de seis ou sete,\Ncoma nunha familia. Dialogue: 0,0:03:47.07,0:03:48.94,Default,,0000,0000,0000,,Como vivir con amigos. Dialogue: 0,0:03:50.71,0:03:54.20,Default,,0000,0000,0000,,E debiamos encontrar un modo de agrupalos Dialogue: 0,0:03:54.20,0:03:56.43,Default,,0000,0000,0000,,segundo a súa maneira de pensar Dialogue: 0,0:03:56.43,0:03:59.87,Default,,0000,0000,0000,,para que tivesen a oportunidade real\Nde facerse amigos Dialogue: 0,0:03:59.87,0:04:02.06,Default,,0000,0000,0000,,cando vivisen xuntos. Dialogue: 0,0:04:02.16,0:04:07.07,Default,,0000,0000,0000,,Entrevistamos as familias dos residentes\Ne preguntámoslles Dialogue: 0,0:04:07.07,0:04:08.69,Default,,0000,0000,0000,,"Que é importante para teu pai?" Dialogue: 0,0:04:08.69,0:04:10.25,Default,,0000,0000,0000,,"Que é importante para túa nai?" Dialogue: 0,0:04:10.25,0:04:12.78,Default,,0000,0000,0000,,"Como é a súa vida?" "Que desexos teñen?" Dialogue: 0,0:04:12.90,0:04:15.02,Default,,0000,0000,0000,,E identificamos sete grupos Dialogue: 0,0:04:15.02,0:04:17.14,Default,,0000,0000,0000,,aos que chamamos\N"grupos de estilo de vida". Dialogue: 0,0:04:17.71,0:04:21.37,Default,,0000,0000,0000,,E, por exemplo,\Nencontramos un estilo de vida formal. Dialogue: 0,0:04:21.85,0:04:23.10,Default,,0000,0000,0000,,Nese estilo de vida Dialogue: 0,0:04:23.10,0:04:26.55,Default,,0000,0000,0000,,a xente interactúa \Nde maneira máis formal, Dialogue: 0,0:04:26.55,0:04:27.86,Default,,0000,0000,0000,,máis distante. Dialogue: 0,0:04:27.86,0:04:31.20,Default,,0000,0000,0000,,O seu ritmo diario \Nempeza tarde e acaba tarde. Dialogue: 0,0:04:31.92,0:04:34.91,Default,,0000,0000,0000,,Neste estilo de vida escóitase \Nmáis música clásica Dialogue: 0,0:04:34.91,0:04:36.29,Default,,0000,0000,0000,,ca nos outros grupos. Dialogue: 0,0:04:36.52,0:04:37.95,Default,,0000,0000,0000,,En canto ao menú, Dialogue: 0,0:04:37.95,0:04:42.18,Default,,0000,0000,0000,,ben... é máis afín á cociña francesa \Nque á holandesa tradicional. Dialogue: 0,0:04:42.18,0:04:43.56,Default,,0000,0000,0000,,(Risas) Dialogue: 0,0:04:43.56,0:04:47.36,Default,,0000,0000,0000,,É o oposto\Nao estilo de vida do obreiro. Dialogue: 0,0:04:47.36,0:04:49.34,Default,,0000,0000,0000,,Este é un estilo moi tradicional. Dialogue: 0,0:04:49.34,0:04:51.100,Default,,0000,0000,0000,,A xente érguese cedo e déitase cedo Dialogue: 0,0:04:51.100,0:04:55.76,Default,,0000,0000,0000,,porque traballaron duro toda a vida, \Nespecialmente coas mans. Dialogue: 0,0:04:55.76,0:04:58.98,Default,,0000,0000,0000,,En moitos casos tiveron \Nun pequeno negocio familiar, Dialogue: 0,0:04:58.98,0:05:01.09,Default,,0000,0000,0000,,unha pequena granxa, unha tenda Dialogue: 0,0:05:01.09,0:05:05.24,Default,,0000,0000,0000,,ou coma o Sr. B., que traballaba no campo. Dialogue: 0,0:05:05.47,0:05:11.91,Default,,0000,0000,0000,,Contoume que ía traballar cada mañá \Ncoa súa comida nunha bolsa de papel Dialogue: 0,0:05:12.19,0:05:13.76,Default,,0000,0000,0000,,e un puro. Dialogue: 0,0:05:14.78,0:05:19.11,Default,,0000,0000,0000,,Ese puro era o único luxo \Nque se podía permitir. Dialogue: 0,0:05:19.32,0:05:23.34,Default,,0000,0000,0000,,E despois de comer fumábao. Dialogue: 0,0:05:23.45,0:05:26.95,Default,,0000,0000,0000,,E ata o día que morreu en Hogeweyk, Dialogue: 0,0:05:26.95,0:05:33.26,Default,,0000,0000,0000,,ía cada día despois de comer para este\Npequeno alboio fumar o seu puro. Dialogue: 0,0:05:34.70,0:05:36.58,Default,,0000,0000,0000,,Esta é miña nai. Dialogue: 0,0:05:36.58,0:05:38.37,Default,,0000,0000,0000,,Pertence ao estilo de vida cultural. Dialogue: 0,0:05:38.37,0:05:40.61,Default,,0000,0000,0000,,Leva seis semanas vivindo en Hogeweyk. Dialogue: 0,0:05:41.49,0:05:43.85,Default,,0000,0000,0000,,Este estilo de vida vai de viaxar, Dialogue: 0,0:05:43.85,0:05:46.20,Default,,0000,0000,0000,,coñecer xente, outras culturas, Dialogue: 0,0:05:46.20,0:05:49.73,Default,,0000,0000,0000,,o interese pola arte e a música... Dialogue: 0,0:05:50.05,0:05:52.12,Default,,0000,0000,0000,,Hai máis estilos de vida. Dialogue: 0,0:05:53.06,0:05:57.03,Default,,0000,0000,0000,,Pero diso foi do que falamos \Ne iso foi o que fixemos. Dialogue: 0,0:05:57.68,0:06:01.33,Default,,0000,0000,0000,,Aínda que vivas nunha casa \Ncun grupo de persoas de ideas afíns, Dialogue: 0,0:06:01.33,0:06:05.90,Default,,0000,0000,0000,,non é a túa propia vida,\Nnon é o teu fogar. Dialogue: 0,0:06:06.34,0:06:08.05,Default,,0000,0000,0000,,Hai máis cousas na vida. Dialogue: 0,0:06:08.05,0:06:12.04,Default,,0000,0000,0000,,Todo o mundo quere divertirse \Ne darlle sentido á súa vida. Dialogue: 0,0:06:12.04,0:06:15.80,Default,,0000,0000,0000,,Somos animais sociais \Ne precisamos vida social. Dialogue: 0,0:06:15.80,0:06:18.26,Default,,0000,0000,0000,,E iso é o que puxemos en marcha. Dialogue: 0,0:06:18.50,0:06:23.81,Default,,0000,0000,0000,,Queremos saír da casa, \Nir de compras, coñecer xente... Dialogue: 0,0:06:25.03,0:06:28.53,Default,,0000,0000,0000,,Ou ir ao bar e tomar \Nunha cervexa con amigos. Dialogue: 0,0:06:28.53,0:06:33.92,Default,,0000,0000,0000,,Ou coma o Sr. W, \Na quen lle gusta saír a diario Dialogue: 0,0:06:33.92,0:06:36.88,Default,,0000,0000,0000,,para ver se hai mulleres bonitas\Npola volta. Dialogue: 0,0:06:38.62,0:06:40.28,Default,,0000,0000,0000,,É moi cabaleiroso con elas; Dialogue: 0,0:06:40.28,0:06:42.91,Default,,0000,0000,0000,,só espera que lle sorrían e conségueo. Dialogue: 0,0:06:42.91,0:06:44.99,Default,,0000,0000,0000,,E baila con elas no bar. Dialogue: 0,0:06:45.94,0:06:47.55,Default,,0000,0000,0000,,Cada día é unha festa. Dialogue: 0,0:06:47.55,0:06:50.30,Default,,0000,0000,0000,,Hai quen prefire ir a un restaurante, Dialogue: 0,0:06:50.83,0:06:52.54,Default,,0000,0000,0000,,tomar un viño cos amigos, Dialogue: 0,0:06:52.54,0:06:56.10,Default,,0000,0000,0000,,ou xantar ou cear con amigos \Ne celebrar a vida. Dialogue: 0,0:06:56.14,0:07:00.21,Default,,0000,0000,0000,,Miña nai pasea polo parque \Ne senta nun banco ao sol. Dialogue: 0,0:07:00.21,0:07:03.48,Default,,0000,0000,0000,,esperando que veña alguén \Ne sente ao seu lado Dialogue: 0,0:07:03.48,0:07:06.20,Default,,0000,0000,0000,,para falar sobre a vida, Dialogue: 0,0:07:06.33,0:07:09.50,Default,,0000,0000,0000,,ou sobre os patos da lagoa. Dialogue: 0,0:07:10.40,0:07:12.82,Default,,0000,0000,0000,,Esa vida social é importante. Dialogue: 0,0:07:13.63,0:07:18.05,Default,,0000,0000,0000,,Significa que es parte da sociedade, \Nque tes o teu lugar. Dialogue: 0,0:07:18.34,0:07:20.76,Default,,0000,0000,0000,,E iso é o que todos precisamos. Dialogue: 0,0:07:21.45,0:07:25.09,Default,,0000,0000,0000,,incluso se temos demencia avanzada. Dialogue: 0,0:07:25.42,0:07:28.62,Default,,0000,0000,0000,,Isto é o que vexo \Ndende a ventá da miña oficina. Dialogue: 0,0:07:28.62,0:07:32.52,Default,,0000,0000,0000,,Un día vin a unha señora \Nque viña dun lado, Dialogue: 0,0:07:32.52,0:07:36.32,Default,,0000,0000,0000,,e a outra señora que viña do outro,\Ne atopáronse na esquina. Dialogue: 0,0:07:36.32,0:07:38.58,Default,,0000,0000,0000,,Eu coñecíaas moi ben ás dúas. Dialogue: 0,0:07:38.82,0:07:42.62,Default,,0000,0000,0000,,A miúdo víaas pasear por fóra. Dialogue: 0,0:07:42.62,0:07:46.30,Default,,0000,0000,0000,,Nalgunha ocasión \Ntratei de conversar con elas, Dialogue: 0,0:07:46.47,0:07:50.40,Default,,0000,0000,0000,,pero a súa conversa era... Dialogue: 0,0:07:50.40,0:07:52.72,Default,,0000,0000,0000,,bastante complicada de entender. Dialogue: 0,0:07:53.22,0:07:57.57,Default,,0000,0000,0000,,Pero vinas reunirse, vinas falar Dialogue: 0,0:07:57.57,0:07:59.64,Default,,0000,0000,0000,,vinas xesticular. Dialogue: 0,0:07:59.64,0:08:01.00,Default,,0000,0000,0000,,E divertíanse xuntas. Dialogue: 0,0:08:01.79,0:08:04.64,Default,,0000,0000,0000,,Despois despedíronse \Ne cada unha marchou polo seu lado. Dialogue: 0,0:08:05.19,0:08:08.64,Default,,0000,0000,0000,,Isto é o que queremos na vida: \Nencontrarnos con outra xente Dialogue: 0,0:08:08.64,0:08:11.08,Default,,0000,0000,0000,,e formar parte da sociedade. Dialogue: 0,0:08:11.08,0:08:12.96,Default,,0000,0000,0000,,E isto é o que vin alí. Dialogue: 0,0:08:14.21,0:08:15.94,Default,,0000,0000,0000,,Hogeweyk converteuse nun lugar Dialogue: 0,0:08:15.94,0:08:19.02,Default,,0000,0000,0000,,onde xente cun estado \Nde demencia avanzado pode vivir, Dialogue: 0,0:08:19.86,0:08:21.72,Default,,0000,0000,0000,,ter liberdade e seguridade, Dialogue: 0,0:08:21.72,0:08:26.23,Default,,0000,0000,0000,,porque os profesionais e voluntarios \Nque traballan alí Dialogue: 0,0:08:26.44,0:08:29.28,Default,,0000,0000,0000,,saben como tratar a demencia. Dialogue: 0,0:08:29.28,0:08:32.85,Default,,0000,0000,0000,,E os profesionais saben como facer \No seu traballo Dialogue: 0,0:08:32.85,0:08:37.94,Default,,0000,0000,0000,,de maneira que se axuste \Ncon naturalidade á vida dos residentes. Dialogue: 0,0:08:38.22,0:08:43.72,Default,,0000,0000,0000,,E iso significa que a dirección \Nten que proporcionar Dialogue: 0,0:08:43.72,0:08:46.48,Default,,0000,0000,0000,,todo o que esa xente precisa \Npara facer o seu traballo. Dialogue: 0,0:08:46.93,0:08:50.34,Default,,0000,0000,0000,,Necesítase unha dirección \Nque se atreva a facelo, Dialogue: 0,0:08:50.34,0:08:53.33,Default,,0000,0000,0000,,a facer as cousas de xeito diferente Dialogue: 0,0:08:53.33,0:08:56.44,Default,,0000,0000,0000,,a como sempre se fixeron \Nnunha residencia de anciáns tradicional. Dialogue: 0,0:08:59.02,0:09:01.35,Default,,0000,0000,0000,,Sabemos que funciona. Dialogue: 0,0:09:02.20,0:09:04.53,Default,,0000,0000,0000,,Cremos que isto se pode facer \Nen todas as partes Dialogue: 0,0:09:05.49,0:09:07.74,Default,,0000,0000,0000,,porque isto non é para ricos. Dialogue: 0,0:09:08.08,0:09:12.33,Default,,0000,0000,0000,,Conseguímolo co mesmo presuposto Dialogue: 0,0:09:12.33,0:09:16.06,Default,,0000,0000,0000,,que ten calquera residencia \Nde anciáns tradicional no noso país. Dialogue: 0,0:09:16.48,0:09:19.36,Default,,0000,0000,0000,,Traballamos só co presuposto estatal. Dialogue: 0,0:09:19.62,0:09:24.08,Default,,0000,0000,0000,,(Aplausos) Dialogue: 0,0:09:28.10,0:09:31.90,Default,,0000,0000,0000,,Porque ten que ver con pensar diferente, Dialogue: 0,0:09:32.14,0:09:34.25,Default,,0000,0000,0000,,con mirar a persoa que está fronte a ti Dialogue: 0,0:09:34.76,0:09:37.97,Default,,0000,0000,0000,,e decatarse do que esa persoa \Nnecesita agora. Dialogue: 0,0:09:39.59,0:09:42.91,Default,,0000,0000,0000,,Trátase de sorrir, de pensar diferente, Dialogue: 0,0:09:42.91,0:09:46.46,Default,,0000,0000,0000,,de como actuar, e iso non custa nada. Dialogue: 0,0:09:47.72,0:09:51.91,Default,,0000,0000,0000,,E hai algo máis: \Ntrátase de tomar decisións. Dialogue: 0,0:09:51.91,0:09:56.39,Default,,0000,0000,0000,,Trátase de decidir \Nen que gastas os cartos. Dialogue: 0,0:09:56.58,0:09:58.59,Default,,0000,0000,0000,,Eu sempre digo: Dialogue: 0,0:09:59.18,0:10:04.28,Default,,0000,0000,0000,,"As cortinas vermellas son tan caras \Ncoma as grises" Dialogue: 0,0:10:04.28,0:10:05.48,Default,,0000,0000,0000,,(Risas) Dialogue: 0,0:10:05.48,0:10:08.21,Default,,0000,0000,0000,,É posible, en todas partes. Dialogue: 0,0:10:09.28,0:10:10.54,Default,,0000,0000,0000,,Grazas. Dialogue: 0,0:10:10.66,0:10:14.93,Default,,0000,0000,0000,,(Aplausos)