WEBVTT 00:00:00.659 --> 00:00:02.610 Isto é Hogeweyk. 00:00:02.954 --> 00:00:07.365 É un barrio dunha pequena cidade moi preto de Ámsterdam, en Holanda. 00:00:07.831 --> 00:00:11.350 Hai 27 casas con seis ou sete persoas en cada unha. 00:00:11.641 --> 00:00:14.060 Hai un pequeno centro comercial cun restaurante, 00:00:14.060 --> 00:00:16.845 un bar, un supermercado e un pub. 00:00:16.945 --> 00:00:21.627 Tamén ten rúas, canellas, un teatro... 00:00:22.343 --> 00:00:25.207 En realidade trátase dunha residencia de anciáns. 00:00:25.331 --> 00:00:30.714 Unha residencia para persoas con demencia avanzada 00:00:30.714 --> 00:00:34.437 que necesitan atención 24 horas 7 días á semana. 00:00:35.111 --> 00:00:38.449 A demencia é unha enfermidade terrible 00:00:38.449 --> 00:00:41.976 para a que aínda non temos cura. 00:00:42.132 --> 00:00:45.640 Estase a converter nun problema grave no mundo 00:00:45.640 --> 00:00:48.611 para a xente, para os políticos, para todos... 00:00:48.611 --> 00:00:51.016 estase a converter nun problema moi serio. 00:00:51.123 --> 00:00:54.923 Sabemos que nas residencias de anciáns hai lista de espera. 00:00:54.923 --> 00:00:58.973 A maior parte das persoas con demencia que entran nunha residencia son mulleres. 00:00:59.429 --> 00:01:02.815 Isto débese a que as mulleres 00:01:02.815 --> 00:01:05.082 están acostumadas a coidar persoas, 00:01:05.082 --> 00:01:08.650 así que amáñanse para coidar os seus maridos con demencia. 00:01:08.840 --> 00:01:12.923 Pero pola contra, para os homes, non é tan fácil. 00:01:14.396 --> 00:01:18.726 A demencia é unha enfermidade que afecta o cerebro. 00:01:18.843 --> 00:01:21.094 O cerebro está confundido. 00:01:21.438 --> 00:01:24.756 A xente xa non sabe que hora é, 00:01:24.756 --> 00:01:27.268 que pasa, quen son as demais persoas. 00:01:27.268 --> 00:01:29.112 Están moi confundidos. 00:01:29.112 --> 00:01:31.387 E por culpa desa confusión 00:01:31.387 --> 00:01:36.968 póñense nerviosos, deprimidos, agresivos... 00:01:38.693 --> 00:01:41.378 Esta é unha residencia de anciáns tradicional. 00:01:41.391 --> 00:01:43.439 Traballei alí en 1992. 00:01:43.439 --> 00:01:45.608 Eu era a responsable do servizo de coidados. 00:01:45.627 --> 00:01:50.173 A miúdo falabamos de que o que faciamos alí 00:01:50.173 --> 00:01:53.728 non era o que quereriamos para os nosos maiores, 00:01:53.752 --> 00:01:57.060 para os nosos amigos, para nós mesmos. 00:01:57.815 --> 00:01:59.600 E un día dixemos: 00:01:59.624 --> 00:02:02.378 "Por moito que falemos, nada vai cambiar. 00:02:02.402 --> 00:02:03.775 Nós estamos ao cargo. 00:02:03.799 --> 00:02:06.295 Deberíamos facer algo 00:02:06.319 --> 00:02:09.683 de maneira que queiramos traer os nosos pais aquí". 00:02:10.773 --> 00:02:13.781 Falámolo, e o que viamos a diario 00:02:13.805 --> 00:02:17.498 era que as persoas que vivían na nosa residencia 00:02:17.522 --> 00:02:19.887 estaban confundidas con respecto á súa contorna 00:02:19.911 --> 00:02:23.458 porque o que vían era un ambiente de hospital 00:02:23.482 --> 00:02:27.593 con médicos, enfermeiros e paramédicos de uniforme, 00:02:27.617 --> 00:02:29.624 e vivían permanentemente nunha sala. 00:02:30.069 --> 00:02:32.903 E non entendían por que estaban alí, 00:02:32.927 --> 00:02:36.236 entón buscaban lugares polos que saír. 00:02:36.617 --> 00:02:41.554 Buscaban con esperanza a porta para volver para a casa. 00:02:42.022 --> 00:02:45.847 E pensamos que o que estabamos facendo nesa situación 00:02:45.871 --> 00:02:50.910 era darlle a esa xente, que xa ten a mente confusa, 00:02:50.934 --> 00:02:52.384 máis confusión. 00:02:52.384 --> 00:02:55.918 Estabamos engadindo máis confusión á confusión. 00:02:56.180 --> 00:02:58.631 E iso non era o que esa xente necesitaba. 00:02:59.084 --> 00:03:01.846 Esa xente quería ter unha vida, 00:03:01.870 --> 00:03:05.434 e axuda, a nosa axuda, para lidar con esa demencia. 00:03:05.957 --> 00:03:10.639 Esta xente quería vivir nunha casa normal 00:03:10.639 --> 00:03:12.263 non nunha sala. 00:03:12.482 --> 00:03:15.307 Querían ter un fogar normal 00:03:15.307 --> 00:03:20.029 onde puidesen ulir a cea ao lume na cociña. 00:03:20.966 --> 00:03:25.228 Ou ser libres de ir á cociña por algo para comer ou beber. 00:03:25.611 --> 00:03:27.865 Iso era o que esa xente necesitaba. 00:03:27.865 --> 00:03:30.364 E iso era o que debíamos ofrecerlles. 00:03:31.269 --> 00:03:36.010 Pensamos que debiamos organizar este lugar coma unha casa, 00:03:36.010 --> 00:03:40.966 de xeito que non vivisen cun grupo de 15, 20 ou 30 persoas nunha sala. 00:03:41.434 --> 00:03:45.648 Non, un grupo pequeno de seis ou sete, coma nunha familia. 00:03:47.069 --> 00:03:48.942 Como vivir con amigos. 00:03:50.709 --> 00:03:54.196 E debiamos encontrar un modo de agrupalos 00:03:54.196 --> 00:03:56.433 segundo a súa maneira de pensar 00:03:56.433 --> 00:03:59.867 para que tivesen a oportunidade real de facerse amigos 00:03:59.867 --> 00:04:02.057 cando vivisen xuntos. 00:04:02.161 --> 00:04:07.073 Entrevistamos as familias dos residentes e preguntámoslles 00:04:07.073 --> 00:04:08.687 "Que é importante para teu pai?" 00:04:08.687 --> 00:04:10.246 "Que é importante para túa nai?" 00:04:10.246 --> 00:04:12.781 "Como é a súa vida?" "Que desexos teñen?" 00:04:12.899 --> 00:04:15.021 E identificamos sete grupos 00:04:15.021 --> 00:04:17.144 aos que chamamos "grupos de estilo de vida". 00:04:17.709 --> 00:04:21.370 E, por exemplo, encontramos un estilo de vida formal. 00:04:21.851 --> 00:04:23.101 Nese estilo de vida 00:04:23.101 --> 00:04:26.546 a xente interactúa de maneira máis formal, 00:04:26.546 --> 00:04:27.863 máis distante. 00:04:27.863 --> 00:04:31.199 O seu ritmo diario empeza tarde e acaba tarde. 00:04:31.923 --> 00:04:34.909 Neste estilo de vida escóitase máis música clásica 00:04:34.909 --> 00:04:36.289 ca nos outros grupos. 00:04:36.519 --> 00:04:37.952 En canto ao menú, 00:04:37.952 --> 00:04:42.184 ben... é máis afín á cociña francesa que á holandesa tradicional. 00:04:42.184 --> 00:04:43.557 (Risas) 00:04:43.557 --> 00:04:47.365 É o oposto ao estilo de vida do obreiro. 00:04:47.365 --> 00:04:49.336 Este é un estilo moi tradicional. 00:04:49.336 --> 00:04:51.999 A xente érguese cedo e déitase cedo 00:04:51.999 --> 00:04:55.763 porque traballaron duro toda a vida, especialmente coas mans. 00:04:55.763 --> 00:04:58.985 En moitos casos tiveron un pequeno negocio familiar, 00:04:58.985 --> 00:05:01.088 unha pequena granxa, unha tenda 00:05:01.088 --> 00:05:05.237 ou coma o Sr. B., que traballaba no campo. 00:05:05.466 --> 00:05:11.910 Contoume que ía traballar cada mañá coa súa comida nunha bolsa de papel 00:05:12.190 --> 00:05:13.763 e un puro. 00:05:14.785 --> 00:05:19.114 Ese puro era o único luxo que se podía permitir. 00:05:19.324 --> 00:05:23.337 E despois de comer fumábao. 00:05:23.447 --> 00:05:26.950 E ata o día que morreu en Hogeweyk, 00:05:26.950 --> 00:05:33.264 ía cada día despois de comer para este pequeno alboio fumar o seu puro. 00:05:34.701 --> 00:05:36.583 Esta é miña nai. 00:05:36.583 --> 00:05:38.369 Pertence ao estilo de vida cultural. 00:05:38.369 --> 00:05:40.610 Leva seis semanas vivindo en Hogeweyk. 00:05:41.490 --> 00:05:43.847 Este estilo de vida vai de viaxar, 00:05:43.847 --> 00:05:46.204 coñecer xente, outras culturas, 00:05:46.204 --> 00:05:49.729 o interese pola arte e a música... 00:05:50.054 --> 00:05:52.115 Hai máis estilos de vida. 00:05:53.060 --> 00:05:57.033 Pero diso foi do que falamos e iso foi o que fixemos. 00:05:57.683 --> 00:06:01.326 Aínda que vivas nunha casa cun grupo de persoas de ideas afíns, 00:06:01.326 --> 00:06:05.905 non é a túa propia vida, non é o teu fogar. 00:06:06.345 --> 00:06:08.054 Hai máis cousas na vida. 00:06:08.054 --> 00:06:12.043 Todo o mundo quere divertirse e darlle sentido á súa vida. 00:06:12.043 --> 00:06:15.797 Somos animais sociais e precisamos vida social. 00:06:15.797 --> 00:06:18.258 E iso é o que puxemos en marcha. 00:06:18.498 --> 00:06:23.807 Queremos saír da casa, ir de compras, coñecer xente... 00:06:25.027 --> 00:06:28.527 Ou ir ao bar e tomar unha cervexa con amigos. 00:06:28.527 --> 00:06:33.921 Ou coma o Sr. W, a quen lle gusta saír a diario 00:06:33.921 --> 00:06:36.876 para ver se hai mulleres bonitas pola volta. 00:06:38.616 --> 00:06:40.277 É moi cabaleiroso con elas; 00:06:40.277 --> 00:06:42.912 só espera que lle sorrían e conségueo. 00:06:42.912 --> 00:06:44.988 E baila con elas no bar. 00:06:45.941 --> 00:06:47.549 Cada día é unha festa. 00:06:47.549 --> 00:06:50.304 Hai quen prefire ir a un restaurante, 00:06:50.834 --> 00:06:52.535 tomar un viño cos amigos, 00:06:52.535 --> 00:06:56.098 ou xantar ou cear con amigos e celebrar a vida. 00:06:56.138 --> 00:07:00.214 Miña nai pasea polo parque e senta nun banco ao sol. 00:07:00.214 --> 00:07:03.482 esperando que veña alguén e sente ao seu lado 00:07:03.482 --> 00:07:06.196 para falar sobre a vida, 00:07:06.326 --> 00:07:09.500 ou sobre os patos da lagoa. 00:07:10.402 --> 00:07:12.818 Esa vida social é importante. 00:07:13.628 --> 00:07:18.051 Significa que es parte da sociedade, que tes o teu lugar. 00:07:18.341 --> 00:07:20.760 E iso é o que todos precisamos. 00:07:21.452 --> 00:07:25.092 incluso se temos demencia avanzada. 00:07:25.422 --> 00:07:28.617 Isto é o que vexo dende a ventá da miña oficina. 00:07:28.617 --> 00:07:32.518 Un día vin a unha señora que viña dun lado, 00:07:32.518 --> 00:07:36.315 e a outra señora que viña do outro, e atopáronse na esquina. 00:07:36.315 --> 00:07:38.582 Eu coñecíaas moi ben ás dúas. 00:07:38.818 --> 00:07:42.618 A miúdo víaas pasear por fóra. 00:07:42.618 --> 00:07:46.295 Nalgunha ocasión tratei de conversar con elas, 00:07:46.474 --> 00:07:50.403 pero a súa conversa era... 00:07:50.403 --> 00:07:52.722 bastante complicada de entender. 00:07:53.222 --> 00:07:57.570 Pero vinas reunirse, vinas falar 00:07:57.570 --> 00:07:59.642 vinas xesticular. 00:07:59.642 --> 00:08:01.003 E divertíanse xuntas. 00:08:01.790 --> 00:08:04.643 Despois despedíronse e cada unha marchou polo seu lado. 00:08:05.193 --> 00:08:08.643 Isto é o que queremos na vida: encontrarnos con outra xente 00:08:08.643 --> 00:08:11.078 e formar parte da sociedade. 00:08:11.078 --> 00:08:12.958 E isto é o que vin alí. 00:08:14.208 --> 00:08:15.941 Hogeweyk converteuse nun lugar 00:08:15.941 --> 00:08:19.019 onde xente cun estado de demencia avanzado pode vivir, 00:08:19.859 --> 00:08:21.717 ter liberdade e seguridade, 00:08:21.717 --> 00:08:26.231 porque os profesionais e voluntarios que traballan alí 00:08:26.442 --> 00:08:29.276 saben como tratar a demencia. 00:08:29.276 --> 00:08:32.853 E os profesionais saben como facer o seu traballo 00:08:32.853 --> 00:08:37.935 de maneira que se axuste con naturalidade á vida dos residentes. 00:08:38.225 --> 00:08:43.721 E iso significa que a dirección ten que proporcionar 00:08:43.721 --> 00:08:46.483 todo o que esa xente precisa para facer o seu traballo. 00:08:46.933 --> 00:08:50.335 Necesítase unha dirección que se atreva a facelo, 00:08:50.335 --> 00:08:53.328 a facer as cousas de xeito diferente 00:08:53.328 --> 00:08:56.440 a como sempre se fixeron nunha residencia de anciáns tradicional. 00:08:59.017 --> 00:09:01.347 Sabemos que funciona. 00:09:02.200 --> 00:09:04.534 Cremos que isto se pode facer en todas as partes 00:09:05.494 --> 00:09:07.738 porque isto non é para ricos. 00:09:08.081 --> 00:09:12.332 Conseguímolo co mesmo presuposto 00:09:12.332 --> 00:09:16.055 que ten calquera residencia de anciáns tradicional no noso país. 00:09:16.481 --> 00:09:19.365 Traballamos só co presuposto estatal. 00:09:19.617 --> 00:09:24.083 (Aplausos) 00:09:28.103 --> 00:09:31.903 Porque ten que ver con pensar diferente, 00:09:32.143 --> 00:09:34.252 con mirar a persoa que está fronte a ti 00:09:34.758 --> 00:09:37.967 e decatarse do que esa persoa necesita agora. 00:09:39.587 --> 00:09:42.914 Trátase de sorrir, de pensar diferente, 00:09:42.914 --> 00:09:46.456 de como actuar, e iso non custa nada. 00:09:47.716 --> 00:09:51.908 E hai algo máis: trátase de tomar decisións. 00:09:51.908 --> 00:09:56.388 Trátase de decidir en que gastas os cartos. 00:09:56.581 --> 00:09:58.592 Eu sempre digo: 00:09:59.182 --> 00:10:04.282 "As cortinas vermellas son tan caras coma as grises" 00:10:04.282 --> 00:10:05.476 (Risas) 00:10:05.476 --> 00:10:08.213 É posible, en todas partes. 00:10:09.283 --> 00:10:10.540 Grazas. 00:10:10.660 --> 00:10:14.930 (Aplausos)