0:00:00.659,0:00:02.610 Isto é Hogeweyk. 0:00:02.954,0:00:07.365 É un barrio dunha pequena cidade [br]moi preto de Ámsterdam, en Holanda. 0:00:07.831,0:00:11.350 Hai 27 casas con seis ou sete persoas [br]en cada unha. 0:00:11.641,0:00:14.060 Hai un pequeno centro comercial [br]cun restaurante, 0:00:14.060,0:00:16.845 un bar, un supermercado e un pub. 0:00:16.945,0:00:21.627 Tamén ten rúas, canellas, un teatro... 0:00:22.343,0:00:25.207 En realidade trátase [br]dunha residencia de anciáns. 0:00:25.331,0:00:30.714 Unha residencia para persoas [br]con demencia avanzada 0:00:30.714,0:00:34.437 que necesitan atención [br]24 horas 7 días á semana. 0:00:35.111,0:00:38.449 A demencia é unha enfermidade terrible 0:00:38.449,0:00:41.976 para a que aínda non temos cura. 0:00:42.132,0:00:45.640 Estase a converter [br]nun problema grave no mundo 0:00:45.640,0:00:48.611 para a xente, para os políticos, [br]para todos... 0:00:48.611,0:00:51.016 estase a converter nun problema moi serio. 0:00:51.123,0:00:54.923 Sabemos que nas residencias de anciáns[br]hai lista de espera. 0:00:54.923,0:00:58.973 A maior parte das persoas con demencia [br]que entran nunha residencia son mulleres. 0:00:59.429,0:01:02.815 Isto débese a que as mulleres 0:01:02.815,0:01:05.082 están acostumadas a coidar persoas, 0:01:05.082,0:01:08.650 así que amáñanse para coidar [br]os seus maridos con demencia. 0:01:08.840,0:01:12.923 Pero pola contra, [br]para os homes, non é tan fácil. 0:01:14.396,0:01:18.726 A demencia é unha enfermidade [br]que afecta o cerebro. 0:01:18.843,0:01:21.094 O cerebro está confundido. 0:01:21.438,0:01:24.756 A xente xa non sabe que hora é, 0:01:24.756,0:01:27.268 que pasa, quen son as demais persoas. 0:01:27.268,0:01:29.112 Están moi confundidos. 0:01:29.112,0:01:31.387 E por culpa desa confusión 0:01:31.387,0:01:36.968 póñense nerviosos, [br]deprimidos, agresivos... 0:01:38.693,0:01:41.378 Esta é [br]unha residencia de anciáns tradicional. 0:01:41.391,0:01:43.439 Traballei alí en 1992. 0:01:43.439,0:01:45.608 Eu era a responsable [br]do servizo de coidados. 0:01:45.627,0:01:50.173 A miúdo falabamos [br]de que o que faciamos alí 0:01:50.173,0:01:53.728 non era o que quereriamos [br]para os nosos maiores, 0:01:53.752,0:01:57.060 para os nosos amigos, para nós mesmos. 0:01:57.815,0:01:59.600 E un día dixemos: 0:01:59.624,0:02:02.378 "Por moito que falemos, nada vai cambiar. 0:02:02.402,0:02:03.775 Nós estamos ao cargo. 0:02:03.799,0:02:06.295 Deberíamos facer algo 0:02:06.319,0:02:09.683 de maneira que queiramos traer[br]os nosos pais aquí". 0:02:10.773,0:02:13.781 Falámolo, e o que viamos a diario 0:02:13.805,0:02:17.498 era que as persoas que vivían[br]na nosa residencia 0:02:17.522,0:02:19.887 estaban confundidas [br]con respecto á súa contorna 0:02:19.911,0:02:23.458 porque o que vían [br]era un ambiente de hospital 0:02:23.482,0:02:27.593 con médicos, enfermeiros [br]e paramédicos de uniforme, 0:02:27.617,0:02:29.624 e vivían permanentemente nunha sala. 0:02:30.069,0:02:32.903 E non entendían por que estaban alí, 0:02:32.927,0:02:36.236 entón buscaban lugares polos que saír. 0:02:36.617,0:02:41.554 Buscaban con esperanza [br]a porta para volver para a casa. 0:02:42.022,0:02:45.847 E pensamos que [br]o que estabamos facendo nesa situación 0:02:45.871,0:02:50.910 era darlle a esa xente, [br]que xa ten a mente confusa, 0:02:50.934,0:02:52.384 máis confusión. 0:02:52.384,0:02:55.918 Estabamos engadindo máis confusión [br]á confusión. 0:02:56.180,0:02:58.631 E iso non era o que esa xente necesitaba. 0:02:59.084,0:03:01.846 Esa xente quería ter unha vida, 0:03:01.870,0:03:05.434 e axuda, a nosa axuda, [br]para lidar con esa demencia. 0:03:05.957,0:03:10.639 Esta xente quería vivir nunha casa normal 0:03:10.639,0:03:12.263 non nunha sala. 0:03:12.482,0:03:15.307 Querían ter un fogar normal 0:03:15.307,0:03:20.029 onde puidesen ulir [br]a cea ao lume na cociña. 0:03:20.966,0:03:25.228 Ou ser libres de ir á cociña [br]por algo para comer ou beber. 0:03:25.611,0:03:27.865 Iso era o que esa xente necesitaba. 0:03:27.865,0:03:30.364 E iso era o que debíamos ofrecerlles. 0:03:31.269,0:03:36.010 Pensamos que debiamos [br]organizar este lugar coma unha casa, 0:03:36.010,0:03:40.966 de xeito que non vivisen cun grupo[br]de 15, 20 ou 30 persoas nunha sala. 0:03:41.434,0:03:45.648 Non, un grupo pequeno de seis ou sete,[br]coma nunha familia. 0:03:47.069,0:03:48.942 Como vivir con amigos. 0:03:50.709,0:03:54.196 E debiamos encontrar un modo de agrupalos 0:03:54.196,0:03:56.433 segundo a súa maneira de pensar 0:03:56.433,0:03:59.867 para que tivesen a oportunidade real[br]de facerse amigos 0:03:59.867,0:04:02.057 cando vivisen xuntos. 0:04:02.161,0:04:07.073 Entrevistamos as familias dos residentes[br]e preguntámoslles 0:04:07.073,0:04:08.687 "Que é importante para teu pai?" 0:04:08.687,0:04:10.246 "Que é importante para túa nai?" 0:04:10.246,0:04:12.781 "Como é a súa vida?" "Que desexos teñen?" 0:04:12.899,0:04:15.021 E identificamos sete grupos 0:04:15.021,0:04:17.144 aos que chamamos[br]"grupos de estilo de vida". 0:04:17.709,0:04:21.370 E, por exemplo,[br]encontramos un estilo de vida formal. 0:04:21.851,0:04:23.101 Nese estilo de vida 0:04:23.101,0:04:26.546 a xente interactúa [br]de maneira máis formal, 0:04:26.546,0:04:27.863 máis distante. 0:04:27.863,0:04:31.199 O seu ritmo diario [br]empeza tarde e acaba tarde. 0:04:31.923,0:04:34.909 Neste estilo de vida escóitase [br]máis música clásica 0:04:34.909,0:04:36.289 ca nos outros grupos. 0:04:36.519,0:04:37.952 En canto ao menú, 0:04:37.952,0:04:42.184 ben... é máis afín á cociña francesa [br]que á holandesa tradicional. 0:04:42.184,0:04:43.557 (Risas) 0:04:43.557,0:04:47.365 É o oposto[br]ao estilo de vida do obreiro. 0:04:47.365,0:04:49.336 Este é un estilo moi tradicional. 0:04:49.336,0:04:51.999 A xente érguese cedo e déitase cedo 0:04:51.999,0:04:55.763 porque traballaron duro toda a vida, [br]especialmente coas mans. 0:04:55.763,0:04:58.985 En moitos casos tiveron [br]un pequeno negocio familiar, 0:04:58.985,0:05:01.088 unha pequena granxa, unha tenda 0:05:01.088,0:05:05.237 ou coma o Sr. B., que traballaba no campo. 0:05:05.466,0:05:11.910 Contoume que ía traballar cada mañá [br]coa súa comida nunha bolsa de papel 0:05:12.190,0:05:13.763 e un puro. 0:05:14.785,0:05:19.114 Ese puro era o único luxo [br]que se podía permitir. 0:05:19.324,0:05:23.337 E despois de comer fumábao. 0:05:23.447,0:05:26.950 E ata o día que morreu en Hogeweyk, 0:05:26.950,0:05:33.264 ía cada día despois de comer para este[br]pequeno alboio fumar o seu puro. 0:05:34.701,0:05:36.583 Esta é miña nai. 0:05:36.583,0:05:38.369 Pertence ao estilo de vida cultural. 0:05:38.369,0:05:40.610 Leva seis semanas vivindo en Hogeweyk. 0:05:41.490,0:05:43.847 Este estilo de vida vai de viaxar, 0:05:43.847,0:05:46.204 coñecer xente, outras culturas, 0:05:46.204,0:05:49.729 o interese pola arte e a música... 0:05:50.054,0:05:52.115 Hai máis estilos de vida. 0:05:53.060,0:05:57.033 Pero diso foi do que falamos [br]e iso foi o que fixemos. 0:05:57.683,0:06:01.326 Aínda que vivas nunha casa [br]cun grupo de persoas de ideas afíns, 0:06:01.326,0:06:05.905 non é a túa propia vida,[br]non é o teu fogar. 0:06:06.345,0:06:08.054 Hai máis cousas na vida. 0:06:08.054,0:06:12.043 Todo o mundo quere divertirse [br]e darlle sentido á súa vida. 0:06:12.043,0:06:15.797 Somos animais sociais [br]e precisamos vida social. 0:06:15.797,0:06:18.258 E iso é o que puxemos en marcha. 0:06:18.498,0:06:23.807 Queremos saír da casa, [br]ir de compras, coñecer xente... 0:06:25.027,0:06:28.527 Ou ir ao bar e tomar [br]unha cervexa con amigos. 0:06:28.527,0:06:33.921 Ou coma o Sr. W, [br]a quen lle gusta saír a diario 0:06:33.921,0:06:36.876 para ver se hai mulleres bonitas[br]pola volta. 0:06:38.616,0:06:40.277 É moi cabaleiroso con elas; 0:06:40.277,0:06:42.912 só espera que lle sorrían e conségueo. 0:06:42.912,0:06:44.988 E baila con elas no bar. 0:06:45.941,0:06:47.549 Cada día é unha festa. 0:06:47.549,0:06:50.304 Hai quen prefire ir a un restaurante, 0:06:50.834,0:06:52.535 tomar un viño cos amigos, 0:06:52.535,0:06:56.098 ou xantar ou cear con amigos [br]e celebrar a vida. 0:06:56.138,0:07:00.214 Miña nai pasea polo parque [br]e senta nun banco ao sol. 0:07:00.214,0:07:03.482 esperando que veña alguén [br]e sente ao seu lado 0:07:03.482,0:07:06.196 para falar sobre a vida, 0:07:06.326,0:07:09.500 ou sobre os patos da lagoa. 0:07:10.402,0:07:12.818 Esa vida social é importante. 0:07:13.628,0:07:18.051 Significa que es parte da sociedade, [br]que tes o teu lugar. 0:07:18.341,0:07:20.760 E iso é o que todos precisamos. 0:07:21.452,0:07:25.092 incluso se temos demencia avanzada. 0:07:25.422,0:07:28.617 Isto é o que vexo [br]dende a ventá da miña oficina. 0:07:28.617,0:07:32.518 Un día vin a unha señora [br]que viña dun lado, 0:07:32.518,0:07:36.315 e a outra señora que viña do outro,[br]e atopáronse na esquina. 0:07:36.315,0:07:38.582 Eu coñecíaas moi ben ás dúas. 0:07:38.818,0:07:42.618 A miúdo víaas pasear por fóra. 0:07:42.618,0:07:46.295 Nalgunha ocasión [br]tratei de conversar con elas, 0:07:46.474,0:07:50.403 pero a súa conversa era... 0:07:50.403,0:07:52.722 bastante complicada de entender. 0:07:53.222,0:07:57.570 Pero vinas reunirse, vinas falar 0:07:57.570,0:07:59.642 vinas xesticular. 0:07:59.642,0:08:01.003 E divertíanse xuntas. 0:08:01.790,0:08:04.643 Despois despedíronse [br]e cada unha marchou polo seu lado. 0:08:05.193,0:08:08.643 Isto é o que queremos na vida: [br]encontrarnos con outra xente 0:08:08.643,0:08:11.078 e formar parte da sociedade. 0:08:11.078,0:08:12.958 E isto é o que vin alí. 0:08:14.208,0:08:15.941 Hogeweyk converteuse nun lugar 0:08:15.941,0:08:19.019 onde xente cun estado [br]de demencia avanzado pode vivir, 0:08:19.859,0:08:21.717 ter liberdade e seguridade, 0:08:21.717,0:08:26.231 porque os profesionais e voluntarios [br]que traballan alí 0:08:26.442,0:08:29.276 saben como tratar a demencia. 0:08:29.276,0:08:32.853 E os profesionais saben como facer [br]o seu traballo 0:08:32.853,0:08:37.935 de maneira que se axuste [br]con naturalidade á vida dos residentes. 0:08:38.225,0:08:43.721 E iso significa que a dirección [br]ten que proporcionar 0:08:43.721,0:08:46.483 todo o que esa xente precisa [br]para facer o seu traballo. 0:08:46.933,0:08:50.335 Necesítase unha dirección [br]que se atreva a facelo, 0:08:50.335,0:08:53.328 a facer as cousas de xeito diferente 0:08:53.328,0:08:56.440 a como sempre se fixeron [br]nunha residencia de anciáns tradicional. 0:08:59.017,0:09:01.347 Sabemos que funciona. 0:09:02.200,0:09:04.534 Cremos que isto se pode facer [br]en todas as partes 0:09:05.494,0:09:07.738 porque isto non é para ricos. 0:09:08.081,0:09:12.332 Conseguímolo co mesmo presuposto 0:09:12.332,0:09:16.055 que ten calquera residencia [br]de anciáns tradicional no noso país. 0:09:16.481,0:09:19.365 Traballamos só co presuposto estatal. 0:09:19.617,0:09:24.083 (Aplausos) 0:09:28.103,0:09:31.903 Porque ten que ver con pensar diferente, 0:09:32.143,0:09:34.252 con mirar a persoa que está fronte a ti 0:09:34.758,0:09:37.967 e decatarse do que esa persoa [br]necesita agora. 0:09:39.587,0:09:42.914 Trátase de sorrir, de pensar diferente, 0:09:42.914,0:09:46.456 de como actuar, e iso non custa nada. 0:09:47.716,0:09:51.908 E hai algo máis: [br]trátase de tomar decisións. 0:09:51.908,0:09:56.388 Trátase de decidir [br]en que gastas os cartos. 0:09:56.581,0:09:58.592 Eu sempre digo: 0:09:59.182,0:10:04.282 "As cortinas vermellas son tan caras [br]coma as grises" 0:10:04.282,0:10:05.476 (Risas) 0:10:05.476,0:10:08.213 É posible, en todas partes. 0:10:09.283,0:10:10.540 Grazas. 0:10:10.660,0:10:14.930 (Aplausos)