Un achegamento científico ao paranormal.
-
0:01 - 0:05Hai oito anos, posuíume
un espírito maligno. -
0:08 - 0:10Daquela tiña 25,
-
0:11 - 0:15e vivía nunha pequena casa
detrás da casa doutra persoa -
0:15 - 0:16en Los Angeles.
-
0:16 - 0:20Era unha casa de hóspedes que
estaba practicamente en ruínas, -
0:20 - 0:23non coidada por moito tempo.
-
0:23 - 0:26E unha noite, estaba sentada alí
-
0:26 - 0:31e chegoume unha sensación
arrepiante, -
0:31 - 0:34o tipo de sensación coma se
estiveses sendo observado. -
0:34 - 0:37Porén non había ninguén a
excepción dos meus dous cans, -
0:37 - 0:39e simplemente estaban
a se morder as patas. -
0:39 - 0:43Mirei arredor. Ninguén estaba alí.
-
0:43 - 0:47E pensei, está ben,
é só a miña imaxinación. -
0:47 - 0:50Mais a sensación non facía máis
que medrar, -
0:50 - 0:55e comecei a sentir
unha presión no peito, -
0:55 - 0:58algo así como a sensación que tes
cando recibes unha mala noticia. -
0:58 - 1:02Mais esta fíxose cada vez máis fonda
-
1:02 - 1:03e case doía.
-
1:04 - 1:08E ao longo de aquela semana,
esta sensación non fixo máis que empeorar, -
1:08 - 1:13e comecei a convencerme
de que algo estaba alí -
1:13 - 1:16na miña pequena casa,
axexándome. -
1:18 - 1:21E comecei a ouvir uns sons,
-
1:21 - 1:27o murmurio do tipo "whoosh", coma
se algo pasase a través de min. -
1:28 - 1:33Chamei á miña mellor amiga, Claire,
e díxenlle: -
1:34 - 1:37"Sei que isto vai soar a loucura,
-
1:37 - 1:39mais, um...
-
1:39 - 1:44creo que hai unha pantasma na casa,
e preciso desfacerme dela." -
1:44 - 1:48E ela dixo -- ela ten unha mentalidade moi
aberta -- e ela dixo, -
1:48 - 1:50"Non penso que esteas tola.
-
1:50 - 1:54Creo que só necesitas facer un
ritual de purificación" -
1:54 - 1:55(Risas)
-
1:55 - 2:01"Así que colle un pouco de xarxa
e quéimaa, -
2:01 - 2:03e dille que marche."
-
2:03 - 2:07Así que dixen, "está ben,"
e fun mercar xarxa. -
2:07 - 2:11Nunca fixera isto antes, así que
lle prendín lume á xarxa, -
2:11 - 2:18axiteina e dixen, "Vaite!
Esta é a miña casa! Eu vivo aquí. -
2:18 - 2:20Ti non vives aquí!"
-
2:21 - 2:24Porén, a sensación permaneceu.
Nada foi a mellor. -
2:24 - 2:26E logo comecei a pensar,
-
2:26 - 2:29Ben, é moi probable que esta cousa
só está a se rir de min, -
2:29 - 2:31porque non marchou,
-
2:31 - 2:35e de seguro lle parezo unha impotente
e indefensa -
2:35 - 2:37que non pode conseguir que marche.
-
2:37 - 2:41Así que cada día volvía a casa
-
2:41 - 2:46e sabedes, esta sensación volveuse tan
insoportable que -- quero dicir, agora -
2:46 - 2:50ríome -- mais naquel momento sentaba
na cama e choraba todas as noites. -
2:51 - 2:56E a sensación do meu peito
volvíase cada vez peor. -
2:56 - 2:59Era unha dor fisica.
-
2:59 - 3:03Incluso fun a un psiquiatra
-
3:03 - 3:06e tratei de que me prescribise
medicación, -
3:06 - 3:10e ela non o fixo só porque
non tiña esquizofrenia. -
3:10 - 3:12(Risas)
-
3:14 - 3:21Así que finalmente fun a internet
e busquei "aparicións". -
3:21 - 3:24E atopei un foro de cazadores
de espíritos. -
3:24 - 3:26Mais estes eran un tipo especial
de cazadores de espíritos -- -
3:26 - 3:28eles eran escépticos.
-
3:28 - 3:33Creían que cada caso de pantasmas
que investigaran ata o momento -
3:33 - 3:36se podía explicar mediante a ciencia.
-
3:36 - 3:40E eu estaba como, "Moi ben, tipos listos,
isto é o que me está a acontecer, -
3:40 - 3:44e se tedes unha explicación que darme,
encantaríame escoitala." -
3:44 - 3:47E un deles dixo, "Vale.
-
3:47 - 3:51Um, ouviches acerca da intoxicación
por monóxido de carbono?" -
3:53 - 3:57E eu dixen, "Si.
-
3:57 - 4:01É algo así como a intoxicación por gas?"
-
4:01 - 4:04A intoxicación por monóxido de carbono
é cando tes unha fuga de -
4:04 - 4:05gas na túa casa.
-
4:05 - 4:11Busquei, e os síntomas de intoxicación
por monóxido de carbono -
4:11 - 4:14inclúen unha presión no peito,
-
4:14 - 4:19alucinacións auditivas -- whoosh --
-
4:19 - 4:22e unha inexplicable sensación de temor.
-
4:24 - 4:26Así que esa noite chamei á compañía
de gas. -
4:26 - 4:30Dixen, "Teño unha emerxencia,
necesito que veñades. -
4:30 - 4:33Non quero darlles os detalles agora,
mais necesito que veñades." -
4:33 - 4:35(Risas)
-
4:35 - 4:37Viñeron. Eu dixen,
"Sospeito que se trata dunha fuga de gas". -
4:37 - 4:40Eles trouxeron o seu detector de
monóxido de carbono, -
4:40 - 4:42e o home dixo,
-
4:42 - 4:45"Que ben que chamou esta noite,
-
4:46 - 4:48porque podería ter morto
en calquera momento". -
4:50 - 4:55O 37% dos americanos cren
en casas enmeigadas, -
4:55 - 5:00e pregúntome cantos deles
estiveron nunha -
5:00 - 5:03e cantos deles estiveron en perigo.
-
5:05 - 5:10E foi aquela historia de pantasmas
a que me levou ao meu traballo. -
5:10 - 5:12Son investigadora, e sono en
dous sentidos: -
5:12 - 5:14Son unha xornalista de investigación,
-
5:14 - 5:17e, ademais, son unha investigadora
do paranormal -
5:17 - 5:19e espiritual.
-
5:19 - 5:21E iso quere dicir varias cousas.
-
5:21 - 5:25Ás veces isto quere dicir que pretendo
necesitar un exorcismo -
5:25 - 5:29de xeito que poida contratar --si, iso é!--
de xeito que poida ir a un exorcista -
5:29 - 5:33e ver se está a empregar aparellos
ou trucos psicolóxicos -
5:33 - 5:36para tratar de convencer a alguén
de que está posuído. -
5:36 - 5:39Ás veces isto quere dicir que vou de
incógnito a algún grupo marxinal -
5:39 - 5:43e informo para unha emisión multimedia
da que son coanfitrioa. -
5:43 - 5:48Fixen máis de 70 investigacións coma
esta co meu coanfitrión Ross. -
5:48 - 5:53Encantaríame dicirvos que 9 de cada 10
casos, a ciencia gaña, -
5:53 - 5:55salva o día, todo é explicado.
-
5:55 - 5:56Iso non é certo.
-
5:56 - 6:03A verdade é que, 10 de 10 veces, a
ciencia gaña e salva o día. -
6:03 - 6:06(Aplauso)
-
6:15 - 6:18E iso non quere dicir que non haxa
misterios. -
6:18 - 6:22Por suposto que hai misterios,
mais un misterio é un misterio. -
6:22 - 6:23Non é unha pantasma.
-
6:24 - 6:28Agora penso que existen dous
tipos de verdade, -
6:28 - 6:32e levoume un tempo chegar ata aquí,
mais penso que está ben, -
6:32 - 6:34así que escoitade.
-
6:34 - 6:37Penso que hai una verdade externa
e unha verdade interna. -
6:37 - 6:40De forma que se me dis,
-
6:40 - 6:43"Houbo un home chamado Xesús
que unha vez existiu," -
6:43 - 6:45é unha verdade externa, non?
-
6:45 - 6:47E podemos ir e mirar os
documentos históricos. -
6:47 - 6:49Podemos determinar se iso
parece ser verdade. -
6:49 - 6:52E diría que, efectivamente,
parece selo. -
6:52 - 6:58Se dis, "Xesús levantouse de entre
os mortos", ooh, máis complicado. -
6:58 - 7:00(Risas)
-
7:00 - 7:07Eu diría que iso é unha verdade externa,
-
7:07 - 7:09porque fisicamente, ergueuse ou non.
-
7:09 - 7:12Non entrarei no feito de se
se ergueu ou non, -
7:12 - 7:14mais diría que se trata dunha
verdade externa. -
7:14 - 7:16Sucedeu, ou non.
-
7:16 - 7:20Mais se ti dis, "Non me importa se se
ergueu de entre os mortos. -
7:20 - 7:22É simbolicamente importante para min,
-
7:22 - 7:26e esa metáfora é tan significativa,
tan determinante para min, -
7:26 - 7:28que non vou tratar de te
convencer disto," -
7:28 - 7:31pasaches dunha verdade externa
a unha interna, -
7:31 - 7:32da ciencia á arte.
-
7:32 - 7:35E penso que tendemos a non ser
claros sobre isto, -
7:35 - 7:39a tratar de facer as nosas verdades
internas externas, -
7:39 - 7:42a non ser xustos cos demais
ao respecto, -
7:42 - 7:44e cando a xente nos di as súas
verdades internas, -
7:44 - 7:48para tratar de defendelas mediante
os estándares das verdades externas. -
7:48 - 7:51Así que estou a falar de verdades
externas, acerca de cousas obxectivas. -
7:51 - 7:57E había unha realidade obxectiva na
miña casa encantada, verdade? -
7:57 - 7:59Agora que vos falei acerca da fuga de gas,
-
7:59 - 8:01dubido que calquera persoa aquí diga:
-
8:01 - 8:03"Aínda así, sigo a pensar que
había unha pantasma" -- -
8:03 - 8:04(Risas)
-
8:04 - 8:07porque tan pronto tivemos
esas explicacións científicas, -
8:07 - 8:09decartamos á pantasma.
-
8:09 - 8:13Usamos estas cousas a modo de parches para o que non podemos explicar.
-
8:13 - 8:15Non cremos pola evidencia;
-
8:15 - 8:17cremos pola falta de evidencia.
-
8:18 - 8:21Hai un grupo en Los Angeles
-
8:21 - 8:24chamado o Grupo de Investigacións
Independente, ou o GII, -
8:25 - 8:26e fai un gran traballo.
-
8:27 - 8:29Entrega un premio de 10.000 $
-
8:29 - 8:34a calquera que poida probar
baixo condicións científicas, -
8:34 - 8:36que ten unha habilidade paranormal.
-
8:36 - 8:38Ninguén o fixo aínda,
-
8:38 - 8:43mais tiveron un par personas
que decían ser clarividentes, -
8:43 - 8:47o que quere dicir que poden
ouvir voces do alén -
8:47 - 8:49ou que poden ler mentes.
-
8:49 - 8:52E tiveron a unha
persoa moi sincera, -
8:52 - 8:55que pensaba que podía ler mentes.
-
8:55 - 9:01Prepararon unha proba con el,
e así é como funciona. -
9:01 - 9:03O grupo di, "Ben, temos un protocolo,
-
9:03 - 9:05temos unha forma científica de
comprobar isto. -
9:05 - 9:06Estás de acordo?"
-
9:06 - 9:08A persoa di que si.
Logo eles compróbano. -
9:08 - 9:10É moi importante que ambas
partes estean de acordo. -
9:10 - 9:13Eles fixérono, puxérono a proba.
-
9:13 - 9:15Dixeron, "Sabes que?
-
9:15 - 9:19Non fuches capaz de predicir o
que Lisa pensaba. -
9:19 - 9:21Foi máis ben casualidade.
-
9:21 - 9:23Parece que non tes ese poder."
-
9:23 - 9:25E iso deulles a oportunidade
-
9:25 - 9:30de sentarse compasivamente con el
e ter unha discusión complicada, -
9:30 - 9:32que foi algo así como,
-
9:32 - 9:37"Mira, sabemos que es sincero,
e o que iso quere dicir é que, en efecto, -
9:37 - 9:39ti si oes algo na túa cabeza."
-
9:39 - 9:44E ese home tivo que
tomar a difícil -
9:44 - 9:50mais a determinante decisión
de buscar axuda. -
9:50 - 9:55En realidade axudamos á xente a
facer esas conexións -
9:55 - 10:00que quizais antes semellaban
explicaciones fóra deste mundo, -
10:00 - 10:05axudámoslles a volver á realidade e
quizais cambiar as súas vidas positivamente. -
10:06 - 10:12Agora, por outra parte, pode ser que
en algún momento resulte verdade. -
10:13 - 10:15Talvez descubramos que hai pantasmas,
-
10:15 - 10:17e, carallo, iso sería o mellor!
-
10:17 - 10:20E cada vez que fago unha
destas investigacións, -
10:20 - 10:22sigo a emocionarme,
-
10:22 - 10:24e a pesar de que xa fixen como 75,
-
10:24 - 10:28xúrovos que na 76 vou estar,
"Esta é a boa!" -
10:28 - 10:29(Risas)
-
10:29 - 10:34Quizais só sexa unha eterna optimista
mais espero non perder nunca esa esperanza -
10:34 - 10:38e invítovos a adoptar esta
mesma actitude -
10:38 - 10:40en que a xente comparte as súas
crenzas externas con vós. -
10:40 - 10:43Cando faledes de verdades comprobables,
-
10:43 - 10:46respectádeas o suficiente como para
facerlles esas preguntas. -
10:46 - 10:49Desafiade e vede como examinar
a situación xuntos, -
10:49 - 10:54porque existe esta idea de que non
podes respectar unha crenza -
10:54 - 10:56e así mesmo desafiala,
mais non é certa. -
10:56 - 10:59Cando forzamos a pechadura,
cando poñemos isto a proba, -
10:59 - 11:03estamos a dicir, "Ben, respétote,
escoito o que dis, -
11:03 - 11:05vou comprobalo contigo."
-
11:05 - 11:08Todos tivemos a experiencia de estar a
contarlle algo a alguén, -
11:08 - 11:11e este dicir, "Oh, si, iso é moi
interesante," -
11:11 - 11:13mais sabemos que non nos
están a tomar en serio. -
11:13 - 11:16Mais cando alguén di,
"De verdade? Mmmm. -
11:18 - 11:20Soa un pouco extraño, mais seguirei
escoitando," -
11:20 - 11:23polo menos sabemos que nos están a
tratar con respecto. -
11:23 - 11:26E ese é o tipo de actitude que deberiamos
tomar neses casos. -
11:26 - 11:29Así demostramos que nos
importa o que está a dicir. -
11:29 - 11:31Iso é respecto.
-
11:34 - 11:39Agora, si, moitas destas investigacións
non achegan resultados, -
11:39 - 11:41mais así funciona a ciencia.
-
11:41 - 11:45Cada cura contra o cáncer ata agora
non deu resultado, -
11:45 - 11:48mais non deixamos de buscar,
-
11:48 - 11:49por dúas razóns.
-
11:49 - 11:52Porque número un:
a resposta importa. -
11:52 - 11:56Xa se trate da vida despois da morte, do
paranormal ou da cura contra o cáncer, -
11:56 - 11:58todo queda resumido á mesma pregunta:
-
11:58 - 12:01Canto tempo estaremos aquí?
-
12:02 - 12:06E número dous:
porque buscar a verdade, -
12:06 - 12:07ter unha mente aberta,
-
12:07 - 12:11e estar disposto a equivocarse e a cambiar
toda a túa visión do mundo -
12:11 - 12:14é tremendamente inspirador.
-
12:14 - 12:18Aínda seguen a emocionarme as
historias de pantasmas. -
12:18 - 12:21E sigo a pensar que cada grupo no que me
incorporo poida estar no certo, -
12:21 - 12:23e espero nunca perder esa esperanza.
-
12:23 - 12:25Non perdamos nunca esa esperanza,
-
12:25 - 12:28porque averiguar o que hai alá fóra
-
12:28 - 12:30axúdanos a entender que hai aquí dentro.
-
12:31 - 12:37E, ademais, facede o favor de ter un
detector de monóxido de carbono na casa. -
12:38 - 12:39Grazas.
-
12:39 - 12:44(Aplauso)
- Title:
- Un achegamento científico ao paranormal.
- Speaker:
- Carrie Poppy
- Description:
-
Que atormenta a Carrie Poppy? É un espírito ou algo peor? Nesta charla, a investigadora e xornalista relata o seu encontro cun sentimento estarrecedor do que lle gustaría advertir aos seus amigos e explica por que precisamos á ciencia para tratar coa actividade paranormal.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 13:37
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for A scientific approach to the paranormal | ||
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for A scientific approach to the paranormal | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for A scientific approach to the paranormal | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for A scientific approach to the paranormal | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for A scientific approach to the paranormal | ||
Enara Caride edited Galician subtitles for A scientific approach to the paranormal | ||
Enara Caride edited Galician subtitles for A scientific approach to the paranormal | ||
Enara Caride edited Galician subtitles for A scientific approach to the paranormal |