Hai oito anos, posuíume
un espírito maligno.
Daquela tiña 25,
e vivía nunha pequena casa
detrás da casa doutra persoa
en Los Angeles.
Era unha casa de hóspedes que
estaba practicamente en ruínas,
non coidada por moito tempo.
E unha noite, estaba sentada alí
e chegoume unha sensación
arrepiante,
o tipo de sensación coma se
estiveses sendo observado.
Porén non había ninguén a
excepción dos meus dous cans,
e simplemente estaban
a se morder as patas.
Mirei arredor. Ninguén estaba alí.
E pensei, está ben,
é só a miña imaxinación.
Mais a sensación non facía máis
que medrar,
e comecei a sentir
unha presión no peito,
algo así como a sensación que tes
cando recibes unha mala noticia.
Mais esta fíxose cada vez máis fonda
e case doía.
E ao longo de aquela semana,
esta sensación non fixo máis que empeorar,
e comecei a convencerme
de que algo estaba alí
na miña pequena casa,
axexándome.
E comecei a ouvir uns sons,
o murmurio do tipo "whoosh", coma
se algo pasase a través de min.
Chamei á miña mellor amiga, Claire,
e díxenlle:
"Sei que isto vai soar a loucura,
mais, um...
creo que hai unha pantasma na casa,
e preciso desfacerme dela."
E ela dixo -- ela ten unha mentalidade moi
aberta -- e ela dixo,
"Non penso que esteas tola.
Creo que só necesitas facer un
ritual de purificación"
(Risas)
"Así que colle un pouco de xarxa
e quéimaa,
e dille que marche."
Así que dixen, "está ben,"
e fun mercar xarxa.
Nunca fixera isto antes, así que
lle prendín lume á xarxa,
axiteina e dixen, "Vaite!
Esta é a miña casa! Eu vivo aquí.
Ti non vives aquí!"
Porén, a sensación permaneceu.
Nada foi a mellor.
E logo comecei a pensar,
Ben, é moi probable que esta cousa
só está a se rir de min,
porque non marchou,
e de seguro lle parezo unha impotente
e indefensa
que non pode conseguir que marche.
Así que cada día volvía a casa
e sabedes, esta sensación volveuse tan
insoportable que -- quero dicir, agora
ríome -- mais naquel momento sentaba
na cama e choraba todas as noites.
E a sensación do meu peito
volvíase cada vez peor.
Era unha dor fisica.
Incluso fun a un psiquiatra
e tratei de que me prescribise
medicación,
e ela non o fixo só porque
non tiña esquizofrenia.
(Risas)
Así que finalmente fun a internet
e busquei "aparicións".
E atopei un foro de cazadores
de espíritos.
Mais estes eran un tipo especial
de cazadores de espíritos --
eles eran escépticos.
Creían que cada caso de pantasmas
que investigaran ata o momento
se podía explicar mediante a ciencia.
E eu estaba como, "Moi ben, tipos listos,
isto é o que me está a acontecer,
e se tedes unha explicación que darme,
encantaríame escoitala."
E un deles dixo, "Vale.
Um, ouviches acerca da intoxicación
por monóxido de carbono?"
E eu dixen, "Si.
É algo así como a intoxicación por gas?"
A intoxicación por monóxido de carbono
é cando tes unha fuga de
gas na túa casa.
Busquei, e os síntomas de intoxicación
por monóxido de carbono
inclúen unha presión no peito,
alucinacións auditivas -- whoosh --
e unha inexplicable sensación de temor.
Así que esa noite chamei á compañía
de gas.
Dixen, "Teño unha emerxencia,
necesito que veñades.
Non quero darlles os detalles agora,
mais necesito que veñades."
(Risas)
Viñeron. Eu dixen,
"Sospeito que se trata dunha fuga de gas".
Eles trouxeron o seu detector de
monóxido de carbono,
e o home dixo,
"Que ben que chamou esta noite,
porque podería ter morto
en calquera momento".
O 37% dos americanos cren
en casas enmeigadas,
e pregúntome cantos deles
estiveron nunha
e cantos deles estiveron en perigo.
E foi aquela historia de pantasmas
a que me levou ao meu traballo.
Son investigadora, e sono en
dous sentidos:
Son unha xornalista de investigación,
e, ademais, son unha investigadora
do paranormal
e espiritual.
E iso quere dicir varias cousas.
Ás veces isto quere dicir que pretendo
necesitar un exorcismo
de xeito que poida contratar --si, iso é!--
de xeito que poida ir a un exorcista
e ver se está a empregar aparellos
ou trucos psicolóxicos
para tratar de convencer a alguén
de que está posuído.
Ás veces isto quere dicir que vou de
incógnito a algún grupo marxinal
e informo para unha emisión multimedia
da que son coanfitrioa.
Fixen máis de 70 investigacións coma
esta co meu coanfitrión Ross.
Encantaríame dicirvos que 9 de cada 10
casos, a ciencia gaña,
salva o día, todo é explicado.
Iso non é certo.
A verdade é que, 10 de 10 veces, a
ciencia gaña e salva o día.
(Aplauso)
E iso non quere dicir que non haxa
misterios.
Por suposto que hai misterios,
mais un misterio é un misterio.
Non é unha pantasma.
Agora penso que existen dous
tipos de verdade,
e levoume un tempo chegar ata aquí,
mais penso que está ben,
así que escoitade.
Penso que hai una verdade externa
e unha verdade interna.
De forma que se me dis,
"Houbo un home chamado Xesús
que unha vez existiu,"
é unha verdade externa, non?
E podemos ir e mirar os
documentos históricos.
Podemos determinar se iso
parece ser verdade.
E diría que, efectivamente,
parece selo.
Se dis, "Xesús levantouse de entre
os mortos", ooh, máis complicado.
(Risas)
Eu diría que iso é unha verdade externa,
porque fisicamente, ergueuse ou non.
Non entrarei no feito de se
se ergueu ou non,
mais diría que se trata dunha
verdade externa.
Sucedeu, ou non.
Mais se ti dis, "Non me importa se se
ergueu de entre os mortos.
É simbolicamente importante para min,
e esa metáfora é tan significativa,
tan determinante para min,
que non vou tratar de te
convencer disto,"
pasaches dunha verdade externa
a unha interna,
da ciencia á arte.
E penso que tendemos a non ser
claros sobre isto,
a tratar de facer as nosas verdades
internas externas,
a non ser xustos cos demais
ao respecto,
e cando a xente nos di as súas
verdades internas,
para tratar de defendelas mediante
os estándares das verdades externas.
Así que estou a falar de verdades
externas, acerca de cousas obxectivas.
E había unha realidade obxectiva na
miña casa encantada, verdade?
Agora que vos falei acerca da fuga de gas,
dubido que calquera persoa aquí diga:
"Aínda así, sigo a pensar que
había unha pantasma" --
(Risas)
porque tan pronto tivemos
esas explicacións científicas,
decartamos á pantasma.
Usamos estas cousas a modo de parches para o que non podemos explicar.
Non cremos pola evidencia;
cremos pola falta de evidencia.
Hai un grupo en Los Angeles
chamado o Grupo de Investigacións
Independente, ou o GII,
e fai un gran traballo.
Entrega un premio de 10.000 $
a calquera que poida probar
baixo condicións científicas,
que ten unha habilidade paranormal.
Ninguén o fixo aínda,
mais tiveron un par personas
que decían ser clarividentes,
o que quere dicir que poden
ouvir voces do alén
ou que poden ler mentes.
E tiveron a unha
persoa moi sincera,
que pensaba que podía ler mentes.
Prepararon unha proba con el,
e así é como funciona.
O grupo di, "Ben, temos un protocolo,
temos unha forma científica de
comprobar isto.
Estás de acordo?"
A persoa di que si.
Logo eles compróbano.
É moi importante que ambas
partes estean de acordo.
Eles fixérono, puxérono a proba.
Dixeron, "Sabes que?
Non fuches capaz de predicir o
que Lisa pensaba.
Foi máis ben casualidade.
Parece que non tes ese poder."
E iso deulles a oportunidade
de sentarse compasivamente con el
e ter unha discusión complicada,
que foi algo así como,
"Mira, sabemos que es sincero,
e o que iso quere dicir é que, en efecto,
ti si oes algo na túa cabeza."
E ese home tivo que
tomar a difícil
mais a determinante decisión
de buscar axuda.
En realidade axudamos á xente a
facer esas conexións
que quizais antes semellaban
explicaciones fóra deste mundo,
axudámoslles a volver á realidade e
quizais cambiar as súas vidas positivamente.
Agora, por outra parte, pode ser que
en algún momento resulte verdade.
Talvez descubramos que hai pantasmas,
e, carallo, iso sería o mellor!
E cada vez que fago unha
destas investigacións,
sigo a emocionarme,
e a pesar de que xa fixen como 75,
xúrovos que na 76 vou estar,
"Esta é a boa!"
(Risas)
Quizais só sexa unha eterna optimista
mais espero non perder nunca esa esperanza
e invítovos a adoptar esta
mesma actitude
en que a xente comparte as súas
crenzas externas con vós.
Cando faledes de verdades comprobables,
respectádeas o suficiente como para
facerlles esas preguntas.
Desafiade e vede como examinar
a situación xuntos,
porque existe esta idea de que non
podes respectar unha crenza
e así mesmo desafiala,
mais non é certa.
Cando forzamos a pechadura,
cando poñemos isto a proba,
estamos a dicir, "Ben, respétote,
escoito o que dis,
vou comprobalo contigo."
Todos tivemos a experiencia de estar a
contarlle algo a alguén,
e este dicir, "Oh, si, iso é moi
interesante,"
mais sabemos que non nos
están a tomar en serio.
Mais cando alguén di,
"De verdade? Mmmm.
Soa un pouco extraño, mais seguirei
escoitando,"
polo menos sabemos que nos están a
tratar con respecto.
E ese é o tipo de actitude que deberiamos
tomar neses casos.
Así demostramos que nos
importa o que está a dicir.
Iso é respecto.
Agora, si, moitas destas investigacións
non achegan resultados,
mais así funciona a ciencia.
Cada cura contra o cáncer ata agora
non deu resultado,
mais non deixamos de buscar,
por dúas razóns.
Porque número un:
a resposta importa.
Xa se trate da vida despois da morte, do
paranormal ou da cura contra o cáncer,
todo queda resumido á mesma pregunta:
Canto tempo estaremos aquí?
E número dous:
porque buscar a verdade,
ter unha mente aberta,
e estar disposto a equivocarse e a cambiar
toda a túa visión do mundo
é tremendamente inspirador.
Aínda seguen a emocionarme as
historias de pantasmas.
E sigo a pensar que cada grupo no que me
incorporo poida estar no certo,
e espero nunca perder esa esperanza.
Non perdamos nunca esa esperanza,
porque averiguar o que hai alá fóra
axúdanos a entender que hai aquí dentro.
E, ademais, facede o favor de ter un
detector de monóxido de carbono na casa.
Grazas.
(Aplauso)