1 00:00:00,764 --> 00:00:05,293 Hai oito anos, posuíume un espírito maligno. 2 00:00:08,286 --> 00:00:10,486 Daquela tiña 25, 3 00:00:10,510 --> 00:00:14,948 e vivía nunha pequena casa detrás da casa doutra persoa 4 00:00:14,972 --> 00:00:16,267 en Los Angeles. 5 00:00:16,291 --> 00:00:19,943 Era unha casa de hóspedes que estaba practicamente en ruínas, 6 00:00:19,967 --> 00:00:22,646 non coidada por moito tempo. 7 00:00:22,670 --> 00:00:26,121 E unha noite, estaba sentada alí 8 00:00:26,145 --> 00:00:30,647 e chegoume unha sensación arrepiante, 9 00:00:30,671 --> 00:00:33,689 o tipo de sensación coma se estiveses sendo observado. 10 00:00:33,713 --> 00:00:36,732 Porén non había ninguén a excepción dos meus dous cans, 11 00:00:36,756 --> 00:00:38,634 e simplemente estaban a se morder as patas. 12 00:00:39,308 --> 00:00:43,141 Mirei arredor. Ninguén estaba alí. 13 00:00:43,165 --> 00:00:47,386 E pensei, está ben, é só a miña imaxinación. 14 00:00:47,410 --> 00:00:50,021 Mais a sensación non facía máis que medrar, 15 00:00:50,045 --> 00:00:55,337 e comecei a sentir unha presión no peito, 16 00:00:55,361 --> 00:00:58,453 algo así como a sensación que tes cando recibes unha mala noticia. 17 00:00:58,477 --> 00:01:01,788 Mais esta fíxose cada vez máis fonda 18 00:01:01,812 --> 00:01:03,205 e case doía. 19 00:01:04,050 --> 00:01:07,784 E ao longo de aquela semana, esta sensación non fixo máis que empeorar, 20 00:01:07,808 --> 00:01:13,304 e comecei a convencerme de que algo estaba alí 21 00:01:13,328 --> 00:01:16,492 na miña pequena casa, axexándome. 22 00:01:18,023 --> 00:01:21,138 E comecei a ouvir uns sons, 23 00:01:21,162 --> 00:01:27,100 o murmurio do tipo "whoosh", coma se algo pasase a través de min. 24 00:01:28,485 --> 00:01:32,761 Chamei á miña mellor amiga, Claire, e díxenlle: 25 00:01:33,578 --> 00:01:36,737 "Sei que isto vai soar a loucura, 26 00:01:36,761 --> 00:01:38,825 mais, um... 27 00:01:38,849 --> 00:01:43,828 creo que hai unha pantasma na casa, e preciso desfacerme dela." 28 00:01:43,852 --> 00:01:48,200 E ela dixo -- ela ten unha mentalidade moi aberta -- e ela dixo, 29 00:01:48,224 --> 00:01:49,729 "Non penso que esteas tola. 30 00:01:49,753 --> 00:01:53,627 Creo que só necesitas facer un ritual de purificación" 31 00:01:53,651 --> 00:01:55,432 (Risas) 32 00:01:55,456 --> 00:02:00,881 "Así que colle un pouco de xarxa e quéimaa, 33 00:02:00,905 --> 00:02:03,403 e dille que marche." 34 00:02:03,427 --> 00:02:07,089 Así que dixen, "está ben," e fun mercar xarxa. 35 00:02:07,113 --> 00:02:11,174 Nunca fixera isto antes, así que lle prendín lume á xarxa, 36 00:02:11,198 --> 00:02:17,898 axiteina e dixen, "Vaite! Esta é a miña casa! Eu vivo aquí. 37 00:02:17,922 --> 00:02:19,556 Ti non vives aquí!" 38 00:02:20,593 --> 00:02:23,874 Porén, a sensación permaneceu. Nada foi a mellor. 39 00:02:23,898 --> 00:02:26,094 E logo comecei a pensar, 40 00:02:26,118 --> 00:02:28,890 Ben, é moi probable que esta cousa só está a se rir de min, 41 00:02:28,914 --> 00:02:31,342 porque non marchou, 42 00:02:31,366 --> 00:02:34,591 e de seguro lle parezo unha impotente e indefensa 43 00:02:34,615 --> 00:02:36,850 que non pode conseguir que marche. 44 00:02:36,874 --> 00:02:40,799 Así que cada día volvía a casa 45 00:02:40,823 --> 00:02:46,339 e sabedes, esta sensación volveuse tan insoportable que -- quero dicir, agora 46 00:02:46,363 --> 00:02:50,440 ríome -- mais naquel momento sentaba na cama e choraba todas as noites. 47 00:02:51,040 --> 00:02:56,339 E a sensación do meu peito volvíase cada vez peor. 48 00:02:56,363 --> 00:02:59,355 Era unha dor fisica. 49 00:02:59,379 --> 00:03:02,801 Incluso fun a un psiquiatra 50 00:03:02,825 --> 00:03:06,253 e tratei de que me prescribise medicación, 51 00:03:06,277 --> 00:03:10,379 e ela non o fixo só porque non tiña esquizofrenia. 52 00:03:10,403 --> 00:03:12,180 (Risas) 53 00:03:13,937 --> 00:03:20,737 Así que finalmente fun a internet e busquei "aparicións". 54 00:03:20,761 --> 00:03:23,847 E atopei un foro de cazadores de espíritos. 55 00:03:23,871 --> 00:03:26,203 Mais estes eran un tipo especial de cazadores de espíritos -- 56 00:03:26,227 --> 00:03:27,771 eles eran escépticos. 57 00:03:27,795 --> 00:03:33,365 Creían que cada caso de pantasmas que investigaran ata o momento 58 00:03:33,389 --> 00:03:35,564 se podía explicar mediante a ciencia. 59 00:03:35,588 --> 00:03:39,532 E eu estaba como, "Moi ben, tipos listos, isto é o que me está a acontecer, 60 00:03:39,556 --> 00:03:43,631 e se tedes unha explicación que darme, encantaríame escoitala." 61 00:03:43,655 --> 00:03:46,865 E un deles dixo, "Vale. 62 00:03:46,889 --> 00:03:50,975 Um, ouviches acerca da intoxicación por monóxido de carbono?" 63 00:03:52,877 --> 00:03:57,339 E eu dixen, "Si. 64 00:03:57,363 --> 00:04:00,710 É algo así como a intoxicación por gas?" 65 00:04:00,734 --> 00:04:03,713 A intoxicación por monóxido de carbono é cando tes unha fuga de 66 00:04:03,737 --> 00:04:05,180 gas na túa casa. 67 00:04:05,204 --> 00:04:11,032 Busquei, e os síntomas de intoxicación por monóxido de carbono 68 00:04:11,056 --> 00:04:14,186 inclúen unha presión no peito, 69 00:04:14,210 --> 00:04:18,608 alucinacións auditivas -- whoosh -- 70 00:04:18,632 --> 00:04:22,410 e unha inexplicable sensación de temor. 71 00:04:23,831 --> 00:04:26,233 Así que esa noite chamei á compañía de gas. 72 00:04:26,257 --> 00:04:30,062 Dixen, "Teño unha emerxencia, necesito que veñades. 73 00:04:30,086 --> 00:04:33,356 Non quero darlles os detalles agora, mais necesito que veñades." 74 00:04:33,380 --> 00:04:34,573 (Risas) 75 00:04:34,597 --> 00:04:37,384 Viñeron. Eu dixen, "Sospeito que se trata dunha fuga de gas". 76 00:04:37,408 --> 00:04:39,924 Eles trouxeron o seu detector de monóxido de carbono, 77 00:04:39,948 --> 00:04:41,990 e o home dixo, 78 00:04:42,014 --> 00:04:45,477 "Que ben que chamou esta noite, 79 00:04:45,501 --> 00:04:47,914 porque podería ter morto en calquera momento". 80 00:04:49,667 --> 00:04:55,034 O 37% dos americanos cren en casas enmeigadas, 81 00:04:55,058 --> 00:04:59,648 e pregúntome cantos deles estiveron nunha 82 00:04:59,672 --> 00:05:02,664 e cantos deles estiveron en perigo. 83 00:05:04,783 --> 00:05:09,516 E foi aquela historia de pantasmas a que me levou ao meu traballo. 84 00:05:09,540 --> 00:05:12,438 Son investigadora, e sono en dous sentidos: 85 00:05:12,462 --> 00:05:14,030 Son unha xornalista de investigación, 86 00:05:14,054 --> 00:05:17,240 e, ademais, son unha investigadora do paranormal 87 00:05:17,264 --> 00:05:19,260 e espiritual. 88 00:05:19,284 --> 00:05:20,792 E iso quere dicir varias cousas. 89 00:05:20,816 --> 00:05:24,767 Ás veces isto quere dicir que pretendo necesitar un exorcismo 90 00:05:24,791 --> 00:05:29,356 de xeito que poida contratar --si, iso é!-- de xeito que poida ir a un exorcista 91 00:05:29,380 --> 00:05:32,986 e ver se está a empregar aparellos ou trucos psicolóxicos 92 00:05:33,010 --> 00:05:35,898 para tratar de convencer a alguén de que está posuído. 93 00:05:35,922 --> 00:05:39,244 Ás veces isto quere dicir que vou de incógnito a algún grupo marxinal 94 00:05:39,268 --> 00:05:42,641 e informo para unha emisión multimedia da que son coanfitrioa. 95 00:05:42,665 --> 00:05:47,699 Fixen máis de 70 investigacións coma esta co meu coanfitrión Ross. 96 00:05:47,723 --> 00:05:52,719 Encantaríame dicirvos que 9 de cada 10 casos, a ciencia gaña, 97 00:05:52,743 --> 00:05:55,239 salva o día, todo é explicado. 98 00:05:55,263 --> 00:05:56,432 Iso non é certo. 99 00:05:56,456 --> 00:06:02,672 A verdade é que, 10 de 10 veces, a ciencia gaña e salva o día. 100 00:06:02,696 --> 00:06:06,464 (Aplauso) 101 00:06:15,027 --> 00:06:17,708 E iso non quere dicir que non haxa misterios. 102 00:06:17,732 --> 00:06:21,658 Por suposto que hai misterios, mais un misterio é un misterio. 103 00:06:21,682 --> 00:06:23,371 Non é unha pantasma. 104 00:06:24,466 --> 00:06:28,087 Agora penso que existen dous tipos de verdade, 105 00:06:28,111 --> 00:06:32,462 e levoume un tempo chegar ata aquí, mais penso que está ben, 106 00:06:32,486 --> 00:06:33,750 así que escoitade. 107 00:06:33,774 --> 00:06:36,929 Penso que hai una verdade externa e unha verdade interna. 108 00:06:36,953 --> 00:06:40,168 De forma que se me dis, 109 00:06:40,192 --> 00:06:42,865 "Houbo un home chamado Xesús que unha vez existiu," 110 00:06:42,889 --> 00:06:44,586 é unha verdade externa, non? 111 00:06:44,610 --> 00:06:46,960 E podemos ir e mirar os documentos históricos. 112 00:06:46,984 --> 00:06:49,395 Podemos determinar se iso parece ser verdade. 113 00:06:49,419 --> 00:06:51,958 E diría que, efectivamente, parece selo. 114 00:06:51,982 --> 00:06:57,653 Se dis, "Xesús levantouse de entre os mortos", ooh, máis complicado. 115 00:06:57,677 --> 00:06:59,904 (Risas) 116 00:07:00,441 --> 00:07:07,380 Eu diría que iso é unha verdade externa, 117 00:07:07,404 --> 00:07:09,442 porque fisicamente, ergueuse ou non. 118 00:07:09,466 --> 00:07:12,192 Non entrarei no feito de se se ergueu ou non, 119 00:07:12,216 --> 00:07:14,294 mais diría que se trata dunha verdade externa. 120 00:07:14,318 --> 00:07:16,012 Sucedeu, ou non. 121 00:07:16,036 --> 00:07:19,738 Mais se ti dis, "Non me importa se se ergueu de entre os mortos. 122 00:07:19,762 --> 00:07:22,106 É simbolicamente importante para min, 123 00:07:22,130 --> 00:07:25,624 e esa metáfora é tan significativa, tan determinante para min, 124 00:07:25,648 --> 00:07:27,951 que non vou tratar de te convencer disto," 125 00:07:27,975 --> 00:07:30,530 pasaches dunha verdade externa a unha interna, 126 00:07:30,554 --> 00:07:32,076 da ciencia á arte. 127 00:07:32,100 --> 00:07:35,264 E penso que tendemos a non ser claros sobre isto, 128 00:07:35,288 --> 00:07:38,700 a tratar de facer as nosas verdades internas externas, 129 00:07:38,724 --> 00:07:41,627 a non ser xustos cos demais ao respecto, 130 00:07:41,651 --> 00:07:44,015 e cando a xente nos di as súas verdades internas, 131 00:07:44,039 --> 00:07:47,650 para tratar de defendelas mediante os estándares das verdades externas. 132 00:07:47,674 --> 00:07:51,190 Así que estou a falar de verdades externas, acerca de cousas obxectivas. 133 00:07:51,214 --> 00:07:56,900 E había unha realidade obxectiva na miña casa encantada, verdade? 134 00:07:56,924 --> 00:07:58,973 Agora que vos falei acerca da fuga de gas, 135 00:07:58,997 --> 00:08:01,017 dubido que calquera persoa aquí diga: 136 00:08:01,041 --> 00:08:03,015 "Aínda así, sigo a pensar que había unha pantasma" -- 137 00:08:03,039 --> 00:08:04,079 (Risas) 138 00:08:04,103 --> 00:08:06,850 porque tan pronto tivemos esas explicacións científicas, 139 00:08:06,874 --> 00:08:08,536 decartamos á pantasma. 140 00:08:08,560 --> 00:08:12,570 Usamos estas cousas a modo de parches para o que non podemos explicar. 141 00:08:12,594 --> 00:08:14,595 Non cremos pola evidencia; 142 00:08:14,619 --> 00:08:17,381 cremos pola falta de evidencia. 143 00:08:18,382 --> 00:08:20,746 Hai un grupo en Los Angeles 144 00:08:20,770 --> 00:08:24,478 chamado o Grupo de Investigacións Independente, ou o GII, 145 00:08:24,502 --> 00:08:26,482 e fai un gran traballo. 146 00:08:26,506 --> 00:08:29,209 Entrega un premio de 10.000 $ 147 00:08:29,233 --> 00:08:33,760 a calquera que poida probar baixo condicións científicas, 148 00:08:33,784 --> 00:08:36,139 que ten unha habilidade paranormal. 149 00:08:36,163 --> 00:08:37,869 Ninguén o fixo aínda, 150 00:08:37,893 --> 00:08:42,951 mais tiveron un par personas que decían ser clarividentes, 151 00:08:42,975 --> 00:08:47,031 o que quere dicir que poden ouvir voces do alén 152 00:08:47,055 --> 00:08:48,953 ou que poden ler mentes. 153 00:08:48,977 --> 00:08:51,737 E tiveron a unha persoa moi sincera, 154 00:08:51,761 --> 00:08:54,652 que pensaba que podía ler mentes. 155 00:08:54,745 --> 00:09:00,732 Prepararon unha proba con el, e así é como funciona. 156 00:09:00,756 --> 00:09:03,002 O grupo di, "Ben, temos un protocolo, 157 00:09:03,026 --> 00:09:05,041 temos unha forma científica de comprobar isto. 158 00:09:05,065 --> 00:09:06,218 Estás de acordo?" 159 00:09:06,242 --> 00:09:08,138 A persoa di que si. Logo eles compróbano. 160 00:09:08,162 --> 00:09:10,167 É moi importante que ambas partes estean de acordo. 161 00:09:10,191 --> 00:09:12,606 Eles fixérono, puxérono a proba. 162 00:09:12,630 --> 00:09:15,184 Dixeron, "Sabes que? 163 00:09:15,208 --> 00:09:19,050 Non fuches capaz de predicir o que Lisa pensaba. 164 00:09:19,074 --> 00:09:21,103 Foi máis ben casualidade. 165 00:09:21,127 --> 00:09:22,969 Parece que non tes ese poder." 166 00:09:22,993 --> 00:09:24,843 E iso deulles a oportunidade 167 00:09:24,867 --> 00:09:30,136 de sentarse compasivamente con el e ter unha discusión complicada, 168 00:09:30,160 --> 00:09:32,129 que foi algo así como, 169 00:09:32,153 --> 00:09:36,716 "Mira, sabemos que es sincero, e o que iso quere dicir é que, en efecto, 170 00:09:36,740 --> 00:09:39,019 ti si oes algo na túa cabeza." 171 00:09:39,097 --> 00:09:43,705 E ese home tivo que tomar a difícil 172 00:09:43,763 --> 00:09:49,841 mais a determinante decisión de buscar axuda. 173 00:09:49,908 --> 00:09:54,951 En realidade axudamos á xente a facer esas conexións 174 00:09:54,975 --> 00:10:00,285 que quizais antes semellaban explicaciones fóra deste mundo, 175 00:10:00,309 --> 00:10:05,369 axudámoslles a volver á realidade e quizais cambiar as súas vidas positivamente. 176 00:10:06,473 --> 00:10:12,265 Agora, por outra parte, pode ser que en algún momento resulte verdade. 177 00:10:12,888 --> 00:10:14,911 Talvez descubramos que hai pantasmas, 178 00:10:14,935 --> 00:10:17,108 e, carallo, iso sería o mellor! 179 00:10:17,132 --> 00:10:19,856 E cada vez que fago unha destas investigacións, 180 00:10:19,880 --> 00:10:21,686 sigo a emocionarme, 181 00:10:21,710 --> 00:10:23,773 e a pesar de que xa fixen como 75, 182 00:10:23,797 --> 00:10:27,874 xúrovos que na 76 vou estar, "Esta é a boa!" 183 00:10:27,898 --> 00:10:29,103 (Risas) 184 00:10:29,127 --> 00:10:33,983 Quizais só sexa unha eterna optimista mais espero non perder nunca esa esperanza 185 00:10:34,007 --> 00:10:37,782 e invítovos a adoptar esta mesma actitude 186 00:10:37,806 --> 00:10:40,249 en que a xente comparte as súas crenzas externas con vós. 187 00:10:40,273 --> 00:10:42,740 Cando faledes de verdades comprobables, 188 00:10:42,764 --> 00:10:46,443 respectádeas o suficiente como para facerlles esas preguntas. 189 00:10:46,467 --> 00:10:49,329 Desafiade e vede como examinar a situación xuntos, 190 00:10:49,353 --> 00:10:53,522 porque existe esta idea de que non podes respectar unha crenza 191 00:10:53,546 --> 00:10:56,096 e así mesmo desafiala, mais non é certa. 192 00:10:56,120 --> 00:10:58,867 Cando forzamos a pechadura, cando poñemos isto a proba, 193 00:10:58,891 --> 00:11:02,863 estamos a dicir, "Ben, respétote, escoito o que dis, 194 00:11:02,887 --> 00:11:04,879 vou comprobalo contigo." 195 00:11:04,903 --> 00:11:08,258 Todos tivemos a experiencia de estar a contarlle algo a alguén, 196 00:11:08,282 --> 00:11:11,013 e este dicir, "Oh, si, iso é moi interesante," 197 00:11:11,037 --> 00:11:13,160 mais sabemos que non nos están a tomar en serio. 198 00:11:13,184 --> 00:11:16,474 Mais cando alguén di, "De verdade? Mmmm. 199 00:11:17,593 --> 00:11:19,983 Soa un pouco extraño, mais seguirei escoitando," 200 00:11:20,007 --> 00:11:22,664 polo menos sabemos que nos están a tratar con respecto. 201 00:11:22,688 --> 00:11:25,804 E ese é o tipo de actitude que deberiamos tomar neses casos. 202 00:11:25,828 --> 00:11:28,535 Así demostramos que nos importa o que está a dicir. 203 00:11:28,559 --> 00:11:31,495 Iso é respecto. 204 00:11:34,210 --> 00:11:38,909 Agora, si, moitas destas investigacións non achegan resultados, 205 00:11:38,933 --> 00:11:40,766 mais así funciona a ciencia. 206 00:11:41,163 --> 00:11:45,264 Cada cura contra o cáncer ata agora non deu resultado, 207 00:11:45,288 --> 00:11:47,620 mais non deixamos de buscar, 208 00:11:47,644 --> 00:11:49,174 por dúas razóns. 209 00:11:49,198 --> 00:11:51,676 Porque número un: a resposta importa. 210 00:11:51,700 --> 00:11:55,722 Xa se trate da vida despois da morte, do paranormal ou da cura contra o cáncer, 211 00:11:55,746 --> 00:11:58,079 todo queda resumido á mesma pregunta: 212 00:11:58,103 --> 00:12:00,782 Canto tempo estaremos aquí? 213 00:12:01,965 --> 00:12:05,749 E número dous: porque buscar a verdade, 214 00:12:05,773 --> 00:12:07,082 ter unha mente aberta, 215 00:12:07,106 --> 00:12:11,475 e estar disposto a equivocarse e a cambiar toda a túa visión do mundo 216 00:12:11,499 --> 00:12:13,547 é tremendamente inspirador. 217 00:12:14,318 --> 00:12:18,131 Aínda seguen a emocionarme as historias de pantasmas. 218 00:12:18,155 --> 00:12:21,239 E sigo a pensar que cada grupo no que me incorporo poida estar no certo, 219 00:12:21,263 --> 00:12:23,260 e espero nunca perder esa esperanza. 220 00:12:23,284 --> 00:12:25,088 Non perdamos nunca esa esperanza, 221 00:12:25,112 --> 00:12:27,967 porque averiguar o que hai alá fóra 222 00:12:27,991 --> 00:12:29,905 axúdanos a entender que hai aquí dentro. 223 00:12:30,637 --> 00:12:37,098 E, ademais, facede o favor de ter un detector de monóxido de carbono na casa. 224 00:12:38,162 --> 00:12:39,441 Grazas. 225 00:12:39,465 --> 00:12:44,429 (Aplauso)