Os misteriosos mecanismos do cerebro adolescente
-
0:01 - 0:04Hai 15 anos, pensábase que
-
0:04 - 0:06a maior parte do desenvolvemento cerebral
-
0:06 - 0:09tiña lugar nos primeiros anos de vida.
-
0:09 - 0:11Daquela, hai 15 anos, non eramos quen
-
0:11 - 0:14de mirar dentro do cerebro humano vivo
-
0:14 - 0:17e observar os seus
cambios ao longo da vida. -
0:17 - 0:20Na última década, grazas aos avances
-
0:20 - 0:22nas técnicas de neuroimaxe cerebral
-
0:22 - 0:25como a resonancia magnética ou RM,
-
0:25 - 0:28os neurocientíficos
comezaron a explorar en vivo -
0:28 - 0:30cerebros de todas as idades e a seguir
-
0:30 - 0:33os cambios na estrutura
e na función cerebral. -
0:33 - 0:37Cando queremos facer
unha foto de alta resolución -
0:37 - 0:40do cerebro humano vivo, usamos a RM
-
0:40 - 0:43e así podemos facer preguntas como:
-
0:43 - 0:46canta materia gris contén o cerebro
-
0:46 - 0:48e como cambia coa idade?
-
0:48 - 0:51Tamén usamos a RM funcional ou RMf,
-
0:51 - 0:55para gravar un vídeo, unha película
da actividade cerebral -
0:55 - 0:57cando alguén está a facer algunha tarefa
-
0:57 - 1:00como pensar ou sentir ou percibir algo.
-
1:00 - 1:03Moitos laboratorios do mundo están a facer
-
1:03 - 1:05este tipo de investigación,
así que temos unha imaxe -
1:05 - 1:09moi completa de como
se desenvolve o cerebro humano -
1:09 - 1:12e esa imaxe cambiou moito
-
1:12 - 1:15o noso xeito de pensar
sobre o desenvolvemento -
1:15 - 1:17ao mostrar que non todo
remata na infancia, -
1:17 - 1:20senón que continúa
ao longo da adolescencia -
1:20 - 1:24ata ben entrados os 20 - 30 anos.
-
1:24 - 1:28A adolescencia é a etapa que
comeza cos cambios -
1:28 - 1:32biolóxicos, hormonais e
físicos da puberdade e -
1:32 - 1:36finaliza á idade na que a persoa
-
1:36 - 1:39acada un posto estable e
independente na sociedade. -
1:39 - 1:41(Risas)
-
1:41 - 1:44Pode alongarse moito tempo. (Risas)
-
1:44 - 1:47Unha das rexións que máis cambia durante
-
1:47 - 1:50a adolescencia é o córtex prefrontal.
-
1:50 - 1:53Aquí teñen unha maqueta do cerebro humano,
-
1:53 - 1:56e aquí, diante, está o córtex prefrontal.
-
1:56 - 1:58O córtex prefrontal é moi interesante.
-
1:58 - 2:02Proporcionalmente é meirande nos humanos
que en calquera outra especie, -
2:02 - 2:05e está implicado nunha morea de
funcións cognitivas de alto nivel, -
2:05 - 2:08como a toma de decisións, a planificación,
-
2:08 - 2:11planear que imos facer mañá
ou a próxima semana -
2:11 - 2:13ou o próximo ano,
inhibir condutas inapropiadas, -
2:13 - 2:16como frearnos antes de dicir unha grosería
-
2:16 - 2:18ou facer unha estupidez.
-
2:18 - 2:21Está tamén implicado
na interacción social, -
2:21 - 2:24en comprender aos outros,
e na autoconciencia. -
2:24 - 2:27Os estudos con RM teñen amosado que
-
2:27 - 2:29esta rexión sofre un cambio notable
-
2:29 - 2:32durante a adolescencia.
-
2:32 - 2:35Se observamos nesta figura os cambios
-
2:35 - 2:40no volume de materia gris,
entre os 4 e os 22 anos, -
2:40 - 2:42vese que aumenta durante a infancia,
-
2:42 - 2:46e chega ao seu pico na adolescencia.
-
2:46 - 2:49As frechas sinalan o pico
de volume de materia gris -
2:49 - 2:52no córtex prefrontal.
Os nenos acadan o pico -
2:52 - 2:56un par de anos máis tarde cás nenas,
-
2:56 - 2:58probablemente porque, de media, acadan
-
2:58 - 3:00a puberdade un par de anos
máis tarde ca elas. -
3:00 - 3:03E durante a adolescencia
hai un declive significativo -
3:03 - 3:06no volume de materia
gris no córtex prefrontal. -
3:06 - 3:08Podería parecer algo malo,
pero en realidade -
3:08 - 3:11trátase dun proceso moi importante
do desenvolvemento, -
3:11 - 3:15porque a materia gris
contén corpos celulares -
3:15 - 3:19e conexións entre células,
as sinapses, e este declive -
3:19 - 3:21no volume de materia gris
no córtex prefrontal -
3:21 - 3:24responde á poda sináptica,
-
3:24 - 3:27á eliminación das sinapses irrelevantes.
-
3:27 - 3:30Este é un proceso moi importante.
-
3:30 - 3:33Depende en parte do ambiente
no que un se desenvolve. -
3:33 - 3:36As sinapses que están a usarse vense
-
3:36 - 3:38fortalecidas e as que non se usan,
-
3:38 - 3:41nese ambiente particular, pódanse.
-
3:41 - 3:43Poden velo como a poda dunha roseira.
-
3:43 - 3:46Pódanse as ramas febles para que
-
3:46 - 3:49as que quedan, as importantes,
crezan robustas e -
3:49 - 3:53este proceso, que axusta
eficazmente o tecido cerebral -
3:53 - 3:56ao ambiente específico de cada especie,
-
3:56 - 3:58ocorre no córtex prefrontal
e noutras rexións cerebrais -
3:58 - 4:02durante a etapa da adolescencia.
-
4:02 - 4:06Unha segunda liña
de investigación para explorar -
4:06 - 4:09os cambios no cerebro adolescente
é usar a RM funcional -
4:09 - 4:12para ver como cambia
a actividade cerebral coa idade. -
4:12 - 4:14Dareilles un exemplo do meu laboratorio.
-
4:14 - 4:17Estamos interesados no cerebro social,
-
4:17 - 4:21na rede de rexións cerebrais que usamos
-
4:21 - 4:23para comprender aos outros
e interactuar con eles. -
4:23 - 4:27Voulles mostrar unha foto
dun partido de fútbol -
4:27 - 4:31para ilustrar dous aspectos do modo
en que traballa o cerebro social. -
4:31 - 4:33Este é o partido de fútbol. (Risas)
-
4:33 - 4:36Michael Owen acaba de fallar un gol
-
4:36 - 4:38e está tirado no céspede.
E o primeiro aspecto -
4:38 - 4:41que ilustra tan ben esta foto
é o automáticas -
4:41 - 4:44e instintivas que son as
respostas emocionais sociais, -
4:44 - 4:47de xeito que unha décima de segundo
despois de que fallara o gol, -
4:47 - 4:50todo o mundo está a facer
o mesmo xesto cos brazos -
4:50 - 4:52e coa cara, mesmo Michael
Owen, tirado no céspede, -
4:52 - 4:53fai o mesmo cos brazos
-
4:53 - 4:55e probablemente ten
a mesma expresión facial. -
4:55 - 4:57As únicas persoas que non o fan
-
4:57 - 5:01son os mozos de amarelo do fondo. (Risas)
-
5:01 - 5:03Creo que se equivocaron de bancada,
-
5:03 - 5:05e están a mostrar outra resposta emocional
-
5:05 - 5:08que todos recoñecemos ao momento.
-
5:08 - 5:12Este é o segundo aspecto do cerebro social
que ilustra tan ben esta foto, -
5:12 - 5:15o bos que somos lendo
a conduta dos demais, -
5:15 - 5:18as súas accións, xestos,
expresións faciais, -
5:18 - 5:22en termos dos estados mentais
e as emocións subxacentes. -
5:22 - 5:23Non precisamos falar con eses mozos.
-
5:23 - 5:26Facémonos unha idea do que están a sentir
-
5:26 - 5:28e a pensar nese momento.
-
5:28 - 5:30E niso é no que estamos
interesados no meu laboratorio. -
5:30 - 5:34Traemos a adolescentes e a adultos
-
5:34 - 5:36para facerlles un escáner,
pedímoslles que fagan -
5:36 - 5:40algunha tarefa na que teñan que pensar
-
5:40 - 5:42sobre os estados mentais
e as emocións doutras persoas, -
5:42 - 5:45e un dos achados
que atopamos repetidamente, -
5:45 - 5:48como noutros laboratorios do mundo,
-
5:48 - 5:52ten que ver co córtex prefrontal medial,
-
5:52 - 5:54en azul na diapositiva,
unha rexión situada -
5:54 - 5:57xusto na liña media da cabeza.
-
5:57 - 6:00Esta rexión está máis activa
nos adolescentes que nos adultos -
6:00 - 6:02cando toman decisións sociais
e pensan sobre outros. -
6:02 - 6:05Trátase do resultado dunha metaanálise
-
6:05 - 6:08de 9 estudos diferentes de laboratorios
-
6:08 - 6:11de todo o mundo, e todos mostran o mesmo,
-
6:11 - 6:14esa actividade no córtex
prefrontal medial -
6:14 - 6:17diminúe durante a adolescencia.
-
6:17 - 6:19Pensamos que responde a
que adolescentes e adultos -
6:19 - 6:22usan unha estratexia cognitiva distinta
-
6:22 - 6:25para tomar decisións sociais e
-
6:25 - 6:29para comprobalo
traemos á xente ao noso laboratorio -
6:29 - 6:31e pedímoslles unha tarefa condutual.
-
6:31 - 6:33Voulles dar un exemplo
-
6:33 - 6:36do tipo de tarefa que
usamos no meu laboratorio. -
6:36 - 6:39Imaxinen que participan
nun dos nosos experimentos. -
6:39 - 6:41Veñen ao laboratorio
-
6:41 - 6:44e ven esta tarefa no ordenador.
-
6:44 - 6:46Poden ver que hai uns estantes.
-
6:46 - 6:49Nalgúns deles hai obxectos,
-
6:49 - 6:52e fíxense que hai
un tipo detrás dos estantes, -
6:52 - 6:56e hai obxectos que non pode ver.
-
6:56 - 6:58Están ocultos, dende a súa perspectiva,
-
6:58 - 7:01cunha peza de madeira gris.
-
7:01 - 7:04Estes son os mesmos estantes
dende a súa perspectiva. -
7:04 - 7:08Fíxense que el
só pode ver algúns obxectos, -
7:08 - 7:10e que vostedes poden ver moitos máis.
-
7:10 - 7:12O que teñen que facer é mover os obxectos.
-
7:12 - 7:15O director, situado detrás dos estantes,
-
7:15 - 7:17diralles a onde movelos,
-
7:17 - 7:19pero lembren:
non lles vai pedir que movan -
7:19 - 7:23obxectos que el non pode ver.
-
7:23 - 7:25Isto é interesante,
porque hai un certo conflito -
7:25 - 7:28entre a súa perspectiva e a do director.
-
7:28 - 7:31Imaxinen que lles di que movan
o camión de arriba cara á esquerda. -
7:31 - 7:34Hai tres camións.
Instintivamente irán polo branco, -
7:34 - 7:36porque é o que está máis arriba
-
7:36 - 7:39dende a súa perspectiva,
pero entón lembran -
7:39 - 7:41"Ah, el non pode ver ese camión,
-
7:41 - 7:43así que ten que referirse ao azul",
-
7:43 - 7:46o máis alto dende a perspectiva del.
-
7:46 - 7:49Créanme ou non, adultos sans
e intelixentes coma vostedes -
7:49 - 7:52cometen erros un 50%
das veces nestes ensaios. -
7:52 - 7:55Moven o camión branco no canto do azul.
-
7:55 - 7:58Pasámoslles a tarefa a mozos e adultos
-
7:58 - 8:00e incluímos unha condición de control
-
8:00 - 8:04na que en vez do director
dabámoslles unha regra. -
8:04 - 8:06Dixémoslles: imos facer o mesmo
-
8:06 - 8:09pero desta volta sen director.
-
8:09 - 8:12Esta vez teñen que ignorar
os obxectos co fondo gris. -
8:12 - 8:15Fíxense que é exactamente o mesmo,
-
8:15 - 8:17só que agora teñen que acordarse
-
8:17 - 8:20de aplicar esta regra un tanto arbitraria,
-
8:20 - 8:22mentres que antes tiñan que recordar
-
8:22 - 8:26ter en conta a perspectiva do director
-
8:26 - 8:30para guiar a súa resposta.
-
8:30 - 8:33Voulles mostrar a porcentaxe de erros
-
8:33 - 8:35no estudo de desenvolvemento que fixemos,
-
8:35 - 8:38que abarcaba dos 7 anos á idade adulta,
-
8:38 - 8:40e van ver a porcentaxe de erros
-
8:40 - 8:42dos adultos en ambas as dúas condicións,
-
8:42 - 8:45en gris a do director, e verán que
-
8:45 - 8:48os adultos intelixentes
cometen erros un 50% das veces -
8:48 - 8:50e que cometen menos erros
-
8:50 - 8:53cando o director non está presente,
-
8:53 - 8:56cando teñen que recordar
a regra de ignorar o fondo gris. -
8:56 - 8:58Evolutivamente, estas dúas condicións
-
8:58 - 9:01desenvólvense igual. Hai unha mellora
-
9:01 - 9:03entre a infancia e a adolescencia.
-
9:03 - 9:07Noutras palabras, hai unha redución dos
-
9:07 - 9:08erros nas dúas condicións.
-
9:08 - 9:10Pero é cando comparamos
os dous últimos grupos, -
9:10 - 9:12adolescentes e adultos,
-
9:12 - 9:15cando as cousas se poñen interesantes,
-
9:15 - 9:18porque aí non continúa a mellora
na condición sen director. -
9:18 - 9:21Noutras palabras, o necesario
-
9:21 - 9:24para recordar e aplicar a regra
-
9:24 - 9:26xa está desenvolto na adolescencia;
-
9:26 - 9:29mentres que, se observan
as dúas últimas barras grises, -
9:29 - 9:32verán que aínda hai
unha mellora significativa -
9:32 - 9:34na condición director entre
a adolescencia e a idade adulta. -
9:34 - 9:38Isto significa que a
capacidade para ter en conta -
9:38 - 9:41a perspectiva dos outros
para guiar a nosa conduta, -
9:41 - 9:43algo que temos que facer
todos os días a todas horas, -
9:43 - 9:48está aínda desenvolvéndose
na adolescencia. -
9:48 - 9:50Ou sexa que se teñen un fillo adolescente
-
9:50 - 9:53e algunhas veces pensan que ten problemas
para poñerse no lugar dos outros, -
9:53 - 9:57están no certo. Téñenos.
E este é o motivo. -
9:57 - 10:00Ás veces rímonos dos adolescentes.
-
10:00 - 10:04Mesmo os medios
-
10:04 - 10:08critican as súas condutas típicas.
-
10:08 - 10:10Son arriscados, malhumorados,
moi vergonzosos. -
10:10 - 10:13Teño unha anécdota moi divertida dun amigo
-
10:13 - 10:15que contaba que o cambio máis patente
-
10:15 - 10:17das súas fillas adolescentes na puberdade
-
10:17 - 10:21foi o grao de vergoña diante del. Dicía:
-
10:21 - 10:23"Antes da puberdade, se as miñas fillas
-
10:23 - 10:25estaban a amolarme nunha tenda, dicíalles
-
10:25 - 10:27'veña, parade e cántovos
a vosa canción favorita' -
10:27 - 10:29e paraban ao momento
e cantáballes a canción". -
10:29 - 10:32Despois da puberdade,
iso tornouse nunha ameaza. -
10:32 - 10:34(Risas)
-
10:34 - 10:38A simple idea do seu pai
cantando en público -
10:38 - 10:40era suficiente para facer
que se comportaran. -
10:40 - 10:42A miúdo a xente pregunta:
-
10:42 - 10:44"A adolescencia é cousa de agora?
-
10:44 - 10:46Algo inventado en Occidente?"
-
10:46 - 10:49Francamente, creo que a resposta é non.
-
10:49 - 10:52Ao longo da historia hai descricións
da adolescencia -
10:52 - 10:55moi parecidas ás que usamos hoxe en día.
-
10:55 - 10:59Nunha famosa cita de
"Conto de Inverno", Shakespeare -
10:59 - 11:02describe así a adolescencia:
-
11:02 - 11:04"Quixera que non mediara tempo
entre os 10 e os 23 anos, -
11:04 - 11:08ou que a xuventude pasara
durmindo tranquilamente; -
11:08 - 11:10porque non hai nada no ínterim salvo
-
11:10 - 11:16preñar mozas, aldraxar anciáns,
roubar, loitar". (Risas) -
11:16 - 11:21E continúa dicindo: "Dito isto, quen senón
-
11:21 - 11:24esas cabezas loucas de 19 e 22 anos
-
11:24 - 11:26sairía cazar con este tempo?" (Risas)
-
11:26 - 11:29Ou sexa que hai 400 anos, Shakespeare
-
11:29 - 11:32retratou aos adolescentes da mesma maneira
-
11:32 - 11:35que se fai hoxe, pero aínda estamos
-
11:35 - 11:38a tentar comprender a súa conduta
-
11:38 - 11:40en termos dos cambios
cerebrais subxacentes. -
11:40 - 11:44Por exemplo, as condutas de risco.
-
11:44 - 11:46Sabemos da súa tendencia
a arriscarse. Fano. -
11:46 - 11:49Corren máis riscos que
os nenos ou os adultos, -
11:49 - 11:51e son particularmente proclives
-
11:51 - 11:54a asumir riscos cando están cos amigos.
-
11:54 - 11:57Hai un forte pulo para
independizarse dos pais -
11:57 - 12:00e impresionar aos amigos na adolescencia.
-
12:00 - 12:02Agora tratamos de comprendelo en termos
-
12:02 - 12:05do desenvolvemento
dunha parte do cerebro, -
12:05 - 12:07o sistema límbico. Poden velo en vermello
-
12:07 - 12:10na diapositiva detrás de min
e neste cerebro. -
12:10 - 12:13O sistema límbico está na profundidade
-
12:13 - 12:16do cerebro e está implicado
no procesamento das emocións -
12:16 - 12:20e da recompensa. Dános esa sensación
-
12:20 - 12:23gratificante do divertido, do risco.
-
12:23 - 12:25Dáche ese subidón ao correr un risco.
-
12:25 - 12:28Sabemos que esta
rexión do sistema límbico -
12:28 - 12:32é hipersensible á sensación gratificante
-
12:32 - 12:35de arriscarse nos adolescentes
fronte aos adultos, -
12:35 - 12:39e ao mesmo tempo, o córtex prefrontal,
-
12:39 - 12:41en azul na diapositiva, que nos impide
-
12:41 - 12:44correr riscos excesivos, está aínda
-
12:44 - 12:48en desenvolvemento na adolescencia.
-
12:48 - 12:51Así que vemos que o cerebro adolescente
-
12:51 - 12:55experimenta un gran desenvolvemento,
-
12:55 - 12:59e isto ten implicacións para
a educación, a rehabilitación -
12:59 - 13:03e a intervención.
O ambiente, escola incluída, -
13:03 - 13:06pode e dá forma ao cerebro adolescente.
-
13:06 - 13:09Con todo, a ensinanza obrigatoria
durante a adolescencia -
13:09 - 13:11é relativamente recente en Occidente.
-
13:11 - 13:15Os meus catro avós, por exemplo,
-
13:15 - 13:19deixaron a escola moi novos.
Non tiñan elección. -
13:19 - 13:22E isto segue sendo así
para moitos adolescentes -
13:22 - 13:25de todo o mundo. O 40% deles
-
13:25 - 13:29non teñen acceso á ensinanza secundaria.
-
13:29 - 13:32Porén, este é un período da vida
-
13:32 - 13:35no que o cerebro é particularmente
adaptable e maleable. -
13:35 - 13:38É unha oportunidade fantástica
para a aprendizaxe e a creatividade. -
13:38 - 13:41Ou sexa que o que ás veces se ve como
-
13:41 - 13:43o problema da adolescencia
--condutas de risco, -
13:43 - 13:47escaso control de impulsos, vergoña--
non debería estigmatizarse. -
13:47 - 13:50Reflicte cambios cerebrais
que proporcionan -
13:50 - 13:53unha grande oportunidade para a educación
-
13:53 - 13:57e o desenvolvemento social. Grazas.
-
13:57 - 14:05(Aplausos)
- Title:
- Os misteriosos mecanismos do cerebro adolescente
- Speaker:
- Sarah-Jayne Blakemore
- Description:
-
Por que os adolescentes parecen ser máis impulsivos e ter menos conciencia de si mesmos ca os adultos? A neurocientífica cognitiva Sarah-Jayne Blakermore compara o córtex prefrontal de adolescentes e adultos, para mostrarnos como o crecemento e desenvolvemento cerebral dan conta da típica conduta da "mocidade".
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 14:26
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for The mysterious workings of the adolescent brain | ||
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for The mysterious workings of the adolescent brain | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for The mysterious workings of the adolescent brain | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The mysterious workings of the adolescent brain | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The mysterious workings of the adolescent brain | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The mysterious workings of the adolescent brain | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The mysterious workings of the adolescent brain | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The mysterious workings of the adolescent brain |