WEBVTT 00:00:00.688 --> 00:00:03.577 Hai 15 anos, pensábase que 00:00:03.577 --> 00:00:05.627 a maior parte do desenvolvemento cerebral 00:00:05.627 --> 00:00:08.606 tiña lugar nos primeiros anos de vida. 00:00:08.606 --> 00:00:11.318 Daquela, hai 15 anos, non eramos quen 00:00:11.318 --> 00:00:13.939 de mirar dentro do cerebro humano vivo 00:00:13.939 --> 00:00:16.977 e observar os seus cambios ao longo da vida. 00:00:16.977 --> 00:00:20.138 Na última década, grazas aos avances 00:00:20.138 --> 00:00:21.943 nas técnicas de neuroimaxe cerebral 00:00:21.943 --> 00:00:24.886 como a resonancia magnética ou RM, 00:00:24.886 --> 00:00:28.253 os neurocientíficos comezaron a explorar en vivo 00:00:28.293 --> 00:00:30.432 cerebros de todas as idades e a seguir 00:00:30.432 --> 00:00:33.303 os cambios na estrutura e na función cerebral. 00:00:33.303 --> 00:00:36.980 Cando queremos facer unha foto de alta resolución 00:00:36.980 --> 00:00:40.042 do cerebro humano vivo, usamos a RM 00:00:40.042 --> 00:00:43.262 e así podemos facer preguntas como: 00:00:43.262 --> 00:00:45.702 canta materia gris contén o cerebro 00:00:45.702 --> 00:00:47.505 e como cambia coa idade? 00:00:47.505 --> 00:00:51.217 Tamén usamos a RM funcional ou RMf, 00:00:51.217 --> 00:00:54.612 para gravar un vídeo, unha película da actividade cerebral 00:00:54.612 --> 00:00:57.480 cando alguén está a facer algunha tarefa 00:00:57.480 --> 00:01:00.372 como pensar ou sentir ou percibir algo. 00:01:00.372 --> 00:01:02.878 Moitos laboratorios do mundo están a facer 00:01:02.878 --> 00:01:05.367 este tipo de investigación, así que temos unha imaxe 00:01:05.367 --> 00:01:08.892 moi completa de como se desenvolve o cerebro humano 00:01:08.892 --> 00:01:11.960 e esa imaxe cambiou moito 00:01:11.960 --> 00:01:14.593 o noso xeito de pensar sobre o desenvolvemento 00:01:14.593 --> 00:01:17.361 ao mostrar que non todo remata na infancia, 00:01:17.361 --> 00:01:20.072 senón que continúa ao longo da adolescencia 00:01:20.072 --> 00:01:24.118 ata ben entrados os 20 - 30 anos. 00:01:24.118 --> 00:01:28.097 A adolescencia é a etapa que comeza cos cambios 00:01:28.097 --> 00:01:32.493 biolóxicos, hormonais e físicos da puberdade e 00:01:32.493 --> 00:01:35.778 finaliza á idade na que a persoa 00:01:35.778 --> 00:01:39.229 acada un posto estable e independente na sociedade. 00:01:39.229 --> 00:01:41.019 (Risas) 00:01:41.019 --> 00:01:43.784 Pode alongarse moito tempo. (Risas) 00:01:43.784 --> 00:01:46.803 Unha das rexións que máis cambia durante 00:01:46.803 --> 00:01:50.067 a adolescencia é o córtex prefrontal. 00:01:50.067 --> 00:01:53.044 Aquí teñen unha maqueta do cerebro humano, 00:01:53.044 --> 00:01:55.924 e aquí, diante, está o córtex prefrontal. 00:01:55.924 --> 00:01:58.153 O córtex prefrontal é moi interesante. 00:01:58.153 --> 00:02:01.787 Proporcionalmente é meirande nos humanos que en calquera outra especie, 00:02:01.787 --> 00:02:05.174 e está implicado nunha morea de funcións cognitivas de alto nivel, 00:02:05.190 --> 00:02:08.312 como a toma de decisións, a planificación, 00:02:08.312 --> 00:02:10.551 planear que imos facer mañá ou a próxima semana 00:02:10.551 --> 00:02:13.292 ou o próximo ano, inhibir condutas inapropiadas, 00:02:13.292 --> 00:02:15.958 como frearnos antes de dicir unha grosería 00:02:15.958 --> 00:02:18.323 ou facer unha estupidez. 00:02:18.323 --> 00:02:20.661 Está tamén implicado na interacción social, 00:02:20.661 --> 00:02:23.785 en comprender aos outros, e na autoconciencia. 00:02:23.785 --> 00:02:26.835 Os estudos con RM teñen amosado que 00:02:26.835 --> 00:02:29.305 esta rexión sofre un cambio notable 00:02:29.305 --> 00:02:32.238 durante a adolescencia. 00:02:32.238 --> 00:02:35.196 Se observamos nesta figura os cambios 00:02:35.196 --> 00:02:40.045 no volume de materia gris, entre os 4 e os 22 anos, 00:02:40.045 --> 00:02:42.367 vese que aumenta durante a infancia, 00:02:42.367 --> 00:02:46.120 e chega ao seu pico na adolescencia. 00:02:46.120 --> 00:02:48.685 As frechas sinalan o pico de volume de materia gris 00:02:48.685 --> 00:02:52.151 no córtex prefrontal. Os nenos acadan o pico 00:02:52.151 --> 00:02:55.661 un par de anos máis tarde cás nenas, 00:02:55.661 --> 00:02:57.500 probablemente porque, de media, acadan 00:02:57.500 --> 00:02:59.752 a puberdade un par de anos máis tarde ca elas. 00:02:59.752 --> 00:03:03.187 E durante a adolescencia hai un declive significativo 00:03:03.187 --> 00:03:05.822 no volume de materia gris no córtex prefrontal. 00:03:05.822 --> 00:03:07.897 Podería parecer algo malo, pero en realidade 00:03:07.897 --> 00:03:11.047 trátase dun proceso moi importante do desenvolvemento, 00:03:11.047 --> 00:03:15.153 porque a materia gris contén corpos celulares 00:03:15.153 --> 00:03:18.607 e conexións entre células, as sinapses, e este declive 00:03:18.607 --> 00:03:21.352 no volume de materia gris no córtex prefrontal 00:03:21.352 --> 00:03:24.244 responde á poda sináptica, 00:03:24.244 --> 00:03:26.567 á eliminación das sinapses irrelevantes. 00:03:26.567 --> 00:03:29.700 Este é un proceso moi importante. 00:03:29.700 --> 00:03:32.834 Depende en parte do ambiente no que un se desenvolve. 00:03:32.834 --> 00:03:36.278 As sinapses que están a usarse vense 00:03:36.278 --> 00:03:38.211 fortalecidas e as que non se usan, 00:03:38.211 --> 00:03:40.543 nese ambiente particular, pódanse. 00:03:40.543 --> 00:03:43.049 Poden velo como a poda dunha roseira. 00:03:43.049 --> 00:03:45.889 Pódanse as ramas febles para que 00:03:45.889 --> 00:03:48.927 as que quedan, as importantes, crezan robustas e 00:03:48.927 --> 00:03:52.853 este proceso, que axusta eficazmente o tecido cerebral 00:03:52.853 --> 00:03:55.520 ao ambiente específico de cada especie, 00:03:55.520 --> 00:03:58.435 ocorre no córtex prefrontal e noutras rexións cerebrais 00:03:58.435 --> 00:04:01.989 durante a etapa da adolescencia. 00:04:01.989 --> 00:04:05.690 Unha segunda liña de investigación para explorar 00:04:05.690 --> 00:04:08.942 os cambios no cerebro adolescente é usar a RM funcional 00:04:08.942 --> 00:04:11.935 para ver como cambia a actividade cerebral coa idade. 00:04:11.935 --> 00:04:13.857 Dareilles un exemplo do meu laboratorio. 00:04:13.857 --> 00:04:17.418 Estamos interesados no cerebro social, 00:04:17.418 --> 00:04:21.002 na rede de rexións cerebrais que usamos 00:04:21.002 --> 00:04:23.435 para comprender aos outros e interactuar con eles. 00:04:23.435 --> 00:04:27.201 Voulles mostrar unha foto dun partido de fútbol 00:04:27.201 --> 00:04:31.168 para ilustrar dous aspectos do modo en que traballa o cerebro social. 00:04:31.168 --> 00:04:33.041 Este é o partido de fútbol. (Risas) 00:04:33.041 --> 00:04:35.683 Michael Owen acaba de fallar un gol 00:04:35.683 --> 00:04:38.485 e está tirado no céspede. E o primeiro aspecto 00:04:38.485 --> 00:04:41.444 que ilustra tan ben esta foto é o automáticas 00:04:41.444 --> 00:04:44.074 e instintivas que son as respostas emocionais sociais, 00:04:44.074 --> 00:04:47.178 de xeito que unha décima de segundo despois de que fallara o gol, 00:04:47.178 --> 00:04:49.558 todo o mundo está a facer o mesmo xesto cos brazos 00:04:49.558 --> 00:04:51.891 e coa cara, mesmo Michael Owen, tirado no céspede, 00:04:51.901 --> 00:04:52.985 fai o mesmo cos brazos 00:04:52.985 --> 00:04:55.164 e probablemente ten a mesma expresión facial. 00:04:55.164 --> 00:04:57.138 As únicas persoas que non o fan 00:04:57.138 --> 00:05:00.599 son os mozos de amarelo do fondo. (Risas) 00:05:00.599 --> 00:05:03.142 Creo que se equivocaron de bancada, 00:05:03.142 --> 00:05:05.437 e están a mostrar outra resposta emocional 00:05:05.437 --> 00:05:08.072 que todos recoñecemos ao momento. 00:05:08.072 --> 00:05:11.708 Este é o segundo aspecto do cerebro social que ilustra tan ben esta foto, 00:05:11.708 --> 00:05:15.090 o bos que somos lendo a conduta dos demais, 00:05:15.090 --> 00:05:17.767 as súas accións, xestos, expresións faciais, 00:05:17.767 --> 00:05:21.583 en termos dos estados mentais e as emocións subxacentes. 00:05:21.583 --> 00:05:23.360 Non precisamos falar con eses mozos. 00:05:23.360 --> 00:05:25.901 Facémonos unha idea do que están a sentir 00:05:25.901 --> 00:05:27.579 e a pensar nese momento. 00:05:27.579 --> 00:05:30.245 E niso é no que estamos interesados no meu laboratorio. 00:05:30.245 --> 00:05:33.817 Traemos a adolescentes e a adultos 00:05:33.833 --> 00:05:36.218 para facerlles un escáner, pedímoslles que fagan 00:05:36.218 --> 00:05:39.512 algunha tarefa na que teñan que pensar 00:05:39.512 --> 00:05:42.406 sobre os estados mentais e as emocións doutras persoas, 00:05:42.406 --> 00:05:45.252 e un dos achados que atopamos repetidamente, 00:05:45.252 --> 00:05:48.470 como noutros laboratorios do mundo, 00:05:48.470 --> 00:05:51.688 ten que ver co córtex prefrontal medial, 00:05:51.688 --> 00:05:54.444 en azul na diapositiva, unha rexión situada 00:05:54.444 --> 00:05:56.842 xusto na liña media da cabeza. 00:05:56.842 --> 00:05:59.785 Esta rexión está máis activa nos adolescentes que nos adultos 00:05:59.785 --> 00:06:02.252 cando toman decisións sociais e pensan sobre outros. 00:06:02.252 --> 00:06:05.053 Trátase do resultado dunha metaanálise 00:06:05.053 --> 00:06:08.293 de 9 estudos diferentes de laboratorios 00:06:08.293 --> 00:06:10.993 de todo o mundo, e todos mostran o mesmo, 00:06:10.993 --> 00:06:14.363 esa actividade no córtex prefrontal medial 00:06:14.363 --> 00:06:16.810 diminúe durante a adolescencia. 00:06:16.810 --> 00:06:19.454 Pensamos que responde a que adolescentes e adultos 00:06:19.454 --> 00:06:21.820 usan unha estratexia cognitiva distinta 00:06:21.820 --> 00:06:25.238 para tomar decisións sociais e 00:06:25.238 --> 00:06:28.754 para comprobalo traemos á xente ao noso laboratorio 00:06:28.754 --> 00:06:30.731 e pedímoslles unha tarefa condutual. 00:06:30.731 --> 00:06:33.275 Voulles dar un exemplo 00:06:33.275 --> 00:06:36.485 do tipo de tarefa que usamos no meu laboratorio. 00:06:36.485 --> 00:06:39.133 Imaxinen que participan nun dos nosos experimentos. 00:06:39.133 --> 00:06:40.858 Veñen ao laboratorio 00:06:40.858 --> 00:06:43.532 e ven esta tarefa no ordenador. 00:06:43.532 --> 00:06:46.322 Poden ver que hai uns estantes. 00:06:46.322 --> 00:06:49.139 Nalgúns deles hai obxectos, 00:06:49.139 --> 00:06:52.110 e fíxense que hai un tipo detrás dos estantes, 00:06:52.110 --> 00:06:55.695 e hai obxectos que non pode ver. 00:06:55.695 --> 00:06:57.974 Están ocultos, dende a súa perspectiva, 00:06:57.974 --> 00:07:00.618 cunha peza de madeira gris. 00:07:00.618 --> 00:07:04.102 Estes son os mesmos estantes dende a súa perspectiva. 00:07:04.102 --> 00:07:07.595 Fíxense que el só pode ver algúns obxectos, 00:07:07.595 --> 00:07:10.047 e que vostedes poden ver moitos máis. 00:07:10.047 --> 00:07:12.243 O que teñen que facer é mover os obxectos. 00:07:12.243 --> 00:07:14.605 O director, situado detrás dos estantes, 00:07:14.605 --> 00:07:17.200 diralles a onde movelos, 00:07:17.200 --> 00:07:19.244 pero lembren: non lles vai pedir que movan 00:07:19.244 --> 00:07:22.854 obxectos que el non pode ver. 00:07:22.854 --> 00:07:25.157 Isto é interesante, porque hai un certo conflito 00:07:25.157 --> 00:07:28.005 entre a súa perspectiva e a do director. 00:07:28.005 --> 00:07:31.145 Imaxinen que lles di que movan o camión de arriba cara á esquerda. 00:07:31.155 --> 00:07:33.596 Hai tres camións. Instintivamente irán polo branco, 00:07:33.611 --> 00:07:35.761 porque é o que está máis arriba 00:07:35.761 --> 00:07:38.579 dende a súa perspectiva, pero entón lembran 00:07:38.579 --> 00:07:40.638 "Ah, el non pode ver ese camión, 00:07:40.638 --> 00:07:43.395 así que ten que referirse ao azul", 00:07:43.395 --> 00:07:46.020 o máis alto dende a perspectiva del. 00:07:46.020 --> 00:07:48.991 Créanme ou non, adultos sans e intelixentes coma vostedes 00:07:48.991 --> 00:07:52.131 cometen erros un 50% das veces nestes ensaios. 00:07:52.131 --> 00:07:54.974 Moven o camión branco no canto do azul. 00:07:54.974 --> 00:07:58.180 Pasámoslles a tarefa a mozos e adultos 00:07:58.180 --> 00:07:59.954 e incluímos unha condición de control 00:07:59.954 --> 00:08:03.905 na que en vez do director dabámoslles unha regra. 00:08:03.905 --> 00:08:05.819 Dixémoslles: imos facer o mesmo 00:08:05.819 --> 00:08:08.656 pero desta volta sen director. 00:08:08.656 --> 00:08:11.863 Esta vez teñen que ignorar os obxectos co fondo gris. 00:08:11.863 --> 00:08:14.563 Fíxense que é exactamente o mesmo, 00:08:14.563 --> 00:08:17.409 só que agora teñen que acordarse 00:08:17.409 --> 00:08:20.480 de aplicar esta regra un tanto arbitraria, 00:08:20.480 --> 00:08:22.210 mentres que antes tiñan que recordar 00:08:22.210 --> 00:08:25.701 ter en conta a perspectiva do director 00:08:25.701 --> 00:08:29.998 para guiar a súa resposta. 00:08:29.998 --> 00:08:32.607 Voulles mostrar a porcentaxe de erros 00:08:32.607 --> 00:08:35.174 no estudo de desenvolvemento que fixemos, 00:08:35.174 --> 00:08:38.457 que abarcaba dos 7 anos á idade adulta, 00:08:38.457 --> 00:08:39.938 e van ver a porcentaxe de erros 00:08:39.938 --> 00:08:41.912 dos adultos en ambas as dúas condicións, 00:08:41.927 --> 00:08:45.198 en gris a do director, e verán que 00:08:45.198 --> 00:08:47.771 os adultos intelixentes cometen erros un 50% das veces 00:08:47.771 --> 00:08:50.486 e que cometen menos erros 00:08:50.486 --> 00:08:52.514 cando o director non está presente, 00:08:52.514 --> 00:08:55.595 cando teñen que recordar a regra de ignorar o fondo gris. 00:08:55.595 --> 00:08:58.263 Evolutivamente, estas dúas condicións 00:08:58.263 --> 00:09:01.186 desenvólvense igual. Hai unha mellora 00:09:01.186 --> 00:09:03.427 entre a infancia e a adolescencia. 00:09:03.427 --> 00:09:06.658 Noutras palabras, hai unha redución dos 00:09:06.658 --> 00:09:07.898 erros nas dúas condicións. 00:09:07.898 --> 00:09:10.183 Pero é cando comparamos os dous últimos grupos, 00:09:10.183 --> 00:09:12.135 adolescentes e adultos, 00:09:12.135 --> 00:09:15.295 cando as cousas se poñen interesantes, 00:09:15.295 --> 00:09:18.333 porque aí non continúa a mellora na condición sen director. 00:09:18.333 --> 00:09:21.263 Noutras palabras, o necesario 00:09:21.263 --> 00:09:23.969 para recordar e aplicar a regra 00:09:23.969 --> 00:09:26.280 xa está desenvolto na adolescencia; 00:09:26.280 --> 00:09:28.897 mentres que, se observan as dúas últimas barras grises, 00:09:28.897 --> 00:09:31.587 verán que aínda hai unha mellora significativa 00:09:31.587 --> 00:09:34.488 na condición director entre a adolescencia e a idade adulta. 00:09:34.488 --> 00:09:37.864 Isto significa que a capacidade para ter en conta 00:09:37.864 --> 00:09:40.919 a perspectiva dos outros para guiar a nosa conduta, 00:09:40.919 --> 00:09:43.438 algo que temos que facer todos os días a todas horas, 00:09:43.458 --> 00:09:47.964 está aínda desenvolvéndose na adolescencia. 00:09:47.964 --> 00:09:49.924 Ou sexa que se teñen un fillo adolescente 00:09:49.924 --> 00:09:53.493 e algunhas veces pensan que ten problemas para poñerse no lugar dos outros, 00:09:53.493 --> 00:09:56.719 están no certo. Téñenos. E este é o motivo. 00:09:56.719 --> 00:10:00.232 Ás veces rímonos dos adolescentes. 00:10:00.232 --> 00:10:04.095 Mesmo os medios 00:10:04.095 --> 00:10:07.622 critican as súas condutas típicas. 00:10:07.622 --> 00:10:10.393 Son arriscados, malhumorados, moi vergonzosos. 00:10:10.393 --> 00:10:12.886 Teño unha anécdota moi divertida dun amigo 00:10:12.886 --> 00:10:15.143 que contaba que o cambio máis patente 00:10:15.143 --> 00:10:17.244 das súas fillas adolescentes na puberdade 00:10:17.244 --> 00:10:20.584 foi o grao de vergoña diante del. Dicía: 00:10:20.584 --> 00:10:22.653 "Antes da puberdade, se as miñas fillas 00:10:22.653 --> 00:10:24.627 estaban a amolarme nunha tenda, dicíalles 00:10:24.627 --> 00:10:26.956 'veña, parade e cántovos a vosa canción favorita' 00:10:26.956 --> 00:10:29.217 e paraban ao momento e cantáballes a canción". 00:10:29.217 --> 00:10:32.478 Despois da puberdade, iso tornouse nunha ameaza. 00:10:32.478 --> 00:10:34.295 (Risas) 00:10:34.295 --> 00:10:37.772 A simple idea do seu pai cantando en público 00:10:37.772 --> 00:10:40.135 era suficiente para facer que se comportaran. 00:10:40.135 --> 00:10:41.563 A miúdo a xente pregunta: 00:10:41.563 --> 00:10:44.196 "A adolescencia é cousa de agora? 00:10:44.196 --> 00:10:46.318 Algo inventado en Occidente?" 00:10:46.318 --> 00:10:48.986 Francamente, creo que a resposta é non. 00:10:48.986 --> 00:10:52.409 Ao longo da historia hai descricións da adolescencia 00:10:52.409 --> 00:10:54.566 moi parecidas ás que usamos hoxe en día. 00:10:54.566 --> 00:10:58.799 Nunha famosa cita de "Conto de Inverno", Shakespeare 00:10:58.799 --> 00:11:01.574 describe así a adolescencia: 00:11:01.574 --> 00:11:04.420 "Quixera que non mediara tempo entre os 10 e os 23 anos, 00:11:04.420 --> 00:11:07.660 ou que a xuventude pasara durmindo tranquilamente; 00:11:07.660 --> 00:11:09.751 porque non hai nada no ínterim salvo 00:11:09.751 --> 00:11:15.974 preñar mozas, aldraxar anciáns, roubar, loitar". (Risas) 00:11:15.974 --> 00:11:20.508 E continúa dicindo: "Dito isto, quen senón 00:11:20.508 --> 00:11:23.653 esas cabezas loucas de 19 e 22 anos 00:11:23.653 --> 00:11:26.151 sairía cazar con este tempo?" (Risas) 00:11:26.151 --> 00:11:29.077 Ou sexa que hai 400 anos, Shakespeare 00:11:29.077 --> 00:11:31.801 retratou aos adolescentes da mesma maneira 00:11:31.801 --> 00:11:35.260 que se fai hoxe, pero aínda estamos 00:11:35.260 --> 00:11:38.187 a tentar comprender a súa conduta 00:11:38.187 --> 00:11:40.285 en termos dos cambios cerebrais subxacentes. 00:11:40.285 --> 00:11:43.893 Por exemplo, as condutas de risco. 00:11:43.893 --> 00:11:46.218 Sabemos da súa tendencia a arriscarse. Fano. 00:11:46.218 --> 00:11:48.850 Corren máis riscos que os nenos ou os adultos, 00:11:48.850 --> 00:11:51.310 e son particularmente proclives 00:11:51.310 --> 00:11:54.278 a asumir riscos cando están cos amigos. 00:11:54.278 --> 00:11:56.764 Hai un forte pulo para independizarse dos pais 00:11:56.764 --> 00:11:59.588 e impresionar aos amigos na adolescencia. 00:11:59.588 --> 00:12:02.187 Agora tratamos de comprendelo en termos 00:12:02.187 --> 00:12:05.180 do desenvolvemento dunha parte do cerebro, 00:12:05.180 --> 00:12:07.413 o sistema límbico. Poden velo en vermello 00:12:07.413 --> 00:12:09.588 na diapositiva detrás de min e neste cerebro. 00:12:09.588 --> 00:12:12.697 O sistema límbico está na profundidade 00:12:12.697 --> 00:12:16.430 do cerebro e está implicado no procesamento das emocións 00:12:16.430 --> 00:12:19.580 e da recompensa. Dános esa sensación 00:12:19.580 --> 00:12:22.876 gratificante do divertido, do risco. 00:12:22.876 --> 00:12:25.241 Dáche ese subidón ao correr un risco. 00:12:25.241 --> 00:12:28.289 Sabemos que esta rexión do sistema límbico 00:12:28.289 --> 00:12:31.708 é hipersensible á sensación gratificante 00:12:31.708 --> 00:12:35.477 de arriscarse nos adolescentes fronte aos adultos, 00:12:35.477 --> 00:12:39.179 e ao mesmo tempo, o córtex prefrontal, 00:12:39.179 --> 00:12:41.453 en azul na diapositiva, que nos impide 00:12:41.453 --> 00:12:44.320 correr riscos excesivos, está aínda 00:12:44.320 --> 00:12:47.718 en desenvolvemento na adolescencia. 00:12:47.718 --> 00:12:51.385 Así que vemos que o cerebro adolescente 00:12:51.385 --> 00:12:54.727 experimenta un gran desenvolvemento, 00:12:54.727 --> 00:12:58.683 e isto ten implicacións para a educación, a rehabilitación 00:12:58.683 --> 00:13:02.703 e a intervención. O ambiente, escola incluída, 00:13:02.703 --> 00:13:06.112 pode e dá forma ao cerebro adolescente. 00:13:06.112 --> 00:13:08.914 Con todo, a ensinanza obrigatoria durante a adolescencia 00:13:08.914 --> 00:13:11.419 é relativamente recente en Occidente. 00:13:11.419 --> 00:13:15.172 Os meus catro avós, por exemplo, 00:13:15.172 --> 00:13:19.006 deixaron a escola moi novos. Non tiñan elección. 00:13:19.006 --> 00:13:21.780 E isto segue sendo así para moitos adolescentes 00:13:21.780 --> 00:13:24.947 de todo o mundo. O 40% deles 00:13:24.947 --> 00:13:29.169 non teñen acceso á ensinanza secundaria. 00:13:29.169 --> 00:13:31.808 Porén, este é un período da vida 00:13:31.808 --> 00:13:34.655 no que o cerebro é particularmente adaptable e maleable. 00:13:34.655 --> 00:13:38.425 É unha oportunidade fantástica para a aprendizaxe e a creatividade. 00:13:38.425 --> 00:13:40.658 Ou sexa que o que ás veces se ve como 00:13:40.658 --> 00:13:43.134 o problema da adolescencia --condutas de risco, 00:13:43.134 --> 00:13:47.076 escaso control de impulsos, vergoña-- non debería estigmatizarse. 00:13:47.076 --> 00:13:49.913 Reflicte cambios cerebrais que proporcionan 00:13:49.913 --> 00:13:52.827 unha grande oportunidade para a educación 00:13:52.827 --> 00:13:57.257 e o desenvolvemento social. Grazas. 00:13:57.257 --> 00:14:05.027 (Aplausos)