1 00:00:00,688 --> 00:00:03,577 Hai 15 anos, pensábase que 2 00:00:03,577 --> 00:00:05,627 a maior parte do desenvolvemento cerebral 3 00:00:05,627 --> 00:00:08,606 tiña lugar nos primeiros anos de vida. 4 00:00:08,606 --> 00:00:11,318 Daquela, hai 15 anos, non eramos quen 5 00:00:11,318 --> 00:00:13,939 de mirar dentro do cerebro humano vivo 6 00:00:13,939 --> 00:00:16,977 e observar os seus cambios ao longo da vida. 7 00:00:16,977 --> 00:00:20,138 Na última década, grazas aos avances 8 00:00:20,138 --> 00:00:21,943 nas técnicas de neuroimaxe cerebral 9 00:00:21,943 --> 00:00:24,886 como a resonancia magnética ou RM, 10 00:00:24,886 --> 00:00:28,253 os neurocientíficos comezaron a explorar en vivo 11 00:00:28,293 --> 00:00:30,432 cerebros de todas as idades e a seguir 12 00:00:30,432 --> 00:00:33,303 os cambios na estrutura e na función cerebral. 13 00:00:33,303 --> 00:00:36,980 Cando queremos facer unha foto de alta resolución 14 00:00:36,980 --> 00:00:40,042 do cerebro humano vivo, usamos a RM 15 00:00:40,042 --> 00:00:43,262 e así podemos facer preguntas como: 16 00:00:43,262 --> 00:00:45,702 canta materia gris contén o cerebro 17 00:00:45,702 --> 00:00:47,505 e como cambia coa idade? 18 00:00:47,505 --> 00:00:51,217 Tamén usamos a RM funcional ou RMf, 19 00:00:51,217 --> 00:00:54,612 para gravar un vídeo, unha película da actividade cerebral 20 00:00:54,612 --> 00:00:57,480 cando alguén está a facer algunha tarefa 21 00:00:57,480 --> 00:01:00,372 como pensar ou sentir ou percibir algo. 22 00:01:00,372 --> 00:01:02,878 Moitos laboratorios do mundo están a facer 23 00:01:02,878 --> 00:01:05,367 este tipo de investigación, así que temos unha imaxe 24 00:01:05,367 --> 00:01:08,892 moi completa de como se desenvolve o cerebro humano 25 00:01:08,892 --> 00:01:11,960 e esa imaxe cambiou moito 26 00:01:11,960 --> 00:01:14,593 o noso xeito de pensar sobre o desenvolvemento 27 00:01:14,593 --> 00:01:17,361 ao mostrar que non todo remata na infancia, 28 00:01:17,361 --> 00:01:20,072 senón que continúa ao longo da adolescencia 29 00:01:20,072 --> 00:01:24,118 ata ben entrados os 20 - 30 anos. 30 00:01:24,118 --> 00:01:28,097 A adolescencia é a etapa que comeza cos cambios 31 00:01:28,097 --> 00:01:32,493 biolóxicos, hormonais e físicos da puberdade e 32 00:01:32,493 --> 00:01:35,778 finaliza á idade na que a persoa 33 00:01:35,778 --> 00:01:39,229 acada un posto estable e independente na sociedade. 34 00:01:39,229 --> 00:01:41,019 (Risas) 35 00:01:41,019 --> 00:01:43,784 Pode alongarse moito tempo. (Risas) 36 00:01:43,784 --> 00:01:46,803 Unha das rexións que máis cambia durante 37 00:01:46,803 --> 00:01:50,067 a adolescencia é o córtex prefrontal. 38 00:01:50,067 --> 00:01:53,044 Aquí teñen unha maqueta do cerebro humano, 39 00:01:53,044 --> 00:01:55,924 e aquí, diante, está o córtex prefrontal. 40 00:01:55,924 --> 00:01:58,153 O córtex prefrontal é moi interesante. 41 00:01:58,153 --> 00:02:01,787 Proporcionalmente é meirande nos humanos que en calquera outra especie, 42 00:02:01,787 --> 00:02:05,174 e está implicado nunha morea de funcións cognitivas de alto nivel, 43 00:02:05,190 --> 00:02:08,312 como a toma de decisións, a planificación, 44 00:02:08,312 --> 00:02:10,551 planear que imos facer mañá ou a próxima semana 45 00:02:10,551 --> 00:02:13,292 ou o próximo ano, inhibir condutas inapropiadas, 46 00:02:13,292 --> 00:02:15,958 como frearnos antes de dicir unha grosería 47 00:02:15,958 --> 00:02:18,323 ou facer unha estupidez. 48 00:02:18,323 --> 00:02:20,661 Está tamén implicado na interacción social, 49 00:02:20,661 --> 00:02:23,785 en comprender aos outros, e na autoconciencia. 50 00:02:23,785 --> 00:02:26,835 Os estudos con RM teñen amosado que 51 00:02:26,835 --> 00:02:29,305 esta rexión sofre un cambio notable 52 00:02:29,305 --> 00:02:32,238 durante a adolescencia. 53 00:02:32,238 --> 00:02:35,196 Se observamos nesta figura os cambios 54 00:02:35,196 --> 00:02:40,045 no volume de materia gris, entre os 4 e os 22 anos, 55 00:02:40,045 --> 00:02:42,367 vese que aumenta durante a infancia, 56 00:02:42,367 --> 00:02:46,120 e chega ao seu pico na adolescencia. 57 00:02:46,120 --> 00:02:48,685 As frechas sinalan o pico de volume de materia gris 58 00:02:48,685 --> 00:02:52,151 no córtex prefrontal. Os nenos acadan o pico 59 00:02:52,151 --> 00:02:55,661 un par de anos máis tarde cás nenas, 60 00:02:55,661 --> 00:02:57,500 probablemente porque, de media, acadan 61 00:02:57,500 --> 00:02:59,752 a puberdade un par de anos máis tarde ca elas. 62 00:02:59,752 --> 00:03:03,187 E durante a adolescencia hai un declive significativo 63 00:03:03,187 --> 00:03:05,822 no volume de materia gris no córtex prefrontal. 64 00:03:05,822 --> 00:03:07,897 Podería parecer algo malo, pero en realidade 65 00:03:07,897 --> 00:03:11,047 trátase dun proceso moi importante do desenvolvemento, 66 00:03:11,047 --> 00:03:15,153 porque a materia gris contén corpos celulares 67 00:03:15,153 --> 00:03:18,607 e conexións entre células, as sinapses, e este declive 68 00:03:18,607 --> 00:03:21,352 no volume de materia gris no córtex prefrontal 69 00:03:21,352 --> 00:03:24,244 responde á poda sináptica, 70 00:03:24,244 --> 00:03:26,567 á eliminación das sinapses irrelevantes. 71 00:03:26,567 --> 00:03:29,700 Este é un proceso moi importante. 72 00:03:29,700 --> 00:03:32,834 Depende en parte do ambiente no que un se desenvolve. 73 00:03:32,834 --> 00:03:36,278 As sinapses que están a usarse vense 74 00:03:36,278 --> 00:03:38,211 fortalecidas e as que non se usan, 75 00:03:38,211 --> 00:03:40,543 nese ambiente particular, pódanse. 76 00:03:40,543 --> 00:03:43,049 Poden velo como a poda dunha roseira. 77 00:03:43,049 --> 00:03:45,889 Pódanse as ramas febles para que 78 00:03:45,889 --> 00:03:48,927 as que quedan, as importantes, crezan robustas e 79 00:03:48,927 --> 00:03:52,853 este proceso, que axusta eficazmente o tecido cerebral 80 00:03:52,853 --> 00:03:55,520 ao ambiente específico de cada especie, 81 00:03:55,520 --> 00:03:58,435 ocorre no córtex prefrontal e noutras rexións cerebrais 82 00:03:58,435 --> 00:04:01,989 durante a etapa da adolescencia. 83 00:04:01,989 --> 00:04:05,690 Unha segunda liña de investigación para explorar 84 00:04:05,690 --> 00:04:08,942 os cambios no cerebro adolescente é usar a RM funcional 85 00:04:08,942 --> 00:04:11,935 para ver como cambia a actividade cerebral coa idade. 86 00:04:11,935 --> 00:04:13,857 Dareilles un exemplo do meu laboratorio. 87 00:04:13,857 --> 00:04:17,418 Estamos interesados no cerebro social, 88 00:04:17,418 --> 00:04:21,002 na rede de rexións cerebrais que usamos 89 00:04:21,002 --> 00:04:23,435 para comprender aos outros e interactuar con eles. 90 00:04:23,435 --> 00:04:27,201 Voulles mostrar unha foto dun partido de fútbol 91 00:04:27,201 --> 00:04:31,168 para ilustrar dous aspectos do modo en que traballa o cerebro social. 92 00:04:31,168 --> 00:04:33,041 Este é o partido de fútbol. (Risas) 93 00:04:33,041 --> 00:04:35,683 Michael Owen acaba de fallar un gol 94 00:04:35,683 --> 00:04:38,485 e está tirado no céspede. E o primeiro aspecto 95 00:04:38,485 --> 00:04:41,444 que ilustra tan ben esta foto é o automáticas 96 00:04:41,444 --> 00:04:44,074 e instintivas que son as respostas emocionais sociais, 97 00:04:44,074 --> 00:04:47,178 de xeito que unha décima de segundo despois de que fallara o gol, 98 00:04:47,178 --> 00:04:49,558 todo o mundo está a facer o mesmo xesto cos brazos 99 00:04:49,558 --> 00:04:51,891 e coa cara, mesmo Michael Owen, tirado no céspede, 100 00:04:51,901 --> 00:04:52,985 fai o mesmo cos brazos 101 00:04:52,985 --> 00:04:55,164 e probablemente ten a mesma expresión facial. 102 00:04:55,164 --> 00:04:57,138 As únicas persoas que non o fan 103 00:04:57,138 --> 00:05:00,599 son os mozos de amarelo do fondo. (Risas) 104 00:05:00,599 --> 00:05:03,142 Creo que se equivocaron de bancada, 105 00:05:03,142 --> 00:05:05,437 e están a mostrar outra resposta emocional 106 00:05:05,437 --> 00:05:08,072 que todos recoñecemos ao momento. 107 00:05:08,072 --> 00:05:11,708 Este é o segundo aspecto do cerebro social que ilustra tan ben esta foto, 108 00:05:11,708 --> 00:05:15,090 o bos que somos lendo a conduta dos demais, 109 00:05:15,090 --> 00:05:17,767 as súas accións, xestos, expresións faciais, 110 00:05:17,767 --> 00:05:21,583 en termos dos estados mentais e as emocións subxacentes. 111 00:05:21,583 --> 00:05:23,360 Non precisamos falar con eses mozos. 112 00:05:23,360 --> 00:05:25,901 Facémonos unha idea do que están a sentir 113 00:05:25,901 --> 00:05:27,579 e a pensar nese momento. 114 00:05:27,579 --> 00:05:30,245 E niso é no que estamos interesados no meu laboratorio. 115 00:05:30,245 --> 00:05:33,817 Traemos a adolescentes e a adultos 116 00:05:33,833 --> 00:05:36,218 para facerlles un escáner, pedímoslles que fagan 117 00:05:36,218 --> 00:05:39,512 algunha tarefa na que teñan que pensar 118 00:05:39,512 --> 00:05:42,406 sobre os estados mentais e as emocións doutras persoas, 119 00:05:42,406 --> 00:05:45,252 e un dos achados que atopamos repetidamente, 120 00:05:45,252 --> 00:05:48,470 como noutros laboratorios do mundo, 121 00:05:48,470 --> 00:05:51,688 ten que ver co córtex prefrontal medial, 122 00:05:51,688 --> 00:05:54,444 en azul na diapositiva, unha rexión situada 123 00:05:54,444 --> 00:05:56,842 xusto na liña media da cabeza. 124 00:05:56,842 --> 00:05:59,785 Esta rexión está máis activa nos adolescentes que nos adultos 125 00:05:59,785 --> 00:06:02,252 cando toman decisións sociais e pensan sobre outros. 126 00:06:02,252 --> 00:06:05,053 Trátase do resultado dunha metaanálise 127 00:06:05,053 --> 00:06:08,293 de 9 estudos diferentes de laboratorios 128 00:06:08,293 --> 00:06:10,993 de todo o mundo, e todos mostran o mesmo, 129 00:06:10,993 --> 00:06:14,363 esa actividade no córtex prefrontal medial 130 00:06:14,363 --> 00:06:16,810 diminúe durante a adolescencia. 131 00:06:16,810 --> 00:06:19,454 Pensamos que responde a que adolescentes e adultos 132 00:06:19,454 --> 00:06:21,820 usan unha estratexia cognitiva distinta 133 00:06:21,820 --> 00:06:25,238 para tomar decisións sociais e 134 00:06:25,238 --> 00:06:28,754 para comprobalo traemos á xente ao noso laboratorio 135 00:06:28,754 --> 00:06:30,731 e pedímoslles unha tarefa condutual. 136 00:06:30,731 --> 00:06:33,275 Voulles dar un exemplo 137 00:06:33,275 --> 00:06:36,485 do tipo de tarefa que usamos no meu laboratorio. 138 00:06:36,485 --> 00:06:39,133 Imaxinen que participan nun dos nosos experimentos. 139 00:06:39,133 --> 00:06:40,858 Veñen ao laboratorio 140 00:06:40,858 --> 00:06:43,532 e ven esta tarefa no ordenador. 141 00:06:43,532 --> 00:06:46,322 Poden ver que hai uns estantes. 142 00:06:46,322 --> 00:06:49,139 Nalgúns deles hai obxectos, 143 00:06:49,139 --> 00:06:52,110 e fíxense que hai un tipo detrás dos estantes, 144 00:06:52,110 --> 00:06:55,695 e hai obxectos que non pode ver. 145 00:06:55,695 --> 00:06:57,974 Están ocultos, dende a súa perspectiva, 146 00:06:57,974 --> 00:07:00,618 cunha peza de madeira gris. 147 00:07:00,618 --> 00:07:04,102 Estes son os mesmos estantes dende a súa perspectiva. 148 00:07:04,102 --> 00:07:07,595 Fíxense que el só pode ver algúns obxectos, 149 00:07:07,595 --> 00:07:10,047 e que vostedes poden ver moitos máis. 150 00:07:10,047 --> 00:07:12,243 O que teñen que facer é mover os obxectos. 151 00:07:12,243 --> 00:07:14,605 O director, situado detrás dos estantes, 152 00:07:14,605 --> 00:07:17,200 diralles a onde movelos, 153 00:07:17,200 --> 00:07:19,244 pero lembren: non lles vai pedir que movan 154 00:07:19,244 --> 00:07:22,854 obxectos que el non pode ver. 155 00:07:22,854 --> 00:07:25,157 Isto é interesante, porque hai un certo conflito 156 00:07:25,157 --> 00:07:28,005 entre a súa perspectiva e a do director. 157 00:07:28,005 --> 00:07:31,145 Imaxinen que lles di que movan o camión de arriba cara á esquerda. 158 00:07:31,155 --> 00:07:33,596 Hai tres camións. Instintivamente irán polo branco, 159 00:07:33,611 --> 00:07:35,761 porque é o que está máis arriba 160 00:07:35,761 --> 00:07:38,579 dende a súa perspectiva, pero entón lembran 161 00:07:38,579 --> 00:07:40,638 "Ah, el non pode ver ese camión, 162 00:07:40,638 --> 00:07:43,395 así que ten que referirse ao azul", 163 00:07:43,395 --> 00:07:46,020 o máis alto dende a perspectiva del. 164 00:07:46,020 --> 00:07:48,991 Créanme ou non, adultos sans e intelixentes coma vostedes 165 00:07:48,991 --> 00:07:52,131 cometen erros un 50% das veces nestes ensaios. 166 00:07:52,131 --> 00:07:54,974 Moven o camión branco no canto do azul. 167 00:07:54,974 --> 00:07:58,180 Pasámoslles a tarefa a mozos e adultos 168 00:07:58,180 --> 00:07:59,954 e incluímos unha condición de control 169 00:07:59,954 --> 00:08:03,905 na que en vez do director dabámoslles unha regra. 170 00:08:03,905 --> 00:08:05,819 Dixémoslles: imos facer o mesmo 171 00:08:05,819 --> 00:08:08,656 pero desta volta sen director. 172 00:08:08,656 --> 00:08:11,863 Esta vez teñen que ignorar os obxectos co fondo gris. 173 00:08:11,863 --> 00:08:14,563 Fíxense que é exactamente o mesmo, 174 00:08:14,563 --> 00:08:17,409 só que agora teñen que acordarse 175 00:08:17,409 --> 00:08:20,480 de aplicar esta regra un tanto arbitraria, 176 00:08:20,480 --> 00:08:22,210 mentres que antes tiñan que recordar 177 00:08:22,210 --> 00:08:25,701 ter en conta a perspectiva do director 178 00:08:25,701 --> 00:08:29,998 para guiar a súa resposta. 179 00:08:29,998 --> 00:08:32,607 Voulles mostrar a porcentaxe de erros 180 00:08:32,607 --> 00:08:35,174 no estudo de desenvolvemento que fixemos, 181 00:08:35,174 --> 00:08:38,457 que abarcaba dos 7 anos á idade adulta, 182 00:08:38,457 --> 00:08:39,938 e van ver a porcentaxe de erros 183 00:08:39,938 --> 00:08:41,912 dos adultos en ambas as dúas condicións, 184 00:08:41,927 --> 00:08:45,198 en gris a do director, e verán que 185 00:08:45,198 --> 00:08:47,771 os adultos intelixentes cometen erros un 50% das veces 186 00:08:47,771 --> 00:08:50,486 e que cometen menos erros 187 00:08:50,486 --> 00:08:52,514 cando o director non está presente, 188 00:08:52,514 --> 00:08:55,595 cando teñen que recordar a regra de ignorar o fondo gris. 189 00:08:55,595 --> 00:08:58,263 Evolutivamente, estas dúas condicións 190 00:08:58,263 --> 00:09:01,186 desenvólvense igual. Hai unha mellora 191 00:09:01,186 --> 00:09:03,427 entre a infancia e a adolescencia. 192 00:09:03,427 --> 00:09:06,658 Noutras palabras, hai unha redución dos 193 00:09:06,658 --> 00:09:07,898 erros nas dúas condicións. 194 00:09:07,898 --> 00:09:10,183 Pero é cando comparamos os dous últimos grupos, 195 00:09:10,183 --> 00:09:12,135 adolescentes e adultos, 196 00:09:12,135 --> 00:09:15,295 cando as cousas se poñen interesantes, 197 00:09:15,295 --> 00:09:18,333 porque aí non continúa a mellora na condición sen director. 198 00:09:18,333 --> 00:09:21,263 Noutras palabras, o necesario 199 00:09:21,263 --> 00:09:23,969 para recordar e aplicar a regra 200 00:09:23,969 --> 00:09:26,280 xa está desenvolto na adolescencia; 201 00:09:26,280 --> 00:09:28,897 mentres que, se observan as dúas últimas barras grises, 202 00:09:28,897 --> 00:09:31,587 verán que aínda hai unha mellora significativa 203 00:09:31,587 --> 00:09:34,488 na condición director entre a adolescencia e a idade adulta. 204 00:09:34,488 --> 00:09:37,864 Isto significa que a capacidade para ter en conta 205 00:09:37,864 --> 00:09:40,919 a perspectiva dos outros para guiar a nosa conduta, 206 00:09:40,919 --> 00:09:43,438 algo que temos que facer todos os días a todas horas, 207 00:09:43,458 --> 00:09:47,964 está aínda desenvolvéndose na adolescencia. 208 00:09:47,964 --> 00:09:49,924 Ou sexa que se teñen un fillo adolescente 209 00:09:49,924 --> 00:09:53,493 e algunhas veces pensan que ten problemas para poñerse no lugar dos outros, 210 00:09:53,493 --> 00:09:56,719 están no certo. Téñenos. E este é o motivo. 211 00:09:56,719 --> 00:10:00,232 Ás veces rímonos dos adolescentes. 212 00:10:00,232 --> 00:10:04,095 Mesmo os medios 213 00:10:04,095 --> 00:10:07,622 critican as súas condutas típicas. 214 00:10:07,622 --> 00:10:10,393 Son arriscados, malhumorados, moi vergonzosos. 215 00:10:10,393 --> 00:10:12,886 Teño unha anécdota moi divertida dun amigo 216 00:10:12,886 --> 00:10:15,143 que contaba que o cambio máis patente 217 00:10:15,143 --> 00:10:17,244 das súas fillas adolescentes na puberdade 218 00:10:17,244 --> 00:10:20,584 foi o grao de vergoña diante del. Dicía: 219 00:10:20,584 --> 00:10:22,653 "Antes da puberdade, se as miñas fillas 220 00:10:22,653 --> 00:10:24,627 estaban a amolarme nunha tenda, dicíalles 221 00:10:24,627 --> 00:10:26,956 'veña, parade e cántovos a vosa canción favorita' 222 00:10:26,956 --> 00:10:29,217 e paraban ao momento e cantáballes a canción". 223 00:10:29,217 --> 00:10:32,478 Despois da puberdade, iso tornouse nunha ameaza. 224 00:10:32,478 --> 00:10:34,295 (Risas) 225 00:10:34,295 --> 00:10:37,772 A simple idea do seu pai cantando en público 226 00:10:37,772 --> 00:10:40,135 era suficiente para facer que se comportaran. 227 00:10:40,135 --> 00:10:41,563 A miúdo a xente pregunta: 228 00:10:41,563 --> 00:10:44,196 "A adolescencia é cousa de agora? 229 00:10:44,196 --> 00:10:46,318 Algo inventado en Occidente?" 230 00:10:46,318 --> 00:10:48,986 Francamente, creo que a resposta é non. 231 00:10:48,986 --> 00:10:52,409 Ao longo da historia hai descricións da adolescencia 232 00:10:52,409 --> 00:10:54,566 moi parecidas ás que usamos hoxe en día. 233 00:10:54,566 --> 00:10:58,799 Nunha famosa cita de "Conto de Inverno", Shakespeare 234 00:10:58,799 --> 00:11:01,574 describe así a adolescencia: 235 00:11:01,574 --> 00:11:04,420 "Quixera que non mediara tempo entre os 10 e os 23 anos, 236 00:11:04,420 --> 00:11:07,660 ou que a xuventude pasara durmindo tranquilamente; 237 00:11:07,660 --> 00:11:09,751 porque non hai nada no ínterim salvo 238 00:11:09,751 --> 00:11:15,974 preñar mozas, aldraxar anciáns, roubar, loitar". (Risas) 239 00:11:15,974 --> 00:11:20,508 E continúa dicindo: "Dito isto, quen senón 240 00:11:20,508 --> 00:11:23,653 esas cabezas loucas de 19 e 22 anos 241 00:11:23,653 --> 00:11:26,151 sairía cazar con este tempo?" (Risas) 242 00:11:26,151 --> 00:11:29,077 Ou sexa que hai 400 anos, Shakespeare 243 00:11:29,077 --> 00:11:31,801 retratou aos adolescentes da mesma maneira 244 00:11:31,801 --> 00:11:35,260 que se fai hoxe, pero aínda estamos 245 00:11:35,260 --> 00:11:38,187 a tentar comprender a súa conduta 246 00:11:38,187 --> 00:11:40,285 en termos dos cambios cerebrais subxacentes. 247 00:11:40,285 --> 00:11:43,893 Por exemplo, as condutas de risco. 248 00:11:43,893 --> 00:11:46,218 Sabemos da súa tendencia a arriscarse. Fano. 249 00:11:46,218 --> 00:11:48,850 Corren máis riscos que os nenos ou os adultos, 250 00:11:48,850 --> 00:11:51,310 e son particularmente proclives 251 00:11:51,310 --> 00:11:54,278 a asumir riscos cando están cos amigos. 252 00:11:54,278 --> 00:11:56,764 Hai un forte pulo para independizarse dos pais 253 00:11:56,764 --> 00:11:59,588 e impresionar aos amigos na adolescencia. 254 00:11:59,588 --> 00:12:02,187 Agora tratamos de comprendelo en termos 255 00:12:02,187 --> 00:12:05,180 do desenvolvemento dunha parte do cerebro, 256 00:12:05,180 --> 00:12:07,413 o sistema límbico. Poden velo en vermello 257 00:12:07,413 --> 00:12:09,588 na diapositiva detrás de min e neste cerebro. 258 00:12:09,588 --> 00:12:12,697 O sistema límbico está na profundidade 259 00:12:12,697 --> 00:12:16,430 do cerebro e está implicado no procesamento das emocións 260 00:12:16,430 --> 00:12:19,580 e da recompensa. Dános esa sensación 261 00:12:19,580 --> 00:12:22,876 gratificante do divertido, do risco. 262 00:12:22,876 --> 00:12:25,241 Dáche ese subidón ao correr un risco. 263 00:12:25,241 --> 00:12:28,289 Sabemos que esta rexión do sistema límbico 264 00:12:28,289 --> 00:12:31,708 é hipersensible á sensación gratificante 265 00:12:31,708 --> 00:12:35,477 de arriscarse nos adolescentes fronte aos adultos, 266 00:12:35,477 --> 00:12:39,179 e ao mesmo tempo, o córtex prefrontal, 267 00:12:39,179 --> 00:12:41,453 en azul na diapositiva, que nos impide 268 00:12:41,453 --> 00:12:44,320 correr riscos excesivos, está aínda 269 00:12:44,320 --> 00:12:47,718 en desenvolvemento na adolescencia. 270 00:12:47,718 --> 00:12:51,385 Así que vemos que o cerebro adolescente 271 00:12:51,385 --> 00:12:54,727 experimenta un gran desenvolvemento, 272 00:12:54,727 --> 00:12:58,683 e isto ten implicacións para a educación, a rehabilitación 273 00:12:58,683 --> 00:13:02,703 e a intervención. O ambiente, escola incluída, 274 00:13:02,703 --> 00:13:06,112 pode e dá forma ao cerebro adolescente. 275 00:13:06,112 --> 00:13:08,914 Con todo, a ensinanza obrigatoria durante a adolescencia 276 00:13:08,914 --> 00:13:11,419 é relativamente recente en Occidente. 277 00:13:11,419 --> 00:13:15,172 Os meus catro avós, por exemplo, 278 00:13:15,172 --> 00:13:19,006 deixaron a escola moi novos. Non tiñan elección. 279 00:13:19,006 --> 00:13:21,780 E isto segue sendo así para moitos adolescentes 280 00:13:21,780 --> 00:13:24,947 de todo o mundo. O 40% deles 281 00:13:24,947 --> 00:13:29,169 non teñen acceso á ensinanza secundaria. 282 00:13:29,169 --> 00:13:31,808 Porén, este é un período da vida 283 00:13:31,808 --> 00:13:34,655 no que o cerebro é particularmente adaptable e maleable. 284 00:13:34,655 --> 00:13:38,425 É unha oportunidade fantástica para a aprendizaxe e a creatividade. 285 00:13:38,425 --> 00:13:40,658 Ou sexa que o que ás veces se ve como 286 00:13:40,658 --> 00:13:43,134 o problema da adolescencia --condutas de risco, 287 00:13:43,134 --> 00:13:47,076 escaso control de impulsos, vergoña-- non debería estigmatizarse. 288 00:13:47,076 --> 00:13:49,913 Reflicte cambios cerebrais que proporcionan 289 00:13:49,913 --> 00:13:52,827 unha grande oportunidade para a educación 290 00:13:52,827 --> 00:13:57,257 e o desenvolvemento social. Grazas. 291 00:13:57,257 --> 00:14:05,027 (Aplausos)