As túas palabras poderían predicir a túa futura saúde mental
-
0:01 - 0:04Existen rexistros históricos
que nos permiten saber -
0:04 - 0:06como vestían os antigos gregos,
-
0:06 - 0:07como vivían,
-
0:07 - 0:09como loitaban...
-
0:09 - 0:11mais, como pensaban?
-
0:11 - 0:16Unha idea natural é que os aspectos máis
profundos do pensamento humano -
0:16 - 0:18--a nosa capacidade para imaxinar,
-
0:18 - 0:19para sermos conscientes,
-
0:19 - 0:20para soñar--
-
0:20 - 0:22foron sempre os mesmos.
-
0:23 - 0:24Outra posibilidade
-
0:24 - 0:28é que as transformacións sociais
que deran forma á nosa cultura -
0:28 - 0:32puideran cambiar tamén as columnas
estruturais do pensamento humano. -
0:33 - 0:35Pode que todos teñamos opinións
diferentes sobre isto. -
0:35 - 0:38Realmente, trátase
dun vello debate filosófico. -
0:39 - 0:41No entanto, pode abordarse
esta pregunta desde a ciencia? -
0:43 - 0:45Gustaríame propoñer que,
-
0:45 - 0:50do mesmo xeito que recreamos o
aspecto das antigas cidades gregas -
0:50 - 0:52a partir duns cantos ladrillos,
-
0:53 - 0:56vexamos os escritos dunha cultura
como os rexistros arqueolóxicos, -
0:57 - 0:59os fósiles do pensamento humano.
-
1:00 - 1:01E, de feito,
-
1:01 - 1:03facendo algún tipo de análise psicolóxica
-
1:03 - 1:06dalgúns dos libros máis antigos
da cultura humana, -
1:07 - 1:12Julian Jaynes suxeriu nos 70
unha hipótese tan arriscada como radical: -
1:13 - 1:15que hai só 3.000 anos,
-
1:15 - 1:20os humanos eran
o que hoxe chamaríamos esquizofrénicos. -
1:22 - 1:23E fixo esta afirmación
-
1:23 - 1:26baseándose en que os primeiros humanos
descritos neses libros -
1:27 - 1:29comportábanse de xeito sistemático
-
1:29 - 1:31nas diferentes tradicións
e lugares do mundo, -
1:32 - 1:35como se escoitasen e obedecesen voces
-
1:35 - 1:38que eles crían que procedían dos Deuses,
-
1:38 - 1:39ou das musas...
-
1:40 - 1:43e que hoxe chamariamos alucinacións.
-
1:44 - 1:46E só máis tarde, co paso do tempo,
-
1:47 - 1:50comezaron a recoñecer
que eles mesmos eran os creadores, -
1:50 - 1:53os donos daquelas voces interiores.
-
1:53 - 1:56E a partir disto, gañaron introspección:
-
1:56 - 1:59a capacidade de pensar
sobre os propios pensamentos. -
2:00 - 2:03Así que a teoría de Jaynes
é que a consciencia, -
2:03 - 2:06polo menos da forma
en que a percibimos hoxe, -
2:06 - 2:10sentindo que somos pilotos
na nosa propia existencia, -
2:10 - 2:13é un avance cultural bastante recente.
-
2:13 - 2:15E esta teoría é formidable,
-
2:15 - 2:16mais ten un problema obvio
-
2:16 - 2:20que é o feito de estar construída
sobre uns poucos exemplos moi específicos. -
2:21 - 2:23De xeito que a pregunta é se a teoría
-
2:23 - 2:27de que a introspección desenvolvida
na historia humana hai só 3.000 anos -
2:28 - 2:31se pode examinar desde un punto de vista
cuantitativo e obxectivo. -
2:32 - 2:35E o problema de como abordar
isto é bastante obvio. -
2:35 - 2:38Non é coma se Platón se erguese
un día e logo escribise. -
2:39 - 2:40"Ola, son Platón,
-
2:40 - 2:43e desde hoxe, teño unha conciencia
completamente introspectiva." -
2:43 - 2:45(Risas)
-
2:46 - 2:48E isto, en verdade, dinos
cal é a esencia do problema. -
2:49 - 2:54Temos que atopar a emerxencia
dun concepto que nunca foi dito. -
2:54 - 2:58A palabra "introspección"
non aparece nin unha soa vez -
2:59 - 3:01nos libros que queremos analizar.
-
3:02 - 3:06Así que a nosa forma de resolvelo
foi construír o espazo das palabras. -
3:07 - 3:10Este é un gran espazo
que contén todas as palabras -
3:10 - 3:12dispostas de modo
que a distancia entre dúas delas -
3:13 - 3:15é indicativa do estreitamente
relacionadas que están. -
3:16 - 3:18Por exemplo,
-
3:18 - 3:21un espera que as palabras
"can" e "gato" estean moi próximas, -
3:21 - 3:24e que "pomelo" e "logaritmo"
estean moi separadas. -
3:25 - 3:29E isto débese cumprir para cada
par de palabras dentro do espazo. -
3:30 - 3:33E podemos construír o espazo das palabras
de diferentes maneiras. -
3:33 - 3:35Unha é preguntándolles aos expertos,
-
3:35 - 3:36un pouco como facemos cos dicionarios.
-
3:37 - 3:38Outra posibilidade
-
3:38 - 3:42é seguir a simple suposición de que
cando dúas palabras están relacionadas -
3:42 - 3:44tenden a aparecer nas mesmas frases,
-
3:44 - 3:46nos mesmos parágrafos,
-
3:46 - 3:47nos mesmos documentos,
-
3:48 - 3:51máis veces das que se esperaría
por simple casualidade. -
3:52 - 3:54E esta sinxela hipótese,
-
3:54 - 3:56este simple método,
-
3:56 - 3:57cunha serie de trucos computacionais
-
3:57 - 3:59relacionados co feito
-
3:59 - 4:01de que este é un espazo complexo
e de gran dimensión, -
4:02 - 4:03resultou ser moi efectivo.
-
4:04 - 4:07E para darvos unha mostra
do ben que funciona, -
4:07 - 4:11este é o resultado conseguido cando
analizamos algunhas palabras familiares. -
4:12 - 4:13Podedes ver primeiro
-
4:13 - 4:16que as palabras se organizan
automaticamente en campos semánticos. -
4:16 - 4:18Velaí as froitas, as partes do corpo,
-
4:18 - 4:21as partes do ordenador,
os termos científicos... -
4:21 - 4:25O algoritmo tamén identifica
que organizamos conceptos en xerarquías. -
4:26 - 4:27Por exemplo,
-
4:27 - 4:31podedes ver que os termos científicos
se distribúen en dúas subcategorías -
4:31 - 4:33de termos astronómicos e físicos.
-
4:33 - 4:36E logo temos cousas moi sutís.
-
4:36 - 4:38Por exemplo, a palabra astronomía,
-
4:38 - 4:39que parece ter unha disposición estraña,
-
4:39 - 4:41está exactamente onde debería,
-
4:41 - 4:43entre o que é,
-
4:43 - 4:44unha ciencia real,
-
4:44 - 4:46e entre o que describe,
-
4:46 - 4:47os termos astronómicos.
-
4:48 - 4:50E poderiamos seguir e seguir con isto.
-
4:50 - 4:52En verdade, se ollades para isto un anaco,
-
4:52 - 4:54e unides traxectorias aleatoriamente,
-
4:54 - 4:57veredes que se parece
un pouco a facer poesía. -
4:58 - 5:00Pasa isto porque, dalgún xeito,
-
5:00 - 5:03camiñar por este espazo
é como camiñar pola mente. -
5:04 - 5:06E por último,
-
5:06 - 5:09este algoritmo tamén identifica
cales son as nosas intuicións, -
5:10 - 5:13sobre que palabras deberían ir primeiro
ao campo da introspección. -
5:14 - 5:15Así, por exemplo,
-
5:15 - 5:19palabras como "eu," "culpa,"
"razón," "emoción," -
5:19 - 5:21están moi preto de "introspección,"
-
5:21 - 5:22mentres que outras,
-
5:22 - 5:24como "vermello," "fútbol,"
"candea," "plátano" -
5:24 - 5:25están moi lonxe.
-
5:26 - 5:28E unha vez que construímos o espazo,
-
5:29 - 5:31a pregunta sobre a historia
da introspección, -
5:32 - 5:34ou sobre a historia de calquera concepto
-
5:34 - 5:38que antes parecía abstracta e
dalgún xeito difusa, -
5:39 - 5:40vólvese concreta,
-
5:40 - 5:43é abordable desde a ciencia cuantitativa.
-
5:44 - 5:47Todo o que temos que facer é
coller os libros, -
5:47 - 5:48dixitalizalos,
-
5:48 - 5:51e tomar este fluxo de palabras
como unha traxectoria, -
5:51 - 5:53proxectándoo no espazo,
-
5:53 - 5:57e logo preguntármonos se esta traxectoria
pasa un tempo significativo -
5:57 - 6:00circulando preto do concepto
de introspección. -
6:01 - 6:02E con isto,
-
6:02 - 6:04poderiamos analizar
a historia da introspección -
6:04 - 6:06na tradición da antiga Grecia,
-
6:06 - 6:09da cal temos o mellor rexistro
escrito dispoñible. -
6:10 - 6:12Así que o que fixemos foi
coller todos os libros, -
6:12 - 6:14ordenámolos cronoloxicamente,
-
6:14 - 6:16e de cada libro collemos as palabras
-
6:16 - 6:18e proxectámolas no espazo,
-
6:18 - 6:21logo miramos o cerca
que cada palabra estaba da introspección, -
6:21 - 6:22e fixemos unha media.
-
6:23 - 6:25Despois preguntámonos se,
a medida que pasaba o tempo, -
6:26 - 6:29eses libros se achegaban máis e máis
-
6:29 - 6:31ao concepto da introspección.
-
6:31 - 6:35E isto é exactamente o que sucede
na tradición da Grecia antiga. -
6:36 - 6:39Pódese ver que, dentro dos libros
máis antigos na tradición homérica -
6:39 - 6:42hai unha pequena aproximación
á introspección. -
6:43 - 6:44Pero uns catro séculos antes de Cristo,
-
6:45 - 6:49comeza a despegar rapidamente
ata case quintuplicarse -
6:49 - 6:52a aproximación paulatina dos libros
-
6:52 - 6:53ao concepto de introspección.
-
6:54 - 6:56E algo bo disto
-
6:57 - 6:58é que agora podémonos preguntar
-
6:58 - 7:02se isto tamén é certo nunha tradición
diferente e independente. -
7:03 - 7:06Así que empregamos esta mesma análise
na tradición xudeocristiá, -
7:06 - 7:09e obtivemos virtualmente o mesmo patrón.
-
7:10 - 7:14De novo, un pequeno aumento nos libros
máis antigos do Antigo Testamento, -
7:14 - 7:16e logo un aumento moito máis rápido
-
7:16 - 7:18nos libros do Novo Testamento.
-
7:18 - 7:20E logo chegamos ó cumio da introspección
-
7:20 - 7:22n’as “Confesións de Santo Agostiño”,
-
7:22 - 7:24uns catrocentos anos despois de Cristo.
-
7:25 - 7:27E isto foi moi importante,
-
7:27 - 7:30porque Santo Agostiño
foi recoñecido por eruditos, -
7:30 - 7:32filólogos, historiadores,
-
7:32 - 7:35como un dos fundadores da instrospección.
-
7:35 - 7:38En verdade, algúns considérano
o pai da psicoloxía moderna. -
7:39 - 7:41Así que o noso algoritmo,
-
7:41 - 7:44que ten a virtude de ser cuantitativo,
-
7:44 - 7:45de ser obxectivo,
-
7:45 - 7:47e, por suposto, sumamente veloz
-
7:47 - 7:49--opera nunha fracción de segundo--
-
7:49 - 7:53pode captar algunhas
das conclusións máis importantes -
7:53 - 7:55desta longa tradición de investigación.
-
7:56 - 8:00E isto é dalgún xeito
unha das belezas da ciencia, -
8:00 - 8:03que é que agora esta idea pode trasladarse
-
8:03 - 8:06e estenderse a moitos dominios distintos.
-
8:07 - 8:11Así que do mesmo xeito que preguntamos
sobre o pasado da percepción humana, -
8:12 - 8:15quizais a pregunta máis complicada
que podemos formularnos -
8:15 - 8:19é se isto pode contarnos algo
sobre o futuro da nosa propia consciencia. -
8:20 - 8:21Dito de forma máis precisa,
-
8:21 - 8:23se as palabras que pronunciamos hoxe
-
8:23 - 8:28poden dicir algo sobre onde estarán
as nosas mentes nuns cantos días, -
8:29 - 8:30nuns cantos meses
-
8:30 - 8:31ou nuns cantos anos.
-
8:32 - 8:35E da mesma forma en que moitos de nós
levamos sensores -
8:35 - 8:36que nos miden o ritmo cardíaco,
-
8:36 - 8:38a respiración,
-
8:38 - 8:39os xenes,
-
8:39 - 8:42coa esperanza de que poida axudarnos
a previr enfermidades, -
8:43 - 8:47podemos preguntarnos se monitorizando
e analizando as palabras que dicimos, -
8:47 - 8:49chiamos, enviamos por correo, escribimos,
-
8:49 - 8:54estas poden indicar antes de tempo
se algo vai ir mal nas nosas mentes. -
8:55 - 8:57E canda Guillermo Cecchi,
-
8:57 - 8:59o meu irmán nesta aventura,
-
9:00 - 9:01fixémonos cargo desta tarefa.
-
9:02 - 9:08E fixémolo analizando
o discurso gravado de 34 mozos -
9:08 - 9:11que tiñan un alto risco
de desenvolver esquizofrenia. -
9:11 - 9:14O que fixemos foi medir
o discurso no día un, -
9:14 - 9:18e logo preguntarnos se as propiedades
dese discurso poderían predicir, -
9:18 - 9:20nun intervalo de case tres anos,
-
9:20 - 9:22o futuro desenvolvemento da psicose.
-
9:23 - 9:26Pero malia as nosas expectativas,
-
9:26 - 9:29acadamos un fracaso tras outro.
-
9:30 - 9:33Non había información
suficiente na semántica -
9:34 - 9:36coma para predicir
a futura organización da mente. -
9:37 - 9:38Era boa dabondo
-
9:38 - 9:42para distinguir entre un grupo
de esquizofrénicos e un grupo de control, -
9:43 - 9:45como fixeramos cos textos antigos,
-
9:45 - 9:48mais non para predicir
o inicio dunha psicose. -
9:49 - 9:51Porén, decatámonos
-
9:51 - 9:55de que quizais o máis importante
non era o que estaban a dicir, -
9:55 - 9:57senón como o dicían.
-
9:58 - 9:59Máis especificamente,
-
9:59 - 10:02non se trataba do campo semántico
ao que pertencían as palabras, -
10:02 - 10:04senón do lonxe e rápido que saltaban
-
10:04 - 10:07dun campo semántico a outro.
-
10:07 - 10:09Así que elaboramos esta medida,
-
10:09 - 10:11denominada "coherencia semántica",
-
10:11 - 10:16que basicamente mide a persistencia
da fala dentro dun tema semántico, -
10:16 - 10:18nunha categoría semántica.
-
10:19 - 10:23E resultou que neste grupo de 34 persoas,
-
10:23 - 10:27o algoritmo baseado
na coherencia semántica puido predicir, -
10:27 - 10:29cunha precisión do 100 por cento,
-
10:30 - 10:32quen desenvolvería psicose e quen non.
-
10:33 - 10:36E isto foi algo que non se puido conseguir
-
10:36 - 10:37--nin por aproximación--
-
10:37 - 10:41con ningunha
das medidas clínicas existentes. -
10:43 - 10:46E recordo vividamente,
mentres traballaba nisto, -
10:46 - 10:48estaba eu sentado diante do ordenador
-
10:48 - 10:51e vin uns cantos chíos de Polo
-
10:51 - 10:54--Polo fora o meu primeiro estudante
en Bos Aires, -
10:54 - 10:56e naquel momento
estaba a vivir en Nova York -
10:56 - 10:59E había algo nos seus chíos
-
10:59 - 11:02--non era quen de dicir o que,
non había nada explícito-- -
11:02 - 11:04pero tiven un forte presentimento,
-
11:04 - 11:07unha forte intuición,
de que algo non ía ben. -
11:08 - 11:11Así que collín o teléfono e chameino,
-
11:11 - 11:13e era certo, non se sentía ben.
-
11:13 - 11:15E este simple feito,
-
11:15 - 11:17este ler entre liñas,
-
11:18 - 11:22este sentir, a través das palabras,
os seus sentimentos, -
11:22 - 11:25foi unha forma de axudar
sinxela, pero moi efectiva. -
11:26 - 11:27O que vos digo hoxe
-
11:28 - 11:30é que estamos preto de comprender
-
11:30 - 11:34como converter esta intuición
que todos temos, -
11:34 - 11:36que todos compartimos,
-
11:36 - 11:37nun algoritmo.
-
11:38 - 11:39E, ao facelo,
-
11:40 - 11:44poderiamos ver no futuro
unha forma moi diferente de saúde mental, -
11:44 - 11:49baseada nunha análise obxectiva,
cuantitativa e automatizada -
11:50 - 11:51das palabras que escribimos,
-
11:52 - 11:53das palabras que dicimos.
-
11:53 - 11:54Grazas.
-
11:55 - 11:58(Aplausos)
- Title:
- As túas palabras poderían predicir a túa futura saúde mental
- Speaker:
- Mariano Sigman
- Description:
-
Pode a forma en que falas e escribes hoxe predicir o teu estado mental futuro? Incluso o comezo dunha psicose? Nesta fascinante charla, o neurocientífico Mariano Sigman reflexiona acerca da Grecia clásica e as orixes da introspección para investigar como as nosas palabras amosan a nosa vida interior e explica con detalle un algoritmo de mapeamento de palabras que podería predicir o desenvolvemento da esquizofrenia. "Poderíamos ver no futuro unha forma diferente de saúde mental," di Sigman, "baseada na análise obxectiva, cuantitativa e automatizada das palabras que escribimos, das palabras que pronunciamos."
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 12:14
![]() |
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Your words may predict your future mental health | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Your words may predict your future mental health | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Your words may predict your future mental health | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Your words may predict your future mental health | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Your words may predict your future mental health | |
![]() |
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Your words may predict your future mental health | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for Your words may predict your future mental health | |
![]() |
Enara Caride edited Galician subtitles for Your words may predict your future mental health |