WEBVTT 00:00:01.006 --> 00:00:03.790 Existen rexistros históricos que nos permiten saber 00:00:03.790 --> 00:00:05.880 como vestían os antigos gregos, 00:00:06.150 --> 00:00:07.264 como vivían, 00:00:07.458 --> 00:00:08.600 como loitaban... 00:00:09.004 --> 00:00:10.528 mais, como pensaban? 00:00:11.432 --> 00:00:15.562 Unha idea natural é que os aspectos máis profundos do pensamento humano 00:00:15.796 --> 00:00:17.582 --a nosa capacidade para imaxinar, 00:00:17.792 --> 00:00:19.056 para sermos conscientes, 00:00:19.453 --> 00:00:20.284 para soñar-- 00:00:20.468 --> 00:00:22.087 foron sempre os mesmos. 00:00:22.872 --> 00:00:24.168 Outra posibilidade 00:00:24.395 --> 00:00:27.693 é que as transformacións sociais que deran forma á nosa cultura 00:00:28.142 --> 00:00:31.927 puideran cambiar tamén as columnas estruturais do pensamento humano. 00:00:32.911 --> 00:00:35.435 Pode que todos teñamos opinións diferentes sobre isto. 00:00:35.459 --> 00:00:38.070 Realmente, trátase dun vello debate filosófico. 00:00:38.644 --> 00:00:41.346 No entanto, pode abordarse esta pregunta desde a ciencia? 00:00:42.834 --> 00:00:45.050 Gustaríame propoñer que, 00:00:45.364 --> 00:00:49.755 do mesmo xeito que recreamos o aspecto das antigas cidades gregas 00:00:50.160 --> 00:00:52.067 a partir duns cantos ladrillos, 00:00:52.572 --> 00:00:56.132 vexamos os escritos dunha cultura como os rexistros arqueolóxicos, 00:00:56.722 --> 00:00:58.865 os fósiles do pensamento humano. 00:00:59.905 --> 00:01:00.944 E, de feito, 00:01:01.103 --> 00:01:03.309 facendo algún tipo de análise psicolóxica 00:01:03.333 --> 00:01:06.164 dalgúns dos libros máis antigos da cultura humana, 00:01:07.211 --> 00:01:11.947 Julian Jaynes suxeriu nos 70 unha hipótese tan arriscada como radical: 00:01:12.880 --> 00:01:14.734 que hai só 3.000 anos, 00:01:15.317 --> 00:01:20.205 os humanos eran o que hoxe chamaríamos esquizofrénicos. 00:01:21.753 --> 00:01:23.261 E fixo esta afirmación 00:01:23.285 --> 00:01:26.342 baseándose en que os primeiros humanos descritos neses libros 00:01:26.610 --> 00:01:28.514 comportábanse de xeito sistemático 00:01:28.538 --> 00:01:31.130 nas diferentes tradicións e lugares do mundo, 00:01:31.578 --> 00:01:34.709 como se escoitasen e obedecesen voces 00:01:35.134 --> 00:01:37.798 que eles crían que procedían dos Deuses, 00:01:38.198 --> 00:01:39.396 ou das musas... 00:01:40.063 --> 00:01:42.832 e que hoxe chamariamos alucinacións. 00:01:43.888 --> 00:01:46.174 E só máis tarde, co paso do tempo, 00:01:46.538 --> 00:01:49.899 comezaron a recoñecer que eles mesmos eran os creadores, 00:01:50.213 --> 00:01:52.609 os donos daquelas voces interiores. 00:01:53.316 --> 00:01:55.690 E a partir disto, gañaron introspección: 00:01:56.055 --> 00:01:58.538 a capacidade de pensar sobre os propios pensamentos. 00:01:59.785 --> 00:02:02.800 Así que a teoría de Jaynes é que a consciencia, 00:02:03.206 --> 00:02:05.840 polo menos da forma en que a percibimos hoxe, 00:02:06.396 --> 00:02:09.669 sentindo que somos pilotos na nosa propia existencia, 00:02:09.960 --> 00:02:12.634 é un avance cultural bastante recente. 00:02:13.456 --> 00:02:15.176 E esta teoría é formidable, 00:02:15.176 --> 00:02:16.453 mais ten un problema obvio 00:02:16.453 --> 00:02:20.460 que é o feito de estar construída sobre uns poucos exemplos moi específicos. 00:02:21.085 --> 00:02:22.848 De xeito que a pregunta é se a teoría 00:02:22.872 --> 00:02:27.057 de que a introspección desenvolvida na historia humana hai só 3.000 anos 00:02:27.647 --> 00:02:30.871 se pode examinar desde un punto de vista cuantitativo e obxectivo. 00:02:31.543 --> 00:02:34.796 E o problema de como abordar isto é bastante obvio. 00:02:35.130 --> 00:02:38.427 Non é coma se Platón se erguese un día e logo escribise. 00:02:38.614 --> 00:02:40.157 "Ola, son Platón, 00:02:40.167 --> 00:02:43.196 e desde hoxe, teño unha conciencia completamente introspectiva." 00:02:43.226 --> 00:02:44.646 (Risas) 00:02:45.527 --> 00:02:48.444 E isto, en verdade, dinos cal é a esencia do problema. 00:02:49.467 --> 00:02:53.522 Temos que atopar a emerxencia dun concepto que nunca foi dito. 00:02:54.434 --> 00:02:58.443 A palabra "introspección" non aparece nin unha soa vez 00:02:58.768 --> 00:03:00.687 nos libros que queremos analizar. 00:03:01.728 --> 00:03:05.715 Así que a nosa forma de resolvelo foi construír o espazo das palabras. 00:03:06.571 --> 00:03:09.663 Este é un gran espazo que contén todas as palabras 00:03:09.882 --> 00:03:12.422 dispostas de modo que a distancia entre dúas delas 00:03:12.708 --> 00:03:15.443 é indicativa do estreitamente relacionadas que están. 00:03:16.460 --> 00:03:17.611 Por exemplo, 00:03:17.635 --> 00:03:20.532 un espera que as palabras "can" e "gato" estean moi próximas, 00:03:20.556 --> 00:03:24.387 e que "pomelo" e "logaritmo" estean moi separadas. 00:03:24.809 --> 00:03:28.705 E isto débese cumprir para cada par de palabras dentro do espazo. 00:03:29.666 --> 00:03:32.717 E podemos construír o espazo das palabras de diferentes maneiras. 00:03:32.911 --> 00:03:34.634 Unha é preguntándolles aos expertos, 00:03:34.658 --> 00:03:36.481 un pouco como facemos cos dicionarios. 00:03:36.896 --> 00:03:38.324 Outra posibilidade 00:03:38.348 --> 00:03:41.972 é seguir a simple suposición de que cando dúas palabras están relacionadas 00:03:42.087 --> 00:03:44.306 tenden a aparecer nas mesmas frases, 00:03:44.460 --> 00:03:45.805 nos mesmos parágrafos, 00:03:45.937 --> 00:03:47.424 nos mesmos documentos, 00:03:47.731 --> 00:03:50.718 máis veces das que se esperaría por simple casualidade. 00:03:52.231 --> 00:03:53.930 E esta sinxela hipótese, 00:03:54.305 --> 00:03:55.518 este simple método, 00:03:55.635 --> 00:03:57.446 cunha serie de trucos computacionais 00:03:57.446 --> 00:03:58.655 relacionados co feito 00:03:58.679 --> 00:04:01.305 de que este é un espazo complexo e de gran dimensión, 00:04:01.767 --> 00:04:03.432 resultou ser moi efectivo. 00:04:04.155 --> 00:04:06.829 E para darvos unha mostra do ben que funciona, 00:04:06.981 --> 00:04:10.808 este é o resultado conseguido cando analizamos algunhas palabras familiares. 00:04:11.607 --> 00:04:12.792 Podedes ver primeiro 00:04:12.816 --> 00:04:15.977 que as palabras se organizan automaticamente en campos semánticos. 00:04:16.118 --> 00:04:18.334 Velaí as froitas, as partes do corpo, 00:04:18.358 --> 00:04:20.784 as partes do ordenador, os termos científicos... 00:04:21.119 --> 00:04:25.341 O algoritmo tamén identifica que organizamos conceptos en xerarquías. 00:04:25.852 --> 00:04:27.003 Por exemplo, 00:04:27.027 --> 00:04:30.624 podedes ver que os termos científicos se distribúen en dúas subcategorías 00:04:30.648 --> 00:04:32.748 de termos astronómicos e físicos. 00:04:33.338 --> 00:04:35.584 E logo temos cousas moi sutís. 00:04:35.608 --> 00:04:37.513 Por exemplo, a palabra astronomía, 00:04:37.537 --> 00:04:39.492 que parece ter unha disposición estraña, 00:04:39.492 --> 00:04:41.265 está exactamente onde debería, 00:04:41.448 --> 00:04:42.682 entre o que é, 00:04:43.067 --> 00:04:44.129 unha ciencia real, 00:04:44.361 --> 00:04:45.768 e entre o que describe, 00:04:45.921 --> 00:04:47.384 os termos astronómicos. 00:04:48.182 --> 00:04:50.073 E poderiamos seguir e seguir con isto. 00:04:50.097 --> 00:04:52.157 En verdade, se ollades para isto un anaco, 00:04:52.181 --> 00:04:54.039 e unides traxectorias aleatoriamente, 00:04:54.063 --> 00:04:57.229 veredes que se parece un pouco a facer poesía. 00:04:58.018 --> 00:04:59.900 Pasa isto porque, dalgún xeito, 00:04:59.924 --> 00:05:02.864 camiñar por este espazo é como camiñar pola mente. 00:05:04.027 --> 00:05:05.644 E por último, 00:05:05.668 --> 00:05:09.465 este algoritmo tamén identifica cales son as nosas intuicións, 00:05:09.732 --> 00:05:13.390 sobre que palabras deberían ir primeiro ao campo da introspección. 00:05:13.652 --> 00:05:14.875 Así, por exemplo, 00:05:14.899 --> 00:05:18.770 palabras como "eu," "culpa," "razón," "emoción," 00:05:18.902 --> 00:05:20.695 están moi preto de "introspección," 00:05:20.815 --> 00:05:21.966 mentres que outras, 00:05:21.990 --> 00:05:24.160 como "vermello," "fútbol," "candea," "plátano" 00:05:24.181 --> 00:05:25.425 están moi lonxe. 00:05:26.054 --> 00:05:28.343 E unha vez que construímos o espazo, 00:05:28.840 --> 00:05:31.366 a pregunta sobre a historia da introspección, 00:05:31.690 --> 00:05:33.768 ou sobre a historia de calquera concepto 00:05:34.047 --> 00:05:38.450 que antes parecía abstracta e dalgún xeito difusa, 00:05:38.850 --> 00:05:40.277 vólvese concreta, 00:05:40.478 --> 00:05:43.129 é abordable desde a ciencia cuantitativa. 00:05:44.216 --> 00:05:46.700 Todo o que temos que facer é coller os libros, 00:05:47.002 --> 00:05:48.222 dixitalizalos, 00:05:48.407 --> 00:05:50.914 e tomar este fluxo de palabras como unha traxectoria, 00:05:51.240 --> 00:05:52.969 proxectándoo no espazo, 00:05:53.233 --> 00:05:56.675 e logo preguntármonos se esta traxectoria pasa un tempo significativo 00:05:57.011 --> 00:05:59.860 circulando preto do concepto de introspección. 00:06:00.760 --> 00:06:01.956 E con isto, 00:06:01.980 --> 00:06:04.192 poderiamos analizar a historia da introspección 00:06:04.192 --> 00:06:05.957 na tradición da antiga Grecia, 00:06:06.061 --> 00:06:08.663 da cal temos o mellor rexistro escrito dispoñible. 00:06:09.631 --> 00:06:11.956 Así que o que fixemos foi coller todos os libros, 00:06:11.956 --> 00:06:13.845 ordenámolos cronoloxicamente, 00:06:14.068 --> 00:06:15.820 e de cada libro collemos as palabras 00:06:15.820 --> 00:06:17.645 e proxectámolas no espazo, 00:06:18.109 --> 00:06:21.027 logo miramos o cerca que cada palabra estaba da introspección, 00:06:21.027 --> 00:06:22.257 e fixemos unha media. 00:06:22.590 --> 00:06:25.316 Despois preguntámonos se, a medida que pasaba o tempo, 00:06:25.812 --> 00:06:28.930 eses libros se achegaban máis e máis 00:06:29.088 --> 00:06:30.509 ao concepto da introspección. 00:06:30.866 --> 00:06:34.667 E isto é exactamente o que sucede na tradición da Grecia antiga. 00:06:35.698 --> 00:06:39.035 Pódese ver que, dentro dos libros máis antigos na tradición homérica 00:06:39.035 --> 00:06:42.261 hai unha pequena aproximación á introspección. 00:06:42.505 --> 00:06:44.491 Pero uns catro séculos antes de Cristo, 00:06:44.515 --> 00:06:49.223 comeza a despegar rapidamente ata case quintuplicarse 00:06:49.247 --> 00:06:51.747 a aproximación paulatina dos libros 00:06:51.771 --> 00:06:53.453 ao concepto de introspección. 00:06:54.159 --> 00:06:56.104 E algo bo disto 00:06:56.567 --> 00:06:58.065 é que agora podémonos preguntar 00:06:58.065 --> 00:07:01.812 se isto tamén é certo nunha tradición diferente e independente. 00:07:02.962 --> 00:07:06.138 Así que empregamos esta mesma análise na tradición xudeocristiá, 00:07:06.162 --> 00:07:08.883 e obtivemos virtualmente o mesmo patrón. 00:07:09.548 --> 00:07:14.183 De novo, un pequeno aumento nos libros máis antigos do Antigo Testamento, 00:07:14.207 --> 00:07:16.121 e logo un aumento moito máis rápido 00:07:16.145 --> 00:07:17.984 nos libros do Novo Testamento. 00:07:18.008 --> 00:07:19.960 E logo chegamos ó cumio da introspección 00:07:20.064 --> 00:07:22.191 n’as “Confesións de Santo Agostiño”, 00:07:22.215 --> 00:07:24.072 uns catrocentos anos despois de Cristo. 00:07:24.897 --> 00:07:26.554 E isto foi moi importante, 00:07:26.865 --> 00:07:30.238 porque Santo Agostiño foi recoñecido por eruditos, 00:07:30.262 --> 00:07:32.174 filólogos, historiadores, 00:07:32.458 --> 00:07:34.536 como un dos fundadores da instrospección. 00:07:35.060 --> 00:07:38.357 En verdade, algúns considérano o pai da psicoloxía moderna. 00:07:39.012 --> 00:07:40.723 Así que o noso algoritmo, 00:07:40.875 --> 00:07:43.717 que ten a virtude de ser cuantitativo, 00:07:43.741 --> 00:07:44.821 de ser obxectivo, 00:07:45.028 --> 00:07:46.762 e, por suposto, sumamente veloz 00:07:47.068 --> 00:07:49.195 --opera nunha fracción de segundo-- 00:07:49.489 --> 00:07:52.660 pode captar algunhas das conclusións máis importantes 00:07:53.016 --> 00:07:55.238 desta longa tradición de investigación. 00:07:56.317 --> 00:07:59.608 E isto é dalgún xeito unha das belezas da ciencia, 00:07:59.992 --> 00:08:03.165 que é que agora esta idea pode trasladarse 00:08:03.492 --> 00:08:06.063 e estenderse a moitos dominios distintos. 00:08:06.769 --> 00:08:11.229 Así que do mesmo xeito que preguntamos sobre o pasado da percepción humana, 00:08:11.560 --> 00:08:14.745 quizais a pregunta máis complicada que podemos formularnos 00:08:14.990 --> 00:08:19.045 é se isto pode contarnos algo sobre o futuro da nosa propia consciencia. 00:08:19.550 --> 00:08:21.020 Dito de forma máis precisa, 00:08:21.044 --> 00:08:23.015 se as palabras que pronunciamos hoxe 00:08:23.484 --> 00:08:28.184 poden dicir algo sobre onde estarán as nosas mentes nuns cantos días, 00:08:28.705 --> 00:08:29.856 nuns cantos meses 00:08:29.880 --> 00:08:30.895 ou nuns cantos anos. 00:08:31.597 --> 00:08:34.522 E da mesma forma en que moitos de nós levamos sensores 00:08:34.640 --> 00:08:36.203 que nos miden o ritmo cardíaco, 00:08:36.451 --> 00:08:37.668 a respiración, 00:08:37.744 --> 00:08:38.966 os xenes, 00:08:39.434 --> 00:08:42.349 coa esperanza de que poida axudarnos a previr enfermidades, 00:08:43.030 --> 00:08:46.565 podemos preguntarnos se monitorizando e analizando as palabras que dicimos, 00:08:46.655 --> 00:08:48.960 chiamos, enviamos por correo, escribimos, 00:08:49.362 --> 00:08:54.066 estas poden indicar antes de tempo se algo vai ir mal nas nosas mentes. 00:08:55.087 --> 00:08:56.621 E canda Guillermo Cecchi, 00:08:56.645 --> 00:08:59.407 o meu irmán nesta aventura, 00:08:59.670 --> 00:09:01.172 fixémonos cargo desta tarefa. 00:09:02.228 --> 00:09:07.615 E fixémolo analizando o discurso gravado de 34 mozos 00:09:07.784 --> 00:09:10.562 que tiñan un alto risco de desenvolver esquizofrenia. 00:09:11.434 --> 00:09:13.925 O que fixemos foi medir o discurso no día un, 00:09:14.229 --> 00:09:17.549 e logo preguntarnos se as propiedades dese discurso poderían predicir, 00:09:17.605 --> 00:09:20.101 nun intervalo de case tres anos, 00:09:20.125 --> 00:09:22.160 o futuro desenvolvemento da psicose. 00:09:23.427 --> 00:09:25.793 Pero malia as nosas expectativas, 00:09:25.817 --> 00:09:28.934 acadamos un fracaso tras outro. 00:09:29.793 --> 00:09:33.410 Non había información suficiente na semántica 00:09:33.699 --> 00:09:36.313 coma para predicir a futura organización da mente. 00:09:36.516 --> 00:09:38.091 Era boa dabondo 00:09:38.349 --> 00:09:42.253 para distinguir entre un grupo de esquizofrénicos e un grupo de control, 00:09:42.548 --> 00:09:44.690 como fixeramos cos textos antigos, 00:09:45.284 --> 00:09:48.278 mais non para predicir o inicio dunha psicose. 00:09:49.164 --> 00:09:50.539 Porén, decatámonos 00:09:50.894 --> 00:09:54.542 de que quizais o máis importante non era o que estaban a dicir, 00:09:55.006 --> 00:09:56.586 senón como o dicían. 00:09:57.679 --> 00:09:58.873 Máis especificamente, 00:09:58.873 --> 00:10:01.869 non se trataba do campo semántico ao que pertencían as palabras, 00:10:01.869 --> 00:10:04.374 senón do lonxe e rápido que saltaban 00:10:04.398 --> 00:10:06.524 dun campo semántico a outro. 00:10:07.247 --> 00:10:08.792 Así que elaboramos esta medida, 00:10:08.792 --> 00:10:11.169 denominada "coherencia semántica", 00:10:11.415 --> 00:10:16.219 que basicamente mide a persistencia da fala dentro dun tema semántico, 00:10:16.243 --> 00:10:17.772 nunha categoría semántica. 00:10:19.294 --> 00:10:22.889 E resultou que neste grupo de 34 persoas, 00:10:23.365 --> 00:10:27.024 o algoritmo baseado na coherencia semántica puido predicir, 00:10:27.048 --> 00:10:29.270 cunha precisión do 100 por cento, 00:10:29.572 --> 00:10:32.079 quen desenvolvería psicose e quen non. 00:10:32.976 --> 00:10:35.913 E isto foi algo que non se puido conseguir 00:10:35.937 --> 00:10:37.445 --nin por aproximación-- 00:10:37.469 --> 00:10:40.595 con ningunha das medidas clínicas existentes. 00:10:42.525 --> 00:10:46.021 E recordo vividamente, mentres traballaba nisto, 00:10:46.128 --> 00:10:48.445 estaba eu sentado diante do ordenador 00:10:48.469 --> 00:10:50.752 e vin uns cantos chíos de Polo 00:10:51.128 --> 00:10:54.261 --Polo fora o meu primeiro estudante en Bos Aires, 00:10:54.269 --> 00:10:56.380 e naquel momento estaba a vivir en Nova York 00:10:56.413 --> 00:10:58.501 E había algo nos seus chíos 00:10:58.525 --> 00:11:01.706 --non era quen de dicir o que, non había nada explícito-- 00:11:02.050 --> 00:11:03.692 pero tiven un forte presentimento, 00:11:04.095 --> 00:11:06.969 unha forte intuición, de que algo non ía ben. 00:11:08.347 --> 00:11:11.070 Así que collín o teléfono e chameino, 00:11:11.094 --> 00:11:12.682 e era certo, non se sentía ben. 00:11:13.362 --> 00:11:15.078 E este simple feito, 00:11:15.323 --> 00:11:17.389 este ler entre liñas, 00:11:17.838 --> 00:11:21.695 este sentir, a través das palabras, os seus sentimentos, 00:11:22.124 --> 00:11:25.023 foi unha forma de axudar sinxela, pero moi efectiva. 00:11:25.987 --> 00:11:27.318 O que vos digo hoxe 00:11:27.649 --> 00:11:29.882 é que estamos preto de comprender 00:11:30.181 --> 00:11:33.528 como converter esta intuición que todos temos, 00:11:34.491 --> 00:11:35.732 que todos compartimos, 00:11:35.880 --> 00:11:37.077 nun algoritmo. 00:11:38.102 --> 00:11:39.462 E, ao facelo, 00:11:39.587 --> 00:11:43.639 poderiamos ver no futuro unha forma moi diferente de saúde mental, 00:11:44.261 --> 00:11:49.370 baseada nunha análise obxectiva, cuantitativa e automatizada 00:11:49.906 --> 00:11:51.369 das palabras que escribimos, 00:11:51.639 --> 00:11:53.073 das palabras que dicimos. 00:11:53.320 --> 00:11:54.431 Grazas. 00:11:55.075 --> 00:11:58.325 (Aplausos)