0:00:01.006,0:00:03.790 Existen rexistros históricos [br]que nos permiten saber 0:00:03.790,0:00:05.880 como vestían os antigos gregos, 0:00:06.150,0:00:07.264 como vivían, 0:00:07.458,0:00:08.600 como loitaban... 0:00:09.004,0:00:10.528 mais, como pensaban? 0:00:11.432,0:00:15.562 Unha idea natural é que os aspectos máis[br]profundos do pensamento humano 0:00:15.796,0:00:17.582 --a nosa capacidade para imaxinar, 0:00:17.792,0:00:19.056 para sermos conscientes, 0:00:19.453,0:00:20.284 para soñar-- 0:00:20.468,0:00:22.087 foron sempre os mesmos. 0:00:22.872,0:00:24.168 Outra posibilidade 0:00:24.395,0:00:27.693 é que as transformacións sociais[br]que deran forma á nosa cultura 0:00:28.142,0:00:31.927 puideran cambiar tamén as columnas[br]estruturais do pensamento humano. 0:00:32.911,0:00:35.435 Pode que todos teñamos opinións[br]diferentes sobre isto. 0:00:35.459,0:00:38.070 Realmente, trátase[br]dun vello debate filosófico. 0:00:38.644,0:00:41.346 No entanto, pode abordarse[br]esta pregunta desde a ciencia? 0:00:42.834,0:00:45.050 Gustaríame propoñer que, 0:00:45.364,0:00:49.755 do mesmo xeito que recreamos o[br]aspecto das antigas cidades gregas 0:00:50.160,0:00:52.067 a partir duns cantos ladrillos, 0:00:52.572,0:00:56.132 vexamos os escritos dunha cultura[br]como os rexistros arqueolóxicos, 0:00:56.722,0:00:58.865 os fósiles do pensamento humano. 0:00:59.905,0:01:00.944 E, de feito, 0:01:01.103,0:01:03.309 facendo algún tipo de análise psicolóxica 0:01:03.333,0:01:06.164 dalgúns dos libros máis antigos[br]da cultura humana, 0:01:07.211,0:01:11.947 Julian Jaynes suxeriu nos 70[br]unha hipótese tan arriscada como radical: 0:01:12.880,0:01:14.734 que hai só 3.000 anos, 0:01:15.317,0:01:20.205 os humanos eran[br]o que hoxe chamaríamos esquizofrénicos. 0:01:21.753,0:01:23.261 E fixo esta afirmación 0:01:23.285,0:01:26.342 baseándose en que os primeiros humanos[br]descritos neses libros 0:01:26.610,0:01:28.514 comportábanse de xeito sistemático 0:01:28.538,0:01:31.130 nas diferentes tradicións[br]e lugares do mundo, 0:01:31.578,0:01:34.709 como se escoitasen e obedecesen voces 0:01:35.134,0:01:37.798 que eles crían que procedían dos Deuses, 0:01:38.198,0:01:39.396 ou das musas... 0:01:40.063,0:01:42.832 e que hoxe chamariamos alucinacións. 0:01:43.888,0:01:46.174 E só máis tarde, co paso do tempo, 0:01:46.538,0:01:49.899 comezaron a recoñecer[br]que eles mesmos eran os creadores, 0:01:50.213,0:01:52.609 os donos daquelas voces interiores. 0:01:53.316,0:01:55.690 E a partir disto, gañaron introspección: 0:01:56.055,0:01:58.538 a capacidade de pensar[br]sobre os propios pensamentos. 0:01:59.785,0:02:02.800 Así que a teoría de Jaynes[br]é que a consciencia, 0:02:03.206,0:02:05.840 polo menos da forma[br]en que a percibimos hoxe, 0:02:06.396,0:02:09.669 sentindo que somos pilotos[br]na nosa propia existencia, 0:02:09.960,0:02:12.634 é un avance cultural bastante recente. 0:02:13.456,0:02:15.176 E esta teoría é formidable, 0:02:15.176,0:02:16.453 mais ten un problema obvio 0:02:16.453,0:02:20.460 que é o feito de estar construída[br]sobre uns poucos exemplos moi específicos. 0:02:21.085,0:02:22.848 De xeito que a pregunta é se a teoría 0:02:22.872,0:02:27.057 de que a introspección desenvolvida[br]na historia humana hai só 3.000 anos 0:02:27.647,0:02:30.871 se pode examinar desde un punto de vista[br]cuantitativo e obxectivo. 0:02:31.543,0:02:34.796 E o problema de como abordar[br]isto é bastante obvio. 0:02:35.130,0:02:38.427 Non é coma se Platón se erguese[br]un día e logo escribise. 0:02:38.614,0:02:40.157 "Ola, son Platón, 0:02:40.167,0:02:43.196 e desde hoxe, teño unha conciencia[br]completamente introspectiva." 0:02:43.226,0:02:44.646 (Risas) 0:02:45.527,0:02:48.444 E isto, en verdade, dinos[br]cal é a esencia do problema. 0:02:49.467,0:02:53.522 Temos que atopar a emerxencia[br]dun concepto que nunca foi dito. 0:02:54.434,0:02:58.443 A palabra "introspección"[br]non aparece nin unha soa vez 0:02:58.768,0:03:00.687 nos libros que queremos analizar. 0:03:01.728,0:03:05.715 Así que a nosa forma de resolvelo[br]foi construír o espazo das palabras. 0:03:06.571,0:03:09.663 Este é un gran espazo[br]que contén todas as palabras 0:03:09.882,0:03:12.422 dispostas de modo [br]que a distancia entre dúas delas 0:03:12.708,0:03:15.443 é indicativa do estreitamente[br]relacionadas que están. 0:03:16.460,0:03:17.611 Por exemplo, 0:03:17.635,0:03:20.532 un espera que as palabras[br]"can" e "gato" estean moi próximas, 0:03:20.556,0:03:24.387 e que "pomelo" e "logaritmo"[br]estean moi separadas. 0:03:24.809,0:03:28.705 E isto débese cumprir para cada[br]par de palabras dentro do espazo. 0:03:29.666,0:03:32.717 E podemos construír o espazo das palabras[br]de diferentes maneiras. 0:03:32.911,0:03:34.634 Unha é preguntándolles aos expertos, 0:03:34.658,0:03:36.481 un pouco como facemos cos dicionarios. 0:03:36.896,0:03:38.324 Outra posibilidade 0:03:38.348,0:03:41.972 é seguir a simple suposición de que[br]cando dúas palabras están relacionadas 0:03:42.087,0:03:44.306 tenden a aparecer nas mesmas frases, 0:03:44.460,0:03:45.805 nos mesmos parágrafos, 0:03:45.937,0:03:47.424 nos mesmos documentos, 0:03:47.731,0:03:50.718 máis veces das que se esperaría[br]por simple casualidade. 0:03:52.231,0:03:53.930 E esta sinxela hipótese, 0:03:54.305,0:03:55.518 este simple método, 0:03:55.635,0:03:57.446 cunha serie de trucos computacionais 0:03:57.446,0:03:58.655 relacionados co feito 0:03:58.679,0:04:01.305 de que este é un espazo complexo[br]e de gran dimensión, 0:04:01.767,0:04:03.432 resultou ser moi efectivo. 0:04:04.155,0:04:06.829 E para darvos unha mostra[br]do ben que funciona, 0:04:06.981,0:04:10.808 este é o resultado conseguido cando[br]analizamos algunhas palabras familiares. 0:04:11.607,0:04:12.792 Podedes ver primeiro 0:04:12.816,0:04:15.977 que as palabras se organizan [br]automaticamente en campos semánticos. 0:04:16.118,0:04:18.334 Velaí as froitas, as partes do corpo, 0:04:18.358,0:04:20.784 as partes do ordenador,[br]os termos científicos... 0:04:21.119,0:04:25.341 O algoritmo tamén identifica[br]que organizamos conceptos en xerarquías. 0:04:25.852,0:04:27.003 Por exemplo, 0:04:27.027,0:04:30.624 podedes ver que os termos científicos[br]se distribúen en dúas subcategorías 0:04:30.648,0:04:32.748 de termos astronómicos e físicos. 0:04:33.338,0:04:35.584 E logo temos cousas moi sutís. 0:04:35.608,0:04:37.513 Por exemplo, a palabra astronomía, 0:04:37.537,0:04:39.492 que parece ter unha disposición estraña, 0:04:39.492,0:04:41.265 está exactamente onde debería, 0:04:41.448,0:04:42.682 entre o que é, 0:04:43.067,0:04:44.129 unha ciencia real, 0:04:44.361,0:04:45.768 e entre o que describe, 0:04:45.921,0:04:47.384 os termos astronómicos. 0:04:48.182,0:04:50.073 E poderiamos seguir e seguir con isto. 0:04:50.097,0:04:52.157 En verdade, se ollades para isto un anaco, 0:04:52.181,0:04:54.039 e unides traxectorias aleatoriamente, 0:04:54.063,0:04:57.229 veredes que se parece[br]un pouco a facer poesía. 0:04:58.018,0:04:59.900 Pasa isto porque, dalgún xeito, 0:04:59.924,0:05:02.864 camiñar por este espazo[br]é como camiñar pola mente. 0:05:04.027,0:05:05.644 E por último, 0:05:05.668,0:05:09.465 este algoritmo tamén identifica[br]cales son as nosas intuicións, 0:05:09.732,0:05:13.390 sobre que palabras deberían ir primeiro[br]ao campo da introspección. 0:05:13.652,0:05:14.875 Así, por exemplo, 0:05:14.899,0:05:18.770 palabras como "eu," "culpa,"[br]"razón," "emoción," 0:05:18.902,0:05:20.695 están moi preto de "introspección," 0:05:20.815,0:05:21.966 mentres que outras, 0:05:21.990,0:05:24.160 como "vermello," "fútbol,"[br]"candea," "plátano" 0:05:24.181,0:05:25.425 están moi lonxe. 0:05:26.054,0:05:28.343 E unha vez que construímos o espazo, 0:05:28.840,0:05:31.366 a pregunta sobre a historia[br]da introspección, 0:05:31.690,0:05:33.768 ou sobre a historia de calquera concepto 0:05:34.047,0:05:38.450 que antes parecía abstracta e[br]dalgún xeito difusa, 0:05:38.850,0:05:40.277 vólvese concreta, 0:05:40.478,0:05:43.129 é abordable desde a ciencia cuantitativa. 0:05:44.216,0:05:46.700 Todo o que temos que facer é[br]coller os libros, 0:05:47.002,0:05:48.222 dixitalizalos, 0:05:48.407,0:05:50.914 e tomar este fluxo de palabras[br]como unha traxectoria, 0:05:51.240,0:05:52.969 proxectándoo no espazo, 0:05:53.233,0:05:56.675 e logo preguntármonos se esta traxectoria[br]pasa un tempo significativo 0:05:57.011,0:05:59.860 circulando preto do concepto[br]de introspección. 0:06:00.760,0:06:01.956 E con isto, 0:06:01.980,0:06:04.192 poderiamos analizar[br]a historia da introspección 0:06:04.192,0:06:05.957 na tradición da antiga Grecia, 0:06:06.061,0:06:08.663 da cal temos o mellor rexistro[br]escrito dispoñible. 0:06:09.631,0:06:11.956 Así que o que fixemos foi[br]coller todos os libros, 0:06:11.956,0:06:13.845 ordenámolos cronoloxicamente, 0:06:14.068,0:06:15.820 e de cada libro collemos as palabras 0:06:15.820,0:06:17.645 e proxectámolas no espazo, 0:06:18.109,0:06:21.027 logo miramos o cerca[br]que cada palabra estaba da introspección, 0:06:21.027,0:06:22.257 e fixemos unha media. 0:06:22.590,0:06:25.316 Despois preguntámonos se,[br]a medida que pasaba o tempo, 0:06:25.812,0:06:28.930 eses libros se achegaban máis e máis 0:06:29.088,0:06:30.509 ao concepto da introspección. 0:06:30.866,0:06:34.667 E isto é exactamente o que sucede[br]na tradición da Grecia antiga. 0:06:35.698,0:06:39.035 Pódese ver que, dentro dos libros[br]máis antigos na tradición homérica 0:06:39.035,0:06:42.261 hai unha pequena aproximación[br]á introspección. 0:06:42.505,0:06:44.491 Pero uns catro séculos antes de Cristo, 0:06:44.515,0:06:49.223 comeza a despegar rapidamente[br]ata case quintuplicarse 0:06:49.247,0:06:51.747 a aproximación paulatina dos libros 0:06:51.771,0:06:53.453 ao concepto de introspección. 0:06:54.159,0:06:56.104 E algo bo disto 0:06:56.567,0:06:58.065 é que agora podémonos preguntar 0:06:58.065,0:07:01.812 se isto tamén é certo nunha tradición[br]diferente e independente. 0:07:02.962,0:07:06.138 Así que empregamos esta mesma análise[br]na tradición xudeocristiá, 0:07:06.162,0:07:08.883 e obtivemos virtualmente o mesmo patrón. 0:07:09.548,0:07:14.183 De novo, un pequeno aumento nos libros[br]máis antigos do Antigo Testamento, 0:07:14.207,0:07:16.121 e logo un aumento moito máis rápido 0:07:16.145,0:07:17.984 nos libros do Novo Testamento. 0:07:18.008,0:07:19.960 E logo chegamos ó cumio da introspección 0:07:20.064,0:07:22.191 n’as “Confesións de Santo Agostiño”, 0:07:22.215,0:07:24.072 uns catrocentos anos despois de Cristo. 0:07:24.897,0:07:26.554 E isto foi moi importante, 0:07:26.865,0:07:30.238 porque Santo Agostiño[br]foi recoñecido por eruditos, 0:07:30.262,0:07:32.174 filólogos, historiadores, 0:07:32.458,0:07:34.536 como un dos fundadores da instrospección. 0:07:35.060,0:07:38.357 En verdade, algúns considérano[br]o pai da psicoloxía moderna. 0:07:39.012,0:07:40.723 Así que o noso algoritmo, 0:07:40.875,0:07:43.717 que ten a virtude de ser cuantitativo, 0:07:43.741,0:07:44.821 de ser obxectivo, 0:07:45.028,0:07:46.762 e, por suposto, sumamente veloz 0:07:47.068,0:07:49.195 --opera nunha fracción de segundo-- 0:07:49.489,0:07:52.660 pode captar algunhas[br]das conclusións máis importantes 0:07:53.016,0:07:55.238 desta longa tradición de investigación. 0:07:56.317,0:07:59.608 E isto é dalgún xeito[br]unha das belezas da ciencia, 0:07:59.992,0:08:03.165 que é que agora esta idea pode trasladarse 0:08:03.492,0:08:06.063 e estenderse a moitos dominios distintos. 0:08:06.769,0:08:11.229 Así que do mesmo xeito que preguntamos[br]sobre o pasado da percepción humana, 0:08:11.560,0:08:14.745 quizais a pregunta máis complicada[br]que podemos formularnos 0:08:14.990,0:08:19.045 é se isto pode contarnos algo[br]sobre o futuro da nosa propia consciencia. 0:08:19.550,0:08:21.020 Dito de forma máis precisa, 0:08:21.044,0:08:23.015 se as palabras que pronunciamos hoxe 0:08:23.484,0:08:28.184 poden dicir algo sobre onde estarán[br]as nosas mentes nuns cantos días, 0:08:28.705,0:08:29.856 nuns cantos meses 0:08:29.880,0:08:30.895 ou nuns cantos anos. 0:08:31.597,0:08:34.522 E da mesma forma en que moitos de nós[br]levamos sensores 0:08:34.640,0:08:36.203 que nos miden o ritmo cardíaco, 0:08:36.451,0:08:37.668 a respiración, 0:08:37.744,0:08:38.966 os xenes, 0:08:39.434,0:08:42.349 coa esperanza de que poida axudarnos[br]a previr enfermidades, 0:08:43.030,0:08:46.565 podemos preguntarnos se monitorizando[br]e analizando as palabras que dicimos, 0:08:46.655,0:08:48.960 chiamos, enviamos por correo, escribimos, 0:08:49.362,0:08:54.066 estas poden indicar antes de tempo[br]se algo vai ir mal nas nosas mentes. 0:08:55.087,0:08:56.621 E canda Guillermo Cecchi, 0:08:56.645,0:08:59.407 o meu irmán nesta aventura, 0:08:59.670,0:09:01.172 fixémonos cargo desta tarefa. 0:09:02.228,0:09:07.615 E fixémolo analizando [br]o discurso gravado de 34 mozos 0:09:07.784,0:09:10.562 que tiñan un alto risco[br]de desenvolver esquizofrenia. 0:09:11.434,0:09:13.925 O que fixemos foi medir[br]o discurso no día un, 0:09:14.229,0:09:17.549 e logo preguntarnos se as propiedades[br]dese discurso poderían predicir, 0:09:17.605,0:09:20.101 nun intervalo de case tres anos, 0:09:20.125,0:09:22.160 o futuro desenvolvemento da psicose. 0:09:23.427,0:09:25.793 Pero malia as nosas expectativas, 0:09:25.817,0:09:28.934 acadamos un fracaso tras outro. 0:09:29.793,0:09:33.410 Non había información [br]suficiente na semántica 0:09:33.699,0:09:36.313 coma para predicir[br]a futura organización da mente. 0:09:36.516,0:09:38.091 Era boa dabondo 0:09:38.349,0:09:42.253 para distinguir entre un grupo[br]de esquizofrénicos e un grupo de control, 0:09:42.548,0:09:44.690 como fixeramos cos textos antigos, 0:09:45.284,0:09:48.278 mais non para predicir[br]o inicio dunha psicose. 0:09:49.164,0:09:50.539 Porén, decatámonos 0:09:50.894,0:09:54.542 de que quizais o máis importante [br]non era o que estaban a dicir, 0:09:55.006,0:09:56.586 senón como o dicían. 0:09:57.679,0:09:58.873 Máis especificamente, 0:09:58.873,0:10:01.869 non se trataba do campo semántico[br]ao que pertencían as palabras, 0:10:01.869,0:10:04.374 senón do lonxe e rápido que saltaban 0:10:04.398,0:10:06.524 dun campo semántico a outro. 0:10:07.247,0:10:08.792 Así que elaboramos esta medida, 0:10:08.792,0:10:11.169 denominada "coherencia semántica", 0:10:11.415,0:10:16.219 que basicamente mide a persistencia[br]da fala dentro dun tema semántico, 0:10:16.243,0:10:17.772 nunha categoría semántica. 0:10:19.294,0:10:22.889 E resultou que neste grupo de 34 persoas, 0:10:23.365,0:10:27.024 o algoritmo baseado[br]na coherencia semántica puido predicir, 0:10:27.048,0:10:29.270 cunha precisión do 100 por cento, 0:10:29.572,0:10:32.079 quen desenvolvería psicose e quen non. 0:10:32.976,0:10:35.913 E isto foi algo que non se puido conseguir 0:10:35.937,0:10:37.445 --nin por aproximación-- 0:10:37.469,0:10:40.595 con ningunha [br]das medidas clínicas existentes. 0:10:42.525,0:10:46.021 E recordo vividamente,[br]mentres traballaba nisto, 0:10:46.128,0:10:48.445 estaba eu sentado diante do ordenador 0:10:48.469,0:10:50.752 e vin uns cantos chíos de Polo 0:10:51.128,0:10:54.261 --Polo fora o meu primeiro estudante[br]en Bos Aires, 0:10:54.269,0:10:56.380 e naquel momento[br]estaba a vivir en Nova York 0:10:56.413,0:10:58.501 E había algo nos seus chíos 0:10:58.525,0:11:01.706 --non era quen de dicir o que,[br]non había nada explícito-- 0:11:02.050,0:11:03.692 pero tiven un forte presentimento, 0:11:04.095,0:11:06.969 unha forte intuición, [br]de que algo non ía ben. 0:11:08.347,0:11:11.070 Así que collín o teléfono e chameino, 0:11:11.094,0:11:12.682 e era certo, non se sentía ben. 0:11:13.362,0:11:15.078 E este simple feito, 0:11:15.323,0:11:17.389 este ler entre liñas, 0:11:17.838,0:11:21.695 este sentir, a través das palabras,[br]os seus sentimentos, 0:11:22.124,0:11:25.023 foi unha forma de axudar[br]sinxela, pero moi efectiva. 0:11:25.987,0:11:27.318 O que vos digo hoxe 0:11:27.649,0:11:29.882 é que estamos preto de comprender 0:11:30.181,0:11:33.528 como converter esta intuición[br]que todos temos, 0:11:34.491,0:11:35.732 que todos compartimos, 0:11:35.880,0:11:37.077 nun algoritmo. 0:11:38.102,0:11:39.462 E, ao facelo, 0:11:39.587,0:11:43.639 poderiamos ver no futuro [br]unha forma moi diferente de saúde mental, 0:11:44.261,0:11:49.370 baseada nunha análise obxectiva,[br]cuantitativa e automatizada 0:11:49.906,0:11:51.369 das palabras que escribimos, 0:11:51.639,0:11:53.073 das palabras que dicimos. 0:11:53.320,0:11:54.431 Grazas. 0:11:55.075,0:11:58.325 (Aplausos)