< Return to Video

As túas palabras poderían predicir a túa futura saúde mental

  • 0:01 - 0:04
    Existen rexistros históricos
    que nos permiten saber
  • 0:04 - 0:06
    como vestían os antigos gregos,
  • 0:06 - 0:07
    como vivían,
  • 0:07 - 0:09
    como loitaban...
  • 0:09 - 0:11
    mais, como pensaban?
  • 0:11 - 0:16
    Unha idea natural é que os aspectos máis
    profundos do pensamento humano
  • 0:16 - 0:18
    --a nosa capacidade para imaxinar,
  • 0:18 - 0:19
    para sermos conscientes,
  • 0:19 - 0:20
    para soñar--
  • 0:20 - 0:22
    foron sempre os mesmos.
  • 0:23 - 0:24
    Outra posibilidade
  • 0:24 - 0:28
    é que as transformacións sociais
    que deran forma á nosa cultura
  • 0:28 - 0:32
    puideran cambiar tamén as columnas
    estruturais do pensamento humano.
  • 0:33 - 0:35
    Pode que todos teñamos opinións
    diferentes sobre isto.
  • 0:35 - 0:38
    Realmente, trátase
    dun vello debate filosófico.
  • 0:39 - 0:41
    No entanto, pode abordarse
    esta pregunta desde a ciencia?
  • 0:43 - 0:45
    Gustaríame propoñer que,
  • 0:45 - 0:50
    do mesmo xeito que recreamos o
    aspecto das antigas cidades gregas
  • 0:50 - 0:52
    a partir duns cantos ladrillos,
  • 0:53 - 0:56
    vexamos os escritos dunha cultura
    como os rexistros arqueolóxicos,
  • 0:57 - 0:59
    os fósiles do pensamento humano.
  • 1:00 - 1:01
    E, de feito,
  • 1:01 - 1:03
    facendo algún tipo de análise psicolóxica
  • 1:03 - 1:06
    dalgúns dos libros máis antigos
    da cultura humana,
  • 1:07 - 1:12
    Julian Jaynes suxeriu nos 70
    unha hipótese tan arriscada como radical:
  • 1:13 - 1:15
    que hai só 3.000 anos,
  • 1:15 - 1:20
    os humanos eran
    o que hoxe chamaríamos esquizofrénicos.
  • 1:22 - 1:23
    E fixo esta afirmación
  • 1:23 - 1:26
    baseándose en que os primeiros humanos
    descritos neses libros
  • 1:27 - 1:29
    comportábanse de xeito sistemático
  • 1:29 - 1:31
    nas diferentes tradicións
    e lugares do mundo,
  • 1:32 - 1:35
    como se escoitasen e obedecesen voces
  • 1:35 - 1:38
    que eles crían que procedían dos Deuses,
  • 1:38 - 1:39
    ou das musas...
  • 1:40 - 1:43
    e que hoxe chamariamos alucinacións.
  • 1:44 - 1:46
    E só máis tarde, co paso do tempo,
  • 1:47 - 1:50
    comezaron a recoñecer
    que eles mesmos eran os creadores,
  • 1:50 - 1:53
    os donos daquelas voces interiores.
  • 1:53 - 1:56
    E a partir disto, gañaron introspección:
  • 1:56 - 1:59
    a capacidade de pensar
    sobre os propios pensamentos.
  • 2:00 - 2:03
    Así que a teoría de Jaynes
    é que a consciencia,
  • 2:03 - 2:06
    polo menos da forma
    en que a percibimos hoxe,
  • 2:06 - 2:10
    sentindo que somos pilotos
    na nosa propia existencia,
  • 2:10 - 2:13
    é un avance cultural bastante recente.
  • 2:13 - 2:15
    E esta teoría é formidable,
  • 2:15 - 2:16
    mais ten un problema obvio
  • 2:16 - 2:20
    que é o feito de estar construída
    sobre uns poucos exemplos moi específicos.
  • 2:21 - 2:23
    De xeito que a pregunta é se a teoría
  • 2:23 - 2:27
    de que a introspección desenvolvida
    na historia humana hai só 3.000 anos
  • 2:28 - 2:31
    se pode examinar desde un punto de vista
    cuantitativo e obxectivo.
  • 2:32 - 2:35
    E o problema de como abordar
    isto é bastante obvio.
  • 2:35 - 2:38
    Non é coma se Platón se erguese
    un día e logo escribise.
  • 2:39 - 2:40
    "Ola, son Platón,
  • 2:40 - 2:43
    e desde hoxe, teño unha conciencia
    completamente introspectiva."
  • 2:43 - 2:45
    (Risas)
  • 2:46 - 2:48
    E isto, en verdade, dinos
    cal é a esencia do problema.
  • 2:49 - 2:54
    Temos que atopar a emerxencia
    dun concepto que nunca foi dito.
  • 2:54 - 2:58
    A palabra "introspección"
    non aparece nin unha soa vez
  • 2:59 - 3:01
    nos libros que queremos analizar.
  • 3:02 - 3:06
    Así que a nosa forma de resolvelo
    foi construír o espazo das palabras.
  • 3:07 - 3:10
    Este é un gran espazo
    que contén todas as palabras
  • 3:10 - 3:12
    dispostas de modo
    que a distancia entre dúas delas
  • 3:13 - 3:15
    é indicativa do estreitamente
    relacionadas que están.
  • 3:16 - 3:18
    Por exemplo,
  • 3:18 - 3:21
    un espera que as palabras
    "can" e "gato" estean moi próximas,
  • 3:21 - 3:24
    e que "pomelo" e "logaritmo"
    estean moi separadas.
  • 3:25 - 3:29
    E isto débese cumprir para cada
    par de palabras dentro do espazo.
  • 3:30 - 3:33
    E podemos construír o espazo das palabras
    de diferentes maneiras.
  • 3:33 - 3:35
    Unha é preguntándolles aos expertos,
  • 3:35 - 3:36
    un pouco como facemos cos dicionarios.
  • 3:37 - 3:38
    Outra posibilidade
  • 3:38 - 3:42
    é seguir a simple suposición de que
    cando dúas palabras están relacionadas
  • 3:42 - 3:44
    tenden a aparecer nas mesmas frases,
  • 3:44 - 3:46
    nos mesmos parágrafos,
  • 3:46 - 3:47
    nos mesmos documentos,
  • 3:48 - 3:51
    máis veces das que se esperaría
    por simple casualidade.
  • 3:52 - 3:54
    E esta sinxela hipótese,
  • 3:54 - 3:56
    este simple método,
  • 3:56 - 3:57
    cunha serie de trucos computacionais
  • 3:57 - 3:59
    relacionados co feito
  • 3:59 - 4:01
    de que este é un espazo complexo
    e de gran dimensión,
  • 4:02 - 4:03
    resultou ser moi efectivo.
  • 4:04 - 4:07
    E para darvos unha mostra
    do ben que funciona,
  • 4:07 - 4:11
    este é o resultado conseguido cando
    analizamos algunhas palabras familiares.
  • 4:12 - 4:13
    Podedes ver primeiro
  • 4:13 - 4:16
    que as palabras se organizan
    automaticamente en campos semánticos.
  • 4:16 - 4:18
    Velaí as froitas, as partes do corpo,
  • 4:18 - 4:21
    as partes do ordenador,
    os termos científicos...
  • 4:21 - 4:25
    O algoritmo tamén identifica
    que organizamos conceptos en xerarquías.
  • 4:26 - 4:27
    Por exemplo,
  • 4:27 - 4:31
    podedes ver que os termos científicos
    se distribúen en dúas subcategorías
  • 4:31 - 4:33
    de termos astronómicos e físicos.
  • 4:33 - 4:36
    E logo temos cousas moi sutís.
  • 4:36 - 4:38
    Por exemplo, a palabra astronomía,
  • 4:38 - 4:39
    que parece ter unha disposición estraña,
  • 4:39 - 4:41
    está exactamente onde debería,
  • 4:41 - 4:43
    entre o que é,
  • 4:43 - 4:44
    unha ciencia real,
  • 4:44 - 4:46
    e entre o que describe,
  • 4:46 - 4:47
    os termos astronómicos.
  • 4:48 - 4:50
    E poderiamos seguir e seguir con isto.
  • 4:50 - 4:52
    En verdade, se ollades para isto un anaco,
  • 4:52 - 4:54
    e unides traxectorias aleatoriamente,
  • 4:54 - 4:57
    veredes que se parece
    un pouco a facer poesía.
  • 4:58 - 5:00
    Pasa isto porque, dalgún xeito,
  • 5:00 - 5:03
    camiñar por este espazo
    é como camiñar pola mente.
  • 5:04 - 5:06
    E por último,
  • 5:06 - 5:09
    este algoritmo tamén identifica
    cales son as nosas intuicións,
  • 5:10 - 5:13
    sobre que palabras deberían ir primeiro
    ao campo da introspección.
  • 5:14 - 5:15
    Así, por exemplo,
  • 5:15 - 5:19
    palabras como "eu," "culpa,"
    "razón," "emoción,"
  • 5:19 - 5:21
    están moi preto de "introspección,"
  • 5:21 - 5:22
    mentres que outras,
  • 5:22 - 5:24
    como "vermello," "fútbol,"
    "candea," "plátano"
  • 5:24 - 5:25
    están moi lonxe.
  • 5:26 - 5:28
    E unha vez que construímos o espazo,
  • 5:29 - 5:31
    a pregunta sobre a historia
    da introspección,
  • 5:32 - 5:34
    ou sobre a historia de calquera concepto
  • 5:34 - 5:38
    que antes parecía abstracta e
    dalgún xeito difusa,
  • 5:39 - 5:40
    vólvese concreta,
  • 5:40 - 5:43
    é abordable desde a ciencia cuantitativa.
  • 5:44 - 5:47
    Todo o que temos que facer é
    coller os libros,
  • 5:47 - 5:48
    dixitalizalos,
  • 5:48 - 5:51
    e tomar este fluxo de palabras
    como unha traxectoria,
  • 5:51 - 5:53
    proxectándoo no espazo,
  • 5:53 - 5:57
    e logo preguntármonos se esta traxectoria
    pasa un tempo significativo
  • 5:57 - 6:00
    circulando preto do concepto
    de introspección.
  • 6:01 - 6:02
    E con isto,
  • 6:02 - 6:04
    poderiamos analizar
    a historia da introspección
  • 6:04 - 6:06
    na tradición da antiga Grecia,
  • 6:06 - 6:09
    da cal temos o mellor rexistro
    escrito dispoñible.
  • 6:10 - 6:12
    Así que o que fixemos foi
    coller todos os libros,
  • 6:12 - 6:14
    ordenámolos cronoloxicamente,
  • 6:14 - 6:16
    e de cada libro collemos as palabras
  • 6:16 - 6:18
    e proxectámolas no espazo,
  • 6:18 - 6:21
    logo miramos o cerca
    que cada palabra estaba da introspección,
  • 6:21 - 6:22
    e fixemos unha media.
  • 6:23 - 6:25
    Despois preguntámonos se,
    a medida que pasaba o tempo,
  • 6:26 - 6:29
    eses libros se achegaban máis e máis
  • 6:29 - 6:31
    ao concepto da introspección.
  • 6:31 - 6:35
    E isto é exactamente o que sucede
    na tradición da Grecia antiga.
  • 6:36 - 6:39
    Pódese ver que, dentro dos libros
    máis antigos na tradición homérica
  • 6:39 - 6:42
    hai unha pequena aproximación
    á introspección.
  • 6:43 - 6:44
    Pero uns catro séculos antes de Cristo,
  • 6:45 - 6:49
    comeza a despegar rapidamente
    ata case quintuplicarse
  • 6:49 - 6:52
    a aproximación paulatina dos libros
  • 6:52 - 6:53
    ao concepto de introspección.
  • 6:54 - 6:56
    E algo bo disto
  • 6:57 - 6:58
    é que agora podémonos preguntar
  • 6:58 - 7:02
    se isto tamén é certo nunha tradición
    diferente e independente.
  • 7:03 - 7:06
    Así que empregamos esta mesma análise
    na tradición xudeocristiá,
  • 7:06 - 7:09
    e obtivemos virtualmente o mesmo patrón.
  • 7:10 - 7:14
    De novo, un pequeno aumento nos libros
    máis antigos do Antigo Testamento,
  • 7:14 - 7:16
    e logo un aumento moito máis rápido
  • 7:16 - 7:18
    nos libros do Novo Testamento.
  • 7:18 - 7:20
    E logo chegamos ó cumio da introspección
  • 7:20 - 7:22
    n’as “Confesións de Santo Agostiño”,
  • 7:22 - 7:24
    uns catrocentos anos despois de Cristo.
  • 7:25 - 7:27
    E isto foi moi importante,
  • 7:27 - 7:30
    porque Santo Agostiño
    foi recoñecido por eruditos,
  • 7:30 - 7:32
    filólogos, historiadores,
  • 7:32 - 7:35
    como un dos fundadores da instrospección.
  • 7:35 - 7:38
    En verdade, algúns considérano
    o pai da psicoloxía moderna.
  • 7:39 - 7:41
    Así que o noso algoritmo,
  • 7:41 - 7:44
    que ten a virtude de ser cuantitativo,
  • 7:44 - 7:45
    de ser obxectivo,
  • 7:45 - 7:47
    e, por suposto, sumamente veloz
  • 7:47 - 7:49
    --opera nunha fracción de segundo--
  • 7:49 - 7:53
    pode captar algunhas
    das conclusións máis importantes
  • 7:53 - 7:55
    desta longa tradición de investigación.
  • 7:56 - 8:00
    E isto é dalgún xeito
    unha das belezas da ciencia,
  • 8:00 - 8:03
    que é que agora esta idea pode trasladarse
  • 8:03 - 8:06
    e estenderse a moitos dominios distintos.
  • 8:07 - 8:11
    Así que do mesmo xeito que preguntamos
    sobre o pasado da percepción humana,
  • 8:12 - 8:15
    quizais a pregunta máis complicada
    que podemos formularnos
  • 8:15 - 8:19
    é se isto pode contarnos algo
    sobre o futuro da nosa propia consciencia.
  • 8:20 - 8:21
    Dito de forma máis precisa,
  • 8:21 - 8:23
    se as palabras que pronunciamos hoxe
  • 8:23 - 8:28
    poden dicir algo sobre onde estarán
    as nosas mentes nuns cantos días,
  • 8:29 - 8:30
    nuns cantos meses
  • 8:30 - 8:31
    ou nuns cantos anos.
  • 8:32 - 8:35
    E da mesma forma en que moitos de nós
    levamos sensores
  • 8:35 - 8:36
    que nos miden o ritmo cardíaco,
  • 8:36 - 8:38
    a respiración,
  • 8:38 - 8:39
    os xenes,
  • 8:39 - 8:42
    coa esperanza de que poida axudarnos
    a previr enfermidades,
  • 8:43 - 8:47
    podemos preguntarnos se monitorizando
    e analizando as palabras que dicimos,
  • 8:47 - 8:49
    chiamos, enviamos por correo, escribimos,
  • 8:49 - 8:54
    estas poden indicar antes de tempo
    se algo vai ir mal nas nosas mentes.
  • 8:55 - 8:57
    E canda Guillermo Cecchi,
  • 8:57 - 8:59
    o meu irmán nesta aventura,
  • 9:00 - 9:01
    fixémonos cargo desta tarefa.
  • 9:02 - 9:08
    E fixémolo analizando
    o discurso gravado de 34 mozos
  • 9:08 - 9:11
    que tiñan un alto risco
    de desenvolver esquizofrenia.
  • 9:11 - 9:14
    O que fixemos foi medir
    o discurso no día un,
  • 9:14 - 9:18
    e logo preguntarnos se as propiedades
    dese discurso poderían predicir,
  • 9:18 - 9:20
    nun intervalo de case tres anos,
  • 9:20 - 9:22
    o futuro desenvolvemento da psicose.
  • 9:23 - 9:26
    Pero malia as nosas expectativas,
  • 9:26 - 9:29
    acadamos un fracaso tras outro.
  • 9:30 - 9:33
    Non había información
    suficiente na semántica
  • 9:34 - 9:36
    coma para predicir
    a futura organización da mente.
  • 9:37 - 9:38
    Era boa dabondo
  • 9:38 - 9:42
    para distinguir entre un grupo
    de esquizofrénicos e un grupo de control,
  • 9:43 - 9:45
    como fixeramos cos textos antigos,
  • 9:45 - 9:48
    mais non para predicir
    o inicio dunha psicose.
  • 9:49 - 9:51
    Porén, decatámonos
  • 9:51 - 9:55
    de que quizais o máis importante
    non era o que estaban a dicir,
  • 9:55 - 9:57
    senón como o dicían.
  • 9:58 - 9:59
    Máis especificamente,
  • 9:59 - 10:02
    non se trataba do campo semántico
    ao que pertencían as palabras,
  • 10:02 - 10:04
    senón do lonxe e rápido que saltaban
  • 10:04 - 10:07
    dun campo semántico a outro.
  • 10:07 - 10:09
    Así que elaboramos esta medida,
  • 10:09 - 10:11
    denominada "coherencia semántica",
  • 10:11 - 10:16
    que basicamente mide a persistencia
    da fala dentro dun tema semántico,
  • 10:16 - 10:18
    nunha categoría semántica.
  • 10:19 - 10:23
    E resultou que neste grupo de 34 persoas,
  • 10:23 - 10:27
    o algoritmo baseado
    na coherencia semántica puido predicir,
  • 10:27 - 10:29
    cunha precisión do 100 por cento,
  • 10:30 - 10:32
    quen desenvolvería psicose e quen non.
  • 10:33 - 10:36
    E isto foi algo que non se puido conseguir
  • 10:36 - 10:37
    --nin por aproximación--
  • 10:37 - 10:41
    con ningunha
    das medidas clínicas existentes.
  • 10:43 - 10:46
    E recordo vividamente,
    mentres traballaba nisto,
  • 10:46 - 10:48
    estaba eu sentado diante do ordenador
  • 10:48 - 10:51
    e vin uns cantos chíos de Polo
  • 10:51 - 10:54
    --Polo fora o meu primeiro estudante
    en Bos Aires,
  • 10:54 - 10:56
    e naquel momento
    estaba a vivir en Nova York
  • 10:56 - 10:59
    E había algo nos seus chíos
  • 10:59 - 11:02
    --non era quen de dicir o que,
    non había nada explícito--
  • 11:02 - 11:04
    pero tiven un forte presentimento,
  • 11:04 - 11:07
    unha forte intuición,
    de que algo non ía ben.
  • 11:08 - 11:11
    Así que collín o teléfono e chameino,
  • 11:11 - 11:13
    e era certo, non se sentía ben.
  • 11:13 - 11:15
    E este simple feito,
  • 11:15 - 11:17
    este ler entre liñas,
  • 11:18 - 11:22
    este sentir, a través das palabras,
    os seus sentimentos,
  • 11:22 - 11:25
    foi unha forma de axudar
    sinxela, pero moi efectiva.
  • 11:26 - 11:27
    O que vos digo hoxe
  • 11:28 - 11:30
    é que estamos preto de comprender
  • 11:30 - 11:34
    como converter esta intuición
    que todos temos,
  • 11:34 - 11:36
    que todos compartimos,
  • 11:36 - 11:37
    nun algoritmo.
  • 11:38 - 11:39
    E, ao facelo,
  • 11:40 - 11:44
    poderiamos ver no futuro
    unha forma moi diferente de saúde mental,
  • 11:44 - 11:49
    baseada nunha análise obxectiva,
    cuantitativa e automatizada
  • 11:50 - 11:51
    das palabras que escribimos,
  • 11:52 - 11:53
    das palabras que dicimos.
  • 11:53 - 11:54
    Grazas.
  • 11:55 - 11:58
    (Aplausos)
Title:
As túas palabras poderían predicir a túa futura saúde mental
Speaker:
Mariano Sigman
Description:

Pode a forma en que falas e escribes hoxe predicir o teu estado mental futuro? Incluso o comezo dunha psicose? Nesta fascinante charla, o neurocientífico Mariano Sigman reflexiona acerca da Grecia clásica e as orixes da introspección para investigar como as nosas palabras amosan a nosa vida interior e explica con detalle un algoritmo de mapeamento de palabras que podería predicir o desenvolvemento da esquizofrenia. "Poderíamos ver no futuro unha forma diferente de saúde mental," di Sigman, "baseada na análise obxectiva, cuantitativa e automatizada das palabras que escribimos, das palabras que pronunciamos."

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
12:14
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Your words may predict your future mental health
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Your words may predict your future mental health
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Your words may predict your future mental health
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Your words may predict your future mental health
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Your words may predict your future mental health
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Your words may predict your future mental health
Enara Caride edited Galician subtitles for Your words may predict your future mental health
Enara Caride edited Galician subtitles for Your words may predict your future mental health
Show all

Galician subtitles

Revisions

  • Revision 25 Edited
    Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela