Non deberías ter que escoller entre tomar a medicación e pagar facturas
-
0:01 - 0:03A diario neste país
-
0:03 - 0:06moitas familias son obrigadas
a tomar decisións imposibles -
0:06 - 0:08cando se trata da atención médica.
-
0:08 - 0:10Como Kimberly, que dixo:
-
0:11 - 0:15''Houbo veces que tiven que escoller
entre a comida ou as pastillas. -
0:16 - 0:19Non eran luxos porque non gañaba tanto.
-
0:19 - 0:22Era como, 'Podo mercar xampú
ou acondicionador?' -
0:23 - 0:24Cousas que dás por sentado''.
-
0:24 - 0:27E Debbie, que dixo:
-
0:27 - 0:30''Pos o medicamento nunha man,
-
0:30 - 0:32os teus gastos diarios na outra
-
0:33 - 0:35Que fago?
-
0:36 - 0:37Vou polo medicamento
-
0:37 - 0:39ou pago as facturas?
-
0:39 - 0:41Non podo vivir sen o medicamento
-
0:42 - 0:45tampouco se non pago as facturas''.
-
0:45 - 0:49Dez mil persoas morren cada mes no país
-
0:49 - 0:52por non tomaren
o medicamento que necesitan. -
0:53 - 0:55Morre máis xente por non medicarse
-
0:56 - 1:01que por sobredoses de opiáceos
e accidentes de coche xuntos. -
1:01 - 1:05Pero non podes tomar o medicamento
se non podes pagalo. -
1:05 - 1:10Hoxe, o fogar medio gasta
3000 dólares ao ano -
1:10 - 1:12en medicamentos.
-
1:12 - 1:15Preto dun terzo das persoas
non teñen seguro médico -
1:15 - 1:18dixeron que pararon de tomar
os medicamentos prescritos -
1:19 - 1:20por culpa do que custaban.
-
1:20 - 1:22Mesmo entre as persoas con seguro
-
1:23 - 1:26se gañan menos de 35 000 dólares ao ano
-
1:26 - 1:29moitos din non tomar os medicamentos
-
1:30 - 1:31se o seu seguro non os cobre.
-
1:32 - 1:36Así que hai dez millóns de adultos
como Kimberly e Debbie -
1:37 - 1:41que son obrigados
a tomar decisións imposibles cada día. -
1:42 - 1:46Sabemos que os prezos das receitas
son moi altos. -
1:46 - 1:48E o noso sistema de saúde
-
1:48 - 1:52onde uns teñen seguro
e outros teñen un seguro deficiente -
1:52 - 1:56non prioriza a xente
que precisa coidados xa -
1:57 - 1:59e que precisa medicamentos xa.
-
2:00 - 2:02Dez millóns é unha cifra grande
-
2:02 - 2:04pero tamén mellorable
-
2:04 - 2:07porque hai dez mil millóns de dólares
-
2:08 - 2:11en medicamentos sen usar
e en perfecto estado -
2:11 - 2:12que van ó lixo.
-
2:13 - 2:15Iso é inxusto por dous motivos:
-
2:15 - 2:20a xente non ten os medicamentos
que necesita para vivir -
2:20 - 2:26e esa mesma medicación é levada
a incineradores de residuos médicos -
2:26 - 2:27para ser destruída.
-
2:27 - 2:32Isto é intolerable,
pero tamén ofrece unha oportunidade. -
2:32 - 2:34Fundei SIRUM
-
2:34 - 2:39unha empresa tecnolóxica sen fin de lucro,
xunto con Adam e George -
2:39 - 2:43para converter os medicamentos descartados
nun salvavidas -
2:43 - 2:46coma os que están neste almacén.
-
2:47 - 2:48Pode que non poidamos remediar
-
2:48 - 2:52todas as formas en que fracasa
o noso sistema de saúde -
2:52 - 2:54pero podemos remediar esta.
-
2:55 - 2:59Os medicamentos veñen do stock
de seguridade de fabricantes e grosistas, -
3:00 - 3:02e cando están a piques de vencer,
destrúenos. -
3:02 - 3:05Tamén veñen de centros sanitarios
-
3:05 - 3:08como hospitais, farmacias e asilos
-
3:08 - 3:11do excedente restante
cando un paciente deixa de tomalos -
3:11 - 3:13ou falece.
-
3:13 - 3:17Podemos recorrer
a estes medicamentos sen usar -
3:17 - 3:22para fornecer a dez millóns de persoas
que necesitan medicamentos. -
3:22 - 3:24E podemos facelo hoxe.
-
3:25 - 3:27SIRUM consegue os medicamentos sobrantes
-
3:27 - 3:31poñendo colectores de reciclaxe
dentro dos centos de instalacións -
3:31 - 3:32que teñen excedentes.
-
3:33 - 3:35Alí enchen os colectores e, unha vez cheos
-
3:36 - 3:39SIRUM recolle os medicamentos
-
3:40 - 3:46encárgase do envío, seguimento,
xustificantes e recibos fiscais. -
3:46 - 3:51Os doadores fano porque
é máis barato e sinxelo -
3:51 - 3:54que o proceso tan regulado
de destrución de medicamentos. -
3:55 - 3:59E hai grandes incentivos fiscais
para facer doazóns. -
3:59 - 4:03Logo, enviamos os medicamentos doados
á xente que os precisa. -
4:04 - 4:06Unha receita entra no noso sistema
-
4:06 - 4:10e relaciona o que precisa o paciente
co inventario dispoñible. -
4:11 - 4:13A nosa plataforma crea unha lista,
-
4:14 - 4:17selecciónanse os medicamentos
e despáchase a receita. -
4:17 - 4:22Estamos creando a farmacia do século XXI
-
4:22 - 4:25que merecen as familias
de ingresos baixos. -
4:25 - 4:28Os pacientes poden rexistrarse
en menos de cinco minutos -
4:28 - 4:32e acceder a preto de 500 medicamentos,
-
4:32 - 4:37unha lista de medicamentos para todo,
dende enfermidades do corazón -
4:37 - 4:39ata doenzas psíquicas,
-
4:39 - 4:44que representa neste momento o 75 %
de todas as receitas -
4:45 - 4:47prescritas nos EUA.
-
4:47 - 4:52Tamén colaboramos con médicos,
enfermeiros e traballadores sociais -
4:53 - 4:55en centros médicos comunitarios
e clínicas gratuítas -
4:55 - 4:57que remiten pacientes ao noso servizo.
-
4:57 - 5:01Facemos que sexa tan fácil
para os provedores de atención médica -
5:01 - 5:03cubrir unha receita
con medicamentos doados -
5:04 - 5:07como mandar a receita
á farmacia local. -
5:08 - 5:12Os nosos socios poden darlle
os medicamentos aos pacientes -
5:13 - 5:16ou remitírllelos directamente
á súa casa. -
5:16 - 5:20Ao evitar a cadea tradicional
de fornecemento -
5:20 - 5:23somos capaces de ofrecer
prezos fixos e transparentes, -
5:24 - 5:27arredor de 2 $
pola subministración mensual -
5:27 - 5:28da maior parte dos medicamentos.
-
5:29 - 5:33E iso permite ofrecer un prezo
previsible e asumible -
5:33 - 5:36que a xente pode pagar.
-
5:36 - 5:41Xa abastecemos os medicamentos
que precisan 150 000 persoas. -
5:42 - 5:43Pero podemos facer máis.
-
5:44 - 5:47A nosa meta é chegar ao millón de persoas
-
5:47 - 5:50con preto de mil millóns de dólares
en medicamentos sen usar -
5:51 - 5:52nos próximos cinco anos,
-
5:52 - 5:55ampliando o noso programa a 12 estados.
-
5:55 - 6:00A esa escala, podemos cubrir comunidades
-
6:00 - 6:03que abranguen un 40 %
dos dez millóns de persoas -
6:04 - 6:07que carecen dun servizo
permanente e accesible. -
6:08 - 6:11Este servizo,
dirixido a un millón de persoas -
6:11 - 6:15impulsará a competencia de prezos.
-
6:15 - 6:19Walmart lanzou unha das únicas innovacións
de prezos en farmacia -
6:19 - 6:20en 2006.
-
6:21 - 6:23Ofreceron unha lista, ben limitada,
de medicamentos -
6:23 - 6:25por un prezo fixo de 4 $.
-
6:25 - 6:27Isto provocou cambios incribles.
-
6:28 - 6:30Provocou que a competencia se ofrecese
-
6:31 - 6:33a igualar listas e prezos.
-
6:34 - 6:37Levando medicacións transparentes
e accesible -
6:38 - 6:39a eses outros estados
-
6:40 - 6:43podemos impulsar unha competencia rexional
-
6:43 - 6:48que baixe os custos para
comunidades enteiras con ingresos baixos. -
6:49 - 6:51O noso sistema de saúde é complexo.
-
6:52 - 6:54É desalentador.
-
6:54 - 6:57Asemella imposible avanzar.
-
6:57 - 7:02Pero podemos reimaxinar por completo
o acceso aos medicamentos. -
7:03 - 7:08Ao usar o excedente de medicamentos
como avanzada para lograr un cambio -
7:08 - 7:11nesta industria multimillonaria
-
7:12 - 7:15podemos crear un acceso radical
aos medicamentos -
7:16 - 7:18baseados na crenza fundamental
-
7:18 - 7:23de que quen vive nunha das nacións
máis ricas do mundo -
7:23 - 7:27pode e debe ter acceso
aos medicamentos que necesite -
7:27 - 7:30para sobrevivir e prosperar.
-
7:31 - 7:34Non pretendo ter todas as respostas
-
7:34 - 7:38para acabar cos problemas
no noso sistema de saúde. -
7:38 - 7:42Pero fornecerlles medicamentos
aos millóns de persoas que os precisan -
7:43 - 7:44para ter unha vida sa
-
7:44 - 7:47salvar medicamentos para salvar vidas
-
7:48 - 7:52é algo que podemos facer hoxe.
-
7:53 - 7:54Grazas.
- Title:
- Non deberías ter que escoller entre tomar a medicación e pagar facturas
- Speaker:
- Kiah Williams
- Description:
-
A medida que os custos dos medicamentos receitados se disparan nos Estados Unidos, miles de persoas vense obrigadas a renunciar a medicamentos que salvan vidas, mentres que os fabricantes e as instalacións de atención sanitaria destrúen sistematicamente as medicinas excedentes aínda en bo estado. Kiah Williams explica como SIRUM --unha organización sen ánimo de lucro que entrega medicamentos sen usar ás familias que máis os necesitan-- planea baixar os prezos das receitas reciclando case mil millóns de dólares en medicamentos nos próximos cinco anos. (Este ambicioso plan forma parte do Proxecto Audaz, a iniciativa de TED para inspirar e financiar o cambio global).
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 08:07