1 00:00:01,119 --> 00:00:02,598 A diario neste país 2 00:00:03,022 --> 00:00:05,746 moitas familias son obrigadas a tomar decisións imposibles 3 00:00:05,960 --> 00:00:07,593 cando se trata da atención médica. 4 00:00:08,137 --> 00:00:10,278 Como Kimberly, que dixo: 5 00:00:11,388 --> 00:00:15,394 ''Houbo veces que tiven que escoller entre a comida ou as pastillas. 6 00:00:15,658 --> 00:00:18,529 Non eran luxos porque non gañaba tanto. 7 00:00:19,013 --> 00:00:21,819 Era como, 'Podo mercar xampú ou acondicionador?' 8 00:00:22,586 --> 00:00:24,029 Cousas que dás por sentado''. 9 00:00:24,323 --> 00:00:26,540 E Debbie, que dixo: 10 00:00:26,974 --> 00:00:29,891 ''Pos o medicamento nunha man, 11 00:00:29,891 --> 00:00:31,965 os teus gastos diarios na outra 12 00:00:32,618 --> 00:00:34,989 Que fago? 13 00:00:35,800 --> 00:00:37,140 Vou polo medicamento 14 00:00:37,140 --> 00:00:38,774 ou pago as facturas? 15 00:00:39,340 --> 00:00:41,392 Non podo vivir sen o medicamento 16 00:00:41,976 --> 00:00:44,556 tampouco se non pago as facturas''. 17 00:00:45,065 --> 00:00:48,999 Dez mil persoas morren cada mes no país 18 00:00:49,493 --> 00:00:52,068 por non tomaren o medicamento que necesitan. 19 00:00:52,623 --> 00:00:55,489 Morre máis xente por non medicarse 20 00:00:55,953 --> 00:01:00,507 que por sobredoses de opiáceos e accidentes de coche xuntos. 21 00:01:01,488 --> 00:01:04,868 Pero non podes tomar o medicamento se non podes pagalo. 22 00:01:05,280 --> 00:01:10,423 Hoxe, o fogar medio gasta 3000 dólares ao ano 23 00:01:10,423 --> 00:01:11,599 en medicamentos. 24 00:01:12,007 --> 00:01:14,509 Preto dun terzo das persoas non teñen seguro médico 25 00:01:14,953 --> 00:01:18,490 dixeron que pararon de tomar os medicamentos prescritos 26 00:01:18,574 --> 00:01:19,879 por culpa do que custaban. 27 00:01:20,193 --> 00:01:22,294 Mesmo entre as persoas con seguro 28 00:01:22,598 --> 00:01:25,571 se gañan menos de 35 000 dólares ao ano 29 00:01:25,895 --> 00:01:29,053 moitos din non tomar os medicamentos 30 00:01:29,517 --> 00:01:31,215 se o seu seguro non os cobre. 31 00:01:31,814 --> 00:01:36,221 Así que hai dez millóns de adultos como Kimberly e Debbie 32 00:01:36,695 --> 00:01:40,924 que son obrigados a tomar decisións imposibles cada día. 33 00:01:41,555 --> 00:01:45,594 Sabemos que os prezos das receitas son moi altos. 34 00:01:46,131 --> 00:01:47,734 E o noso sistema de saúde 35 00:01:48,138 --> 00:01:52,173 onde uns teñen seguro e outros teñen un seguro deficiente 36 00:01:52,347 --> 00:01:56,418 non prioriza a xente que precisa coidados xa 37 00:01:56,702 --> 00:01:59,147 e que precisa medicamentos xa. 38 00:01:59,532 --> 00:02:01,517 Dez millóns é unha cifra grande 39 00:02:01,861 --> 00:02:03,718 pero tamén mellorable 40 00:02:03,952 --> 00:02:07,341 porque hai dez mil millóns de dólares 41 00:02:07,945 --> 00:02:11,152 en medicamentos sen usar e en perfecto estado 42 00:02:11,477 --> 00:02:12,477 que van ó lixo. 43 00:02:12,757 --> 00:02:15,079 Iso é inxusto por dous motivos: 44 00:02:15,413 --> 00:02:19,821 a xente non ten os medicamentos que necesita para vivir 45 00:02:20,288 --> 00:02:25,597 e esa mesma medicación é levada a incineradores de residuos médicos 46 00:02:25,941 --> 00:02:27,173 para ser destruída. 47 00:02:27,317 --> 00:02:31,762 Isto é intolerable, pero tamén ofrece unha oportunidade. 48 00:02:32,236 --> 00:02:33,785 Fundei SIRUM 49 00:02:34,069 --> 00:02:38,849 unha empresa tecnolóxica sen fin de lucro, xunto con Adam e George 50 00:02:39,373 --> 00:02:43,102 para converter os medicamentos descartados nun salvavidas 51 00:02:43,476 --> 00:02:46,209 coma os que están neste almacén. 52 00:02:46,862 --> 00:02:48,291 Pode que non poidamos remediar 53 00:02:48,465 --> 00:02:51,596 todas as formas en que fracasa o noso sistema de saúde 54 00:02:51,920 --> 00:02:54,167 pero podemos remediar esta. 55 00:02:54,927 --> 00:02:59,352 Os medicamentos veñen do stock de seguridade de fabricantes e grosistas, 56 00:02:59,585 --> 00:03:01,746 e cando están a piques de vencer, destrúenos. 57 00:03:02,130 --> 00:03:04,510 Tamén veñen de centros sanitarios 58 00:03:04,510 --> 00:03:07,579 como hospitais, farmacias e asilos 59 00:03:07,989 --> 00:03:11,128 do excedente restante cando un paciente deixa de tomalos 60 00:03:11,412 --> 00:03:12,892 ou falece. 61 00:03:13,236 --> 00:03:17,147 Podemos recorrer a estes medicamentos sen usar 62 00:03:17,331 --> 00:03:22,139 para fornecer a dez millóns de persoas que necesitan medicamentos. 63 00:03:22,473 --> 00:03:24,117 E podemos facelo hoxe. 64 00:03:24,589 --> 00:03:27,054 SIRUM consegue os medicamentos sobrantes 65 00:03:27,428 --> 00:03:30,974 poñendo colectores de reciclaxe dentro dos centos de instalacións 66 00:03:31,158 --> 00:03:32,239 que teñen excedentes. 67 00:03:32,563 --> 00:03:35,399 Alí enchen os colectores e, unha vez cheos 68 00:03:35,823 --> 00:03:39,385 SIRUM recolle os medicamentos 69 00:03:39,749 --> 00:03:46,142 encárgase do envío, seguimento, xustificantes e recibos fiscais. 70 00:03:46,286 --> 00:03:50,908 Os doadores fano porque é máis barato e sinxelo 71 00:03:51,302 --> 00:03:54,381 que o proceso tan regulado de destrución de medicamentos. 72 00:03:54,917 --> 00:03:58,965 E hai grandes incentivos fiscais para facer doazóns. 73 00:03:59,239 --> 00:04:03,434 Logo, enviamos os medicamentos doados á xente que os precisa. 74 00:04:03,698 --> 00:04:05,517 Unha receita entra no noso sistema 75 00:04:05,681 --> 00:04:10,494 e relaciona o que precisa o paciente co inventario dispoñible. 76 00:04:11,202 --> 00:04:13,167 A nosa plataforma crea unha lista, 77 00:04:14,124 --> 00:04:16,828 selecciónanse os medicamentos e despáchase a receita. 78 00:04:17,489 --> 00:04:21,566 Estamos creando a farmacia do século XXI 79 00:04:21,888 --> 00:04:24,606 que merecen as familias de ingresos baixos. 80 00:04:25,017 --> 00:04:27,692 Os pacientes poden rexistrarse en menos de cinco minutos 81 00:04:27,956 --> 00:04:32,009 e acceder a preto de 500 medicamentos, 82 00:04:32,493 --> 00:04:37,089 unha lista de medicamentos para todo, dende enfermidades do corazón 83 00:04:37,253 --> 00:04:38,695 ata doenzas psíquicas, 84 00:04:39,169 --> 00:04:44,222 que representa neste momento o 75 % de todas as receitas 85 00:04:44,724 --> 00:04:46,848 prescritas nos EUA. 86 00:04:47,204 --> 00:04:52,151 Tamén colaboramos con médicos, enfermeiros e traballadores sociais 87 00:04:52,701 --> 00:04:55,144 en centros médicos comunitarios e clínicas gratuítas 88 00:04:55,178 --> 00:04:57,305 que remiten pacientes ao noso servizo. 89 00:04:57,489 --> 00:05:00,585 Facemos que sexa tan fácil para os provedores de atención médica 90 00:05:00,585 --> 00:05:03,444 cubrir unha receita con medicamentos doados 91 00:05:03,668 --> 00:05:07,207 como mandar a receita á farmacia local. 92 00:05:07,917 --> 00:05:12,473 Os nosos socios poden darlle os medicamentos aos pacientes 93 00:05:12,707 --> 00:05:16,068 ou remitírllelos directamente á súa casa. 94 00:05:16,423 --> 00:05:19,594 Ao evitar a cadea tradicional de fornecemento 95 00:05:19,978 --> 00:05:23,492 somos capaces de ofrecer prezos fixos e transparentes, 96 00:05:23,816 --> 00:05:26,725 arredor de 2 $ pola subministración mensual 97 00:05:26,725 --> 00:05:28,374 da maior parte dos medicamentos. 98 00:05:29,003 --> 00:05:33,061 E iso permite ofrecer un prezo previsible e asumible 99 00:05:33,174 --> 00:05:35,742 que a xente pode pagar. 100 00:05:36,091 --> 00:05:41,239 Xa abastecemos os medicamentos que precisan 150 000 persoas. 101 00:05:41,756 --> 00:05:43,126 Pero podemos facer máis. 102 00:05:43,590 --> 00:05:46,624 A nosa meta é chegar ao millón de persoas 103 00:05:46,778 --> 00:05:49,841 con preto de mil millóns de dólares en medicamentos sen usar 104 00:05:50,841 --> 00:05:52,211 nos próximos cinco anos, 105 00:05:52,495 --> 00:05:54,961 ampliando o noso programa a 12 estados. 106 00:05:55,255 --> 00:05:59,522 A esa escala, podemos cubrir comunidades 107 00:05:59,746 --> 00:06:03,454 que abranguen un 40 % dos dez millóns de persoas 108 00:06:03,638 --> 00:06:07,131 que carecen dun servizo permanente e accesible. 109 00:06:07,715 --> 00:06:10,925 Este servizo, dirixido a un millón de persoas 110 00:06:11,339 --> 00:06:14,636 impulsará a competencia de prezos. 111 00:06:14,840 --> 00:06:19,057 Walmart lanzou unha das únicas innovacións de prezos en farmacia 112 00:06:19,057 --> 00:06:20,462 en 2006. 113 00:06:20,623 --> 00:06:23,091 Ofreceron unha lista, ben limitada, de medicamentos 114 00:06:23,235 --> 00:06:25,106 por un prezo fixo de 4 $. 115 00:06:25,460 --> 00:06:27,257 Isto provocou cambios incribles. 116 00:06:27,511 --> 00:06:30,375 Provocou que a competencia se ofrecese 117 00:06:31,119 --> 00:06:33,136 a igualar listas e prezos. 118 00:06:33,680 --> 00:06:37,352 Levando medicacións transparentes e accesible 119 00:06:37,846 --> 00:06:39,317 a eses outros estados 120 00:06:39,771 --> 00:06:42,842 podemos impulsar unha competencia rexional 121 00:06:43,146 --> 00:06:48,282 que baixe os custos para comunidades enteiras con ingresos baixos. 122 00:06:48,879 --> 00:06:51,451 O noso sistema de saúde é complexo. 123 00:06:52,398 --> 00:06:53,715 É desalentador. 124 00:06:54,217 --> 00:06:56,972 Asemella imposible avanzar. 125 00:06:57,476 --> 00:07:02,072 Pero podemos reimaxinar por completo o acceso aos medicamentos. 126 00:07:03,232 --> 00:07:08,161 Ao usar o excedente de medicamentos como avanzada para lograr un cambio 127 00:07:08,445 --> 00:07:11,347 nesta industria multimillonaria 128 00:07:11,901 --> 00:07:15,350 podemos crear un acceso radical aos medicamentos 129 00:07:15,944 --> 00:07:17,869 baseados na crenza fundamental 130 00:07:18,163 --> 00:07:22,589 de que quen vive nunha das nacións máis ricas do mundo 131 00:07:22,883 --> 00:07:27,027 pode e debe ter acceso aos medicamentos que necesite 132 00:07:27,441 --> 00:07:29,833 para sobrevivir e prosperar. 133 00:07:30,522 --> 00:07:33,667 Non pretendo ter todas as respostas 134 00:07:34,021 --> 00:07:37,623 para acabar cos problemas no noso sistema de saúde. 135 00:07:38,189 --> 00:07:42,304 Pero fornecerlles medicamentos aos millóns de persoas que os precisan 136 00:07:42,566 --> 00:07:44,029 para ter unha vida sa 137 00:07:44,303 --> 00:07:47,059 salvar medicamentos para salvar vidas 138 00:07:47,683 --> 00:07:51,788 é algo que podemos facer hoxe. 139 00:07:52,762 --> 00:07:53,980 Grazas.