A diario neste país
moitas familias son obrigadas
a tomar decisións imposibles
cando se trata da atención médica.
Como Kimberly, que dixo:
''Houbo veces que tiven que escoller
entre a comida ou as pastillas.
Non eran luxos porque non gañaba tanto.
Era como, 'Podo mercar xampú
ou acondicionador?'
Cousas que dás por sentado''.
E Debbie, que dixo:
''Pos o medicamento nunha man,
os teus gastos diarios na outra
Que fago?
Vou polo medicamento
ou pago as facturas?
Non podo vivir sen o medicamento
tampouco se non pago as facturas''.
Dez mil persoas morren cada mes no país
por non tomaren
o medicamento que necesitan.
Morre máis xente por non medicarse
que por sobredoses de opiáceos
e accidentes de coche xuntos.
Pero non podes tomar o medicamento
se non podes pagalo.
Hoxe, o fogar medio gasta
3000 dólares ao ano
en medicamentos.
Preto dun terzo das persoas
non teñen seguro médico
dixeron que pararon de tomar
os medicamentos prescritos
por culpa do que custaban.
Mesmo entre as persoas con seguro
se gañan menos de 35 000 dólares ao ano
moitos din non tomar os medicamentos
se o seu seguro non os cobre.
Así que hai dez millóns de adultos
como Kimberly e Debbie
que son obrigados
a tomar decisións imposibles cada día.
Sabemos que os prezos das receitas
son moi altos.
E o noso sistema de saúde
onde uns teñen seguro
e outros teñen un seguro deficiente
non prioriza a xente
que precisa coidados xa
e que precisa medicamentos xa.
Dez millóns é unha cifra grande
pero tamén mellorable
porque hai dez mil millóns de dólares
en medicamentos sen usar
e en perfecto estado
que van ó lixo.
Iso é inxusto por dous motivos:
a xente non ten os medicamentos
que necesita para vivir
e esa mesma medicación é levada
a incineradores de residuos médicos
para ser destruída.
Isto é intolerable,
pero tamén ofrece unha oportunidade.
Fundei SIRUM
unha empresa tecnolóxica sen fin de lucro,
xunto con Adam e George
para converter os medicamentos descartados
nun salvavidas
coma os que están neste almacén.
Pode que non poidamos remediar
todas as formas en que fracasa
o noso sistema de saúde
pero podemos remediar esta.
Os medicamentos veñen do stock
de seguridade de fabricantes e grosistas,
e cando están a piques de vencer,
destrúenos.
Tamén veñen de centros sanitarios
como hospitais, farmacias e asilos
do excedente restante
cando un paciente deixa de tomalos
ou falece.
Podemos recorrer
a estes medicamentos sen usar
para fornecer a dez millóns de persoas
que necesitan medicamentos.
E podemos facelo hoxe.
SIRUM consegue os medicamentos sobrantes
poñendo colectores de reciclaxe
dentro dos centos de instalacións
que teñen excedentes.
Alí enchen os colectores e, unha vez cheos
SIRUM recolle os medicamentos
encárgase do envío, seguimento,
xustificantes e recibos fiscais.
Os doadores fano porque
é máis barato e sinxelo
que o proceso tan regulado
de destrución de medicamentos.
E hai grandes incentivos fiscais
para facer doazóns.
Logo, enviamos os medicamentos doados
á xente que os precisa.
Unha receita entra no noso sistema
e relaciona o que precisa o paciente
co inventario dispoñible.
A nosa plataforma crea unha lista,
selecciónanse os medicamentos
e despáchase a receita.
Estamos creando a farmacia do século XXI
que merecen as familias
de ingresos baixos.
Os pacientes poden rexistrarse
en menos de cinco minutos
e acceder a preto de 500 medicamentos,
unha lista de medicamentos para todo,
dende enfermidades do corazón
ata doenzas psíquicas,
que representa neste momento o 75 %
de todas as receitas
prescritas nos EUA.
Tamén colaboramos con médicos,
enfermeiros e traballadores sociais
en centros médicos comunitarios
e clínicas gratuítas
que remiten pacientes ao noso servizo.
Facemos que sexa tan fácil
para os provedores de atención médica
cubrir unha receita
con medicamentos doados
como mandar a receita
á farmacia local.
Os nosos socios poden darlle
os medicamentos aos pacientes
ou remitírllelos directamente
á súa casa.
Ao evitar a cadea tradicional
de fornecemento
somos capaces de ofrecer
prezos fixos e transparentes,
arredor de 2 $
pola subministración mensual
da maior parte dos medicamentos.
E iso permite ofrecer un prezo
previsible e asumible
que a xente pode pagar.
Xa abastecemos os medicamentos
que precisan 150 000 persoas.
Pero podemos facer máis.
A nosa meta é chegar ao millón de persoas
con preto de mil millóns de dólares
en medicamentos sen usar
nos próximos cinco anos,
ampliando o noso programa a 12 estados.
A esa escala, podemos cubrir comunidades
que abranguen un 40 %
dos dez millóns de persoas
que carecen dun servizo
permanente e accesible.
Este servizo,
dirixido a un millón de persoas
impulsará a competencia de prezos.
Walmart lanzou unha das únicas innovacións
de prezos en farmacia
en 2006.
Ofreceron unha lista, ben limitada,
de medicamentos
por un prezo fixo de 4 $.
Isto provocou cambios incribles.
Provocou que a competencia se ofrecese
a igualar listas e prezos.
Levando medicacións transparentes
e accesible
a eses outros estados
podemos impulsar unha competencia rexional
que baixe os custos para
comunidades enteiras con ingresos baixos.
O noso sistema de saúde é complexo.
É desalentador.
Asemella imposible avanzar.
Pero podemos reimaxinar por completo
o acceso aos medicamentos.
Ao usar o excedente de medicamentos
como avanzada para lograr un cambio
nesta industria multimillonaria
podemos crear un acceso radical
aos medicamentos
baseados na crenza fundamental
de que quen vive nunha das nacións
máis ricas do mundo
pode e debe ter acceso
aos medicamentos que necesite
para sobrevivir e prosperar.
Non pretendo ter todas as respostas
para acabar cos problemas
no noso sistema de saúde.
Pero fornecerlles medicamentos
aos millóns de persoas que os precisan
para ter unha vida sa
salvar medicamentos para salvar vidas
é algo que podemos facer hoxe.
Grazas.