As persoas vellas son máis felices
-
0:00 - 0:02Vivimos cada vez máis anos
-
0:02 - 0:05e as sociedades avelléntase.
-
0:05 - 0:07Témolo escoitado moitas veces.
-
0:07 - 0:09Lémolo nos xornais.
-
0:09 - 0:10Vémolo na televisión.
-
0:11 - 0:12As veces preocúpame que,
-
0:12 - 0:14de ouvir a mesma cantilena tan a miúdo,
-
0:14 - 0:21xa teñamos interiorizada a lonxevidade,
sen decatarnos do que implica. -
0:21 - 0:24Pero non nos enganemos,
-
0:24 - 0:30vivir máis anos pode, e eu creo,
poderá, mellorar a calidade de vida -
0:30 - 0:33en tódalas franxas de idade.
-
0:33 - 0:37Para poñer isto en perspectiva,
permitídeme xeneralizar. -
0:38 - 0:44Aumentou máis a esperanza de vida
ó longo do século XX -
0:45 - 0:52que en toda a nosa existencia previa
-
0:52 - 0:55dende a aparición do ser humano.
-
0:55 - 0:57Nun chiscar de ollos,
-
0:57 - 1:00dobramos a cantidade de tempo que vivimos.
-
1:01 - 1:04Se algunha vez sentides
que non levades ben isto de envellecer, -
1:04 - 1:06non desacouguedes.
-
1:06 - 1:08É unha novidade para todos nós.
-
1:08 - 1:16Mentres a esperanza de vida se disparaba,
a taxa de fertilidade caía de capitón. -
1:16 - 1:21Por mor disto, a pirámide que representaba
a distribución da poboación -
1:21 - 1:25segundo a súa idade, e que adoitaba ter
unha base ampla, composta por xente nova -
1:25 - 1:29e un cumio estreito, formado por anciáns,
que acadaban idades moi avanzadas; -
1:29 - 1:34estase convertendo nun rectángulo.
-
1:35 - 1:40Se sodes o tipo de xente que ten arrepíos
cando se fala de estatística poboacional, -
1:40 - 1:41(Risas)
-
1:41 - 1:43preparádevos.
-
1:43 - 1:48Porque por primeira vez na historia,
-
1:48 - 1:51a maior parte dos meniños,
que nacen no mundo desenvolvido, -
1:51 - 1:56teñen a oportunidade de chegar á vellez.
-
1:57 - 1:59Como chegamos a este punto?
-
1:59 - 2:04Non somos xeneticamente máis fortes
cós nosos predecesores hai 10.000 anos. -
2:04 - 2:08O incremento da esperanza de vida
débese á cultura, -
2:08 - 2:12ese crisol en que se mestura
a ciencia coa tecnoloxía, -
2:12 - 2:18con grandes trocos no comportamento
que favoreceron a nosa saúde e benestar. -
2:19 - 2:21Mediante cambios culturais,
-
2:21 - 2:25os nosos antepasados
case eliminaron a morte prematura, -
2:25 - 2:28propiciando que, hoxe en día,
poidamos vivir moitos máis anos. -
2:29 - 2:32Pero agora, atopámonos con problemas
asociados co envellecemento, -
2:32 - 2:35como doenzas, pobreza
ou perda do status social. -
2:35 - 2:37Non é momento de poñerse a durmir.
-
2:38 - 2:40Canto máis aprendemos
sobre o envellecemento, -
2:40 - 2:46máis claro temos que é incorrecto
asocialo coa deterioración de facultades. -
2:47 - 2:50Envellecer achega
melloramentos considerábeis, -
2:50 - 2:59máis coñecemento, experiencia
e melloría emocional. -
3:00 - 3:04Así é, os vellos son felices.
-
3:04 - 3:08De feito, son máis felices
que a xente de media idade e os mozos. -
3:08 - 3:09(Risas)
-
3:09 - 3:12Estudo tras estudo
e todos coa mesma conclusión. -
3:12 - 3:15Hai pouco, o CDC levou a cabo unha enquisa
-
3:15 - 3:18onde lles preguntaba ós participantes
se durante a semana anterior -
3:18 - 3:22padeceran algún tipo de estrés relevante.
-
3:22 - 3:26As persoas maiores deron
menos respostas afirmativas -
3:26 - 3:29cá xente de media idade e cós novos.
-
3:30 - 3:33Noutra enquisa recente, o grupo Gallup
preguntoulles ós participantes -
3:33 - 3:38canto estrés, inquedanzas ou enfado
experimentaran o día anterior. -
3:38 - 3:39O estrés,
-
3:39 - 3:41as inquedanzas
-
3:41 - 3:42e o enfado sufridos,
-
3:42 - 3:44todos, reducíanse coa idade.
-
3:46 - 3:49Os sociólogos chámanlle
o paradoxo do envellecemento. -
3:49 - 3:52Quero dicir, despois de todo,
envellecer non é tarefa doada. -
3:52 - 3:57Fixémonos todo tipo de preguntas
para tentar resolver o misterio. -
3:57 - 4:03Preguntámonos se quizais
as xeracións actuais de xente maior -
4:03 - 4:06son, e foron sempre,
as mellores da historia. -
4:07 - 4:11Isto implica que a mocidade de hoxe en día
poida non experimentar esta melloría -
4:11 - 4:13cando avellente.
-
4:13 - 4:19Preguntámonos se quizais os vellos
se comportan dunha maneira máis positiva -
4:19 - 4:21porque senón a súa existencia
sería deprimente. -
4:21 - 4:23(Risas)
-
4:23 - 4:26Pero canto máis tentabamos
refutar este achado, -
4:26 - 4:29máis evidencias atopabamos no seu favor.
-
4:29 - 4:32Hai anos, os meus colegas e máis eu
comezamos un estudo -
4:32 - 4:35no que seguimos durante 10 anos
ó mesmo grupo de persoas. -
4:35 - 4:38Ó comezo, a nosa mostra
contiña suxeitos entre 18 e 94 anos. -
4:38 - 4:43Estudamos se as experiencias emocionais
mudaban conforme avellaban e como ocorría. -
4:43 - 4:48Démoslle ós participantes un interfono
durante unha semana -
4:48 - 4:52e chamabámolos a calquera hora
do día ou da noite. -
4:52 - 4:56Cada vez que o faciamos
tiñan que responder varias preguntas: -
4:56 - 4:59"Nunha escala do un ao sete,
cal é o seu nivel de felicidade?" -
4:59 - 5:00"o seu nivel de tristura?"
-
5:00 - 5:03"o seu nivel de frustración?"
-
5:03 - 5:09Deste xeito podiamos monitorizar
as súas emocións e sentimentos decotío. -
5:09 - 5:12Empregando os datos obtidos no estudo,
-
5:12 - 5:16atopamos que non é
que unha xeración en particular -
5:16 - 5:18o faga mellor cás outras,
-
5:18 - 5:21senón que son os mesmos individuos
ó longo do tempo -
5:21 - 5:26os que van mellorando
o seu nivel de felicidade. -
5:26 - 5:31Podedes ver esta lixeira baixada
en idades moi avanzadas. -
5:31 - 5:32Hai unha lixeira baixada,
-
5:32 - 5:37pero de ningunha maneira chega ós niveis
que vemos ó comezo da idade adulta. -
5:38 - 5:46É unha xeneralización afirmar
que os vellos son máis felices. -
5:46 - 5:49No noso estudo son máis positivos.
-
5:50 - 5:54Pero tamén son máis propensos
ás emocións mesturadas. -
5:54 - 5:57Tristura ó mesmo tempo que ledicia.
-
5:57 - 6:01Como aquelas bágoas nos ollos
cando lle sorrimos a un amigo. -
6:02 - 6:07Outro estudo suxire,
que os maiores toleran e aceptan mellor -
6:07 - 6:10o pesadume cós adultos novos.
-
6:10 - 6:13Sospeitamos que este feito
pode axudar a explicar -
6:13 - 6:16por que os maiores
teñen máis destreza cá xente nova -
6:16 - 6:20á hora de lidar con conflitos
e debates acalorados. -
6:22 - 6:28Os anciáns poden ver as inxustizas
con compaixón, sen desesperanza. -
6:29 - 6:34En circunstancias semellantes,
dirixen os seus recursos cognitivos, -
6:34 - 6:37por exemplo a atención e a memoria,
cara á información positiva -
6:37 - 6:39en vez de facelo cara á negativa.
-
6:39 - 6:42Se lles mostramos a anciáns,
adultos de media idade e mozos -
6:42 - 6:44imaxes como as da pantalla,
-
6:45 - 6:49e despois lles pedimos que recorden
tantas como poidan; -
6:50 - 6:52os maiores, ó revés cós máis novos,
-
6:52 - 6:56lembrarán máis imaxes
positivas ca negativas. -
6:56 - 6:59Pedímoslles a vellos e mozos
que contemplasen expresións faciais -
6:59 - 7:01nun estudo de laboratorio,
-
7:01 - 7:03unhas serias, outras sorrindo...
-
7:03 - 7:08Os maiores miraban cara ós sorrisos
evitando xestos enfurruñados e enfadados. -
7:09 - 7:14No día a día, isto tradúcese
nun nivel maior de gozo e satisfacción. -
7:16 - 7:21Pero como bos sociólogos,
continuamos pescudando outras opcións. -
7:21 - 7:24Dixemos, quizais os maiores refiren
emocións máis positivas -
7:24 - 7:27por mor dun déficit cognitivo.
-
7:27 - 7:29(Risas)
-
7:31 - 7:33Pensamos, podería ser
que as emocións positivas -
7:33 - 7:36son máis doadas de procesar
cás emocións negativas, -
7:36 - 7:39de xeito que eliximos as positivas
co paso do tempo? -
7:39 - 7:41Quizais os centros neuronais
do noso cerebro -
7:41 - 7:45atópanse tan degradados
que non poden procesar emocións negativas. -
7:46 - 7:47Pero non é o caso.
-
7:48 - 7:54Os anciáns máis espelidos
son os que mostran máis positivismo. -
7:55 - 7:57Así e todo, cando a situación o require,
-
7:57 - 8:02os maiores procesan a información negativa
tan ben como a positiva. -
8:02 - 8:04Como pode ser?
-
8:06 - 8:10Na nosa investigación achamos
que estes cambios -
8:10 - 8:15fundaméntanse na facultade humana
de percibir o tempo, -
8:15 - 8:17non só o ditado polo reloxo ou calendario,
-
8:17 - 8:18senón o tempo vital.
-
8:19 - 8:21É o paradoxo de avellar,
-
8:22 - 8:27ó saber que non viviremos eternamente
mudamos a nosa perspectiva na vida -
8:27 - 8:29cara a unha máis positiva.
-
8:30 - 8:35Cando o final da vida é distante e incerto
como acontece na xuventude, -
8:35 - 8:41preparámonos decontino, tentando absorber
toda a información que podemos, -
8:41 - 8:43corremos riscos, exploramos.
-
8:43 - 8:45Quizais pasemos tempo
con xente que non nos gusta -
8:46 - 8:48porque, dalgún xeito, é interesante.
-
8:48 - 8:51Quizais aprendamos algo insospeitado!
-
8:51 - 8:52(Risas)
-
8:52 - 8:54Vamos a citas a cegas.
-
8:54 - 8:57(Risas)
-
8:57 - 9:01Despois de todo, se non funciona
sempre haberá un mañá. -
9:02 - 9:03A xente de máis de 50,
-
9:03 - 9:05non vai a citas a cegas.
-
9:05 - 9:11(Risas e aplausos)
-
9:12 - 9:13Cando envellecemos,
-
9:13 - 9:18os nosos horizontes acúrtanse
e os nosos obxectivos mudan. -
9:18 - 9:21Decatámonos de que non temos
todo o tempo do mundo -
9:21 - 9:24e vemos máis claras as nosas prioridades.
-
9:24 - 9:27Non perdemos o tempo con problemas banais.
-
9:27 - 9:28Gozamos da vida.
-
9:29 - 9:31Somos máis comprensivos,
-
9:31 - 9:33máis abertos á reconciliación.
-
9:33 - 9:36Centrámonos na parte emocional
do que nos rodea, -
9:36 - 9:39a nosa existencia mellora
-
9:39 - 9:42e somos máis felices, no día a día.
-
9:42 - 9:44Mais ese cambio de actitude,
-
9:44 - 9:49lévanos a ser menos tolerantes
coas inxustizas. -
9:50 - 9:55En 2015, haberá máis persoas
nos Estados Unidos -
9:55 - 9:58maiores de 60 anos, ca menores de 15 anos.
-
10:00 - 10:04Cal é o futuro das sociedades
cunha pirámide poboacional invertida? -
10:05 - 10:09As cifras non serán determinantes.
-
10:09 - 10:11A cultura si.
-
10:12 - 10:15Se investimos en ciencia e tecnoloxía
-
10:15 - 10:19para atopar solucións ós problemas
cos que se enfrontan os anciáns -
10:20 - 10:26e aproveitamos os seus puntos fortes,
-
10:27 - 10:31entón, o incremento da esperanza de vida
pode mellorar a calidade desta -
10:31 - 10:33en tódalas franxas de idade.
-
10:34 - 10:37As sociedades,
con millóns de persoas talentosas -
10:37 - 10:40que acadaron a estabilidade emocional
e que gozan de boa saúde -
10:40 - 10:43e unha educación superior
que calquera xeración anterior, -
10:43 - 10:47cargadas de coñecemento
sobre os asuntos prácticos da vida -
10:47 - 10:51e motivadas para remediar
os grandes problemas que arrostramos, -
10:52 - 10:57poden chegar a ser
as mellores sociedades da historia. -
10:59 - 11:03Ó meu pai, que ten 92 anos,
gústalle dicir: -
11:04 - 11:07"Deixade de falar de como salvar ós vellos
-
11:07 - 11:12e empezade a facelo de como eles
nos poden salvar a todos" -
11:12 - 11:14(Risas)
-
11:14 - 11:15Grazas.
-
11:15 - 11:18(Aplausos)
- Title:
- As persoas vellas son máis felices
- Speaker:
- Laura Carstensen
- Description:
-
No século XX aumentou a cantidade de anos que vivimos máis que nunca antes na historia. Pero, aumentou a calidade de vida en consonancia? Sorprendentemente, si!
No TEDxWomen a psicóloga Laura Carstensen amosa unha investigación que demostra que cando as persoas envellecen son máis felices, están máis satisfeitas, e adoptan unha actitude máis positiva cara ao mundo. - Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 11:18
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Older people are happier | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Older people are happier | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Older people are happier | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Older people are happier | ||
Sara Fandiño edited Galician subtitles for Older people are happier | ||
Sara Fandiño edited Galician subtitles for Older people are happier | ||
Sara Fandiño edited Galician subtitles for Older people are happier | ||
Sara Fandiño edited Galician subtitles for Older people are happier |