1 00:00:00,490 --> 00:00:01,992 Vivimos cada vez máis anos 2 00:00:01,992 --> 00:00:04,572 e as sociedades avelléntase. 3 00:00:04,957 --> 00:00:06,791 Témolo escoitado moitas veces. 4 00:00:06,950 --> 00:00:08,692 Lémolo nos xornais. 5 00:00:08,692 --> 00:00:10,491 Vémolo na televisión. 6 00:00:10,952 --> 00:00:12,240 As veces preocúpame que, 7 00:00:12,240 --> 00:00:14,093 de ouvir a mesma cantilena tan a miúdo, 8 00:00:14,093 --> 00:00:21,140 xa teñamos interiorizada a lonxevidade, sen decatarnos do que implica. 9 00:00:21,490 --> 00:00:23,789 Pero non nos enganemos, 10 00:00:24,000 --> 00:00:30,210 vivir máis anos pode, e eu creo, poderá, mellorar a calidade de vida 11 00:00:30,270 --> 00:00:32,570 en tódalas franxas de idade. 12 00:00:33,160 --> 00:00:37,260 Para poñer isto en perspectiva, permitídeme xeneralizar. 13 00:00:37,840 --> 00:00:43,786 Aumentou máis a esperanza de vida ó longo do século XX 14 00:00:44,700 --> 00:00:51,818 que en toda a nosa existencia previa 15 00:00:51,818 --> 00:00:55,187 dende a aparición do ser humano. 16 00:00:55,346 --> 00:00:56,600 Nun chiscar de ollos, 17 00:00:56,600 --> 00:01:00,332 dobramos a cantidade de tempo que vivimos. 18 00:01:01,290 --> 00:01:04,240 Se algunha vez sentides que non levades ben isto de envellecer, 19 00:01:04,240 --> 00:01:06,000 non desacouguedes. 20 00:01:06,000 --> 00:01:08,000 É unha novidade para todos nós. 21 00:01:08,340 --> 00:01:15,940 Mentres a esperanza de vida se disparaba, a taxa de fertilidade caía de capitón. 22 00:01:16,400 --> 00:01:20,826 Por mor disto, a pirámide que representaba a distribución da poboación 23 00:01:20,826 --> 00:01:25,380 segundo a súa idade, e que adoitaba ter unha base ampla, composta por xente nova 24 00:01:25,380 --> 00:01:29,471 e un cumio estreito, formado por anciáns, que acadaban idades moi avanzadas; 25 00:01:29,471 --> 00:01:33,900 estase convertendo nun rectángulo. 26 00:01:35,480 --> 00:01:39,510 Se sodes o tipo de xente que ten arrepíos cando se fala de estatística poboacional, 27 00:01:39,670 --> 00:01:40,740 (Risas) 28 00:01:40,740 --> 00:01:42,780 preparádevos. 29 00:01:42,780 --> 00:01:47,630 Porque por primeira vez na historia, 30 00:01:47,630 --> 00:01:51,370 a maior parte dos meniños, que nacen no mundo desenvolvido, 31 00:01:51,370 --> 00:01:55,550 teñen a oportunidade de chegar á vellez. 32 00:01:57,250 --> 00:01:59,260 Como chegamos a este punto? 33 00:01:59,380 --> 00:02:03,500 Non somos xeneticamente máis fortes cós nosos predecesores hai 10.000 anos. 34 00:02:03,500 --> 00:02:08,163 O incremento da esperanza de vida débese á cultura, 35 00:02:08,183 --> 00:02:12,256 ese crisol en que se mestura a ciencia coa tecnoloxía, 36 00:02:12,256 --> 00:02:18,100 con grandes trocos no comportamento que favoreceron a nosa saúde e benestar. 37 00:02:18,960 --> 00:02:21,466 Mediante cambios culturais, 38 00:02:21,466 --> 00:02:25,390 os nosos antepasados case eliminaron a morte prematura, 39 00:02:25,390 --> 00:02:28,298 propiciando que, hoxe en día, poidamos vivir moitos máis anos. 40 00:02:29,260 --> 00:02:32,310 Pero agora, atopámonos con problemas asociados co envellecemento, 41 00:02:32,310 --> 00:02:34,749 como doenzas, pobreza ou perda do status social. 42 00:02:34,749 --> 00:02:37,000 Non é momento de poñerse a durmir. 43 00:02:37,750 --> 00:02:39,913 Canto máis aprendemos sobre o envellecemento, 44 00:02:39,913 --> 00:02:46,003 máis claro temos que é incorrecto asocialo coa deterioración de facultades. 45 00:02:46,960 --> 00:02:49,986 Envellecer achega melloramentos considerábeis, 46 00:02:49,986 --> 00:02:58,832 máis coñecemento, experiencia e melloría emocional. 47 00:03:00,172 --> 00:03:03,810 Así é, os vellos son felices. 48 00:03:04,000 --> 00:03:08,000 De feito, son máis felices que a xente de media idade e os mozos. 49 00:03:08,000 --> 00:03:09,190 (Risas) 50 00:03:09,190 --> 00:03:12,370 Estudo tras estudo e todos coa mesma conclusión. 51 00:03:12,370 --> 00:03:15,243 Hai pouco, o CDC levou a cabo unha enquisa 52 00:03:15,243 --> 00:03:18,480 onde lles preguntaba ós participantes se durante a semana anterior 53 00:03:18,480 --> 00:03:22,383 padeceran algún tipo de estrés relevante. 54 00:03:22,383 --> 00:03:26,120 As persoas maiores deron menos respostas afirmativas 55 00:03:26,120 --> 00:03:28,790 cá xente de media idade e cós novos. 56 00:03:29,500 --> 00:03:32,790 Noutra enquisa recente, o grupo Gallup preguntoulles ós participantes 57 00:03:32,790 --> 00:03:37,803 canto estrés, inquedanzas ou enfado experimentaran o día anterior. 58 00:03:37,803 --> 00:03:39,000 O estrés, 59 00:03:39,000 --> 00:03:41,100 as inquedanzas 60 00:03:41,100 --> 00:03:42,110 e o enfado sufridos, 61 00:03:42,110 --> 00:03:44,310 todos, reducíanse coa idade. 62 00:03:45,700 --> 00:03:48,650 Os sociólogos chámanlle o paradoxo do envellecemento. 63 00:03:48,650 --> 00:03:51,720 Quero dicir, despois de todo, envellecer non é tarefa doada. 64 00:03:51,720 --> 00:03:57,000 Fixémonos todo tipo de preguntas para tentar resolver o misterio. 65 00:03:57,000 --> 00:04:02,808 Preguntámonos se quizais as xeracións actuais de xente maior 66 00:04:03,008 --> 00:04:06,000 son, e foron sempre, as mellores da historia. 67 00:04:06,530 --> 00:04:11,164 Isto implica que a mocidade de hoxe en día poida non experimentar esta melloría 68 00:04:11,164 --> 00:04:13,000 cando avellente. 69 00:04:13,290 --> 00:04:18,634 Preguntámonos se quizais os vellos se comportan dunha maneira máis positiva 70 00:04:18,634 --> 00:04:21,224 porque senón a súa existencia sería deprimente. 71 00:04:21,224 --> 00:04:22,630 (Risas) 72 00:04:22,630 --> 00:04:25,520 Pero canto máis tentabamos refutar este achado, 73 00:04:25,520 --> 00:04:28,660 máis evidencias atopabamos no seu favor. 74 00:04:29,300 --> 00:04:31,879 Hai anos, os meus colegas e máis eu comezamos un estudo 75 00:04:31,879 --> 00:04:35,030 no que seguimos durante 10 anos ó mesmo grupo de persoas. 76 00:04:35,030 --> 00:04:38,000 Ó comezo, a nosa mostra contiña suxeitos entre 18 e 94 anos. 77 00:04:38,280 --> 00:04:43,164 Estudamos se as experiencias emocionais mudaban conforme avellaban e como ocorría. 78 00:04:43,464 --> 00:04:48,381 Démoslle ós participantes un interfono durante unha semana 79 00:04:48,471 --> 00:04:51,879 e chamabámolos a calquera hora do día ou da noite. 80 00:04:51,879 --> 00:04:55,855 Cada vez que o faciamos tiñan que responder varias preguntas: 81 00:04:55,855 --> 00:04:58,775 "Nunha escala do un ao sete, cal é o seu nivel de felicidade?" 82 00:04:58,775 --> 00:05:00,370 "o seu nivel de tristura?" 83 00:05:00,370 --> 00:05:02,560 "o seu nivel de frustración?" 84 00:05:02,560 --> 00:05:08,549 Deste xeito podiamos monitorizar as súas emocións e sentimentos decotío. 85 00:05:08,926 --> 00:05:12,073 Empregando os datos obtidos no estudo, 86 00:05:12,073 --> 00:05:16,290 atopamos que non é que unha xeración en particular 87 00:05:16,290 --> 00:05:18,260 o faga mellor cás outras, 88 00:05:18,360 --> 00:05:21,320 senón que son os mesmos individuos ó longo do tempo 89 00:05:21,320 --> 00:05:26,177 os que van mellorando o seu nivel de felicidade. 90 00:05:26,177 --> 00:05:30,589 Podedes ver esta lixeira baixada en idades moi avanzadas. 91 00:05:30,589 --> 00:05:32,349 Hai unha lixeira baixada, 92 00:05:32,349 --> 00:05:37,420 pero de ningunha maneira chega ós niveis que vemos ó comezo da idade adulta. 93 00:05:38,440 --> 00:05:45,820 É unha xeneralización afirmar que os vellos son máis felices. 94 00:05:46,460 --> 00:05:49,225 No noso estudo son máis positivos. 95 00:05:49,812 --> 00:05:53,961 Pero tamén son máis propensos ás emocións mesturadas. 96 00:05:54,321 --> 00:05:56,908 Tristura ó mesmo tempo que ledicia. 97 00:05:56,908 --> 00:06:00,920 Como aquelas bágoas nos ollos cando lle sorrimos a un amigo. 98 00:06:01,624 --> 00:06:07,263 Outro estudo suxire, que os maiores toleran e aceptan mellor 99 00:06:07,263 --> 00:06:10,342 o pesadume cós adultos novos. 100 00:06:10,342 --> 00:06:13,240 Sospeitamos que este feito pode axudar a explicar 101 00:06:13,240 --> 00:06:16,030 por que os maiores teñen máis destreza cá xente nova 102 00:06:16,030 --> 00:06:20,310 á hora de lidar con conflitos e debates acalorados. 103 00:06:21,990 --> 00:06:28,056 Os anciáns poden ver as inxustizas con compaixón, sen desesperanza. 104 00:06:29,000 --> 00:06:33,700 En circunstancias semellantes, dirixen os seus recursos cognitivos, 105 00:06:33,700 --> 00:06:37,025 por exemplo a atención e a memoria, cara á información positiva 106 00:06:37,025 --> 00:06:38,600 en vez de facelo cara á negativa. 107 00:06:38,600 --> 00:06:41,993 Se lles mostramos a anciáns, adultos de media idade e mozos 108 00:06:41,993 --> 00:06:43,747 imaxes como as da pantalla, 109 00:06:44,637 --> 00:06:49,379 e despois lles pedimos que recorden tantas como poidan; 110 00:06:49,770 --> 00:06:52,220 os maiores, ó revés cós máis novos, 111 00:06:52,220 --> 00:06:56,000 lembrarán máis imaxes positivas ca negativas. 112 00:06:56,345 --> 00:06:59,406 Pedímoslles a vellos e mozos que contemplasen expresións faciais 113 00:06:59,406 --> 00:07:00,698 nun estudo de laboratorio, 114 00:07:00,698 --> 00:07:02,680 unhas serias, outras sorrindo... 115 00:07:02,680 --> 00:07:07,780 Os maiores miraban cara ós sorrisos evitando xestos enfurruñados e enfadados. 116 00:07:09,010 --> 00:07:14,276 No día a día, isto tradúcese nun nivel maior de gozo e satisfacción. 117 00:07:16,270 --> 00:07:20,775 Pero como bos sociólogos, continuamos pescudando outras opcións. 118 00:07:20,775 --> 00:07:24,430 Dixemos, quizais os maiores refiren emocións máis positivas 119 00:07:24,430 --> 00:07:27,229 por mor dun déficit cognitivo. 120 00:07:27,434 --> 00:07:29,114 (Risas) 121 00:07:30,640 --> 00:07:32,876 Pensamos, podería ser que as emocións positivas 122 00:07:32,876 --> 00:07:35,771 son máis doadas de procesar cás emocións negativas, 123 00:07:35,771 --> 00:07:38,596 de xeito que eliximos as positivas co paso do tempo? 124 00:07:38,846 --> 00:07:40,896 Quizais os centros neuronais do noso cerebro 125 00:07:40,896 --> 00:07:45,000 atópanse tan degradados que non poden procesar emocións negativas. 126 00:07:45,550 --> 00:07:47,000 Pero non é o caso. 127 00:07:47,531 --> 00:07:53,963 Os anciáns máis espelidos son os que mostran máis positivismo. 128 00:07:54,773 --> 00:07:57,066 Así e todo, cando a situación o require, 129 00:07:57,066 --> 00:08:01,929 os maiores procesan a información negativa tan ben como a positiva. 130 00:08:02,349 --> 00:08:04,500 Como pode ser? 131 00:08:05,810 --> 00:08:09,590 Na nosa investigación achamos que estes cambios 132 00:08:09,590 --> 00:08:14,817 fundaméntanse na facultade humana de percibir o tempo, 133 00:08:15,067 --> 00:08:17,068 non só o ditado polo reloxo ou calendario, 134 00:08:17,068 --> 00:08:18,500 senón o tempo vital. 135 00:08:19,000 --> 00:08:21,000 É o paradoxo de avellar, 136 00:08:21,632 --> 00:08:26,635 ó saber que non viviremos eternamente mudamos a nosa perspectiva na vida 137 00:08:26,635 --> 00:08:29,014 cara a unha máis positiva. 138 00:08:30,164 --> 00:08:35,049 Cando o final da vida é distante e incerto como acontece na xuventude, 139 00:08:35,049 --> 00:08:40,740 preparámonos decontino, tentando absorber toda a información que podemos, 140 00:08:40,740 --> 00:08:42,864 corremos riscos, exploramos. 141 00:08:42,864 --> 00:08:45,420 Quizais pasemos tempo con xente que non nos gusta 142 00:08:45,920 --> 00:08:48,000 porque, dalgún xeito, é interesante. 143 00:08:48,000 --> 00:08:50,568 Quizais aprendamos algo insospeitado! 144 00:08:50,568 --> 00:08:52,000 (Risas) 145 00:08:52,370 --> 00:08:54,241 Vamos a citas a cegas. 146 00:08:54,241 --> 00:08:57,288 (Risas) 147 00:08:57,288 --> 00:09:00,740 Despois de todo, se non funciona sempre haberá un mañá. 148 00:09:01,940 --> 00:09:03,105 A xente de máis de 50, 149 00:09:03,347 --> 00:09:04,669 non vai a citas a cegas. 150 00:09:04,669 --> 00:09:11,257 (Risas e aplausos) 151 00:09:11,927 --> 00:09:13,250 Cando envellecemos, 152 00:09:13,250 --> 00:09:17,953 os nosos horizontes acúrtanse e os nosos obxectivos mudan. 153 00:09:18,230 --> 00:09:21,270 Decatámonos de que non temos todo o tempo do mundo 154 00:09:21,270 --> 00:09:24,030 e vemos máis claras as nosas prioridades. 155 00:09:24,160 --> 00:09:26,548 Non perdemos o tempo con problemas banais. 156 00:09:26,768 --> 00:09:28,290 Gozamos da vida. 157 00:09:28,950 --> 00:09:30,611 Somos máis comprensivos, 158 00:09:30,611 --> 00:09:32,759 máis abertos á reconciliación. 159 00:09:33,300 --> 00:09:36,147 Centrámonos na parte emocional do que nos rodea, 160 00:09:36,147 --> 00:09:38,601 a nosa existencia mellora 161 00:09:39,190 --> 00:09:41,810 e somos máis felices, no día a día. 162 00:09:42,120 --> 00:09:44,180 Mais ese cambio de actitude, 163 00:09:44,180 --> 00:09:48,576 lévanos a ser menos tolerantes coas inxustizas. 164 00:09:49,866 --> 00:09:54,599 En 2015, haberá máis persoas nos Estados Unidos 165 00:09:54,599 --> 00:09:58,250 maiores de 60 anos, ca menores de 15 anos. 166 00:09:59,985 --> 00:10:04,401 Cal é o futuro das sociedades cunha pirámide poboacional invertida? 167 00:10:05,295 --> 00:10:08,650 As cifras non serán determinantes. 168 00:10:08,650 --> 00:10:11,096 A cultura si. 169 00:10:12,000 --> 00:10:15,341 Se investimos en ciencia e tecnoloxía 170 00:10:15,341 --> 00:10:19,390 para atopar solucións ós problemas cos que se enfrontan os anciáns 171 00:10:19,990 --> 00:10:26,497 e aproveitamos os seus puntos fortes, 172 00:10:26,740 --> 00:10:30,956 entón, o incremento da esperanza de vida pode mellorar a calidade desta 173 00:10:31,216 --> 00:10:33,000 en tódalas franxas de idade. 174 00:10:33,750 --> 00:10:36,827 As sociedades, con millóns de persoas talentosas 175 00:10:36,827 --> 00:10:39,837 que acadaron a estabilidade emocional e que gozan de boa saúde 176 00:10:39,837 --> 00:10:43,295 e unha educación superior que calquera xeración anterior, 177 00:10:43,295 --> 00:10:47,133 cargadas de coñecemento sobre os asuntos prácticos da vida 178 00:10:47,133 --> 00:10:51,197 e motivadas para remediar os grandes problemas que arrostramos, 179 00:10:52,137 --> 00:10:57,116 poden chegar a ser as mellores sociedades da historia. 180 00:10:59,220 --> 00:11:02,763 Ó meu pai, que ten 92 anos, gústalle dicir: 181 00:11:03,750 --> 00:11:06,781 "Deixade de falar de como salvar ós vellos 182 00:11:07,341 --> 00:11:12,001 e empezade a facelo de como eles nos poden salvar a todos" 183 00:11:12,205 --> 00:11:13,775 (Risas) 184 00:11:13,775 --> 00:11:14,830 Grazas. 185 00:11:14,830 --> 00:11:17,760 (Aplausos)