0:00:00.490,0:00:01.992 Vivimos cada vez máis anos 0:00:01.992,0:00:04.572 e as sociedades avelléntase. 0:00:04.957,0:00:06.791 Témolo escoitado moitas veces. 0:00:06.950,0:00:08.692 Lémolo nos xornais. 0:00:08.692,0:00:10.491 Vémolo na televisión. 0:00:10.952,0:00:12.240 As veces preocúpame que, 0:00:12.240,0:00:14.093 de ouvir a mesma cantilena tan a miúdo, 0:00:14.093,0:00:21.140 xa teñamos interiorizada a lonxevidade,[br]sen decatarnos do que implica. 0:00:21.490,0:00:23.789 Pero non nos enganemos, 0:00:24.000,0:00:30.210 vivir máis anos pode, e eu creo, [br]poderá, mellorar a calidade de vida 0:00:30.270,0:00:32.570 en tódalas franxas de idade. 0:00:33.160,0:00:37.260 Para poñer isto en perspectiva,[br]permitídeme xeneralizar. 0:00:37.840,0:00:43.786 Aumentou máis a esperanza de vida[br]ó longo do século XX 0:00:44.700,0:00:51.818 que en toda a nosa existencia previa 0:00:51.818,0:00:55.187 dende a aparición do ser humano. 0:00:55.346,0:00:56.600 Nun chiscar de ollos, 0:00:56.600,0:01:00.332 dobramos a cantidade de tempo que vivimos. 0:01:01.290,0:01:04.240 Se algunha vez sentides[br]que non levades ben isto de envellecer, 0:01:04.240,0:01:06.000 non desacouguedes. 0:01:06.000,0:01:08.000 É unha novidade para todos nós. 0:01:08.340,0:01:15.940 Mentres a esperanza de vida se disparaba,[br]a taxa de fertilidade caía de capitón. 0:01:16.400,0:01:20.826 Por mor disto, a pirámide que representaba[br]a distribución da poboación 0:01:20.826,0:01:25.380 segundo a súa idade, e que adoitaba ter[br]unha base ampla, composta por xente nova 0:01:25.380,0:01:29.471 e un cumio estreito, formado por anciáns,[br]que acadaban idades moi avanzadas; 0:01:29.471,0:01:33.900 estase convertendo nun rectángulo. 0:01:35.480,0:01:39.510 Se sodes o tipo de xente que ten arrepíos[br]cando se fala de estatística poboacional, 0:01:39.670,0:01:40.740 (Risas) 0:01:40.740,0:01:42.780 preparádevos. 0:01:42.780,0:01:47.630 Porque por primeira vez na historia, 0:01:47.630,0:01:51.370 a maior parte dos meniños, [br]que nacen no mundo desenvolvido, 0:01:51.370,0:01:55.550 teñen a oportunidade de chegar á vellez. 0:01:57.250,0:01:59.260 Como chegamos a este punto? 0:01:59.380,0:02:03.500 Non somos xeneticamente máis fortes[br]cós nosos predecesores hai 10.000 anos. 0:02:03.500,0:02:08.163 O incremento da esperanza de vida[br]débese á cultura, 0:02:08.183,0:02:12.256 ese crisol en que se mestura[br]a ciencia coa tecnoloxía, 0:02:12.256,0:02:18.100 con grandes trocos no comportamento[br]que favoreceron a nosa saúde e benestar. 0:02:18.960,0:02:21.466 Mediante cambios culturais, 0:02:21.466,0:02:25.390 os nosos antepasados [br]case eliminaron a morte prematura, 0:02:25.390,0:02:28.298 propiciando que, hoxe en día,[br]poidamos vivir moitos máis anos. 0:02:29.260,0:02:32.310 Pero agora, atopámonos con problemas[br]asociados co envellecemento, 0:02:32.310,0:02:34.749 como doenzas, pobreza [br]ou perda do status social. 0:02:34.749,0:02:37.000 Non é momento de poñerse a durmir. 0:02:37.750,0:02:39.913 Canto máis aprendemos [br]sobre o envellecemento, 0:02:39.913,0:02:46.003 máis claro temos que é incorrecto [br]asocialo coa deterioración de facultades. 0:02:46.960,0:02:49.986 Envellecer achega [br]melloramentos considerábeis, 0:02:49.986,0:02:58.832 máis coñecemento, experiencia [br]e melloría emocional. 0:03:00.172,0:03:03.810 Así é, os vellos son felices. 0:03:04.000,0:03:08.000 De feito, son máis felices[br]que a xente de media idade e os mozos. 0:03:08.000,0:03:09.190 (Risas) 0:03:09.190,0:03:12.370 Estudo tras estudo[br]e todos coa mesma conclusión. 0:03:12.370,0:03:15.243 Hai pouco, o CDC levou a cabo unha enquisa 0:03:15.243,0:03:18.480 onde lles preguntaba ós participantes[br]se durante a semana anterior 0:03:18.480,0:03:22.383 padeceran algún tipo de estrés relevante. 0:03:22.383,0:03:26.120 As persoas maiores deron [br]menos respostas afirmativas 0:03:26.120,0:03:28.790 cá xente de media idade e cós novos. 0:03:29.500,0:03:32.790 Noutra enquisa recente, o grupo Gallup[br]preguntoulles ós participantes 0:03:32.790,0:03:37.803 canto estrés, inquedanzas ou enfado[br]experimentaran o día anterior. 0:03:37.803,0:03:39.000 O estrés, 0:03:39.000,0:03:41.100 as inquedanzas 0:03:41.100,0:03:42.110 e o enfado sufridos, 0:03:42.110,0:03:44.310 todos, reducíanse coa idade. 0:03:45.700,0:03:48.650 Os sociólogos chámanlle [br]o paradoxo do envellecemento. 0:03:48.650,0:03:51.720 Quero dicir, despois de todo,[br]envellecer non é tarefa doada. 0:03:51.720,0:03:57.000 Fixémonos todo tipo de preguntas[br]para tentar resolver o misterio. 0:03:57.000,0:04:02.808 Preguntámonos se quizais[br]as xeracións actuais de xente maior 0:04:03.008,0:04:06.000 son, e foron sempre,[br]as mellores da historia. 0:04:06.530,0:04:11.164 Isto implica que a mocidade de hoxe en día[br]poida non experimentar esta melloría 0:04:11.164,0:04:13.000 cando avellente. 0:04:13.290,0:04:18.634 Preguntámonos se quizais os vellos[br]se comportan dunha maneira máis positiva 0:04:18.634,0:04:21.224 porque senón a súa existencia[br]sería deprimente. 0:04:21.224,0:04:22.630 (Risas) 0:04:22.630,0:04:25.520 Pero canto máis tentabamos[br]refutar este achado, 0:04:25.520,0:04:28.660 máis evidencias atopabamos no seu favor. 0:04:29.300,0:04:31.879 Hai anos, os meus colegas e máis eu[br]comezamos un estudo 0:04:31.879,0:04:35.030 no que seguimos durante 10 anos [br]ó mesmo grupo de persoas. 0:04:35.030,0:04:38.000 Ó comezo, a nosa mostra [br]contiña suxeitos entre 18 e 94 anos. 0:04:38.280,0:04:43.164 Estudamos se as experiencias emocionais[br]mudaban conforme avellaban e como ocorría. 0:04:43.464,0:04:48.381 Démoslle ós participantes un interfono[br]durante unha semana 0:04:48.471,0:04:51.879 e chamabámolos a calquera hora[br]do día ou da noite. 0:04:51.879,0:04:55.855 Cada vez que o faciamos[br]tiñan que responder varias preguntas: 0:04:55.855,0:04:58.775 "Nunha escala do un ao sete,[br]cal é o seu nivel de felicidade?" 0:04:58.775,0:05:00.370 "o seu nivel de tristura?" 0:05:00.370,0:05:02.560 "o seu nivel de frustración?" 0:05:02.560,0:05:08.549 Deste xeito podiamos monitorizar[br]as súas emocións e sentimentos decotío. 0:05:08.926,0:05:12.073 Empregando os datos obtidos no estudo, 0:05:12.073,0:05:16.290 atopamos que non é[br]que unha xeración en particular 0:05:16.290,0:05:18.260 o faga mellor cás outras, 0:05:18.360,0:05:21.320 senón que son os mesmos individuos[br]ó longo do tempo 0:05:21.320,0:05:26.177 os que van mellorando[br]o seu nivel de felicidade. 0:05:26.177,0:05:30.589 Podedes ver esta lixeira baixada[br]en idades moi avanzadas. 0:05:30.589,0:05:32.349 Hai unha lixeira baixada, 0:05:32.349,0:05:37.420 pero de ningunha maneira chega ós niveis[br]que vemos ó comezo da idade adulta. 0:05:38.440,0:05:45.820 É unha xeneralización afirmar[br]que os vellos son máis felices. 0:05:46.460,0:05:49.225 No noso estudo son máis positivos. 0:05:49.812,0:05:53.961 Pero tamén son máis propensos[br]ás emocións mesturadas. 0:05:54.321,0:05:56.908 Tristura ó mesmo tempo que ledicia. 0:05:56.908,0:06:00.920 Como aquelas bágoas nos ollos[br]cando lle sorrimos a un amigo. 0:06:01.624,0:06:07.263 Outro estudo suxire, [br]que os maiores toleran e aceptan mellor 0:06:07.263,0:06:10.342 o pesadume cós adultos novos. 0:06:10.342,0:06:13.240 Sospeitamos que este feito [br]pode axudar a explicar 0:06:13.240,0:06:16.030 por que os maiores [br]teñen máis destreza cá xente nova 0:06:16.030,0:06:20.310 á hora de lidar con conflitos [br]e debates acalorados. 0:06:21.990,0:06:28.056 Os anciáns poden ver as inxustizas[br]con compaixón, sen desesperanza. 0:06:29.000,0:06:33.700 En circunstancias semellantes,[br]dirixen os seus recursos cognitivos, 0:06:33.700,0:06:37.025 por exemplo a atención e a memoria,[br]cara á información positiva 0:06:37.025,0:06:38.600 en vez de facelo cara á negativa. 0:06:38.600,0:06:41.993 Se lles mostramos a anciáns, [br]adultos de media idade e mozos 0:06:41.993,0:06:43.747 imaxes como as da pantalla, 0:06:44.637,0:06:49.379 e despois lles pedimos que recorden[br]tantas como poidan; 0:06:49.770,0:06:52.220 os maiores, ó revés cós máis novos, 0:06:52.220,0:06:56.000 lembrarán máis imaxes [br]positivas ca negativas. 0:06:56.345,0:06:59.406 Pedímoslles a vellos e mozos[br]que contemplasen expresións faciais 0:06:59.406,0:07:00.698 nun estudo de laboratorio, 0:07:00.698,0:07:02.680 unhas serias, outras sorrindo... 0:07:02.680,0:07:07.780 Os maiores miraban cara ós sorrisos [br]evitando xestos enfurruñados e enfadados. 0:07:09.010,0:07:14.276 No día a día, isto tradúcese[br]nun nivel maior de gozo e satisfacción. 0:07:16.270,0:07:20.775 Pero como bos sociólogos,[br]continuamos pescudando outras opcións. 0:07:20.775,0:07:24.430 Dixemos, quizais os maiores refiren[br]emocións máis positivas 0:07:24.430,0:07:27.229 por mor dun déficit cognitivo. 0:07:27.434,0:07:29.114 (Risas) 0:07:30.640,0:07:32.876 Pensamos, podería ser [br]que as emocións positivas 0:07:32.876,0:07:35.771 son máis doadas de procesar[br]cás emocións negativas, 0:07:35.771,0:07:38.596 de xeito que eliximos as positivas[br]co paso do tempo? 0:07:38.846,0:07:40.896 Quizais os centros neuronais[br]do noso cerebro 0:07:40.896,0:07:45.000 atópanse tan degradados [br]que non poden procesar emocións negativas. 0:07:45.550,0:07:47.000 Pero non é o caso. 0:07:47.531,0:07:53.963 Os anciáns máis espelidos[br]son os que mostran máis positivismo. 0:07:54.773,0:07:57.066 Así e todo, cando a situación o require, 0:07:57.066,0:08:01.929 os maiores procesan a información negativa[br]tan ben como a positiva. 0:08:02.349,0:08:04.500 Como pode ser? 0:08:05.810,0:08:09.590 Na nosa investigación achamos [br]que estes cambios 0:08:09.590,0:08:14.817 fundaméntanse na facultade humana[br]de percibir o tempo, 0:08:15.067,0:08:17.068 non só o ditado polo reloxo ou calendario, 0:08:17.068,0:08:18.500 senón o tempo vital. 0:08:19.000,0:08:21.000 É o paradoxo de avellar, 0:08:21.632,0:08:26.635 ó saber que non viviremos eternamente[br]mudamos a nosa perspectiva na vida 0:08:26.635,0:08:29.014 cara a unha máis positiva. 0:08:30.164,0:08:35.049 Cando o final da vida é distante e incerto[br]como acontece na xuventude, 0:08:35.049,0:08:40.740 preparámonos decontino, tentando absorber[br]toda a información que podemos, 0:08:40.740,0:08:42.864 corremos riscos, exploramos. 0:08:42.864,0:08:45.420 Quizais pasemos tempo [br]con xente que non nos gusta 0:08:45.920,0:08:48.000 porque, dalgún xeito, é interesante. 0:08:48.000,0:08:50.568 Quizais aprendamos algo insospeitado! 0:08:50.568,0:08:52.000 (Risas) 0:08:52.370,0:08:54.241 Vamos a citas a cegas. 0:08:54.241,0:08:57.288 (Risas) 0:08:57.288,0:09:00.740 Despois de todo, se non funciona[br]sempre haberá un mañá. 0:09:01.940,0:09:03.105 A xente de máis de 50, 0:09:03.347,0:09:04.669 non vai a citas a cegas. 0:09:04.669,0:09:11.257 (Risas e aplausos) 0:09:11.927,0:09:13.250 Cando envellecemos, 0:09:13.250,0:09:17.953 os nosos horizontes acúrtanse[br]e os nosos obxectivos mudan. 0:09:18.230,0:09:21.270 Decatámonos de que non temos [br]todo o tempo do mundo 0:09:21.270,0:09:24.030 e vemos máis claras as nosas prioridades. 0:09:24.160,0:09:26.548 Non perdemos o tempo con problemas banais. 0:09:26.768,0:09:28.290 Gozamos da vida. 0:09:28.950,0:09:30.611 Somos máis comprensivos, 0:09:30.611,0:09:32.759 máis abertos á reconciliación. 0:09:33.300,0:09:36.147 Centrámonos na parte emocional[br]do que nos rodea, 0:09:36.147,0:09:38.601 a nosa existencia mellora 0:09:39.190,0:09:41.810 e somos máis felices, no día a día. 0:09:42.120,0:09:44.180 Mais ese cambio de actitude, 0:09:44.180,0:09:48.576 lévanos a ser menos tolerantes [br]coas inxustizas. 0:09:49.866,0:09:54.599 En 2015, haberá máis persoas [br]nos Estados Unidos 0:09:54.599,0:09:58.250 maiores de 60 anos, ca menores de 15 anos. 0:09:59.985,0:10:04.401 Cal é o futuro das sociedades[br]cunha pirámide poboacional invertida? 0:10:05.295,0:10:08.650 As cifras non serán determinantes. 0:10:08.650,0:10:11.096 A cultura si. 0:10:12.000,0:10:15.341 Se investimos en ciencia e tecnoloxía 0:10:15.341,0:10:19.390 para atopar solucións ós problemas[br]cos que se enfrontan os anciáns 0:10:19.990,0:10:26.497 e aproveitamos os seus puntos fortes, 0:10:26.740,0:10:30.956 entón, o incremento da esperanza de vida[br]pode mellorar a calidade desta 0:10:31.216,0:10:33.000 en tódalas franxas de idade. 0:10:33.750,0:10:36.827 As sociedades, [br]con millóns de persoas talentosas 0:10:36.827,0:10:39.837 que acadaron a estabilidade emocional [br]e que gozan de boa saúde 0:10:39.837,0:10:43.295 e unha educación superior[br]que calquera xeración anterior, 0:10:43.295,0:10:47.133 cargadas de coñecemento [br]sobre os asuntos prácticos da vida 0:10:47.133,0:10:51.197 e motivadas para remediar [br]os grandes problemas que arrostramos, 0:10:52.137,0:10:57.116 poden chegar a ser[br]as mellores sociedades da historia. 0:10:59.220,0:11:02.763 Ó meu pai, que ten 92 anos, [br]gústalle dicir: 0:11:03.750,0:11:06.781 "Deixade de falar de como salvar ós vellos 0:11:07.341,0:11:12.001 e empezade a facelo de como eles [br]nos poden salvar a todos" 0:11:12.205,0:11:13.775 (Risas) 0:11:13.775,0:11:14.830 Grazas. 0:11:14.830,0:11:17.760 (Aplausos)