WEBVTT 00:00:00.490 --> 00:00:01.992 Vivimos cada vez máis anos 00:00:01.992 --> 00:00:04.572 e as sociedades avelléntase. 00:00:04.957 --> 00:00:06.791 Témolo escoitado moitas veces. 00:00:06.950 --> 00:00:08.692 Lémolo nos xornais. 00:00:08.692 --> 00:00:10.491 Vémolo na televisión. 00:00:10.952 --> 00:00:12.240 As veces preocúpame que, 00:00:12.240 --> 00:00:14.093 de ouvir a mesma cantilena tan a miúdo, 00:00:14.093 --> 00:00:21.140 xa teñamos interiorizada a lonxevidade, sen decatarnos do que implica. 00:00:21.490 --> 00:00:23.789 Pero non nos enganemos, 00:00:24.000 --> 00:00:30.210 vivir máis anos pode, e eu creo, poderá, mellorar a calidade de vida 00:00:30.270 --> 00:00:32.570 en tódalas franxas de idade. 00:00:33.160 --> 00:00:37.260 Para poñer isto en perspectiva, permitídeme xeneralizar. 00:00:37.840 --> 00:00:43.786 Aumentou máis a esperanza de vida ó longo do século XX 00:00:44.700 --> 00:00:51.818 que en toda a nosa existencia previa 00:00:51.818 --> 00:00:55.187 dende a aparición do ser humano. 00:00:55.346 --> 00:00:56.600 Nun chiscar de ollos, 00:00:56.600 --> 00:01:00.332 dobramos a cantidade de tempo que vivimos. 00:01:01.290 --> 00:01:04.240 Se algunha vez sentides que non levades ben isto de envellecer, 00:01:04.240 --> 00:01:06.000 non desacouguedes. 00:01:06.000 --> 00:01:08.000 É unha novidade para todos nós. 00:01:08.340 --> 00:01:15.940 Mentres a esperanza de vida se disparaba, a taxa de fertilidade caía de capitón. 00:01:16.400 --> 00:01:20.826 Por mor disto, a pirámide que representaba a distribución da poboación 00:01:20.826 --> 00:01:25.380 segundo a súa idade, e que adoitaba ter unha base ampla, composta por xente nova 00:01:25.380 --> 00:01:29.471 e un cumio estreito, formado por anciáns, que acadaban idades moi avanzadas; 00:01:29.471 --> 00:01:33.900 estase convertendo nun rectángulo. 00:01:35.480 --> 00:01:39.510 Se sodes o tipo de xente que ten arrepíos cando se fala de estatística poboacional, 00:01:39.670 --> 00:01:40.740 (Risas) 00:01:40.740 --> 00:01:42.780 preparádevos. 00:01:42.780 --> 00:01:47.630 Porque por primeira vez na historia, 00:01:47.630 --> 00:01:51.370 a maior parte dos meniños, que nacen no mundo desenvolvido, 00:01:51.370 --> 00:01:55.550 teñen a oportunidade de chegar á vellez. 00:01:57.250 --> 00:01:59.260 Como chegamos a este punto? 00:01:59.380 --> 00:02:03.500 Non somos xeneticamente máis fortes cós nosos predecesores hai 10.000 anos. 00:02:03.500 --> 00:02:08.163 O incremento da esperanza de vida débese á cultura, 00:02:08.183 --> 00:02:12.256 ese crisol en que se mestura a ciencia coa tecnoloxía, 00:02:12.256 --> 00:02:18.100 con grandes trocos no comportamento que favoreceron a nosa saúde e benestar. 00:02:18.960 --> 00:02:21.466 Mediante cambios culturais, 00:02:21.466 --> 00:02:25.390 os nosos antepasados case eliminaron a morte prematura, 00:02:25.390 --> 00:02:28.298 propiciando que, hoxe en día, poidamos vivir moitos máis anos. 00:02:29.260 --> 00:02:32.310 Pero agora, atopámonos con problemas asociados co envellecemento, 00:02:32.310 --> 00:02:34.749 como doenzas, pobreza ou perda do status social. 00:02:34.749 --> 00:02:37.000 Non é momento de poñerse a durmir. 00:02:37.750 --> 00:02:39.913 Canto máis aprendemos sobre o envellecemento, 00:02:39.913 --> 00:02:46.003 máis claro temos que é incorrecto asocialo coa deterioración de facultades. 00:02:46.960 --> 00:02:49.986 Envellecer achega melloramentos considerábeis, 00:02:49.986 --> 00:02:58.832 máis coñecemento, experiencia e melloría emocional. 00:03:00.172 --> 00:03:03.810 Así é, os vellos son felices. 00:03:04.000 --> 00:03:08.000 De feito, son máis felices que a xente de media idade e os mozos. 00:03:08.000 --> 00:03:09.190 (Risas) 00:03:09.190 --> 00:03:12.370 Estudo tras estudo e todos coa mesma conclusión. 00:03:12.370 --> 00:03:15.243 Hai pouco, o CDC levou a cabo unha enquisa 00:03:15.243 --> 00:03:18.480 onde lles preguntaba ós participantes se durante a semana anterior 00:03:18.480 --> 00:03:22.383 padeceran algún tipo de estrés relevante. 00:03:22.383 --> 00:03:26.120 As persoas maiores deron menos respostas afirmativas 00:03:26.120 --> 00:03:28.790 cá xente de media idade e cós novos. 00:03:29.500 --> 00:03:32.790 Noutra enquisa recente, o grupo Gallup preguntoulles ós participantes 00:03:32.790 --> 00:03:37.803 canto estrés, inquedanzas ou enfado experimentaran o día anterior. 00:03:37.803 --> 00:03:39.000 O estrés, 00:03:39.000 --> 00:03:41.100 as inquedanzas 00:03:41.100 --> 00:03:42.110 e o enfado sufridos, 00:03:42.110 --> 00:03:44.310 todos, reducíanse coa idade. 00:03:45.700 --> 00:03:48.650 Os sociólogos chámanlle o paradoxo do envellecemento. 00:03:48.650 --> 00:03:51.720 Quero dicir, despois de todo, envellecer non é tarefa doada. 00:03:51.720 --> 00:03:57.000 Fixémonos todo tipo de preguntas para tentar resolver o misterio. 00:03:57.000 --> 00:04:02.808 Preguntámonos se quizais as xeracións actuais de xente maior 00:04:03.008 --> 00:04:06.000 son, e foron sempre, as mellores da historia. 00:04:06.530 --> 00:04:11.164 Isto implica que a mocidade de hoxe en día poida non experimentar esta melloría 00:04:11.164 --> 00:04:13.000 cando avellente. 00:04:13.290 --> 00:04:18.634 Preguntámonos se quizais os vellos se comportan dunha maneira máis positiva 00:04:18.634 --> 00:04:21.224 porque senón a súa existencia sería deprimente. 00:04:21.224 --> 00:04:22.630 (Risas) 00:04:22.630 --> 00:04:25.520 Pero canto máis tentabamos refutar este achado, 00:04:25.520 --> 00:04:28.660 máis evidencias atopabamos no seu favor. 00:04:29.300 --> 00:04:31.879 Hai anos, os meus colegas e máis eu comezamos un estudo 00:04:31.879 --> 00:04:35.030 no que seguimos durante 10 anos ó mesmo grupo de persoas. 00:04:35.030 --> 00:04:38.000 Ó comezo, a nosa mostra contiña suxeitos entre 18 e 94 anos. 00:04:38.280 --> 00:04:43.164 Estudamos se as experiencias emocionais mudaban conforme avellaban e como ocorría. 00:04:43.464 --> 00:04:48.381 Démoslle ós participantes un interfono durante unha semana 00:04:48.471 --> 00:04:51.879 e chamabámolos a calquera hora do día ou da noite. 00:04:51.879 --> 00:04:55.855 Cada vez que o faciamos tiñan que responder varias preguntas: 00:04:55.855 --> 00:04:58.775 "Nunha escala do un ao sete, cal é o seu nivel de felicidade?" 00:04:58.775 --> 00:05:00.370 "o seu nivel de tristura?" 00:05:00.370 --> 00:05:02.560 "o seu nivel de frustración?" 00:05:02.560 --> 00:05:08.549 Deste xeito podiamos monitorizar as súas emocións e sentimentos decotío. 00:05:08.926 --> 00:05:12.073 Empregando os datos obtidos no estudo, 00:05:12.073 --> 00:05:16.290 atopamos que non é que unha xeración en particular 00:05:16.290 --> 00:05:18.260 o faga mellor cás outras, 00:05:18.360 --> 00:05:21.320 senón que son os mesmos individuos ó longo do tempo 00:05:21.320 --> 00:05:26.177 os que van mellorando o seu nivel de felicidade. 00:05:26.177 --> 00:05:30.589 Podedes ver esta lixeira baixada en idades moi avanzadas. 00:05:30.589 --> 00:05:32.349 Hai unha lixeira baixada, 00:05:32.349 --> 00:05:37.420 pero de ningunha maneira chega ós niveis que vemos ó comezo da idade adulta. 00:05:38.440 --> 00:05:45.820 É unha xeneralización afirmar que os vellos son máis felices. 00:05:46.460 --> 00:05:49.225 No noso estudo son máis positivos. 00:05:49.812 --> 00:05:53.961 Pero tamén son máis propensos ás emocións mesturadas. 00:05:54.321 --> 00:05:56.908 Tristura ó mesmo tempo que ledicia. 00:05:56.908 --> 00:06:00.920 Como aquelas bágoas nos ollos cando lle sorrimos a un amigo. 00:06:01.624 --> 00:06:07.263 Outro estudo suxire, que os maiores toleran e aceptan mellor 00:06:07.263 --> 00:06:10.342 o pesadume cós adultos novos. 00:06:10.342 --> 00:06:13.240 Sospeitamos que este feito pode axudar a explicar 00:06:13.240 --> 00:06:16.030 por que os maiores teñen máis destreza cá xente nova 00:06:16.030 --> 00:06:20.310 á hora de lidar con conflitos e debates acalorados. 00:06:21.990 --> 00:06:28.056 Os anciáns poden ver as inxustizas con compaixón, sen desesperanza. 00:06:29.000 --> 00:06:33.700 En circunstancias semellantes, dirixen os seus recursos cognitivos, 00:06:33.700 --> 00:06:37.025 por exemplo a atención e a memoria, cara á información positiva 00:06:37.025 --> 00:06:38.600 en vez de facelo cara á negativa. 00:06:38.600 --> 00:06:41.993 Se lles mostramos a anciáns, adultos de media idade e mozos 00:06:41.993 --> 00:06:43.747 imaxes como as da pantalla, 00:06:44.637 --> 00:06:49.379 e despois lles pedimos que recorden tantas como poidan; 00:06:49.770 --> 00:06:52.220 os maiores, ó revés cós máis novos, 00:06:52.220 --> 00:06:56.000 lembrarán máis imaxes positivas ca negativas. 00:06:56.345 --> 00:06:59.406 Pedímoslles a vellos e mozos que contemplasen expresións faciais 00:06:59.406 --> 00:07:00.698 nun estudo de laboratorio, 00:07:00.698 --> 00:07:02.680 unhas serias, outras sorrindo... 00:07:02.680 --> 00:07:07.780 Os maiores miraban cara ós sorrisos evitando xestos enfurruñados e enfadados. 00:07:09.010 --> 00:07:14.276 No día a día, isto tradúcese nun nivel maior de gozo e satisfacción. 00:07:16.270 --> 00:07:20.775 Pero como bos sociólogos, continuamos pescudando outras opcións. 00:07:20.775 --> 00:07:24.430 Dixemos, quizais os maiores refiren emocións máis positivas 00:07:24.430 --> 00:07:27.229 por mor dun déficit cognitivo. 00:07:27.434 --> 00:07:29.114 (Risas) 00:07:30.640 --> 00:07:32.876 Pensamos, podería ser que as emocións positivas 00:07:32.876 --> 00:07:35.771 son máis doadas de procesar cás emocións negativas, 00:07:35.771 --> 00:07:38.596 de xeito que eliximos as positivas co paso do tempo? 00:07:38.846 --> 00:07:40.896 Quizais os centros neuronais do noso cerebro 00:07:40.896 --> 00:07:45.000 atópanse tan degradados que non poden procesar emocións negativas. 00:07:45.550 --> 00:07:47.000 Pero non é o caso. 00:07:47.531 --> 00:07:53.963 Os anciáns máis espelidos son os que mostran máis positivismo. 00:07:54.773 --> 00:07:57.066 Así e todo, cando a situación o require, 00:07:57.066 --> 00:08:01.929 os maiores procesan a información negativa tan ben como a positiva. 00:08:02.349 --> 00:08:04.500 Como pode ser? 00:08:05.810 --> 00:08:09.590 Na nosa investigación achamos que estes cambios 00:08:09.590 --> 00:08:14.817 fundaméntanse na facultade humana de percibir o tempo, 00:08:15.067 --> 00:08:17.068 non só o ditado polo reloxo ou calendario, 00:08:17.068 --> 00:08:18.500 senón o tempo vital. 00:08:19.000 --> 00:08:21.000 É o paradoxo de avellar, 00:08:21.632 --> 00:08:26.635 ó saber que non viviremos eternamente mudamos a nosa perspectiva na vida 00:08:26.635 --> 00:08:29.014 cara a unha máis positiva. 00:08:30.164 --> 00:08:35.049 Cando o final da vida é distante e incerto como acontece na xuventude, 00:08:35.049 --> 00:08:40.740 preparámonos decontino, tentando absorber toda a información que podemos, 00:08:40.740 --> 00:08:42.864 corremos riscos, exploramos. 00:08:42.864 --> 00:08:45.420 Quizais pasemos tempo con xente que non nos gusta 00:08:45.920 --> 00:08:48.000 porque, dalgún xeito, é interesante. 00:08:48.000 --> 00:08:50.568 Quizais aprendamos algo insospeitado! 00:08:50.568 --> 00:08:52.000 (Risas) 00:08:52.370 --> 00:08:54.241 Vamos a citas a cegas. 00:08:54.241 --> 00:08:57.288 (Risas) 00:08:57.288 --> 00:09:00.740 Despois de todo, se non funciona sempre haberá un mañá. 00:09:01.940 --> 00:09:03.105 A xente de máis de 50, 00:09:03.347 --> 00:09:04.669 non vai a citas a cegas. 00:09:04.669 --> 00:09:11.257 (Risas e aplausos) 00:09:11.927 --> 00:09:13.250 Cando envellecemos, 00:09:13.250 --> 00:09:17.953 os nosos horizontes acúrtanse e os nosos obxectivos mudan. 00:09:18.230 --> 00:09:21.270 Decatámonos de que non temos todo o tempo do mundo 00:09:21.270 --> 00:09:24.030 e vemos máis claras as nosas prioridades. 00:09:24.160 --> 00:09:26.548 Non perdemos o tempo con problemas banais. 00:09:26.768 --> 00:09:28.290 Gozamos da vida. 00:09:28.950 --> 00:09:30.611 Somos máis comprensivos, 00:09:30.611 --> 00:09:32.759 máis abertos á reconciliación. 00:09:33.300 --> 00:09:36.147 Centrámonos na parte emocional do que nos rodea, 00:09:36.147 --> 00:09:38.601 a nosa existencia mellora 00:09:39.190 --> 00:09:41.810 e somos máis felices, no día a día. 00:09:42.120 --> 00:09:44.180 Mais ese cambio de actitude, 00:09:44.180 --> 00:09:48.576 lévanos a ser menos tolerantes coas inxustizas. 00:09:49.866 --> 00:09:54.599 En 2015, haberá máis persoas nos Estados Unidos 00:09:54.599 --> 00:09:58.250 maiores de 60 anos, ca menores de 15 anos. 00:09:59.985 --> 00:10:04.401 Cal é o futuro das sociedades cunha pirámide poboacional invertida? 00:10:05.295 --> 00:10:08.650 As cifras non serán determinantes. 00:10:08.650 --> 00:10:11.096 A cultura si. 00:10:12.000 --> 00:10:15.341 Se investimos en ciencia e tecnoloxía 00:10:15.341 --> 00:10:19.390 para atopar solucións ós problemas cos que se enfrontan os anciáns 00:10:19.990 --> 00:10:26.497 e aproveitamos os seus puntos fortes, 00:10:26.740 --> 00:10:30.956 entón, o incremento da esperanza de vida pode mellorar a calidade desta 00:10:31.216 --> 00:10:33.000 en tódalas franxas de idade. 00:10:33.750 --> 00:10:36.827 As sociedades, con millóns de persoas talentosas 00:10:36.827 --> 00:10:39.837 que acadaron a estabilidade emocional e que gozan de boa saúde 00:10:39.837 --> 00:10:43.295 e unha educación superior que calquera xeración anterior, 00:10:43.295 --> 00:10:47.133 cargadas de coñecemento sobre os asuntos prácticos da vida 00:10:47.133 --> 00:10:51.197 e motivadas para remediar os grandes problemas que arrostramos, 00:10:52.137 --> 00:10:57.116 poden chegar a ser as mellores sociedades da historia. 00:10:59.220 --> 00:11:02.763 Ó meu pai, que ten 92 anos, gústalle dicir: 00:11:03.750 --> 00:11:06.781 "Deixade de falar de como salvar ós vellos 00:11:07.341 --> 00:11:12.001 e empezade a facelo de como eles nos poden salvar a todos" 00:11:12.205 --> 00:11:13.775 (Risas) 00:11:13.775 --> 00:11:14.830 Grazas. 00:11:14.830 --> 00:11:17.760 (Aplausos)