Por que a medicina ten con frecuencia efectos secundarios perigosos para as mulleres?
-
0:01 - 0:03Todos nós imos ao médico.
-
0:05 - 0:09E imos con confianza e fe cega
-
0:09 - 0:13en que as probas que nos fan
e as medicacións que nos receitan -
0:13 - 0:16están baseadas nas probas
-
0:16 - 0:19--probas deseñadas para axudarnos.
-
0:20 - 0:26Aínda que a realidade é, que non sempre
foi así para todo o mundo. -
0:27 - 0:28Que pasaría se lles dixera
-
0:28 - 0:32que os descubrimentos da ciencia médica
ao longo do século pasado -
0:32 - 0:36estaban baseados só
na metade da poboación? -
0:36 - 0:38Eu son médica de urxencias.
-
0:39 - 0:42Formeime para estar preparada
nunha emerxencia médica. -
0:43 - 0:47Trátase de salvar vidas. É xenial, non si?
-
0:48 - 0:52Vale, hai moito nariz con mocos
e dedas esmagadas, -
0:52 - 0:55pero non importa quen entre
pola porta de Urxencias, -
0:55 - 0:58nós pedimos as mesmas probas,
-
0:58 - 1:00receitamos a mesma medicación,
-
1:00 - 1:04sen sequera pensar no sexo
ou no xénero dos nosos doentes. -
1:05 - 1:07Por que?
-
1:07 - 1:11Nunca nos ensinaron que
había diferenzas entre homes e mulleres. -
1:11 - 1:15Un estudo recente do Consello de Contas
revelou que o 80% dos medicamentos -
1:15 - 1:18retiráronse do mercado
-
1:18 - 1:20debido aos efectos secundarios
sobre as mulleres. -
1:21 - 1:23Así que pensemos niso un minuto.
-
1:23 - 1:27Por que descubrimos
os efectos secundarios sobre as mulleres -
1:27 - 1:31só despois de que un medicamento
se retire do mercado? -
1:31 - 1:37Saben que un fármaco tarda anos
en pasar de ser unha idea -
1:37 - 1:40a ser probado en células nun laboratorio,
-
1:40 - 1:42a estudos en animais,
-
1:42 - 1:44despois a ensaios clínicos en humanos,
-
1:45 - 1:48e ao final pasar un procedemento
para a súa aprobación, -
1:48 - 1:53ata estar dispoñible para que
o seu médico llo receite? -
1:54 - 1:58Por non mencionar, os miles de millóns
de dólares de financiamento -
1:58 - 2:00que supón todo ese proceso.
-
2:02 - 2:05Entón, por que descubrimos
efectos secundarios inaceptables -
2:05 - 2:09na metade da poboación
despois de pasar por todo isto? -
2:11 - 2:12Que está pasando?
-
2:13 - 2:17Pois resulta que esas células
empregadas nese laboratorio, -
2:17 - 2:19son células masculinas,
-
2:19 - 2:22e os animais empregados nos
estudos con animais eran machos, -
2:22 - 2:27e os ensaios clínicos fixéronse
case exclusivamente en homes. -
2:29 - 2:35Como se converteu o modelo masculino
no referente na investigación médica? -
2:35 - 2:39Vexamos un exemplo que se popularizou
nos medios de comunicación, -
2:39 - 2:42e ten que ver co somnífero Ambien.
-
2:42 - 2:47Ambien saíu ao mercado
hai vinte anos, -
2:47 - 2:51e dende entón, prescribíronse
centos de millóns de receitas, -
2:52 - 2:56sobre todo a mulleres, porque teñen
máis trastornos de sono que os homes. -
2:57 - 2:59Pero só este último ano,
-
2:59 - 3:03a Food and Drug Administration
recomendou reducir a dose á metade -
3:03 - 3:06só para as mulleres,
-
3:06 - 3:08porque se decataron de que a muller
metaboliza o medicamento -
3:08 - 3:11a un ritmo máis lento que o home,
-
3:11 - 3:13por isto espertan pola mañá
-
3:13 - 3:17cos efectos do medicamento
activos no seu organismo. -
3:17 - 3:21E entón, están somnolentas
e collen o coche, -
3:21 - 3:24e corren o risco
de ter accidentes de tráfico. -
3:25 - 3:29E eu non podo axudar, pero penso
como médica de urxencias, -
3:29 - 3:34cantos dos doentes aos que
atendín ao longo dos anos -
3:34 - 3:37tiveron un accidente de tráfico
-
3:37 - 3:40que posiblemente se puido evitar
-
3:40 - 3:45se se fixera esta análise, e se actuase
en consecuencia hai 20 anos -
3:45 - 3:47cando este medicamento se aprobou.
-
3:49 - 3:52Cantas outras cousas teñen que
ser analizadas por xénero? -
3:53 - 3:55Que máis estamos perdendo?
-
3:58 - 4:01A II Guerra Mundial cambiou
un montón de cousas, -
4:01 - 4:04e unha delas foi esta necesidade
de protexer a xente -
4:04 - 4:08de ser vítimas da investigación médica
sen consentimento informado. -
4:09 - 4:13Así que se estableceron guías e regras,
que eran moi necesarias, -
4:13 - 4:18en parte porque estaba este desexo
de protexer as mulleres en idade fértil -
4:18 - 4:21de entrar en calquera estudo
de investigación médica. -
4:22 - 4:27Había medo: e se lle pasaba algo
ao feto durante o estudo? -
4:27 - 4:29Quen sería o responsable?
-
4:30 - 4:32E por iso os científicos
ao mesmo tempo pensaron -
4:33 - 4:35que fora unha bendición disfrazada,
-
4:35 - 4:40porque --sexamos realistas-- os corpos
dos homes son bastante homoxéneos. -
4:41 - 4:44Non sofren o cambio constante
nos niveis de hormonas -
4:44 - 4:48que podería alterar a precisión dos datos
que se recollerían só en homes. -
4:49 - 4:52Era máis doado. Era máis barato.
-
4:54 - 4:56Sen mencionar, que daquela
había unha asunción xeral -
4:57 - 5:01de que homes e mulleres
eran parecidos en tódolos sentidos, -
5:01 - 5:04á parte dos seus órganos reprodutivos
e as hormonas sexuais. -
5:05 - 5:08Así que estaba decidido:
-
5:09 - 5:13a investigación médica
realizábase en homes, -
5:13 - 5:15e os resultados aplicábanse
ás mulleres máis tarde. -
5:17 - 5:21Que supuxo isto para a idea
de saúde das mulleres? -
5:21 - 5:25A saúde das mulleres converteuse
en sinónimo de reprodución: -
5:25 - 5:30peitos, ovarios, útero, embarazo.
-
5:30 - 5:33É o que agora coñecemos
como “medicina bikini”. -
5:34 - 5:37E isto mantívose así ata
preto da década de 1980, -
5:37 - 5:41cando este concepto foi cuestionado
pola comunidade médica -
5:41 - 5:45e polos responsables das políticas
públicas de saúde, ao decatárense de que -
5:45 - 5:49excluíndo as mulleres de tódolos
estudos de investigación médica -
5:49 - 5:53en realidade fixémoslles un fraco favor,
-
5:53 - 5:55xa que ademais dos temas reprodutivos,
-
5:55 - 5:58case non se sabía nada
sobre as necesidades propias -
5:58 - 5:59da doente muller.
-
6:01 - 6:07Dende aquela, unha chea de probas
saíron á luz -
6:07 - 6:12amosándonos como de diferentes son
homes e mulleres, en tódolos sentidos. -
6:17 - 6:20Sabedes que en medicina temos este dito:
-
6:20 - 6:23Os menores non son coma adultos pequenos.
-
6:25 - 6:27E dicímolo para lembrarnos
-
6:27 - 6:31de que os menores teñen unha fisioloxía
distinta dos adultos normais. -
6:33 - 6:38E por iso xurdiu
a especialidade de pediatría. -
6:38 - 6:44E agora facemos investigación en menores
para mellorar as súas vidas. -
6:45 - 6:48E eu sei que se pode dicir o mesmo
sobre as mulleres. -
6:48 - 6:53As mulleres non son homes
con peitos e trompas de Falopio. -
6:55 - 6:58Teñen a súa propia anatomía e fisioloxía
-
6:58 - 7:02que merece ser estudada
coa mesma intensidade. -
7:03 - 7:06Collamos como exemplo
o sistema cardiovascular. -
7:07 - 7:11Esta área médica esforzouse en comprender
-
7:11 - 7:15porque parece que homes e mulleres
teñen ataques cardíacos diferentes. -
7:16 - 7:21As cardiopatías son a primeira
causa de morte en homes e mulleres, -
7:21 - 7:26pero morren máis mulleres ca homes
no primeiro ano de ter o ataque. -
7:27 - 7:31Os homes vanse queixar
da esmagadora dor de peito-- -
7:31 - 7:34teñen un elefante sentado no peito.
-
7:34 - 7:36E chamamos a isto, típico.
-
7:38 - 7:41As mulleres tamén
teñen dor no peito. -
7:41 - 7:47Pero máis mulleres que homes
vanse queixar só de "non sentirse ben". -
7:49 - 7:52"parece como se me faltara vida",
-
7:52 - 7:54"só un pouco de cansazo ultimamente".
-
7:55 - 7:58E por algunha razón
chamámoslle a isto, atípico. -
7:58 - 8:02aínda que como xa dixen,
as mulleres son a metade da poboación. -
8:04 - 8:09Que probas temos
para axudar a explicar estas diferenzas? -
8:10 - 8:13Se miramos a anatomía,
-
8:13 - 8:19as arterias arredor do corazón
son máis pequenas en mulleres que en homes -
8:19 - 8:23e o xeito en que esas arterias
desenvolven a enfermidade é diferente -
8:23 - 8:25nelas ca neles.
-
8:26 - 8:31E as probas que usamos para determinar
se alguén poder ter un ataque ao corazón, -
8:31 - 8:36ben, inicialmente foron deseñadas,
probadas e perfeccionadas en homes, -
8:36 - 8:39e resulta que non son tan boas
para determinalo nas mulleres. -
8:40 - 8:43Se pensamos nos medicamentos
-
8:43 - 8:47--medicamentos comúns que utilizamos,
como a aspirina. -
8:48 - 8:52Dámoslle aspirina aos homes sans
para axudalos a previr o infarto, -
8:52 - 8:57pero sabedes que darlle
aspirina a unha muller sa -
8:57 - 8:58é en realidade prexudicial?
-
9:00 - 9:03Todo isto está a nos dicir
-
9:03 - 9:06que estamos rabuñando a superficie.
-
9:07 - 9:11A medicina de emerxencias
avanza moi rápido. -
9:12 - 9:15En cantas áreas vitais
para a supervivencia, -
9:15 - 9:19coma o cancro e o ictus,
-
9:19 - 9:23haberá diferenzas importantes entre
homes e mulleres que poderiamos utilizar? -
9:24 - 9:29Ou incluso, por que hai xente
que ten máis mocos no nariz -
9:29 - 9:31ca outra,
-
9:31 - 9:35ou porque os medicamentos para
aliviar a dor das dedas esmagadas -
9:35 - 9:38alivian a uns e a outros non?
-
9:41 - 9:47O Instituto de Medicina dixo que
cada célula ten un sexo. -
9:48 - 9:49E iso, que significa?
-
9:51 - 9:53O sexo é o ADN.
-
9:53 - 9:57O xénero é como alguén
se presenta a si mesmo en sociedade. -
9:58 - 10:00E estes dous poden non sempre conxeniar,
-
10:00 - 10:04como podemos comprobar
coa poboación transxénero. -
10:05 - 10:10Pero é importante decatarse disto
dende o momento da concepción, -
10:10 - 10:12cada célula nos nosos corpos
-
10:12 - 10:15--pel, pelo, corazón e pulmóns--
-
10:15 - 10:18contén o noso propio e único ADN,
-
10:18 - 10:22e ese ADN contén
os cromosomas que determinan -
10:22 - 10:27se seremos, feminino ou masculino,
home ou muller. -
10:28 - 10:30Pensábase que
-
10:30 - 10:34eses cromosomas que determinan o sexo,
representados aquí -
10:34 - 10:38--XY se es home, XX se es muller--
-
10:38 - 10:43só determinaban se ti nacerías
con ovarios ou testículos, -
10:43 - 10:47e eran as hormonas do sexo que
eses órganos producían -
10:47 - 10:51as responsables das diferenzas
que vemos no sexo oposto. -
10:53 - 10:58Pero agora sabemos que
esa teoría estaba equivocada -
10:58 - 11:00--ou polo menos, está un pouco incompleta.
-
11:00 - 11:05Menos mal que científicos como o Dr. Page
do Whitehead Institute, -
11:05 - 11:07que traballa no cromosoma Y,
-
11:07 - 11:09e o doutor Yang da UCLA,
-
11:09 - 11:15atoparon evidencias de que
eses cromosomas determinantes do sexo -
11:15 - 11:17presentes en cada célula do noso corpo
-
11:17 - 11:23permanecen activos durante
toda a nosa vida -
11:25 - 11:28e poderían ser os responsables
das diferenzas que vemos -
11:28 - 11:30na dosificación dos medicamentos,
-
11:30 - 11:33ou en por que hai diferenzas
entre homes e mulleres -
11:33 - 11:37na susceptibilidade e
gravidade das enfermidades. -
11:39 - 11:42Este novo coñecemento
é un punto de inflexión, -
11:45 - 11:49e depende dos científicos que
continúen ata atopar esa proba, -
11:49 - 11:53pero depende dos profesionais clínicos
empezar a aplicar esa información -
11:53 - 11:56na consulta, hoxe.
-
11:57 - 11:58Dende agora mesmo.
-
12:01 - 12:04E para axudar a conseguilo,
cofundei unha organización nacional -
12:04 - 12:07chamada Sexo e Xénero
Saúde Colaborativa de Mulleres, -
12:08 - 12:12e recollemos toda a información
dispoñible para o ensino -
12:12 - 12:14e para a atención ao doente.
-
12:14 - 12:19E estamos traballando para que tamén
se apunten os formadores médicos. -
12:20 - 12:21O que é un gran reto.
-
12:22 - 12:27Isto cambia o xeito en que se veu facendo
a formación médica desde as orixes. -
12:29 - 12:31Pero, eu creo neles.
-
12:32 - 12:37Sei que van ver o valor
de incorporar as lentes de xénero -
12:38 - 12:39no actual plan de estudos.
-
12:41 - 12:45Trátase de formar aos futuros profesionais
da asistencia médica de forma correcta. -
12:48 - 12:50E a nivel rexional,
-
12:50 - 12:53compartín a creación dunha sección
no Departamento de Medicina de Urxencias -
12:53 - 12:55aquí na Universidade Brown.
-
12:55 - 12:58chamada Sexo e Xénero
en Medicina de Urxencias, -
12:58 - 13:03e investigamos para determinar
as diferenzas entre homes e mulleres -
13:03 - 13:05en situacións de emerxencia,
-
13:05 - 13:10como infarto e ictus
e septicemia e abuso de substancias, -
13:10 - 13:14pero cremos tamén
que a educación é primordial. -
13:15 - 13:19Creamos un modelo de educación integral.
-
13:19 - 13:25Temos programas para médicos/as,
para enfermeiras/os, para estudantes -
13:25 - 13:27e para os pacientes.
-
13:28 - 13:32Xa que isto non se lle pode deixar
só aos responsables sanitarios. -
13:32 - 13:36Todos nós temos un papel
para cambiar a situación. -
13:37 - 13:41Pero debo avisalos: isto non é doado.
-
13:42 - 13:43En realidade, é complicado.
-
13:45 - 13:50En esencia, está cambiando o xeito
no que pensamos a medicina -
13:50 - 13:53a saúde, e a investigación.
-
13:54 - 13:57Está mudando a nosa relación
co sistema sanitario. -
13:58 - 14:01Pero non hai volta atrás.
-
14:01 - 14:05Agora coñecemos o suficiente
-
14:05 - 14:07para saber que
non o estabamos facendo ben. -
14:10 - 14:12Martin Luther King Jr. dixo que
-
14:12 - 14:17"O cambio non chega
sobre as rodas do inevitable, -
14:17 - 14:19pero si vén a través da loita continua"
-
14:20 - 14:23E o primeiro paso cara ao cambio
é a conciencia. -
14:24 - 14:28Isto non trata só de mellorar
os coidados médicos das mulleres. -
14:29 - 14:34Trátase de atención médica personalizada,
individualizada para todo o mundo. -
14:35 - 14:41Esta conciencia ten o poder para cambiar
a atención médica de homes e mulleres. -
14:43 - 14:49E dende agora en diante, eu quero
que lle pregunten aos seus médicos -
14:49 - 14:53se os tratamentos que lles dan
son indicados para o seu sexo e xénero. -
14:54 - 14:57Pode que non saiban a resposta
-
14:57 - 14:58--aínda.
-
14:59 - 15:03Pero a conversa empezou,
e todos xuntos podemos aprender. -
15:04 - 15:08Lembren, para min
e os meus colegas neste campo, -
15:08 - 15:10o seu sexo e xénero importan.
-
15:11 - 15:13Grazas
-
15:13 - 15:17(Aplausos)
- Title:
- Por que a medicina ten con frecuencia efectos secundarios perigosos para as mulleres?
- Speaker:
- Alyson McGregor
- Description:
-
Durante a maior parte do século pasado, os medicamentos autorizados e comercializados probáronse só en doentes masculinos, o que supuxo que as doses non foran apropiadas e provocaran efectos secundarios nas mulleres. As importantes diferenzas fisiolóxicas entre homes e mulleres só se tiveron en conta na investigación médica recentemente. A médica de urxencias Alyson McGregor estuda esas diferenzas, e nesta fascinante charla expón a historia de como o modelo masculino se converteu na referencia para a investigación médica, e como entender as diferenzas entre homes e mulleres pode xerar tratamentos máis efectivos para ambos os sexos.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 15:29
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Why medicine often has dangerous side effects for women | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why medicine often has dangerous side effects for women | ||
Xusto Rodriguez accepted Galician subtitles for Why medicine often has dangerous side effects for women | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why medicine often has dangerous side effects for women | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why medicine often has dangerous side effects for women | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why medicine often has dangerous side effects for women | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why medicine often has dangerous side effects for women | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Why medicine often has dangerous side effects for women |