WEBVTT 00:00:00.816 --> 00:00:03.388 Todos nós imos ao médico. 00:00:04.944 --> 00:00:09.282 E imos con confianza e fe cega 00:00:09.306 --> 00:00:13.164 en que as probas que nos fan e as medicacións que nos receitan 00:00:13.188 --> 00:00:16.363 están baseadas nas probas 00:00:16.387 --> 00:00:19.314 --probas deseñadas para axudarnos. 00:00:20.338 --> 00:00:26.181 Aínda que a realidade é, que non sempre foi así para todo o mundo. 00:00:27.086 --> 00:00:28.381 Que pasaría se lles dixera 00:00:28.405 --> 00:00:32.351 que os descubrimentos da ciencia médica ao longo do século pasado 00:00:32.375 --> 00:00:36.042 estaban baseados só na metade da poboación? 00:00:36.066 --> 00:00:38.360 Eu son médica de urxencias. 00:00:38.749 --> 00:00:42.400 Formeime para estar preparada nunha emerxencia médica. 00:00:42.940 --> 00:00:47.389 Trátase de salvar vidas. É xenial, non si? 00:00:48.492 --> 00:00:51.652 Vale, hai moito nariz con mocos e dedas esmagadas, 00:00:51.676 --> 00:00:55.341 pero non importa quen entre pola porta de Urxencias, 00:00:55.365 --> 00:00:57.817 nós pedimos as mesmas probas, 00:00:57.841 --> 00:00:59.975 receitamos a mesma medicación, 00:00:59.999 --> 00:01:04.400 sen sequera pensar no sexo ou no xénero dos nosos doentes. 00:01:05.370 --> 00:01:06.624 Por que? 00:01:07.053 --> 00:01:10.794 Nunca nos ensinaron que había diferenzas entre homes e mulleres. 00:01:10.818 --> 00:01:15.377 Un estudo recente do Consello de Contas revelou que o 80% dos medicamentos 00:01:15.401 --> 00:01:17.552 retiráronse do mercado 00:01:17.576 --> 00:01:19.969 debido aos efectos secundarios sobre as mulleres. 00:01:21.080 --> 00:01:23.391 Así que pensemos niso un minuto. 00:01:23.415 --> 00:01:27.289 Por que descubrimos os efectos secundarios sobre as mulleres 00:01:27.313 --> 00:01:30.599 só despois de que un medicamento se retire do mercado? 00:01:31.496 --> 00:01:37.156 Saben que un fármaco tarda anos en pasar de ser unha idea 00:01:37.180 --> 00:01:40.337 a ser probado en células nun laboratorio, 00:01:40.361 --> 00:01:42.329 a estudos en animais, 00:01:42.353 --> 00:01:44.480 despois a ensaios clínicos en humanos, 00:01:44.504 --> 00:01:48.375 e ao final pasar un procedemento para a súa aprobación, 00:01:48.399 --> 00:01:52.735 ata estar dispoñible para que o seu médico llo receite? 00:01:54.170 --> 00:01:57.540 Por non mencionar, os miles de millóns de dólares de financiamento 00:01:57.564 --> 00:01:59.946 que supón todo ese proceso. 00:02:01.597 --> 00:02:04.549 Entón, por que descubrimos efectos secundarios inaceptables 00:02:04.573 --> 00:02:09.024 na metade da poboación despois de pasar por todo isto? 00:02:11.163 --> 00:02:12.427 Que está pasando? 00:02:12.777 --> 00:02:16.881 Pois resulta que esas células empregadas nese laboratorio, 00:02:16.905 --> 00:02:18.835 son células masculinas, 00:02:18.859 --> 00:02:22.261 e os animais empregados nos estudos con animais eran machos, 00:02:22.285 --> 00:02:27.375 e os ensaios clínicos fixéronse case exclusivamente en homes. 00:02:29.176 --> 00:02:34.530 Como se converteu o modelo masculino no referente na investigación médica? 00:02:34.554 --> 00:02:38.625 Vexamos un exemplo que se popularizou nos medios de comunicación, 00:02:38.649 --> 00:02:41.855 e ten que ver co somnífero Ambien. 00:02:41.879 --> 00:02:46.643 Ambien saíu ao mercado hai vinte anos, 00:02:46.667 --> 00:02:51.480 e dende entón, prescribíronse centos de millóns de receitas, 00:02:51.504 --> 00:02:55.952 sobre todo a mulleres, porque teñen máis trastornos de sono que os homes. 00:02:57.047 --> 00:02:59.223 Pero só este último ano, 00:02:59.247 --> 00:03:02.671 a Food and Drug Administration recomendou reducir a dose á metade 00:03:02.695 --> 00:03:05.582 só para as mulleres, 00:03:05.606 --> 00:03:08.443 porque se decataron de que a muller metaboliza o medicamento 00:03:08.467 --> 00:03:11.380 a un ritmo máis lento que o home, 00:03:11.404 --> 00:03:13.443 por isto espertan pola mañá 00:03:13.467 --> 00:03:16.661 cos efectos do medicamento activos no seu organismo. 00:03:16.685 --> 00:03:20.615 E entón, están somnolentas e collen o coche, 00:03:20.639 --> 00:03:23.606 e corren o risco de ter accidentes de tráfico. 00:03:24.955 --> 00:03:28.899 E eu non podo axudar, pero penso como médica de urxencias, 00:03:28.923 --> 00:03:33.716 cantos dos doentes aos que atendín ao longo dos anos 00:03:33.740 --> 00:03:36.546 tiveron un accidente de tráfico 00:03:36.570 --> 00:03:40.022 que posiblemente se puido evitar 00:03:40.046 --> 00:03:45.161 se se fixera esta análise, e se actuase en consecuencia hai 20 anos 00:03:45.185 --> 00:03:47.193 cando este medicamento se aprobou. 00:03:49.089 --> 00:03:52.284 Cantas outras cousas teñen que ser analizadas por xénero? 00:03:53.197 --> 00:03:54.879 Que máis estamos perdendo? 00:03:57.555 --> 00:04:01.231 A II Guerra Mundial cambiou un montón de cousas, 00:04:01.255 --> 00:04:04.136 e unha delas foi esta necesidade de protexer a xente 00:04:04.160 --> 00:04:08.500 de ser vítimas da investigación médica sen consentimento informado. 00:04:09.467 --> 00:04:13.143 Así que se estableceron guías e regras, que eran moi necesarias, 00:04:13.167 --> 00:04:18.189 en parte porque estaba este desexo de protexer as mulleres en idade fértil 00:04:18.213 --> 00:04:21.164 de entrar en calquera estudo de investigación médica. 00:04:22.016 --> 00:04:26.579 Había medo: e se lle pasaba algo ao feto durante o estudo? 00:04:27.366 --> 00:04:28.915 Quen sería o responsable? 00:04:29.999 --> 00:04:32.488 E por iso os científicos ao mesmo tempo pensaron 00:04:32.512 --> 00:04:35.128 que fora unha bendición disfrazada, 00:04:35.152 --> 00:04:40.365 porque --sexamos realistas-- os corpos dos homes son bastante homoxéneos. 00:04:40.867 --> 00:04:44.313 Non sofren o cambio constante nos niveis de hormonas 00:04:44.337 --> 00:04:48.081 que podería alterar a precisión dos datos que se recollerían só en homes. 00:04:49.210 --> 00:04:51.920 Era máis doado. Era máis barato. 00:04:53.651 --> 00:04:56.484 Sen mencionar, que daquela había unha asunción xeral 00:04:56.508 --> 00:05:00.733 de que homes e mulleres eran parecidos en tódolos sentidos, 00:05:00.757 --> 00:05:04.200 á parte dos seus órganos reprodutivos e as hormonas sexuais. 00:05:05.211 --> 00:05:08.028 Así que estaba decidido: 00:05:09.117 --> 00:05:12.633 a investigación médica realizábase en homes, 00:05:12.657 --> 00:05:15.414 e os resultados aplicábanse ás mulleres máis tarde. 00:05:17.203 --> 00:05:20.744 Que supuxo isto para a idea de saúde das mulleres? 00:05:20.768 --> 00:05:25.024 A saúde das mulleres converteuse en sinónimo de reprodución: 00:05:25.048 --> 00:05:29.593 peitos, ovarios, útero, embarazo. 00:05:30.355 --> 00:05:33.387 É o que agora coñecemos como “medicina bikini”. 00:05:34.461 --> 00:05:37.105 E isto mantívose así ata preto da década de 1980, 00:05:37.129 --> 00:05:40.614 cando este concepto foi cuestionado pola comunidade médica 00:05:40.638 --> 00:05:44.779 e polos responsables das políticas públicas de saúde, ao decatárense de que 00:05:44.803 --> 00:05:49.106 excluíndo as mulleres de tódolos estudos de investigación médica 00:05:49.130 --> 00:05:52.619 en realidade fixémoslles un fraco favor, 00:05:52.643 --> 00:05:54.975 xa que ademais dos temas reprodutivos, 00:05:54.999 --> 00:05:57.563 case non se sabía nada sobre as necesidades propias 00:05:57.587 --> 00:05:59.305 da doente muller. 00:06:00.999 --> 00:06:06.513 Dende aquela, unha chea de probas saíron á luz 00:06:06.537 --> 00:06:12.048 amosándonos como de diferentes son homes e mulleres, en tódolos sentidos. 00:06:17.297 --> 00:06:20.050 Sabedes que en medicina temos este dito: 00:06:20.074 --> 00:06:23.022 Os menores non son coma adultos pequenos. 00:06:24.810 --> 00:06:26.747 E dicímolo para lembrarnos 00:06:26.771 --> 00:06:31.448 de que os menores teñen unha fisioloxía distinta dos adultos normais. 00:06:32.678 --> 00:06:37.635 E por iso xurdiu a especialidade de pediatría. 00:06:37.659 --> 00:06:43.905 E agora facemos investigación en menores para mellorar as súas vidas. 00:06:45.039 --> 00:06:47.936 E eu sei que se pode dicir o mesmo sobre as mulleres. 00:06:47.960 --> 00:06:53.021 As mulleres non son homes con peitos e trompas de Falopio. 00:06:54.561 --> 00:06:58.117 Teñen a súa propia anatomía e fisioloxía 00:06:58.141 --> 00:07:01.671 que merece ser estudada coa mesma intensidade. 00:07:03.381 --> 00:07:06.312 Collamos como exemplo o sistema cardiovascular. 00:07:06.999 --> 00:07:10.706 Esta área médica esforzouse en comprender 00:07:10.730 --> 00:07:14.879 porque parece que homes e mulleres teñen ataques cardíacos diferentes. 00:07:15.999 --> 00:07:21.089 As cardiopatías son a primeira causa de morte en homes e mulleres, 00:07:21.113 --> 00:07:25.549 pero morren máis mulleres ca homes no primeiro ano de ter o ataque. 00:07:27.049 --> 00:07:31.063 Os homes vanse queixar da esmagadora dor de peito-- 00:07:31.087 --> 00:07:33.569 teñen un elefante sentado no peito. 00:07:34.455 --> 00:07:35.995 E chamamos a isto, típico. 00:07:37.622 --> 00:07:40.712 As mulleres tamén teñen dor no peito. 00:07:40.736 --> 00:07:47.433 Pero máis mulleres que homes vanse queixar só de "non sentirse ben". 00:07:48.898 --> 00:07:51.767 "parece como se me faltara vida", 00:07:51.791 --> 00:07:53.765 "só un pouco de cansazo ultimamente". 00:07:55.000 --> 00:07:57.903 E por algunha razón chamámoslle a isto, atípico. 00:07:57.927 --> 00:08:01.854 aínda que como xa dixen, as mulleres son a metade da poboación. 00:08:03.537 --> 00:08:09.308 Que probas temos para axudar a explicar estas diferenzas? 00:08:09.999 --> 00:08:12.530 Se miramos a anatomía, 00:08:12.554 --> 00:08:18.569 as arterias arredor do corazón son máis pequenas en mulleres que en homes 00:08:18.593 --> 00:08:23.073 e o xeito en que esas arterias desenvolven a enfermidade é diferente 00:08:23.097 --> 00:08:25.152 nelas ca neles. 00:08:25.875 --> 00:08:31.027 E as probas que usamos para determinar se alguén poder ter un ataque ao corazón, 00:08:31.051 --> 00:08:35.623 ben, inicialmente foron deseñadas, probadas e perfeccionadas en homes, 00:08:35.647 --> 00:08:38.780 e resulta que non son tan boas para determinalo nas mulleres. 00:08:40.304 --> 00:08:43.241 Se pensamos nos medicamentos 00:08:43.265 --> 00:08:46.513 --medicamentos comúns que utilizamos, como a aspirina. 00:08:47.767 --> 00:08:52.294 Dámoslle aspirina aos homes sans para axudalos a previr o infarto, 00:08:52.318 --> 00:08:56.552 pero sabedes que darlle aspirina a unha muller sa 00:08:56.576 --> 00:08:58.162 é en realidade prexudicial? 00:09:00.376 --> 00:09:02.758 Todo isto está a nos dicir 00:09:02.782 --> 00:09:05.534 que estamos rabuñando a superficie. 00:09:07.145 --> 00:09:10.571 A medicina de emerxencias avanza moi rápido. 00:09:11.563 --> 00:09:14.916 En cantas áreas vitais para a supervivencia, 00:09:14.940 --> 00:09:18.916 coma o cancro e o ictus, 00:09:18.940 --> 00:09:23.073 haberá diferenzas importantes entre homes e mulleres que poderiamos utilizar? 00:09:24.252 --> 00:09:29.056 Ou incluso, por que hai xente que ten máis mocos no nariz 00:09:29.080 --> 00:09:31.265 ca outra, 00:09:31.289 --> 00:09:34.616 ou porque os medicamentos para aliviar a dor das dedas esmagadas 00:09:34.640 --> 00:09:37.845 alivian a uns e a outros non? 00:09:41.288 --> 00:09:46.518 O Instituto de Medicina dixo que cada célula ten un sexo. 00:09:47.820 --> 00:09:49.233 E iso, que significa? 00:09:50.532 --> 00:09:52.930 O sexo é o ADN. 00:09:52.954 --> 00:09:57.295 O xénero é como alguén se presenta a si mesmo en sociedade. 00:09:57.883 --> 00:10:00.423 E estes dous poden non sempre conxeniar, 00:10:00.447 --> 00:10:03.613 como podemos comprobar coa poboación transxénero. 00:10:04.740 --> 00:10:09.655 Pero é importante decatarse disto dende o momento da concepción, 00:10:09.679 --> 00:10:11.801 cada célula nos nosos corpos 00:10:11.825 --> 00:10:15.126 --pel, pelo, corazón e pulmóns-- 00:10:15.150 --> 00:10:18.437 contén o noso propio e único ADN, 00:10:18.461 --> 00:10:22.212 e ese ADN contén os cromosomas que determinan 00:10:22.236 --> 00:10:27.297 se seremos, feminino ou masculino, home ou muller. 00:10:28.400 --> 00:10:29.988 Pensábase que 00:10:30.012 --> 00:10:34.340 eses cromosomas que determinan o sexo, representados aquí 00:10:34.364 --> 00:10:37.737 --XY se es home, XX se es muller-- 00:10:37.761 --> 00:10:42.975 só determinaban se ti nacerías con ovarios ou testículos, 00:10:42.999 --> 00:10:46.740 e eran as hormonas do sexo que eses órganos producían 00:10:46.764 --> 00:10:51.329 as responsables das diferenzas que vemos no sexo oposto. 00:10:52.757 --> 00:10:57.591 Pero agora sabemos que esa teoría estaba equivocada 00:10:57.615 --> 00:11:00.060 --ou polo menos, está un pouco incompleta. 00:11:00.084 --> 00:11:04.862 Menos mal que científicos como o Dr. Page do Whitehead Institute, 00:11:04.886 --> 00:11:06.860 que traballa no cromosoma Y, 00:11:06.884 --> 00:11:09.051 e o doutor Yang da UCLA, 00:11:09.075 --> 00:11:14.734 atoparon evidencias de que eses cromosomas determinantes do sexo 00:11:14.758 --> 00:11:17.355 presentes en cada célula do noso corpo 00:11:17.379 --> 00:11:22.738 permanecen activos durante toda a nosa vida 00:11:24.517 --> 00:11:28.092 e poderían ser os responsables das diferenzas que vemos 00:11:28.116 --> 00:11:30.331 na dosificación dos medicamentos, 00:11:30.355 --> 00:11:33.321 ou en por que hai diferenzas entre homes e mulleres 00:11:33.345 --> 00:11:36.861 na susceptibilidade e gravidade das enfermidades. 00:11:39.032 --> 00:11:41.952 Este novo coñecemento é un punto de inflexión, 00:11:45.425 --> 00:11:48.799 e depende dos científicos que continúen ata atopar esa proba, 00:11:48.823 --> 00:11:52.976 pero depende dos profesionais clínicos empezar a aplicar esa información 00:11:53.000 --> 00:11:55.999 na consulta, hoxe. 00:11:57.168 --> 00:11:58.324 Dende agora mesmo. 00:12:01.450 --> 00:12:04.474 E para axudar a conseguilo, cofundei unha organización nacional 00:12:04.498 --> 00:12:07.481 chamada Sexo e Xénero Saúde Colaborativa de Mulleres, 00:12:07.505 --> 00:12:12.125 e recollemos toda a información dispoñible para o ensino 00:12:12.149 --> 00:12:13.554 e para a atención ao doente. 00:12:14.380 --> 00:12:18.748 E estamos traballando para que tamén se apunten os formadores médicos. 00:12:19.756 --> 00:12:21.224 O que é un gran reto. 00:12:22.162 --> 00:12:27.301 Isto cambia o xeito en que se veu facendo a formación médica desde as orixes. 00:12:29.039 --> 00:12:30.882 Pero, eu creo neles. 00:12:31.882 --> 00:12:37.479 Sei que van ver o valor de incorporar as lentes de xénero 00:12:37.503 --> 00:12:39.225 no actual plan de estudos. 00:12:40.598 --> 00:12:45.216 Trátase de formar aos futuros profesionais da asistencia médica de forma correcta. 00:12:48.437 --> 00:12:49.588 E a nivel rexional, 00:12:49.612 --> 00:12:53.473 compartín a creación dunha sección no Departamento de Medicina de Urxencias 00:12:53.497 --> 00:12:55.217 aquí na Universidade Brown. 00:12:55.241 --> 00:12:57.851 chamada Sexo e Xénero en Medicina de Urxencias, 00:12:57.875 --> 00:13:02.501 e investigamos para determinar as diferenzas entre homes e mulleres 00:13:02.525 --> 00:13:04.683 en situacións de emerxencia, 00:13:04.707 --> 00:13:09.975 como infarto e ictus e septicemia e abuso de substancias, 00:13:09.999 --> 00:13:14.376 pero cremos tamén que a educación é primordial. 00:13:15.304 --> 00:13:19.305 Creamos un modelo de educación integral. 00:13:19.329 --> 00:13:25.287 Temos programas para médicos/as, para enfermeiras/os, para estudantes 00:13:25.311 --> 00:13:27.017 e para os pacientes. 00:13:27.511 --> 00:13:31.569 Xa que isto non se lle pode deixar só aos responsables sanitarios. 00:13:32.315 --> 00:13:35.792 Todos nós temos un papel para cambiar a situación. 00:13:36.650 --> 00:13:40.507 Pero debo avisalos: isto non é doado. 00:13:41.840 --> 00:13:43.432 En realidade, é complicado. 00:13:45.146 --> 00:13:49.538 En esencia, está cambiando o xeito no que pensamos a medicina 00:13:49.562 --> 00:13:52.559 a saúde, e a investigación. 00:13:53.711 --> 00:13:56.847 Está mudando a nosa relación co sistema sanitario. 00:13:57.760 --> 00:14:00.648 Pero non hai volta atrás. 00:14:01.339 --> 00:14:05.038 Agora coñecemos o suficiente 00:14:05.062 --> 00:14:07.418 para saber que non o estabamos facendo ben. 00:14:09.672 --> 00:14:11.990 Martin Luther King Jr. dixo que 00:14:12.014 --> 00:14:16.663 "O cambio non chega sobre as rodas do inevitable, 00:14:16.687 --> 00:14:18.861 pero si vén a través da loita continua" 00:14:20.314 --> 00:14:23.044 E o primeiro paso cara ao cambio é a conciencia. 00:14:24.116 --> 00:14:28.194 Isto non trata só de mellorar os coidados médicos das mulleres. 00:14:28.702 --> 00:14:33.661 Trátase de atención médica personalizada, individualizada para todo o mundo. 00:14:35.090 --> 00:14:41.192 Esta conciencia ten o poder para cambiar a atención médica de homes e mulleres. 00:14:42.827 --> 00:14:48.515 E dende agora en diante, eu quero que lle pregunten aos seus médicos 00:14:48.539 --> 00:14:52.816 se os tratamentos que lles dan son indicados para o seu sexo e xénero. 00:14:54.246 --> 00:14:56.935 Pode que non saiban a resposta 00:14:56.959 --> 00:14:58.125 --aínda. 00:14:59.101 --> 00:15:02.963 Pero a conversa empezou, e todos xuntos podemos aprender. 00:15:03.797 --> 00:15:08.174 Lembren, para min e os meus colegas neste campo, 00:15:08.198 --> 00:15:10.475 o seu sexo e xénero importan. 00:15:11.379 --> 00:15:12.531 Grazas 00:15:12.555 --> 00:15:16.999 (Aplausos)