1 00:00:00,816 --> 00:00:03,388 Todos nós imos ao médico. 2 00:00:04,944 --> 00:00:09,282 E imos con confianza e fe cega 3 00:00:09,306 --> 00:00:13,164 en que as probas que nos fan e as medicacións que nos receitan 4 00:00:13,188 --> 00:00:16,363 están baseadas nas probas 5 00:00:16,387 --> 00:00:19,314 --probas deseñadas para axudarnos. 6 00:00:20,338 --> 00:00:26,181 Aínda que a realidade é, que non sempre foi así para todo o mundo. 7 00:00:27,086 --> 00:00:28,381 Que pasaría se lles dixera 8 00:00:28,405 --> 00:00:32,351 que os descubrimentos da ciencia médica ao longo do século pasado 9 00:00:32,375 --> 00:00:36,042 estaban baseados só na metade da poboación? 10 00:00:36,066 --> 00:00:38,360 Eu son médica de urxencias. 11 00:00:38,749 --> 00:00:42,400 Formeime para estar preparada nunha emerxencia médica. 12 00:00:42,940 --> 00:00:47,389 Trátase de salvar vidas. É xenial, non si? 13 00:00:48,492 --> 00:00:51,652 Vale, hai moito nariz con mocos e dedas esmagadas, 14 00:00:51,676 --> 00:00:55,341 pero non importa quen entre pola porta de Urxencias, 15 00:00:55,365 --> 00:00:57,817 nós pedimos as mesmas probas, 16 00:00:57,841 --> 00:00:59,975 receitamos a mesma medicación, 17 00:00:59,999 --> 00:01:04,400 sen sequera pensar no sexo ou no xénero dos nosos doentes. 18 00:01:05,370 --> 00:01:06,624 Por que? 19 00:01:07,053 --> 00:01:10,794 Nunca nos ensinaron que había diferenzas entre homes e mulleres. 20 00:01:10,818 --> 00:01:15,377 Un estudo recente do Consello de Contas revelou que o 80% dos medicamentos 21 00:01:15,401 --> 00:01:17,552 retiráronse do mercado 22 00:01:17,576 --> 00:01:19,969 debido aos efectos secundarios sobre as mulleres. 23 00:01:21,080 --> 00:01:23,391 Así que pensemos niso un minuto. 24 00:01:23,415 --> 00:01:27,289 Por que descubrimos os efectos secundarios sobre as mulleres 25 00:01:27,313 --> 00:01:30,599 só despois de que un medicamento se retire do mercado? 26 00:01:31,496 --> 00:01:37,156 Saben que un fármaco tarda anos en pasar de ser unha idea 27 00:01:37,180 --> 00:01:40,337 a ser probado en células nun laboratorio, 28 00:01:40,361 --> 00:01:42,329 a estudos en animais, 29 00:01:42,353 --> 00:01:44,480 despois a ensaios clínicos en humanos, 30 00:01:44,504 --> 00:01:48,375 e ao final pasar un procedemento para a súa aprobación, 31 00:01:48,399 --> 00:01:52,735 ata estar dispoñible para que o seu médico llo receite? 32 00:01:54,170 --> 00:01:57,540 Por non mencionar, os miles de millóns de dólares de financiamento 33 00:01:57,564 --> 00:01:59,946 que supón todo ese proceso. 34 00:02:01,597 --> 00:02:04,549 Entón, por que descubrimos efectos secundarios inaceptables 35 00:02:04,573 --> 00:02:09,024 na metade da poboación despois de pasar por todo isto? 36 00:02:11,163 --> 00:02:12,427 Que está pasando? 37 00:02:12,777 --> 00:02:16,881 Pois resulta que esas células empregadas nese laboratorio, 38 00:02:16,905 --> 00:02:18,835 son células masculinas, 39 00:02:18,859 --> 00:02:22,261 e os animais empregados nos estudos con animais eran machos, 40 00:02:22,285 --> 00:02:27,375 e os ensaios clínicos fixéronse case exclusivamente en homes. 41 00:02:29,176 --> 00:02:34,530 Como se converteu o modelo masculino no referente na investigación médica? 42 00:02:34,554 --> 00:02:38,625 Vexamos un exemplo que se popularizou nos medios de comunicación, 43 00:02:38,649 --> 00:02:41,855 e ten que ver co somnífero Ambien. 44 00:02:41,879 --> 00:02:46,643 Ambien saíu ao mercado hai vinte anos, 45 00:02:46,667 --> 00:02:51,480 e dende entón, prescribíronse centos de millóns de receitas, 46 00:02:51,504 --> 00:02:55,952 sobre todo a mulleres, porque teñen máis trastornos de sono que os homes. 47 00:02:57,047 --> 00:02:59,223 Pero só este último ano, 48 00:02:59,247 --> 00:03:02,671 a Food and Drug Administration recomendou reducir a dose á metade 49 00:03:02,695 --> 00:03:05,582 só para as mulleres, 50 00:03:05,606 --> 00:03:08,443 porque se decataron de que a muller metaboliza o medicamento 51 00:03:08,467 --> 00:03:11,380 a un ritmo máis lento que o home, 52 00:03:11,404 --> 00:03:13,443 por isto espertan pola mañá 53 00:03:13,467 --> 00:03:16,661 cos efectos do medicamento activos no seu organismo. 54 00:03:16,685 --> 00:03:20,615 E entón, están somnolentas e collen o coche, 55 00:03:20,639 --> 00:03:23,606 e corren o risco de ter accidentes de tráfico. 56 00:03:24,955 --> 00:03:28,899 E eu non podo axudar, pero penso como médica de urxencias, 57 00:03:28,923 --> 00:03:33,716 cantos dos doentes aos que atendín ao longo dos anos 58 00:03:33,740 --> 00:03:36,546 tiveron un accidente de tráfico 59 00:03:36,570 --> 00:03:40,022 que posiblemente se puido evitar 60 00:03:40,046 --> 00:03:45,161 se se fixera esta análise, e se actuase en consecuencia hai 20 anos 61 00:03:45,185 --> 00:03:47,193 cando este medicamento se aprobou. 62 00:03:49,089 --> 00:03:52,284 Cantas outras cousas teñen que ser analizadas por xénero? 63 00:03:53,197 --> 00:03:54,879 Que máis estamos perdendo? 64 00:03:57,555 --> 00:04:01,231 A II Guerra Mundial cambiou un montón de cousas, 65 00:04:01,255 --> 00:04:04,136 e unha delas foi esta necesidade de protexer a xente 66 00:04:04,160 --> 00:04:08,500 de ser vítimas da investigación médica sen consentimento informado. 67 00:04:09,467 --> 00:04:13,143 Así que se estableceron guías e regras, que eran moi necesarias, 68 00:04:13,167 --> 00:04:18,189 en parte porque estaba este desexo de protexer as mulleres en idade fértil 69 00:04:18,213 --> 00:04:21,164 de entrar en calquera estudo de investigación médica. 70 00:04:22,016 --> 00:04:26,579 Había medo: e se lle pasaba algo ao feto durante o estudo? 71 00:04:27,366 --> 00:04:28,915 Quen sería o responsable? 72 00:04:29,999 --> 00:04:32,488 E por iso os científicos ao mesmo tempo pensaron 73 00:04:32,512 --> 00:04:35,128 que fora unha bendición disfrazada, 74 00:04:35,152 --> 00:04:40,365 porque --sexamos realistas-- os corpos dos homes son bastante homoxéneos. 75 00:04:40,867 --> 00:04:44,313 Non sofren o cambio constante nos niveis de hormonas 76 00:04:44,337 --> 00:04:48,081 que podería alterar a precisión dos datos que se recollerían só en homes. 77 00:04:49,210 --> 00:04:51,920 Era máis doado. Era máis barato. 78 00:04:53,651 --> 00:04:56,484 Sen mencionar, que daquela había unha asunción xeral 79 00:04:56,508 --> 00:05:00,733 de que homes e mulleres eran parecidos en tódolos sentidos, 80 00:05:00,757 --> 00:05:04,200 á parte dos seus órganos reprodutivos e as hormonas sexuais. 81 00:05:05,211 --> 00:05:08,028 Así que estaba decidido: 82 00:05:09,117 --> 00:05:12,633 a investigación médica realizábase en homes, 83 00:05:12,657 --> 00:05:15,414 e os resultados aplicábanse ás mulleres máis tarde. 84 00:05:17,203 --> 00:05:20,744 Que supuxo isto para a idea de saúde das mulleres? 85 00:05:20,768 --> 00:05:25,024 A saúde das mulleres converteuse en sinónimo de reprodución: 86 00:05:25,048 --> 00:05:29,593 peitos, ovarios, útero, embarazo. 87 00:05:30,355 --> 00:05:33,387 É o que agora coñecemos como “medicina bikini”. 88 00:05:34,461 --> 00:05:37,105 E isto mantívose así ata preto da década de 1980, 89 00:05:37,129 --> 00:05:40,614 cando este concepto foi cuestionado pola comunidade médica 90 00:05:40,638 --> 00:05:44,779 e polos responsables das políticas públicas de saúde, ao decatárense de que 91 00:05:44,803 --> 00:05:49,106 excluíndo as mulleres de tódolos estudos de investigación médica 92 00:05:49,130 --> 00:05:52,619 en realidade fixémoslles un fraco favor, 93 00:05:52,643 --> 00:05:54,975 xa que ademais dos temas reprodutivos, 94 00:05:54,999 --> 00:05:57,563 case non se sabía nada sobre as necesidades propias 95 00:05:57,587 --> 00:05:59,305 da doente muller. 96 00:06:00,999 --> 00:06:06,513 Dende aquela, unha chea de probas saíron á luz 97 00:06:06,537 --> 00:06:12,048 amosándonos como de diferentes son homes e mulleres, en tódolos sentidos. 98 00:06:17,297 --> 00:06:20,050 Sabedes que en medicina temos este dito: 99 00:06:20,074 --> 00:06:23,022 Os menores non son coma adultos pequenos. 100 00:06:24,810 --> 00:06:26,747 E dicímolo para lembrarnos 101 00:06:26,771 --> 00:06:31,448 de que os menores teñen unha fisioloxía distinta dos adultos normais. 102 00:06:32,678 --> 00:06:37,635 E por iso xurdiu a especialidade de pediatría. 103 00:06:37,659 --> 00:06:43,905 E agora facemos investigación en menores para mellorar as súas vidas. 104 00:06:45,039 --> 00:06:47,936 E eu sei que se pode dicir o mesmo sobre as mulleres. 105 00:06:47,960 --> 00:06:53,021 As mulleres non son homes con peitos e trompas de Falopio. 106 00:06:54,561 --> 00:06:58,117 Teñen a súa propia anatomía e fisioloxía 107 00:06:58,141 --> 00:07:01,671 que merece ser estudada coa mesma intensidade. 108 00:07:03,381 --> 00:07:06,312 Collamos como exemplo o sistema cardiovascular. 109 00:07:06,999 --> 00:07:10,706 Esta área médica esforzouse en comprender 110 00:07:10,730 --> 00:07:14,879 porque parece que homes e mulleres teñen ataques cardíacos diferentes. 111 00:07:15,999 --> 00:07:21,089 As cardiopatías son a primeira causa de morte en homes e mulleres, 112 00:07:21,113 --> 00:07:25,549 pero morren máis mulleres ca homes no primeiro ano de ter o ataque. 113 00:07:27,049 --> 00:07:31,063 Os homes vanse queixar da esmagadora dor de peito-- 114 00:07:31,087 --> 00:07:33,569 teñen un elefante sentado no peito. 115 00:07:34,455 --> 00:07:35,995 E chamamos a isto, típico. 116 00:07:37,622 --> 00:07:40,712 As mulleres tamén teñen dor no peito. 117 00:07:40,736 --> 00:07:47,433 Pero máis mulleres que homes vanse queixar só de "non sentirse ben". 118 00:07:48,898 --> 00:07:51,767 "parece como se me faltara vida", 119 00:07:51,791 --> 00:07:53,765 "só un pouco de cansazo ultimamente". 120 00:07:55,000 --> 00:07:57,903 E por algunha razón chamámoslle a isto, atípico. 121 00:07:57,927 --> 00:08:01,854 aínda que como xa dixen, as mulleres son a metade da poboación. 122 00:08:03,537 --> 00:08:09,308 Que probas temos para axudar a explicar estas diferenzas? 123 00:08:09,999 --> 00:08:12,530 Se miramos a anatomía, 124 00:08:12,554 --> 00:08:18,569 as arterias arredor do corazón son máis pequenas en mulleres que en homes 125 00:08:18,593 --> 00:08:23,073 e o xeito en que esas arterias desenvolven a enfermidade é diferente 126 00:08:23,097 --> 00:08:25,152 nelas ca neles. 127 00:08:25,875 --> 00:08:31,027 E as probas que usamos para determinar se alguén poder ter un ataque ao corazón, 128 00:08:31,051 --> 00:08:35,623 ben, inicialmente foron deseñadas, probadas e perfeccionadas en homes, 129 00:08:35,647 --> 00:08:38,780 e resulta que non son tan boas para determinalo nas mulleres. 130 00:08:40,304 --> 00:08:43,241 Se pensamos nos medicamentos 131 00:08:43,265 --> 00:08:46,513 --medicamentos comúns que utilizamos, como a aspirina. 132 00:08:47,767 --> 00:08:52,294 Dámoslle aspirina aos homes sans para axudalos a previr o infarto, 133 00:08:52,318 --> 00:08:56,552 pero sabedes que darlle aspirina a unha muller sa 134 00:08:56,576 --> 00:08:58,162 é en realidade prexudicial? 135 00:09:00,376 --> 00:09:02,758 Todo isto está a nos dicir 136 00:09:02,782 --> 00:09:05,534 que estamos rabuñando a superficie. 137 00:09:07,145 --> 00:09:10,571 A medicina de emerxencias avanza moi rápido. 138 00:09:11,563 --> 00:09:14,916 En cantas áreas vitais para a supervivencia, 139 00:09:14,940 --> 00:09:18,916 coma o cancro e o ictus, 140 00:09:18,940 --> 00:09:23,073 haberá diferenzas importantes entre homes e mulleres que poderiamos utilizar? 141 00:09:24,252 --> 00:09:29,056 Ou incluso, por que hai xente que ten máis mocos no nariz 142 00:09:29,080 --> 00:09:31,265 ca outra, 143 00:09:31,289 --> 00:09:34,616 ou porque os medicamentos para aliviar a dor das dedas esmagadas 144 00:09:34,640 --> 00:09:37,845 alivian a uns e a outros non? 145 00:09:41,288 --> 00:09:46,518 O Instituto de Medicina dixo que cada célula ten un sexo. 146 00:09:47,820 --> 00:09:49,233 E iso, que significa? 147 00:09:50,532 --> 00:09:52,930 O sexo é o ADN. 148 00:09:52,954 --> 00:09:57,295 O xénero é como alguén se presenta a si mesmo en sociedade. 149 00:09:57,883 --> 00:10:00,423 E estes dous poden non sempre conxeniar, 150 00:10:00,447 --> 00:10:03,613 como podemos comprobar coa poboación transxénero. 151 00:10:04,740 --> 00:10:09,655 Pero é importante decatarse disto dende o momento da concepción, 152 00:10:09,679 --> 00:10:11,801 cada célula nos nosos corpos 153 00:10:11,825 --> 00:10:15,126 --pel, pelo, corazón e pulmóns-- 154 00:10:15,150 --> 00:10:18,437 contén o noso propio e único ADN, 155 00:10:18,461 --> 00:10:22,212 e ese ADN contén os cromosomas que determinan 156 00:10:22,236 --> 00:10:27,297 se seremos, feminino ou masculino, home ou muller. 157 00:10:28,400 --> 00:10:29,988 Pensábase que 158 00:10:30,012 --> 00:10:34,340 eses cromosomas que determinan o sexo, representados aquí 159 00:10:34,364 --> 00:10:37,737 --XY se es home, XX se es muller-- 160 00:10:37,761 --> 00:10:42,975 só determinaban se ti nacerías con ovarios ou testículos, 161 00:10:42,999 --> 00:10:46,740 e eran as hormonas do sexo que eses órganos producían 162 00:10:46,764 --> 00:10:51,329 as responsables das diferenzas que vemos no sexo oposto. 163 00:10:52,757 --> 00:10:57,591 Pero agora sabemos que esa teoría estaba equivocada 164 00:10:57,615 --> 00:11:00,060 --ou polo menos, está un pouco incompleta. 165 00:11:00,084 --> 00:11:04,862 Menos mal que científicos como o Dr. Page do Whitehead Institute, 166 00:11:04,886 --> 00:11:06,860 que traballa no cromosoma Y, 167 00:11:06,884 --> 00:11:09,051 e o doutor Yang da UCLA, 168 00:11:09,075 --> 00:11:14,734 atoparon evidencias de que eses cromosomas determinantes do sexo 169 00:11:14,758 --> 00:11:17,355 presentes en cada célula do noso corpo 170 00:11:17,379 --> 00:11:22,738 permanecen activos durante toda a nosa vida 171 00:11:24,517 --> 00:11:28,092 e poderían ser os responsables das diferenzas que vemos 172 00:11:28,116 --> 00:11:30,331 na dosificación dos medicamentos, 173 00:11:30,355 --> 00:11:33,321 ou en por que hai diferenzas entre homes e mulleres 174 00:11:33,345 --> 00:11:36,861 na susceptibilidade e gravidade das enfermidades. 175 00:11:39,032 --> 00:11:41,952 Este novo coñecemento é un punto de inflexión, 176 00:11:45,425 --> 00:11:48,799 e depende dos científicos que continúen ata atopar esa proba, 177 00:11:48,823 --> 00:11:52,976 pero depende dos profesionais clínicos empezar a aplicar esa información 178 00:11:53,000 --> 00:11:55,999 na consulta, hoxe. 179 00:11:57,168 --> 00:11:58,324 Dende agora mesmo. 180 00:12:01,450 --> 00:12:04,474 E para axudar a conseguilo, cofundei unha organización nacional 181 00:12:04,498 --> 00:12:07,481 chamada Sexo e Xénero Saúde Colaborativa de Mulleres, 182 00:12:07,505 --> 00:12:12,125 e recollemos toda a información dispoñible para o ensino 183 00:12:12,149 --> 00:12:13,554 e para a atención ao doente. 184 00:12:14,380 --> 00:12:18,748 E estamos traballando para que tamén se apunten os formadores médicos. 185 00:12:19,756 --> 00:12:21,224 O que é un gran reto. 186 00:12:22,162 --> 00:12:27,301 Isto cambia o xeito en que se veu facendo a formación médica desde as orixes. 187 00:12:29,039 --> 00:12:30,882 Pero, eu creo neles. 188 00:12:31,882 --> 00:12:37,479 Sei que van ver o valor de incorporar as lentes de xénero 189 00:12:37,503 --> 00:12:39,225 no actual plan de estudos. 190 00:12:40,598 --> 00:12:45,216 Trátase de formar aos futuros profesionais da asistencia médica de forma correcta. 191 00:12:48,437 --> 00:12:49,588 E a nivel rexional, 192 00:12:49,612 --> 00:12:53,473 compartín a creación dunha sección no Departamento de Medicina de Urxencias 193 00:12:53,497 --> 00:12:55,217 aquí na Universidade Brown. 194 00:12:55,241 --> 00:12:57,851 chamada Sexo e Xénero en Medicina de Urxencias, 195 00:12:57,875 --> 00:13:02,501 e investigamos para determinar as diferenzas entre homes e mulleres 196 00:13:02,525 --> 00:13:04,683 en situacións de emerxencia, 197 00:13:04,707 --> 00:13:09,975 como infarto e ictus e septicemia e abuso de substancias, 198 00:13:09,999 --> 00:13:14,376 pero cremos tamén que a educación é primordial. 199 00:13:15,304 --> 00:13:19,305 Creamos un modelo de educación integral. 200 00:13:19,329 --> 00:13:25,287 Temos programas para médicos/as, para enfermeiras/os, para estudantes 201 00:13:25,311 --> 00:13:27,017 e para os pacientes. 202 00:13:27,511 --> 00:13:31,569 Xa que isto non se lle pode deixar só aos responsables sanitarios. 203 00:13:32,315 --> 00:13:35,792 Todos nós temos un papel para cambiar a situación. 204 00:13:36,650 --> 00:13:40,507 Pero debo avisalos: isto non é doado. 205 00:13:41,840 --> 00:13:43,432 En realidade, é complicado. 206 00:13:45,146 --> 00:13:49,538 En esencia, está cambiando o xeito no que pensamos a medicina 207 00:13:49,562 --> 00:13:52,559 a saúde, e a investigación. 208 00:13:53,711 --> 00:13:56,847 Está mudando a nosa relación co sistema sanitario. 209 00:13:57,760 --> 00:14:00,648 Pero non hai volta atrás. 210 00:14:01,339 --> 00:14:05,038 Agora coñecemos o suficiente 211 00:14:05,062 --> 00:14:07,418 para saber que non o estabamos facendo ben. 212 00:14:09,672 --> 00:14:11,990 Martin Luther King Jr. dixo que 213 00:14:12,014 --> 00:14:16,663 "O cambio non chega sobre as rodas do inevitable, 214 00:14:16,687 --> 00:14:18,861 pero si vén a través da loita continua" 215 00:14:20,314 --> 00:14:23,044 E o primeiro paso cara ao cambio é a conciencia. 216 00:14:24,116 --> 00:14:28,194 Isto non trata só de mellorar os coidados médicos das mulleres. 217 00:14:28,702 --> 00:14:33,661 Trátase de atención médica personalizada, individualizada para todo o mundo. 218 00:14:35,090 --> 00:14:41,192 Esta conciencia ten o poder para cambiar a atención médica de homes e mulleres. 219 00:14:42,827 --> 00:14:48,515 E dende agora en diante, eu quero que lle pregunten aos seus médicos 220 00:14:48,539 --> 00:14:52,816 se os tratamentos que lles dan son indicados para o seu sexo e xénero. 221 00:14:54,246 --> 00:14:56,935 Pode que non saiban a resposta 222 00:14:56,959 --> 00:14:58,125 --aínda. 223 00:14:59,101 --> 00:15:02,963 Pero a conversa empezou, e todos xuntos podemos aprender. 224 00:15:03,797 --> 00:15:08,174 Lembren, para min e os meus colegas neste campo, 225 00:15:08,198 --> 00:15:10,475 o seu sexo e xénero importan. 226 00:15:11,379 --> 00:15:12,531 Grazas 227 00:15:12,555 --> 00:15:16,999 (Aplausos)