Return to Video

Un plan radical para rematar cos residuos plásticos

  • 0:00 - 0:01
    (Aplausos)
  • 0:01 - 0:04
    Chris Anderson:
    levas anos obsesionado
  • 0:04 - 0:06
    con esta cuestión.
  • 0:06 - 0:08
    Como explicaría-lo problema?
  • 0:08 - 0:11
    Andrew Forrest: Plástico.
    Sinxelo.
  • 0:11 - 0:17
    Non somos quen de reutilizar
    un ben tan dinámico,
  • 0:17 - 0:20
    desbotámolo e veña.
  • 0:20 - 0:24
    CA: Hai lixo por todas partes.
  • 0:24 - 0:26
    Chegamos a cousas coma esta.
  • 0:26 - 0:29
    Onde é?
  • 0:29 - 0:32
    AF: En Filipinas,
    pero hai moitos ríos
  • 0:32 - 0:35
    neste estado,
    señoras e señores.
  • 0:35 - 0:37
    En todo o Sueste Asiático.
  • 0:37 - 0:42
    CA: Bótase o plástico nos ríos
    e vai parar ao océano.
  • 0:42 - 0:48
    Vese nas praias,
    mais isto non é o que máis che preocupa,
  • 0:48 - 0:51
    senón o que pasa nos océanos.
  • 0:51 - 0:52
    Fálanos diso.
  • 0:52 - 0:55
    AF: Vale. Grazas, Chris.
  • 0:55 - 0:56
    Hai catro anos,
  • 0:56 - 1:04
    decidín facer unha toleada,
    un Doutorado en Ecoloxía Mariña.
  • 1:04 - 1:07
    O máis estarrecedor é que
  • 1:07 - 1:12
    aprendín moito da vida mariña,
    pero máis da morte mariña,
  • 1:12 - 1:17
    da fatalidade ecolóxica; peixes,
  • 1:17 - 1:23
    vida mariña, mamíferos mariños,
    moi próximos bioloxicamente a nós,
  • 1:23 - 1:28
    millóns, billóns, de mortes
    causadas polo plástico.
  • 1:28 - 1:32
    CA: Mais a xente pensa que
    o plástico é feo pero seguro, non si?
  • 1:32 - 1:36
    Botas algo no océano,
    "Vai ficar aí sempre.
  • 1:36 - 1:38
    Non pode facer dano, ou?"
  • 1:38 - 1:43
    AF: É unha substancia
    perfecta para a economía.
  • 1:43 - 1:49
    Pero é a peor substancia imaxinable
    para o medio ambiente.
  • 1:49 - 1:54
    O peor dos plásticos é que,
    en canto tocan o medio ambiente,
  • 1:54 - 1:55
    fragméntanse.
  • 1:55 - 1:58
    Nunca deixa de ser plástico.
  • 1:58 - 2:01
    Vaise facendo máis pequeno,
    e máis, e máis,
  • 2:01 - 2:03
    e os últimos achados,
  • 2:03 - 2:06
    que coñecemos na ecoloxía mariña
    xa hai algúns anos,
  • 2:06 - 2:08
    mostran que vai afectar os humanos.
  • 2:08 - 2:11
    Sabemos que o nanoplástico,
  • 2:11 - 2:16
    as partículas moi, moi, pequenas
    que levan a carga negativa do plástico,
  • 2:16 - 2:19
    poden atravesar directamente
    os poros da pel.
  • 2:19 - 2:21
    Iso non é o peor.
  • 2:21 - 2:25
    O peor é que vai directamente
    a través da barreira hematoencefálica,
  • 2:25 - 2:28
    á capa protectora do cerebro.
  • 2:28 - 2:32
    O cerebro é un pouco amorfo, unha masa
    mollada chea de cargas eléctricas.
  • 2:32 - 2:35
    Se lle metes unha partícula negativa,
  • 2:35 - 2:39
    ou peor, unha que poida
    levar axentes patóxenos,
  • 2:39 - 2:43
    terías unha carga negativa,
    que atrae elementos de carga positiva,
  • 2:43 - 2:45
    coma patóxenos, toxinas,
  • 2:45 - 2:46
    mercurio, chumbo.
  • 2:46 - 2:50
    Son os últimos avances que imos ver
    nos vindeiros 12 meses.
  • 2:50 - 2:53
    CA: Penso que xa me contaches
    que hai arredor de 600 bolsas de plástico
  • 2:53 - 2:56
    por cada peixe no océano,
    algo así.
  • 2:56 - 3:00
    E estanse a romper
  • 3:00 - 3:02
    e vai haber máis
  • 3:02 - 3:05
    e aínda non comezamos a
    ve-las consecuencias diso.
  • 3:05 - 3:07
    AF: O certo é que non.
  • 3:07 - 3:10
    Na Fundación Ellen MacArthur,
    unha morea de bos científicos,
  • 3:10 - 3:14
    levan xa tempo traballando niso.
    Corroborei ben o seu traballo.
  • 3:14 - 3:17
    Din que vai haber
    unha tonelada de plástico
  • 3:17 - 3:19
    por cada tres toneladas de peixe
    e non en 2050,
  • 3:19 - 3:24
    impaciéntome cando se fala de 2050,
    senón en 2025.
  • 3:24 - 3:27
    Á volta da esquina.
    Aquí e agora.
  • 3:27 - 3:30
    Non se precisa unha
    tonelada de plástico
  • 3:30 - 3:34
    para arrasar coa vida mariña.
    Abonda con menos.
  • 3:34 - 3:38
    Temos que paralo xa.
    Non temos máis tempo.
  • 3:38 - 3:43
    CA: Tes unha idea para paralo,
    e non dende o típico punto de vista
  • 3:43 - 3:45
    dun activista medioambiental, digamos,
  • 3:45 - 3:49
    senón dun home de negocios,
    dun emprendedor,
  • 3:49 - 3:52
    que pasou a vida pensando
    sobre sistemas económicos globais
  • 3:52 - 3:54
    e como funcionan.
  • 3:54 - 4:01
    Creo que a túa idea depende destes heroes.
  • 4:02 - 4:03
    Cal é a súa profesión?
  • 4:03 - 4:07
    AF: É unha recicladora, Chris,
  • 4:07 - 4:10
    e había 15, 20 millóns
    de recicladores coma ela
  • 4:10 - 4:15
    ata que China parou de recoller
    os residuos de todo o mundo.
  • 4:15 - 4:19
    E o prezo do plástico,
    así de ínfimo como era, colapsou.
  • 4:20 - 4:25
    Ela é unha nena,
    en idade escolar.
  • 4:25 - 4:27
    Debería estar na escola.
  • 4:27 - 4:29
    Unha situación
    moi similar á escravitude.
  • 4:29 - 4:32
    A miña filla Grace e eu coñecemos
    centos de persoas coma ela.
  • 4:32 - 4:36
    CA: E tamén hai moitos adultos,
    literalmente millóns por todo o mundo,
  • 4:36 - 4:39
    e nalgunhas industrias,
    o seu traballo explica, por exemplo,
  • 4:39 - 4:42
    que non se vexan
    moitos residuos metálicos.
  • 4:42 - 4:46
    AF: Xusto.
    É unha heroína do medio ambiente.
  • 4:46 - 4:50
    Compite cunha gran planta petroquímica
  • 4:50 - 4:54
    de tres mil millóns de dólares,
    que está aí ao lado.
  • 4:54 - 4:55
    Ese é o problema.
  • 4:55 - 4:59
    Hai máis petróleo e gas
    no plástico e nos vertedoiros
  • 4:59 - 5:03
    ca recursos de petróleo e gas
    ten Estados Unidos.
  • 5:03 - 5:05
    Ela é a heroína.
  • 5:05 - 5:08
    Señoras e señores,
    vexan os vertedoiros,
  • 5:08 - 5:11
    todo isto é petróleo sólido e gas.
  • 5:11 - 5:14
    CA: Hai un valor inxente encerrado aí,
  • 5:14 - 5:19
    co que os recicladores do mundo
    gañarían a vida.
  • 5:19 - 5:21
    Por que non o poden facer?
  • 5:21 - 5:25
    AF: Porque temos arraigado
  • 5:25 - 5:29
    o prezo do plástico
    dos combustibles fósiles
  • 5:29 - 5:33
    que se sitúa por debaixo do que custa
  • 5:33 - 5:37
    reciclar plástico do mesmo plástico,
    en termos económicos e de rendibilidade.
  • 5:37 - 5:42
    O plástico componse de petróleo e gas.
  • 5:42 - 5:46
    É 100% polímero, é dicir,
    100% petróleo e gas.
  • 5:46 - 5:50
    Temos abondo plástico para cubrir
    tódalas necesidades.
  • 5:50 - 5:52
    Se reciclarmos plástico non é máis barato
  • 5:52 - 5:56
    ca o plástico dos combustibles fósiles
  • 5:56 - 5:59
    entón a xente quédase co
    plástico dos combustibles fósiles.
  • 5:59 - 6:01
    CA: Ese é o problema principal,
  • 6:01 - 6:05
    O plástico reciclado adoita custar máis
  • 6:05 - 6:11
    ca o que vén do petróleo. Non é?
  • 6:11 - 6:14
    AF: Cambiémo-lo ángulo un chisco, Chris.
  • 6:14 - 6:17
    Eu son unha persoa de produtos.
  • 6:17 - 6:23
    Sei que antes había
    chatarra e ferralla
  • 6:23 - 6:26
    e refugallos de cobre
    tirados por calquera lado, sobre todo
  • 6:26 - 6:28
    nos países en vías de desenvolvemento.
  • 6:28 - 6:30
    A xente resolveu que iso ten un valor.
  • 6:30 - 6:35
    É un produto de valor,
    non un refugallo.
  • 6:35 - 6:38
    Agora as vilas e as cidades,
    as rúas están limpas,
  • 6:38 - 6:42
    xa non tropezas con
    refugallos de cobre ou de ferro,
  • 6:42 - 6:46
    porque é un produto de valor,
    recíclase.
  • 6:46 - 6:51
    CA: Cal é a túa idea
    para que pase iso cos plásticos?
  • 6:51 - 6:53
    AF: Pois ben, Chris,
  • 6:53 - 6:57
    pasei o doutorado investigando.
  • 6:57 - 7:00
    O mellor de ser un empresario
    ao que lle foi ben
  • 7:00 - 7:02
    é que a xente te quere ver.
  • 7:02 - 7:03
    Outros empresarios,
  • 7:03 - 7:07
    aínda que lles gustaría revisar
    unha especie así coma ti, dirán:
  • 7:07 - 7:10
    "Imos todos con Twiggy Forrest".
  • 7:10 - 7:12
    Unha vez que estás aí,
  • 7:12 - 7:13
    pódelos cuestionar.
  • 7:13 - 7:20
    Fun á maioría das empresas de petróleo,
    gas e produtos de consumo rápido
  • 7:20 - 7:23
    e hai unha vontade real de mudar.
  • 7:23 - 7:26
    A ver, hai un par de dinosauros
  • 7:26 - 7:28
    que van seguir coa esperanza
    pero non van facer nada,
  • 7:28 - 7:30
    porén, hai unha vontade real de cambio.
  • 7:30 - 7:32
    O que tratei de dicir é que
  • 7:32 - 7:35
    os sete mil millón de persoas no mundo
  • 7:35 - 7:39
    non merecen que o plástico
    esmague o medio ambiente,
  • 7:39 - 7:44
    nin que a vida mariña dos océanos
    desapareza polo plástico.
  • 7:45 - 7:46
    Ao baixar na cadea,
  • 7:46 - 7:50
    hai decenas de miles de marcas
    das que mercamos unha chea de produtos,
  • 7:50 - 7:54
    mais só hai un cento de produtores
    importantes de resina,
  • 7:54 - 7:56
    grandes plantas petroquímicas,
  • 7:56 - 7:59
    que cospen todo o plástico dun só uso.
  • 7:59 - 8:00
    CA: Un cento de empresas
  • 8:00 - 8:02
    está na base desta cadea,
    digamos.
  • 8:02 - 8:04
    AF: Xusto.
  • 8:04 - 8:07
    CA: Que precisas que fagan
    ese cento de empresas?
  • 8:07 - 8:10
    AF: Só precisamos que suban
  • 8:10 - 8:15
    o valor dos compoñentes
    do plástico de petróleo e gas,
  • 8:15 - 8:17
    do "plástico malo",
  • 8:17 - 8:22
    para que cando chegue a nós,
    os clientes, a través das marcas,
  • 8:22 - 8:26
    apenas notemos a suba
    na cunca de café,
  • 8:26 - 8:29
    na Coca-Cola, na Pepsi,
    en nada.
  • 8:29 - 8:31
    CA: Canto, un céntimo?
  • 8:31 - 8:34
    AF: Menos. Un cuarto ou medio céntimo.
  • 8:34 - 8:38
    Algo ínfimo.
    Pero converte
  • 8:38 - 8:42
    cada anaco de plástico do mundo
    nun produto de valor.
  • 8:42 - 8:48
    Onde peor é a situación dos residuos,
    no Sueste Asiático, na India,
  • 8:48 - 8:50
    é onde habería máis riqueza.
  • 8:50 - 8:52
    CA: Semella que hai dúas partes nisto.
  • 8:52 - 9:00
    A primeira é que, se cobran máis
    pero aproveitan iso
  • 9:00 - 9:04
    e o destinan, a que?
    A un fondo dirixido por alguén
  • 9:04 - 9:07
    para que atalle este problema de...?
  • 9:07 - 9:10
    Para que se usarían
    os cartos adicionais que cobran?
  • 9:10 - 9:13
    AF: Cando falo con
    empresas moi grandes,
  • 9:13 - 9:17
    dígolles: "Mira, preciso que cambies,
    e moi rápido".
  • 9:17 - 9:21
    Morren co aburrimento
    a menos que lles diga: "E hai negocio".
  • 9:21 - 9:24
    "Agora si que te atendo, Andrew".
  • 9:24 - 9:27
    Entón digo: "Preciso da túa contribución
  • 9:27 - 9:29
    cun fondo para a transición
    medioambiental e industrial.
  • 9:29 - 9:33
    En dous ou tres anos,
    toda a industria global de plásticos
  • 9:33 - 9:37
    pode pasar de saca-los compoñentes
    de combustibles fósiles
  • 9:37 - 9:39
    a sacalos do propio plástico.
  • 9:39 - 9:42
    Xa témo-la tecnoloxía.
    Está comprobado.
  • 9:42 - 9:45
    Da nada, saquei adiante dúas operacións
    de miles de millóns de dólares,
  • 9:45 - 9:48
    recoñecendo que
    a tecnoloxía pode mellorar.
  • 9:48 - 9:53
    Hai unha ducia de tecnoloxías
    para manexar o plástico, polo menos.
  • 9:53 - 9:56
    Unha vez que esas tecnoloxías
    teñan a marxe económica
  • 9:56 - 9:58
    que lles dá este proxecto,
  • 9:58 - 10:03
    todo o mundo obterá o plástico
    do plástico que xa existe.
  • 10:03 - 10:08
    CA: Con cada venda de plástico virxe,
    contribúese a un fondo
  • 10:08 - 10:10
    destinado á
    transición ecolóxica da industria
  • 10:10 - 10:13
    co que se pagan, por exemplo,
    limpezas.
  • 10:13 - 10:15
    AF: Claro, claro.
  • 10:15 - 10:17
    CA: Ten un beneficio secundario incrible,
  • 10:17 - 10:20
    se cadra mesmo o principal,
    xera un mercado.
  • 10:20 - 10:23
    De súpeto, o plástico reciclado
  • 10:23 - 10:28
    é un negocio xigante,
    unha oportunidade para millóns de persoas
  • 10:28 - 10:30
    que o poden recoller.
  • 10:30 - 10:31
    AF: Exacto.
  • 10:31 - 10:35
    Os plásticos de combustibles fósiles
    valen tanto
  • 10:35 - 10:37
    e os plásticos reciclados valen tanto.
  • 10:37 - 10:43
    Entón, cámbialo.
    Para que o reciclado sexa máis barato.
  • 10:43 - 10:50
    O mellor é que desbotamos
    300, 350 millóns de toneladas,
  • 10:50 - 10:55
    Segundo as propias empresas de petróleo e gas
    chegaremos a 500 millóns.
  • 10:55 - 10:57
    É un problema crecente.
  • 10:57 - 11:01
    Pero cada tonelada diso é polímero.
  • 11:01 - 11:04
    A tonelada custa de 1000 a 1500 dólares.
  • 11:04 - 11:08
    Medio billón de dólares
    que podería ir ás empresas,
  • 11:08 - 11:12
    crear traballo, oportunidades,
    e riqueza en todo o mundo,
  • 11:12 - 11:16
    sobre todo nos lugares máis empobrecidos.
    E aínda así, desbotámolo.
  • 11:16 - 11:19
    CA: Isto permitiría ás empresas
    investiren en plantas de reciclaxe
  • 11:19 - 11:22
    por todo o mundo.
    AF: Por todo o mundo.
  • 11:22 - 11:25
    Dado que a tecnoloxía é de baixo custo,
    pódese poñer en calquera lugar,
  • 11:25 - 11:27
    en grandes hoteis,
  • 11:27 - 11:30
    depósitos de lixo en todas partes,
    e converter o lixo en resina.
  • 11:30 - 11:34
    CA: Ti es filántropo, e estás disposto a
    destinar fondos a isto.
  • 11:34 - 11:37
    Cal é o rol da filantropía?
  • 11:37 - 11:42
    AF: Creo que temos que aporta-los
    40 ou 50 millóns de dólares para comezar.
  • 11:42 - 11:48
    A transparencia ten que ser absoluta,
    para que todos poidan ver o que acontece.
  • 11:48 - 11:50
    Os produtores de resina,
  • 11:50 - 11:53
    os consumidores, todos han de saber
    quen participa,
  • 11:53 - 11:56
    quen protexe a Terra,
    e a quen non lle importa.
  • 11:56 - 11:59
    Vai custar arredor
    dun millón de dólares á semana
  • 11:59 - 12:01
    e ímolo apoiar durante cinco anos.
  • 12:01 - 12:04
    A contribución total é de case
    300 millóns de dólares.
  • 12:04 - 12:06
    CA: Vaia. Ben...
  • 12:06 - 12:11
    (Aplausos)
  • 12:11 - 12:14
    Falaches con empresas,
    coma Coca-cola,
  • 12:14 - 12:19
    dispostas a participar e a pagar máis,
  • 12:19 - 12:21
    sempre que sexa xusto.
  • 12:21 - 12:23
    AF: É xusto.
  • 12:23 - 12:26
    A Coca-Cola non lle gustaría que Pepsi

  • 12:26 - 12:29
    participe, a menos que
    se saiba que non o fai.
  • 12:29 - 12:31
    Entón xa lles non importa.
  • 12:31 - 12:36
    A transparencia fai que o mercado
    poida ver se se engana o sistema.
  • 12:36 - 12:39
    E os consumidores,
    que tamén queren o seu rol.
  • 12:39 - 12:42
    Nós, sete mil millóns e medio.
  • 12:42 - 12:45
    Non querémo-lo planeta
    esmagado por cen empresas.
  • 12:45 - 12:49
    CA: Sabemos que poden facer as empresas,
    e o que ti farías.
  • 12:49 - 12:51
    Que pode facer a xente?
  • 12:51 - 12:55
    AF: Gustaríame que todos nós,
    en todo o mundo, entrásemos
  • 12:55 - 13:00
    en noplasticwaste.org para
    contactar cos cen produtores de resina
  • 13:00 - 13:03
    en cada rexión haberá un,
    polo menos.
  • 13:03 - 13:06
    A través do correo, Twitter,
    do teléfono.
  • 13:06 - 13:09
    Dilles que queres que fagan
    unha contribución a un fondo manexado por
  • 13:09 - 13:16
    unha industria, ou polo Banco Mundial, que
    ao ano, aumenta dez mil millóns de dólares
  • 13:16 - 13:22
    para facer a transición e así consegui-lo
    plástico do propio plástico
  • 13:22 - 13:24
    e non dos combustibles fósiles.
  • 13:24 - 13:27
    Non precisamos iso.
    Iso é malo. Isto, bo.
  • 13:27 - 13:30
    E pode limpa-lo medio ambiente.
  • 13:30 - 13:33
    Temos capital dabondo,
    decenas de millóns de dólares por ano,
  • 13:33 - 13:35
    para limpa-lo medio ambiente.
  • 13:35 - 13:37
    CA: Estás no negocio da reciclaxe.
  • 13:37 - 13:41
    Isto non supón un conflito de intereses
    ou unha oportunidade de negocio?
  • 13:41 - 13:45
    AF: Mira, estou no negocio do ferro,
    e compito co da chatarra,
  • 13:45 - 13:49
    e por iso non hai chatarra por aí,
    non tropezas nin te cortas,
  • 13:49 - 13:51
    porque a recollen.
  • 13:51 - 13:54
    CA: Non é unha escusa para entrar
    no negocio da reciclaxe do plástico.
  • 13:54 - 13:59
    AF: Voume alegrar cando medre.
    Vai ser coma a Internet.
  • 13:59 - 14:03
    Unha industria en auxe
    que se espalle por todo o mundo,
  • 14:03 - 14:08
    sobre todo onde hai máis pobreza,
    onde hai máis lixo, que é o recurso.
  • 14:08 - 14:11
    Voume alegrar e vou recuar.
  • 14:11 - 14:16
    CA: Twiggy, estamos nunha era
    na que moita xente quere
  • 14:16 - 14:19
    unha economía rexenerativa,
    que se transformen as grandes cadeas,
  • 14:19 - 14:21
    as grandes industrias.
  • 14:21 - 14:26
    Paréceme unha idea enorme,
    e vas precisar que moita xente te apoie
  • 14:26 - 14:28
    para conseguilo.
    Grazas por compartilo.
  • 14:28 - 14:30
    AF: Grazas, Chris.
  • 14:30 - 14:34
    (Aplausos)
Title:
Un plan radical para rematar cos residuos plásticos
Speaker:
Andrew Forrest
Description:

O plástico é unha substancia extraordinaria para a economía, e a peor substancia imaxinable para o medio ambiente, di o emprendedor Andrew Forrest. Nunha conversación pensada para suscita-lo debate, Forrest e o director de TED, Chris Anderson, debaten sobre un plan ambicioso para que as empresas máis grandes do mundo financien unha revolución medioambiental, de xeito que a industria transite cara á provisión de plásticos que non proveñan de combustibles fósiles, senón de materiais reciclados.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
14:58
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste
Cristina Marey Castro edited Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste
Cristina Marey Castro edited Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste
Cristina Marey Castro edited Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste
Show all

Galician subtitles

Revisions Compare revisions