Un plan radical para rematar cos residuos plásticos
-
0:00 - 0:01(Aplausos)
-
0:01 - 0:04Chris Anderson:
levas anos obsesionado -
0:04 - 0:06con esta cuestión.
-
0:06 - 0:08Como explicaría-lo problema?
-
0:08 - 0:11Andrew Forrest: Plástico.
Sinxelo. -
0:11 - 0:17Non somos quen de reutilizar
un ben tan dinámico, -
0:17 - 0:20desbotámolo e veña.
-
0:20 - 0:24CA: Hai lixo por todas partes.
-
0:24 - 0:26Chegamos a cousas coma esta.
-
0:26 - 0:29Onde é?
-
0:29 - 0:32AF: En Filipinas,
pero hai moitos ríos -
0:32 - 0:35neste estado,
señoras e señores. -
0:35 - 0:37En todo o Sueste Asiático.
-
0:37 - 0:42CA: Bótase o plástico nos ríos
e vai parar ao océano. -
0:42 - 0:48Vese nas praias,
mais isto non é o que máis che preocupa, -
0:48 - 0:51senón o que pasa nos océanos.
-
0:51 - 0:52Fálanos diso.
-
0:52 - 0:55AF: Vale. Grazas, Chris.
-
0:55 - 0:56Hai catro anos,
-
0:56 - 1:04decidín facer unha toleada,
un Doutorado en Ecoloxía Mariña. -
1:04 - 1:07O máis estarrecedor é que
-
1:07 - 1:12aprendín moito da vida mariña,
pero máis da morte mariña, -
1:12 - 1:17da fatalidade ecolóxica; peixes,
-
1:17 - 1:23vida mariña, mamíferos mariños,
moi próximos bioloxicamente a nós, -
1:23 - 1:28millóns, billóns, de mortes
causadas polo plástico. -
1:28 - 1:32CA: Mais a xente pensa que
o plástico é feo pero seguro, non si? -
1:32 - 1:36Botas algo no océano,
"Vai ficar aí sempre. -
1:36 - 1:38Non pode facer dano, ou?"
-
1:38 - 1:43AF: É unha substancia
perfecta para a economía. -
1:43 - 1:49Pero é a peor substancia imaxinable
para o medio ambiente. -
1:49 - 1:54O peor dos plásticos é que,
en canto tocan o medio ambiente, -
1:54 - 1:55fragméntanse.
-
1:55 - 1:58Nunca deixa de ser plástico.
-
1:58 - 2:01Vaise facendo máis pequeno,
e máis, e máis, -
2:01 - 2:03e os últimos achados,
-
2:03 - 2:06que coñecemos na ecoloxía mariña
xa hai algúns anos, -
2:06 - 2:08mostran que vai afectar os humanos.
-
2:08 - 2:11Sabemos que o nanoplástico,
-
2:11 - 2:16as partículas moi, moi, pequenas
que levan a carga negativa do plástico, -
2:16 - 2:19poden atravesar directamente
os poros da pel. -
2:19 - 2:21Iso non é o peor.
-
2:21 - 2:25O peor é que vai directamente
a través da barreira hematoencefálica, -
2:25 - 2:28á capa protectora do cerebro.
-
2:28 - 2:32O cerebro é un pouco amorfo, unha masa
mollada chea de cargas eléctricas. -
2:32 - 2:35Se lle metes unha partícula negativa,
-
2:35 - 2:39ou peor, unha que poida
levar axentes patóxenos, -
2:39 - 2:43terías unha carga negativa,
que atrae elementos de carga positiva, -
2:43 - 2:45coma patóxenos, toxinas,
-
2:45 - 2:46mercurio, chumbo.
-
2:46 - 2:50Son os últimos avances que imos ver
nos vindeiros 12 meses. -
2:50 - 2:53CA: Penso que xa me contaches
que hai arredor de 600 bolsas de plástico -
2:53 - 2:56por cada peixe no océano,
algo así. -
2:56 - 3:00E estanse a romper
-
3:00 - 3:02e vai haber máis
-
3:02 - 3:05e aínda non comezamos a
ve-las consecuencias diso. -
3:05 - 3:07AF: O certo é que non.
-
3:07 - 3:10Na Fundación Ellen MacArthur,
unha morea de bos científicos, -
3:10 - 3:14levan xa tempo traballando niso.
Corroborei ben o seu traballo. -
3:14 - 3:17Din que vai haber
unha tonelada de plástico -
3:17 - 3:19por cada tres toneladas de peixe
e non en 2050, -
3:19 - 3:24impaciéntome cando se fala de 2050,
senón en 2025. -
3:24 - 3:27Á volta da esquina.
Aquí e agora. -
3:27 - 3:30Non se precisa unha
tonelada de plástico -
3:30 - 3:34para arrasar coa vida mariña.
Abonda con menos. -
3:34 - 3:38Temos que paralo xa.
Non temos máis tempo. -
3:38 - 3:43CA: Tes unha idea para paralo,
e non dende o típico punto de vista -
3:43 - 3:45dun activista medioambiental, digamos,
-
3:45 - 3:49senón dun home de negocios,
dun emprendedor, -
3:49 - 3:52que pasou a vida pensando
sobre sistemas económicos globais -
3:52 - 3:54e como funcionan.
-
3:54 - 4:01Creo que a túa idea depende destes heroes.
-
4:02 - 4:03Cal é a súa profesión?
-
4:03 - 4:07AF: É unha recicladora, Chris,
-
4:07 - 4:10e había 15, 20 millóns
de recicladores coma ela -
4:10 - 4:15ata que China parou de recoller
os residuos de todo o mundo. -
4:15 - 4:19E o prezo do plástico,
así de ínfimo como era, colapsou. -
4:20 - 4:25Ela é unha nena,
en idade escolar. -
4:25 - 4:27Debería estar na escola.
-
4:27 - 4:29Unha situación
moi similar á escravitude. -
4:29 - 4:32A miña filla Grace e eu coñecemos
centos de persoas coma ela. -
4:32 - 4:36CA: E tamén hai moitos adultos,
literalmente millóns por todo o mundo, -
4:36 - 4:39e nalgunhas industrias,
o seu traballo explica, por exemplo, -
4:39 - 4:42que non se vexan
moitos residuos metálicos. -
4:42 - 4:46AF: Xusto.
É unha heroína do medio ambiente. -
4:46 - 4:50Compite cunha gran planta petroquímica
-
4:50 - 4:54de tres mil millóns de dólares,
que está aí ao lado. -
4:54 - 4:55Ese é o problema.
-
4:55 - 4:59Hai máis petróleo e gas
no plástico e nos vertedoiros -
4:59 - 5:03ca recursos de petróleo e gas
ten Estados Unidos. -
5:03 - 5:05Ela é a heroína.
-
5:05 - 5:08Señoras e señores,
vexan os vertedoiros, -
5:08 - 5:11todo isto é petróleo sólido e gas.
-
5:11 - 5:14CA: Hai un valor inxente encerrado aí,
-
5:14 - 5:19co que os recicladores do mundo
gañarían a vida. -
5:19 - 5:21Por que non o poden facer?
-
5:21 - 5:25AF: Porque temos arraigado
-
5:25 - 5:29o prezo do plástico
dos combustibles fósiles -
5:29 - 5:33que se sitúa por debaixo do que custa
-
5:33 - 5:37reciclar plástico do mesmo plástico,
en termos económicos e de rendibilidade. -
5:37 - 5:42O plástico componse de petróleo e gas.
-
5:42 - 5:46É 100% polímero, é dicir,
100% petróleo e gas. -
5:46 - 5:50Temos abondo plástico para cubrir
tódalas necesidades. -
5:50 - 5:52Se reciclarmos plástico non é máis barato
-
5:52 - 5:56ca o plástico dos combustibles fósiles
-
5:56 - 5:59entón a xente quédase co
plástico dos combustibles fósiles. -
5:59 - 6:01CA: Ese é o problema principal,
-
6:01 - 6:05O plástico reciclado adoita custar máis
-
6:05 - 6:11ca o que vén do petróleo. Non é?
-
6:11 - 6:14AF: Cambiémo-lo ángulo un chisco, Chris.
-
6:14 - 6:17Eu son unha persoa de produtos.
-
6:17 - 6:23Sei que antes había
chatarra e ferralla -
6:23 - 6:26e refugallos de cobre
tirados por calquera lado, sobre todo -
6:26 - 6:28nos países en vías de desenvolvemento.
-
6:28 - 6:30A xente resolveu que iso ten un valor.
-
6:30 - 6:35É un produto de valor,
non un refugallo. -
6:35 - 6:38Agora as vilas e as cidades,
as rúas están limpas, -
6:38 - 6:42xa non tropezas con
refugallos de cobre ou de ferro, -
6:42 - 6:46porque é un produto de valor,
recíclase. -
6:46 - 6:51CA: Cal é a túa idea
para que pase iso cos plásticos? -
6:51 - 6:53AF: Pois ben, Chris,
-
6:53 - 6:57pasei o doutorado investigando.
-
6:57 - 7:00O mellor de ser un empresario
ao que lle foi ben -
7:00 - 7:02é que a xente te quere ver.
-
7:02 - 7:03Outros empresarios,
-
7:03 - 7:07aínda que lles gustaría revisar
unha especie así coma ti, dirán: -
7:07 - 7:10"Imos todos con Twiggy Forrest".
-
7:10 - 7:12Unha vez que estás aí,
-
7:12 - 7:13pódelos cuestionar.
-
7:13 - 7:20Fun á maioría das empresas de petróleo,
gas e produtos de consumo rápido -
7:20 - 7:23e hai unha vontade real de mudar.
-
7:23 - 7:26A ver, hai un par de dinosauros
-
7:26 - 7:28que van seguir coa esperanza
pero non van facer nada, -
7:28 - 7:30porén, hai unha vontade real de cambio.
-
7:30 - 7:32O que tratei de dicir é que
-
7:32 - 7:35os sete mil millón de persoas no mundo
-
7:35 - 7:39non merecen que o plástico
esmague o medio ambiente, -
7:39 - 7:44nin que a vida mariña dos océanos
desapareza polo plástico. -
7:45 - 7:46Ao baixar na cadea,
-
7:46 - 7:50hai decenas de miles de marcas
das que mercamos unha chea de produtos, -
7:50 - 7:54mais só hai un cento de produtores
importantes de resina, -
7:54 - 7:56grandes plantas petroquímicas,
-
7:56 - 7:59que cospen todo o plástico dun só uso.
-
7:59 - 8:00CA: Un cento de empresas
-
8:00 - 8:02está na base desta cadea,
digamos. -
8:02 - 8:04AF: Xusto.
-
8:04 - 8:07CA: Que precisas que fagan
ese cento de empresas? -
8:07 - 8:10AF: Só precisamos que suban
-
8:10 - 8:15o valor dos compoñentes
do plástico de petróleo e gas, -
8:15 - 8:17do "plástico malo",
-
8:17 - 8:22para que cando chegue a nós,
os clientes, a través das marcas, -
8:22 - 8:26apenas notemos a suba
na cunca de café, -
8:26 - 8:29na Coca-Cola, na Pepsi,
en nada. -
8:29 - 8:31CA: Canto, un céntimo?
-
8:31 - 8:34AF: Menos. Un cuarto ou medio céntimo.
-
8:34 - 8:38Algo ínfimo.
Pero converte -
8:38 - 8:42cada anaco de plástico do mundo
nun produto de valor. -
8:42 - 8:48Onde peor é a situación dos residuos,
no Sueste Asiático, na India, -
8:48 - 8:50é onde habería máis riqueza.
-
8:50 - 8:52CA: Semella que hai dúas partes nisto.
-
8:52 - 9:00A primeira é que, se cobran máis
pero aproveitan iso -
9:00 - 9:04e o destinan, a que?
A un fondo dirixido por alguén -
9:04 - 9:07para que atalle este problema de...?
-
9:07 - 9:10Para que se usarían
os cartos adicionais que cobran? -
9:10 - 9:13AF: Cando falo con
empresas moi grandes, -
9:13 - 9:17dígolles: "Mira, preciso que cambies,
e moi rápido". -
9:17 - 9:21Morren co aburrimento
a menos que lles diga: "E hai negocio". -
9:21 - 9:24"Agora si que te atendo, Andrew".
-
9:24 - 9:27Entón digo: "Preciso da túa contribución
-
9:27 - 9:29cun fondo para a transición
medioambiental e industrial. -
9:29 - 9:33En dous ou tres anos,
toda a industria global de plásticos -
9:33 - 9:37pode pasar de saca-los compoñentes
de combustibles fósiles -
9:37 - 9:39a sacalos do propio plástico.
-
9:39 - 9:42Xa témo-la tecnoloxía.
Está comprobado. -
9:42 - 9:45Da nada, saquei adiante dúas operacións
de miles de millóns de dólares, -
9:45 - 9:48recoñecendo que
a tecnoloxía pode mellorar. -
9:48 - 9:53Hai unha ducia de tecnoloxías
para manexar o plástico, polo menos. -
9:53 - 9:56Unha vez que esas tecnoloxías
teñan a marxe económica -
9:56 - 9:58que lles dá este proxecto,
-
9:58 - 10:03todo o mundo obterá o plástico
do plástico que xa existe. -
10:03 - 10:08CA: Con cada venda de plástico virxe,
contribúese a un fondo -
10:08 - 10:10destinado á
transición ecolóxica da industria -
10:10 - 10:13co que se pagan, por exemplo,
limpezas. -
10:13 - 10:15AF: Claro, claro.
-
10:15 - 10:17CA: Ten un beneficio secundario incrible,
-
10:17 - 10:20se cadra mesmo o principal,
xera un mercado. -
10:20 - 10:23De súpeto, o plástico reciclado
-
10:23 - 10:28é un negocio xigante,
unha oportunidade para millóns de persoas -
10:28 - 10:30que o poden recoller.
-
10:30 - 10:31AF: Exacto.
-
10:31 - 10:35Os plásticos de combustibles fósiles
valen tanto -
10:35 - 10:37e os plásticos reciclados valen tanto.
-
10:37 - 10:43Entón, cámbialo.
Para que o reciclado sexa máis barato. -
10:43 - 10:50O mellor é que desbotamos
300, 350 millóns de toneladas, -
10:50 - 10:55Segundo as propias empresas de petróleo e gas
chegaremos a 500 millóns. -
10:55 - 10:57É un problema crecente.
-
10:57 - 11:01Pero cada tonelada diso é polímero.
-
11:01 - 11:04A tonelada custa de 1000 a 1500 dólares.
-
11:04 - 11:08Medio billón de dólares
que podería ir ás empresas, -
11:08 - 11:12crear traballo, oportunidades,
e riqueza en todo o mundo, -
11:12 - 11:16sobre todo nos lugares máis empobrecidos.
E aínda así, desbotámolo. -
11:16 - 11:19CA: Isto permitiría ás empresas
investiren en plantas de reciclaxe -
11:19 - 11:22por todo o mundo.
AF: Por todo o mundo. -
11:22 - 11:25Dado que a tecnoloxía é de baixo custo,
pódese poñer en calquera lugar, -
11:25 - 11:27en grandes hoteis,
-
11:27 - 11:30depósitos de lixo en todas partes,
e converter o lixo en resina. -
11:30 - 11:34CA: Ti es filántropo, e estás disposto a
destinar fondos a isto. -
11:34 - 11:37Cal é o rol da filantropía?
-
11:37 - 11:42AF: Creo que temos que aporta-los
40 ou 50 millóns de dólares para comezar. -
11:42 - 11:48A transparencia ten que ser absoluta,
para que todos poidan ver o que acontece. -
11:48 - 11:50Os produtores de resina,
-
11:50 - 11:53os consumidores, todos han de saber
quen participa, -
11:53 - 11:56quen protexe a Terra,
e a quen non lle importa. -
11:56 - 11:59Vai custar arredor
dun millón de dólares á semana -
11:59 - 12:01e ímolo apoiar durante cinco anos.
-
12:01 - 12:04A contribución total é de case
300 millóns de dólares. -
12:04 - 12:06CA: Vaia. Ben...
-
12:06 - 12:11(Aplausos)
-
12:11 - 12:14Falaches con empresas,
coma Coca-cola, -
12:14 - 12:19dispostas a participar e a pagar máis,
-
12:19 - 12:21sempre que sexa xusto.
-
12:21 - 12:23AF: É xusto.
-
12:23 - 12:26A Coca-Cola non lle gustaría que Pepsi
-
12:26 - 12:29participe, a menos que
se saiba que non o fai. -
12:29 - 12:31Entón xa lles non importa.
-
12:31 - 12:36A transparencia fai que o mercado
poida ver se se engana o sistema. -
12:36 - 12:39E os consumidores,
que tamén queren o seu rol. -
12:39 - 12:42Nós, sete mil millóns e medio.
-
12:42 - 12:45Non querémo-lo planeta
esmagado por cen empresas. -
12:45 - 12:49CA: Sabemos que poden facer as empresas,
e o que ti farías. -
12:49 - 12:51Que pode facer a xente?
-
12:51 - 12:55AF: Gustaríame que todos nós,
en todo o mundo, entrásemos -
12:55 - 13:00en noplasticwaste.org para
contactar cos cen produtores de resina -
13:00 - 13:03en cada rexión haberá un,
polo menos. -
13:03 - 13:06A través do correo, Twitter,
do teléfono. -
13:06 - 13:09Dilles que queres que fagan
unha contribución a un fondo manexado por -
13:09 - 13:16unha industria, ou polo Banco Mundial, que
ao ano, aumenta dez mil millóns de dólares -
13:16 - 13:22para facer a transición e así consegui-lo
plástico do propio plástico -
13:22 - 13:24e non dos combustibles fósiles.
-
13:24 - 13:27Non precisamos iso.
Iso é malo. Isto, bo. -
13:27 - 13:30E pode limpa-lo medio ambiente.
-
13:30 - 13:33Temos capital dabondo,
decenas de millóns de dólares por ano, -
13:33 - 13:35para limpa-lo medio ambiente.
-
13:35 - 13:37CA: Estás no negocio da reciclaxe.
-
13:37 - 13:41Isto non supón un conflito de intereses
ou unha oportunidade de negocio? -
13:41 - 13:45AF: Mira, estou no negocio do ferro,
e compito co da chatarra, -
13:45 - 13:49e por iso non hai chatarra por aí,
non tropezas nin te cortas, -
13:49 - 13:51porque a recollen.
-
13:51 - 13:54CA: Non é unha escusa para entrar
no negocio da reciclaxe do plástico. -
13:54 - 13:59AF: Voume alegrar cando medre.
Vai ser coma a Internet. -
13:59 - 14:03Unha industria en auxe
que se espalle por todo o mundo, -
14:03 - 14:08sobre todo onde hai máis pobreza,
onde hai máis lixo, que é o recurso. -
14:08 - 14:11Voume alegrar e vou recuar.
-
14:11 - 14:16CA: Twiggy, estamos nunha era
na que moita xente quere -
14:16 - 14:19unha economía rexenerativa,
que se transformen as grandes cadeas, -
14:19 - 14:21as grandes industrias.
-
14:21 - 14:26Paréceme unha idea enorme,
e vas precisar que moita xente te apoie -
14:26 - 14:28para conseguilo.
Grazas por compartilo. -
14:28 - 14:30AF: Grazas, Chris.
-
14:30 - 14:34(Aplausos)
- Title:
- Un plan radical para rematar cos residuos plásticos
- Speaker:
- Andrew Forrest
- Description:
-
O plástico é unha substancia extraordinaria para a economía, e a peor substancia imaxinable para o medio ambiente, di o emprendedor Andrew Forrest. Nunha conversación pensada para suscita-lo debate, Forrest e o director de TED, Chris Anderson, debaten sobre un plan ambicioso para que as empresas máis grandes do mundo financien unha revolución medioambiental, de xeito que a industria transite cara á provisión de plásticos que non proveñan de combustibles fósiles, senón de materiais reciclados.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 14:58
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste | ||
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste | ||
Cristina Marey Castro edited Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste | ||
Cristina Marey Castro edited Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste | ||
Cristina Marey Castro edited Galician subtitles for A radical plan to end plastic waste |