1 00:00:00,000 --> 00:00:00,919 (Aplausos) 2 00:00:00,919 --> 00:00:03,969 Chris Anderson: levas anos obsesionado 3 00:00:03,993 --> 00:00:05,671 con esta cuestión. 4 00:00:05,671 --> 00:00:07,821 Como explicaría-lo problema? 5 00:00:07,845 --> 00:00:10,717 Andrew Forrest: Plástico. Sinxelo. 6 00:00:10,717 --> 00:00:17,039 Non somos quen de reutilizar un ben tan dinámico, 7 00:00:17,039 --> 00:00:19,705 desbotámolo e veña. 8 00:00:19,708 --> 00:00:23,856 CA: Hai lixo por todas partes. 9 00:00:23,856 --> 00:00:26,266 Chegamos a cousas coma esta. 10 00:00:26,266 --> 00:00:28,606 Onde é? 11 00:00:28,606 --> 00:00:31,676 AF: En Filipinas, pero hai moitos ríos 12 00:00:31,676 --> 00:00:34,585 neste estado, señoras e señores. 13 00:00:34,585 --> 00:00:37,358 En todo o Sueste Asiático. 14 00:00:37,358 --> 00:00:42,059 CA: Bótase o plástico nos ríos e vai parar ao océano. 15 00:00:42,059 --> 00:00:47,867 Vese nas praias, mais isto non é o que máis che preocupa, 16 00:00:47,867 --> 00:00:51,093 senón o que pasa nos océanos. 17 00:00:51,093 --> 00:00:52,428 Fálanos diso. 18 00:00:52,428 --> 00:00:54,893 AF: Vale. Grazas, Chris. 19 00:00:54,893 --> 00:00:56,347 Hai catro anos, 20 00:00:56,371 --> 00:01:03,664 decidín facer unha toleada, un Doutorado en Ecoloxía Mariña. 21 00:01:03,706 --> 00:01:06,627 O máis estarrecedor é que 22 00:01:06,627 --> 00:01:12,224 aprendín moito da vida mariña, pero máis da morte mariña, 23 00:01:12,248 --> 00:01:17,146 da fatalidade ecolóxica; peixes, 24 00:01:17,146 --> 00:01:23,246 vida mariña, mamíferos mariños, moi próximos bioloxicamente a nós, 25 00:01:23,280 --> 00:01:28,006 millóns, billóns, de mortes causadas polo plástico. 26 00:01:28,006 --> 00:01:32,212 CA: Mais a xente pensa que o plástico é feo pero seguro, non si? 27 00:01:32,212 --> 00:01:35,675 Botas algo no océano, "Vai ficar aí sempre. 28 00:01:35,675 --> 00:01:37,761 Non pode facer dano, ou?" 29 00:01:37,785 --> 00:01:42,916 AF: É unha substancia perfecta para a economía. 30 00:01:42,916 --> 00:01:49,006 Pero é a peor substancia imaxinable para o medio ambiente. 31 00:01:49,006 --> 00:01:53,623 O peor dos plásticos é que, en canto tocan o medio ambiente, 32 00:01:53,623 --> 00:01:55,291 fragméntanse. 33 00:01:55,315 --> 00:01:57,758 Nunca deixa de ser plástico. 34 00:01:57,782 --> 00:02:00,667 Vaise facendo máis pequeno, e máis, e máis, 35 00:02:00,667 --> 00:02:02,713 e os últimos achados, 36 00:02:02,713 --> 00:02:05,831 que coñecemos na ecoloxía mariña xa hai algúns anos, 37 00:02:05,855 --> 00:02:08,075 mostran que vai afectar os humanos. 38 00:02:08,075 --> 00:02:10,723 Sabemos que o nanoplástico, 39 00:02:10,723 --> 00:02:16,045 as partículas moi, moi, pequenas que levan a carga negativa do plástico, 40 00:02:16,045 --> 00:02:19,381 poden atravesar directamente os poros da pel. 41 00:02:19,390 --> 00:02:20,715 Iso non é o peor. 42 00:02:20,715 --> 00:02:25,131 O peor é que vai directamente a través da barreira hematoencefálica, 43 00:02:25,155 --> 00:02:28,039 á capa protectora do cerebro. 44 00:02:28,063 --> 00:02:32,350 O cerebro é un pouco amorfo, unha masa mollada chea de cargas eléctricas. 45 00:02:32,350 --> 00:02:35,371 Se lle metes unha partícula negativa, 46 00:02:35,395 --> 00:02:38,924 ou peor, unha que poida levar axentes patóxenos, 47 00:02:38,948 --> 00:02:43,162 terías unha carga negativa, que atrae elementos de carga positiva, 48 00:02:43,162 --> 00:02:44,980 coma patóxenos, toxinas, 49 00:02:45,004 --> 00:02:46,445 mercurio, chumbo. 50 00:02:46,465 --> 00:02:49,643 Son os últimos avances que imos ver nos vindeiros 12 meses. 51 00:02:49,643 --> 00:02:53,428 CA: Penso que xa me contaches que hai arredor de 600 bolsas de plástico 52 00:02:53,453 --> 00:02:56,498 por cada peixe no océano, algo así. 53 00:02:56,498 --> 00:02:59,535 E estanse a romper 54 00:02:59,535 --> 00:03:01,878 e vai haber máis 55 00:03:01,878 --> 00:03:05,009 e aínda non comezamos a ve-las consecuencias diso. 56 00:03:05,009 --> 00:03:06,850 AF: O certo é que non. 57 00:03:06,850 --> 00:03:10,194 Na Fundación Ellen MacArthur, unha morea de bos científicos, 58 00:03:10,218 --> 00:03:14,026 levan xa tempo traballando niso. Corroborei ben o seu traballo. 59 00:03:14,055 --> 00:03:16,761 Din que vai haber unha tonelada de plástico 60 00:03:16,785 --> 00:03:19,305 por cada tres toneladas de peixe e non en 2050, 61 00:03:19,329 --> 00:03:23,678 impaciéntome cando se fala de 2050, senón en 2025. 62 00:03:23,678 --> 00:03:27,351 Á volta da esquina. Aquí e agora. 63 00:03:27,372 --> 00:03:30,315 Non se precisa unha tonelada de plástico 64 00:03:30,315 --> 00:03:33,717 para arrasar coa vida mariña. Abonda con menos. 65 00:03:33,741 --> 00:03:38,211 Temos que paralo xa. Non temos máis tempo. 66 00:03:38,235 --> 00:03:42,604 CA: Tes unha idea para paralo, e non dende o típico punto de vista 67 00:03:42,628 --> 00:03:45,319 dun activista medioambiental, digamos, 68 00:03:45,343 --> 00:03:48,533 senón dun home de negocios, dun emprendedor, 69 00:03:48,557 --> 00:03:52,426 que pasou a vida pensando sobre sistemas económicos globais 70 00:03:52,426 --> 00:03:54,423 e como funcionan. 71 00:03:54,423 --> 00:04:01,135 Creo que a túa idea depende destes heroes. 72 00:04:01,921 --> 00:04:03,433 Cal é a súa profesión? 73 00:04:03,457 --> 00:04:06,666 AF: É unha recicladora, Chris, 74 00:04:06,690 --> 00:04:10,408 e había 15, 20 millóns de recicladores coma ela 75 00:04:10,432 --> 00:04:14,688 ata que China parou de recoller os residuos de todo o mundo. 76 00:04:14,712 --> 00:04:18,927 E o prezo do plástico, así de ínfimo como era, colapsou. 77 00:04:20,271 --> 00:04:24,979 Ela é unha nena, en idade escolar. 78 00:04:25,003 --> 00:04:26,668 Debería estar na escola. 79 00:04:26,692 --> 00:04:28,958 Unha situación moi similar á escravitude. 80 00:04:28,982 --> 00:04:31,953 A miña filla Grace e eu coñecemos centos de persoas coma ela. 81 00:04:31,977 --> 00:04:35,532 CA: E tamén hai moitos adultos, literalmente millóns por todo o mundo, 82 00:04:35,556 --> 00:04:39,152 e nalgunhas industrias, o seu traballo explica, por exemplo, 83 00:04:39,152 --> 00:04:41,817 que non se vexan moitos residuos metálicos. 84 00:04:41,817 --> 00:04:45,945 AF: Xusto. É unha heroína do medio ambiente. 85 00:04:45,969 --> 00:04:49,554 Compite cunha gran planta petroquímica 86 00:04:49,554 --> 00:04:53,655 de tres mil millóns de dólares, que está aí ao lado. 87 00:04:53,679 --> 00:04:54,838 Ese é o problema. 88 00:04:54,862 --> 00:04:59,307 Hai máis petróleo e gas no plástico e nos vertedoiros 89 00:04:59,331 --> 00:05:03,100 ca recursos de petróleo e gas ten Estados Unidos. 90 00:05:03,124 --> 00:05:05,147 Ela é a heroína. 91 00:05:05,171 --> 00:05:08,137 Señoras e señores, vexan os vertedoiros, 92 00:05:08,161 --> 00:05:10,579 todo isto é petróleo sólido e gas. 93 00:05:10,603 --> 00:05:14,275 CA: Hai un valor inxente encerrado aí, 94 00:05:14,299 --> 00:05:18,838 co que os recicladores do mundo gañarían a vida. 95 00:05:18,862 --> 00:05:21,102 Por que non o poden facer? 96 00:05:21,102 --> 00:05:24,565 AF: Porque temos arraigado 97 00:05:24,589 --> 00:05:28,925 o prezo do plástico dos combustibles fósiles 98 00:05:28,949 --> 00:05:32,520 que se sitúa por debaixo do que custa 99 00:05:32,544 --> 00:05:37,404 reciclar plástico do mesmo plástico, en termos económicos e de rendibilidade. 100 00:05:37,404 --> 00:05:42,152 O plástico componse de petróleo e gas. 101 00:05:42,176 --> 00:05:46,061 É 100% polímero, é dicir, 100% petróleo e gas. 102 00:05:46,085 --> 00:05:49,524 Temos abondo plástico para cubrir tódalas necesidades. 103 00:05:49,524 --> 00:05:52,232 Se reciclarmos plástico non é máis barato 104 00:05:52,256 --> 00:05:55,521 ca o plástico dos combustibles fósiles 105 00:05:55,545 --> 00:05:58,880 entón a xente quédase co plástico dos combustibles fósiles. 106 00:05:58,904 --> 00:06:00,884 CA: Ese é o problema principal, 107 00:06:00,908 --> 00:06:05,018 O plástico reciclado adoita custar máis 108 00:06:05,042 --> 00:06:10,638 ca o que vén do petróleo. Non é? 109 00:06:10,647 --> 00:06:14,316 AF: Cambiémo-lo ángulo un chisco, Chris. 110 00:06:14,316 --> 00:06:17,064 Eu son unha persoa de produtos. 111 00:06:17,064 --> 00:06:23,107 Sei que antes había chatarra e ferralla 112 00:06:23,131 --> 00:06:26,142 e refugallos de cobre tirados por calquera lado, sobre todo 113 00:06:26,166 --> 00:06:27,995 nos países en vías de desenvolvemento. 114 00:06:28,019 --> 00:06:29,915 A xente resolveu que iso ten un valor. 115 00:06:29,939 --> 00:06:34,574 É un produto de valor, non un refugallo. 116 00:06:34,574 --> 00:06:37,740 Agora as vilas e as cidades, as rúas están limpas, 117 00:06:37,764 --> 00:06:42,302 xa non tropezas con refugallos de cobre ou de ferro, 118 00:06:42,326 --> 00:06:45,681 porque é un produto de valor, recíclase. 119 00:06:45,705 --> 00:06:51,298 CA: Cal é a túa idea para que pase iso cos plásticos? 120 00:06:51,322 --> 00:06:52,934 AF: Pois ben, Chris, 121 00:06:52,958 --> 00:06:56,917 pasei o doutorado investigando. 122 00:06:56,941 --> 00:07:00,212 O mellor de ser un empresario ao que lle foi ben 123 00:07:00,236 --> 00:07:02,097 é que a xente te quere ver. 124 00:07:02,121 --> 00:07:03,286 Outros empresarios, 125 00:07:03,310 --> 00:07:07,413 aínda que lles gustaría revisar unha especie así coma ti, dirán: 126 00:07:07,437 --> 00:07:09,923 "Imos todos con Twiggy Forrest". 127 00:07:09,947 --> 00:07:11,816 Unha vez que estás aí, 128 00:07:11,840 --> 00:07:13,360 pódelos cuestionar. 129 00:07:13,384 --> 00:07:19,982 Fun á maioría das empresas de petróleo, gas e produtos de consumo rápido 130 00:07:19,982 --> 00:07:23,256 e hai unha vontade real de mudar. 131 00:07:23,256 --> 00:07:25,511 A ver, hai un par de dinosauros 132 00:07:25,535 --> 00:07:28,023 que van seguir coa esperanza pero non van facer nada, 133 00:07:28,047 --> 00:07:29,997 porén, hai unha vontade real de cambio. 134 00:07:30,021 --> 00:07:31,810 O que tratei de dicir é que 135 00:07:31,834 --> 00:07:35,310 os sete mil millón de persoas no mundo 136 00:07:35,334 --> 00:07:39,251 non merecen que o plástico esmague o medio ambiente, 137 00:07:39,275 --> 00:07:44,487 nin que a vida mariña dos océanos desapareza polo plástico. 138 00:07:44,511 --> 00:07:45,944 Ao baixar na cadea, 139 00:07:45,968 --> 00:07:50,111 hai decenas de miles de marcas das que mercamos unha chea de produtos, 140 00:07:50,135 --> 00:07:53,610 mais só hai un cento de produtores importantes de resina, 141 00:07:53,634 --> 00:07:55,770 grandes plantas petroquímicas, 142 00:07:55,794 --> 00:07:58,513 que cospen todo o plástico dun só uso. 143 00:07:58,537 --> 00:07:59,920 CA: Un cento de empresas 144 00:07:59,944 --> 00:08:02,445 está na base desta cadea, digamos. 145 00:08:02,469 --> 00:08:03,628 AF: Xusto. 146 00:08:03,652 --> 00:08:06,597 CA: Que precisas que fagan ese cento de empresas? 147 00:08:06,621 --> 00:08:10,384 AF: Só precisamos que suban 148 00:08:10,384 --> 00:08:14,718 o valor dos compoñentes do plástico de petróleo e gas, 149 00:08:14,718 --> 00:08:16,887 do "plástico malo", 150 00:08:16,887 --> 00:08:22,166 para que cando chegue a nós, os clientes, a través das marcas, 151 00:08:22,166 --> 00:08:26,317 apenas notemos a suba na cunca de café, 152 00:08:26,341 --> 00:08:29,324 na Coca-Cola, na Pepsi, en nada. 153 00:08:29,348 --> 00:08:31,112 CA: Canto, un céntimo? 154 00:08:31,136 --> 00:08:33,784 AF: Menos. Un cuarto ou medio céntimo. 155 00:08:33,784 --> 00:08:37,648 Algo ínfimo. Pero converte 156 00:08:37,649 --> 00:08:42,341 cada anaco de plástico do mundo nun produto de valor. 157 00:08:42,365 --> 00:08:47,782 Onde peor é a situación dos residuos, no Sueste Asiático, na India, 158 00:08:47,782 --> 00:08:49,855 é onde habería máis riqueza. 159 00:08:49,879 --> 00:08:52,332 CA: Semella que hai dúas partes nisto. 160 00:08:52,356 --> 00:08:59,714 A primeira é que, se cobran máis pero aproveitan iso 161 00:08:59,714 --> 00:09:04,055 e o destinan, a que? A un fondo dirixido por alguén 162 00:09:04,079 --> 00:09:06,844 para que atalle este problema de...? 163 00:09:06,868 --> 00:09:10,459 Para que se usarían os cartos adicionais que cobran? 164 00:09:10,483 --> 00:09:12,943 AF: Cando falo con empresas moi grandes, 165 00:09:12,967 --> 00:09:16,513 dígolles: "Mira, preciso que cambies, e moi rápido". 166 00:09:16,537 --> 00:09:21,220 Morren co aburrimento a menos que lles diga: "E hai negocio". 167 00:09:21,220 --> 00:09:23,733 "Agora si que te atendo, Andrew". 168 00:09:23,757 --> 00:09:26,593 Entón digo: "Preciso da túa contribución 169 00:09:26,617 --> 00:09:29,377 cun fondo para a transición medioambiental e industrial. 170 00:09:29,377 --> 00:09:32,702 En dous ou tres anos, toda a industria global de plásticos 171 00:09:32,702 --> 00:09:36,567 pode pasar de saca-los compoñentes de combustibles fósiles 172 00:09:36,567 --> 00:09:39,082 a sacalos do propio plástico. 173 00:09:39,106 --> 00:09:41,887 Xa témo-la tecnoloxía. Está comprobado. 174 00:09:41,887 --> 00:09:45,362 Da nada, saquei adiante dúas operacións de miles de millóns de dólares, 175 00:09:45,386 --> 00:09:48,205 recoñecendo que a tecnoloxía pode mellorar. 176 00:09:48,229 --> 00:09:52,723 Hai unha ducia de tecnoloxías para manexar o plástico, polo menos. 177 00:09:52,747 --> 00:09:56,299 Unha vez que esas tecnoloxías teñan a marxe económica 178 00:09:56,323 --> 00:09:58,245 que lles dá este proxecto, 179 00:09:58,269 --> 00:10:03,433 todo o mundo obterá o plástico do plástico que xa existe. 180 00:10:03,463 --> 00:10:07,596 CA: Con cada venda de plástico virxe, contribúese a un fondo 181 00:10:07,620 --> 00:10:10,454 destinado á transición ecolóxica da industria 182 00:10:10,478 --> 00:10:13,321 co que se pagan, por exemplo, limpezas. 183 00:10:13,345 --> 00:10:14,710 AF: Claro, claro. 184 00:10:14,734 --> 00:10:16,746 CA: Ten un beneficio secundario incrible, 185 00:10:16,770 --> 00:10:20,175 se cadra mesmo o principal, xera un mercado. 186 00:10:20,175 --> 00:10:23,081 De súpeto, o plástico reciclado 187 00:10:23,105 --> 00:10:27,694 é un negocio xigante, unha oportunidade para millóns de persoas 188 00:10:27,718 --> 00:10:29,559 que o poden recoller. 189 00:10:29,583 --> 00:10:30,736 AF: Exacto. 190 00:10:30,760 --> 00:10:35,284 Os plásticos de combustibles fósiles valen tanto 191 00:10:35,308 --> 00:10:37,365 e os plásticos reciclados valen tanto. 192 00:10:37,389 --> 00:10:42,722 Entón, cámbialo. Para que o reciclado sexa máis barato. 193 00:10:42,722 --> 00:10:50,173 O mellor é que desbotamos 300, 350 millóns de toneladas, 194 00:10:50,174 --> 00:10:54,968 Segundo as propias empresas de petróleo e gas chegaremos a 500 millóns. 195 00:10:54,968 --> 00:10:57,018 É un problema crecente. 196 00:10:57,018 --> 00:11:00,699 Pero cada tonelada diso é polímero. 197 00:11:00,709 --> 00:11:04,385 A tonelada custa de 1000 a 1500 dólares. 198 00:11:04,385 --> 00:11:08,095 Medio billón de dólares que podería ir ás empresas, 199 00:11:08,095 --> 00:11:12,415 crear traballo, oportunidades, e riqueza en todo o mundo, 200 00:11:12,415 --> 00:11:15,732 sobre todo nos lugares máis empobrecidos. E aínda así, desbotámolo. 201 00:11:15,732 --> 00:11:19,022 CA: Isto permitiría ás empresas investiren en plantas de reciclaxe 202 00:11:19,022 --> 00:11:21,606 por todo o mundo. AF: Por todo o mundo. 203 00:11:21,636 --> 00:11:25,426 Dado que a tecnoloxía é de baixo custo, pódese poñer en calquera lugar, 204 00:11:25,426 --> 00:11:26,841 en grandes hoteis, 205 00:11:26,841 --> 00:11:29,947 depósitos de lixo en todas partes, e converter o lixo en resina. 206 00:11:29,947 --> 00:11:33,956 CA: Ti es filántropo, e estás disposto a destinar fondos a isto. 207 00:11:33,956 --> 00:11:36,600 Cal é o rol da filantropía? 208 00:11:36,600 --> 00:11:41,958 AF: Creo que temos que aporta-los 40 ou 50 millóns de dólares para comezar. 209 00:11:41,958 --> 00:11:47,677 A transparencia ten que ser absoluta, para que todos poidan ver o que acontece. 210 00:11:47,677 --> 00:11:49,933 Os produtores de resina, 211 00:11:49,933 --> 00:11:53,212 os consumidores, todos han de saber quen participa, 212 00:11:53,222 --> 00:11:56,062 quen protexe a Terra, e a quen non lle importa. 213 00:11:56,062 --> 00:11:58,942 Vai custar arredor dun millón de dólares á semana 214 00:11:58,962 --> 00:12:01,446 e ímolo apoiar durante cinco anos. 215 00:12:01,454 --> 00:12:04,472 A contribución total é de case 300 millóns de dólares. 216 00:12:04,472 --> 00:12:05,795 CA: Vaia. Ben... 217 00:12:05,795 --> 00:12:11,345 (Aplausos) 218 00:12:11,345 --> 00:12:13,853 Falaches con empresas, coma Coca-cola, 219 00:12:13,853 --> 00:12:19,325 dispostas a participar e a pagar máis, 220 00:12:19,325 --> 00:12:20,956 sempre que sexa xusto. 221 00:12:21,000 --> 00:12:22,690 AF: É xusto. 222 00:12:22,690 --> 00:12:26,037 A Coca-Cola non lle gustaría que Pepsi 223 00:12:26,037 --> 00:12:29,222 participe, a menos que se saiba que non o fai. 224 00:12:29,222 --> 00:12:31,490 Entón xa lles non importa. 225 00:12:31,490 --> 00:12:35,765 A transparencia fai que o mercado poida ver se se engana o sistema. 226 00:12:35,765 --> 00:12:39,039 E os consumidores, que tamén queren o seu rol. 227 00:12:39,039 --> 00:12:42,103 Nós, sete mil millóns e medio. 228 00:12:42,103 --> 00:12:45,213 Non querémo-lo planeta esmagado por cen empresas. 229 00:12:45,213 --> 00:12:48,856 CA: Sabemos que poden facer as empresas, e o que ti farías. 230 00:12:48,856 --> 00:12:51,146 Que pode facer a xente? 231 00:12:51,146 --> 00:12:54,546 AF: Gustaríame que todos nós, en todo o mundo, entrásemos 232 00:12:54,546 --> 00:12:59,981 en noplasticwaste.org para contactar cos cen produtores de resina 233 00:12:59,981 --> 00:13:02,704 en cada rexión haberá un, polo menos. 234 00:13:02,704 --> 00:13:05,600 A través do correo, Twitter, do teléfono. 235 00:13:05,600 --> 00:13:09,387 Dilles que queres que fagan unha contribución a un fondo manexado por 236 00:13:09,417 --> 00:13:16,445 unha industria, ou polo Banco Mundial, que ao ano, aumenta dez mil millóns de dólares 237 00:13:16,445 --> 00:13:22,368 para facer a transición e así consegui-lo plástico do propio plástico 238 00:13:22,368 --> 00:13:23,965 e non dos combustibles fósiles. 239 00:13:23,965 --> 00:13:26,877 Non precisamos iso. Iso é malo. Isto, bo. 240 00:13:26,877 --> 00:13:29,539 E pode limpa-lo medio ambiente. 241 00:13:29,539 --> 00:13:32,748 Temos capital dabondo, decenas de millóns de dólares por ano, 242 00:13:32,748 --> 00:13:35,110 para limpa-lo medio ambiente. 243 00:13:35,110 --> 00:13:37,053 CA: Estás no negocio da reciclaxe. 244 00:13:37,053 --> 00:13:40,954 Isto non supón un conflito de intereses ou unha oportunidade de negocio? 245 00:13:40,954 --> 00:13:45,065 AF: Mira, estou no negocio do ferro, e compito co da chatarra, 246 00:13:45,065 --> 00:13:48,765 e por iso non hai chatarra por aí, non tropezas nin te cortas, 247 00:13:48,765 --> 00:13:50,824 porque a recollen. 248 00:13:50,824 --> 00:13:54,499 CA: Non é unha escusa para entrar no negocio da reciclaxe do plástico. 249 00:13:54,499 --> 00:13:59,148 AF: Voume alegrar cando medre. Vai ser coma a Internet. 250 00:13:59,148 --> 00:14:03,038 Unha industria en auxe que se espalle por todo o mundo, 251 00:14:03,038 --> 00:14:07,858 sobre todo onde hai máis pobreza, onde hai máis lixo, que é o recurso. 252 00:14:07,858 --> 00:14:11,315 Voume alegrar e vou recuar. 253 00:14:11,315 --> 00:14:15,870 CA: Twiggy, estamos nunha era na que moita xente quere 254 00:14:15,870 --> 00:14:19,179 unha economía rexenerativa, que se transformen as grandes cadeas, 255 00:14:19,179 --> 00:14:21,494 as grandes industrias. 256 00:14:21,494 --> 00:14:25,820 Paréceme unha idea enorme, e vas precisar que moita xente te apoie 257 00:14:25,820 --> 00:14:28,433 para conseguilo. Grazas por compartilo. 258 00:14:28,433 --> 00:14:29,609 AF: Grazas, Chris. 259 00:14:29,609 --> 00:14:34,079 (Aplausos)