Que pode dicir o teu alento da túa saúde
-
0:01 - 0:03Teño tendencia a asumir o peor,
-
0:04 - 0:07e de cando en vez,
este costume xógame malas pasadas. -
0:07 - 0:10Por exemplo, se sinto unha dor
inesperada no corpo -
0:10 - 0:13que nunca antes sentira
e que non sei a que atribuír, -
0:13 - 0:18de súpeto a miña mente pode
pensar que é unha cardiopatía -
0:18 - 0:21ou que unha dor no papo da perna
é unha trombose venosa. -
0:22 - 0:25Pero ata agora, non me diagnosticaron
ningunha doenza fatal ou incurable. -
0:25 - 0:28Ás veces, temos dores sen razón aparente.
-
0:29 - 0:31Pero non todo o mundo ten
tanta sorte coma min. -
0:32 - 0:35Cada ano, máis de 50 millóns de persoas
morren no mundo. -
0:36 - 0:40Especialmente en economías
con altos ingresos como a nosa, -
0:40 - 0:44un gran número das mortes están causadas
por enfermidades de evolución lenta: -
0:45 - 0:49cardiopatía, enfermidade pulmonar crónica,
cancro, alzhéimer, diabetes, -
0:49 - 0:50por nomear algunhas.
-
0:51 - 0:56A humanidade fixo progresos enormes
diagnosticando e tratando moitas delas. -
0:57 - 1:00Mais estamos nun momento
no que non se pode avanzar máis en saúde -
1:00 - 1:03soamente desenvolvendo tratamentos novos.
-
1:03 - 1:06E isto é evidente cando vemos un aspecto
-
1:06 - 1:08que moitas destas enfermidades
teñen en común: -
1:09 - 1:12a probabilidade dun tratamento exitoso
-
1:12 - 1:15depende fortemente de cando se empeza.
-
1:15 - 1:19Pero unha enfermidade normalmente só
se detecta cando hai síntomas. -
1:20 - 1:24O problema é que hai enfermidades
que, de feito, poden ser asintomáticas, -
1:24 - 1:27e por tanto imperceptibles,
durante moito tempo. -
1:28 - 1:32Por isto, hai unha persistente necesidade
de novos métodos -
1:32 - 1:34de detección nos primeiros estadios,
-
1:34 - 1:36antes de que empecen os síntomas.
-
1:37 - 1:39Na asistencia sanitaria
chámaselle rastrexo, -
1:39 - 1:43que, segundo a definición
da Organización Mundial da Saúde, -
1:43 - 1:48é "a presunta identificación
dunha enfermidade non recoñecida -
1:48 - 1:51nunha persoa aparentemente sa,
-
1:51 - 1:55mediante probas... que se poden facer
rápida e sinxelamente..." -
1:55 - 1:58É unha definición longa,
así que a vou repetir: -
1:58 - 2:01Identificación dunha enfermidade
non recoñecida -
2:02 - 2:04nunha persoa aparentemente sa
-
2:04 - 2:08mediante probas que se poden facer
rápida e sinxelamente. -
2:08 - 2:11E quero pór especial énfase
nas palabras "rápida e sinxelamente" -
2:11 - 2:14porque moitos dos métodos que existen
-
2:14 - 2:16son exactamente o contrario.
-
2:16 - 2:19E aqueles de vós que pasarades
por unha colonoscopia -
2:19 - 2:22como parte dun rastrexo
de cancro colorrectal -
2:22 - 2:23saberedes o que quero dicir.
-
2:25 - 2:28Obviamente, hai unha gran variedade
de ferramentas dispoñibles -
2:28 - 2:30para levar a cabo as probas.
-
2:30 - 2:34Isto vai dende técnicas de escaneamento
como a radiografía -
2:34 - 2:36ou a resonancia magnética
-
2:36 - 2:38ata análises de sangue ou tecidos.
-
2:38 - 2:40Todos fixemos esas probas.
-
2:41 - 2:45Pero hai un medio que pasamos por alto
durante moito tempo: -
2:46 - 2:48un medio de fácil acceso,
-
2:48 - 2:50basicamente inesgotable,
-
2:50 - 2:54e que alberga grandes expectativas
nas análises médicas. -
2:55 - 2:57e é o noso alento.
-
2:59 - 3:02O alento humano está constituído
esencialmente por cinco compoñentes: -
3:03 - 3:09nitróxeno, oxíxeno,
dióxido de carbono, auga e argon. -
3:09 - 3:13Pero ademais destes cinco, hai centos
doutros compoñentes -
3:13 - 3:15presentes en moi pequenas cantidades.
-
3:15 - 3:18Chámanse compostos orgánicos volátiles,
-
3:18 - 3:20e soltamos centos, incluso miles,
-
3:20 - 3:22cada vez que exhalamos.
-
3:23 - 3:26A análise destes compostos
orgánicos volátiles no noso alento -
3:27 - 3:28chámase análise do alento.
-
3:30 - 3:33De feito, creo que moitos de vós
xa experimentastes a análise do alento. -
3:33 - 3:37Imaxinade: estades indo
para casa de madrugada, -
3:37 - 3:39cando de súpeto,
aparece un amable policía -
3:40 - 3:42que vos pide cordialmente
pero con firmeza -
3:42 - 3:46que estacionedes na beiravía
e sopredes por un aparato coma este. -
3:47 - 3:50Isto é un alcoholímetro
-
3:51 - 3:54que se usa para medir
a concentración de etanol no alento -
3:54 - 3:58e determinar se conducir
nesas condicións é unha boa idea. -
3:59 - 4:00Eu digo que conduciría bastante ben,
-
4:00 - 4:02pero deixádeme comprobar.
-
4:03 - 4:05(bip)
-
4:08 - 4:110,0, así que nada do que preocuparse,
todo ben. -
4:11 - 4:13(Risas)
-
4:14 - 4:17Agora imaxinade un aparato coma este,
-
4:17 - 4:20que non só mide os niveis de alcohol
no voso alento, -
4:20 - 4:24senón que detecta enfermidades
como as que citei antes -
4:24 - 4:26e potencialmente outras máis.
-
4:27 - 4:30O concepto de correlacionar
o cheiro do alento dunha persoa -
4:31 - 4:33con certos problemas médicos,
-
4:33 - 4:35de feito, remóntase á Grecia antiga.
-
4:36 - 4:41Pero as investigacións sobre a análise
do alento só se dispararon recentemente, -
4:41 - 4:44e o que unha vez fora un soño
estase a converter nunha realidade. -
4:45 - 4:48E permitídeme que volva sacar
esta lista que vos ensinei antes. -
4:49 - 4:52Para a maioría das enfermidades
aquí enumeradas, -
4:52 - 4:55hai abundantes probas científicas
-
4:55 - 4:58que suxiren que a enfermidade podería
detectarse cunha análise de alento. -
5:00 - 5:02Pero como funciona exactamente?
-
5:02 - 5:05A parte esencial é un sensor
-
5:05 - 5:08que detecta os compostos orgánicos
volátiles no noso alento. -
5:09 - 5:12É dicir: cando está exposto
a unha mostra de alento, -
5:12 - 5:15o sensor produce unha marca complexa
-
5:15 - 5:19que resulta da mestura de compostos
orgánicos volátiles que exhalamos. -
5:20 - 5:24Esta marca representa
unha pegada do teu metabolismo, -
5:24 - 5:26o teu microbioma
-
5:26 - 5:29e os procesos bioquímicos
que ocorren no teu corpo. -
5:30 - 5:32Se tes unha enfermidade,
-
5:32 - 5:34o teu organismo cambiará,
-
5:34 - 5:37e tamén o fará a composición
do teu aire exhalado. -
5:37 - 5:43E logo o último que queda por facer
é correlacionar tal marca -
5:43 - 5:46coa presenza ou ausencia
de certos problemas médicos. -
5:48 - 5:51A tecnoloxía promete
varios beneficios innegables. -
5:52 - 5:55En primeiro lugar, o sensor
pode facerse en miniatura -
5:55 - 5:58e integrarse en aparatos
pequenos e portátiles -
5:58 - 6:00como este alcoholímetro.
-
6:00 - 6:03Isto permitiría usar a proba
en moitas situacións diferentes -
6:03 - 6:05e incluso na casa,
-
6:05 - 6:07para que ir ao médico
-
6:07 - 6:10non sexa necesario cada vez
que haxa que facer unha proba. -
6:11 - 6:14En segundo lugar, a análise do alento
non é invasiva -
6:14 - 6:18e resulta tan sinxela
coma soprar nun alcoholímetro. -
6:19 - 6:24Esta simpleza e comodidade
reduciría a carga para o paciente -
6:24 - 6:27e achegaría un incentivo
para adoptar a tecnoloxía de forma xeral. -
6:28 - 6:32E en terceiro lugar,
a tecnoloxía é tan flexible -
6:32 - 6:34que o mesmo aparato pode empregarse
-
6:34 - 6:38para detectar un gran número
de problemas de saúde. -
6:38 - 6:43A análise do alento poderíase usar
para detectar moitas enfermidades á vez. -
6:44 - 6:48Hoxe en día, cada enfermidade require
un instrumento médico diferente -
6:48 - 6:49para realizar un exame.
-
6:50 - 6:53Pero isto significa que só podes atopar
o que estás a buscar. -
6:55 - 6:58Con todas estas prestacións,
a análise do alento está destinada -
6:59 - 7:02a ofrecer o que lles falta
a moitas probas tradicionais. -
7:03 - 7:04E o máis importante,
-
7:04 - 7:08todas estas prestacións
deberían proporcionar co tempo -
7:08 - 7:10unha plataforma para análises médicas
-
7:10 - 7:14que poida operar
a un atractivo baixo custo por proba. -
7:16 - 7:19Pola contra,
os instrumentos médicos existentes -
7:19 - 7:21adoitan implicar grandes custos por proba.
-
7:22 - 7:24Entón, con fin de manter os custos baixos,
-
7:24 - 7:27o número de probas
ten que estar restrinxido, -
7:28 - 7:31e iso supón que
a) as probas só se poden realizar -
7:31 - 7:35nunha parte reducida da poboación,
por exemplo, na de alto risco; -
7:36 - 7:41e b) o número de probas por persoa
tense que manter reducido ao mínimo. -
7:41 - 7:43Mais non sería beneficioso
-
7:43 - 7:46realizar a proba en grupos
máis grandes de xente, -
7:46 - 7:50con máis frecuencia e durante un período
maior para cada individuo? -
7:52 - 7:55Especialmente o último daría acceso
a algo moi valioso -
7:56 - 7:58chamado datos lonxitudinais.
-
7:59 - 8:03Os datos lonxitudinais son un conxunto
de datos que monitorizan o mesmo paciente -
8:03 - 8:06ó longo de moitos meses ou anos.
-
8:07 - 8:12Actualmente, as decisións médicas adoitan
basearse nun conxunto limitado de datos, -
8:12 - 8:16onde só hai dispoñible unha ollada
ó historial médico dun paciente -
8:16 - 8:18para a toma de decisións.
-
8:18 - 8:21Neste caso,
-
8:21 - 8:23as anomalías detéctanse normalmente
-
8:23 - 8:26comparando o perfil sanitario dun paciente
-
8:26 - 8:29co perfil sanitario medio
dunha poboación de referencia. -
8:30 - 8:34Os datos lonxitudinais abrirían
unha nova dimensión -
8:34 - 8:37e permitirían detectar anomalías
-
8:37 - 8:40baseándose no propio historial médico
dun paciente. -
8:41 - 8:44Isto abrirá o camiño
para un tratamento personalizado. -
8:45 - 8:46Soa bastante ben, non?
-
8:47 - 8:50Agora teredes unha pregunta
que será máis ou menos así: -
8:50 - 8:55"Se a tecnoloxía é tan boa como di,
por que non se utiliza na actualidade?" -
8:55 - 8:57E a única resposta que vos podo dar é:
-
8:58 - 9:00non todo é tan fácil como soa.
-
9:01 - 9:04Hai desafíos técnicos, por exemplo.
-
9:04 - 9:08Está a necesidade de sensores
extremadamente fiables -
9:08 - 9:11que poidan detectar mesturas
de compostos orgánicos volátiles -
9:11 - 9:13coa suficiente reproducibilidade.
-
9:14 - 9:16E outro desafío técnico é este:
-
9:16 - 9:21Como tomar mostras do alento de alguén
de xeito tan definido -
9:21 - 9:23para que o propio proceso de mostraxe
-
9:23 - 9:26non altere o resultado da análise?
-
9:27 - 9:29E está a necesidade de información.
-
9:30 - 9:33A análise do alento precisa ser validada
en ensaios clínicos, -
9:34 - 9:36e hai que recoller suficientes datos
-
9:36 - 9:40para que as condicións individuais
poidan medirse con respecto ós estándares. -
9:41 - 9:44A análise do alento só pode funcionar
-
9:44 - 9:46se se pode xerar un gran conxunto de datos
-
9:46 - 9:49e facelo accesible ao uso xeral.
-
9:51 - 9:54Se a análise do alento
cumpre as expectativas, -
9:55 - 9:57é unha tecnoloxía que de verdade
nos podería axudar -
9:57 - 10:00a transformar o noso sistema sanitario;
-
10:00 - 10:04transformalo dun sistema reactivo
-
10:04 - 10:07no que o tratamento o poñen en marcha
os síntomas de enfermidade -
10:07 - 10:09a un sistema proactivo,
-
10:09 - 10:12no que a detección de enfermidades,
o diagnóstico e o tratamento -
10:12 - 10:14poden ocorrer nun estadio inicial,
-
10:14 - 10:16moito antes de que se dean os síntomas.
-
10:18 - 10:21Isto lévame ó último punto,
e é un fundamental. -
10:22 - 10:24Que é exactamente unha enfermidade?
-
10:25 - 10:28Imaxinade que a análise do alento
poida ser comercializada como digo, -
10:29 - 10:31e a detección anticipada fose rutineira.
-
10:32 - 10:35O problema que queda é, de feito,
un problema -
10:35 - 10:37ó que debe enfrontarse
calquera medida de prevención -
10:38 - 10:40porque, para moitas enfermidades,
-
10:40 - 10:43é á miúdo imposible predicir
con suficiente seguridade -
10:43 - 10:46se unha enfermidade chegaría
a causar síntomas -
10:46 - 10:48ou poñer a vida dunha persoa en perigo.
-
10:49 - 10:51Isto é o sobrediagnóstico,
-
10:52 - 10:53e leva a un dilema.
-
10:54 - 10:56Se se identifica unha enfermidade,
-
10:56 - 10:58poderías elixir non tratala
-
10:58 - 11:02porque hai una probabilidade
de que nunca a vaias sufrir. -
11:03 - 11:04Pero canto sufrirías
-
11:04 - 11:08soamente sabendo que tes unha enfermidade
potencialmente mortal? -
11:08 - 11:11E non te arrepentirías
de que se detectase a enfermidade -
11:11 - 11:12en primeiro lugar?
-
11:13 - 11:17A segunda opción é someterse
a un tratamento anticipado -
11:17 - 11:19coa esperanza de curala.
-
11:19 - 11:22Mais normalmente isto provocaría
efectos secundarios. -
11:26 - 11:27Para ser precisos:
-
11:28 - 11:30o maior problema non é o sobrediagnóstico,
-
11:30 - 11:32é o sobretratamento,
-
11:32 - 11:35porque non todas as enfermidades
teñen que tratarse ao momento -
11:35 - 11:37só porque haxa un tratamento dispoñible.
-
11:39 - 11:42A crecente adopción
de exames rutineiros -
11:42 - 11:44implicará a cuestión:
-
11:45 - 11:49a que chamamos “enfermidade”,
que pode xustificar o seu tratamento, -
11:49 - 11:54e que é unha “anomalía” que non debería
ser motivo de preocupación? -
11:55 - 12:00Teño a esperanza de que as probas
rutineiras usando a análise do alento -
12:00 - 12:03acheguen suficientes datos
e mellor comprensión -
12:03 - 12:07para que nalgún momento,
poidamos romper este dilema -
12:08 - 12:10e predicir con suficiente seguridade
-
12:10 - 12:13se tratar e cando nun estadio inicial.
-
12:15 - 12:20O noso alento e a mestura de compostos
orgánicos volátiles que exhalamos -
12:20 - 12:24conteñen gran cantidade de información
sobre a nosa condición fisiolóxica. -
12:25 - 12:28Co que sabemos hoxe,
só rozamos a superficie. -
12:30 - 12:34Canta máis información e perfís de alento
recollamos en toda a poboación, -
12:34 - 12:38incluíndo todo tipo de xénero, idade,
orixe e estilo de vida, -
12:39 - 12:41maior será o poder da análise do alento.
-
12:42 - 12:47E, co tempo, esta podería proporcionar
unha potente ferramenta -
12:48 - 12:52non só para detectar proactivamente
enfermidades específicas -
12:52 - 12:56senón tamén para predicilas
e finalmente previlas. -
12:57 - 12:59E esta debería ser motivación suficiente
-
13:00 - 13:04para aproveitar as oportunidades e
desafíos -
13:04 - 13:06que pode presentar a análise do alento,
-
13:06 - 13:10incluso para a xente que non é
hipocondríaca a media xornada coma min. -
13:11 - 13:11Grazas.
-
13:12 - 13:16(Aplausos)
- Title:
- Que pode dicir o teu alento da túa saúde
- Speaker:
- Julian Burschka
- Description:
-
Non hai mellor forma de deter unha enfermidade que collela e tratala a tempo, antes de que aparezan os síntomas. Esa é a idea principal de probas médicas como a radiografía, as resonancias magnéticas e as análises de sangue. Pero hai un medio con potencial subestimado para as análises médicas: o teu alento. O tecnólogo Julian Burschka comparte os últimos avances na ciencia da análise do alento --o rastrexo dos compostos orgánicos volátiles no teu alento exhalado-- e como podería utilizarse como una ferramenta poderosa á hora de detectar, predicir e, finalmente, previr unha enfermidade.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 13:29
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for What your breath could reveal about your health | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for What your breath could reveal about your health | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What your breath could reveal about your health | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What your breath could reveal about your health | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What your breath could reveal about your health | ||
Alba Calderón Castro edited Galician subtitles for What your breath could reveal about your health | ||
Alba Calderón Castro edited Galician subtitles for What your breath could reveal about your health | ||
Alba Calderón Castro edited Galician subtitles for What your breath could reveal about your health |