WEBVTT 00:00:00.738 --> 00:00:02.952 Teño tendencia a asumir o peor, 00:00:03.757 --> 00:00:06.620 e de cando en vez, este costume xógame malas pasadas. 00:00:06.644 --> 00:00:09.755 Por exemplo, se sinto unha dor inesperada no corpo 00:00:09.949 --> 00:00:12.981 que nunca antes sentira e que non sei a que atribuír, 00:00:13.480 --> 00:00:17.735 de súpeto a miña mente pode pensar que é unha cardiopatía 00:00:18.024 --> 00:00:20.920 ou que unha dor no papo da perna é unha trombose venosa. 00:00:21.699 --> 00:00:25.217 Pero ata agora, non me diagnosticaron ningunha doenza fatal ou incurable. 00:00:25.241 --> 00:00:27.653 Ás veces, temos dores sen razón aparente. 00:00:29.098 --> 00:00:31.318 Pero non todo o mundo ten tanta sorte coma min. 00:00:31.970 --> 00:00:35.215 Cada ano, máis de 50 millóns de persoas morren no mundo. 00:00:36.287 --> 00:00:39.820 Especialmente en economías con altos ingresos como a nosa, 00:00:39.844 --> 00:00:43.791 un gran número das mortes están causadas por enfermidades de evolución lenta: 00:00:44.623 --> 00:00:48.739 cardiopatía, enfermidade pulmonar crónica, cancro, alzhéimer, diabetes, 00:00:48.955 --> 00:00:50.325 por nomear algunhas. 00:00:51.300 --> 00:00:55.804 A humanidade fixo progresos enormes diagnosticando e tratando moitas delas. 00:00:56.859 --> 00:01:00.060 Mais estamos nun momento no que non se pode avanzar máis en saúde 00:01:00.084 --> 00:01:03.124 soamente desenvolvendo tratamentos novos. 00:01:03.398 --> 00:01:05.798 E isto é evidente cando vemos un aspecto 00:01:05.822 --> 00:01:08.188 que moitas destas enfermidades teñen en común: 00:01:09.418 --> 00:01:12.083 a probabilidade dun tratamento exitoso 00:01:12.270 --> 00:01:14.912 depende fortemente de cando se empeza. 00:01:15.370 --> 00:01:18.814 Pero unha enfermidade normalmente só se detecta cando hai síntomas. 00:01:19.632 --> 00:01:24.025 O problema é que hai enfermidades que, de feito, poden ser asintomáticas, 00:01:24.049 --> 00:01:26.902 e por tanto imperceptibles, durante moito tempo. 00:01:27.902 --> 00:01:31.642 Por isto, hai unha persistente necesidade de novos métodos 00:01:31.827 --> 00:01:33.775 de detección nos primeiros estadios, 00:01:33.799 --> 00:01:35.937 antes de que empecen os síntomas. 00:01:37.135 --> 00:01:39.253 Na asistencia sanitaria chámaselle rastrexo, 00:01:39.435 --> 00:01:42.600 que, segundo a definición da Organización Mundial da Saúde, 00:01:42.624 --> 00:01:47.867 é "a presunta identificación dunha enfermidade non recoñecida 00:01:48.306 --> 00:01:50.665 nunha persoa aparentemente sa, 00:01:50.891 --> 00:01:54.680 mediante probas... que se poden facer rápida e sinxelamente..." 00:01:55.429 --> 00:01:57.698 É unha definición longa, así que a vou repetir: 00:01:58.237 --> 00:02:01.396 Identificación dunha enfermidade non recoñecida 00:02:01.746 --> 00:02:04.027 nunha persoa aparentemente sa 00:02:04.254 --> 00:02:08.115 mediante probas que se poden facer rápida e sinxelamente. 00:02:08.292 --> 00:02:11.385 E quero pór especial énfase nas palabras "rápida e sinxelamente" 00:02:11.385 --> 00:02:13.945 porque moitos dos métodos que existen 00:02:13.969 --> 00:02:15.628 son exactamente o contrario. 00:02:16.189 --> 00:02:18.888 E aqueles de vós que pasarades por unha colonoscopia 00:02:18.912 --> 00:02:21.942 como parte dun rastrexo de cancro colorrectal 00:02:22.135 --> 00:02:23.482 saberedes o que quero dicir. 00:02:25.209 --> 00:02:28.285 Obviamente, hai unha gran variedade de ferramentas dispoñibles 00:02:28.309 --> 00:02:29.838 para levar a cabo as probas. 00:02:30.298 --> 00:02:33.984 Isto vai dende técnicas de escaneamento como a radiografía 00:02:34.008 --> 00:02:36.039 ou a resonancia magnética 00:02:36.162 --> 00:02:38.166 ata análises de sangue ou tecidos. 00:02:38.190 --> 00:02:40.106 Todos fixemos esas probas. 00:02:41.344 --> 00:02:44.917 Pero hai un medio que pasamos por alto durante moito tempo: 00:02:45.674 --> 00:02:48.075 un medio de fácil acceso, 00:02:48.440 --> 00:02:50.300 basicamente inesgotable, 00:02:50.485 --> 00:02:53.732 e que alberga grandes expectativas nas análises médicas. 00:02:54.994 --> 00:02:56.522 e é o noso alento. 00:02:58.514 --> 00:03:01.895 O alento humano está constituído esencialmente por cinco compoñentes: 00:03:02.649 --> 00:03:08.721 nitróxeno, oxíxeno, dióxido de carbono, auga e argon. 00:03:09.349 --> 00:03:12.703 Pero ademais destes cinco, hai centos doutros compoñentes 00:03:12.772 --> 00:03:15.155 presentes en moi pequenas cantidades. 00:03:15.179 --> 00:03:17.732 Chámanse compostos orgánicos volátiles, 00:03:17.756 --> 00:03:20.089 e soltamos centos, incluso miles, 00:03:20.113 --> 00:03:21.872 cada vez que exhalamos. 00:03:23.110 --> 00:03:26.479 A análise destes compostos orgánicos volátiles no noso alento 00:03:26.503 --> 00:03:28.204 chámase análise do alento. 00:03:29.545 --> 00:03:33.309 De feito, creo que moitos de vós xa experimentastes a análise do alento. 00:03:33.333 --> 00:03:36.934 Imaxinade: estades indo para casa de madrugada, 00:03:36.958 --> 00:03:39.330 cando de súpeto, aparece un amable policía 00:03:39.680 --> 00:03:42.002 que vos pide cordialmente pero con firmeza 00:03:42.496 --> 00:03:45.899 que estacionedes na beiravía e sopredes por un aparato coma este. 00:03:47.486 --> 00:03:50.198 Isto é un alcoholímetro 00:03:50.733 --> 00:03:54.153 que se usa para medir a concentración de etanol no alento 00:03:54.464 --> 00:03:57.821 e determinar se conducir nesas condicións é unha boa idea. 00:03:58.509 --> 00:04:00.456 Eu digo que conduciría bastante ben, 00:04:00.480 --> 00:04:01.700 pero deixádeme comprobar. 00:04:02.788 --> 00:04:04.715 (bip) 00:04:08.445 --> 00:04:11.405 0,0, así que nada do que preocuparse, todo ben. 00:04:11.429 --> 00:04:12.696 (Risas) 00:04:14.298 --> 00:04:16.959 Agora imaxinade un aparato coma este, 00:04:16.983 --> 00:04:19.927 que non só mide os niveis de alcohol no voso alento, 00:04:19.951 --> 00:04:23.767 senón que detecta enfermidades como as que citei antes 00:04:23.791 --> 00:04:25.507 e potencialmente outras máis. 00:04:26.868 --> 00:04:30.433 O concepto de correlacionar o cheiro do alento dunha persoa 00:04:30.690 --> 00:04:32.612 con certos problemas médicos, 00:04:32.834 --> 00:04:35.254 de feito, remóntase á Grecia antiga. 00:04:35.905 --> 00:04:40.601 Pero as investigacións sobre a análise do alento só se dispararon recentemente, 00:04:40.900 --> 00:04:44.307 e o que unha vez fora un soño estase a converter nunha realidade. 00:04:45.307 --> 00:04:48.321 E permitídeme que volva sacar esta lista que vos ensinei antes. 00:04:49.047 --> 00:04:51.813 Para a maioría das enfermidades aquí enumeradas, 00:04:52.495 --> 00:04:54.688 hai abundantes probas científicas 00:04:54.712 --> 00:04:58.369 que suxiren que a enfermidade podería detectarse cunha análise de alento. 00:04:59.917 --> 00:05:01.612 Pero como funciona exactamente? 00:05:02.421 --> 00:05:04.983 A parte esencial é un sensor 00:05:05.223 --> 00:05:08.435 que detecta os compostos orgánicos volátiles no noso alento. 00:05:09.364 --> 00:05:12.142 É dicir: cando está exposto a unha mostra de alento, 00:05:12.318 --> 00:05:15.002 o sensor produce unha marca complexa 00:05:15.026 --> 00:05:19.006 que resulta da mestura de compostos orgánicos volátiles que exhalamos. 00:05:20.141 --> 00:05:24.218 Esta marca representa unha pegada do teu metabolismo, 00:05:24.481 --> 00:05:25.646 o teu microbioma 00:05:25.670 --> 00:05:29.273 e os procesos bioquímicos que ocorren no teu corpo. 00:05:29.980 --> 00:05:31.573 Se tes unha enfermidade, 00:05:31.597 --> 00:05:33.593 o teu organismo cambiará, 00:05:33.908 --> 00:05:36.868 e tamén o fará a composición do teu aire exhalado. 00:05:37.479 --> 00:05:42.609 E logo o último que queda por facer é correlacionar tal marca 00:05:42.633 --> 00:05:45.739 coa presenza ou ausencia de certos problemas médicos. 00:05:47.921 --> 00:05:51.156 A tecnoloxía promete varios beneficios innegables. 00:05:51.719 --> 00:05:54.816 En primeiro lugar, o sensor pode facerse en miniatura 00:05:54.840 --> 00:05:57.686 e integrarse en aparatos pequenos e portátiles 00:05:57.710 --> 00:05:59.548 como este alcoholímetro. 00:06:00.437 --> 00:06:03.450 Isto permitiría usar a proba en moitas situacións diferentes 00:06:03.474 --> 00:06:05.248 e incluso na casa, 00:06:05.272 --> 00:06:07.266 para que ir ao médico 00:06:07.290 --> 00:06:10.049 non sexa necesario cada vez que haxa que facer unha proba. 00:06:10.946 --> 00:06:14.326 En segundo lugar, a análise do alento non é invasiva 00:06:14.350 --> 00:06:17.997 e resulta tan sinxela coma soprar nun alcoholímetro. 00:06:18.900 --> 00:06:23.589 Esta simpleza e comodidade reduciría a carga para o paciente 00:06:23.918 --> 00:06:27.361 e achegaría un incentivo para adoptar a tecnoloxía de forma xeral. 00:06:27.973 --> 00:06:31.636 E en terceiro lugar, a tecnoloxía é tan flexible 00:06:32.105 --> 00:06:34.345 que o mesmo aparato pode empregarse 00:06:34.369 --> 00:06:37.509 para detectar un gran número de problemas de saúde. 00:06:38.224 --> 00:06:42.909 A análise do alento poderíase usar para detectar moitas enfermidades á vez. 00:06:44.195 --> 00:06:47.526 Hoxe en día, cada enfermidade require un instrumento médico diferente 00:06:47.550 --> 00:06:49.006 para realizar un exame. 00:06:49.561 --> 00:06:52.645 Pero isto significa que só podes atopar o que estás a buscar. 00:06:54.637 --> 00:06:58.496 Con todas estas prestacións, a análise do alento está destinada 00:06:58.520 --> 00:07:01.584 a ofrecer o que lles falta a moitas probas tradicionais. 00:07:02.671 --> 00:07:04.217 E o máis importante, 00:07:04.334 --> 00:07:07.684 todas estas prestacións deberían proporcionar co tempo 00:07:07.708 --> 00:07:10.214 unha plataforma para análises médicas 00:07:10.238 --> 00:07:13.943 que poida operar a un atractivo baixo custo por proba. 00:07:15.713 --> 00:07:18.885 Pola contra, os instrumentos médicos existentes 00:07:18.987 --> 00:07:21.373 adoitan implicar grandes custos por proba. 00:07:21.920 --> 00:07:24.198 Entón, con fin de manter os custos baixos, 00:07:24.222 --> 00:07:26.832 o número de probas ten que estar restrinxido, 00:07:27.562 --> 00:07:30.803 e iso supón que a) as probas só se poden realizar 00:07:30.827 --> 00:07:35.104 nunha parte reducida da poboación, por exemplo, na de alto risco; 00:07:35.535 --> 00:07:40.690 e b) o número de probas por persoa tense que manter reducido ao mínimo. 00:07:41.459 --> 00:07:43.303 Mais non sería beneficioso 00:07:43.327 --> 00:07:46.287 realizar a proba en grupos máis grandes de xente, 00:07:46.311 --> 00:07:50.422 con máis frecuencia e durante un período maior para cada individuo? 00:07:51.845 --> 00:07:55.450 Especialmente o último daría acceso a algo moi valioso 00:07:55.730 --> 00:07:57.997 chamado datos lonxitudinais. 00:07:58.950 --> 00:08:03.052 Os datos lonxitudinais son un conxunto de datos que monitorizan o mesmo paciente 00:08:03.076 --> 00:08:05.572 ó longo de moitos meses ou anos. 00:08:07.318 --> 00:08:12.368 Actualmente, as decisións médicas adoitan basearse nun conxunto limitado de datos, 00:08:12.392 --> 00:08:15.584 onde só hai dispoñible unha ollada ó historial médico dun paciente 00:08:15.608 --> 00:08:17.662 para a toma de decisións. 00:08:18.210 --> 00:08:20.509 Neste caso, 00:08:20.533 --> 00:08:23.326 as anomalías detéctanse normalmente 00:08:23.350 --> 00:08:25.916 comparando o perfil sanitario dun paciente 00:08:25.940 --> 00:08:29.212 co perfil sanitario medio dunha poboación de referencia. 00:08:30.419 --> 00:08:34.081 Os datos lonxitudinais abrirían unha nova dimensión 00:08:34.361 --> 00:08:37.048 e permitirían detectar anomalías 00:08:37.253 --> 00:08:39.950 baseándose no propio historial médico dun paciente. 00:08:40.861 --> 00:08:43.684 Isto abrirá o camiño para un tratamento personalizado. 00:08:44.741 --> 00:08:46.305 Soa bastante ben, non? 00:08:47.194 --> 00:08:50.169 Agora teredes unha pregunta que será máis ou menos así: 00:08:50.193 --> 00:08:54.806 "Se a tecnoloxía é tan boa como di, por que non se utiliza na actualidade?" 00:08:55.012 --> 00:08:57.490 E a única resposta que vos podo dar é: 00:08:57.514 --> 00:09:00.094 non todo é tan fácil como soa. 00:09:00.983 --> 00:09:04.114 Hai desafíos técnicos, por exemplo. 00:09:04.494 --> 00:09:07.508 Está a necesidade de sensores extremadamente fiables 00:09:07.532 --> 00:09:10.800 que poidan detectar mesturas de compostos orgánicos volátiles 00:09:10.824 --> 00:09:12.917 coa suficiente reproducibilidade. 00:09:13.629 --> 00:09:15.885 E outro desafío técnico é este: 00:09:16.088 --> 00:09:20.607 Como tomar mostras do alento de alguén de xeito tan definido 00:09:21.098 --> 00:09:23.446 para que o propio proceso de mostraxe 00:09:23.470 --> 00:09:26.123 non altere o resultado da análise? 00:09:27.187 --> 00:09:28.975 E está a necesidade de información. 00:09:29.556 --> 00:09:33.205 A análise do alento precisa ser validada en ensaios clínicos, 00:09:33.538 --> 00:09:35.866 e hai que recoller suficientes datos 00:09:36.054 --> 00:09:40.296 para que as condicións individuais poidan medirse con respecto ós estándares. 00:09:41.167 --> 00:09:43.640 A análise do alento só pode funcionar 00:09:43.664 --> 00:09:46.437 se se pode xerar un gran conxunto de datos 00:09:46.461 --> 00:09:48.811 e facelo accesible ao uso xeral. 00:09:51.050 --> 00:09:53.880 Se a análise do alento cumpre as expectativas, 00:09:54.745 --> 00:09:57.271 é unha tecnoloxía que de verdade nos podería axudar 00:09:57.295 --> 00:09:59.538 a transformar o noso sistema sanitario; 00:10:00.410 --> 00:10:03.564 transformalo dun sistema reactivo 00:10:03.588 --> 00:10:06.750 no que o tratamento o poñen en marcha os síntomas de enfermidade 00:10:06.774 --> 00:10:08.789 a un sistema proactivo, 00:10:08.813 --> 00:10:12.027 no que a detección de enfermidades, o diagnóstico e o tratamento 00:10:12.051 --> 00:10:13.935 poden ocorrer nun estadio inicial, 00:10:13.959 --> 00:10:16.058 moito antes de que se dean os síntomas. 00:10:17.590 --> 00:10:20.976 Isto lévame ó último punto, e é un fundamental. 00:10:21.537 --> 00:10:23.526 Que é exactamente unha enfermidade? 00:10:24.590 --> 00:10:28.496 Imaxinade que a análise do alento poida ser comercializada como digo, 00:10:28.649 --> 00:10:31.255 e a detección anticipada fose rutineira. 00:10:32.417 --> 00:10:34.721 O problema que queda é, de feito, un problema 00:10:34.745 --> 00:10:37.366 ó que debe enfrontarse calquera medida de prevención 00:10:37.757 --> 00:10:39.578 porque, para moitas enfermidades, 00:10:39.602 --> 00:10:43.197 é á miúdo imposible predicir con suficiente seguridade 00:10:43.450 --> 00:10:45.850 se unha enfermidade chegaría a causar síntomas 00:10:46.016 --> 00:10:48.138 ou poñer a vida dunha persoa en perigo. 00:10:48.990 --> 00:10:51.443 Isto é o sobrediagnóstico, 00:10:51.573 --> 00:10:53.211 e leva a un dilema. 00:10:53.927 --> 00:10:56.011 Se se identifica unha enfermidade, 00:10:56.035 --> 00:10:58.079 poderías elixir non tratala 00:10:58.103 --> 00:11:02.074 porque hai una probabilidade de que nunca a vaias sufrir. 00:11:02.955 --> 00:11:04.454 Pero canto sufrirías 00:11:04.478 --> 00:11:07.865 soamente sabendo que tes unha enfermidade potencialmente mortal? 00:11:07.889 --> 00:11:10.613 E non te arrepentirías de que se detectase a enfermidade 00:11:10.613 --> 00:11:11.610 en primeiro lugar? 00:11:13.281 --> 00:11:17.169 A segunda opción é someterse a un tratamento anticipado 00:11:17.193 --> 00:11:18.843 coa esperanza de curala. 00:11:19.485 --> 00:11:22.314 Mais normalmente isto provocaría efectos secundarios. 00:11:25.623 --> 00:11:27.179 Para ser precisos: 00:11:27.751 --> 00:11:30.325 o maior problema non é o sobrediagnóstico, 00:11:30.349 --> 00:11:31.709 é o sobretratamento, 00:11:31.826 --> 00:11:34.841 porque non todas as enfermidades teñen que tratarse ao momento 00:11:34.865 --> 00:11:36.925 só porque haxa un tratamento dispoñible. 00:11:39.441 --> 00:11:42.139 A crecente adopción de exames rutineiros 00:11:42.163 --> 00:11:43.912 implicará a cuestión: 00:11:45.082 --> 00:11:48.709 a que chamamos “enfermidade”, que pode xustificar o seu tratamento, 00:11:49.197 --> 00:11:53.785 e que é unha “anomalía” que non debería ser motivo de preocupación? 00:11:55.404 --> 00:11:59.551 Teño a esperanza de que as probas rutineiras usando a análise do alento 00:12:00.360 --> 00:12:03.120 acheguen suficientes datos e mellor comprensión 00:12:03.144 --> 00:12:07.358 para que nalgún momento, poidamos romper este dilema 00:12:07.714 --> 00:12:09.988 e predicir con suficiente seguridade 00:12:10.168 --> 00:12:12.858 se tratar e cando nun estadio inicial. 00:12:14.794 --> 00:12:19.513 O noso alento e a mestura de compostos orgánicos volátiles que exhalamos 00:12:19.537 --> 00:12:24.207 conteñen gran cantidade de información sobre a nosa condición fisiolóxica. 00:12:25.262 --> 00:12:28.473 Co que sabemos hoxe, só rozamos a superficie. 00:12:29.993 --> 00:12:34.030 Canta máis información e perfís de alento recollamos en toda a poboación, 00:12:34.258 --> 00:12:38.379 incluíndo todo tipo de xénero, idade, orixe e estilo de vida, 00:12:38.814 --> 00:12:41.147 maior será o poder da análise do alento. 00:12:42.147 --> 00:12:47.386 E, co tempo, esta podería proporcionar unha potente ferramenta 00:12:47.749 --> 00:12:51.878 non só para detectar proactivamente enfermidades específicas 00:12:52.239 --> 00:12:55.888 senón tamén para predicilas e finalmente previlas. 00:12:57.110 --> 00:12:59.491 E esta debería ser motivación suficiente 00:12:59.752 --> 00:13:03.727 para aproveitar as oportunidades e desafíos 00:13:03.959 --> 00:13:06.271 que pode presentar a análise do alento, 00:13:06.444 --> 00:13:09.846 incluso para a xente que non é hipocondríaca a media xornada coma min. 00:13:10.532 --> 00:13:11.457 Grazas. 00:13:11.713 --> 00:13:15.730 (Aplausos)