1 00:00:00,738 --> 00:00:02,952 Teño tendencia a asumir o peor, 2 00:00:03,757 --> 00:00:06,620 e de cando en vez, este costume xógame malas pasadas. 3 00:00:06,644 --> 00:00:09,755 Por exemplo, se sinto unha dor inesperada no corpo 4 00:00:09,949 --> 00:00:12,981 que nunca antes sentira e que non sei a que atribuír, 5 00:00:13,480 --> 00:00:17,735 de súpeto a miña mente pode pensar que é unha cardiopatía 6 00:00:18,024 --> 00:00:20,920 ou que unha dor no papo da perna é unha trombose venosa. 7 00:00:21,699 --> 00:00:25,217 Pero ata agora, non me diagnosticaron ningunha doenza fatal ou incurable. 8 00:00:25,241 --> 00:00:27,653 Ás veces, temos dores sen razón aparente. 9 00:00:29,098 --> 00:00:31,318 Pero non todo o mundo ten tanta sorte coma min. 10 00:00:31,970 --> 00:00:35,215 Cada ano, máis de 50 millóns de persoas morren no mundo. 11 00:00:36,287 --> 00:00:39,820 Especialmente en economías con altos ingresos como a nosa, 12 00:00:39,844 --> 00:00:43,791 un gran número das mortes están causadas por enfermidades de evolución lenta: 13 00:00:44,623 --> 00:00:48,739 cardiopatía, enfermidade pulmonar crónica, cancro, alzhéimer, diabetes, 14 00:00:48,955 --> 00:00:50,325 por nomear algunhas. 15 00:00:51,300 --> 00:00:55,804 A humanidade fixo progresos enormes diagnosticando e tratando moitas delas. 16 00:00:56,859 --> 00:01:00,060 Mais estamos nun momento no que non se pode avanzar máis en saúde 17 00:01:00,084 --> 00:01:03,124 soamente desenvolvendo tratamentos novos. 18 00:01:03,398 --> 00:01:05,798 E isto é evidente cando vemos un aspecto 19 00:01:05,822 --> 00:01:08,188 que moitas destas enfermidades teñen en común: 20 00:01:09,418 --> 00:01:12,083 a probabilidade dun tratamento exitoso 21 00:01:12,270 --> 00:01:14,912 depende fortemente de cando se empeza. 22 00:01:15,370 --> 00:01:18,814 Pero unha enfermidade normalmente só se detecta cando hai síntomas. 23 00:01:19,632 --> 00:01:24,025 O problema é que hai enfermidades que, de feito, poden ser asintomáticas, 24 00:01:24,049 --> 00:01:26,902 e por tanto imperceptibles, durante moito tempo. 25 00:01:27,902 --> 00:01:31,642 Por isto, hai unha persistente necesidade de novos métodos 26 00:01:31,827 --> 00:01:33,775 de detección nos primeiros estadios, 27 00:01:33,799 --> 00:01:35,937 antes de que empecen os síntomas. 28 00:01:37,135 --> 00:01:39,253 Na asistencia sanitaria chámaselle rastrexo, 29 00:01:39,435 --> 00:01:42,600 que, segundo a definición da Organización Mundial da Saúde, 30 00:01:42,624 --> 00:01:47,867 é "a presunta identificación dunha enfermidade non recoñecida 31 00:01:48,306 --> 00:01:50,665 nunha persoa aparentemente sa, 32 00:01:50,891 --> 00:01:54,680 mediante probas... que se poden facer rápida e sinxelamente..." 33 00:01:55,429 --> 00:01:57,698 É unha definición longa, así que a vou repetir: 34 00:01:58,237 --> 00:02:01,396 Identificación dunha enfermidade non recoñecida 35 00:02:01,746 --> 00:02:04,027 nunha persoa aparentemente sa 36 00:02:04,254 --> 00:02:08,115 mediante probas que se poden facer rápida e sinxelamente. 37 00:02:08,292 --> 00:02:11,385 E quero pór especial énfase nas palabras "rápida e sinxelamente" 38 00:02:11,385 --> 00:02:13,945 porque moitos dos métodos que existen 39 00:02:13,969 --> 00:02:15,628 son exactamente o contrario. 40 00:02:16,189 --> 00:02:18,888 E aqueles de vós que pasarades por unha colonoscopia 41 00:02:18,912 --> 00:02:21,942 como parte dun rastrexo de cancro colorrectal 42 00:02:22,135 --> 00:02:23,482 saberedes o que quero dicir. 43 00:02:25,209 --> 00:02:28,285 Obviamente, hai unha gran variedade de ferramentas dispoñibles 44 00:02:28,309 --> 00:02:29,838 para levar a cabo as probas. 45 00:02:30,298 --> 00:02:33,984 Isto vai dende técnicas de escaneamento como a radiografía 46 00:02:34,008 --> 00:02:36,039 ou a resonancia magnética 47 00:02:36,162 --> 00:02:38,166 ata análises de sangue ou tecidos. 48 00:02:38,190 --> 00:02:40,106 Todos fixemos esas probas. 49 00:02:41,344 --> 00:02:44,917 Pero hai un medio que pasamos por alto durante moito tempo: 50 00:02:45,674 --> 00:02:48,075 un medio de fácil acceso, 51 00:02:48,440 --> 00:02:50,300 basicamente inesgotable, 52 00:02:50,485 --> 00:02:53,732 e que alberga grandes expectativas nas análises médicas. 53 00:02:54,994 --> 00:02:56,522 e é o noso alento. 54 00:02:58,514 --> 00:03:01,895 O alento humano está constituído esencialmente por cinco compoñentes: 55 00:03:02,649 --> 00:03:08,721 nitróxeno, oxíxeno, dióxido de carbono, auga e argon. 56 00:03:09,349 --> 00:03:12,703 Pero ademais destes cinco, hai centos doutros compoñentes 57 00:03:12,772 --> 00:03:15,155 presentes en moi pequenas cantidades. 58 00:03:15,179 --> 00:03:17,732 Chámanse compostos orgánicos volátiles, 59 00:03:17,756 --> 00:03:20,089 e soltamos centos, incluso miles, 60 00:03:20,113 --> 00:03:21,872 cada vez que exhalamos. 61 00:03:23,110 --> 00:03:26,479 A análise destes compostos orgánicos volátiles no noso alento 62 00:03:26,503 --> 00:03:28,204 chámase análise do alento. 63 00:03:29,545 --> 00:03:33,309 De feito, creo que moitos de vós xa experimentastes a análise do alento. 64 00:03:33,333 --> 00:03:36,934 Imaxinade: estades indo para casa de madrugada, 65 00:03:36,958 --> 00:03:39,330 cando de súpeto, aparece un amable policía 66 00:03:39,680 --> 00:03:42,002 que vos pide cordialmente pero con firmeza 67 00:03:42,496 --> 00:03:45,899 que estacionedes na beiravía e sopredes por un aparato coma este. 68 00:03:47,486 --> 00:03:50,198 Isto é un alcoholímetro 69 00:03:50,733 --> 00:03:54,153 que se usa para medir a concentración de etanol no alento 70 00:03:54,464 --> 00:03:57,821 e determinar se conducir nesas condicións é unha boa idea. 71 00:03:58,509 --> 00:04:00,456 Eu digo que conduciría bastante ben, 72 00:04:00,480 --> 00:04:01,700 pero deixádeme comprobar. 73 00:04:02,788 --> 00:04:04,715 (bip) 74 00:04:08,445 --> 00:04:11,405 0,0, así que nada do que preocuparse, todo ben. 75 00:04:11,429 --> 00:04:12,696 (Risas) 76 00:04:14,298 --> 00:04:16,959 Agora imaxinade un aparato coma este, 77 00:04:16,983 --> 00:04:19,927 que non só mide os niveis de alcohol no voso alento, 78 00:04:19,951 --> 00:04:23,767 senón que detecta enfermidades como as que citei antes 79 00:04:23,791 --> 00:04:25,507 e potencialmente outras máis. 80 00:04:26,868 --> 00:04:30,433 O concepto de correlacionar o cheiro do alento dunha persoa 81 00:04:30,690 --> 00:04:32,612 con certos problemas médicos, 82 00:04:32,834 --> 00:04:35,254 de feito, remóntase á Grecia antiga. 83 00:04:35,905 --> 00:04:40,601 Pero as investigacións sobre a análise do alento só se dispararon recentemente, 84 00:04:40,900 --> 00:04:44,307 e o que unha vez fora un soño estase a converter nunha realidade. 85 00:04:45,307 --> 00:04:48,321 E permitídeme que volva sacar esta lista que vos ensinei antes. 86 00:04:49,047 --> 00:04:51,813 Para a maioría das enfermidades aquí enumeradas, 87 00:04:52,495 --> 00:04:54,688 hai abundantes probas científicas 88 00:04:54,712 --> 00:04:58,369 que suxiren que a enfermidade podería detectarse cunha análise de alento. 89 00:04:59,917 --> 00:05:01,612 Pero como funciona exactamente? 90 00:05:02,421 --> 00:05:04,983 A parte esencial é un sensor 91 00:05:05,223 --> 00:05:08,435 que detecta os compostos orgánicos volátiles no noso alento. 92 00:05:09,364 --> 00:05:12,142 É dicir: cando está exposto a unha mostra de alento, 93 00:05:12,318 --> 00:05:15,002 o sensor produce unha marca complexa 94 00:05:15,026 --> 00:05:19,006 que resulta da mestura de compostos orgánicos volátiles que exhalamos. 95 00:05:20,141 --> 00:05:24,218 Esta marca representa unha pegada do teu metabolismo, 96 00:05:24,481 --> 00:05:25,646 o teu microbioma 97 00:05:25,670 --> 00:05:29,273 e os procesos bioquímicos que ocorren no teu corpo. 98 00:05:29,980 --> 00:05:31,573 Se tes unha enfermidade, 99 00:05:31,597 --> 00:05:33,593 o teu organismo cambiará, 100 00:05:33,908 --> 00:05:36,868 e tamén o fará a composición do teu aire exhalado. 101 00:05:37,479 --> 00:05:42,609 E logo o último que queda por facer é correlacionar tal marca 102 00:05:42,633 --> 00:05:45,739 coa presenza ou ausencia de certos problemas médicos. 103 00:05:47,921 --> 00:05:51,156 A tecnoloxía promete varios beneficios innegables. 104 00:05:51,719 --> 00:05:54,816 En primeiro lugar, o sensor pode facerse en miniatura 105 00:05:54,840 --> 00:05:57,686 e integrarse en aparatos pequenos e portátiles 106 00:05:57,710 --> 00:05:59,548 como este alcoholímetro. 107 00:06:00,437 --> 00:06:03,450 Isto permitiría usar a proba en moitas situacións diferentes 108 00:06:03,474 --> 00:06:05,248 e incluso na casa, 109 00:06:05,272 --> 00:06:07,266 para que ir ao médico 110 00:06:07,290 --> 00:06:10,049 non sexa necesario cada vez que haxa que facer unha proba. 111 00:06:10,946 --> 00:06:14,326 En segundo lugar, a análise do alento non é invasiva 112 00:06:14,350 --> 00:06:17,997 e resulta tan sinxela coma soprar nun alcoholímetro. 113 00:06:18,900 --> 00:06:23,589 Esta simpleza e comodidade reduciría a carga para o paciente 114 00:06:23,918 --> 00:06:27,361 e achegaría un incentivo para adoptar a tecnoloxía de forma xeral. 115 00:06:27,973 --> 00:06:31,636 E en terceiro lugar, a tecnoloxía é tan flexible 116 00:06:32,105 --> 00:06:34,345 que o mesmo aparato pode empregarse 117 00:06:34,369 --> 00:06:37,509 para detectar un gran número de problemas de saúde. 118 00:06:38,224 --> 00:06:42,909 A análise do alento poderíase usar para detectar moitas enfermidades á vez. 119 00:06:44,195 --> 00:06:47,526 Hoxe en día, cada enfermidade require un instrumento médico diferente 120 00:06:47,550 --> 00:06:49,006 para realizar un exame. 121 00:06:49,561 --> 00:06:52,645 Pero isto significa que só podes atopar o que estás a buscar. 122 00:06:54,637 --> 00:06:58,496 Con todas estas prestacións, a análise do alento está destinada 123 00:06:58,520 --> 00:07:01,584 a ofrecer o que lles falta a moitas probas tradicionais. 124 00:07:02,671 --> 00:07:04,217 E o máis importante, 125 00:07:04,334 --> 00:07:07,684 todas estas prestacións deberían proporcionar co tempo 126 00:07:07,708 --> 00:07:10,214 unha plataforma para análises médicas 127 00:07:10,238 --> 00:07:13,943 que poida operar a un atractivo baixo custo por proba. 128 00:07:15,713 --> 00:07:18,885 Pola contra, os instrumentos médicos existentes 129 00:07:18,987 --> 00:07:21,373 adoitan implicar grandes custos por proba. 130 00:07:21,920 --> 00:07:24,198 Entón, con fin de manter os custos baixos, 131 00:07:24,222 --> 00:07:26,832 o número de probas ten que estar restrinxido, 132 00:07:27,562 --> 00:07:30,803 e iso supón que a) as probas só se poden realizar 133 00:07:30,827 --> 00:07:35,104 nunha parte reducida da poboación, por exemplo, na de alto risco; 134 00:07:35,535 --> 00:07:40,690 e b) o número de probas por persoa tense que manter reducido ao mínimo. 135 00:07:41,459 --> 00:07:43,303 Mais non sería beneficioso 136 00:07:43,327 --> 00:07:46,287 realizar a proba en grupos máis grandes de xente, 137 00:07:46,311 --> 00:07:50,422 con máis frecuencia e durante un período maior para cada individuo? 138 00:07:51,845 --> 00:07:55,450 Especialmente o último daría acceso a algo moi valioso 139 00:07:55,730 --> 00:07:57,997 chamado datos lonxitudinais. 140 00:07:58,950 --> 00:08:03,052 Os datos lonxitudinais son un conxunto de datos que monitorizan o mesmo paciente 141 00:08:03,076 --> 00:08:05,572 ó longo de moitos meses ou anos. 142 00:08:07,318 --> 00:08:12,368 Actualmente, as decisións médicas adoitan basearse nun conxunto limitado de datos, 143 00:08:12,392 --> 00:08:15,584 onde só hai dispoñible unha ollada ó historial médico dun paciente 144 00:08:15,608 --> 00:08:17,662 para a toma de decisións. 145 00:08:18,210 --> 00:08:20,509 Neste caso, 146 00:08:20,533 --> 00:08:23,326 as anomalías detéctanse normalmente 147 00:08:23,350 --> 00:08:25,916 comparando o perfil sanitario dun paciente 148 00:08:25,940 --> 00:08:29,212 co perfil sanitario medio dunha poboación de referencia. 149 00:08:30,419 --> 00:08:34,081 Os datos lonxitudinais abrirían unha nova dimensión 150 00:08:34,361 --> 00:08:37,048 e permitirían detectar anomalías 151 00:08:37,253 --> 00:08:39,950 baseándose no propio historial médico dun paciente. 152 00:08:40,861 --> 00:08:43,684 Isto abrirá o camiño para un tratamento personalizado. 153 00:08:44,741 --> 00:08:46,305 Soa bastante ben, non? 154 00:08:47,194 --> 00:08:50,169 Agora teredes unha pregunta que será máis ou menos así: 155 00:08:50,193 --> 00:08:54,806 "Se a tecnoloxía é tan boa como di, por que non se utiliza na actualidade?" 156 00:08:55,012 --> 00:08:57,490 E a única resposta que vos podo dar é: 157 00:08:57,514 --> 00:09:00,094 non todo é tan fácil como soa. 158 00:09:00,983 --> 00:09:04,114 Hai desafíos técnicos, por exemplo. 159 00:09:04,494 --> 00:09:07,508 Está a necesidade de sensores extremadamente fiables 160 00:09:07,532 --> 00:09:10,800 que poidan detectar mesturas de compostos orgánicos volátiles 161 00:09:10,824 --> 00:09:12,917 coa suficiente reproducibilidade. 162 00:09:13,629 --> 00:09:15,885 E outro desafío técnico é este: 163 00:09:16,088 --> 00:09:20,607 Como tomar mostras do alento de alguén de xeito tan definido 164 00:09:21,098 --> 00:09:23,446 para que o propio proceso de mostraxe 165 00:09:23,470 --> 00:09:26,123 non altere o resultado da análise? 166 00:09:27,187 --> 00:09:28,975 E está a necesidade de información. 167 00:09:29,556 --> 00:09:33,205 A análise do alento precisa ser validada en ensaios clínicos, 168 00:09:33,538 --> 00:09:35,866 e hai que recoller suficientes datos 169 00:09:36,054 --> 00:09:40,296 para que as condicións individuais poidan medirse con respecto ós estándares. 170 00:09:41,167 --> 00:09:43,640 A análise do alento só pode funcionar 171 00:09:43,664 --> 00:09:46,437 se se pode xerar un gran conxunto de datos 172 00:09:46,461 --> 00:09:48,811 e facelo accesible ao uso xeral. 173 00:09:51,050 --> 00:09:53,880 Se a análise do alento cumpre as expectativas, 174 00:09:54,745 --> 00:09:57,271 é unha tecnoloxía que de verdade nos podería axudar 175 00:09:57,295 --> 00:09:59,538 a transformar o noso sistema sanitario; 176 00:10:00,410 --> 00:10:03,564 transformalo dun sistema reactivo 177 00:10:03,588 --> 00:10:06,750 no que o tratamento o poñen en marcha os síntomas de enfermidade 178 00:10:06,774 --> 00:10:08,789 a un sistema proactivo, 179 00:10:08,813 --> 00:10:12,027 no que a detección de enfermidades, o diagnóstico e o tratamento 180 00:10:12,051 --> 00:10:13,935 poden ocorrer nun estadio inicial, 181 00:10:13,959 --> 00:10:16,058 moito antes de que se dean os síntomas. 182 00:10:17,590 --> 00:10:20,976 Isto lévame ó último punto, e é un fundamental. 183 00:10:21,537 --> 00:10:23,526 Que é exactamente unha enfermidade? 184 00:10:24,590 --> 00:10:28,496 Imaxinade que a análise do alento poida ser comercializada como digo, 185 00:10:28,649 --> 00:10:31,255 e a detección anticipada fose rutineira. 186 00:10:32,417 --> 00:10:34,721 O problema que queda é, de feito, un problema 187 00:10:34,745 --> 00:10:37,366 ó que debe enfrontarse calquera medida de prevención 188 00:10:37,757 --> 00:10:39,578 porque, para moitas enfermidades, 189 00:10:39,602 --> 00:10:43,197 é á miúdo imposible predicir con suficiente seguridade 190 00:10:43,450 --> 00:10:45,850 se unha enfermidade chegaría a causar síntomas 191 00:10:46,016 --> 00:10:48,138 ou poñer a vida dunha persoa en perigo. 192 00:10:48,990 --> 00:10:51,443 Isto é o sobrediagnóstico, 193 00:10:51,573 --> 00:10:53,211 e leva a un dilema. 194 00:10:53,927 --> 00:10:56,011 Se se identifica unha enfermidade, 195 00:10:56,035 --> 00:10:58,079 poderías elixir non tratala 196 00:10:58,103 --> 00:11:02,074 porque hai una probabilidade de que nunca a vaias sufrir. 197 00:11:02,955 --> 00:11:04,454 Pero canto sufrirías 198 00:11:04,478 --> 00:11:07,865 soamente sabendo que tes unha enfermidade potencialmente mortal? 199 00:11:07,889 --> 00:11:10,613 E non te arrepentirías de que se detectase a enfermidade 200 00:11:10,613 --> 00:11:11,610 en primeiro lugar? 201 00:11:13,281 --> 00:11:17,169 A segunda opción é someterse a un tratamento anticipado 202 00:11:17,193 --> 00:11:18,843 coa esperanza de curala. 203 00:11:19,485 --> 00:11:22,314 Mais normalmente isto provocaría efectos secundarios. 204 00:11:25,623 --> 00:11:27,179 Para ser precisos: 205 00:11:27,751 --> 00:11:30,325 o maior problema non é o sobrediagnóstico, 206 00:11:30,349 --> 00:11:31,709 é o sobretratamento, 207 00:11:31,826 --> 00:11:34,841 porque non todas as enfermidades teñen que tratarse ao momento 208 00:11:34,865 --> 00:11:36,925 só porque haxa un tratamento dispoñible. 209 00:11:39,441 --> 00:11:42,139 A crecente adopción de exames rutineiros 210 00:11:42,163 --> 00:11:43,912 implicará a cuestión: 211 00:11:45,082 --> 00:11:48,709 a que chamamos “enfermidade”, que pode xustificar o seu tratamento, 212 00:11:49,197 --> 00:11:53,785 e que é unha “anomalía” que non debería ser motivo de preocupación? 213 00:11:55,404 --> 00:11:59,551 Teño a esperanza de que as probas rutineiras usando a análise do alento 214 00:12:00,360 --> 00:12:03,120 acheguen suficientes datos e mellor comprensión 215 00:12:03,144 --> 00:12:07,358 para que nalgún momento, poidamos romper este dilema 216 00:12:07,714 --> 00:12:09,988 e predicir con suficiente seguridade 217 00:12:10,168 --> 00:12:12,858 se tratar e cando nun estadio inicial. 218 00:12:14,794 --> 00:12:19,513 O noso alento e a mestura de compostos orgánicos volátiles que exhalamos 219 00:12:19,537 --> 00:12:24,207 conteñen gran cantidade de información sobre a nosa condición fisiolóxica. 220 00:12:25,262 --> 00:12:28,473 Co que sabemos hoxe, só rozamos a superficie. 221 00:12:29,993 --> 00:12:34,030 Canta máis información e perfís de alento recollamos en toda a poboación, 222 00:12:34,258 --> 00:12:38,379 incluíndo todo tipo de xénero, idade, orixe e estilo de vida, 223 00:12:38,814 --> 00:12:41,147 maior será o poder da análise do alento. 224 00:12:42,147 --> 00:12:47,386 E, co tempo, esta podería proporcionar unha potente ferramenta 225 00:12:47,749 --> 00:12:51,878 non só para detectar proactivamente enfermidades específicas 226 00:12:52,239 --> 00:12:55,888 senón tamén para predicilas e finalmente previlas. 227 00:12:57,110 --> 00:12:59,491 E esta debería ser motivación suficiente 228 00:12:59,752 --> 00:13:03,727 para aproveitar as oportunidades e desafíos 229 00:13:03,959 --> 00:13:06,271 que pode presentar a análise do alento, 230 00:13:06,444 --> 00:13:09,846 incluso para a xente que non é hipocondríaca a media xornada coma min. 231 00:13:10,532 --> 00:13:11,457 Grazas. 232 00:13:11,713 --> 00:13:15,730 (Aplausos)