Este novo telescopio pode amosarnos o comezo do Universo
-
0:01 - 0:05Cando tiña 14 anos,
interesábame a ciencia, -
0:05 - 0:08fascinábame,
entusiasmábame aprendela. -
0:08 - 0:13E tiven un profesor de ciencias
no instituto que nos dixo na clase: -
0:13 - 0:16"As rapazas non tedes que escoitar isto".
-
0:17 - 0:18Alentador, a que si?
-
0:18 - 0:19(Risas)
-
0:19 - 0:23Decidín non escoitar --
só esa afirmación en concreto. -
0:25 - 0:28Déixenme levalos
ao cordal dos Andes, en Chile, -
0:28 - 0:33a 500 kilómetros, 300 millas,
ao nordés de Santiago. -
0:33 - 0:37É un lugar moi afastado,
moi seco e moi fermoso. -
0:38 - 0:39E non hai moito máis alí.
-
0:39 - 0:42Hai cóndores, tarántulas,
-
0:42 - 0:45e de noite, cando a luz é tenue,
-
0:45 - 0:48pódese ver un dos ceos
máis escuros da Terra. -
0:49 - 0:51É unha especie de lugar máxico, a montaña.
-
0:51 - 0:56É unha combinación marabillosa
de afastados cumes -
0:56 - 0:59cunha tecnoloxía sumamente avanzada.
-
1:00 - 1:03E os nosos devanceiros,
dende que hai rexistros históricos, -
1:03 - 1:08miraron cara ao ceo nocturno
cavilando sobre a natureza da existencia. -
1:09 - 1:11E a nosa xeración non é unha excepción.
-
1:12 - 1:15O único problema é que o ceo nocturno
agora está iluminado -
1:15 - 1:17pola luz das cidades.
-
1:17 - 1:21Por iso, os astrónomos van
a estes afastados cumes -
1:21 - 1:23para examinar e estudar o cosmos.
-
1:23 - 1:26Os telescopios son
a nosa xanela ao cosmos. -
1:28 - 1:32Non esaxero se lles digo
que o hemisferio sur vai ser -
1:32 - 1:36o futuro da astronomía
durante o século XXI. -
1:36 - 1:39Xa temos unha serie de telescopios,
-
1:39 - 1:41no cordal dos Andes, en Chile,
-
1:41 - 1:47á que axiña se unirá
outra serie incrible de nova capacidade. -
1:47 - 1:50Vai haber dous grupos internacionais
que construirán -
1:50 - 1:55telescopios xigantes, sensibles
á radiación óptica, coma os nosos ollos. -
1:56 - 1:58Vai haber un telescopio de rastrexo
-
1:58 - 2:01que analizará o ceo cada poucas noites.
-
2:01 - 2:03Vai haber radiotelescopios,
-
2:03 - 2:06sensibles a radiacións de onda longa.
-
2:06 - 2:10E despois, haberá telescopios no espazo.
-
2:10 - 2:12Haberá un sucesor
do Telescopio Espacial Hubble: -
2:13 - 2:15chámase o Telescopio James Webb
-
2:15 - 2:17e lanzarase no 2018.
-
2:17 - 2:19Haberá un satélite chamado TESS
-
2:19 - 2:22que vai descubrir planetas
fóra do noso sistema solar. -
2:24 - 2:27Durante a última década,
estiven a liderar un grupo, -
2:27 - 2:29un consorcio -- un grupo internacional,
-
2:29 - 2:32para constuír o que será, cando se remate,
-
2:32 - 2:35o maior telescopio óptico que existe.
-
2:35 - 2:39Chámase Telescopio Xigante de Magalhães,
ou GMT (Giant Magellan Telescope). -
2:40 - 2:44Este telescopio vai ter espellos
de 8,4 metros de diámetro-- -
2:45 - 2:46cada espello.
-
2:46 - 2:47Case 9 metros.
-
2:47 - 2:52Será máis grande ca este escenario---
case ata a cuarta fila do público. -
2:52 - 2:55Cada un dos sete espellos do telescopio
-
2:55 - 2:59terá case 9 metros de diámetro.
-
2:59 - 3:03Xuntos, eses sete espellos medirán
-
3:03 - 3:05algo máis de 24 metros de diámetro.
-
3:05 - 3:08Polo tanto, será, practicamente,
o tamaño deste auditorio. -
3:08 - 3:12O telescopio estará a case
43 metros de altura, -
3:12 - 3:15e de novo, estando en Río,
-
3:15 - 3:18algúns de vós debedes ter visto
a estatua do Cristo xigante. -
3:18 - 3:20A escala é comparable en altura.
-
3:20 - 3:24De feito, é máis pequeno
do que este telescopio vai ser. -
3:24 - 3:27É comparable ao tamaño
da Estatua da Liberdade. -
3:28 - 3:32E aloxarase nun recinto de 22 andares.
-
3:32 - 3:3460 metros de altura.
-
3:34 - 3:37Pero é un edificio pouco común
para protexer este telescopio. -
3:37 - 3:39Terá xanelas abertas cara o ceo,
-
3:39 - 3:41poderá apuntar e mirar o ceo,
-
3:41 - 3:44e rotará nunha base --
-
3:44 - 3:47un edificio xiratorio de 2.000 toneladas.
-
3:48 - 3:53O Telescopio Xigante de Magalhães
terá 10 veces a resolución -
3:53 - 3:54do Telescopio Espacial Hubble.
-
3:55 - 3:59Será 20 millóns de veces
máis sensible ca o ollo humano. -
4:00 - 4:06e poderá, por primeira vez na historia,
atopar vida en planetas -
4:06 - 4:08que están fóra do noso sistema solar.
-
4:08 - 4:13Vainos permitir mirar cara a atrás
e ver a primeira luz do universo -- -
4:13 - 4:15literalmente, o alborecer do cosmos.
-
4:15 - 4:17O alborecer cósmico.
-
4:18 - 4:22Este telescopio permitiranos
observar o pasado, -
4:22 - 4:25ver as galaxias tal como eran
cando se estaban a formar, -
4:25 - 4:29os primeiros buracos negros do universo,
as primeiras galaxias. -
4:30 - 4:34Durante os milleiros de anos
que estudamos o cosmos, -
4:34 - 4:37preguntámonos cal é
o noso lugar no universo. -
4:37 - 4:39Os antigos gregos dixéronnos
-
4:39 - 4:41que a Terra era o centro do universo.
-
4:41 - 4:45Hai cincocentos anos,
Copérnico desprazou a Terra -
4:45 - 4:48e situou o Sol no corazón do cosmos.
-
4:49 - 4:51Tal como aprendemos ao longo dos séculos,
-
4:51 - 4:54dende que Galileo Galilei,
o científico italiano, -
4:54 - 4:59apuntou cara ao ceo
cun pequeno telescopio de 5 centímetros, -
4:59 - 5:02sempre que construímos
telescopios maiores, -
5:02 - 5:04descubrimos algo sobre o universo;
-
5:04 - 5:07fixemos descubrimentos, sen excepcións.
-
5:09 - 5:13No século XX descubrimos
que o universo se está a expandir -
5:13 - 5:17e que o noso sistema solar
non é o centro desta expansión. -
5:18 - 5:23Agora sabemos que o universo se compón
duns 100 mil millóns de galaxias -
5:23 - 5:25visibles para nós,
-
5:25 - 5:30e cada unha desas galaxias
contén 100 mil millóns de estrelas. -
5:31 - 5:34Agora miramos cara
á imaxe máis profunda do cosmos -
5:34 - 5:36como nunca antes o fixeramos.
-
5:36 - 5:39Sacouna o Telescopio Espacial Hubble
-
5:39 - 5:44apuntando cara a unha parte do ceo
que estaba baleira, -
5:44 - 5:45antes do lanzamento do Hubble.
-
5:45 - 5:48E se poden imaxinar esta área diminuta,
-
5:48 - 5:51é só unha cincuentava parte
do tamaño da Lúa. -
5:51 - 5:53Poden imaxinar o tamaño da Lúa.
-
5:53 - 5:57Agora existen 10.000 galaxias
visibles nesta imaxe. -
5:58 - 6:02E o tenue das imaxes e mais
o tamaño diminuto é só o resultado -
6:02 - 6:07de que esas galaxias
están moi afastadas, a longa distancia. -
6:07 - 6:10Cada unha delas pode conter
-
6:10 - 6:15miles de millóns ou incluso
centos de miles de millóns de estrelas. -
6:16 - 6:18Os telescopios son coma máquinas do tempo.
-
6:18 - 6:22Canto máis lonxe miramos no espazo,
máis atrás miramos no tempo. -
6:22 - 6:26E hai coma baldes de luz --
literalmente, acumulan luz. -
6:26 - 6:29Así, canto máis grande é o balde
máis grande é o espello que temos, -
6:29 - 6:32máis luz podemos ver
e máis atrás podemos mirar. -
6:34 - 6:36No último século descubrimos
-
6:36 - 6:39que no universo hai obxectos exóticos --
os buracos negros. -
6:39 - 6:42Descubrimos que existen
a materia e a enerxía escuras -
6:42 - 6:43que non podemos ver.
-
6:43 - 6:47Agora estades a mirar
unha imaxe real da materia escura. -
6:47 - 6:48(Risas)
-
6:48 - 6:51Entendéstelo. Non todo o mundo o entende.
-
6:51 - 6:52(Risas)
-
6:52 - 6:55Entón, o xeito como concluímos
que había materia escura -- -
6:55 - 7:00non a podemos ver -- mais hai un tirón
inconfundible, debido á gravidade. -
7:01 - 7:05Se prestamos atención,
vemos este mar de galaxias -
7:05 - 7:06nun universo que se expande.
-
7:07 - 7:10O que eu fago é medir
a expansión do universo -
7:10 - 7:13e nun dos proxectos
que levei a cabo nos 90 -
7:13 - 7:18usei o Telescopio Espacial Hubble
para medir a velocidade a que se expande. -
7:19 - 7:23Agora podémonos remontar
a hai 14 mil millón de anos. -
7:24 - 7:28Co tempo descubrimos
que cada estrela ten a súa historia; -
7:28 - 7:31teñen nacemento, madureza
-
7:31 - 7:33e incluso algunhas teñen
unha morte dramática. -
7:34 - 7:40E as brasas desas estrelas
forman as novas que vemos, -
7:40 - 7:44a maioría das cales acaban por ter
planetas arredor delas. -
7:44 - 7:48E un dos resultados máis sorprendentes
dos últimos 20 anos -
7:48 - 7:52foi o descubrimento doutros planetas
que gravitan arredor doutras estrelas. -
7:52 - 7:54Os chamados exoplanetas.
-
7:54 - 7:59E ata 1995, non sabiamos
da existencia doutros planetas -
7:59 - 8:02que non fosen os do noso Sistema Solar.
-
8:02 - 8:09Mais agora, hai case 2.000 planetas
orbitando arredor doutras estrelas -
8:09 - 8:11que podemos identificar,
cuxa masa podemos medir. -
8:11 - 8:15500 deles son sistemas multiplanetarios.
-
8:15 - 8:19E hai outros 4.000 candidatos
-- e seguimos a contar -- -
8:19 - 8:21a planetas que orbitan outras estrelas.
-
8:22 - 8:25Preséntanse nunha desconcertante
variedade de tipoloxías diferentes. -
8:25 - 8:28Hai planetas similares a Xúpiter,
que son quentes, -
8:28 - 8:33hai outros que están conxelados,
hai mundo acuáticos -
8:33 - 8:36e hai planetas rochosos coma a Terra,
chamados "Súperterras", -
8:36 - 8:41e incluso houbo planetas
que se especula foron mundos de diamante. -
8:42 - 8:47Sabemos que, polo menos nun planeta,
o noso, hai vida. -
8:47 - 8:51Atopamos incluso planetas
que orbitan dúas estrelas. -
8:51 - 8:54Xa non é cousa da ciencia ficción.
-
8:55 - 8:57No noso planeta sabemos que hai vida,
-
8:57 - 9:03desenvolvemos unha vida complexa,
podemos preguntarnos sobre a nosa orixe. -
9:04 - 9:08E dado todo o que descubrimos,
agora a enorme cantidade suxire -
9:08 - 9:12que hai millóns --
incluso talvez centos de millóns -- -
9:12 - 9:15de planetas que están
abondo preto -- -
9:15 - 9:18xusto á distancia exacta
das estrelas arredor das que orbitan -- -
9:18 - 9:24para teren auga en estado líquido,
polo que poderían albergar vida. -
9:24 - 9:28Marabillámonos con estas probabilidades,
enormes probabilidades, -
9:28 - 9:31e o máis marabilloso é
que durante a vindeira década -
9:31 - 9:37o GMT talvez poida analizar os espectros
das atmosferas deses planetas -
9:37 - 9:40e determinar se existe ou non
a posibilidade de que alberguen vida. -
9:42 - 9:43Entón, que é o proxecto GMT?
-
9:44 - 9:45É un proxecto internacional.
-
9:45 - 9:51Inclúe a Australia, Corea do Sur,
e encántame poder dicir, aquí en Río, -
9:51 - 9:54que o máis recente socio
no noso telescopio é Brasil. -
9:55 - 9:59(Aplausos)
-
9:59 - 10:04Tamén inclúe unha serie de institucións
ao longo dos Estados Unidos, -
10:04 - 10:07coma a Universidade de Harvard,
-
10:07 - 10:10as Institucións Smithsonian e Carnegie,
-
10:10 - 10:17e as universidades de Arizona, Chicago,
Texas-Austin e Texas A&M. -
10:17 - 10:19Tamén inclúe a Chile.
-
10:21 - 10:24A fabricación dos espellos do telescopio
-
10:24 - 10:25é tamén fascinante en si mesma.
-
10:25 - 10:30Coller anacos de cristal, fundilos
nun forno que está a rotar. -
10:31 - 10:33Isto ocorre debaixo do estadio de fútbol
-
10:33 - 10:35da Universidade de Arizona.
-
10:35 - 10:38Está agochado debaixo de 52.000 asentos.
-
10:38 - 10:39Ninguén sabe que se fai isto.
-
10:40 - 10:43É basicamente un caldeiro que rota.
-
10:43 - 10:46Os espellos fúndense
e arrefrían moi lentamente, -
10:46 - 10:49e despois pólense con extrema precisión.
-
10:50 - 10:53Se pensan na precisión destes espellos,
-
10:53 - 10:57as protuberancias no espello,
en todos eses case 9 metros, -
10:57 - 11:01representan menos
dunha millonésima parte dun centímetro. -
11:01 - 11:03Poden imaxinalo?
-
11:03 - 11:04Uau!
-
11:04 - 11:06(Risas)
-
11:06 - 11:12Iso son as cinco milésimas partes
do grosor dun cabelo meu, -
11:12 - 11:14sobre estes case 9 metros.
-
11:14 - 11:16É un logro incrible.
-
11:16 - 11:19É o que nos permite ter
a precisión que imos ter. -
11:21 - 11:23E entón, que nos da esta precisión?
-
11:24 - 11:27O GMT, intenten imaxinar --
-
11:27 - 11:31se termo dunha moeda,
que por casualidade teño por aquí, -
11:31 - 11:36e miro unha das súas caras,
podo ver dende aquí -
11:36 - 11:40a inscrición, podo ver a cara.
-
11:40 - 11:43Supoño que incluso os da primeira fila
xa non sodes quen de velo. -
11:44 - 11:47Pero se tivermos
o Telescopio Xigante de Magalhães, -
11:47 - 11:50nos 24 metros de diámetro
que vemos neste auditorio, -
11:50 - 11:53e apuntásemos a 320 km de distancia,
-
11:53 - 11:59se eu estivese en São Paulo,
poderiamos ver a cara da moeda. -
11:59 - 12:03Esa é a resolución e poder extraodinarios
deste telescopio. -
12:04 - 12:06E se --
-
12:06 - 12:10(Aplausos)
-
12:10 - 12:15Se un astronauta estivese na Lúa,
a catrocentos mil kilómetros, -
12:15 - 12:18e prendese unha candea -- só unha --
-
12:18 - 12:21poderiamos vela co GMT.
-
12:21 - 12:23Extraodinario.
-
12:25 - 12:31Está é unha imaxe simulada
dun cúmulo nunha galaxia que está preto -
12:31 - 12:34"Preto" en astronomía é moi relativo.
-
12:34 - 12:36Está a dez millóns de anos luz.
-
12:36 - 12:38Así sería como como se vería.
-
12:38 - 12:40Miren eses catro obxectos luminosos
-
12:40 - 12:44e compárenos cunha imaxe
da cámara do Telescopio Espacial Hubble. -
12:44 - 12:48Lógranse ver algúns lixeiros detalles
das estrelas. -
12:48 - 12:54E agora, -- miren que espectacular --
isto é o que se verá co GMT. -
12:54 - 12:56Miren de novo esas imaxes brillantes.
-
12:56 - 13:01Isto é o que se ve grazas a un dos
telescopios máis potentes da Terra, -
13:01 - 13:04e isto, de novo, o que se verá co GMT.
-
13:05 - 13:06Unha precisión extraodinaria.
-
13:07 - 13:08Entón, onde estamos?
-
13:08 - 13:12Agora acabamos de chegar ao cume
das montañas en Chile. -
13:12 - 13:13E comezamos a traballar.
-
13:13 - 13:16Xa probamos e pulimos o primeiro espello.
-
13:16 - 13:19Xa fixemos o segundo e mais o terceiro.
-
13:19 - 13:21E estamos a piques de facer o cuarto.
-
13:21 - 13:23Tivemos varios exames este ano,
-
13:23 - 13:25expertos internacionais
que examinaron o noso traballo -
13:25 - 13:28e dixeron:
"estades listos para construír". -
13:28 - 13:31Entón pensamos construír este telescopio
cos primeiros catro espellos. -
13:31 - 13:35Queremos poñelo en marcha axiña
e comezar a recoller datos científicos -- -
13:36 - 13:40o que os astrónomos chamamos
"a primeira luz", para 2021. -
13:41 - 13:44E o telescopio enteiro estará rematado
a mediados da próxima década, -
13:45 - 13:46cos sete espellos.
-
13:47 - 13:50Agora estamos preparados para
mirar atrás no afastado universo, -
13:50 - 13:51o alborecer cósmico.
-
13:52 - 13:56Poderemos estudar outros planetas
cunha gran precisión. -
13:56 - 14:00Pero para min, un dos aspectos
máis emocionantes de construír o GMT -
14:00 - 14:03é ter a oportunidade
de descubrir de verdade algo -
14:03 - 14:06que non saibamos --
que nin poidamos imaxinar neste momento, -
14:06 - 14:08algo totalmente novo.
-
14:09 - 14:12E teño a esperanza de que con esta
e con outras instalacións, -
14:12 - 14:18moitas rapazas e rapaces novos
se animen a acadar as estrelas. -
14:18 - 14:19Moitas grazas.
-
14:19 - 14:21Obrigado.
-
14:21 - 14:27(Aplausos)
-
14:27 - 14:28Bruno Giussani: Grazas, Wendy.
-
14:28 - 14:31Queda comigo, porque teño unha pregunta.
-
14:31 - 14:33Citaches varias instalacións.
-
14:33 - 14:38O Telescopio de Magalhães estase a facer
mais tamén o ALMA e outros en Chile -
14:38 - 14:40e noutros lugares, coma Hawaii.
-
14:41 - 14:45Trátase de colaborar e de complementarse
ou máis ben dunha competición? -
14:45 - 14:49Sei que é competición polos fondos,
pero que pasa coa ciencia? -
14:49 - 14:52Wendy Freedman: Con respecto á ciencia,
trátase de complementarse. -
14:52 - 14:55Os telescopios que están no espazo,
os que están no chan, -
14:55 - 14:57os telescopios con distintas
lonxitudes de onda, -
14:57 - 15:00incluso telescopios parecidos,
pero con instrumentación diferente -- -
15:00 - 15:04Mirarán para distintas partes
das preguntas que nos facemos. -
15:04 - 15:08Entón, cando descubramos outros planetas,
e poidamos comprobar os datos, -
15:08 - 15:10poderemos medir as atmosferas,
-
15:10 - 15:13miraremos cara ao espazo
cunha gran resolución. -
15:13 - 15:14Entón, son complementarios.
-
15:14 - 15:17Tes razón no de que
competimos polos fondos -
15:17 - 15:19pero científicamente,
trátase de complementariedade. -
15:19 - 15:22BG: Wendy, moitísimas grazas
por vir a TEDGlobal. -
15:22 - 15:23WF: Grazas.
-
15:23 - 15:25(Aplausos)
- Title:
- Este novo telescopio pode amosarnos o comezo do Universo
- Speaker:
- Wendy Freedman
- Description:
-
Cando e como comezou o Universo? Un grupo de astrónomos de distintas partes do mundo quere responder a esta pregunta observando todo o lonxe no tempo que un novo e gran telescopio nos vai permitir. Wendy Freedman dirixiu a creación do Telescopio Xigante de Magalhães (GMT), que se está a construír en América do Sur. No TEDGlobal, en Río de Xaneiro, ela comparte unha audaz visión das descubertas que o GMT pode posibilitar en relación co noso Universo.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 15:38
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for This new telescope might show us the beginning of the universe | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for This new telescope might show us the beginning of the universe | ||
Xusto Rodriguez accepted Galician subtitles for This new telescope might show us the beginning of the universe | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for This new telescope might show us the beginning of the universe | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for This new telescope might show us the beginning of the universe | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for This new telescope might show us the beginning of the universe | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for This new telescope might show us the beginning of the universe | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for This new telescope might show us the beginning of the universe |