1 00:00:00,944 --> 00:00:05,315 Cando tiña 14 anos, interesábame a ciencia, 2 00:00:05,339 --> 00:00:07,824 fascinábame, entusiasmábame aprendela. 3 00:00:08,479 --> 00:00:12,538 E tiven un profesor de ciencias no instituto que nos dixo na clase: 4 00:00:12,562 --> 00:00:15,751 "As rapazas non tedes que escoitar isto". 5 00:00:16,800 --> 00:00:18,205 Alentador, a que si? 6 00:00:18,229 --> 00:00:19,316 (Risas) 7 00:00:19,340 --> 00:00:23,372 Decidín non escoitar -- só esa afirmación en concreto. 8 00:00:24,710 --> 00:00:28,417 Déixenme levalos ao cordal dos Andes, en Chile, 9 00:00:28,441 --> 00:00:32,970 a 500 kilómetros, 300 millas, ao nordés de Santiago. 10 00:00:33,284 --> 00:00:37,474 É un lugar moi afastado, moi seco e moi fermoso. 11 00:00:38,087 --> 00:00:39,462 E non hai moito máis alí. 12 00:00:39,486 --> 00:00:42,126 Hai cóndores, tarántulas, 13 00:00:42,150 --> 00:00:44,647 e de noite, cando a luz é tenue, 14 00:00:44,671 --> 00:00:48,036 pódese ver un dos ceos máis escuros da Terra. 15 00:00:48,906 --> 00:00:51,456 É unha especie de lugar máxico, a montaña. 16 00:00:51,480 --> 00:00:55,817 É unha combinación marabillosa de afastados cumes 17 00:00:55,841 --> 00:00:59,022 cunha tecnoloxía sumamente avanzada. 18 00:00:59,508 --> 00:01:03,100 E os nosos devanceiros, dende que hai rexistros históricos, 19 00:01:03,124 --> 00:01:07,910 miraron cara ao ceo nocturno cavilando sobre a natureza da existencia. 20 00:01:08,506 --> 00:01:10,866 E a nosa xeración non é unha excepción. 21 00:01:11,536 --> 00:01:14,632 O único problema é que o ceo nocturno agora está iluminado 22 00:01:14,656 --> 00:01:16,506 pola luz das cidades. 23 00:01:17,058 --> 00:01:20,672 Por iso, os astrónomos van a estes afastados cumes 24 00:01:20,696 --> 00:01:22,616 para examinar e estudar o cosmos. 25 00:01:22,981 --> 00:01:26,100 Os telescopios son a nosa xanela ao cosmos. 26 00:01:28,042 --> 00:01:32,065 Non esaxero se lles digo que o hemisferio sur vai ser 27 00:01:32,089 --> 00:01:35,504 o futuro da astronomía durante o século XXI. 28 00:01:36,135 --> 00:01:39,367 Xa temos unha serie de telescopios, 29 00:01:39,391 --> 00:01:41,423 no cordal dos Andes, en Chile, 30 00:01:41,447 --> 00:01:46,584 á que axiña se unirá outra serie incrible de nova capacidade. 31 00:01:46,608 --> 00:01:49,807 Vai haber dous grupos internacionais que construirán 32 00:01:49,831 --> 00:01:55,307 telescopios xigantes, sensibles á radiación óptica, coma os nosos ollos. 33 00:01:55,669 --> 00:01:57,540 Vai haber un telescopio de rastrexo 34 00:01:57,564 --> 00:02:00,884 que analizará o ceo cada poucas noites. 35 00:02:01,366 --> 00:02:02,892 Vai haber radiotelescopios, 36 00:02:02,916 --> 00:02:06,424 sensibles a radiacións de onda longa. 37 00:02:06,448 --> 00:02:09,563 E despois, haberá telescopios no espazo. 38 00:02:09,587 --> 00:02:12,484 Haberá un sucesor do Telescopio Espacial Hubble: 39 00:02:12,508 --> 00:02:14,545 chámase o Telescopio James Webb 40 00:02:14,569 --> 00:02:17,054 e lanzarase no 2018. 41 00:02:17,078 --> 00:02:18,784 Haberá un satélite chamado TESS 42 00:02:18,808 --> 00:02:22,181 que vai descubrir planetas fóra do noso sistema solar. 43 00:02:24,259 --> 00:02:26,889 Durante a última década, estiven a liderar un grupo, 44 00:02:26,913 --> 00:02:29,130 un consorcio -- un grupo internacional, 45 00:02:29,154 --> 00:02:32,137 para constuír o que será, cando se remate, 46 00:02:32,161 --> 00:02:35,465 o maior telescopio óptico que existe. 47 00:02:35,489 --> 00:02:39,145 Chámase Telescopio Xigante de Magalhães, ou GMT (Giant Magellan Telescope). 48 00:02:39,748 --> 00:02:44,481 Este telescopio vai ter espellos de 8,4 metros de diámetro-- 49 00:02:44,505 --> 00:02:45,667 cada espello. 50 00:02:45,691 --> 00:02:47,330 Case 9 metros. 51 00:02:47,354 --> 00:02:51,826 Será máis grande ca este escenario--- case ata a cuarta fila do público. 52 00:02:51,850 --> 00:02:54,874 Cada un dos sete espellos do telescopio 53 00:02:54,898 --> 00:02:58,682 terá case 9 metros de diámetro. 54 00:02:58,706 --> 00:03:02,634 Xuntos, eses sete espellos medirán 55 00:03:02,658 --> 00:03:04,699 algo máis de 24 metros de diámetro. 56 00:03:04,723 --> 00:03:07,681 Polo tanto, será, practicamente, o tamaño deste auditorio. 57 00:03:08,448 --> 00:03:12,094 O telescopio estará a case 43 metros de altura, 58 00:03:12,118 --> 00:03:14,808 e de novo, estando en Río, 59 00:03:14,832 --> 00:03:18,451 algúns de vós debedes ter visto a estatua do Cristo xigante. 60 00:03:18,475 --> 00:03:20,304 A escala é comparable en altura. 61 00:03:20,328 --> 00:03:23,565 De feito, é máis pequeno do que este telescopio vai ser. 62 00:03:24,192 --> 00:03:27,280 É comparable ao tamaño da Estatua da Liberdade. 63 00:03:27,721 --> 00:03:31,770 E aloxarase nun recinto de 22 andares. 64 00:03:31,794 --> 00:03:33,693 60 metros de altura. 65 00:03:33,717 --> 00:03:36,719 Pero é un edificio pouco común para protexer este telescopio. 66 00:03:36,743 --> 00:03:38,529 Terá xanelas abertas cara o ceo, 67 00:03:38,553 --> 00:03:40,901 poderá apuntar e mirar o ceo, 68 00:03:40,925 --> 00:03:43,553 e rotará nunha base -- 69 00:03:43,577 --> 00:03:47,052 un edificio xiratorio de 2.000 toneladas. 70 00:03:47,719 --> 00:03:52,552 O Telescopio Xigante de Magalhães terá 10 veces a resolución 71 00:03:52,576 --> 00:03:54,315 do Telescopio Espacial Hubble. 72 00:03:54,934 --> 00:03:58,994 Será 20 millóns de veces máis sensible ca o ollo humano. 73 00:03:59,593 --> 00:04:05,729 e poderá, por primeira vez na historia, atopar vida en planetas 74 00:04:05,753 --> 00:04:07,763 que están fóra do noso sistema solar. 75 00:04:08,469 --> 00:04:12,842 Vainos permitir mirar cara a atrás e ver a primeira luz do universo -- 76 00:04:12,866 --> 00:04:15,233 literalmente, o alborecer do cosmos. 77 00:04:15,257 --> 00:04:17,025 O alborecer cósmico. 78 00:04:17,763 --> 00:04:21,517 Este telescopio permitiranos observar o pasado, 79 00:04:21,541 --> 00:04:25,326 ver as galaxias tal como eran cando se estaban a formar, 80 00:04:25,350 --> 00:04:28,691 os primeiros buracos negros do universo, as primeiras galaxias. 81 00:04:29,690 --> 00:04:34,298 Durante os milleiros de anos que estudamos o cosmos, 82 00:04:34,322 --> 00:04:36,976 preguntámonos cal é o noso lugar no universo. 83 00:04:37,000 --> 00:04:38,665 Os antigos gregos dixéronnos 84 00:04:38,689 --> 00:04:41,171 que a Terra era o centro do universo. 85 00:04:41,195 --> 00:04:44,821 Hai cincocentos anos, Copérnico desprazou a Terra 86 00:04:44,845 --> 00:04:47,636 e situou o Sol no corazón do cosmos. 87 00:04:48,785 --> 00:04:50,839 Tal como aprendemos ao longo dos séculos, 88 00:04:50,863 --> 00:04:53,581 dende que Galileo Galilei, o científico italiano, 89 00:04:53,605 --> 00:04:58,855 apuntou cara ao ceo cun pequeno telescopio de 5 centímetros, 90 00:04:58,879 --> 00:05:01,894 sempre que construímos telescopios maiores, 91 00:05:01,918 --> 00:05:04,117 descubrimos algo sobre o universo; 92 00:05:04,141 --> 00:05:06,967 fixemos descubrimentos, sen excepcións. 93 00:05:08,908 --> 00:05:12,645 No século XX descubrimos que o universo se está a expandir 94 00:05:12,669 --> 00:05:17,393 e que o noso sistema solar non é o centro desta expansión. 95 00:05:17,757 --> 00:05:23,036 Agora sabemos que o universo se compón duns 100 mil millóns de galaxias 96 00:05:23,060 --> 00:05:24,710 visibles para nós, 97 00:05:24,734 --> 00:05:30,145 e cada unha desas galaxias contén 100 mil millóns de estrelas. 98 00:05:31,234 --> 00:05:34,096 Agora miramos cara á imaxe máis profunda do cosmos 99 00:05:34,120 --> 00:05:35,619 como nunca antes o fixeramos. 100 00:05:36,015 --> 00:05:38,833 Sacouna o Telescopio Espacial Hubble 101 00:05:38,857 --> 00:05:43,747 apuntando cara a unha parte do ceo que estaba baleira, 102 00:05:43,771 --> 00:05:45,370 antes do lanzamento do Hubble. 103 00:05:45,394 --> 00:05:47,657 E se poden imaxinar esta área diminuta, 104 00:05:47,681 --> 00:05:51,011 é só unha cincuentava parte do tamaño da Lúa. 105 00:05:51,035 --> 00:05:53,075 Poden imaxinar o tamaño da Lúa. 106 00:05:53,099 --> 00:05:57,237 Agora existen 10.000 galaxias visibles nesta imaxe. 107 00:05:57,782 --> 00:06:02,460 E o tenue das imaxes e mais o tamaño diminuto é só o resultado 108 00:06:02,484 --> 00:06:06,891 de que esas galaxias están moi afastadas, a longa distancia. 109 00:06:06,915 --> 00:06:09,848 Cada unha delas pode conter 110 00:06:09,872 --> 00:06:14,881 miles de millóns ou incluso centos de miles de millóns de estrelas. 111 00:06:15,591 --> 00:06:17,610 Os telescopios son coma máquinas do tempo. 112 00:06:17,634 --> 00:06:22,097 Canto máis lonxe miramos no espazo, máis atrás miramos no tempo. 113 00:06:22,470 --> 00:06:25,656 E hai coma baldes de luz -- literalmente, acumulan luz. 114 00:06:25,680 --> 00:06:28,914 Así, canto máis grande é o balde máis grande é o espello que temos, 115 00:06:28,938 --> 00:06:32,348 máis luz podemos ver e máis atrás podemos mirar. 116 00:06:33,610 --> 00:06:35,881 No último século descubrimos 117 00:06:35,905 --> 00:06:38,839 que no universo hai obxectos exóticos -- os buracos negros. 118 00:06:38,863 --> 00:06:41,640 Descubrimos que existen a materia e a enerxía escuras 119 00:06:41,664 --> 00:06:42,875 que non podemos ver. 120 00:06:43,218 --> 00:06:46,776 Agora estades a mirar unha imaxe real da materia escura. 121 00:06:46,800 --> 00:06:47,950 (Risas) 122 00:06:47,974 --> 00:06:50,617 Entendéstelo. Non todo o mundo o entende. 123 00:06:50,641 --> 00:06:52,406 (Risas) 124 00:06:52,430 --> 00:06:55,154 Entón, o xeito como concluímos que había materia escura -- 125 00:06:55,178 --> 00:06:59,873 non a podemos ver -- mais hai un tirón inconfundible, debido á gravidade. 126 00:07:01,302 --> 00:07:04,680 Se prestamos atención, vemos este mar de galaxias 127 00:07:04,704 --> 00:07:06,481 nun universo que se expande. 128 00:07:06,862 --> 00:07:10,165 O que eu fago é medir a expansión do universo 129 00:07:10,189 --> 00:07:13,330 e nun dos proxectos que levei a cabo nos 90 130 00:07:13,354 --> 00:07:18,470 usei o Telescopio Espacial Hubble para medir a velocidade a que se expande. 131 00:07:19,356 --> 00:07:23,322 Agora podémonos remontar a hai 14 mil millón de anos. 132 00:07:23,731 --> 00:07:28,067 Co tempo descubrimos que cada estrela ten a súa historia; 133 00:07:28,091 --> 00:07:31,020 teñen nacemento, madureza 134 00:07:31,044 --> 00:07:33,374 e incluso algunhas teñen unha morte dramática. 135 00:07:33,829 --> 00:07:39,944 E as brasas desas estrelas forman as novas que vemos, 136 00:07:39,968 --> 00:07:43,779 a maioría das cales acaban por ter planetas arredor delas. 137 00:07:44,272 --> 00:07:48,307 E un dos resultados máis sorprendentes dos últimos 20 anos 138 00:07:48,331 --> 00:07:52,457 foi o descubrimento doutros planetas que gravitan arredor doutras estrelas. 139 00:07:52,481 --> 00:07:54,387 Os chamados exoplanetas. 140 00:07:54,411 --> 00:07:59,407 E ata 1995, non sabiamos da existencia doutros planetas 141 00:07:59,431 --> 00:08:01,765 que non fosen os do noso Sistema Solar. 142 00:08:02,360 --> 00:08:08,781 Mais agora, hai case 2.000 planetas orbitando arredor doutras estrelas 143 00:08:08,805 --> 00:08:11,365 que podemos identificar, cuxa masa podemos medir. 144 00:08:11,389 --> 00:08:15,061 500 deles son sistemas multiplanetarios. 145 00:08:15,085 --> 00:08:19,045 E hai outros 4.000 candidatos -- e seguimos a contar -- 146 00:08:19,069 --> 00:08:21,283 a planetas que orbitan outras estrelas. 147 00:08:21,790 --> 00:08:24,763 Preséntanse nunha desconcertante variedade de tipoloxías diferentes. 148 00:08:25,134 --> 00:08:28,420 Hai planetas similares a Xúpiter, que son quentes, 149 00:08:28,444 --> 00:08:32,702 hai outros que están conxelados, hai mundo acuáticos 150 00:08:32,726 --> 00:08:35,980 e hai planetas rochosos coma a Terra, chamados "Súperterras", 151 00:08:36,004 --> 00:08:40,691 e incluso houbo planetas que se especula foron mundos de diamante. 152 00:08:41,794 --> 00:08:46,749 Sabemos que, polo menos nun planeta, o noso, hai vida. 153 00:08:46,773 --> 00:08:50,933 Atopamos incluso planetas que orbitan dúas estrelas. 154 00:08:50,957 --> 00:08:54,138 Xa non é cousa da ciencia ficción. 155 00:08:55,211 --> 00:08:57,425 No noso planeta sabemos que hai vida, 156 00:08:57,449 --> 00:09:03,165 desenvolvemos unha vida complexa, podemos preguntarnos sobre a nosa orixe. 157 00:09:03,728 --> 00:09:07,948 E dado todo o que descubrimos, agora a enorme cantidade suxire 158 00:09:07,972 --> 00:09:12,044 que hai millóns -- incluso talvez centos de millóns -- 159 00:09:12,068 --> 00:09:14,847 de planetas que están abondo preto -- 160 00:09:14,871 --> 00:09:18,161 xusto á distancia exacta das estrelas arredor das que orbitan -- 161 00:09:18,185 --> 00:09:23,721 para teren auga en estado líquido, polo que poderían albergar vida. 162 00:09:24,121 --> 00:09:28,295 Marabillámonos con estas probabilidades, enormes probabilidades, 163 00:09:28,319 --> 00:09:31,262 e o máis marabilloso é que durante a vindeira década 164 00:09:31,286 --> 00:09:36,516 o GMT talvez poida analizar os espectros das atmosferas deses planetas 165 00:09:36,540 --> 00:09:40,052 e determinar se existe ou non a posibilidade de que alberguen vida. 166 00:09:41,702 --> 00:09:43,482 Entón, que é o proxecto GMT? 167 00:09:43,506 --> 00:09:45,380 É un proxecto internacional. 168 00:09:45,404 --> 00:09:51,253 Inclúe a Australia, Corea do Sur, e encántame poder dicir, aquí en Río, 169 00:09:51,277 --> 00:09:54,312 que o máis recente socio no noso telescopio é Brasil. 170 00:09:54,825 --> 00:09:59,284 (Aplausos) 171 00:09:59,308 --> 00:10:04,098 Tamén inclúe unha serie de institucións ao longo dos Estados Unidos, 172 00:10:04,122 --> 00:10:07,218 coma a Universidade de Harvard, 173 00:10:07,242 --> 00:10:10,186 as Institucións Smithsonian e Carnegie, 174 00:10:10,210 --> 00:10:16,677 e as universidades de Arizona, Chicago, Texas-Austin e Texas A&M. 175 00:10:17,074 --> 00:10:18,961 Tamén inclúe a Chile. 176 00:10:20,723 --> 00:10:23,829 A fabricación dos espellos do telescopio 177 00:10:23,829 --> 00:10:25,324 é tamén fascinante en si mesma. 178 00:10:25,348 --> 00:10:29,983 Coller anacos de cristal, fundilos nun forno que está a rotar. 179 00:10:30,751 --> 00:10:32,842 Isto ocorre debaixo do estadio de fútbol 180 00:10:32,866 --> 00:10:34,908 da Universidade de Arizona. 181 00:10:34,932 --> 00:10:37,868 Está agochado debaixo de 52.000 asentos. 182 00:10:37,892 --> 00:10:39,293 Ninguén sabe que se fai isto. 183 00:10:39,738 --> 00:10:43,062 É basicamente un caldeiro que rota. 184 00:10:43,086 --> 00:10:46,121 Os espellos fúndense e arrefrían moi lentamente, 185 00:10:46,145 --> 00:10:49,058 e despois pólense con extrema precisión. 186 00:10:49,637 --> 00:10:52,714 Se pensan na precisión destes espellos, 187 00:10:52,738 --> 00:10:57,291 as protuberancias no espello, en todos eses case 9 metros, 188 00:10:57,315 --> 00:11:00,994 representan menos dunha millonésima parte dun centímetro. 189 00:11:01,018 --> 00:11:02,542 Poden imaxinalo? 190 00:11:03,089 --> 00:11:04,240 Uau! 191 00:11:04,264 --> 00:11:05,588 (Risas) 192 00:11:05,612 --> 00:11:11,883 Iso son as cinco milésimas partes do grosor dun cabelo meu, 193 00:11:11,907 --> 00:11:14,044 sobre estes case 9 metros. 194 00:11:14,068 --> 00:11:15,938 É un logro incrible. 195 00:11:15,962 --> 00:11:19,277 É o que nos permite ter a precisión que imos ter. 196 00:11:20,876 --> 00:11:23,293 E entón, que nos da esta precisión? 197 00:11:23,843 --> 00:11:26,582 O GMT, intenten imaxinar -- 198 00:11:26,606 --> 00:11:31,055 se termo dunha moeda, que por casualidade teño por aquí, 199 00:11:31,079 --> 00:11:36,070 e miro unha das súas caras, podo ver dende aquí 200 00:11:36,094 --> 00:11:40,079 a inscrición, podo ver a cara. 201 00:11:40,103 --> 00:11:43,217 Supoño que incluso os da primeira fila xa non sodes quen de velo. 202 00:11:43,645 --> 00:11:46,507 Pero se tivermos o Telescopio Xigante de Magalhães, 203 00:11:46,531 --> 00:11:49,904 nos 24 metros de diámetro que vemos neste auditorio, 204 00:11:49,928 --> 00:11:52,997 e apuntásemos a 320 km de distancia, 205 00:11:53,021 --> 00:11:58,889 se eu estivese en São Paulo, poderiamos ver a cara da moeda. 206 00:11:58,913 --> 00:12:02,520 Esa é a resolución e poder extraodinarios deste telescopio. 207 00:12:03,761 --> 00:12:06,459 E se -- 208 00:12:06,483 --> 00:12:10,353 (Aplausos) 209 00:12:10,377 --> 00:12:14,978 Se un astronauta estivese na Lúa, a catrocentos mil kilómetros, 210 00:12:15,002 --> 00:12:17,918 e prendese unha candea -- só unha -- 211 00:12:17,942 --> 00:12:20,752 poderiamos vela co GMT. 212 00:12:21,347 --> 00:12:22,629 Extraodinario. 213 00:12:25,334 --> 00:12:31,015 Está é unha imaxe simulada dun cúmulo nunha galaxia que está preto 214 00:12:31,039 --> 00:12:33,624 "Preto" en astronomía é moi relativo. 215 00:12:33,648 --> 00:12:36,151 Está a dez millóns de anos luz. 216 00:12:36,175 --> 00:12:38,189 Así sería como como se vería. 217 00:12:38,213 --> 00:12:40,381 Miren eses catro obxectos luminosos 218 00:12:40,405 --> 00:12:44,412 e compárenos cunha imaxe da cámara do Telescopio Espacial Hubble. 219 00:12:44,436 --> 00:12:47,615 Lógranse ver algúns lixeiros detalles das estrelas. 220 00:12:47,639 --> 00:12:53,934 E agora, -- miren que espectacular -- isto é o que se verá co GMT. 221 00:12:53,958 --> 00:12:56,328 Miren de novo esas imaxes brillantes. 222 00:12:56,352 --> 00:13:00,770 Isto é o que se ve grazas a un dos telescopios máis potentes da Terra, 223 00:13:00,794 --> 00:13:03,675 e isto, de novo, o que se verá co GMT. 224 00:13:04,554 --> 00:13:06,412 Unha precisión extraodinaria. 225 00:13:06,975 --> 00:13:08,297 Entón, onde estamos? 226 00:13:08,321 --> 00:13:11,503 Agora acabamos de chegar ao cume das montañas en Chile. 227 00:13:11,527 --> 00:13:13,290 E comezamos a traballar. 228 00:13:13,314 --> 00:13:16,033 Xa probamos e pulimos o primeiro espello. 229 00:13:16,057 --> 00:13:18,646 Xa fixemos o segundo e mais o terceiro. 230 00:13:18,670 --> 00:13:20,939 E estamos a piques de facer o cuarto. 231 00:13:20,963 --> 00:13:22,850 Tivemos varios exames este ano, 232 00:13:22,874 --> 00:13:25,416 expertos internacionais que examinaron o noso traballo 233 00:13:25,440 --> 00:13:27,971 e dixeron: "estades listos para construír". 234 00:13:27,995 --> 00:13:31,344 Entón pensamos construír este telescopio cos primeiros catro espellos. 235 00:13:31,368 --> 00:13:35,497 Queremos poñelo en marcha axiña e comezar a recoller datos científicos -- 236 00:13:35,521 --> 00:13:40,100 o que os astrónomos chamamos "a primeira luz", para 2021. 237 00:13:41,031 --> 00:13:44,477 E o telescopio enteiro estará rematado a mediados da próxima década, 238 00:13:44,501 --> 00:13:45,897 cos sete espellos. 239 00:13:46,542 --> 00:13:50,100 Agora estamos preparados para mirar atrás no afastado universo, 240 00:13:50,124 --> 00:13:51,432 o alborecer cósmico. 241 00:13:51,804 --> 00:13:55,937 Poderemos estudar outros planetas cunha gran precisión. 242 00:13:56,424 --> 00:14:00,161 Pero para min, un dos aspectos máis emocionantes de construír o GMT 243 00:14:00,185 --> 00:14:03,015 é ter a oportunidade de descubrir de verdade algo 244 00:14:03,039 --> 00:14:06,309 que non saibamos -- que nin poidamos imaxinar neste momento, 245 00:14:06,333 --> 00:14:07,975 algo totalmente novo. 246 00:14:08,713 --> 00:14:12,343 E teño a esperanza de que con esta e con outras instalacións, 247 00:14:12,367 --> 00:14:17,577 moitas rapazas e rapaces novos se animen a acadar as estrelas. 248 00:14:18,036 --> 00:14:19,308 Moitas grazas. 249 00:14:19,332 --> 00:14:20,807 Obrigado. 250 00:14:20,831 --> 00:14:26,724 (Aplausos) 251 00:14:26,748 --> 00:14:28,350 Bruno Giussani: Grazas, Wendy. 252 00:14:28,374 --> 00:14:30,641 Queda comigo, porque teño unha pregunta. 253 00:14:30,665 --> 00:14:33,062 Citaches varias instalacións. 254 00:14:33,086 --> 00:14:37,939 O Telescopio de Magalhães estase a facer mais tamén o ALMA e outros en Chile 255 00:14:37,963 --> 00:14:40,099 e noutros lugares, coma Hawaii. 256 00:14:40,772 --> 00:14:44,848 Trátase de colaborar e de complementarse ou máis ben dunha competición? 257 00:14:44,872 --> 00:14:48,594 Sei que é competición polos fondos, pero que pasa coa ciencia? 258 00:14:48,618 --> 00:14:51,835 Wendy Freedman: Con respecto á ciencia, trátase de complementarse. 259 00:14:51,859 --> 00:14:54,886 Os telescopios que están no espazo, os que están no chan, 260 00:14:54,910 --> 00:14:57,214 os telescopios con distintas lonxitudes de onda, 261 00:14:57,214 --> 00:15:00,427 incluso telescopios parecidos, pero con instrumentación diferente -- 262 00:15:00,427 --> 00:15:04,077 Mirarán para distintas partes das preguntas que nos facemos. 263 00:15:04,101 --> 00:15:07,728 Entón, cando descubramos outros planetas, e poidamos comprobar os datos, 264 00:15:07,752 --> 00:15:09,840 poderemos medir as atmosferas, 265 00:15:09,864 --> 00:15:12,739 miraremos cara ao espazo cunha gran resolución. 266 00:15:12,763 --> 00:15:14,240 Entón, son complementarios. 267 00:15:14,264 --> 00:15:16,501 Tes razón no de que competimos polos fondos 268 00:15:16,525 --> 00:15:19,190 pero científicamente, trátase de complementariedade. 269 00:15:19,214 --> 00:15:21,867 BG: Wendy, moitísimas grazas por vir a TEDGlobal. 270 00:15:21,891 --> 00:15:23,042 WF: Grazas. 271 00:15:23,066 --> 00:15:24,754 (Aplausos)