0:00:00.944,0:00:05.315 Cando tiña 14 anos, [br]interesábame a ciencia, 0:00:05.339,0:00:07.824 fascinábame,[br]entusiasmábame aprendela. 0:00:08.479,0:00:12.538 E tiven un profesor de ciencias[br]no instituto que nos dixo na clase: 0:00:12.562,0:00:15.751 "As rapazas non tedes que escoitar isto". 0:00:16.800,0:00:18.205 Alentador, a que si? 0:00:18.229,0:00:19.316 (Risas) 0:00:19.340,0:00:23.372 Decidín non escoitar --[br]só esa afirmación en concreto. 0:00:24.710,0:00:28.417 Déixenme levalos[br]ao cordal dos Andes, en Chile, 0:00:28.441,0:00:32.970 a 500 kilómetros, 300 millas,[br]ao nordés de Santiago. 0:00:33.284,0:00:37.474 É un lugar moi afastado, [br]moi seco e moi fermoso. 0:00:38.087,0:00:39.462 E non hai moito máis alí. 0:00:39.486,0:00:42.126 Hai cóndores, tarántulas, 0:00:42.150,0:00:44.647 e de noite, cando a luz é tenue, 0:00:44.671,0:00:48.036 pódese ver un dos ceos [br]máis escuros da Terra. 0:00:48.906,0:00:51.456 É unha especie de lugar máxico, a montaña. 0:00:51.480,0:00:55.817 É unha combinación marabillosa [br]de afastados cumes 0:00:55.841,0:00:59.022 cunha tecnoloxía sumamente avanzada. 0:00:59.508,0:01:03.100 E os nosos devanceiros, [br]dende que hai rexistros históricos, 0:01:03.124,0:01:07.910 miraron cara ao ceo nocturno[br]cavilando sobre a natureza da existencia. 0:01:08.506,0:01:10.866 E a nosa xeración non é unha excepción. 0:01:11.536,0:01:14.632 O único problema é que o ceo nocturno[br]agora está iluminado 0:01:14.656,0:01:16.506 pola luz das cidades. 0:01:17.058,0:01:20.672 Por iso, os astrónomos van[br]a estes afastados cumes 0:01:20.696,0:01:22.616 para examinar e estudar o cosmos. 0:01:22.981,0:01:26.100 Os telescopios son [br]a nosa xanela ao cosmos. 0:01:28.042,0:01:32.065 Non esaxero se lles digo [br]que o hemisferio sur vai ser 0:01:32.089,0:01:35.504 o futuro da astronomía[br]durante o século XXI. 0:01:36.135,0:01:39.367 Xa temos unha serie de telescopios, 0:01:39.391,0:01:41.423 no cordal dos Andes, en Chile, 0:01:41.447,0:01:46.584 á que axiña se unirá[br]outra serie incrible de nova capacidade. 0:01:46.608,0:01:49.807 Vai haber dous grupos internacionais[br]que construirán 0:01:49.831,0:01:55.307 telescopios xigantes, sensibles[br]á radiación óptica, coma os nosos ollos. 0:01:55.669,0:01:57.540 Vai haber un telescopio de rastrexo 0:01:57.564,0:02:00.884 que analizará o ceo cada poucas noites. 0:02:01.366,0:02:02.892 Vai haber radiotelescopios, 0:02:02.916,0:02:06.424 sensibles a radiacións de onda longa. 0:02:06.448,0:02:09.563 E despois, haberá telescopios no espazo. 0:02:09.587,0:02:12.484 Haberá un sucesor[br]do Telescopio Espacial Hubble: 0:02:12.508,0:02:14.545 chámase o Telescopio James Webb 0:02:14.569,0:02:17.054 e lanzarase no 2018. 0:02:17.078,0:02:18.784 Haberá un satélite chamado TESS 0:02:18.808,0:02:22.181 que vai descubrir planetas[br]fóra do noso sistema solar. 0:02:24.259,0:02:26.889 Durante a última década,[br]estiven a liderar un grupo, 0:02:26.913,0:02:29.130 un consorcio -- un grupo internacional, 0:02:29.154,0:02:32.137 para constuír o que será, cando se remate, 0:02:32.161,0:02:35.465 o maior telescopio óptico que existe. 0:02:35.489,0:02:39.145 Chámase Telescopio Xigante de Magalhães,[br]ou GMT (Giant Magellan Telescope). 0:02:39.748,0:02:44.481 Este telescopio vai ter espellos[br]de 8,4 metros de diámetro-- 0:02:44.505,0:02:45.667 cada espello. 0:02:45.691,0:02:47.330 Case 9 metros. 0:02:47.354,0:02:51.826 Será máis grande ca este escenario---[br]case ata a cuarta fila do público. 0:02:51.850,0:02:54.874 Cada un dos sete espellos do telescopio 0:02:54.898,0:02:58.682 terá case 9 metros de diámetro. 0:02:58.706,0:03:02.634 Xuntos, eses sete espellos medirán 0:03:02.658,0:03:04.699 algo máis de 24 metros de diámetro. 0:03:04.723,0:03:07.681 Polo tanto, será, practicamente, [br]o tamaño deste auditorio. 0:03:08.448,0:03:12.094 O telescopio estará a case[br]43 metros de altura, 0:03:12.118,0:03:14.808 e de novo, estando en Río, 0:03:14.832,0:03:18.451 algúns de vós debedes ter visto[br]a estatua do Cristo xigante. 0:03:18.475,0:03:20.304 A escala é comparable en altura. 0:03:20.328,0:03:23.565 De feito, é máis pequeno[br]do que este telescopio vai ser. 0:03:24.192,0:03:27.280 É comparable ao tamaño[br]da Estatua da Liberdade. 0:03:27.721,0:03:31.770 E aloxarase nun recinto de 22 andares. 0:03:31.794,0:03:33.693 60 metros de altura. 0:03:33.717,0:03:36.719 Pero é un edificio pouco común[br]para protexer este telescopio. 0:03:36.743,0:03:38.529 Terá xanelas abertas cara o ceo, 0:03:38.553,0:03:40.901 poderá apuntar e mirar o ceo, 0:03:40.925,0:03:43.553 e rotará nunha base -- 0:03:43.577,0:03:47.052 un edificio xiratorio de 2.000 toneladas. 0:03:47.719,0:03:52.552 O Telescopio Xigante de Magalhães[br]terá 10 veces a resolución 0:03:52.576,0:03:54.315 do Telescopio Espacial Hubble. 0:03:54.934,0:03:58.994 Será 20 millóns de veces [br]máis sensible ca o ollo humano. 0:03:59.593,0:04:05.729 e poderá, por primeira vez na historia,[br]atopar vida en planetas 0:04:05.753,0:04:07.763 que están fóra do noso sistema solar. 0:04:08.469,0:04:12.842 Vainos permitir mirar cara a atrás[br]e ver a primeira luz do universo -- 0:04:12.866,0:04:15.233 literalmente, o alborecer do cosmos. 0:04:15.257,0:04:17.025 O alborecer cósmico. 0:04:17.763,0:04:21.517 Este telescopio permitiranos[br]observar o pasado,[br] 0:04:21.541,0:04:25.326 ver as galaxias tal como eran[br]cando se estaban a formar, 0:04:25.350,0:04:28.691 os primeiros buracos negros do universo,[br]as primeiras galaxias. 0:04:29.690,0:04:34.298 Durante os milleiros de anos[br]que estudamos o cosmos, 0:04:34.322,0:04:36.976 preguntámonos cal é [br]o noso lugar no universo. 0:04:37.000,0:04:38.665 Os antigos gregos dixéronnos 0:04:38.689,0:04:41.171 que a Terra era o centro do universo. 0:04:41.195,0:04:44.821 Hai cincocentos anos,[br]Copérnico desprazou a Terra 0:04:44.845,0:04:47.636 e situou o Sol no corazón do cosmos. 0:04:48.785,0:04:50.839 Tal como aprendemos ao longo dos séculos, 0:04:50.863,0:04:53.581 dende que Galileo Galilei,[br]o científico italiano, 0:04:53.605,0:04:58.855 apuntou cara ao ceo [br]cun pequeno telescopio de 5 centímetros, 0:04:58.879,0:05:01.894 sempre que construímos [br]telescopios maiores, 0:05:01.918,0:05:04.117 descubrimos algo sobre o universo; 0:05:04.141,0:05:06.967 fixemos descubrimentos, sen excepcións. 0:05:08.908,0:05:12.645 No século XX descubrimos[br]que o universo se está a expandir 0:05:12.669,0:05:17.393 e que o noso sistema solar[br]non é o centro desta expansión. 0:05:17.757,0:05:23.036 Agora sabemos que o universo se compón [br]duns 100 mil millóns de galaxias 0:05:23.060,0:05:24.710 visibles para nós, 0:05:24.734,0:05:30.145 e cada unha desas galaxias[br]contén 100 mil millóns de estrelas. 0:05:31.234,0:05:34.096 Agora miramos cara [br]á imaxe máis profunda do cosmos 0:05:34.120,0:05:35.619 como nunca antes o fixeramos. 0:05:36.015,0:05:38.833 Sacouna o Telescopio Espacial Hubble 0:05:38.857,0:05:43.747 apuntando cara a unha parte do ceo [br]que estaba baleira, 0:05:43.771,0:05:45.370 antes do lanzamento do Hubble. 0:05:45.394,0:05:47.657 E se poden imaxinar esta área diminuta, 0:05:47.681,0:05:51.011 é só unha cincuentava parte[br]do tamaño da Lúa. 0:05:51.035,0:05:53.075 Poden imaxinar o tamaño da Lúa. 0:05:53.099,0:05:57.237 Agora existen 10.000 galaxias[br]visibles nesta imaxe. 0:05:57.782,0:06:02.460 E o tenue das imaxes e mais [br]o tamaño diminuto é só o resultado 0:06:02.484,0:06:06.891 de que esas galaxias[br]están moi afastadas, a longa distancia. 0:06:06.915,0:06:09.848 Cada unha delas pode conter 0:06:09.872,0:06:14.881 miles de millóns ou incluso[br]centos de miles de millóns de estrelas. 0:06:15.591,0:06:17.610 Os telescopios son coma máquinas do tempo. 0:06:17.634,0:06:22.097 Canto máis lonxe miramos no espazo,[br]máis atrás miramos no tempo. 0:06:22.470,0:06:25.656 E hai coma baldes de luz --[br]literalmente, acumulan luz. 0:06:25.680,0:06:28.914 Así, canto máis grande é o balde[br]máis grande é o espello que temos, 0:06:28.938,0:06:32.348 máis luz podemos ver[br]e máis atrás podemos mirar.[br] 0:06:33.610,0:06:35.881 No último século descubrimos 0:06:35.905,0:06:38.839 que no universo hai obxectos exóticos --[br]os buracos negros. 0:06:38.863,0:06:41.640 Descubrimos que existen[br]a materia e a enerxía escuras 0:06:41.664,0:06:42.875 que non podemos ver. 0:06:43.218,0:06:46.776 Agora estades a mirar [br]unha imaxe real da materia escura. 0:06:46.800,0:06:47.950 (Risas) 0:06:47.974,0:06:50.617 Entendéstelo. Non todo o mundo o entende. 0:06:50.641,0:06:52.406 (Risas) 0:06:52.430,0:06:55.154 Entón, o xeito como concluímos[br]que había materia escura -- 0:06:55.178,0:06:59.873 non a podemos ver -- mais hai un tirón[br]inconfundible, debido á gravidade. 0:07:01.302,0:07:04.680 Se prestamos atención,[br]vemos este mar de galaxias 0:07:04.704,0:07:06.481 nun universo que se expande. 0:07:06.862,0:07:10.165 O que eu fago é medir[br]a expansión do universo 0:07:10.189,0:07:13.330 e nun dos proxectos [br]que levei a cabo nos 90 0:07:13.354,0:07:18.470 usei o Telescopio Espacial Hubble[br]para medir a velocidade a que se expande. 0:07:19.356,0:07:23.322 Agora podémonos remontar[br]a hai 14 mil millón de anos. 0:07:23.731,0:07:28.067 Co tempo descubrimos[br]que cada estrela ten a súa historia; 0:07:28.091,0:07:31.020 teñen nacemento, madureza 0:07:31.044,0:07:33.374 e incluso algunhas teñen [br]unha morte dramática. 0:07:33.829,0:07:39.944 E as brasas desas estrelas[br]forman as novas que vemos, 0:07:39.968,0:07:43.779 a maioría das cales acaban por ter[br]planetas arredor delas. 0:07:44.272,0:07:48.307 E un dos resultados máis sorprendentes[br]dos últimos 20 anos 0:07:48.331,0:07:52.457 foi o descubrimento doutros planetas[br]que gravitan arredor doutras estrelas. 0:07:52.481,0:07:54.387 Os chamados exoplanetas. 0:07:54.411,0:07:59.407 E ata 1995, non sabiamos[br]da existencia doutros planetas 0:07:59.431,0:08:01.765 que non fosen os do noso Sistema Solar. 0:08:02.360,0:08:08.781 Mais agora, hai case 2.000 planetas[br]orbitando arredor doutras estrelas 0:08:08.805,0:08:11.365 que podemos identificar,[br]cuxa masa podemos medir. 0:08:11.389,0:08:15.061 500 deles son sistemas multiplanetarios. 0:08:15.085,0:08:19.045 E hai outros 4.000 candidatos [br]-- e seguimos a contar -- 0:08:19.069,0:08:21.283 a planetas que orbitan outras estrelas. 0:08:21.790,0:08:24.763 Preséntanse nunha desconcertante[br]variedade de tipoloxías diferentes. 0:08:25.134,0:08:28.420 Hai planetas similares a Xúpiter,[br]que son quentes, 0:08:28.444,0:08:32.702 hai outros que están conxelados,[br]hai mundo acuáticos 0:08:32.726,0:08:35.980 e hai planetas rochosos coma a Terra,[br]chamados "Súperterras", 0:08:36.004,0:08:40.691 e incluso houbo planetas[br]que se especula foron mundos de diamante. 0:08:41.794,0:08:46.749 Sabemos que, polo menos nun planeta,[br]o noso, hai vida. 0:08:46.773,0:08:50.933 Atopamos incluso planetas[br]que orbitan dúas estrelas. 0:08:50.957,0:08:54.138 Xa non é cousa da ciencia ficción. 0:08:55.211,0:08:57.425 No noso planeta sabemos que hai vida, 0:08:57.449,0:09:03.165 desenvolvemos unha vida complexa,[br]podemos preguntarnos sobre a nosa orixe. 0:09:03.728,0:09:07.948 E dado todo o que descubrimos,[br]agora a enorme cantidade suxire 0:09:07.972,0:09:12.044 que hai millóns --[br]incluso talvez centos de millóns -- 0:09:12.068,0:09:14.847 de planetas que están [br]abondo preto -- 0:09:14.871,0:09:18.161 xusto á distancia exacta[br]das estrelas arredor das que orbitan -- 0:09:18.185,0:09:23.721 para teren auga en estado líquido,[br]polo que poderían albergar vida. 0:09:24.121,0:09:28.295 Marabillámonos con estas probabilidades,[br]enormes probabilidades, 0:09:28.319,0:09:31.262 e o máis marabilloso é [br]que durante a vindeira década 0:09:31.286,0:09:36.516 o GMT talvez poida analizar os espectros[br]das atmosferas deses planetas 0:09:36.540,0:09:40.052 e determinar se existe ou non [br]a posibilidade de que alberguen vida. 0:09:41.702,0:09:43.482 Entón, que é o proxecto GMT? 0:09:43.506,0:09:45.380 É un proxecto internacional. 0:09:45.404,0:09:51.253 Inclúe a Australia, Corea do Sur,[br]e encántame poder dicir, aquí en Río, 0:09:51.277,0:09:54.312 que o máis recente socio[br]no noso telescopio é Brasil. 0:09:54.825,0:09:59.284 (Aplausos) 0:09:59.308,0:10:04.098 Tamén inclúe unha serie de institucións[br]ao longo dos Estados Unidos, 0:10:04.122,0:10:07.218 coma a Universidade de Harvard, 0:10:07.242,0:10:10.186 as Institucións Smithsonian e Carnegie, 0:10:10.210,0:10:16.677 e as universidades de Arizona, Chicago, [br]Texas-Austin e Texas A&M. 0:10:17.074,0:10:18.961 Tamén inclúe a Chile. 0:10:20.723,0:10:23.829 A fabricación dos espellos do telescopio 0:10:23.829,0:10:25.324 é tamén fascinante en si mesma. 0:10:25.348,0:10:29.983 Coller anacos de cristal, fundilos[br]nun forno que está a rotar. 0:10:30.751,0:10:32.842 Isto ocorre debaixo do estadio de fútbol 0:10:32.866,0:10:34.908 da Universidade de Arizona. 0:10:34.932,0:10:37.868 Está agochado debaixo de 52.000 asentos. 0:10:37.892,0:10:39.293 Ninguén sabe que se fai isto. 0:10:39.738,0:10:43.062 É basicamente un caldeiro que rota. 0:10:43.086,0:10:46.121 Os espellos fúndense [br]e arrefrían moi lentamente, 0:10:46.145,0:10:49.058 e despois pólense con extrema precisión. 0:10:49.637,0:10:52.714 Se pensan na precisión destes espellos, 0:10:52.738,0:10:57.291 as protuberancias no espello,[br]en todos eses case 9 metros, 0:10:57.315,0:11:00.994 representan menos[br]dunha millonésima parte dun centímetro. 0:11:01.018,0:11:02.542 Poden imaxinalo? 0:11:03.089,0:11:04.240 Uau! 0:11:04.264,0:11:05.588 (Risas) 0:11:05.612,0:11:11.883 Iso son as cinco milésimas partes [br]do grosor dun cabelo meu, 0:11:11.907,0:11:14.044 sobre estes case 9 metros. 0:11:14.068,0:11:15.938 É un logro incrible. 0:11:15.962,0:11:19.277 É o que nos permite ter[br]a precisión que imos ter. 0:11:20.876,0:11:23.293 E entón, que nos da esta precisión? 0:11:23.843,0:11:26.582 O GMT, intenten imaxinar -- 0:11:26.606,0:11:31.055 se termo dunha moeda,[br]que por casualidade teño por aquí, 0:11:31.079,0:11:36.070 e miro unha das súas caras,[br]podo ver dende aquí 0:11:36.094,0:11:40.079 a inscrición, podo ver a cara. 0:11:40.103,0:11:43.217 Supoño que incluso os da primeira fila[br]xa non sodes quen de velo. 0:11:43.645,0:11:46.507 Pero se tivermos [br]o Telescopio Xigante de Magalhães, 0:11:46.531,0:11:49.904 nos 24 metros de diámetro[br]que vemos neste auditorio, 0:11:49.928,0:11:52.997 e apuntásemos a 320 km de distancia, 0:11:53.021,0:11:58.889 se eu estivese en São Paulo,[br]poderiamos ver a cara da moeda. 0:11:58.913,0:12:02.520 Esa é a resolución e poder extraodinarios[br]deste telescopio. 0:12:03.761,0:12:06.459 E se -- 0:12:06.483,0:12:10.353 (Aplausos) 0:12:10.377,0:12:14.978 Se un astronauta estivese na Lúa,[br]a catrocentos mil kilómetros, 0:12:15.002,0:12:17.918 e prendese unha candea -- só unha -- 0:12:17.942,0:12:20.752 poderiamos vela co GMT. 0:12:21.347,0:12:22.629 Extraodinario. 0:12:25.334,0:12:31.015 Está é unha imaxe simulada [br]dun cúmulo nunha galaxia que está preto 0:12:31.039,0:12:33.624 "Preto" en astronomía é moi relativo. 0:12:33.648,0:12:36.151 Está a dez millóns de anos luz. 0:12:36.175,0:12:38.189 Así sería como como se vería. 0:12:38.213,0:12:40.381 Miren eses catro obxectos luminosos 0:12:40.405,0:12:44.412 e compárenos cunha imaxe[br]da cámara do Telescopio Espacial Hubble. 0:12:44.436,0:12:47.615 Lógranse ver algúns lixeiros detalles[br]das estrelas. 0:12:47.639,0:12:53.934 E agora, -- miren que espectacular --[br]isto é o que se verá co GMT. 0:12:53.958,0:12:56.328 Miren de novo esas imaxes brillantes. 0:12:56.352,0:13:00.770 Isto é o que se ve grazas a un dos [br]telescopios máis potentes da Terra, 0:13:00.794,0:13:03.675 e isto, de novo, o que se verá co GMT. 0:13:04.554,0:13:06.412 Unha precisión extraodinaria. 0:13:06.975,0:13:08.297 Entón, onde estamos? 0:13:08.321,0:13:11.503 Agora acabamos de chegar ao cume [br]das montañas en Chile. 0:13:11.527,0:13:13.290 E comezamos a traballar. 0:13:13.314,0:13:16.033 Xa probamos e pulimos o primeiro espello. 0:13:16.057,0:13:18.646 Xa fixemos o segundo e mais o terceiro. 0:13:18.670,0:13:20.939 E estamos a piques de facer o cuarto. 0:13:20.963,0:13:22.850 Tivemos varios exames este ano, 0:13:22.874,0:13:25.416 expertos internacionais[br]que examinaron o noso traballo 0:13:25.440,0:13:27.971 e dixeron:[br]"estades listos para construír". 0:13:27.995,0:13:31.344 Entón pensamos construír este telescopio[br]cos primeiros catro espellos. 0:13:31.368,0:13:35.497 Queremos poñelo en marcha axiña[br]e comezar a recoller datos científicos -- 0:13:35.521,0:13:40.100 o que os astrónomos chamamos[br]"a primeira luz", para 2021. 0:13:41.031,0:13:44.477 E o telescopio enteiro estará rematado[br]a mediados da próxima década, 0:13:44.501,0:13:45.897 cos sete espellos. 0:13:46.542,0:13:50.100 Agora estamos preparados para[br]mirar atrás no afastado universo, 0:13:50.124,0:13:51.432 o alborecer cósmico. 0:13:51.804,0:13:55.937 Poderemos estudar outros planetas[br]cunha gran precisión. 0:13:56.424,0:14:00.161 Pero para min, un dos aspectos[br]máis emocionantes de construír o GMT 0:14:00.185,0:14:03.015 é ter a oportunidade [br]de descubrir de verdade algo 0:14:03.039,0:14:06.309 que non saibamos --[br]que nin poidamos imaxinar neste momento, 0:14:06.333,0:14:07.975 algo totalmente novo. 0:14:08.713,0:14:12.343 E teño a esperanza de que con esta[br]e con outras instalacións, 0:14:12.367,0:14:17.577 moitas rapazas e rapaces novos [br]se animen a acadar as estrelas. 0:14:18.036,0:14:19.308 Moitas grazas. 0:14:19.332,0:14:20.807 Obrigado. 0:14:20.831,0:14:26.724 (Aplausos) 0:14:26.748,0:14:28.350 Bruno Giussani: Grazas, Wendy. 0:14:28.374,0:14:30.641 Queda comigo, porque teño unha pregunta. 0:14:30.665,0:14:33.062 Citaches varias instalacións. 0:14:33.086,0:14:37.939 O Telescopio de Magalhães estase a facer[br]mais tamén o ALMA e outros en Chile 0:14:37.963,0:14:40.099 e noutros lugares, coma Hawaii. 0:14:40.772,0:14:44.848 Trátase de colaborar e de complementarse[br]ou máis ben dunha competición? 0:14:44.872,0:14:48.594 Sei que é competición polos fondos,[br]pero que pasa coa ciencia? 0:14:48.618,0:14:51.835 Wendy Freedman: Con respecto á ciencia,[br]trátase de complementarse. 0:14:51.859,0:14:54.886 Os telescopios que están no espazo,[br]os que están no chan, 0:14:54.910,0:14:57.214 os telescopios con distintas [br]lonxitudes de onda, 0:14:57.214,0:15:00.427 incluso telescopios parecidos,[br]pero con instrumentación diferente -- 0:15:00.427,0:15:04.077 Mirarán para distintas partes[br]das preguntas que nos facemos. 0:15:04.101,0:15:07.728 Entón, cando descubramos outros planetas,[br]e poidamos comprobar os datos, 0:15:07.752,0:15:09.840 poderemos medir as atmosferas, 0:15:09.864,0:15:12.739 miraremos cara ao espazo [br]cunha gran resolución. 0:15:12.763,0:15:14.240 Entón, son complementarios. 0:15:14.264,0:15:16.501 Tes razón no de que [br]competimos polos fondos 0:15:16.525,0:15:19.190 pero científicamente,[br]trátase de complementariedade. 0:15:19.214,0:15:21.867 BG: Wendy, moitísimas grazas[br]por vir a TEDGlobal. 0:15:21.891,0:15:23.042 WF: Grazas. 0:15:23.066,0:15:24.754 (Aplausos)