Fálalle ao corazón | Marleen Laschet | TEDxTrondheim
-
0:09 - 0:16O inglés é a lingua materna
de aproximadamente 365 millóns de persoas. -
0:16 - 0:21Máis de dous mil millóns
aprenden e falan este idioma -
0:21 - 0:23como segunda ou terceira lingua.
-
0:24 - 0:26Se falas inglés,
-
0:26 - 0:32podes facerte entender con case
2,5 mil millóns de persoas no mundo. -
0:33 - 0:37De que serviría aprender máis idiomas?
-
0:37 - 0:41Non sería unha perda de tempo?
-
0:41 - 0:45Nelson Mandela foi moi criticado
-
0:45 - 0:49polos surafricanos negros
por falar africáner. -
0:50 - 0:52Ao que el respondeu:
-
0:52 - 0:56"Cando se lle fala a un home
nun idioma que el entende -
0:56 - 0:58a mensaxe chegará á súa cabeza.
-
0:59 - 1:02Cando se lle fala no seu propio idioma,
-
1:03 - 1:05a mensaxe chega ao seu corazón".
-
1:05 - 1:07Aquí está a clave:
-
1:07 - 1:09Se queredes persuadir alguén
-
1:09 - 1:12tedes que falarlle ao corazón.
-
1:13 - 1:15Os papas sábeno.
-
1:15 - 1:19Xoán Paulo II falaba
10 idiomas diferentes con fluidez -
1:19 - 1:22e unha ducia máis a nivel básico.
-
1:23 - 1:27Onde queira que fora
saudaba a xente -
1:27 - 1:31usando ao menos algunhas frases
nas linguas maternas das persoas. -
1:31 - 1:36Isto foi clave para a súa popularidade.
-
1:37 - 1:40Aqueles que teñan sogras estranxeiras,
-
1:40 - 1:43ou futuras sogras estranxeiras,
tamén o saben. -
1:44 - 1:46Pode que falen inglés coas súas mozas
-
1:46 - 1:51pero se queren ter
unha boa relación coas nais delas -
1:51 - 1:55estarán dispostos a aprender
os idiomas máis raros do planeta. -
1:55 - 1:57Mesmo holandés.
-
1:57 - 1:59(Risos)
-
1:59 - 2:01O gracioso é que polo xeral funciona.
-
2:02 - 2:04Por que?
-
2:04 - 2:09Ben, porque a nosa lingua materna
está totalmente entrelazada -
2:10 - 2:13coa nosa personalidade,
coa nosa identidade. -
2:13 - 2:18Toda a nosa historia persoal
está arraigada na nosa lingua materna, -
2:18 - 2:21está empapada dela.
-
2:21 - 2:28Existen tantos recordos e sentimentos
conectados a palabras e expresións -
2:29 - 2:32e mesmo á gramática coa que medramos.
-
2:32 - 2:37Así que se aprendemos o idioma dos demais,
-
2:37 - 2:40demostramos un interese sincero
-
2:40 - 2:44nas súas vidas, nas súas personalidades.
-
2:45 - 2:48Que sogra non se sentiría gabada?
-
2:49 - 2:53Cando escoitades o voso propio idioma
sentídesvos conectados. -
2:54 - 2:56Cando viaxades
-
2:56 - 3:00e levades falando outro idioma
días ou semanas, -
3:01 - 3:03tan pronto como subides ao avión
-
3:03 - 3:06e a tripulación vos saúda na vosa lingua
-
3:06 - 3:08sabedes que estades indo para a casa.
-
3:11 - 3:14Se os idiomas maternos
tivesen fragancias, -
3:14 - 3:19creo que olerían a galletas
-
3:19 - 3:21e á sopa de polo
que tanto nos reconforta, -
3:22 - 3:24e á colonia da avoa.
-
3:25 - 3:28Quizais olería un pouco
a bólas de naftalina. -
3:29 - 3:34Pode que esta sexa a razón
pola que os idiomas construídos -
3:34 - 3:40coma o esperanto, nunca tiveron
a grande acollida que esperaban. -
3:41 - 3:44Non importa o intelixente
que fora o seu deseño, -
3:44 - 3:47o simple ou sinxelo de aprender,
-
3:48 - 3:53ningún país adoptou xamais como propio
un idioma artificial, -
3:54 - 3:59nin como idioma estranxeiro
para ensinarse sistematicamente -
3:59 - 4:03a grande escala
durante un longo período de tempo, -
4:03 - 4:05inda que algúns o intentaron.
-
4:06 - 4:12Pero dalgunha maneira, a pesar
das dificultades dos idiomas naturais, -
4:12 - 4:16como as frustrantes irregularidades,
-
4:16 - 4:20as discrepancias
entre ortografía e pronunciación -
4:20 - 4:25e as complexidades ás veces absurdas
da gramática, -
4:26 - 4:27pese a todo iso
-
4:28 - 4:34preferimos aprender idiomas
que creceron connosco de forma natural. -
4:36 - 4:40Os idiomas construídos
fálanlle á cabeza. -
4:41 - 4:45Os idiomas naturais cheiran a galletas.
-
4:46 - 4:52Para Nelson Mandela, aprender africáner
servía para "coñecer o inimigo". -
4:52 - 4:57El dixo: "Tes que coñecer
o seu idioma, o que lles apaixona, -
4:57 - 5:00as súas expectativas e os seus medos,
se queres vencelos". -
5:01 - 5:04Así o fixo e funcionou.
-
5:05 - 5:08Porén, non se trata de inimigos
todo o tempo, ou si? -
5:09 - 5:12Isto aplícase a todas as formas
de relacións humanas. -
5:13 - 5:18E non serei eu quen afirme
que as sogras son "o inimigo" -
5:18 - 5:19por definición.
-
5:20 - 5:23Hai uns sete ou oito anos
-
5:23 - 5:26atopábame eu conducindo por Polonia
coa miña familia -
5:27 - 5:31e as tendas estaban a piques de pechar
e tiñamos que mercar comida. -
5:32 - 5:36Por fin vimos un supermercado
ao outro lado da rúa -
5:37 - 5:42e a única maneira de chegar alí a tempo
era xirando e cruzando a liña continua. -
5:42 - 5:44Iso foi o que fixen.
-
5:44 - 5:47Probablemente foi perigoso.
-
5:47 - 5:50Foi ilegal, diso non hai dúbida.
-
5:52 - 5:58No aparcadoiro non tiven nin sequera
tempo de apagar o motor -
5:58 - 6:00cando escoitei un 'toc, toc, toc'.
-
6:01 - 6:06Baixei a ventá
e dous pares de ollos apareceron. -
6:08 - 6:12Cada par de ollos
estaba suxeito a un policía. -
6:14 - 6:18Miren, non podería afirmar
que teña fluidez en polaco -
6:18 - 6:19no mellor dos casos,
-
6:20 - 6:24pero adoitaba ser quen de manter
unha conversación simple. -
6:24 - 6:28Porén, nesta situación,
cunha conciencia culpable, -
6:29 - 6:32ante os ollos de dous policías uniformados
traballando pola lei -
6:33 - 6:38as poucas palabras que aprendera en polaco
escapaban de min. -
6:40 - 6:44Inda así, nunca considerei
-
6:45 - 6:48usar o inglés
á hora de enfrontar o problema. -
6:49 - 6:53Pode que o inglés me brindase
unha vantaxe lingüística -
6:54 - 6:57pero tamén podía incomodar os policías.
-
6:58 - 7:01Así que decidín usar o polaco.
-
7:02 - 7:03Como?
-
7:04 - 7:09Esa pequena esquina polaca
no meu cerebro quedara en branco -
7:10 - 7:12a excepción dunha cousa.
-
7:13 - 7:18Había unha cousa que repetira tan a miúdo
-
7:18 - 7:21que podía recitala mesmo en soños.
-
7:23 - 7:25Un poema infantil
-
7:28 - 7:30que trataba dunha ra enferma.
-
7:30 - 7:32(Risos)
-
7:33 - 7:35Era todo o que tiña.
-
7:35 - 7:40Sei que foi algo moi estraño de facer
pero soltei de súpeto: -
7:40 - 7:43(Polaco) "Unha ra sentíase mal
-
7:43 - 7:46así que foi ao doutor
e díxolle que estaba enferma. -
7:46 - 7:50O doutor puxo as lentes
pois era un tipo vello". -
7:52 - 7:54Mirei os policías
-
7:54 - 7:56e eles ollaban para min fixamente.
-
7:56 - 7:59(Risos)
-
7:59 - 8:02Recordo que un deles rascaba a cabeza.
-
8:03 - 8:05E logo sorriron.
-
8:06 - 8:07Sorriron.
-
8:07 - 8:11Sentínme aliviada.
-
8:11 - 8:14Ben, o suficiente
para que algunhas palabras máis -
8:14 - 8:17puidesen chegar a min.
-
8:17 - 8:20E puiden tartamudear
algunhas frases a medias coma: -
8:20 - 8:23"Síntoo. Precisaba comida.
Non o farei máis". -
8:25 - 8:26E deixáronme ir.
-
8:27 - 8:32Mentres corría á tenda, eles dicían:
(Polaco) "Szczęśliwej podróży!" -
8:32 - 8:34"Que teña unha boa viaxe!"
-
8:35 - 8:39A miña intención non é incitarvos
a que aprendades idiomas -
8:39 - 8:42para viaxar polo mundo infrinxindo as leis
e saírvos coa vosa, -
8:45 - 8:50pero esta anécdota mostra
como unhas poucas palabras -
8:50 - 8:54sen importar o simple ou absurdas
que parezan, unhas poucas palabras -
8:54 - 8:58poden chegar directamente
ao corazón e derretelo. -
8:59 - 9:02Por certo, tiña outra alternativa
á da ra enferma. -
9:02 - 9:04Había outra cousa
que me sabía igual de ben: -
9:05 - 9:07Unha canción para beber.
-
9:07 - 9:08(Risos)
-
9:09 - 9:12Pero pode que con iso
non conseguise un sorriso. -
9:12 - 9:14Posiblemente unha viaxe á comisaría
-
9:14 - 9:16para soprar no alcoholímetro.
-
9:18 - 9:21Non tedes que aprender moitos idiomas
-
9:21 - 9:24e non é preciso
que os aprendades completamente. -
9:24 - 9:26Cun pouco pódese facer moito.
-
9:27 - 9:31Dez palabras ao corazón
poden ter un impacto maior -
9:31 - 9:33que mil palabras á cabeza.
-
9:35 - 9:39Podedes elixir usar sempre o inglés
e encontrarvos a medio camiño -
9:40 - 9:45ou podedes optar por ser a persoa
que atravesa esa liña no medio -
9:45 - 9:49e coñecer outra persoa ou oponente,
sexa quen sexa, -
9:49 - 9:52coñecelos no seu propio territorio.
-
9:52 - 9:55Falar o idioma do outro
non vos fai débiles. -
9:55 - 9:57Ao contrario, proba que sodes fortes.
-
9:58 - 10:04A persoa que ten a valentía
e fai o esforzo de atravesar liñas -
10:05 - 10:07será a gañadora ao final.
-
10:08 - 10:12Que non vos dea medo cometer erros.
Os erros fannos humanos. -
10:13 - 10:17E neste caso hai un extra:
-
10:18 - 10:21Se cometes un erro,
-
10:21 - 10:26brindas a oportunidade a outros
de axudarte, de vir e coñecerte. -
10:26 - 10:32E desta forma,
o vínculo que se inicia será máis forte. -
10:33 - 10:38Así que, queredes facervos entender
-
10:38 - 10:40ou queredes crear vínculos?
-
10:42 - 10:47Sigamos aprendendo e usando o inglés
-
10:48 - 10:53para poder interactuar con audiencias
que son diversas, coma en TEDx. -
10:54 - 10:58O inglés é unha ferramenta poderosa
para compartir coñecemento, -
10:58 - 11:02para convencións internacionais
sobre problemas globais. -
11:03 - 11:10Sobre todo, o inglés é a ruta
a 365 millóns de corazóns. -
11:11 - 11:18Para 365 millóns de persoas
o inglés cheira a galletas. -
11:19 - 11:21Pero, por que deternos aí?
-
11:22 - 11:25Por que non facer o esforzo
-
11:25 - 11:28de aprender polo menos un idioma máis?
-
11:29 - 11:32Existen moitos sabores de galletas.
-
11:32 - 11:34Imos probar un novo.
-
11:35 - 11:36Grazas.
-
11:36 - 11:39(Aplausos)
- Title:
- Fálalle ao corazón | Marleen Laschet | TEDxTrondheim
- Description:
-
Esta charla deuse nun evento TEDx utilizando o formato de conferencia TED pero organizado independentemente por unha comunidade local. Máis información en http://ted.com/tedx
Sobre o aroma das linguas e como unha ra enferma pode salvarche o día.
Marleen é unha filóloga e experta en comunicación apaixonada pola narración e as linguas.
No seu divertido blog escribe sobre o pracer e as vantaxes do multilingüismo e as diferenzas culturais. As historias do seu blog están baseadas en anécdotas da su propia vida como políglota e ancoradas na súa perspectiva lingüística e cultural e na súa experiencia.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDxTalks
- Duration:
- 11:56
![]() |
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for Speak to the heart | Marleen Laschet | TEDxTrondheim | |
![]() |
Dimitra Papageorgiou edited Galician subtitles for Speak to the heart | Marleen Laschet | TEDxTrondheim | |
![]() |
Carme Paz accepted Galician subtitles for Speak to the heart | Marleen Laschet | TEDxTrondheim | |
![]() |
Carme Paz edited Galician subtitles for Speak to the heart | Marleen Laschet | TEDxTrondheim | |
![]() |
Patricia Álvarez edited Galician subtitles for Speak to the heart | Marleen Laschet | TEDxTrondheim | |
![]() |
Patricia Álvarez edited Galician subtitles for Speak to the heart | Marleen Laschet | TEDxTrondheim |