WEBVTT 00:00:08.985 --> 00:00:15.559 O inglés é a lingua materna de aproximadamente 365 millóns de persoas. 00:00:16.349 --> 00:00:20.710 Máis de dous mil millóns aprenden e falan este idioma 00:00:20.711 --> 00:00:23.229 como segunda ou terceira lingua. 00:00:24.376 --> 00:00:26.082 Se falas inglés, 00:00:26.083 --> 00:00:31.725 podes facerte entender con case 2,5 mil millóns de persoas no mundo. 00:00:32.735 --> 00:00:36.838 De que serviría aprender máis idiomas? 00:00:36.839 --> 00:00:40.904 Non sería unha perda de tempo? 00:00:40.904 --> 00:00:45.382 Nelson Mandela foi moi criticado 00:00:45.383 --> 00:00:49.312 polos surafricanos negros por falar africáner. 00:00:50.252 --> 00:00:51.828 Ao que el respondeu: 00:00:51.828 --> 00:00:55.555 "Cando se lle fala a un home nun idioma que el entende 00:00:56.055 --> 00:00:58.403 a mensaxe chegará á súa cabeza. 00:00:59.023 --> 00:01:02.210 Cando se lle fala no seu propio idioma, 00:01:02.720 --> 00:01:04.512 a mensaxe chega ao seu corazón". 00:01:05.391 --> 00:01:06.661 Aquí está a clave: 00:01:06.662 --> 00:01:09.251 Se queredes persuadir alguén 00:01:09.251 --> 00:01:11.705 tedes que falarlle ao corazón. 00:01:13.185 --> 00:01:14.973 Os papas sábeno. 00:01:14.974 --> 00:01:18.884 Xoán Paulo II falaba 10 idiomas diferentes con fluidez 00:01:18.885 --> 00:01:22.343 e unha ducia máis a nivel básico. 00:01:22.953 --> 00:01:26.591 Onde queira que fora saudaba a xente 00:01:26.592 --> 00:01:30.847 usando ao menos algunhas frases nas linguas maternas das persoas. 00:01:30.848 --> 00:01:35.845 Isto foi clave para a súa popularidade. 00:01:37.495 --> 00:01:39.804 Aqueles que teñan sogras estranxeiras, 00:01:39.805 --> 00:01:43.395 ou futuras sogras estranxeiras, tamén o saben. 00:01:44.005 --> 00:01:46.406 Pode que falen inglés coas súas mozas 00:01:46.407 --> 00:01:50.702 pero se queren ter unha boa relación coas nais delas 00:01:51.222 --> 00:01:54.841 estarán dispostos a aprender os idiomas máis raros do planeta. 00:01:55.265 --> 00:01:56.872 Mesmo holandés. 00:01:56.876 --> 00:01:58.668 (Risos) 00:01:58.676 --> 00:02:01.354 O gracioso é que polo xeral funciona. 00:02:02.204 --> 00:02:03.540 Por que? 00:02:04.030 --> 00:02:09.044 Ben, porque a nosa lingua materna está totalmente entrelazada 00:02:09.745 --> 00:02:13.050 coa nosa personalidade, coa nosa identidade. 00:02:13.051 --> 00:02:17.694 Toda a nosa historia persoal está arraigada na nosa lingua materna, 00:02:17.695 --> 00:02:20.727 está empapada dela. 00:02:21.451 --> 00:02:27.648 Existen tantos recordos e sentimentos conectados a palabras e expresións 00:02:28.544 --> 00:02:31.772 e mesmo á gramática coa que medramos. 00:02:32.406 --> 00:02:37.141 Así que se aprendemos o idioma dos demais, 00:02:37.142 --> 00:02:40.350 demostramos un interese sincero 00:02:40.351 --> 00:02:44.168 nas súas vidas, nas súas personalidades. 00:02:44.959 --> 00:02:47.585 Que sogra non se sentiría gabada? 00:02:48.711 --> 00:02:52.581 Cando escoitades o voso propio idioma sentídesvos conectados. 00:02:53.834 --> 00:02:55.617 Cando viaxades 00:02:55.618 --> 00:02:59.592 e levades falando outro idioma días ou semanas, 00:03:00.642 --> 00:03:03.011 tan pronto como subides ao avión 00:03:03.012 --> 00:03:06.279 e a tripulación vos saúda na vosa lingua 00:03:06.280 --> 00:03:08.408 sabedes que estades indo para a casa. 00:03:10.768 --> 00:03:14.450 Se os idiomas maternos tivesen fragancias, 00:03:14.451 --> 00:03:18.680 creo que olerían a galletas 00:03:18.681 --> 00:03:21.243 e á sopa de polo que tanto nos reconforta, 00:03:21.933 --> 00:03:24.038 e á colonia da avoa. 00:03:24.668 --> 00:03:27.941 Quizais olería un pouco a bólas de naftalina. 00:03:28.742 --> 00:03:34.000 Pode que esta sexa a razón pola que os idiomas construídos 00:03:34.001 --> 00:03:40.091 coma o esperanto, nunca tiveron a grande acollida que esperaban. 00:03:41.212 --> 00:03:44.212 Non importa o intelixente que fora o seu deseño, 00:03:44.213 --> 00:03:46.995 o simple ou sinxelo de aprender, 00:03:48.334 --> 00:03:53.085 ningún país adoptou xamais como propio un idioma artificial, 00:03:53.948 --> 00:03:58.939 nin como idioma estranxeiro para ensinarse sistematicamente 00:03:58.940 --> 00:04:02.804 a grande escala durante un longo período de tempo, 00:04:03.414 --> 00:04:05.291 inda que algúns o intentaron. 00:04:05.991 --> 00:04:11.871 Pero dalgunha maneira, a pesar das dificultades dos idiomas naturais, 00:04:11.872 --> 00:04:15.724 como as frustrantes irregularidades, 00:04:15.724 --> 00:04:20.154 as discrepancias entre ortografía e pronunciación 00:04:20.156 --> 00:04:24.904 e as complexidades ás veces absurdas da gramática, 00:04:25.655 --> 00:04:27.454 pese a todo iso 00:04:27.904 --> 00:04:34.192 preferimos aprender idiomas que creceron connosco de forma natural. 00:04:35.722 --> 00:04:39.654 Os idiomas construídos fálanlle á cabeza. 00:04:41.024 --> 00:04:45.062 Os idiomas naturais cheiran a galletas. 00:04:46.226 --> 00:04:52.161 Para Nelson Mandela, aprender africáner servía para "coñecer o inimigo". 00:04:52.161 --> 00:04:56.910 El dixo: "Tes que coñecer o seu idioma, o que lles apaixona, 00:04:56.911 --> 00:05:00.243 as súas expectativas e os seus medos, se queres vencelos". 00:05:01.073 --> 00:05:03.744 Así o fixo e funcionou. 00:05:04.794 --> 00:05:08.296 Porén, non se trata de inimigos todo o tempo, ou si? 00:05:09.254 --> 00:05:12.351 Isto aplícase a todas as formas de relacións humanas. 00:05:13.445 --> 00:05:17.746 E non serei eu quen afirme que as sogras son "o inimigo" 00:05:17.747 --> 00:05:19.133 por definición. 00:05:19.833 --> 00:05:23.252 Hai uns sete ou oito anos 00:05:23.252 --> 00:05:25.922 atopábame eu conducindo por Polonia coa miña familia 00:05:27.172 --> 00:05:31.413 e as tendas estaban a piques de pechar e tiñamos que mercar comida. 00:05:32.257 --> 00:05:35.832 Por fin vimos un supermercado ao outro lado da rúa 00:05:36.908 --> 00:05:41.797 e a única maneira de chegar alí a tempo era xirando e cruzando a liña continua. 00:05:41.797 --> 00:05:43.548 Iso foi o que fixen. 00:05:44.368 --> 00:05:46.738 Probablemente foi perigoso. 00:05:47.378 --> 00:05:49.936 Foi ilegal, diso non hai dúbida. 00:05:51.725 --> 00:05:57.938 No aparcadoiro non tiven nin sequera tempo de apagar o motor 00:05:57.938 --> 00:06:00.393 cando escoitei un 'toc, toc, toc'. 00:06:01.250 --> 00:06:06.316 Baixei a ventá e dous pares de ollos apareceron. 00:06:07.624 --> 00:06:11.903 Cada par de ollos estaba suxeito a un policía. 00:06:13.506 --> 00:06:17.564 Miren, non podería afirmar que teña fluidez en polaco 00:06:17.565 --> 00:06:19.375 no mellor dos casos, 00:06:19.875 --> 00:06:23.746 pero adoitaba ser quen de manter unha conversación simple. 00:06:24.156 --> 00:06:28.050 Porén, nesta situación, cunha conciencia culpable, 00:06:28.620 --> 00:06:32.015 ante os ollos de dous policías uniformados traballando pola lei 00:06:33.175 --> 00:06:38.435 as poucas palabras que aprendera en polaco escapaban de min. 00:06:39.719 --> 00:06:43.969 Inda así, nunca considerei 00:06:44.549 --> 00:06:47.948 usar o inglés á hora de enfrontar o problema. 00:06:49.078 --> 00:06:53.458 Pode que o inglés me brindase unha vantaxe lingüística 00:06:54.278 --> 00:06:57.280 pero tamén podía incomodar os policías. 00:06:58.244 --> 00:07:01.184 Así que decidín usar o polaco. 00:07:01.774 --> 00:07:03.098 Como? 00:07:04.279 --> 00:07:08.979 Esa pequena esquina polaca no meu cerebro quedara en branco 00:07:10.388 --> 00:07:12.255 a excepción dunha cousa. 00:07:13.044 --> 00:07:17.883 Había unha cousa que repetira tan a miúdo 00:07:17.883 --> 00:07:20.964 que podía recitala mesmo en soños. 00:07:22.501 --> 00:07:25.170 Un poema infantil 00:07:27.563 --> 00:07:29.752 que trataba dunha ra enferma. 00:07:30.273 --> 00:07:32.051 (Risos) 00:07:32.601 --> 00:07:34.522 Era todo o que tiña. 00:07:34.523 --> 00:07:39.783 Sei que foi algo moi estraño de facer pero soltei de súpeto: 00:07:40.417 --> 00:07:42.532 (Polaco) "Unha ra sentíase mal 00:07:42.532 --> 00:07:46.084 así que foi ao doutor e díxolle que estaba enferma. 00:07:46.085 --> 00:07:50.458 O doutor puxo as lentes pois era un tipo vello". 00:07:51.564 --> 00:07:53.882 Mirei os policías 00:07:53.883 --> 00:07:56.223 e eles ollaban para min fixamente. 00:07:56.223 --> 00:07:58.573 (Risos) 00:07:58.573 --> 00:08:01.869 Recordo que un deles rascaba a cabeza. 00:08:02.999 --> 00:08:05.412 E logo sorriron. 00:08:05.872 --> 00:08:07.339 Sorriron. 00:08:07.340 --> 00:08:10.879 Sentínme aliviada. 00:08:10.880 --> 00:08:14.256 Ben, o suficiente para que algunhas palabras máis 00:08:14.257 --> 00:08:16.677 puidesen chegar a min. 00:08:16.688 --> 00:08:19.757 E puiden tartamudear algunhas frases a medias coma: 00:08:19.757 --> 00:08:23.483 "Síntoo. Precisaba comida. Non o farei máis". 00:08:24.763 --> 00:08:26.452 E deixáronme ir. 00:08:27.184 --> 00:08:32.280 Mentres corría á tenda, eles dicían: (Polaco) "Szczęśliwej podróży!" 00:08:32.280 --> 00:08:34.150 "Que teña unha boa viaxe!" 00:08:34.840 --> 00:08:38.886 A miña intención non é incitarvos a que aprendades idiomas 00:08:38.886 --> 00:08:42.446 para viaxar polo mundo infrinxindo as leis e saírvos coa vosa, 00:08:44.586 --> 00:08:49.741 pero esta anécdota mostra como unhas poucas palabras 00:08:49.741 --> 00:08:53.760 sen importar o simple ou absurdas que parezan, unhas poucas palabras 00:08:53.761 --> 00:08:58.091 poden chegar directamente ao corazón e derretelo. 00:08:58.781 --> 00:09:01.642 Por certo, tiña outra alternativa á da ra enferma. 00:09:01.642 --> 00:09:04.287 Había outra cousa que me sabía igual de ben: 00:09:05.367 --> 00:09:07.232 Unha canción para beber. 00:09:07.233 --> 00:09:08.215 (Risos) 00:09:09.185 --> 00:09:11.554 Pero pode que con iso non conseguise un sorriso. 00:09:11.964 --> 00:09:13.941 Posiblemente unha viaxe á comisaría 00:09:13.941 --> 00:09:15.731 para soprar no alcoholímetro. 00:09:17.603 --> 00:09:21.064 Non tedes que aprender moitos idiomas 00:09:21.064 --> 00:09:23.834 e non é preciso que os aprendades completamente. 00:09:23.834 --> 00:09:26.452 Cun pouco pódese facer moito. 00:09:27.002 --> 00:09:30.593 Dez palabras ao corazón poden ter un impacto maior 00:09:30.593 --> 00:09:33.244 que mil palabras á cabeza. 00:09:34.644 --> 00:09:38.741 Podedes elixir usar sempre o inglés e encontrarvos a medio camiño 00:09:39.851 --> 00:09:44.822 ou podedes optar por ser a persoa que atravesa esa liña no medio 00:09:44.823 --> 00:09:49.124 e coñecer outra persoa ou oponente, sexa quen sexa, 00:09:49.124 --> 00:09:51.640 coñecelos no seu propio territorio. 00:09:52.195 --> 00:09:55.334 Falar o idioma do outro non vos fai débiles. 00:09:55.336 --> 00:09:57.246 Ao contrario, proba que sodes fortes. 00:09:57.856 --> 00:10:04.451 A persoa que ten a valentía e fai o esforzo de atravesar liñas 00:10:05.221 --> 00:10:07.093 será a gañadora ao final. 00:10:07.842 --> 00:10:12.300 Que non vos dea medo cometer erros. Os erros fannos humanos. 00:10:12.918 --> 00:10:17.056 E neste caso hai un extra: 00:10:18.091 --> 00:10:20.573 Se cometes un erro, 00:10:20.573 --> 00:10:25.911 brindas a oportunidade a outros de axudarte, de vir e coñecerte. 00:10:25.911 --> 00:10:32.093 E desta forma, o vínculo que se inicia será máis forte. 00:10:33.234 --> 00:10:37.530 Así que, queredes facervos entender 00:10:38.320 --> 00:10:40.320 ou queredes crear vínculos? 00:10:41.650 --> 00:10:46.780 Sigamos aprendendo e usando o inglés 00:10:47.860 --> 00:10:52.691 para poder interactuar con audiencias que son diversas, coma en TEDx. 00:10:53.651 --> 00:10:57.697 O inglés é unha ferramenta poderosa para compartir coñecemento, 00:10:57.698 --> 00:11:02.260 para convencións internacionais sobre problemas globais. 00:11:03.060 --> 00:11:10.161 Sobre todo, o inglés é a ruta a 365 millóns de corazóns. 00:11:11.131 --> 00:11:17.510 Para 365 millóns de persoas o inglés cheira a galletas. 00:11:18.747 --> 00:11:20.757 Pero, por que deternos aí? 00:11:21.577 --> 00:11:24.535 Por que non facer o esforzo 00:11:24.536 --> 00:11:27.696 de aprender polo menos un idioma máis? 00:11:28.776 --> 00:11:31.784 Existen moitos sabores de galletas. 00:11:31.785 --> 00:11:34.341 Imos probar un novo. 00:11:34.990 --> 00:11:36.313 Grazas. 00:11:36.313 --> 00:11:39.355 (Aplausos)