0:00:08.985,0:00:15.559 O inglés é a lingua materna[br]de aproximadamente 365 millóns de persoas. 0:00:16.349,0:00:20.710 Máis de dous mil millóns[br]aprenden e falan este idioma 0:00:20.711,0:00:23.229 como segunda ou terceira lingua. 0:00:24.376,0:00:26.082 Se falas inglés, 0:00:26.083,0:00:31.725 podes facerte entender con case[br]2,5 mil millóns de persoas no mundo. 0:00:32.735,0:00:36.838 De que serviría aprender máis idiomas? 0:00:36.839,0:00:40.904 Non sería unha perda de tempo? 0:00:40.904,0:00:45.382 Nelson Mandela foi moi criticado 0:00:45.383,0:00:49.312 polos surafricanos negros[br]por falar africáner. 0:00:50.252,0:00:51.828 Ao que el respondeu: 0:00:51.828,0:00:55.555 "Cando se lle fala a un home[br]nun idioma que el entende 0:00:56.055,0:00:58.403 a mensaxe chegará á súa cabeza. 0:00:59.023,0:01:02.210 Cando se lle fala no seu propio idioma, 0:01:02.720,0:01:04.512 a mensaxe chega ao seu corazón". 0:01:05.391,0:01:06.661 Aquí está a clave: 0:01:06.662,0:01:09.251 Se queredes persuadir alguén 0:01:09.251,0:01:11.705 tedes que falarlle ao corazón. 0:01:13.185,0:01:14.973 Os papas sábeno. 0:01:14.974,0:01:18.884 Xoán Paulo II falaba [br]10 idiomas diferentes con fluidez 0:01:18.885,0:01:22.343 e unha ducia máis a nivel básico. 0:01:22.953,0:01:26.591 Onde queira que fora[br]saudaba a xente 0:01:26.592,0:01:30.847 usando ao menos algunhas frases[br]nas linguas maternas das persoas. 0:01:30.848,0:01:35.845 Isto foi clave para a súa popularidade. 0:01:37.495,0:01:39.804 Aqueles que teñan sogras estranxeiras, 0:01:39.805,0:01:43.395 ou futuras sogras estranxeiras,[br]tamén o saben. 0:01:44.005,0:01:46.406 Pode que falen inglés coas súas mozas 0:01:46.407,0:01:50.702 pero se queren ter[br]unha boa relación coas nais delas 0:01:51.222,0:01:54.841 estarán dispostos a aprender[br]os idiomas máis raros do planeta. 0:01:55.265,0:01:56.872 Mesmo holandés. 0:01:56.876,0:01:58.668 (Risos) 0:01:58.676,0:02:01.354 O gracioso é que polo xeral funciona. 0:02:02.204,0:02:03.540 Por que? 0:02:04.030,0:02:09.044 Ben, porque a nosa lingua materna[br]está totalmente entrelazada 0:02:09.745,0:02:13.050 coa nosa personalidade,[br]coa nosa identidade. 0:02:13.051,0:02:17.694 Toda a nosa historia persoal[br]está arraigada na nosa lingua materna, 0:02:17.695,0:02:20.727 está empapada dela. 0:02:21.451,0:02:27.648 Existen tantos recordos e sentimentos[br]conectados a palabras e expresións 0:02:28.544,0:02:31.772 e mesmo á gramática coa que medramos. 0:02:32.406,0:02:37.141 Así que se aprendemos o idioma dos demais, 0:02:37.142,0:02:40.350 demostramos un interese sincero 0:02:40.351,0:02:44.168 nas súas vidas, nas súas personalidades. 0:02:44.959,0:02:47.585 Que sogra non se sentiría gabada? 0:02:48.711,0:02:52.581 Cando escoitades o voso propio idioma[br]sentídesvos conectados. 0:02:53.834,0:02:55.617 Cando viaxades 0:02:55.618,0:02:59.592 e levades falando outro idioma[br]días ou semanas, 0:03:00.642,0:03:03.011 tan pronto como subides ao avión 0:03:03.012,0:03:06.279 e a tripulación vos saúda na vosa lingua 0:03:06.280,0:03:08.408 sabedes que estades indo para a casa. 0:03:10.768,0:03:14.450 Se os idiomas maternos[br]tivesen fragancias, 0:03:14.451,0:03:18.680 creo que olerían a galletas 0:03:18.681,0:03:21.243 e á sopa de polo[br]que tanto nos reconforta, 0:03:21.933,0:03:24.038 e á colonia da avoa. 0:03:24.668,0:03:27.941 Quizais olería un pouco[br]a bólas de naftalina. 0:03:28.742,0:03:34.000 Pode que esta sexa a razón[br]pola que os idiomas construídos 0:03:34.001,0:03:40.091 coma o esperanto, nunca tiveron[br]a grande acollida que esperaban. 0:03:41.212,0:03:44.212 Non importa o intelixente[br]que fora o seu deseño, 0:03:44.213,0:03:46.995 o simple ou sinxelo de aprender, 0:03:48.334,0:03:53.085 ningún país adoptou xamais como propio[br]un idioma artificial, 0:03:53.948,0:03:58.939 nin como idioma estranxeiro[br]para ensinarse sistematicamente 0:03:58.940,0:04:02.804 a grande escala[br]durante un longo período de tempo, 0:04:03.414,0:04:05.291 inda que algúns o intentaron. 0:04:05.991,0:04:11.871 Pero dalgunha maneira, a pesar [br]das dificultades dos idiomas naturais, 0:04:11.872,0:04:15.724 como as frustrantes irregularidades, 0:04:15.724,0:04:20.154 as discrepancias[br]entre ortografía e pronunciación 0:04:20.156,0:04:24.904 e as complexidades ás veces absurdas[br]da gramática, 0:04:25.655,0:04:27.454 pese a todo iso 0:04:27.904,0:04:34.192 preferimos aprender idiomas[br]que creceron connosco de forma natural. 0:04:35.722,0:04:39.654 Os idiomas construídos[br]fálanlle á cabeza. 0:04:41.024,0:04:45.062 Os idiomas naturais cheiran a galletas. 0:04:46.226,0:04:52.161 Para Nelson Mandela, aprender africáner[br]servía para "coñecer o inimigo". 0:04:52.161,0:04:56.910 El dixo: "Tes que coñecer[br]o seu idioma, o que lles apaixona, 0:04:56.911,0:05:00.243 as súas expectativas e os seus medos,[br]se queres vencelos". 0:05:01.073,0:05:03.744 Así o fixo e funcionou. 0:05:04.794,0:05:08.296 Porén, non se trata de inimigos [br]todo o tempo, ou si? 0:05:09.254,0:05:12.351 Isto aplícase a todas as formas[br]de relacións humanas. 0:05:13.445,0:05:17.746 E non serei eu quen afirme[br]que as sogras son "o inimigo" 0:05:17.747,0:05:19.133 por definición. 0:05:19.833,0:05:23.252 Hai uns sete ou oito anos 0:05:23.252,0:05:25.922 atopábame eu conducindo por Polonia[br]coa miña familia 0:05:27.172,0:05:31.413 e as tendas estaban a piques de pechar[br]e tiñamos que mercar comida. 0:05:32.257,0:05:35.832 Por fin vimos un supermercado[br]ao outro lado da rúa 0:05:36.908,0:05:41.797 e a única maneira de chegar alí a tempo[br]era xirando e cruzando a liña continua. 0:05:41.797,0:05:43.548 Iso foi o que fixen. 0:05:44.368,0:05:46.738 Probablemente foi perigoso. 0:05:47.378,0:05:49.936 Foi ilegal, diso non hai dúbida. 0:05:51.725,0:05:57.938 No aparcadoiro non tiven nin sequera [br]tempo de apagar o motor 0:05:57.938,0:06:00.393 cando escoitei un 'toc, toc, toc'. 0:06:01.250,0:06:06.316 Baixei a ventá[br]e dous pares de ollos apareceron. 0:06:07.624,0:06:11.903 Cada par de ollos[br]estaba suxeito a un policía. 0:06:13.506,0:06:17.564 Miren, non podería afirmar [br]que teña fluidez en polaco 0:06:17.565,0:06:19.375 no mellor dos casos, 0:06:19.875,0:06:23.746 pero adoitaba ser quen de manter[br]unha conversación simple. 0:06:24.156,0:06:28.050 Porén, nesta situación,[br]cunha conciencia culpable, 0:06:28.620,0:06:32.015 ante os ollos de dous policías uniformados[br]traballando pola lei 0:06:33.175,0:06:38.435 as poucas palabras que aprendera en polaco[br]escapaban de min. 0:06:39.719,0:06:43.969 Inda así, nunca considerei 0:06:44.549,0:06:47.948 usar o inglés[br]á hora de enfrontar o problema. 0:06:49.078,0:06:53.458 Pode que o inglés me brindase[br]unha vantaxe lingüística 0:06:54.278,0:06:57.280 pero tamén podía incomodar os policías. 0:06:58.244,0:07:01.184 Así que decidín usar o polaco. 0:07:01.774,0:07:03.098 Como? 0:07:04.279,0:07:08.979 Esa pequena esquina polaca[br]no meu cerebro quedara en branco 0:07:10.388,0:07:12.255 a excepción dunha cousa. 0:07:13.044,0:07:17.883 Había unha cousa que repetira tan a miúdo 0:07:17.883,0:07:20.964 que podía recitala mesmo en soños. 0:07:22.501,0:07:25.170 Un poema infantil 0:07:27.563,0:07:29.752 que trataba dunha ra enferma. 0:07:30.273,0:07:32.051 (Risos) 0:07:32.601,0:07:34.522 Era todo o que tiña. 0:07:34.523,0:07:39.783 Sei que foi algo moi estraño de facer[br]pero soltei de súpeto: 0:07:40.417,0:07:42.532 (Polaco) "Unha ra sentíase mal 0:07:42.532,0:07:46.084 así que foi ao doutor [br]e díxolle que estaba enferma. 0:07:46.085,0:07:50.458 O doutor puxo as lentes[br]pois era un tipo vello". 0:07:51.564,0:07:53.882 Mirei os policías 0:07:53.883,0:07:56.223 e eles ollaban para min fixamente. 0:07:56.223,0:07:58.573 (Risos) 0:07:58.573,0:08:01.869 Recordo que un deles rascaba a cabeza. 0:08:02.999,0:08:05.412 E logo sorriron. 0:08:05.872,0:08:07.339 Sorriron. 0:08:07.340,0:08:10.879 Sentínme aliviada. 0:08:10.880,0:08:14.256 Ben, o suficiente[br]para que algunhas palabras máis 0:08:14.257,0:08:16.677 puidesen chegar a min. 0:08:16.688,0:08:19.757 E puiden tartamudear[br]algunhas frases a medias coma: 0:08:19.757,0:08:23.483 "Síntoo. Precisaba comida.[br]Non o farei máis". 0:08:24.763,0:08:26.452 E deixáronme ir. 0:08:27.184,0:08:32.280 Mentres corría á tenda, eles dicían:[br](Polaco) "Szczęśliwej podróży!" 0:08:32.280,0:08:34.150 "Que teña unha boa viaxe!" 0:08:34.840,0:08:38.886 A miña intención non é incitarvos[br]a que aprendades idiomas 0:08:38.886,0:08:42.446 para viaxar polo mundo infrinxindo as leis[br]e saírvos coa vosa, 0:08:44.586,0:08:49.741 pero esta anécdota mostra[br]como unhas poucas palabras 0:08:49.741,0:08:53.760 sen importar o simple ou absurdas[br]que parezan, unhas poucas palabras 0:08:53.761,0:08:58.091 poden chegar directamente[br]ao corazón e derretelo. 0:08:58.781,0:09:01.642 Por certo, tiña outra alternativa[br]á da ra enferma. 0:09:01.642,0:09:04.287 Había outra cousa [br]que me sabía igual de ben: 0:09:05.367,0:09:07.232 Unha canción para beber. 0:09:07.233,0:09:08.215 (Risos) 0:09:09.185,0:09:11.554 Pero pode que con iso[br]non conseguise un sorriso. 0:09:11.964,0:09:13.941 Posiblemente unha viaxe á comisaría 0:09:13.941,0:09:15.731 para soprar no alcoholímetro. 0:09:17.603,0:09:21.064 Non tedes que aprender moitos idiomas 0:09:21.064,0:09:23.834 e non é preciso[br]que os aprendades completamente. 0:09:23.834,0:09:26.452 Cun pouco pódese facer moito. 0:09:27.002,0:09:30.593 Dez palabras ao corazón[br]poden ter un impacto maior 0:09:30.593,0:09:33.244 que mil palabras á cabeza. 0:09:34.644,0:09:38.741 Podedes elixir usar sempre o inglés[br]e encontrarvos a medio camiño 0:09:39.851,0:09:44.822 ou podedes optar por ser a persoa[br]que atravesa esa liña no medio 0:09:44.823,0:09:49.124 e coñecer outra persoa ou oponente,[br]sexa quen sexa, 0:09:49.124,0:09:51.640 coñecelos no seu propio territorio. 0:09:52.195,0:09:55.334 Falar o idioma do outro [br]non vos fai débiles. 0:09:55.336,0:09:57.246 Ao contrario, proba que sodes fortes. 0:09:57.856,0:10:04.451 A persoa que ten a valentía[br]e fai o esforzo de atravesar liñas 0:10:05.221,0:10:07.093 será a gañadora ao final. 0:10:07.842,0:10:12.300 Que non vos dea medo cometer erros.[br]Os erros fannos humanos. 0:10:12.918,0:10:17.056 E neste caso hai un extra: 0:10:18.091,0:10:20.573 Se cometes un erro, 0:10:20.573,0:10:25.911 brindas a oportunidade a outros[br]de axudarte, de vir e coñecerte. 0:10:25.911,0:10:32.093 E desta forma,[br]o vínculo que se inicia será máis forte. 0:10:33.234,0:10:37.530 Así que, queredes facervos entender 0:10:38.320,0:10:40.320 ou queredes crear vínculos? 0:10:41.650,0:10:46.780 Sigamos aprendendo e usando o inglés 0:10:47.860,0:10:52.691 para poder interactuar con audiencias[br]que son diversas, coma en TEDx. 0:10:53.651,0:10:57.697 O inglés é unha ferramenta poderosa[br]para compartir coñecemento, 0:10:57.698,0:11:02.260 para convencións internacionais[br]sobre problemas globais. 0:11:03.060,0:11:10.161 Sobre todo, o inglés é a ruta[br]a 365 millóns de corazóns. 0:11:11.131,0:11:17.510 Para 365 millóns de persoas[br]o inglés cheira a galletas. 0:11:18.747,0:11:20.757 Pero, por que deternos aí? 0:11:21.577,0:11:24.535 Por que non facer o esforzo 0:11:24.536,0:11:27.696 de aprender polo menos un idioma máis? 0:11:28.776,0:11:31.784 Existen moitos sabores de galletas. 0:11:31.785,0:11:34.341 Imos probar un novo. 0:11:34.990,0:11:36.313 Grazas. 0:11:36.313,0:11:39.355 (Aplausos)