Que é a vida? É a morte real?
-
0:00 - 0:04A vida é fundamentalmente diferente
das cousas mortas. Ou se cadra non? -
0:04 - 0:08O físico Erwin Schrödinger definiu
a vida da seguinte maneira: -
0:08 - 0:12Os seres vivos evitan caer nun estado
de desorde e equilibrio. -
0:13 - 0:14Que significa isto?
-
0:15 - 0:17Vamos supor que o teu cartafol
de descargas é o universo. -
0:17 - 0:21Comezou ordenadamente, e virou cada vez
máis caótica co tempo. -
0:22 - 0:25Ao dedicarlle enerxía, podes crear
orde e limpar o cartafol. -
0:26 - 0:27Isto é o que fan os seres vivos.
-
0:28 - 0:30Mais que é a vida?
-
0:37 - 0:39Todos os seres vivos do planeta
están compostos de células. -
0:40 - 0:45Basicamente, unha célula é un robot de
proteínas, moi pequeno para sentir nada. -
0:45 - 0:48Ten as propiedades con que definimos a vida:
-
0:48 - 0:52Ten unha barreira que a separa do
contorno, creando orde; -
0:52 - 0:56autorregúlase e mantén un estado constante;
-
0:56 - 0:58come cousas para se manter viva;
-
0:58 - 1:00crece e desenvólvese;
-
1:00 - 1:02reaxe ao ambiente;
-
1:02 - 1:04e está suxeita á evolución;
-
1:04 - 1:06e fai máis de si mesma.
-
1:07 - 1:11Mais de todas as partes que forman
unha célula, ningunha está viva. -
1:11 - 1:15Unhas cousas reaxen quimicamente con
outras cousas, formando reaccións. -
1:15 - 1:18que inician outras reaccións,
que inician outras reaccións. -
1:18 - 1:23Nunha única célula, a cada segundo, ocorren
varios millóns de reaccións químicas, -
1:23 - 1:25formando unha orquestra complexa.
-
1:26 - 1:28Unha célula pode formar millares
de tipos de proteínas: -
1:28 - 1:32unhas moi simples,
outras complexas micromáquinas. -
1:33 - 1:38Imaxina conducir un automóbil a 100 km/h
mentres constantemente reconstrúes -
1:38 - 1:40cada unha das súas partes con cousas
que apañas da rúa. -
1:41 - 1:42Isto é o que fan as células.
-
1:43 - 1:47Mais ningunha parte da célula está viva;
todo é materia morta -
1:47 - 1:49movida polas leis do universo.
-
1:50 - 1:54Entón a vida é un agregado de todos eses
procesos reactivos que ocorren? -
1:55 - 1:58Ao final, todas as formas
de vida morrerán. -
1:58 - 2:03O obxectivo do proceso todo é previr iso
producindo novas entidades; -
2:03 - 2:05ou sexa, ADN.
-
2:06 - 2:10A vida é, de certa formas, só un feixe de
cousas que carregan información xenética. -
2:11 - 2:13Todas as formas de vida
están suxeitas á evolución. -
2:13 - 2:17e o ADN que desenvolve a mellor forma
de vida para si continuará no xogo. -
2:18 - 2:20Entón, é o ADN a vida?
-
2:21 - 2:26Se consideras o ADN fóra do seu casco,
certamente é unha molécula ben complexa. -
2:26 - 2:28mais non pode facer nada por ela mesma.
-
2:28 - 2:32Aquí é onde os virus fan
todo máis complicado. -
2:32 - 2:36Eles son basicamente cadeas de ARN
ou ADN nun casco pequeno -
2:36 - 2:39e precisan das células para facer algo.
-
2:39 - 2:41Non estamos certos de se contan
como vivos ou mortos. -
2:41 - 2:47Aínda así, hai 225 millóns de m³
de virus na Terra. -
2:47 - 2:49Parece que tanto lles ten
o que pensemos deles. -
2:49 - 2:54Mesmo hai virus que invaden
células mortas e as reaniman -
2:54 - 2:58para poder hospedalas, o que difumina
a liña aínda máis. -
2:58 - 3:00Ou as mitocondrias.
-
3:00 - 3:03Son as centrais de enerxía das
células máis complexas e -
3:03 - 3:08antes eran bacterias independentes que
se asociaron con células maiores. -
3:09 - 3:13Aínda teñen o seu propio ADN e poden
multiplicarse por si mesmas, mais -
3:13 - 3:16xa non están vivas; están mortas.
-
3:17 - 3:20Isto é, trocaron a súa propia vida pola
sobrevivencia do seu ADN, -
3:20 - 3:26o que significa que as formas de vida poden
evoluír para cousas mortas se é beneficioso -
3:26 - 3:27para o seu código xenético.
-
3:27 - 3:33Entón, se cadra a vida é información que
se asegura de continuar a existir. -
3:34 - 3:37Mais que pasa coa intelixencia artificial?
-
3:38 - 3:42Segundo as explicacións máis comúns,
estamos a piques de crear vida artificial -
3:42 - 3:43nos computadores.
-
3:44 - 3:47É apenas unha cuestión de tempo até
que a nosa tecnoloxía chegue alá. -
3:48 - 3:50E isto non é ficción científica tampouco;
-
3:50 - 3:53hai moitas persoas intelixentes
a traballar activamente nisto. -
3:53 - 3:56Poderiamos argumentar que os virus
informáticos están vivos. -
3:56 - 4:00Mmm, moi ben. Que é a vida entón?
-
4:00 - 4:04Cousas, procesos, ADN, información?
-
4:05 - 4:08Isto faise confuso moi rápido.
-
4:08 - 4:10unha cousa é certa:
-
4:10 - 4:13a idea de que a vida é fundamentalmente
diferente das cousas mortas -
4:13 - 4:16porque contén algún elemento non-físico
-
4:16 - 4:20ou é gobernada por principios
diferentes dos obxectos inanimados -
4:20 - 4:21resultou estar errada.
-
4:22 - 4:26Antes de Charles Darwin, a humanidade
definira unha liña entre ela e o resto -
4:26 - 4:31das formas de vida; había algo máxico
sobre nós que nos fixo especiais. -
4:31 - 4:36Cando tivemos que aceptar que somos só
un ser vivo máis, un produto da evolución -
4:36 - 4:38definimos unha liña diferente.
-
4:38 - 4:42Mais canto máis sabemos do que son capaces
os computadores e como funciona a vida -
4:42 - 4:46máis nos achegamos a crear a primeira
máquina que encaixe na descrición de vida, -
4:46 - 4:49e máis en perigo fica, de novo,
a nosa imaxe de nós mesmos. -
4:50 - 4:52E isto vai acontecer cedo ou tarde.
-
4:52 - 4:54E aquí tes outra cuestión:
-
4:55 - 4:58se todo no universo está feito
das mesmas cousas, -
4:58 - 5:01quere iso dicir que todo
no universo está morto -
5:01 - 5:03ou que todo no universo está vivo?
-
5:04 - 5:06É só unha cuestión de complexidade?
-
5:07 - 5:08Significa isto qe non podemos morrer
-
5:08 - 5:11porque nunca estivemos vivos
nun primeiro lugar? -
5:11 - 5:15É a vida e a morte unha cuestión
irrelevante e aínda non nos decatamos? -
5:15 - 5:20É posíbel que formamos parte do universo
moito máis do que pensamos? -
5:20 - 5:23Non olles para nós, non temos ningunha
resposta para ti. -
5:23 - 5:25Son apenas cuestións para pensares.
-
5:26 - 5:30Ao final, é pensar en cuestións como estas
o que nos fai sentir vivos -
5:30 - 5:32e o que nos conforta un pouco.
- Title:
- Que é a vida? É a morte real?
- Description:
-
Cal é a diferenza entre ti e unha pedra? Esa pregunta parece fácil, até estúpida. Mais mesmo a persoa máis intelixente da Terra non ten idea de onde definir a liña entre as cousas vivas e mortas. O que leva a implicacións chocantes. Que é a vida ao final? É a morte algo real? Vamos velo xuntos.
http://waitbutwhy.com/ publicará un artigo para dar seguimento ao asunto mañá. Mírao, é facilmente o mellor blog da Internet.
Podes obter a música do vídeo aquí:
https://soundcloud.com/epicmountain/life-original-music-kurzgesagt-science-Videos
http://epicmountainmusic.bandcamp.com/track/life
http://epic-mountain.com
Vídeos, explicando cousas. Como a evolución, o tempo, o espazo, a enerxía global ou a nosa existencia neste estraño universo. Somos unha equipa de deseñadores, xornalistas e músicos que queren facer a ciencia parecer bonita. Porque é bonita.
Visítanos na nosa web, Twitter, Facebook, Patreon ou Behave para dicir ola!
http://kurzgesagt.org
https://www.facebook.com/Kurzgesagt
https://twitter.com/Kurz_Gesagt
http://www.patreon.com/Kurzgesagt
http://www.behance.net/KurzgesagtQue é a vida? É a morte real?
MOITAS GRAZAS AOS NOSOS AMADOS PATRÓNS POR NOS APOIAREN:
Opal Hartbower, Andrzej Rejman, Andrew Jagasothy, Russell Common, Stephen Bassett, Christopher Lang, Chris Kitching, Jeff Le, Francesca Monteiro, Duncan Cheong, Derek, Juan Manuel Corredor, Kyle Chapman, Lam Nguyen, Jan Berdel, Scott Zell, David Walsh, AgentK, Mehmet Sevil, Carly Tawse, Shaalee Dworski, Ben Nunan, J.J., Chris Linardos, Tony Morley Jónatan Nilsson, Pholpat Durongbhan, Mosh Rahman, Patrick Eyrich, KokLiang Lim, trefmanic, Dean Herbert, Adam Smith, Gaëtan Duvaux, Caroline Andrewes, Alex Kaplan, Sebastian Laiseca, Chase Gotlieb, Matthew Gill, Alexander Heavens, Kevin Yapaola, Adam Primaeros, Jan Schmid, Alexander Gavin Zodda, Dario Pagnia, Sara Shah, Kimberly Powell, Eduardo Barbosa, Jeroen Koerts, Michal, Will B, maarten ligtenberg, Ghitea Andrei Paul, nga⁴, Ryan, Larry Bunyard, Malthe Agger, Giovanna Cardoso, dante harper, Bünyamin Tetik, Joe Pond, Stephen Morse, Jørgen Smalås, Dario Wünsch, Matthew Macomber, Daniel McCouid-Carr, Ziggy Freed, Brian David Henderson, Theo Alves Monteiro, David Davenport-Firth, Hamad, Michael Ren, Andrew Connor, Peter Schuller, Brandy Alexander, Alexander Kosenkov, Pascal B., Eric, Scott Laing, Gizem Gürkan, George Chearswat, Brandon Liu, oscar gautama, Tim, Bruno Araújo, Carlos Bohorquez, Christian Lyster Blæsbjerg, Daniel OCL, David Harbinson, Heemi Kutia, Rikard Nyberg, Florian Guitton, Jezariael Demos, Ajay Shekhar, Ryan Nai, Eugene Cham, Nick Yonge, David Garcia Quintas, Renaud Savignard, James, Ryan, somersault18:24, Pranab Shenoy, Terry Lipstein, Jan Lukas Lehmann, Javier de la Garza, Tim Carll, Peter Žnuderl, Rory Bennett, Sieglinde Geisel, Randy Knapp, Jeff Churchill, Jonathan Velazquez Gore, Daniel, Roman Zolotorevich, Clayton Fussell. Pol Lutgen, Daniel Gonzalez, Stephen Joseph DCruz, Seona Tea, Thomas Lee, Finn Edwards, Ernst van Wijk, David Taylor, Corbin Greene, Tempest, Balazs-Hegedus Jozsef, Alan Feyaerts, Fabricio Godoy, Charles Kuang, Maximilian Ritter, Jesse MacLean, Yousif, Jesse Powell, Wei Wong, Praveen Muthu, Jon Davis, Bahjat, Etienne La Count, Igor Benicio de Mesquita, Siddharth Bajaj, Greeny Liu, Processed Refund, Tibor Schiemann,
Que é a vida? É a morte real?
Axúdanos a lexendar e traducir este vídeo!
http://amara.org/v/Fm9z/
- Video Language:
- English, British
- Duration:
- 05:57
Retired user edited Galician subtitles for What Is Life? Is Death Real? |