0:00:00.218,0:00:03.850 A vida é fundamentalmente diferente[br]das cousas mortas. Ou se cadra non? 0:00:04.090,0:00:07.567 O físico Erwin Schrödinger definiu[br]a vida da seguinte maneira: 0:00:07.567,0:00:12.314 Os seres vivos evitan caer nun estado[br]de desorde e equilibrio. 0:00:13.074,0:00:14.048 Que significa isto? 0:00:14.508,0:00:17.361 Vamos supor que o teu cartafol[br]de descargas é o universo. 0:00:17.361,0:00:21.058 Comezou ordenadamente, e virou cada vez[br]máis caótica co tempo. 0:00:21.678,0:00:25.466 Ao dedicarlle enerxía, podes crear[br]orde e limpar o cartafol. 0:00:25.926,0:00:27.490 Isto é o que fan os seres vivos. 0:00:27.920,0:00:29.778 Mais que é a vida? 0:00:36.564,0:00:39.457 Todos os seres vivos do planeta[br]están compostos de células. 0:00:39.617,0:00:45.182 Basicamente, unha célula é un robot de[br]proteínas, moi pequeno para sentir nada. 0:00:45.492,0:00:48.151 Ten as propiedades con que definimos a vida: 0:00:48.151,0:00:51.674 Ten unha barreira que a separa do[br]contorno, creando orde; 0:00:51.674,0:00:55.934 autorregúlase e mantén un estado constante; 0:00:55.934,0:00:58.280 come cousas para se manter viva; 0:00:58.280,0:01:00.134 crece e desenvólvese; 0:01:00.134,0:01:01.879 reaxe ao ambiente; 0:01:01.879,0:01:04.394 e está suxeita á evolución; 0:01:04.394,0:01:06.383 e fai máis de si mesma. 0:01:06.743,0:01:10.590 Mais de todas as partes que forman[br]unha célula, ningunha está viva. 0:01:10.960,0:01:15.087 Unhas cousas reaxen quimicamente con[br]outras cousas, formando reaccións. 0:01:15.087,0:01:17.946 que inician outras reaccións,[br]que inician outras reaccións. 0:01:18.446,0:01:23.206 Nunha única célula, a cada segundo, ocorren[br]varios millóns de reaccións químicas, 0:01:23.206,0:01:25.094 formando unha orquestra complexa. 0:01:25.584,0:01:28.405 Unha célula pode formar millares[br]de tipos de proteínas: 0:01:28.405,0:01:31.809 unhas moi simples,[br]outras complexas micromáquinas. 0:01:32.559,0:01:37.615 Imaxina conducir un automóbil a 100 km/h[br]mentres constantemente reconstrúes 0:01:37.615,0:01:40.165 cada unha das súas partes con cousas[br]que apañas da rúa. 0:01:40.675,0:01:42.471 Isto é o que fan as células. 0:01:43.051,0:01:46.747 Mais ningunha parte da célula está viva;[br]todo é materia morta 0:01:46.747,0:01:48.877 movida polas leis do universo. 0:01:49.537,0:01:54.367 Entón a vida é un agregado de todos eses[br]procesos reactivos que ocorren? 0:01:55.187,0:01:57.636 Ao final, todas as formas[br]de vida morrerán. 0:01:58.336,0:02:02.791 O obxectivo do proceso todo é previr iso[br]producindo novas entidades; 0:02:03.191,0:02:05.429 ou sexa, ADN. 0:02:06.049,0:02:10.248 A vida é, de certa formas, só un feixe de[br]cousas que carregan información xenética. 0:02:10.778,0:02:12.826 Todas as formas de vida[br]están suxeitas á evolución. 0:02:12.826,0:02:17.461 e o ADN que desenvolve a mellor forma[br]de vida para si continuará no xogo. 0:02:18.071,0:02:20.293 Entón, é o ADN a vida? 0:02:20.863,0:02:25.553 Se consideras o ADN fóra do seu casco,[br]certamente é unha molécula ben complexa. 0:02:25.553,0:02:27.745 mais non pode facer nada por ela mesma. 0:02:28.235,0:02:31.790 Aquí é onde os virus fan[br]todo máis complicado. 0:02:32.100,0:02:36.256 Eles son basicamente cadeas de ARN[br]ou ADN nun casco pequeno 0:02:36.256,0:02:38.573 e precisan das células para facer algo. 0:02:38.573,0:02:41.305 Non estamos certos de se contan[br]como vivos ou mortos. 0:02:41.305,0:02:47.118 Aínda así, hai 225 millóns de m³[br]de virus na Terra. 0:02:47.118,0:02:49.385 Parece que tanto lles ten[br]o que pensemos deles. 0:02:49.385,0:02:53.723 Mesmo hai virus que invaden[br]células mortas e as reaniman 0:02:53.723,0:02:57.530 para poder hospedalas, o que difumina[br]a liña aínda máis. 0:02:58.310,0:02:59.579 Ou as mitocondrias. 0:02:59.949,0:03:03.219 Son as centrais de enerxía das[br]células máis complexas e 0:03:03.219,0:03:08.212 antes eran bacterias independentes que[br]se asociaron con células maiores. 0:03:08.512,0:03:12.635 Aínda teñen o seu propio ADN e poden[br]multiplicarse por si mesmas, mais 0:03:12.635,0:03:16.372 xa non están vivas; están mortas. 0:03:16.862,0:03:20.478 Isto é, trocaron a súa propia vida pola[br]sobrevivencia do seu ADN, 0:03:20.478,0:03:25.684 o que significa que as formas de vida poden[br]evoluír para cousas mortas se é beneficioso 0:03:25.684,0:03:27.004 para o seu código xenético. 0:03:27.444,0:03:33.279 Entón, se cadra a vida é información que[br]se asegura de continuar a existir. 0:03:33.679,0:03:37.182 Mais que pasa coa intelixencia artificial? 0:03:37.632,0:03:42.444 Segundo as explicacións máis comúns,[br]estamos a piques de crear vida artificial 0:03:42.444,0:03:43.231 nos computadores. 0:03:43.611,0:03:47.287 É apenas unha cuestión de tempo até[br]que a nosa tecnoloxía chegue alá. 0:03:47.707,0:03:49.639 E isto non é ficción científica tampouco; 0:03:49.639,0:03:53.069 hai moitas persoas intelixentes[br]a traballar activamente nisto. 0:03:53.069,0:03:56.086 Poderiamos argumentar que os virus[br]informáticos están vivos. 0:03:56.086,0:03:59.778 Mmm, moi ben. Que é a vida entón? 0:04:00.168,0:04:04.420 Cousas, procesos, ADN, información? 0:04:04.990,0:04:07.535 Isto faise confuso moi rápido. 0:04:08.085,0:04:09.545 unha cousa é certa: 0:04:09.545,0:04:13.296 a idea de que a vida é fundamentalmente[br]diferente das cousas mortas 0:04:13.296,0:04:15.951 porque contén algún elemento non-físico 0:04:15.951,0:04:19.515 ou é gobernada por principios[br]diferentes dos obxectos inanimados 0:04:19.515,0:04:21.134 resultou estar errada. 0:04:21.654,0:04:26.110 Antes de Charles Darwin, a humanidade[br]definira unha liña entre ela e o resto 0:04:26.110,0:04:30.878 das formas de vida; había algo máxico[br]sobre nós que nos fixo especiais. 0:04:31.398,0:04:35.936 Cando tivemos que aceptar que somos só[br]un ser vivo máis, un produto da evolución 0:04:35.936,0:04:37.525 definimos unha liña diferente. 0:04:38.095,0:04:41.636 Mais canto máis sabemos do que son capaces[br]os computadores e como funciona a vida 0:04:41.636,0:04:46.057 máis nos achegamos a crear a primeira[br]máquina que encaixe na descrición de vida, 0:04:46.057,0:04:49.481 e máis en perigo fica, de novo,[br]a nosa imaxe de nós mesmos. 0:04:49.881,0:04:51.828 E isto vai acontecer cedo ou tarde. 0:04:52.348,0:04:54.256 E aquí tes outra cuestión: 0:04:54.826,0:04:57.796 se todo no universo está feito[br]das mesmas cousas, 0:04:57.796,0:05:00.570 quere iso dicir que todo[br]no universo está morto 0:05:00.570,0:05:03.235 ou que todo no universo está vivo? 0:05:03.875,0:05:06.106 É só unha cuestión de complexidade? 0:05:06.566,0:05:08.459 Significa isto qe non podemos morrer 0:05:08.459,0:05:10.676 porque nunca estivemos vivos[br]nun primeiro lugar? 0:05:11.136,0:05:14.575 É a vida e a morte unha cuestión[br]irrelevante e aínda non nos decatamos? 0:05:15.395,0:05:19.588 É posíbel que formamos parte do universo[br]moito máis do que pensamos? 0:05:20.488,0:05:22.965 Non olles para nós, non temos ningunha[br]resposta para ti. 0:05:22.975,0:05:25.163 Son apenas cuestións para pensares. 0:05:25.533,0:05:29.732 Ao final, é pensar en cuestións como estas[br]o que nos fai sentir vivos 0:05:29.732,0:05:31.794 e o que nos conforta un pouco.