1 00:00:00,218 --> 00:00:03,850 A vida é fundamentalmente diferente das cousas mortas. Ou se cadra non? 2 00:00:04,090 --> 00:00:07,567 O físico Erwin Schrödinger definiu a vida da seguinte maneira: 3 00:00:07,567 --> 00:00:12,314 Os seres vivos evitan caer nun estado de desorde e equilibrio. 4 00:00:13,074 --> 00:00:14,048 Que significa isto? 5 00:00:14,508 --> 00:00:17,361 Vamos supor que o teu cartafol de descargas é o universo. 6 00:00:17,361 --> 00:00:21,058 Comezou ordenadamente, e virou cada vez máis caótica co tempo. 7 00:00:21,678 --> 00:00:25,466 Ao dedicarlle enerxía, podes crear orde e limpar o cartafol. 8 00:00:25,926 --> 00:00:27,490 Isto é o que fan os seres vivos. 9 00:00:27,920 --> 00:00:29,778 Mais que é a vida? 10 00:00:36,564 --> 00:00:39,457 Todos os seres vivos do planeta están compostos de células. 11 00:00:39,617 --> 00:00:45,182 Basicamente, unha célula é un robot de proteínas, moi pequeno para sentir nada. 12 00:00:45,492 --> 00:00:48,151 Ten as propiedades con que definimos a vida: 13 00:00:48,151 --> 00:00:51,674 Ten unha barreira que a separa do contorno, creando orde; 14 00:00:51,674 --> 00:00:55,934 autorregúlase e mantén un estado constante; 15 00:00:55,934 --> 00:00:58,280 come cousas para se manter viva; 16 00:00:58,280 --> 00:01:00,134 crece e desenvólvese; 17 00:01:00,134 --> 00:01:01,879 reaxe ao ambiente; 18 00:01:01,879 --> 00:01:04,394 e está suxeita á evolución; 19 00:01:04,394 --> 00:01:06,383 e fai máis de si mesma. 20 00:01:06,743 --> 00:01:10,590 Mais de todas as partes que forman unha célula, ningunha está viva. 21 00:01:10,960 --> 00:01:15,087 Unhas cousas reaxen quimicamente con outras cousas, formando reaccións. 22 00:01:15,087 --> 00:01:17,946 que inician outras reaccións, que inician outras reaccións. 23 00:01:18,446 --> 00:01:23,206 Nunha única célula, a cada segundo, ocorren varios millóns de reaccións químicas, 24 00:01:23,206 --> 00:01:25,094 formando unha orquestra complexa. 25 00:01:25,584 --> 00:01:28,405 Unha célula pode formar millares de tipos de proteínas: 26 00:01:28,405 --> 00:01:31,809 unhas moi simples, outras complexas micromáquinas. 27 00:01:32,559 --> 00:01:37,615 Imaxina conducir un automóbil a 100 km/h mentres constantemente reconstrúes 28 00:01:37,615 --> 00:01:40,165 cada unha das súas partes con cousas que apañas da rúa. 29 00:01:40,675 --> 00:01:42,471 Isto é o que fan as células. 30 00:01:43,051 --> 00:01:46,747 Mais ningunha parte da célula está viva; todo é materia morta 31 00:01:46,747 --> 00:01:48,877 movida polas leis do universo. 32 00:01:49,537 --> 00:01:54,367 Entón a vida é un agregado de todos eses procesos reactivos que ocorren? 33 00:01:55,187 --> 00:01:57,636 Ao final, todas as formas de vida morrerán. 34 00:01:58,336 --> 00:02:02,791 O obxectivo do proceso todo é previr iso producindo novas entidades; 35 00:02:03,191 --> 00:02:05,429 ou sexa, ADN. 36 00:02:06,049 --> 00:02:10,248 A vida é, de certa formas, só un feixe de cousas que carregan información xenética. 37 00:02:10,778 --> 00:02:12,826 Todas as formas de vida están suxeitas á evolución. 38 00:02:12,826 --> 00:02:17,461 e o ADN que desenvolve a mellor forma de vida para si continuará no xogo. 39 00:02:18,071 --> 00:02:20,293 Entón, é o ADN a vida? 40 00:02:20,863 --> 00:02:25,553 Se consideras o ADN fóra do seu casco, certamente é unha molécula ben complexa. 41 00:02:25,553 --> 00:02:27,745 mais non pode facer nada por ela mesma. 42 00:02:28,235 --> 00:02:31,790 Aquí é onde os virus fan todo máis complicado. 43 00:02:32,100 --> 00:02:36,256 Eles son basicamente cadeas de ARN ou ADN nun casco pequeno 44 00:02:36,256 --> 00:02:38,573 e precisan das células para facer algo. 45 00:02:38,573 --> 00:02:41,305 Non estamos certos de se contan como vivos ou mortos. 46 00:02:41,305 --> 00:02:47,118 Aínda así, hai 225 millóns de m³ de virus na Terra. 47 00:02:47,118 --> 00:02:49,385 Parece que tanto lles ten o que pensemos deles. 48 00:02:49,385 --> 00:02:53,723 Mesmo hai virus que invaden células mortas e as reaniman 49 00:02:53,723 --> 00:02:57,530 para poder hospedalas, o que difumina a liña aínda máis. 50 00:02:58,310 --> 00:02:59,579 Ou as mitocondrias. 51 00:02:59,949 --> 00:03:03,219 Son as centrais de enerxía das células máis complexas e 52 00:03:03,219 --> 00:03:08,212 antes eran bacterias independentes que se asociaron con células maiores. 53 00:03:08,512 --> 00:03:12,635 Aínda teñen o seu propio ADN e poden multiplicarse por si mesmas, mais 54 00:03:12,635 --> 00:03:16,372 xa non están vivas; están mortas. 55 00:03:16,862 --> 00:03:20,478 Isto é, trocaron a súa propia vida pola sobrevivencia do seu ADN, 56 00:03:20,478 --> 00:03:25,684 o que significa que as formas de vida poden evoluír para cousas mortas se é beneficioso 57 00:03:25,684 --> 00:03:27,004 para o seu código xenético. 58 00:03:27,444 --> 00:03:33,279 Entón, se cadra a vida é información que se asegura de continuar a existir. 59 00:03:33,679 --> 00:03:37,182 Mais que pasa coa intelixencia artificial? 60 00:03:37,632 --> 00:03:42,444 Segundo as explicacións máis comúns, estamos a piques de crear vida artificial 61 00:03:42,444 --> 00:03:43,231 nos computadores. 62 00:03:43,611 --> 00:03:47,287 É apenas unha cuestión de tempo até que a nosa tecnoloxía chegue alá. 63 00:03:47,707 --> 00:03:49,639 E isto non é ficción científica tampouco; 64 00:03:49,639 --> 00:03:53,069 hai moitas persoas intelixentes a traballar activamente nisto. 65 00:03:53,069 --> 00:03:56,086 Poderiamos argumentar que os virus informáticos están vivos. 66 00:03:56,086 --> 00:03:59,778 Mmm, moi ben. Que é a vida entón? 67 00:04:00,168 --> 00:04:04,420 Cousas, procesos, ADN, información? 68 00:04:04,990 --> 00:04:07,535 Isto faise confuso moi rápido. 69 00:04:08,085 --> 00:04:09,545 unha cousa é certa: 70 00:04:09,545 --> 00:04:13,296 a idea de que a vida é fundamentalmente diferente das cousas mortas 71 00:04:13,296 --> 00:04:15,951 porque contén algún elemento non-físico 72 00:04:15,951 --> 00:04:19,515 ou é gobernada por principios diferentes dos obxectos inanimados 73 00:04:19,515 --> 00:04:21,134 resultou estar errada. 74 00:04:21,654 --> 00:04:26,110 Antes de Charles Darwin, a humanidade definira unha liña entre ela e o resto 75 00:04:26,110 --> 00:04:30,878 das formas de vida; había algo máxico sobre nós que nos fixo especiais. 76 00:04:31,398 --> 00:04:35,936 Cando tivemos que aceptar que somos só un ser vivo máis, un produto da evolución 77 00:04:35,936 --> 00:04:37,525 definimos unha liña diferente. 78 00:04:38,095 --> 00:04:41,636 Mais canto máis sabemos do que son capaces os computadores e como funciona a vida 79 00:04:41,636 --> 00:04:46,057 máis nos achegamos a crear a primeira máquina que encaixe na descrición de vida, 80 00:04:46,057 --> 00:04:49,481 e máis en perigo fica, de novo, a nosa imaxe de nós mesmos. 81 00:04:49,881 --> 00:04:51,828 E isto vai acontecer cedo ou tarde. 82 00:04:52,348 --> 00:04:54,256 E aquí tes outra cuestión: 83 00:04:54,826 --> 00:04:57,796 se todo no universo está feito das mesmas cousas, 84 00:04:57,796 --> 00:05:00,570 quere iso dicir que todo no universo está morto 85 00:05:00,570 --> 00:05:03,235 ou que todo no universo está vivo? 86 00:05:03,875 --> 00:05:06,106 É só unha cuestión de complexidade? 87 00:05:06,566 --> 00:05:08,459 Significa isto qe non podemos morrer 88 00:05:08,459 --> 00:05:10,676 porque nunca estivemos vivos nun primeiro lugar? 89 00:05:11,136 --> 00:05:14,575 É a vida e a morte unha cuestión irrelevante e aínda non nos decatamos? 90 00:05:15,395 --> 00:05:19,588 É posíbel que formamos parte do universo moito máis do que pensamos? 91 00:05:20,488 --> 00:05:22,965 Non olles para nós, non temos ningunha resposta para ti. 92 00:05:22,975 --> 00:05:25,163 Son apenas cuestións para pensares. 93 00:05:25,533 --> 00:05:29,732 Ao final, é pensar en cuestións como estas o que nos fai sentir vivos 94 00:05:29,732 --> 00:05:31,794 e o que nos conforta un pouco.