< Return to Video

Curso acelerado de química orgánica

  • 0:01 - 0:02
    Gustaríame que vos preguntásedes
  • 0:03 - 0:07
    que sentides ao escoitar as palabras
    "química orgánica"
  • 0:07 - 0:08
    Que se vos vén á cabeza?
  • 0:09 - 0:12
    Case tódalas universidades
    ofrecen un curso
  • 0:12 - 0:14
    que se titula Química Orgánica,
  • 0:14 - 0:17
    unha dura e pesada introdución á materia,
  • 0:18 - 0:21
    unha avalancha de contidos
    que afoga aos estudantes
  • 0:21 - 0:25
    e nos que hai que ser un ás
    para converterse en médico ou dentista
  • 0:25 - 0:27
    ou veterinario.
  • 0:27 - 0:31
    Por iso moitos estudantes
    ven así esta ciencia:
  • 0:32 - 0:34
    como un atranco no camiño,
  • 0:34 - 0:36
    e témena e ódiana
  • 0:36 - 0:38
    e considérana un curso "peneira".
  • 0:38 - 0:41
    Que cruel que unha materia
    lle faga iso á xente nova,
  • 0:41 - 0:43
    que os peneire.
  • 0:44 - 0:47
    E hai moito que esta percepción
    se estendeu alén dos campus.
  • 0:47 - 0:51
    Esas dúas palabras
    causan angustia universal.
  • 0:53 - 0:55
    Acontece que eu adoro esta ciencia,
  • 0:55 - 0:58
    e considero que a situación
    na que a puxemos
  • 0:58 - 1:00
    é imperdoable.
  • 1:00 - 1:04
    Non é bo para a ciencia
    e non é bo para a sociedade,
  • 1:04 - 1:06
    e penso que non ten por que ser así.
  • 1:06 - 1:11
    Non quero dicir que ese curso
    debería ser máis doado. Non tal.
  • 1:12 - 1:16
    Pero a nosa percepción desas dúas palabras
  • 1:17 - 1:21
    non debera depender da experiencia
    de estudantes de medicina
  • 1:21 - 1:24
    que sinceramente pasan por unha etapa
    anguriosa das súas vidas.
  • 1:26 - 1:28
    Así que hoxe estou aquí porque penso
  • 1:28 - 1:31
    que ter coñecementos básicos
    de química orgánica é moi útil,
  • 1:31 - 1:35
    e penso que se poden facer accesibles
    para todo o mundo,
  • 1:35 - 1:38
    e hoxe gustaríame demostrárvolo.
  • 1:38 - 1:39
    Permitídesme que o intente?
  • 1:39 - 1:41
    Audiencia: Si!
  • 1:41 - 1:44
    Jakob Magolan: De acordo, imos aló.
  • 1:44 - 1:45
    (Risas)
  • 1:45 - 1:48
    Este é un deses carísimos
    autoinxectores Epipens.
  • 1:49 - 1:51
    Contén un fármaco chamado epinefrina.
  • 1:51 - 1:54
    A epinefrina pode reiniciar
    os latexos do meu corazón
  • 1:54 - 1:57
    ou deter unha reacción alérxica mortal.
  • 1:57 - 2:00
    Abonda cunha inxección disto xusto aquí.
  • 2:01 - 2:03
    Sería como darlle ao interruptor
  • 2:03 - 2:05
    da maquinaria corporal de loita ou fuxida.
  • 2:05 - 2:09
    Subirían o ritmo cardíaco e a tensión
    para que o sangue chegase aos músculos.
  • 2:09 - 2:12
    Dilataríanseme as pupilas.
    De súpeto sentiríame moi forte.
  • 2:12 - 2:17
    A epinefrina leva sido para moitos
    a diferenza entre vivir ou morrer.
  • 2:17 - 2:20
    É coma un pequeno milagre
    que che cabe na man.
  • 2:21 - 2:25
    E esta é a estrutura química
    da epinefrina.
  • 2:26 - 2:28
    Este é o aspecto da química orgánica.
  • 2:28 - 2:30
    Semellan liñas e letras...
  • 2:31 - 2:33
    Sen significado para a maioría.
  • 2:34 - 2:37
    Gustaríame amosarvos o que vexo eu
    cando miro esa imaxe.
  • 2:38 - 2:39
    Vexo un obxecto físico
  • 2:41 - 2:43
    con profundidade e partes que rotan
  • 2:43 - 2:45
    e que está en movemento.
  • 2:47 - 2:49
    É o que chamamos un composto ou molécula,
  • 2:49 - 2:55
    e consta de 26 átomos unidos
    por enlaces atómicos.
  • 2:55 - 3:00
    A disposición única destes átomos
    dálle á epinefrina a súa identidade,
  • 3:00 - 3:02
    pero en realidade ninguén viu isto nunca,
  • 3:02 - 3:04
    porque é algo moi pequeno,
  • 3:04 - 3:07
    así que ímolo tomar como
    unha representación artística
  • 3:07 - 3:09
    e quérovos explicar
    ata que punto é pequeno.
  • 3:11 - 3:15
    Aquí teño menos de medio miligramo
    disolto en auga.
  • 3:15 - 3:16
    Ten a masa dun gran de area.
  • 3:16 - 3:20
    O número de moléculas de epinefrina
    que hai aquí é un trillón.
  • 3:22 - 3:23
    Son 18 ceros.
  • 3:23 - 3:25
    É unha cifra difícil de visualizar.
  • 3:25 - 3:28
    Os sete mil millóns que somos no planeta?
  • 3:29 - 3:33
    En torno a 400.000 millóns
    de estrelas na galaxia?
  • 3:33 - 3:35
    Nin sequera nos achegamos.
  • 3:35 - 3:37
    Para facer unha estimación máis precisa,
  • 3:37 - 3:40
    temos que imaxinar
    ata o último gran de area
  • 3:40 - 3:43
    que hai en tódalas praias e
    baixo tódolos océanos e lagos
  • 3:43 - 3:46
    e comprimilos todos para metelos aquí.
  • 3:48 - 3:51
    A epinefrina é tan pequena que nunca
    chegaremos a vela,
  • 3:51 - 3:53
    nin sequera a través do microscopio,
  • 3:54 - 3:56
    pero sabemos como é,
  • 3:56 - 3:59
    porque se mostra por medio de
    sofisticados aparatos
  • 3:59 - 4:02
    de nomes rebuscados
  • 4:02 - 4:04
    como "espectrómetros de resonancia
    magnética nuclear".
  • 4:05 - 4:09
    O caso é que, visible ou non,
    coñecemos esta molécula moi ben.
  • 4:09 - 4:11
    Sabemos que se compón de catro
    tipos distintos de átomos,
  • 4:11 - 4:13
    hidróxeno, carbono, osíxeno e nitróxeno.
  • 4:13 - 4:16
    Estas son as cores
    que adoitamos usar para cada un.
  • 4:16 - 4:19
    Todo no noso universo está feito
    de pequenas esferas
  • 4:19 - 4:20
    que chamamos átomos.
  • 4:20 - 4:22
    Existen uns cen
    destes ingredientes básicos.
  • 4:22 - 4:24
    e todos están feitos
    de tres partículas máis pequenas:
  • 4:24 - 4:26
    protóns, neutróns e electróns.
  • 4:26 - 4:29
    Organizamos estes átomos
    por medio desta táboa ben coñecida.
  • 4:31 - 4:33
    Dámoslle un nome e un número a cada un.
  • 4:33 - 4:35
    Pero a vida tal e como a coñecemos
    non require todo isto,
  • 4:35 - 4:38
    só un subconxunto, só estes.
  • 4:39 - 4:42
    E catro átomos en concreto
    distínguense do resto
  • 4:42 - 4:44
    por seren os elementos esenciais da vida.
  • 4:44 - 4:47
    E son os mesmos que atopamos
    na epinefrina:
  • 4:47 - 4:50
    hidróxeno, carbono, nitróxeno
    e osíxeno.
  • 4:53 - 4:55
    Mais o que vos vou contar agora
    é a parte máis importante.
  • 4:56 - 4:59
    Cando estes átomos se asocian
    para formar moléculas,
  • 4:59 - 5:01
    seguen unha serie de normas.
  • 5:01 - 5:03
    O hidróxeno forma un enlace,
  • 5:03 - 5:05
    o osíxeno sempre forma dous,
  • 5:05 - 5:07
    o nitróxeno, tres
  • 5:07 - 5:08
    e o carbono, catro.
  • 5:09 - 5:10
    E xa está.
  • 5:10 - 5:12
    HONC: un, dous, tres, catro.
  • 5:14 - 5:18
    Se sabedes contar ata catro
    e sodes quen de escribir mal "honk",
  • 5:18 - 5:20
    ides lembrar isto para o resto
    da vosa vida.
  • 5:20 - 5:22
    (Risas)
  • 5:22 - 5:24
    Ben, aquí teño catro cuncas
    con estes ingredientes.
  • 5:25 - 5:27
    Podemos usalos para facer moléculas.
  • 5:29 - 5:30
    Comecemos pola epinefrina.
  • 5:31 - 5:36
    Ben, estes enlaces entre átomos
    están feitos de electróns.
  • 5:36 - 5:39
    Os átomos usan os electróns a modo
    de brazos para agarrar aos veciños.
  • 5:39 - 5:42
    Dous electróns en cada enlace,
    como dándose a man,
  • 5:42 - 5:44
    e coma unha aperta de mans,
    non son permanentes.
  • 5:44 - 5:46
    Poden soltar un átomo
    e agarrar outro.
  • 5:46 - 5:48
    É o que chamamos unha reacción química,
  • 5:48 - 5:51
    na que os átomos cambian de parella
    e crean moléculas novas.
  • 5:51 - 5:55
    O eixe central da epinefrina está formado
    sobre todo por átomos de carbono,
  • 5:55 - 5:56
    o que é moi común.
  • 5:56 - 5:58
    O carbono é o material de construción
    favorito da vida,
  • 5:59 - 6:02
    porque dá unha boa cantidade
    de apertas de mans
  • 6:02 - 6:04
    coa forza xusta.
  • 6:04 - 6:07
    Por iso definimos a química orgánica
    como o estudo das moléculas de carbono.
  • 6:09 - 6:13
    As moléculas máis pequenas que podemos
    construír segundo as nosas regras
  • 6:14 - 6:16
    poñen de relevo esas regras
    e teñen nomes familiares:
  • 6:16 - 6:20
    auga, amoníaco e metano,
    H2O e NH3 e CH4.
  • 6:22 - 6:24
    As palabras "hidróxeno", "osíxeno"
    e "nitróxeno"...
  • 6:24 - 6:26
    usamos as mesmas palabras
  • 6:26 - 6:29
    para nomear estas tres moléculas
    de dous átomos cada unha.
  • 6:29 - 6:31
    Tamén cumpren as regras,
  • 6:31 - 6:33
    porque teñen un, dous e tres
    enlaces entre eles.
  • 6:33 - 6:35
    Por iso ao osíxeno se lle chama O2.
  • 6:36 - 6:38
    Podo amosarvos a combustión.
  • 6:39 - 6:42
    Isto é dióxido de carbono, CO2.
  • 6:42 - 6:46
    Poñemos enriba auga e osíxeno,
    e ao pé, combustibles.
  • 6:46 - 6:49
    Estes combustibles constan
    só de hidróxeno e carbono
  • 6:49 - 6:52
    Por iso lles chamamos hidrocarburos.
    Somos moi creativos.
  • 6:52 - 6:53
    (Risas)
  • 6:53 - 6:55
    Así que cando chocan
    con moléculas de osíxeno,
  • 6:55 - 6:59
    como no motor do voso coche
    ou na barbacoa,
  • 7:00 - 7:02
    liberan enerxía e reagrúpanse,
  • 7:02 - 7:05
    e cada átomo de carbono acaba
    no centro dunha molécula de CO2,
  • 7:05 - 7:06
    agarrado a dous osíxenos,
  • 7:06 - 7:09
    e os hidróxenos acaban como
    parte de moléculas de auga
  • 7:09 - 7:11
    e todo o mundo segue as regras.
  • 7:11 - 7:12
    Non son optativas.
  • 7:12 - 7:15
    E tampouco o son
    para as moléculas de maior tamaño
  • 7:15 - 7:16
    como estas tres.
  • 7:17 - 7:20
    Esta é a nosa vitamina preferida,
  • 7:20 - 7:21
    a carón da nosa menciña preferida.
  • 7:21 - 7:22
    (Risas)
  • 7:22 - 7:26
    O da morfina é un dos relatos
    máis importantes da historia da medicina.
  • 7:26 - 7:29
    Sinala o primeiro verdadeiro triunfo
    sobre a dor física,
  • 7:29 - 7:31
    e cada molécula ten a súa historia,
  • 7:31 - 7:33
    e todas están publicadas.
  • 7:33 - 7:36
    Escribíronas científicos,
    e lenas outros científicos
  • 7:36 - 7:40
    así que temos boas representacións
    á man para facer isto nunha folla
  • 7:40 - 7:41
    e teño que ensinarvos a facelo.
  • 7:41 - 7:44
    Dispoñemos a epinefrina
    no plano da páxina
  • 7:44 - 7:47
    e substituímos todas as esferas
    por simples letras,
  • 7:47 - 7:49
    e logo os enlaces que figuran
    na superficie da páxina
  • 7:49 - 7:51
    convértense en simples liñas,
  • 7:51 - 7:53
    e os enlaces que apuntan
    cara a adiante ou atrás
  • 7:53 - 7:55
    convértense en trianguliños,
  • 7:55 - 7:57
    sólidos ou raiados para indicar
    profundidade.
  • 7:57 - 8:00
    En realidade, non debuxamos
    estes carbonos.
  • 8:00 - 8:02
    Aforramos tempo simplemente
    ocultándoos.
  • 8:03 - 8:06
    Están representados polos ángulos
    entre os enlaces,
  • 8:06 - 8:10
    e tamén agachamos todos os hidróxenos
    unidos a carbonos.
  • 8:11 - 8:12
    Sabemos que están aí
  • 8:12 - 8:15
    cando un carbono nos mostra
    menos de catro enlaces.
  • 8:16 - 8:19
    O último que se pon son os enlaces
    entre OH e NH.
  • 8:19 - 8:22
    Librámonos deles para que quede
    máis limpo
  • 8:22 - 8:23
    e iso é todo.
  • 8:23 - 8:26
    Este é o modo profesional
    de debuxar moléculas.
  • 8:26 - 8:28
    É o que atopades nas páxinas da Wikipedia.
  • 8:31 - 8:35
    Require algo de práctica, pero penso
    que calquera podería facelo,
  • 8:35 - 8:37
    pero por hoxe, temos aquí a epinefrina.
  • 8:38 - 8:41
    Tamén se lle chama adrenalina.
    Son exactamente o mesmo.
  • 8:41 - 8:42
    Segrégana as glándulas adrenais.
  • 8:42 - 8:45
    Agora mesmo tedes esta molécula
    flotando polo corpo.
  • 8:45 - 8:47
    É unha molécula natural.
  • 8:47 - 8:51
    Este EpiPen inxectaríavos nun instante
    outro trillón delas.
  • 8:51 - 8:53
    (Risas)
  • 8:53 - 8:56
    Podemos extraer epinefrina
  • 8:56 - 9:00
    das glándulas adrenais de ovellas
    ou gando vacún,
  • 9:00 - 9:02
    pero non é de aí de onde procede
    esta substancia.
  • 9:02 - 9:05
    Esta epinefrina fabricámola
  • 9:05 - 9:10
    xuntando moléculas máis pequenas
    que saen sobre todo do petróleo.
  • 9:11 - 9:13
    Isto é totalmente sintético.
  • 9:14 - 9:17
    E esa palabra, "sintético",
    incomódanos a algúns.
  • 9:18 - 9:21
    Non é como a palabra "natural",
    que nos fai sentir seguros.
  • 9:21 - 9:25
    Mais estas dúas moléculas
    non se distinguen unha da outra.
  • 9:26 - 9:30
    Aquí non falamos de dous coches
    que saen dunha cadea de montaxe.
  • 9:30 - 9:32
    Un coche pode ter unha rascadura,
  • 9:32 - 9:34
    pero non se pode rascar un átomo.
  • 9:34 - 9:39
    Estas dúas son idénticas nun sentido
    surrealista, case matemático.
  • 9:39 - 9:42
    A escala atómica, as matemáticas
    convértense na realidade.
  • 9:42 - 9:44
    E a molécula da epinefrina
  • 9:45 - 9:46
    non garda memoria da súa orixe.
  • 9:47 - 9:48
    É simplemente o que é,
  • 9:48 - 9:49
    e unha vez que a temos,
  • 9:49 - 9:54
    as palabras "natural" e "sintética"
    xa non importan,
  • 9:54 - 9:57
    e a natureza sintetiza esta molécula
    do mesmo xeito ca nós,
  • 9:58 - 10:00
    só que a natureza faino moito mellor.
  • 10:00 - 10:02
    Antes de que houbese vida na terra,
  • 10:02 - 10:05
    tódalas moléculas eran pequenas, simples:
  • 10:05 - 10:07
    dióxido de carbono, auga, nitróxeno,
  • 10:08 - 10:09
    só cousas simples.
  • 10:09 - 10:11
    A aparición da vida cambiou iso.
  • 10:11 - 10:14
    A vida trouxo fábricas biosintéticas
    alimentadas pola luz solar,
  • 10:14 - 10:18
    e nestas fábricas as pequenas moléculas
    chocan entre si e convértense
  • 10:18 - 10:21
    noutras máis grandes: carbohidratos,
    proteínas, ácidos nucleicos,
  • 10:21 - 10:24
    unha morea de creacións espectaculares.
  • 10:26 - 10:28
    A natureza foi
    o primeiro químico orgánico,
  • 10:29 - 10:32
    e a súa construción tamén enche o ceo
    dese aire que respiramos,
  • 10:32 - 10:34
    ese osíxeno cargado de enerxía.
  • 10:36 - 10:39
    Todas estas moléculas están impregnadas
    da enerxía do sol
  • 10:39 - 10:40
    Almacénana coma baterías.
  • 10:41 - 10:44
    Así que a natureza componse
    de substancias químicas.
  • 10:44 - 10:47
    Se cadra podedes axudarme a reclamar
    ese termo, substancia "química",
  • 10:47 - 10:50
    porque nolo roubaron.
  • 10:50 - 10:52
    Non significa tóxico, nin nocivo,
  • 10:52 - 10:55
    non significa fabricado ou artificial.
  • 10:55 - 10:58
    Significa simplemente "substancia",
    estamos?
  • 10:58 - 11:00
    (Risas)
  • 11:00 - 11:04
    Non existe o carbón vexetal
    sen substancias químicas.
  • 11:04 - 11:05
    Iso é ridículo.
  • 11:05 - 11:06
    (Risas)
  • 11:06 - 11:08
    E quero comentar unha palabra máis.
  • 11:09 - 11:12
    "Natural" non significa "seguro",
  • 11:12 - 11:14
    e todos sabedes iso.
  • 11:14 - 11:19
    Moitas das substancias da natureza
    son bastante tóxicas,
  • 11:19 - 11:21
    e outras son deliciosas,
  • 11:21 - 11:23
    e algunhas son ámbalas dúas cousas,
  • 11:23 - 11:25
    (Risas)
  • 11:25 - 11:26
    tóxicas e deliciosas.
  • 11:27 - 11:30
    O único xeito de saber se algo é nocivo
  • 11:30 - 11:31
    é analizándoo,
  • 11:32 - 11:34
    e non me refiro a vós,
  • 11:34 - 11:37
    senón a toxicólogos profesionais.
    Existen.
  • 11:37 - 11:38
    Son persoas moi preparadas,
  • 11:38 - 11:40
    e deberiades confiar neles como fago eu.
  • 11:40 - 11:43
    As moléculas da natureza
    están por todas partes,
  • 11:43 - 11:45
    incluso as que se descompuxeron
  • 11:45 - 11:47
    nesas misturas negras
    que chamamos petróleo.
  • 11:47 - 11:49
    Refinamos esas moléculas.
  • 11:50 - 11:52
    Non teñen nada de artificial.
  • 11:52 - 11:53
    Purificámolas.
  • 11:54 - 11:57
    Ben, a nosa dependencia delas
    como fonte de enerxía,
  • 11:57 - 12:01
    iso significa que cada un deses carbonos
    vaise converter nunha molécula de CO2.
  • 12:01 - 12:04
    É un gas de efecto invernadoiro
    que está a estragar o clima.
  • 12:04 - 12:08
    Pode que saber de química faga
    a realidade máis doada de aceptar
  • 12:08 - 12:09
    para algúns, non sei,
  • 12:09 - 12:12
    pero estas moléculas non son
    só combustibles fósiles.
  • 12:12 - 12:15
    Son tamén as materias primas
    máis baratas das que dispoñemos
  • 12:15 - 12:18
    para facer iso que chamamos síntese.
  • 12:18 - 12:20
    Usámolas como pezas de LEGO.
  • 12:21 - 12:25
    Aprendemos a conectalas ou separalas
    de forma moi controlada.
  • 12:25 - 12:27
    Eu mesmo fíxeno moitas veces
  • 12:27 - 12:29
    e sigo pensando que é sorprendente
    que sexa posible.
  • 12:29 - 12:33
    O que facemos vén ser
    como ensamblar pezas de LEGO
  • 12:33 - 12:36
    botando caixas delas nunha lavadora,
  • 12:36 - 12:37
    pero funciona.
  • 12:37 - 12:41
    Podemos facer moléculas que son copias
    exactas da natureza, coma a epinefrina,
  • 12:41 - 12:45
    ou elaborar creacións propias
    partindo de cero, coma estas dúas.
  • 12:45 - 12:50
    Unha delas alivia os síntomas
    da esclerose múltiple;
  • 12:50 - 12:53
    a outra cura un tipo de cancro no sangue
    denominado linfoma das células T.
  • 12:53 - 12:58
    Unha molécula do tamaño e forma correctos
    e coma unha chave para unha pechadura,
  • 12:58 - 13:01
    e cando encaixa, interfire nos procesos
    químicos dunha enfermidade.
  • 13:01 - 13:03
    Así funcionan os medicamentos.
  • 13:04 - 13:05
    Sexan naturais ou sintéticos,
  • 13:05 - 13:09
    non son máis que moléculas que resulta
    que encaixan nalgún lugar importante.
  • 13:09 - 13:11
    Só que a natureza fainas
    moito mellor ca nós,
  • 13:11 - 13:14
    así que as súas son
    máis espectaculares cás nosas,
  • 13:14 - 13:15
    como esta de aquí.
  • 13:15 - 13:17
    Chámase vancomicina.
  • 13:17 - 13:20
    Regaloulle a esta besta maxestosa
    dous átomos de cloro
  • 13:20 - 13:22
    para que os usase de pendentes.
  • 13:22 - 13:28
    Atopamos a vancomicina nunha lameira
    na selva de Borneo en 1953.
  • 13:28 - 13:29
    Faina unha bacteria.
  • 13:30 - 13:33
    Non se pode sintetizar nun laboratorio
    de forma rendible.
  • 13:34 - 13:38
    Para nós é demasiado complicado, pero
    podemos obtela da súa fonte natural,
  • 13:38 - 13:42
    e así o facemos, porque é un
    dos nosos antibióticos máis potentes.
  • 13:42 - 13:45
    E nas nosas publicacións infórmase
    a diario de novas moléculas.
  • 13:45 - 13:49
    Facémolas ou atopámolas
    en cada recuncho do planeta.
  • 13:50 - 13:51
    E de aí saen os medicamentos,
  • 13:51 - 13:54
    razón pola que os nosos médicos
    teñen poderes incribles
  • 13:54 - 13:55
    (Risas)
  • 13:55 - 13:57
    para curar infeccións mortais
    e todo o demais.
  • 13:57 - 14:01
    Ser médico hoxe en día é coma ser
    un cabaleiro de relucente armadura.
  • 14:02 - 14:05
    Libran batallas con coraxe e compostura,
  • 14:05 - 14:06
    pero tamén con bo equipo.
  • 14:07 - 14:11
    Non esquezamos o papel do ferreiro
    nesta imaxe,
  • 14:11 - 14:14
    porque sen o ferreiro,
    as cousas serían un pouquiño distintas...
  • 14:14 - 14:16
    (Risas)
  • 14:16 - 14:18
    Pero esta ciencia é moito
    máis que a medicina.
  • 14:19 - 14:25
    Son os aceites e os disolventes e
    os aromas, as teas, tódolos plásticos,
  • 14:25 - 14:27
    o coxín enriba do que sentades,
  • 14:27 - 14:29
    son todos manufacturados,
    e son esencialmente carbono,
  • 14:29 - 14:32
    o que converte todo iso
    en química orgánica.
  • 14:32 - 14:34
    É unha ciencia moi rica.
  • 14:34 - 14:36
    Hoxe deixei moitas cousas fóra:
  • 14:36 - 14:39
    o fósforo e o xofre e os outros átomos,
  • 14:40 - 14:42
    e por que se enlazan como o fan
  • 14:42 - 14:43
    e a simetría
  • 14:43 - 14:45
    e os electróns libres
  • 14:45 - 14:47
    e os átomos que se cargan,
  • 14:47 - 14:50
    e as reaccións e os seus mecanismos,
    etcétera, etcétera
  • 14:50 - 14:52
    e a síntese leva moito aprendela.
  • 14:52 - 14:55
    Pero eu non vin aquí aprendervos
    química orgánica.
  • 14:55 - 14:57
    Só quería amosárvola,
  • 14:57 - 15:02
    E niso axudoume moito hoxe
    un rapaz chamado Weston Durland,
  • 15:02 - 15:03
    a quen vós xa vistes.
  • 15:04 - 15:07
    É un estudante do grao de Química,
  • 15:07 - 15:10
    a quen resulta que se lle dan moi ben
    os gráficos por ordenador.
  • 15:10 - 15:12
    (Risas)
  • 15:12 - 15:16
    Así que Weston foi quen deseñou
    todas as moléculas en movemento
  • 15:16 - 15:17
    que vistes hoxe.
  • 15:17 - 15:20
    El e mais eu queriamos probar
    o uso de gráficos coma estes
  • 15:20 - 15:23
    como apoio para alguén que queira
    falar desta complexa ciencia.
  • 15:23 - 15:26
    Pero o principal obxectivo era
    simplemente mostrarvos
  • 15:26 - 15:29
    que a química orgánica non é
    algo que haxa que temer.
  • 15:29 - 15:33
    É, en esencia, unha xanela
  • 15:33 - 15:36
    a través da cal a beleza do mundo natural
    semella aínda máis rica.
  • 15:36 - 15:38
    Grazas.
  • 15:38 - 15:41
    (Aplausos)
Title:
Curso acelerado de química orgánica
Speaker:
Jakob Magolan
Description:

Jakob Magolan está aquí para cambiar a vosa percepción da química orgánica. Nunha charla moi accesible chea de gráficos sorprendentes, apréndenos os fundamentos, ao tempo que desbarata o estereotipo de que a química orgánica é algo ao que lle hai que ter medo.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
15:53

Galician subtitles

Revisions