WEBVTT 00:00:00.623 --> 00:00:02.245 Gustaríame que vos preguntásedes 00:00:02.973 --> 00:00:06.762 que sentides ao escoitar as palabras "química orgánica" 00:00:06.786 --> 00:00:07.952 Que se vos vén á cabeza? 00:00:08.763 --> 00:00:12.406 Case tódalas universidades ofrecen un curso 00:00:12.430 --> 00:00:14.319 que se titula Química Orgánica, 00:00:14.343 --> 00:00:17.112 unha dura e pesada introdución á materia, 00:00:18.252 --> 00:00:21.226 unha avalancha de contidos que afoga aos estudantes 00:00:21.250 --> 00:00:25.440 e nos que hai que ser un ás para converterse en médico ou dentista 00:00:25.464 --> 00:00:26.826 ou veterinario. 00:00:26.850 --> 00:00:30.786 Por iso moitos estudantes ven así esta ciencia: 00:00:32.127 --> 00:00:34.097 como un atranco no camiño, 00:00:34.121 --> 00:00:36.285 e témena e ódiana 00:00:36.309 --> 00:00:38.452 e considérana un curso "peneira". 00:00:38.476 --> 00:00:41.301 Que cruel que unha materia lle faga iso á xente nova, 00:00:41.325 --> 00:00:42.514 que os peneire. 00:00:43.538 --> 00:00:47.318 E hai moito que esta percepción se estendeu alén dos campus. 00:00:47.342 --> 00:00:51.014 Esas dúas palabras causan angustia universal. NOTE Paragraph 00:00:52.963 --> 00:00:55.389 Acontece que eu adoro esta ciencia, 00:00:55.413 --> 00:00:57.913 e considero que a situación na que a puxemos 00:00:57.937 --> 00:00:59.678 é imperdoable. 00:00:59.702 --> 00:01:03.563 Non é bo para a ciencia e non é bo para a sociedade, 00:01:03.587 --> 00:01:06.154 e penso que non ten por que ser así. 00:01:06.178 --> 00:01:10.860 Non quero dicir que ese curso debería ser máis doado. Non tal. 00:01:11.819 --> 00:01:15.636 Pero a nosa percepción desas dúas palabras 00:01:16.884 --> 00:01:21.273 non debera depender da experiencia de estudantes de medicina 00:01:21.297 --> 00:01:24.457 que sinceramente pasan por unha etapa anguriosa das súas vidas. 00:01:25.720 --> 00:01:28.175 Así que hoxe estou aquí porque penso 00:01:28.199 --> 00:01:31.082 que ter coñecementos básicos de química orgánica é moi útil, 00:01:31.082 --> 00:01:35.468 e penso que se poden facer accesibles para todo o mundo, 00:01:35.492 --> 00:01:37.905 e hoxe gustaríame demostrárvolo. 00:01:37.929 --> 00:01:39.310 Permitídesme que o intente? NOTE Paragraph 00:01:39.334 --> 00:01:40.862 Audiencia: Si! NOTE Paragraph 00:01:40.886 --> 00:01:43.949 Jakob Magolan: De acordo, imos aló. NOTE Paragraph 00:01:43.973 --> 00:01:45.227 (Risas) NOTE Paragraph 00:01:45.251 --> 00:01:48.044 Este é un deses carísimos autoinxectores Epipens. 00:01:48.540 --> 00:01:50.821 Contén un fármaco chamado epinefrina. 00:01:51.250 --> 00:01:54.384 A epinefrina pode reiniciar os latexos do meu corazón 00:01:54.408 --> 00:01:56.973 ou deter unha reacción alérxica mortal. 00:01:56.997 --> 00:02:00.361 Abonda cunha inxección disto xusto aquí. 00:02:01.076 --> 00:02:03.171 Sería como darlle ao interruptor 00:02:03.195 --> 00:02:05.225 da maquinaria corporal de loita ou fuxida. 00:02:05.249 --> 00:02:09.066 Subirían o ritmo cardíaco e a tensión para que o sangue chegase aos músculos. 00:02:09.090 --> 00:02:12.026 Dilataríanseme as pupilas. De súpeto sentiríame moi forte. 00:02:12.050 --> 00:02:17.200 A epinefrina leva sido para moitos a diferenza entre vivir ou morrer. 00:02:17.224 --> 00:02:20.419 É coma un pequeno milagre que che cabe na man. NOTE Paragraph 00:02:21.459 --> 00:02:24.761 E esta é a estrutura química da epinefrina. 00:02:25.753 --> 00:02:27.960 Este é o aspecto da química orgánica. 00:02:27.984 --> 00:02:30.245 Semellan liñas e letras... 00:02:31.362 --> 00:02:32.959 Sen significado para a maioría. 00:02:33.740 --> 00:02:36.590 Gustaríame amosarvos o que vexo eu cando miro esa imaxe. 00:02:37.645 --> 00:02:39.484 Vexo un obxecto físico 00:02:41.071 --> 00:02:43.421 con profundidade e partes que rotan 00:02:43.445 --> 00:02:44.674 e que está en movemento. 00:02:46.864 --> 00:02:48.968 É o que chamamos un composto ou molécula, 00:02:48.992 --> 00:02:54.738 e consta de 26 átomos unidos por enlaces atómicos. 00:02:55.443 --> 00:02:59.911 A disposición única destes átomos dálle á epinefrina a súa identidade, 00:02:59.935 --> 00:03:02.246 pero en realidade ninguén viu isto nunca, 00:03:02.270 --> 00:03:03.724 porque é algo moi pequeno, 00:03:03.748 --> 00:03:06.896 así que ímolo tomar como unha representación artística 00:03:06.920 --> 00:03:09.150 e quérovos explicar ata que punto é pequeno. 00:03:10.618 --> 00:03:14.762 Aquí teño menos de medio miligramo disolto en auga. 00:03:14.786 --> 00:03:16.359 Ten a masa dun gran de area. 00:03:16.383 --> 00:03:20.319 O número de moléculas de epinefrina que hai aquí é un trillón. 00:03:21.528 --> 00:03:22.987 Son 18 ceros. 00:03:23.011 --> 00:03:24.753 É unha cifra difícil de visualizar. 00:03:25.336 --> 00:03:28.021 Os sete mil millóns que somos no planeta? 00:03:28.877 --> 00:03:33.496 En torno a 400.000 millóns de estrelas na galaxia? 00:03:33.496 --> 00:03:34.807 Nin sequera nos achegamos. 00:03:34.831 --> 00:03:36.928 Para facer unha estimación máis precisa, 00:03:36.952 --> 00:03:39.669 temos que imaxinar ata o último gran de area 00:03:39.693 --> 00:03:43.289 que hai en tódalas praias e baixo tódolos océanos e lagos 00:03:43.313 --> 00:03:46.035 e comprimilos todos para metelos aquí. NOTE Paragraph 00:03:47.821 --> 00:03:50.671 A epinefrina é tan pequena que nunca chegaremos a vela, 00:03:50.695 --> 00:03:53.051 nin sequera a través do microscopio, 00:03:53.995 --> 00:03:55.544 pero sabemos como é, 00:03:55.568 --> 00:03:59.377 porque se mostra por medio de sofisticados aparatos 00:03:59.401 --> 00:04:01.533 de nomes rebuscados 00:04:01.557 --> 00:04:04.102 como "espectrómetros de resonancia magnética nuclear". 00:04:05.398 --> 00:04:08.603 O caso é que, visible ou non, coñecemos esta molécula moi ben. 00:04:08.603 --> 00:04:11.266 Sabemos que se compón de catro tipos distintos de átomos, 00:04:11.266 --> 00:04:13.243 hidróxeno, carbono, osíxeno e nitróxeno. 00:04:13.243 --> 00:04:15.864 Estas son as cores que adoitamos usar para cada un. 00:04:15.888 --> 00:04:18.625 Todo no noso universo está feito de pequenas esferas 00:04:18.625 --> 00:04:19.715 que chamamos átomos. 00:04:19.749 --> 00:04:21.831 Existen uns cen destes ingredientes básicos. 00:04:21.835 --> 00:04:24.384 e todos están feitos de tres partículas máis pequenas: 00:04:24.384 --> 00:04:26.184 protóns, neutróns e electróns. 00:04:26.208 --> 00:04:29.120 Organizamos estes átomos por medio desta táboa ben coñecida. 00:04:30.755 --> 00:04:32.782 Dámoslle un nome e un número a cada un. 00:04:32.782 --> 00:04:35.458 Pero a vida tal e como a coñecemos non require todo isto, 00:04:35.458 --> 00:04:37.867 só un subconxunto, só estes. 00:04:38.671 --> 00:04:41.974 E catro átomos en concreto distínguense do resto 00:04:41.998 --> 00:04:44.031 por seren os elementos esenciais da vida. 00:04:44.055 --> 00:04:47.421 E son os mesmos que atopamos na epinefrina: 00:04:47.445 --> 00:04:50.483 hidróxeno, carbono, nitróxeno e osíxeno. 00:04:52.512 --> 00:04:55.427 Mais o que vos vou contar agora é a parte máis importante. 00:04:56.443 --> 00:04:59.299 Cando estes átomos se asocian para formar moléculas, 00:04:59.323 --> 00:05:01.052 seguen unha serie de normas. 00:05:01.076 --> 00:05:03.338 O hidróxeno forma un enlace, 00:05:03.362 --> 00:05:05.108 o osíxeno sempre forma dous, 00:05:05.132 --> 00:05:06.564 o nitróxeno, tres 00:05:06.588 --> 00:05:08.112 e o carbono, catro. 00:05:08.857 --> 00:05:10.278 E xa está. 00:05:10.302 --> 00:05:11.987 HONC: un, dous, tres, catro. 00:05:14.192 --> 00:05:17.678 Se sabedes contar ata catro e sodes quen de escribir mal "honk", 00:05:17.702 --> 00:05:20.370 ides lembrar isto para o resto da vosa vida. NOTE Paragraph 00:05:20.394 --> 00:05:22.046 (Risas) NOTE Paragraph 00:05:22.070 --> 00:05:24.493 Ben, aquí teño catro cuncas con estes ingredientes. 00:05:24.517 --> 00:05:27.281 Podemos usalos para facer moléculas. 00:05:28.828 --> 00:05:30.407 Comecemos pola epinefrina. 00:05:31.464 --> 00:05:35.645 Ben, estes enlaces entre átomos están feitos de electróns. 00:05:36.144 --> 00:05:39.491 Os átomos usan os electróns a modo de brazos para agarrar aos veciños. 00:05:39.491 --> 00:05:41.843 Dous electróns en cada enlace, como dándose a man, 00:05:41.843 --> 00:05:44.154 e coma unha aperta de mans, non son permanentes. 00:05:44.154 --> 00:05:46.181 Poden soltar un átomo e agarrar outro. 00:05:46.205 --> 00:05:48.111 É o que chamamos unha reacción química, 00:05:48.135 --> 00:05:50.996 na que os átomos cambian de parella e crean moléculas novas. 00:05:51.020 --> 00:05:54.605 O eixe central da epinefrina está formado sobre todo por átomos de carbono, 00:05:54.629 --> 00:05:55.787 o que é moi común. 00:05:55.811 --> 00:05:58.494 O carbono é o material de construción favorito da vida, 00:05:58.518 --> 00:06:01.691 porque dá unha boa cantidade de apertas de mans 00:06:01.715 --> 00:06:03.723 coa forza xusta. 00:06:03.747 --> 00:06:07.468 Por iso definimos a química orgánica como o estudo das moléculas de carbono. NOTE Paragraph 00:06:08.559 --> 00:06:13.436 As moléculas máis pequenas que podemos construír segundo as nosas regras 00:06:13.516 --> 00:06:16.288 poñen de relevo esas regras e teñen nomes familiares: 00:06:16.288 --> 00:06:19.927 auga, amoníaco e metano, H2O e NH3 e CH4. 00:06:21.739 --> 00:06:24.200 As palabras "hidróxeno", "osíxeno" e "nitróxeno"... 00:06:24.224 --> 00:06:26.486 usamos as mesmas palabras 00:06:26.486 --> 00:06:29.257 para nomear estas tres moléculas de dous átomos cada unha. 00:06:29.257 --> 00:06:30.532 Tamén cumpren as regras, 00:06:30.556 --> 00:06:33.224 porque teñen un, dous e tres enlaces entre eles. 00:06:33.248 --> 00:06:34.973 Por iso ao osíxeno se lle chama O2. NOTE Paragraph 00:06:36.449 --> 00:06:38.394 Podo amosarvos a combustión. 00:06:39.323 --> 00:06:41.744 Isto é dióxido de carbono, CO2. 00:06:41.768 --> 00:06:46.296 Poñemos enriba auga e osíxeno, e ao pé, combustibles. 00:06:46.296 --> 00:06:48.998 Estes combustibles constan só de hidróxeno e carbono 00:06:49.022 --> 00:06:51.738 Por iso lles chamamos hidrocarburos. Somos moi creativos. NOTE Paragraph 00:06:51.762 --> 00:06:53.218 (Risas) NOTE Paragraph 00:06:53.242 --> 00:06:55.385 Así que cando chocan con moléculas de osíxeno, 00:06:55.409 --> 00:06:59.123 como no motor do voso coche ou na barbacoa, 00:07:00.091 --> 00:07:02.084 liberan enerxía e reagrúpanse, 00:07:02.108 --> 00:07:05.100 e cada átomo de carbono acaba no centro dunha molécula de CO2, 00:07:05.124 --> 00:07:06.366 agarrado a dous osíxenos, 00:07:06.390 --> 00:07:08.959 e os hidróxenos acaban como parte de moléculas de auga 00:07:08.959 --> 00:07:10.855 e todo o mundo segue as regras. 00:07:10.879 --> 00:07:12.197 Non son optativas. 00:07:12.221 --> 00:07:14.699 E tampouco o son para as moléculas de maior tamaño 00:07:14.723 --> 00:07:16.141 como estas tres. 00:07:17.347 --> 00:07:19.522 Esta é a nosa vitamina preferida, 00:07:19.546 --> 00:07:21.196 a carón da nosa menciña preferida. NOTE Paragraph 00:07:21.220 --> 00:07:22.466 (Risas) NOTE Paragraph 00:07:22.490 --> 00:07:26.229 O da morfina é un dos relatos máis importantes da historia da medicina. 00:07:26.253 --> 00:07:29.165 Sinala o primeiro verdadeiro triunfo sobre a dor física, 00:07:29.189 --> 00:07:31.193 e cada molécula ten a súa historia, 00:07:31.217 --> 00:07:32.801 e todas están publicadas. 00:07:32.825 --> 00:07:36.291 Escribíronas científicos, e lenas outros científicos 00:07:36.315 --> 00:07:39.590 así que temos boas representacións á man para facer isto nunha folla 00:07:39.590 --> 00:07:41.273 e teño que ensinarvos a facelo. NOTE Paragraph 00:07:41.297 --> 00:07:44.072 Dispoñemos a epinefrina no plano da páxina 00:07:44.096 --> 00:07:46.776 e substituímos todas as esferas por simples letras, 00:07:46.800 --> 00:07:49.295 e logo os enlaces que figuran na superficie da páxina 00:07:49.319 --> 00:07:51.072 convértense en simples liñas, 00:07:51.072 --> 00:07:53.465 e os enlaces que apuntan cara a adiante ou atrás 00:07:53.465 --> 00:07:54.808 convértense en trianguliños, 00:07:54.851 --> 00:07:56.990 sólidos ou raiados para indicar profundidade. 00:07:57.330 --> 00:07:59.561 En realidade, non debuxamos estes carbonos. 00:07:59.585 --> 00:08:02.396 Aforramos tempo simplemente ocultándoos. 00:08:02.897 --> 00:08:06.033 Están representados polos ángulos entre os enlaces, NOTE Paragraph 00:08:06.057 --> 00:08:09.690 e tamén agachamos todos os hidróxenos unidos a carbonos. 00:08:10.583 --> 00:08:11.741 Sabemos que están aí 00:08:11.765 --> 00:08:14.663 cando un carbono nos mostra menos de catro enlaces. 00:08:15.853 --> 00:08:18.789 O último que se pon son os enlaces entre OH e NH. 00:08:19.432 --> 00:08:21.520 Librámonos deles para que quede máis limpo 00:08:21.544 --> 00:08:23.021 e iso é todo. 00:08:23.045 --> 00:08:25.625 Este é o modo profesional de debuxar moléculas. 00:08:25.649 --> 00:08:28.060 É o que atopades nas páxinas da Wikipedia. NOTE Paragraph 00:08:30.793 --> 00:08:34.555 Require algo de práctica, pero penso que calquera podería facelo, 00:08:34.579 --> 00:08:37.305 pero por hoxe, temos aquí a epinefrina. 00:08:37.886 --> 00:08:40.814 Tamén se lle chama adrenalina. Son exactamente o mesmo. 00:08:40.838 --> 00:08:42.450 Segrégana as glándulas adrenais. 00:08:42.474 --> 00:08:45.426 Agora mesmo tedes esta molécula flotando polo corpo. 00:08:45.450 --> 00:08:47.140 É unha molécula natural. 00:08:47.164 --> 00:08:51.408 Este EpiPen inxectaríavos nun instante outro trillón delas. NOTE Paragraph 00:08:51.432 --> 00:08:53.082 (Risas) NOTE Paragraph 00:08:53.106 --> 00:08:56.297 Podemos extraer epinefrina 00:08:56.321 --> 00:08:59.741 das glándulas adrenais de ovellas ou gando vacún, 00:08:59.765 --> 00:09:02.099 pero non é de aí de onde procede esta substancia. 00:09:02.123 --> 00:09:04.991 Esta epinefrina fabricámola 00:09:05.015 --> 00:09:10.254 xuntando moléculas máis pequenas que saen sobre todo do petróleo. 00:09:11.322 --> 00:09:13.031 Isto é totalmente sintético. 00:09:13.862 --> 00:09:17.115 E esa palabra, "sintético", incomódanos a algúns. 00:09:17.964 --> 00:09:21.259 Non é como a palabra "natural", que nos fai sentir seguros. 00:09:21.283 --> 00:09:24.925 Mais estas dúas moléculas non se distinguen unha da outra. 00:09:26.263 --> 00:09:30.159 Aquí non falamos de dous coches que saen dunha cadea de montaxe. 00:09:30.183 --> 00:09:32.224 Un coche pode ter unha rascadura, 00:09:32.248 --> 00:09:34.103 pero non se pode rascar un átomo. 00:09:34.127 --> 00:09:38.675 Estas dúas son idénticas nun sentido surrealista, case matemático. 00:09:38.699 --> 00:09:41.800 A escala atómica, as matemáticas convértense na realidade. 00:09:42.128 --> 00:09:43.747 E a molécula da epinefrina 00:09:44.779 --> 00:09:46.478 non garda memoria da súa orixe. 00:09:46.502 --> 00:09:47.907 É simplemente o que é, 00:09:47.931 --> 00:09:49.082 e unha vez que a temos, 00:09:49.106 --> 00:09:53.517 as palabras "natural" e "sintética" xa non importan, 00:09:54.284 --> 00:09:57.496 e a natureza sintetiza esta molécula do mesmo xeito ca nós, 00:09:57.520 --> 00:09:59.807 só que a natureza faino moito mellor. NOTE Paragraph 00:09:59.831 --> 00:10:02.209 Antes de que houbese vida na terra, 00:10:02.233 --> 00:10:05.240 tódalas moléculas eran pequenas, simples: 00:10:05.264 --> 00:10:07.295 dióxido de carbono, auga, nitróxeno, 00:10:08.018 --> 00:10:09.168 só cousas simples. 00:10:09.192 --> 00:10:11.140 A aparición da vida cambiou iso. 00:10:11.164 --> 00:10:14.400 A vida trouxo fábricas biosintéticas alimentadas pola luz solar, 00:10:14.424 --> 00:10:17.939 e nestas fábricas as pequenas moléculas chocan entre si e convértense 00:10:17.963 --> 00:10:21.271 noutras máis grandes: carbohidratos, proteínas, ácidos nucleicos, 00:10:21.295 --> 00:10:23.748 unha morea de creacións espectaculares. 00:10:25.613 --> 00:10:27.938 A natureza foi o primeiro químico orgánico, 00:10:28.932 --> 00:10:32.355 e a súa construción tamén enche o ceo dese aire que respiramos, 00:10:32.379 --> 00:10:34.037 ese osíxeno cargado de enerxía. NOTE Paragraph 00:10:35.597 --> 00:10:38.858 Todas estas moléculas están impregnadas da enerxía do sol 00:10:38.882 --> 00:10:40.350 Almacénana coma baterías. 00:10:40.810 --> 00:10:43.652 Así que a natureza componse de substancias químicas. 00:10:44.021 --> 00:10:47.318 Se cadra podedes axudarme a reclamar ese termo, substancia "química", 00:10:47.318 --> 00:10:49.711 porque nolo roubaron. 00:10:49.735 --> 00:10:52.434 Non significa tóxico, nin nocivo, 00:10:52.458 --> 00:10:55.093 non significa fabricado ou artificial. 00:10:55.117 --> 00:10:58.370 Significa simplemente "substancia", estamos? NOTE Paragraph 00:10:58.394 --> 00:10:59.915 (Risas) NOTE Paragraph 00:10:59.939 --> 00:11:03.975 Non existe o carbón vexetal sen substancias químicas. 00:11:03.999 --> 00:11:05.209 Iso é ridículo. NOTE Paragraph 00:11:05.233 --> 00:11:06.234 (Risas) NOTE Paragraph 00:11:06.258 --> 00:11:08.091 E quero comentar unha palabra máis. 00:11:08.932 --> 00:11:11.607 "Natural" non significa "seguro", 00:11:11.631 --> 00:11:14.139 e todos sabedes iso. 00:11:14.163 --> 00:11:18.646 Moitas das substancias da natureza son bastante tóxicas, 00:11:18.670 --> 00:11:21.273 e outras son deliciosas, 00:11:21.297 --> 00:11:23.219 e algunhas son ámbalas dúas cousas, NOTE Paragraph 00:11:23.243 --> 00:11:24.614 (Risas) NOTE Paragraph 00:11:24.638 --> 00:11:26.328 tóxicas e deliciosas. NOTE Paragraph 00:11:26.813 --> 00:11:29.591 O único xeito de saber se algo é nocivo 00:11:29.615 --> 00:11:31.487 é analizándoo, 00:11:31.511 --> 00:11:33.669 e non me refiro a vós, 00:11:33.693 --> 00:11:36.502 senón a toxicólogos profesionais. Existen. 00:11:36.526 --> 00:11:38.040 Son persoas moi preparadas, 00:11:38.064 --> 00:11:40.066 e deberiades confiar neles como fago eu. NOTE Paragraph 00:11:40.373 --> 00:11:42.663 As moléculas da natureza están por todas partes, 00:11:42.687 --> 00:11:44.560 incluso as que se descompuxeron 00:11:44.584 --> 00:11:46.894 nesas misturas negras que chamamos petróleo. 00:11:46.918 --> 00:11:49.148 Refinamos esas moléculas. 00:11:49.695 --> 00:11:51.514 Non teñen nada de artificial. 00:11:51.538 --> 00:11:52.688 Purificámolas. 00:11:54.228 --> 00:11:57.196 Ben, a nosa dependencia delas como fonte de enerxía, 00:11:57.220 --> 00:12:01.229 iso significa que cada un deses carbonos vaise converter nunha molécula de CO2. 00:12:01.253 --> 00:12:04.197 É un gas de efecto invernadoiro que está a estragar o clima. 00:12:04.221 --> 00:12:07.912 Pode que saber de química faga a realidade máis doada de aceptar 00:12:07.936 --> 00:12:09.406 para algúns, non sei, 00:12:09.430 --> 00:12:11.943 pero estas moléculas non son só combustibles fósiles. 00:12:12.403 --> 00:12:15.235 Son tamén as materias primas máis baratas das que dispoñemos 00:12:15.235 --> 00:12:17.523 para facer iso que chamamos síntese. 00:12:18.195 --> 00:12:20.297 Usámolas como pezas de LEGO. 00:12:21.083 --> 00:12:25.184 Aprendemos a conectalas ou separalas de forma moi controlada. 00:12:25.184 --> 00:12:26.904 Eu mesmo fíxeno moitas veces 00:12:26.904 --> 00:12:29.373 e sigo pensando que é sorprendente que sexa posible. 00:12:29.397 --> 00:12:32.699 O que facemos vén ser como ensamblar pezas de LEGO 00:12:32.723 --> 00:12:35.755 botando caixas delas nunha lavadora, 00:12:35.779 --> 00:12:37.084 pero funciona. NOTE Paragraph 00:12:37.108 --> 00:12:41.321 Podemos facer moléculas que son copias exactas da natureza, coma a epinefrina, 00:12:41.345 --> 00:12:45.337 ou elaborar creacións propias partindo de cero, coma estas dúas. 00:12:45.361 --> 00:12:49.631 Unha delas alivia os síntomas da esclerose múltiple; 00:12:49.655 --> 00:12:53.442 a outra cura un tipo de cancro no sangue denominado linfoma das células T. 00:12:53.466 --> 00:12:57.698 Unha molécula do tamaño e forma correctos e coma unha chave para unha pechadura, 00:12:57.722 --> 00:13:01.197 e cando encaixa, interfire nos procesos químicos dunha enfermidade. 00:13:01.221 --> 00:13:02.734 Así funcionan os medicamentos. 00:13:03.580 --> 00:13:05.114 Sexan naturais ou sintéticos, 00:13:05.114 --> 00:13:08.684 non son máis que moléculas que resulta que encaixan nalgún lugar importante. NOTE Paragraph 00:13:08.708 --> 00:13:11.362 Só que a natureza fainas moito mellor ca nós, 00:13:11.362 --> 00:13:13.694 así que as súas son máis espectaculares cás nosas, 00:13:13.694 --> 00:13:15.126 como esta de aquí. 00:13:15.150 --> 00:13:17.095 Chámase vancomicina. 00:13:17.119 --> 00:13:20.182 Regaloulle a esta besta maxestosa dous átomos de cloro 00:13:20.206 --> 00:13:22.391 para que os usase de pendentes. 00:13:22.415 --> 00:13:27.582 Atopamos a vancomicina nunha lameira na selva de Borneo en 1953. 00:13:27.606 --> 00:13:29.422 Faina unha bacteria. 00:13:30.355 --> 00:13:33.101 Non se pode sintetizar nun laboratorio de forma rendible. 00:13:33.798 --> 00:13:38.117 Para nós é demasiado complicado, pero podemos obtela da súa fonte natural, 00:13:38.141 --> 00:13:42.324 e así o facemos, porque é un dos nosos antibióticos máis potentes. 00:13:42.348 --> 00:13:45.303 E nas nosas publicacións infórmase a diario de novas moléculas. 00:13:45.327 --> 00:13:48.557 Facémolas ou atopámolas en cada recuncho do planeta. 00:13:49.752 --> 00:13:51.327 E de aí saen os medicamentos, 00:13:51.327 --> 00:13:53.942 razón pola que os nosos médicos teñen poderes incribles NOTE Paragraph 00:13:53.966 --> 00:13:54.802 (Risas) NOTE Paragraph 00:13:54.802 --> 00:13:56.972 para curar infeccións mortais e todo o demais. NOTE Paragraph 00:13:56.972 --> 00:14:00.957 Ser médico hoxe en día é coma ser un cabaleiro de relucente armadura. 00:14:01.948 --> 00:14:04.849 Libran batallas con coraxe e compostura, 00:14:04.873 --> 00:14:06.493 pero tamén con bo equipo. 00:14:06.517 --> 00:14:10.535 Non esquezamos o papel do ferreiro nesta imaxe, 00:14:10.559 --> 00:14:14.022 porque sen o ferreiro, as cousas serían un pouquiño distintas... NOTE Paragraph 00:14:14.046 --> 00:14:16.139 (Risas) NOTE Paragraph 00:14:16.163 --> 00:14:18.496 Pero esta ciencia é moito máis que a medicina. 00:14:18.520 --> 00:14:24.739 Son os aceites e os disolventes e os aromas, as teas, tódolos plásticos, 00:14:24.763 --> 00:14:26.937 o coxín enriba do que sentades, 00:14:26.937 --> 00:14:29.471 son todos manufacturados, e son esencialmente carbono, 00:14:29.471 --> 00:14:31.635 o que converte todo iso en química orgánica. 00:14:31.635 --> 00:14:33.788 É unha ciencia moi rica. NOTE Paragraph 00:14:33.812 --> 00:14:35.666 Hoxe deixei moitas cousas fóra: 00:14:35.690 --> 00:14:38.875 o fósforo e o xofre e os outros átomos, 00:14:39.812 --> 00:14:42.097 e por que se enlazan como o fan 00:14:42.121 --> 00:14:43.376 e a simetría 00:14:43.400 --> 00:14:45.221 e os electróns libres 00:14:45.245 --> 00:14:46.789 e os átomos que se cargan, 00:14:46.813 --> 00:14:49.909 e as reaccións e os seus mecanismos, etcétera, etcétera 00:14:49.933 --> 00:14:51.943 e a síntese leva moito aprendela. NOTE Paragraph 00:14:51.967 --> 00:14:54.848 Pero eu non vin aquí aprendervos química orgánica. 00:14:54.872 --> 00:14:56.714 Só quería amosárvola, 00:14:56.738 --> 00:15:01.777 E niso axudoume moito hoxe un rapaz chamado Weston Durland, 00:15:01.801 --> 00:15:03.277 a quen vós xa vistes. 00:15:04.427 --> 00:15:06.578 É un estudante do grao de Química, 00:15:06.602 --> 00:15:09.880 a quen resulta que se lle dan moi ben os gráficos por ordenador. NOTE Paragraph 00:15:09.904 --> 00:15:11.641 (Risas) NOTE Paragraph 00:15:11.665 --> 00:15:15.753 Así que Weston foi quen deseñou todas as moléculas en movemento 00:15:15.777 --> 00:15:17.189 que vistes hoxe. 00:15:17.213 --> 00:15:20.147 El e mais eu queriamos probar o uso de gráficos coma estes 00:15:20.147 --> 00:15:23.115 como apoio para alguén que queira falar desta complexa ciencia. 00:15:23.266 --> 00:15:25.807 Pero o principal obxectivo era simplemente mostrarvos 00:15:25.807 --> 00:15:28.640 que a química orgánica non é algo que haxa que temer. 00:15:29.418 --> 00:15:32.608 É, en esencia, unha xanela 00:15:32.632 --> 00:15:36.341 a través da cal a beleza do mundo natural semella aínda máis rica. NOTE Paragraph 00:15:36.365 --> 00:15:37.516 Grazas. NOTE Paragraph 00:15:37.540 --> 00:15:40.807 (Aplausos)