0:00:00.623,0:00:02.245 Gustaríame que vos preguntásedes 0:00:02.973,0:00:06.762 que sentides ao escoitar as palabras[br]"química orgánica" 0:00:06.786,0:00:07.952 Que se vos vén á cabeza? 0:00:08.763,0:00:12.406 Case tódalas universidades[br]ofrecen un curso 0:00:12.430,0:00:14.319 que se titula Química Orgánica, 0:00:14.343,0:00:17.112 unha dura e pesada introdución á materia, 0:00:18.252,0:00:21.226 unha avalancha de contidos[br]que afoga aos estudantes 0:00:21.250,0:00:25.440 e nos que hai que ser un ás [br]para converterse en médico ou dentista 0:00:25.464,0:00:26.826 ou veterinario. 0:00:26.850,0:00:30.786 Por iso moitos estudantes[br]ven así esta ciencia: 0:00:32.127,0:00:34.097 como un atranco no camiño, 0:00:34.121,0:00:36.285 e témena e ódiana 0:00:36.309,0:00:38.452 e considérana un curso "peneira". 0:00:38.476,0:00:41.301 Que cruel que unha materia[br]lle faga iso á xente nova, 0:00:41.325,0:00:42.514 que os peneire. 0:00:43.538,0:00:47.318 E hai moito que esta percepción[br]se estendeu alén dos campus. 0:00:47.342,0:00:51.014 Esas dúas palabras [br]causan angustia universal. 0:00:52.963,0:00:55.389 Acontece que eu adoro esta ciencia, 0:00:55.413,0:00:57.913 e considero que a situación[br]na que a puxemos 0:00:57.937,0:00:59.678 é imperdoable. 0:00:59.702,0:01:03.563 Non é bo para a ciencia[br]e non é bo para a sociedade, 0:01:03.587,0:01:06.154 e penso que non ten por que ser así. 0:01:06.178,0:01:10.860 Non quero dicir que ese curso[br]debería ser máis doado. Non tal. 0:01:11.819,0:01:15.636 Pero a nosa percepción desas dúas palabras 0:01:16.884,0:01:21.273 non debera depender da experiencia[br]de estudantes de medicina 0:01:21.297,0:01:24.457 que sinceramente pasan por unha etapa[br]anguriosa das súas vidas. 0:01:25.720,0:01:28.175 Así que hoxe estou aquí porque penso 0:01:28.199,0:01:31.082 que ter coñecementos básicos[br]de química orgánica é moi útil, 0:01:31.082,0:01:35.468 e penso que se poden facer accesibles[br]para todo o mundo, 0:01:35.492,0:01:37.905 e hoxe gustaríame demostrárvolo. 0:01:37.929,0:01:39.310 Permitídesme que o intente? 0:01:39.334,0:01:40.862 Audiencia: Si! 0:01:40.886,0:01:43.949 Jakob Magolan: De acordo, imos aló. 0:01:43.973,0:01:45.227 (Risas) 0:01:45.251,0:01:48.044 Este é un deses carísimos[br]autoinxectores Epipens. 0:01:48.540,0:01:50.821 Contén un fármaco chamado epinefrina. 0:01:51.250,0:01:54.384 A epinefrina pode reiniciar[br]os latexos do meu corazón 0:01:54.408,0:01:56.973 ou deter unha reacción alérxica mortal. 0:01:56.997,0:02:00.361 Abonda cunha inxección disto xusto aquí. 0:02:01.076,0:02:03.171 Sería como darlle ao interruptor 0:02:03.195,0:02:05.225 da maquinaria corporal de loita ou fuxida. 0:02:05.249,0:02:09.066 Subirían o ritmo cardíaco e a tensión[br]para que o sangue chegase aos músculos. 0:02:09.090,0:02:12.026 Dilataríanseme as pupilas.[br]De súpeto sentiríame moi forte. 0:02:12.050,0:02:17.200 A epinefrina leva sido para moitos[br]a diferenza entre vivir ou morrer. 0:02:17.224,0:02:20.419 É coma un pequeno milagre[br]que che cabe na man. 0:02:21.459,0:02:24.761 E esta é a estrutura química[br]da epinefrina. 0:02:25.753,0:02:27.960 Este é o aspecto da química orgánica. 0:02:27.984,0:02:30.245 Semellan liñas e letras... 0:02:31.362,0:02:32.959 Sen significado para a maioría. 0:02:33.740,0:02:36.590 Gustaríame amosarvos o que vexo eu[br]cando miro esa imaxe. 0:02:37.645,0:02:39.484 Vexo un obxecto físico 0:02:41.071,0:02:43.421 con profundidade e partes que rotan 0:02:43.445,0:02:44.674 e que está en movemento. 0:02:46.864,0:02:48.968 É o que chamamos un composto ou molécula, 0:02:48.992,0:02:54.738 e consta de 26 átomos unidos[br]por enlaces atómicos. 0:02:55.443,0:02:59.911 A disposición única destes átomos[br]dálle á epinefrina a súa identidade, 0:02:59.935,0:03:02.246 pero en realidade ninguén viu isto nunca, 0:03:02.270,0:03:03.724 porque é algo moi pequeno, 0:03:03.748,0:03:06.896 así que ímolo tomar como[br]unha representación artística 0:03:06.920,0:03:09.150 e quérovos explicar[br]ata que punto é pequeno. 0:03:10.618,0:03:14.762 Aquí teño menos de medio miligramo[br]disolto en auga. 0:03:14.786,0:03:16.359 Ten a masa dun gran de area. 0:03:16.383,0:03:20.319 O número de moléculas de epinefrina[br]que hai aquí é un trillón. 0:03:21.528,0:03:22.987 Son 18 ceros. 0:03:23.011,0:03:24.753 É unha cifra difícil de visualizar. 0:03:25.336,0:03:28.021 Os sete mil millóns que somos no planeta? 0:03:28.877,0:03:33.496 En torno a 400.000 millóns[br]de estrelas na galaxia? 0:03:33.496,0:03:34.807 Nin sequera nos achegamos. 0:03:34.831,0:03:36.928 Para facer unha estimación máis precisa, 0:03:36.952,0:03:39.669 temos que imaxinar[br]ata o último gran de area 0:03:39.693,0:03:43.289 que hai en tódalas praias e[br]baixo tódolos océanos e lagos 0:03:43.313,0:03:46.035 e comprimilos todos para metelos aquí. 0:03:47.821,0:03:50.671 A epinefrina é tan pequena que nunca[br]chegaremos a vela, 0:03:50.695,0:03:53.051 nin sequera a través do microscopio, 0:03:53.995,0:03:55.544 pero sabemos como é, 0:03:55.568,0:03:59.377 porque se mostra por medio de[br]sofisticados aparatos 0:03:59.401,0:04:01.533 de nomes rebuscados 0:04:01.557,0:04:04.102 como "espectrómetros de resonancia[br]magnética nuclear". 0:04:05.398,0:04:08.603 O caso é que, visible ou non,[br]coñecemos esta molécula moi ben. 0:04:08.603,0:04:11.266 Sabemos que se compón de catro[br]tipos distintos de átomos, 0:04:11.266,0:04:13.243 hidróxeno, carbono, osíxeno e nitróxeno. 0:04:13.243,0:04:15.864 Estas son as cores [br]que adoitamos usar para cada un. 0:04:15.888,0:04:18.625 Todo no noso universo está feito[br]de pequenas esferas 0:04:18.625,0:04:19.715 que chamamos átomos. 0:04:19.749,0:04:21.831 Existen uns cen[br]destes ingredientes básicos. 0:04:21.835,0:04:24.384 e todos están feitos[br]de tres partículas máis pequenas: 0:04:24.384,0:04:26.184 protóns, neutróns e electróns. 0:04:26.208,0:04:29.120 Organizamos estes átomos[br]por medio desta táboa ben coñecida. 0:04:30.755,0:04:32.782 Dámoslle un nome e un número a cada un. 0:04:32.782,0:04:35.458 Pero a vida tal e como a coñecemos[br]non require todo isto, 0:04:35.458,0:04:37.867 só un subconxunto, só estes. 0:04:38.671,0:04:41.974 E catro átomos en concreto[br]distínguense do resto 0:04:41.998,0:04:44.031 por seren os elementos esenciais da vida. 0:04:44.055,0:04:47.421 E son os mesmos que atopamos[br]na epinefrina: 0:04:47.445,0:04:50.483 hidróxeno, carbono, nitróxeno[br]e osíxeno. 0:04:52.512,0:04:55.427 Mais o que vos vou contar agora[br]é a parte máis importante. 0:04:56.443,0:04:59.299 Cando estes átomos se asocian[br]para formar moléculas, 0:04:59.323,0:05:01.052 seguen unha serie de normas. 0:05:01.076,0:05:03.338 O hidróxeno forma un enlace, 0:05:03.362,0:05:05.108 o osíxeno sempre forma dous, 0:05:05.132,0:05:06.564 o nitróxeno, tres 0:05:06.588,0:05:08.112 e o carbono, catro. 0:05:08.857,0:05:10.278 E xa está. 0:05:10.302,0:05:11.987 HONC: un, dous, tres, catro. 0:05:14.192,0:05:17.678 Se sabedes contar ata catro[br]e sodes quen de escribir mal "honk", 0:05:17.702,0:05:20.370 ides lembrar isto para o resto[br]da vosa vida. 0:05:20.394,0:05:22.046 (Risas) 0:05:22.070,0:05:24.493 Ben, aquí teño catro cuncas[br]con estes ingredientes. 0:05:24.517,0:05:27.281 Podemos usalos para facer moléculas. 0:05:28.828,0:05:30.407 Comecemos pola epinefrina. 0:05:31.464,0:05:35.645 Ben, estes enlaces entre átomos[br]están feitos de electróns. 0:05:36.144,0:05:39.491 Os átomos usan os electróns a modo[br]de brazos para agarrar aos veciños. 0:05:39.491,0:05:41.843 Dous electróns en cada enlace,[br]como dándose a man, 0:05:41.843,0:05:44.154 e coma unha aperta de mans,[br]non son permanentes. 0:05:44.154,0:05:46.181 Poden soltar un átomo[br]e agarrar outro. 0:05:46.205,0:05:48.111 É o que chamamos unha reacción química, 0:05:48.135,0:05:50.996 na que os átomos cambian de parella[br]e crean moléculas novas. 0:05:51.020,0:05:54.605 O eixe central da epinefrina está formado[br]sobre todo por átomos de carbono, 0:05:54.629,0:05:55.787 o que é moi común. 0:05:55.811,0:05:58.494 O carbono é o material de construción[br]favorito da vida, 0:05:58.518,0:06:01.691 porque dá unha boa cantidade[br]de apertas de mans 0:06:01.715,0:06:03.723 coa forza xusta. 0:06:03.747,0:06:07.468 Por iso definimos a química orgánica[br]como o estudo das moléculas de carbono. 0:06:08.559,0:06:13.436 As moléculas máis pequenas que podemos[br]construír segundo as nosas regras 0:06:13.516,0:06:16.288 poñen de relevo esas regras[br]e teñen nomes familiares: 0:06:16.288,0:06:19.927 auga, amoníaco e metano,[br]H2O e NH3 e CH4. 0:06:21.739,0:06:24.200 As palabras "hidróxeno", "osíxeno"[br]e "nitróxeno"... 0:06:24.224,0:06:26.486 usamos as mesmas palabras 0:06:26.486,0:06:29.257 para nomear estas tres moléculas[br]de dous átomos cada unha. 0:06:29.257,0:06:30.532 Tamén cumpren as regras, 0:06:30.556,0:06:33.224 porque teñen un, dous e tres[br]enlaces entre eles. 0:06:33.248,0:06:34.973 Por iso ao osíxeno se lle chama O2. 0:06:36.449,0:06:38.394 Podo amosarvos a combustión. 0:06:39.323,0:06:41.744 Isto é dióxido de carbono, CO2. 0:06:41.768,0:06:46.296 Poñemos enriba auga e osíxeno,[br]e ao pé, combustibles. 0:06:46.296,0:06:48.998 Estes combustibles constan[br]só de hidróxeno e carbono 0:06:49.022,0:06:51.738 Por iso lles chamamos hidrocarburos.[br]Somos moi creativos. 0:06:51.762,0:06:53.218 (Risas) 0:06:53.242,0:06:55.385 Así que cando chocan[br]con moléculas de osíxeno, 0:06:55.409,0:06:59.123 como no motor do voso coche[br]ou na barbacoa, 0:07:00.091,0:07:02.084 liberan enerxía e reagrúpanse, 0:07:02.108,0:07:05.100 e cada átomo de carbono acaba[br]no centro dunha molécula de CO2, 0:07:05.124,0:07:06.366 agarrado a dous osíxenos, 0:07:06.390,0:07:08.959 e os hidróxenos acaban como[br]parte de moléculas de auga 0:07:08.959,0:07:10.855 e todo o mundo segue as regras. 0:07:10.879,0:07:12.197 Non son optativas. 0:07:12.221,0:07:14.699 E tampouco o son[br]para as moléculas de maior tamaño 0:07:14.723,0:07:16.141 como estas tres. 0:07:17.347,0:07:19.522 Esta é a nosa vitamina preferida, 0:07:19.546,0:07:21.196 a carón da nosa menciña preferida. 0:07:21.220,0:07:22.466 (Risas) 0:07:22.490,0:07:26.229 O da morfina é un dos relatos[br]máis importantes da historia da medicina. 0:07:26.253,0:07:29.165 Sinala o primeiro verdadeiro triunfo[br]sobre a dor física, 0:07:29.189,0:07:31.193 e cada molécula ten a súa historia, 0:07:31.217,0:07:32.801 e todas están publicadas. 0:07:32.825,0:07:36.291 Escribíronas científicos,[br]e lenas outros científicos 0:07:36.315,0:07:39.590 así que temos boas representacións[br]á man para facer isto nunha folla 0:07:39.590,0:07:41.273 e teño que ensinarvos a facelo. 0:07:41.297,0:07:44.072 Dispoñemos a epinefrina[br]no plano da páxina 0:07:44.096,0:07:46.776 e substituímos todas as esferas[br]por simples letras, 0:07:46.800,0:07:49.295 e logo os enlaces que figuran[br]na superficie da páxina 0:07:49.319,0:07:51.072 convértense en simples liñas, 0:07:51.072,0:07:53.465 e os enlaces que apuntan[br]cara a adiante ou atrás 0:07:53.465,0:07:54.808 convértense en trianguliños, 0:07:54.851,0:07:56.990 sólidos ou raiados para indicar[br]profundidade. 0:07:57.330,0:07:59.561 En realidade, non debuxamos[br]estes carbonos. 0:07:59.585,0:08:02.396 Aforramos tempo simplemente[br]ocultándoos. 0:08:02.897,0:08:06.033 Están representados polos ángulos[br]entre os enlaces, 0:08:06.057,0:08:09.690 e tamén agachamos todos os hidróxenos[br]unidos a carbonos. 0:08:10.583,0:08:11.741 Sabemos que están aí 0:08:11.765,0:08:14.663 cando un carbono nos mostra[br]menos de catro enlaces. 0:08:15.853,0:08:18.789 O último que se pon son os enlaces[br]entre OH e NH. 0:08:19.432,0:08:21.520 Librámonos deles para que quede[br]máis limpo 0:08:21.544,0:08:23.021 e iso é todo. 0:08:23.045,0:08:25.625 Este é o modo profesional[br]de debuxar moléculas. 0:08:25.649,0:08:28.060 É o que atopades nas páxinas da Wikipedia. 0:08:30.793,0:08:34.555 Require algo de práctica, pero penso[br]que calquera podería facelo, 0:08:34.579,0:08:37.305 pero por hoxe, temos aquí a epinefrina. 0:08:37.886,0:08:40.814 Tamén se lle chama adrenalina.[br]Son exactamente o mesmo. 0:08:40.838,0:08:42.450 Segrégana as glándulas adrenais. 0:08:42.474,0:08:45.426 Agora mesmo tedes esta molécula[br]flotando polo corpo. 0:08:45.450,0:08:47.140 É unha molécula natural. 0:08:47.164,0:08:51.408 Este EpiPen inxectaríavos nun instante[br]outro trillón delas. 0:08:51.432,0:08:53.082 (Risas) 0:08:53.106,0:08:56.297 Podemos extraer epinefrina 0:08:56.321,0:08:59.741 das glándulas adrenais de ovellas[br]ou gando vacún, 0:08:59.765,0:09:02.099 pero non é de aí de onde procede[br]esta substancia. 0:09:02.123,0:09:04.991 Esta epinefrina fabricámola 0:09:05.015,0:09:10.254 xuntando moléculas máis pequenas[br]que saen sobre todo do petróleo. 0:09:11.322,0:09:13.031 Isto é totalmente sintético. 0:09:13.862,0:09:17.115 E esa palabra, "sintético",[br]incomódanos a algúns. 0:09:17.964,0:09:21.259 Non é como a palabra "natural",[br]que nos fai sentir seguros. 0:09:21.283,0:09:24.925 Mais estas dúas moléculas[br]non se distinguen unha da outra. 0:09:26.263,0:09:30.159 Aquí non falamos de dous coches[br]que saen dunha cadea de montaxe. 0:09:30.183,0:09:32.224 Un coche pode ter unha rascadura, 0:09:32.248,0:09:34.103 pero non se pode rascar un átomo. 0:09:34.127,0:09:38.675 Estas dúas son idénticas nun sentido[br]surrealista, case matemático. 0:09:38.699,0:09:41.800 A escala atómica, as matemáticas[br]convértense na realidade. 0:09:42.128,0:09:43.747 E a molécula da epinefrina 0:09:44.779,0:09:46.478 non garda memoria da súa orixe. 0:09:46.502,0:09:47.907 É simplemente o que é, 0:09:47.931,0:09:49.082 e unha vez que a temos, 0:09:49.106,0:09:53.517 as palabras "natural" e "sintética"[br]xa non importan, 0:09:54.284,0:09:57.496 e a natureza sintetiza esta molécula[br]do mesmo xeito ca nós, 0:09:57.520,0:09:59.807 só que a natureza faino moito mellor. 0:09:59.831,0:10:02.209 Antes de que houbese vida na terra, 0:10:02.233,0:10:05.240 tódalas moléculas eran pequenas, simples: 0:10:05.264,0:10:07.295 dióxido de carbono, auga, nitróxeno, 0:10:08.018,0:10:09.168 só cousas simples. 0:10:09.192,0:10:11.140 A aparición da vida cambiou iso. 0:10:11.164,0:10:14.400 A vida trouxo fábricas biosintéticas[br]alimentadas pola luz solar, 0:10:14.424,0:10:17.939 e nestas fábricas as pequenas moléculas[br]chocan entre si e convértense 0:10:17.963,0:10:21.271 noutras máis grandes: carbohidratos,[br]proteínas, ácidos nucleicos, 0:10:21.295,0:10:23.748 unha morea de creacións espectaculares. 0:10:25.613,0:10:27.938 A natureza foi[br]o primeiro químico orgánico, 0:10:28.932,0:10:32.355 e a súa construción tamén enche o ceo[br]dese aire que respiramos, 0:10:32.379,0:10:34.037 ese osíxeno cargado de enerxía. 0:10:35.597,0:10:38.858 Todas estas moléculas están impregnadas[br]da enerxía do sol 0:10:38.882,0:10:40.350 Almacénana coma baterías. 0:10:40.810,0:10:43.652 Así que a natureza componse[br]de substancias químicas. 0:10:44.021,0:10:47.318 Se cadra podedes axudarme a reclamar[br]ese termo, substancia "química", 0:10:47.318,0:10:49.711 porque nolo roubaron. 0:10:49.735,0:10:52.434 Non significa tóxico, nin nocivo, 0:10:52.458,0:10:55.093 non significa fabricado ou artificial. 0:10:55.117,0:10:58.370 Significa simplemente "substancia",[br]estamos? 0:10:58.394,0:10:59.915 (Risas) 0:10:59.939,0:11:03.975 Non existe o carbón vexetal[br]sen substancias químicas. 0:11:03.999,0:11:05.209 Iso é ridículo. 0:11:05.233,0:11:06.234 (Risas) 0:11:06.258,0:11:08.091 E quero comentar unha palabra máis. 0:11:08.932,0:11:11.607 "Natural" non significa "seguro", 0:11:11.631,0:11:14.139 e todos sabedes iso. 0:11:14.163,0:11:18.646 Moitas das substancias da natureza[br]son bastante tóxicas, 0:11:18.670,0:11:21.273 e outras son deliciosas, 0:11:21.297,0:11:23.219 e algunhas son ámbalas dúas cousas, 0:11:23.243,0:11:24.614 (Risas) 0:11:24.638,0:11:26.328 tóxicas e deliciosas. 0:11:26.813,0:11:29.591 O único xeito de saber se algo é nocivo 0:11:29.615,0:11:31.487 é analizándoo, 0:11:31.511,0:11:33.669 e non me refiro a vós, 0:11:33.693,0:11:36.502 senón a toxicólogos profesionais.[br]Existen. 0:11:36.526,0:11:38.040 Son persoas moi preparadas, 0:11:38.064,0:11:40.066 e deberiades confiar neles como fago eu. 0:11:40.373,0:11:42.663 As moléculas da natureza[br]están por todas partes, 0:11:42.687,0:11:44.560 incluso as que se descompuxeron 0:11:44.584,0:11:46.894 nesas misturas negras[br]que chamamos petróleo. 0:11:46.918,0:11:49.148 Refinamos esas moléculas. 0:11:49.695,0:11:51.514 Non teñen nada de artificial. 0:11:51.538,0:11:52.688 Purificámolas. 0:11:54.228,0:11:57.196 Ben, a nosa dependencia delas[br]como fonte de enerxía, 0:11:57.220,0:12:01.229 iso significa que cada un deses carbonos[br]vaise converter nunha molécula de CO2. 0:12:01.253,0:12:04.197 É un gas de efecto invernadoiro[br]que está a estragar o clima. 0:12:04.221,0:12:07.912 Pode que saber de química faga[br]a realidade máis doada de aceptar 0:12:07.936,0:12:09.406 para algúns, non sei, 0:12:09.430,0:12:11.943 pero estas moléculas non son[br]só combustibles fósiles. 0:12:12.403,0:12:15.235 Son tamén as materias primas[br]máis baratas das que dispoñemos 0:12:15.235,0:12:17.523 para facer iso que chamamos síntese. 0:12:18.195,0:12:20.297 Usámolas como pezas de LEGO. 0:12:21.083,0:12:25.184 Aprendemos a conectalas ou separalas[br]de forma moi controlada. 0:12:25.184,0:12:26.904 Eu mesmo fíxeno moitas veces 0:12:26.904,0:12:29.373 e sigo pensando que é sorprendente[br]que sexa posible. 0:12:29.397,0:12:32.699 O que facemos vén ser[br]como ensamblar pezas de LEGO 0:12:32.723,0:12:35.755 botando caixas delas nunha lavadora, 0:12:35.779,0:12:37.084 pero funciona. 0:12:37.108,0:12:41.321 Podemos facer moléculas que son copias[br]exactas da natureza, coma a epinefrina, 0:12:41.345,0:12:45.337 ou elaborar creacións propias[br]partindo de cero, coma estas dúas. 0:12:45.361,0:12:49.631 Unha delas alivia os síntomas[br]da esclerose múltiple; 0:12:49.655,0:12:53.442 a outra cura un tipo de cancro no sangue[br]denominado linfoma das células T. 0:12:53.466,0:12:57.698 Unha molécula do tamaño e forma correctos[br]e coma unha chave para unha pechadura, 0:12:57.722,0:13:01.197 e cando encaixa, interfire nos procesos[br]químicos dunha enfermidade. 0:13:01.221,0:13:02.734 Así funcionan os medicamentos. 0:13:03.580,0:13:05.114 Sexan naturais ou sintéticos, 0:13:05.114,0:13:08.684 non son máis que moléculas que resulta[br]que encaixan nalgún lugar importante. 0:13:08.708,0:13:11.362 Só que a natureza fainas[br]moito mellor ca nós, 0:13:11.362,0:13:13.694 así que as súas son[br]máis espectaculares cás nosas, 0:13:13.694,0:13:15.126 como esta de aquí. 0:13:15.150,0:13:17.095 Chámase vancomicina. 0:13:17.119,0:13:20.182 Regaloulle a esta besta maxestosa[br]dous átomos de cloro 0:13:20.206,0:13:22.391 para que os usase de pendentes. 0:13:22.415,0:13:27.582 Atopamos a vancomicina nunha lameira[br]na selva de Borneo en 1953. 0:13:27.606,0:13:29.422 Faina unha bacteria. 0:13:30.355,0:13:33.101 Non se pode sintetizar nun laboratorio[br]de forma rendible. 0:13:33.798,0:13:38.117 Para nós é demasiado complicado, pero[br]podemos obtela da súa fonte natural, 0:13:38.141,0:13:42.324 e así o facemos, porque é un[br]dos nosos antibióticos máis potentes. 0:13:42.348,0:13:45.303 E nas nosas publicacións infórmase[br]a diario de novas moléculas. 0:13:45.327,0:13:48.557 Facémolas ou atopámolas[br]en cada recuncho do planeta. 0:13:49.752,0:13:51.327 E de aí saen os medicamentos, 0:13:51.327,0:13:53.942 razón pola que os nosos médicos[br]teñen poderes incribles 0:13:53.966,0:13:54.802 (Risas) 0:13:54.802,0:13:56.972 para curar infeccións mortais[br]e todo o demais. 0:13:56.972,0:14:00.957 Ser médico hoxe en día é coma ser[br]un cabaleiro de relucente armadura. 0:14:01.948,0:14:04.849 Libran batallas con coraxe e compostura, 0:14:04.873,0:14:06.493 pero tamén con bo equipo. 0:14:06.517,0:14:10.535 Non esquezamos o papel do ferreiro[br]nesta imaxe, 0:14:10.559,0:14:14.022 porque sen o ferreiro,[br]as cousas serían un pouquiño distintas... 0:14:14.046,0:14:16.139 (Risas) 0:14:16.163,0:14:18.496 Pero esta ciencia é moito[br]máis que a medicina. 0:14:18.520,0:14:24.739 Son os aceites e os disolventes e[br]os aromas, as teas, tódolos plásticos, 0:14:24.763,0:14:26.937 o coxín enriba do que sentades, 0:14:26.937,0:14:29.471 son todos manufacturados,[br]e son esencialmente carbono, 0:14:29.471,0:14:31.635 o que converte todo iso[br]en química orgánica. 0:14:31.635,0:14:33.788 É unha ciencia moi rica. 0:14:33.812,0:14:35.666 Hoxe deixei moitas cousas fóra: 0:14:35.690,0:14:38.875 o fósforo e o xofre e os outros átomos, 0:14:39.812,0:14:42.097 e por que se enlazan como o fan 0:14:42.121,0:14:43.376 e a simetría 0:14:43.400,0:14:45.221 e os electróns libres 0:14:45.245,0:14:46.789 e os átomos que se cargan, 0:14:46.813,0:14:49.909 e as reaccións e os seus mecanismos,[br]etcétera, etcétera 0:14:49.933,0:14:51.943 e a síntese leva moito aprendela. 0:14:51.967,0:14:54.848 Pero eu non vin aquí aprendervos[br]química orgánica. 0:14:54.872,0:14:56.714 Só quería amosárvola, 0:14:56.738,0:15:01.777 E niso axudoume moito hoxe[br]un rapaz chamado Weston Durland, 0:15:01.801,0:15:03.277 a quen vós xa vistes. 0:15:04.427,0:15:06.578 É un estudante do grao de Química, 0:15:06.602,0:15:09.880 a quen resulta que se lle dan moi ben[br]os gráficos por ordenador. 0:15:09.904,0:15:11.641 (Risas) 0:15:11.665,0:15:15.753 Así que Weston foi quen deseñou[br]todas as moléculas en movemento 0:15:15.777,0:15:17.189 que vistes hoxe. 0:15:17.213,0:15:20.147 El e mais eu queriamos probar[br]o uso de gráficos coma estes 0:15:20.147,0:15:23.115 como apoio para alguén que queira[br]falar desta complexa ciencia. 0:15:23.266,0:15:25.807 Pero o principal obxectivo era[br]simplemente mostrarvos 0:15:25.807,0:15:28.640 que a química orgánica non é[br]algo que haxa que temer. 0:15:29.418,0:15:32.608 É, en esencia, unha xanela 0:15:32.632,0:15:36.341 a través da cal a beleza do mundo natural[br]semella aínda máis rica. 0:15:36.365,0:15:37.516 Grazas. 0:15:37.540,0:15:40.807 (Aplausos)