1 00:00:00,623 --> 00:00:02,245 Gustaríame que vos preguntásedes 2 00:00:02,973 --> 00:00:06,762 que sentides ao escoitar as palabras "química orgánica" 3 00:00:06,786 --> 00:00:07,952 Que se vos vén á cabeza? 4 00:00:08,763 --> 00:00:12,406 Case tódalas universidades ofrecen un curso 5 00:00:12,430 --> 00:00:14,319 que se titula Química Orgánica, 6 00:00:14,343 --> 00:00:17,112 unha dura e pesada introdución á materia, 7 00:00:18,252 --> 00:00:21,226 unha avalancha de contidos que afoga aos estudantes 8 00:00:21,250 --> 00:00:25,440 e nos que hai que ser un ás para converterse en médico ou dentista 9 00:00:25,464 --> 00:00:26,826 ou veterinario. 10 00:00:26,850 --> 00:00:30,786 Por iso moitos estudantes ven así esta ciencia: 11 00:00:32,127 --> 00:00:34,097 como un atranco no camiño, 12 00:00:34,121 --> 00:00:36,285 e témena e ódiana 13 00:00:36,309 --> 00:00:38,452 e considérana un curso "peneira". 14 00:00:38,476 --> 00:00:41,301 Que cruel que unha materia lle faga iso á xente nova, 15 00:00:41,325 --> 00:00:42,514 que os peneire. 16 00:00:43,538 --> 00:00:47,318 E hai moito que esta percepción se estendeu alén dos campus. 17 00:00:47,342 --> 00:00:51,014 Esas dúas palabras causan angustia universal. 18 00:00:52,963 --> 00:00:55,389 Acontece que eu adoro esta ciencia, 19 00:00:55,413 --> 00:00:57,913 e considero que a situación na que a puxemos 20 00:00:57,937 --> 00:00:59,678 é imperdoable. 21 00:00:59,702 --> 00:01:03,563 Non é bo para a ciencia e non é bo para a sociedade, 22 00:01:03,587 --> 00:01:06,154 e penso que non ten por que ser así. 23 00:01:06,178 --> 00:01:10,860 Non quero dicir que ese curso debería ser máis doado. Non tal. 24 00:01:11,819 --> 00:01:15,636 Pero a nosa percepción desas dúas palabras 25 00:01:16,884 --> 00:01:21,273 non debera depender da experiencia de estudantes de medicina 26 00:01:21,297 --> 00:01:24,457 que sinceramente pasan por unha etapa anguriosa das súas vidas. 27 00:01:25,720 --> 00:01:28,175 Así que hoxe estou aquí porque penso 28 00:01:28,199 --> 00:01:31,082 que ter coñecementos básicos de química orgánica é moi útil, 29 00:01:31,082 --> 00:01:35,468 e penso que se poden facer accesibles para todo o mundo, 30 00:01:35,492 --> 00:01:37,905 e hoxe gustaríame demostrárvolo. 31 00:01:37,929 --> 00:01:39,310 Permitídesme que o intente? 32 00:01:39,334 --> 00:01:40,862 Audiencia: Si! 33 00:01:40,886 --> 00:01:43,949 Jakob Magolan: De acordo, imos aló. 34 00:01:43,973 --> 00:01:45,227 (Risas) 35 00:01:45,251 --> 00:01:48,044 Este é un deses carísimos autoinxectores Epipens. 36 00:01:48,540 --> 00:01:50,821 Contén un fármaco chamado epinefrina. 37 00:01:51,250 --> 00:01:54,384 A epinefrina pode reiniciar os latexos do meu corazón 38 00:01:54,408 --> 00:01:56,973 ou deter unha reacción alérxica mortal. 39 00:01:56,997 --> 00:02:00,361 Abonda cunha inxección disto xusto aquí. 40 00:02:01,076 --> 00:02:03,171 Sería como darlle ao interruptor 41 00:02:03,195 --> 00:02:05,225 da maquinaria corporal de loita ou fuxida. 42 00:02:05,249 --> 00:02:09,066 Subirían o ritmo cardíaco e a tensión para que o sangue chegase aos músculos. 43 00:02:09,090 --> 00:02:12,026 Dilataríanseme as pupilas. De súpeto sentiríame moi forte. 44 00:02:12,050 --> 00:02:17,200 A epinefrina leva sido para moitos a diferenza entre vivir ou morrer. 45 00:02:17,224 --> 00:02:20,419 É coma un pequeno milagre que che cabe na man. 46 00:02:21,459 --> 00:02:24,761 E esta é a estrutura química da epinefrina. 47 00:02:25,753 --> 00:02:27,960 Este é o aspecto da química orgánica. 48 00:02:27,984 --> 00:02:30,245 Semellan liñas e letras... 49 00:02:31,362 --> 00:02:32,959 Sen significado para a maioría. 50 00:02:33,740 --> 00:02:36,590 Gustaríame amosarvos o que vexo eu cando miro esa imaxe. 51 00:02:37,645 --> 00:02:39,484 Vexo un obxecto físico 52 00:02:41,071 --> 00:02:43,421 con profundidade e partes que rotan 53 00:02:43,445 --> 00:02:44,674 e que está en movemento. 54 00:02:46,864 --> 00:02:48,968 É o que chamamos un composto ou molécula, 55 00:02:48,992 --> 00:02:54,738 e consta de 26 átomos unidos por enlaces atómicos. 56 00:02:55,443 --> 00:02:59,911 A disposición única destes átomos dálle á epinefrina a súa identidade, 57 00:02:59,935 --> 00:03:02,246 pero en realidade ninguén viu isto nunca, 58 00:03:02,270 --> 00:03:03,724 porque é algo moi pequeno, 59 00:03:03,748 --> 00:03:06,896 así que ímolo tomar como unha representación artística 60 00:03:06,920 --> 00:03:09,150 e quérovos explicar ata que punto é pequeno. 61 00:03:10,618 --> 00:03:14,762 Aquí teño menos de medio miligramo disolto en auga. 62 00:03:14,786 --> 00:03:16,359 Ten a masa dun gran de area. 63 00:03:16,383 --> 00:03:20,319 O número de moléculas de epinefrina que hai aquí é un trillón. 64 00:03:21,528 --> 00:03:22,987 Son 18 ceros. 65 00:03:23,011 --> 00:03:24,753 É unha cifra difícil de visualizar. 66 00:03:25,336 --> 00:03:28,021 Os sete mil millóns que somos no planeta? 67 00:03:28,877 --> 00:03:33,496 En torno a 400.000 millóns de estrelas na galaxia? 68 00:03:33,496 --> 00:03:34,807 Nin sequera nos achegamos. 69 00:03:34,831 --> 00:03:36,928 Para facer unha estimación máis precisa, 70 00:03:36,952 --> 00:03:39,669 temos que imaxinar ata o último gran de area 71 00:03:39,693 --> 00:03:43,289 que hai en tódalas praias e baixo tódolos océanos e lagos 72 00:03:43,313 --> 00:03:46,035 e comprimilos todos para metelos aquí. 73 00:03:47,821 --> 00:03:50,671 A epinefrina é tan pequena que nunca chegaremos a vela, 74 00:03:50,695 --> 00:03:53,051 nin sequera a través do microscopio, 75 00:03:53,995 --> 00:03:55,544 pero sabemos como é, 76 00:03:55,568 --> 00:03:59,377 porque se mostra por medio de sofisticados aparatos 77 00:03:59,401 --> 00:04:01,533 de nomes rebuscados 78 00:04:01,557 --> 00:04:04,102 como "espectrómetros de resonancia magnética nuclear". 79 00:04:05,398 --> 00:04:08,603 O caso é que, visible ou non, coñecemos esta molécula moi ben. 80 00:04:08,603 --> 00:04:11,266 Sabemos que se compón de catro tipos distintos de átomos, 81 00:04:11,266 --> 00:04:13,243 hidróxeno, carbono, osíxeno e nitróxeno. 82 00:04:13,243 --> 00:04:15,864 Estas son as cores que adoitamos usar para cada un. 83 00:04:15,888 --> 00:04:18,625 Todo no noso universo está feito de pequenas esferas 84 00:04:18,625 --> 00:04:19,715 que chamamos átomos. 85 00:04:19,749 --> 00:04:21,831 Existen uns cen destes ingredientes básicos. 86 00:04:21,835 --> 00:04:24,384 e todos están feitos de tres partículas máis pequenas: 87 00:04:24,384 --> 00:04:26,184 protóns, neutróns e electróns. 88 00:04:26,208 --> 00:04:29,120 Organizamos estes átomos por medio desta táboa ben coñecida. 89 00:04:30,755 --> 00:04:32,782 Dámoslle un nome e un número a cada un. 90 00:04:32,782 --> 00:04:35,458 Pero a vida tal e como a coñecemos non require todo isto, 91 00:04:35,458 --> 00:04:37,867 só un subconxunto, só estes. 92 00:04:38,671 --> 00:04:41,974 E catro átomos en concreto distínguense do resto 93 00:04:41,998 --> 00:04:44,031 por seren os elementos esenciais da vida. 94 00:04:44,055 --> 00:04:47,421 E son os mesmos que atopamos na epinefrina: 95 00:04:47,445 --> 00:04:50,483 hidróxeno, carbono, nitróxeno e osíxeno. 96 00:04:52,512 --> 00:04:55,427 Mais o que vos vou contar agora é a parte máis importante. 97 00:04:56,443 --> 00:04:59,299 Cando estes átomos se asocian para formar moléculas, 98 00:04:59,323 --> 00:05:01,052 seguen unha serie de normas. 99 00:05:01,076 --> 00:05:03,338 O hidróxeno forma un enlace, 100 00:05:03,362 --> 00:05:05,108 o osíxeno sempre forma dous, 101 00:05:05,132 --> 00:05:06,564 o nitróxeno, tres 102 00:05:06,588 --> 00:05:08,112 e o carbono, catro. 103 00:05:08,857 --> 00:05:10,278 E xa está. 104 00:05:10,302 --> 00:05:11,987 HONC: un, dous, tres, catro. 105 00:05:14,192 --> 00:05:17,678 Se sabedes contar ata catro e sodes quen de escribir mal "honk", 106 00:05:17,702 --> 00:05:20,370 ides lembrar isto para o resto da vosa vida. 107 00:05:20,394 --> 00:05:22,046 (Risas) 108 00:05:22,070 --> 00:05:24,493 Ben, aquí teño catro cuncas con estes ingredientes. 109 00:05:24,517 --> 00:05:27,281 Podemos usalos para facer moléculas. 110 00:05:28,828 --> 00:05:30,407 Comecemos pola epinefrina. 111 00:05:31,464 --> 00:05:35,645 Ben, estes enlaces entre átomos están feitos de electróns. 112 00:05:36,144 --> 00:05:39,491 Os átomos usan os electróns a modo de brazos para agarrar aos veciños. 113 00:05:39,491 --> 00:05:41,843 Dous electróns en cada enlace, como dándose a man, 114 00:05:41,843 --> 00:05:44,154 e coma unha aperta de mans, non son permanentes. 115 00:05:44,154 --> 00:05:46,181 Poden soltar un átomo e agarrar outro. 116 00:05:46,205 --> 00:05:48,111 É o que chamamos unha reacción química, 117 00:05:48,135 --> 00:05:50,996 na que os átomos cambian de parella e crean moléculas novas. 118 00:05:51,020 --> 00:05:54,605 O eixe central da epinefrina está formado sobre todo por átomos de carbono, 119 00:05:54,629 --> 00:05:55,787 o que é moi común. 120 00:05:55,811 --> 00:05:58,494 O carbono é o material de construción favorito da vida, 121 00:05:58,518 --> 00:06:01,691 porque dá unha boa cantidade de apertas de mans 122 00:06:01,715 --> 00:06:03,723 coa forza xusta. 123 00:06:03,747 --> 00:06:07,468 Por iso definimos a química orgánica como o estudo das moléculas de carbono. 124 00:06:08,559 --> 00:06:13,436 As moléculas máis pequenas que podemos construír segundo as nosas regras 125 00:06:13,516 --> 00:06:16,288 poñen de relevo esas regras e teñen nomes familiares: 126 00:06:16,288 --> 00:06:19,927 auga, amoníaco e metano, H2O e NH3 e CH4. 127 00:06:21,739 --> 00:06:24,200 As palabras "hidróxeno", "osíxeno" e "nitróxeno"... 128 00:06:24,224 --> 00:06:26,486 usamos as mesmas palabras 129 00:06:26,486 --> 00:06:29,257 para nomear estas tres moléculas de dous átomos cada unha. 130 00:06:29,257 --> 00:06:30,532 Tamén cumpren as regras, 131 00:06:30,556 --> 00:06:33,224 porque teñen un, dous e tres enlaces entre eles. 132 00:06:33,248 --> 00:06:34,973 Por iso ao osíxeno se lle chama O2. 133 00:06:36,449 --> 00:06:38,394 Podo amosarvos a combustión. 134 00:06:39,323 --> 00:06:41,744 Isto é dióxido de carbono, CO2. 135 00:06:41,768 --> 00:06:46,296 Poñemos enriba auga e osíxeno, e ao pé, combustibles. 136 00:06:46,296 --> 00:06:48,998 Estes combustibles constan só de hidróxeno e carbono 137 00:06:49,022 --> 00:06:51,738 Por iso lles chamamos hidrocarburos. Somos moi creativos. 138 00:06:51,762 --> 00:06:53,218 (Risas) 139 00:06:53,242 --> 00:06:55,385 Así que cando chocan con moléculas de osíxeno, 140 00:06:55,409 --> 00:06:59,123 como no motor do voso coche ou na barbacoa, 141 00:07:00,091 --> 00:07:02,084 liberan enerxía e reagrúpanse, 142 00:07:02,108 --> 00:07:05,100 e cada átomo de carbono acaba no centro dunha molécula de CO2, 143 00:07:05,124 --> 00:07:06,366 agarrado a dous osíxenos, 144 00:07:06,390 --> 00:07:08,959 e os hidróxenos acaban como parte de moléculas de auga 145 00:07:08,959 --> 00:07:10,855 e todo o mundo segue as regras. 146 00:07:10,879 --> 00:07:12,197 Non son optativas. 147 00:07:12,221 --> 00:07:14,699 E tampouco o son para as moléculas de maior tamaño 148 00:07:14,723 --> 00:07:16,141 como estas tres. 149 00:07:17,347 --> 00:07:19,522 Esta é a nosa vitamina preferida, 150 00:07:19,546 --> 00:07:21,196 a carón da nosa menciña preferida. 151 00:07:21,220 --> 00:07:22,466 (Risas) 152 00:07:22,490 --> 00:07:26,229 O da morfina é un dos relatos máis importantes da historia da medicina. 153 00:07:26,253 --> 00:07:29,165 Sinala o primeiro verdadeiro triunfo sobre a dor física, 154 00:07:29,189 --> 00:07:31,193 e cada molécula ten a súa historia, 155 00:07:31,217 --> 00:07:32,801 e todas están publicadas. 156 00:07:32,825 --> 00:07:36,291 Escribíronas científicos, e lenas outros científicos 157 00:07:36,315 --> 00:07:39,590 así que temos boas representacións á man para facer isto nunha folla 158 00:07:39,590 --> 00:07:41,273 e teño que ensinarvos a facelo. 159 00:07:41,297 --> 00:07:44,072 Dispoñemos a epinefrina no plano da páxina 160 00:07:44,096 --> 00:07:46,776 e substituímos todas as esferas por simples letras, 161 00:07:46,800 --> 00:07:49,295 e logo os enlaces que figuran na superficie da páxina 162 00:07:49,319 --> 00:07:51,072 convértense en simples liñas, 163 00:07:51,072 --> 00:07:53,465 e os enlaces que apuntan cara a adiante ou atrás 164 00:07:53,465 --> 00:07:54,808 convértense en trianguliños, 165 00:07:54,851 --> 00:07:56,990 sólidos ou raiados para indicar profundidade. 166 00:07:57,330 --> 00:07:59,561 En realidade, non debuxamos estes carbonos. 167 00:07:59,585 --> 00:08:02,396 Aforramos tempo simplemente ocultándoos. 168 00:08:02,897 --> 00:08:06,033 Están representados polos ángulos entre os enlaces, 169 00:08:06,057 --> 00:08:09,690 e tamén agachamos todos os hidróxenos unidos a carbonos. 170 00:08:10,583 --> 00:08:11,741 Sabemos que están aí 171 00:08:11,765 --> 00:08:14,663 cando un carbono nos mostra menos de catro enlaces. 172 00:08:15,853 --> 00:08:18,789 O último que se pon son os enlaces entre OH e NH. 173 00:08:19,432 --> 00:08:21,520 Librámonos deles para que quede máis limpo 174 00:08:21,544 --> 00:08:23,021 e iso é todo. 175 00:08:23,045 --> 00:08:25,625 Este é o modo profesional de debuxar moléculas. 176 00:08:25,649 --> 00:08:28,060 É o que atopades nas páxinas da Wikipedia. 177 00:08:30,793 --> 00:08:34,555 Require algo de práctica, pero penso que calquera podería facelo, 178 00:08:34,579 --> 00:08:37,305 pero por hoxe, temos aquí a epinefrina. 179 00:08:37,886 --> 00:08:40,814 Tamén se lle chama adrenalina. Son exactamente o mesmo. 180 00:08:40,838 --> 00:08:42,450 Segrégana as glándulas adrenais. 181 00:08:42,474 --> 00:08:45,426 Agora mesmo tedes esta molécula flotando polo corpo. 182 00:08:45,450 --> 00:08:47,140 É unha molécula natural. 183 00:08:47,164 --> 00:08:51,408 Este EpiPen inxectaríavos nun instante outro trillón delas. 184 00:08:51,432 --> 00:08:53,082 (Risas) 185 00:08:53,106 --> 00:08:56,297 Podemos extraer epinefrina 186 00:08:56,321 --> 00:08:59,741 das glándulas adrenais de ovellas ou gando vacún, 187 00:08:59,765 --> 00:09:02,099 pero non é de aí de onde procede esta substancia. 188 00:09:02,123 --> 00:09:04,991 Esta epinefrina fabricámola 189 00:09:05,015 --> 00:09:10,254 xuntando moléculas máis pequenas que saen sobre todo do petróleo. 190 00:09:11,322 --> 00:09:13,031 Isto é totalmente sintético. 191 00:09:13,862 --> 00:09:17,115 E esa palabra, "sintético", incomódanos a algúns. 192 00:09:17,964 --> 00:09:21,259 Non é como a palabra "natural", que nos fai sentir seguros. 193 00:09:21,283 --> 00:09:24,925 Mais estas dúas moléculas non se distinguen unha da outra. 194 00:09:26,263 --> 00:09:30,159 Aquí non falamos de dous coches que saen dunha cadea de montaxe. 195 00:09:30,183 --> 00:09:32,224 Un coche pode ter unha rascadura, 196 00:09:32,248 --> 00:09:34,103 pero non se pode rascar un átomo. 197 00:09:34,127 --> 00:09:38,675 Estas dúas son idénticas nun sentido surrealista, case matemático. 198 00:09:38,699 --> 00:09:41,800 A escala atómica, as matemáticas convértense na realidade. 199 00:09:42,128 --> 00:09:43,747 E a molécula da epinefrina 200 00:09:44,779 --> 00:09:46,478 non garda memoria da súa orixe. 201 00:09:46,502 --> 00:09:47,907 É simplemente o que é, 202 00:09:47,931 --> 00:09:49,082 e unha vez que a temos, 203 00:09:49,106 --> 00:09:53,517 as palabras "natural" e "sintética" xa non importan, 204 00:09:54,284 --> 00:09:57,496 e a natureza sintetiza esta molécula do mesmo xeito ca nós, 205 00:09:57,520 --> 00:09:59,807 só que a natureza faino moito mellor. 206 00:09:59,831 --> 00:10:02,209 Antes de que houbese vida na terra, 207 00:10:02,233 --> 00:10:05,240 tódalas moléculas eran pequenas, simples: 208 00:10:05,264 --> 00:10:07,295 dióxido de carbono, auga, nitróxeno, 209 00:10:08,018 --> 00:10:09,168 só cousas simples. 210 00:10:09,192 --> 00:10:11,140 A aparición da vida cambiou iso. 211 00:10:11,164 --> 00:10:14,400 A vida trouxo fábricas biosintéticas alimentadas pola luz solar, 212 00:10:14,424 --> 00:10:17,939 e nestas fábricas as pequenas moléculas chocan entre si e convértense 213 00:10:17,963 --> 00:10:21,271 noutras máis grandes: carbohidratos, proteínas, ácidos nucleicos, 214 00:10:21,295 --> 00:10:23,748 unha morea de creacións espectaculares. 215 00:10:25,613 --> 00:10:27,938 A natureza foi o primeiro químico orgánico, 216 00:10:28,932 --> 00:10:32,355 e a súa construción tamén enche o ceo dese aire que respiramos, 217 00:10:32,379 --> 00:10:34,037 ese osíxeno cargado de enerxía. 218 00:10:35,597 --> 00:10:38,858 Todas estas moléculas están impregnadas da enerxía do sol 219 00:10:38,882 --> 00:10:40,350 Almacénana coma baterías. 220 00:10:40,810 --> 00:10:43,652 Así que a natureza componse de substancias químicas. 221 00:10:44,021 --> 00:10:47,318 Se cadra podedes axudarme a reclamar ese termo, substancia "química", 222 00:10:47,318 --> 00:10:49,711 porque nolo roubaron. 223 00:10:49,735 --> 00:10:52,434 Non significa tóxico, nin nocivo, 224 00:10:52,458 --> 00:10:55,093 non significa fabricado ou artificial. 225 00:10:55,117 --> 00:10:58,370 Significa simplemente "substancia", estamos? 226 00:10:58,394 --> 00:10:59,915 (Risas) 227 00:10:59,939 --> 00:11:03,975 Non existe o carbón vexetal sen substancias químicas. 228 00:11:03,999 --> 00:11:05,209 Iso é ridículo. 229 00:11:05,233 --> 00:11:06,234 (Risas) 230 00:11:06,258 --> 00:11:08,091 E quero comentar unha palabra máis. 231 00:11:08,932 --> 00:11:11,607 "Natural" non significa "seguro", 232 00:11:11,631 --> 00:11:14,139 e todos sabedes iso. 233 00:11:14,163 --> 00:11:18,646 Moitas das substancias da natureza son bastante tóxicas, 234 00:11:18,670 --> 00:11:21,273 e outras son deliciosas, 235 00:11:21,297 --> 00:11:23,219 e algunhas son ámbalas dúas cousas, 236 00:11:23,243 --> 00:11:24,614 (Risas) 237 00:11:24,638 --> 00:11:26,328 tóxicas e deliciosas. 238 00:11:26,813 --> 00:11:29,591 O único xeito de saber se algo é nocivo 239 00:11:29,615 --> 00:11:31,487 é analizándoo, 240 00:11:31,511 --> 00:11:33,669 e non me refiro a vós, 241 00:11:33,693 --> 00:11:36,502 senón a toxicólogos profesionais. Existen. 242 00:11:36,526 --> 00:11:38,040 Son persoas moi preparadas, 243 00:11:38,064 --> 00:11:40,066 e deberiades confiar neles como fago eu. 244 00:11:40,373 --> 00:11:42,663 As moléculas da natureza están por todas partes, 245 00:11:42,687 --> 00:11:44,560 incluso as que se descompuxeron 246 00:11:44,584 --> 00:11:46,894 nesas misturas negras que chamamos petróleo. 247 00:11:46,918 --> 00:11:49,148 Refinamos esas moléculas. 248 00:11:49,695 --> 00:11:51,514 Non teñen nada de artificial. 249 00:11:51,538 --> 00:11:52,688 Purificámolas. 250 00:11:54,228 --> 00:11:57,196 Ben, a nosa dependencia delas como fonte de enerxía, 251 00:11:57,220 --> 00:12:01,229 iso significa que cada un deses carbonos vaise converter nunha molécula de CO2. 252 00:12:01,253 --> 00:12:04,197 É un gas de efecto invernadoiro que está a estragar o clima. 253 00:12:04,221 --> 00:12:07,912 Pode que saber de química faga a realidade máis doada de aceptar 254 00:12:07,936 --> 00:12:09,406 para algúns, non sei, 255 00:12:09,430 --> 00:12:11,943 pero estas moléculas non son só combustibles fósiles. 256 00:12:12,403 --> 00:12:15,235 Son tamén as materias primas máis baratas das que dispoñemos 257 00:12:15,235 --> 00:12:17,523 para facer iso que chamamos síntese. 258 00:12:18,195 --> 00:12:20,297 Usámolas como pezas de LEGO. 259 00:12:21,083 --> 00:12:25,184 Aprendemos a conectalas ou separalas de forma moi controlada. 260 00:12:25,184 --> 00:12:26,904 Eu mesmo fíxeno moitas veces 261 00:12:26,904 --> 00:12:29,373 e sigo pensando que é sorprendente que sexa posible. 262 00:12:29,397 --> 00:12:32,699 O que facemos vén ser como ensamblar pezas de LEGO 263 00:12:32,723 --> 00:12:35,755 botando caixas delas nunha lavadora, 264 00:12:35,779 --> 00:12:37,084 pero funciona. 265 00:12:37,108 --> 00:12:41,321 Podemos facer moléculas que son copias exactas da natureza, coma a epinefrina, 266 00:12:41,345 --> 00:12:45,337 ou elaborar creacións propias partindo de cero, coma estas dúas. 267 00:12:45,361 --> 00:12:49,631 Unha delas alivia os síntomas da esclerose múltiple; 268 00:12:49,655 --> 00:12:53,442 a outra cura un tipo de cancro no sangue denominado linfoma das células T. 269 00:12:53,466 --> 00:12:57,698 Unha molécula do tamaño e forma correctos e coma unha chave para unha pechadura, 270 00:12:57,722 --> 00:13:01,197 e cando encaixa, interfire nos procesos químicos dunha enfermidade. 271 00:13:01,221 --> 00:13:02,734 Así funcionan os medicamentos. 272 00:13:03,580 --> 00:13:05,114 Sexan naturais ou sintéticos, 273 00:13:05,114 --> 00:13:08,684 non son máis que moléculas que resulta que encaixan nalgún lugar importante. 274 00:13:08,708 --> 00:13:11,362 Só que a natureza fainas moito mellor ca nós, 275 00:13:11,362 --> 00:13:13,694 así que as súas son máis espectaculares cás nosas, 276 00:13:13,694 --> 00:13:15,126 como esta de aquí. 277 00:13:15,150 --> 00:13:17,095 Chámase vancomicina. 278 00:13:17,119 --> 00:13:20,182 Regaloulle a esta besta maxestosa dous átomos de cloro 279 00:13:20,206 --> 00:13:22,391 para que os usase de pendentes. 280 00:13:22,415 --> 00:13:27,582 Atopamos a vancomicina nunha lameira na selva de Borneo en 1953. 281 00:13:27,606 --> 00:13:29,422 Faina unha bacteria. 282 00:13:30,355 --> 00:13:33,101 Non se pode sintetizar nun laboratorio de forma rendible. 283 00:13:33,798 --> 00:13:38,117 Para nós é demasiado complicado, pero podemos obtela da súa fonte natural, 284 00:13:38,141 --> 00:13:42,324 e así o facemos, porque é un dos nosos antibióticos máis potentes. 285 00:13:42,348 --> 00:13:45,303 E nas nosas publicacións infórmase a diario de novas moléculas. 286 00:13:45,327 --> 00:13:48,557 Facémolas ou atopámolas en cada recuncho do planeta. 287 00:13:49,752 --> 00:13:51,327 E de aí saen os medicamentos, 288 00:13:51,327 --> 00:13:53,942 razón pola que os nosos médicos teñen poderes incribles 289 00:13:53,966 --> 00:13:54,802 (Risas) 290 00:13:54,802 --> 00:13:56,972 para curar infeccións mortais e todo o demais. 291 00:13:56,972 --> 00:14:00,957 Ser médico hoxe en día é coma ser un cabaleiro de relucente armadura. 292 00:14:01,948 --> 00:14:04,849 Libran batallas con coraxe e compostura, 293 00:14:04,873 --> 00:14:06,493 pero tamén con bo equipo. 294 00:14:06,517 --> 00:14:10,535 Non esquezamos o papel do ferreiro nesta imaxe, 295 00:14:10,559 --> 00:14:14,022 porque sen o ferreiro, as cousas serían un pouquiño distintas... 296 00:14:14,046 --> 00:14:16,139 (Risas) 297 00:14:16,163 --> 00:14:18,496 Pero esta ciencia é moito máis que a medicina. 298 00:14:18,520 --> 00:14:24,739 Son os aceites e os disolventes e os aromas, as teas, tódolos plásticos, 299 00:14:24,763 --> 00:14:26,937 o coxín enriba do que sentades, 300 00:14:26,937 --> 00:14:29,471 son todos manufacturados, e son esencialmente carbono, 301 00:14:29,471 --> 00:14:31,635 o que converte todo iso en química orgánica. 302 00:14:31,635 --> 00:14:33,788 É unha ciencia moi rica. 303 00:14:33,812 --> 00:14:35,666 Hoxe deixei moitas cousas fóra: 304 00:14:35,690 --> 00:14:38,875 o fósforo e o xofre e os outros átomos, 305 00:14:39,812 --> 00:14:42,097 e por que se enlazan como o fan 306 00:14:42,121 --> 00:14:43,376 e a simetría 307 00:14:43,400 --> 00:14:45,221 e os electróns libres 308 00:14:45,245 --> 00:14:46,789 e os átomos que se cargan, 309 00:14:46,813 --> 00:14:49,909 e as reaccións e os seus mecanismos, etcétera, etcétera 310 00:14:49,933 --> 00:14:51,943 e a síntese leva moito aprendela. 311 00:14:51,967 --> 00:14:54,848 Pero eu non vin aquí aprendervos química orgánica. 312 00:14:54,872 --> 00:14:56,714 Só quería amosárvola, 313 00:14:56,738 --> 00:15:01,777 E niso axudoume moito hoxe un rapaz chamado Weston Durland, 314 00:15:01,801 --> 00:15:03,277 a quen vós xa vistes. 315 00:15:04,427 --> 00:15:06,578 É un estudante do grao de Química, 316 00:15:06,602 --> 00:15:09,880 a quen resulta que se lle dan moi ben os gráficos por ordenador. 317 00:15:09,904 --> 00:15:11,641 (Risas) 318 00:15:11,665 --> 00:15:15,753 Así que Weston foi quen deseñou todas as moléculas en movemento 319 00:15:15,777 --> 00:15:17,189 que vistes hoxe. 320 00:15:17,213 --> 00:15:20,147 El e mais eu queriamos probar o uso de gráficos coma estes 321 00:15:20,147 --> 00:15:23,115 como apoio para alguén que queira falar desta complexa ciencia. 322 00:15:23,266 --> 00:15:25,807 Pero o principal obxectivo era simplemente mostrarvos 323 00:15:25,807 --> 00:15:28,640 que a química orgánica non é algo que haxa que temer. 324 00:15:29,418 --> 00:15:32,608 É, en esencia, unha xanela 325 00:15:32,632 --> 00:15:36,341 a través da cal a beleza do mundo natural semella aínda máis rica. 326 00:15:36,365 --> 00:15:37,516 Grazas. 327 00:15:37,540 --> 00:15:40,807 (Aplausos)