Dennis Hong: Construindo un coche para conductores cegos
-
0:00 - 0:03Moita xente pensa que a condución é unha actividade
-
0:03 - 0:05unicamente reservada para os que poden ver.
-
0:05 - 0:08Que unha persoa cega conducise de forma segura e independente
-
0:08 - 0:11era unha tarefa considerada imposíbel ate agora.
-
0:11 - 0:13Ola, o meu nome é Dennis Hong,
-
0:13 - 0:15e mediante a construción dun vehículo para invidentes
-
0:15 - 0:18estámoslles a dar máis liberdade e independencia.
-
0:18 - 0:21Pero antes de falar deste coche para invidentes,
-
0:21 - 0:23permítanme referirme a outro proxecto no que traballei
-
0:23 - 0:25chamado DARPA Desafío Urbano.
-
0:25 - 0:27A idea era construír un coche robótico
-
0:27 - 0:29que se conducise el so.
-
0:29 - 0:31Púlsase o botón de inicio, e sen tocar nada,
-
0:31 - 0:34pódese chegar ao destino de forma completamente autónoma.
-
0:34 - 0:37En 2007, o noso equipo gañou medio millón de dólares
-
0:37 - 0:39gracias a conseguir o terceiro premio nesta competición.
-
0:39 - 0:41Nese momento
-
0:41 - 0:43a Federación Nacional de Cegos, ou en inglés NFB,
-
0:43 - 0:45propuxo ao comité de investigación o reto
-
0:45 - 0:47de desenvolver un coche
-
0:47 - 0:49que permitise a unha persoa cega conducir de forma segura e independente.
-
0:49 - 0:51Decidimos intentalo,
-
0:51 - 0:53porque pensamos: eh, no pode ser tan complicado!
-
0:53 - 0:55Xa temos un vehículo autónomo.
-
0:55 - 0:57Poñemos un persoa cega dentro e xa está, non?
-
0:57 - 0:59(Risos)
-
0:59 - 1:01Non podíamos estar máis equivocados
-
1:01 - 1:03o que a NFB quería
-
1:03 - 1:06non era un vehículo que transportase a unha persoa cega.
-
1:06 - 1:09senón un vehículo no que un persoa cega puidese tomar decisións e conducir.
-
1:09 - 1:11Así que tivemos que tirar todo pola borda
-
1:11 - 1:13e comezar de cero.
-
1:13 - 1:15Para ensaiar esta disparatada idea,
-
1:15 - 1:17desenvolvemos un prototipo dun pequeno coche areiro
-
1:17 - 1:19para comprobar a viabilidade.
-
1:19 - 1:21No verán de 2009,
-
1:21 - 1:24invitamos a ducias de mozos e mozas invidentes de todo o país
-
1:24 - 1:26e démoslles a oportunidade de dar unha volta no prototipo.
-
1:26 - 1:28Foi unha experiencia absolutamente incríbel.
-
1:28 - 1:30Pero o problema do coche era
-
1:30 - 1:33que estaba estaba deseñado só para ser conducido nun ambiente controlado:
-
1:33 - 1:35nun aparcadoiro plano e pechado
-
1:35 - 1:37no que incluso os carrís estaban marcados con conos de tráfico.
-
1:37 - 1:39Con este logro,
-
1:39 - 1:41decidimos dar o seguinte gran paso
-
1:41 - 1:44e desenvolver un coche que puidese ser conducido en carreteiras de verdade.
-
1:44 - 1:46E, como funciona?
-
1:46 - 1:48Ben, é un sistema bastante complexo
-
1:48 - 1:51pero permítanme intentar explicarllo, e quizais simplificalo.
-
1:51 - 1:53Temos tres partes:
-
1:53 - 1:55Percepción, cálculo
-
1:55 - 1:57e interfaces non visuais.
-
1:57 - 1:59Obviamente o condutor non pode ver,
-
1:59 - 2:01así que o sistema necesita percibir o entorno
-
2:01 - 2:03e reunir a información para o condutor.
-
2:03 - 2:06Para elo, usamos un módulo de medición inicial
-
2:06 - 2:08que calcula a aceleración, a aceleración angular
-
2:08 - 2:10como se fora un oído humano, o oído interno.
-
2:10 - 2:12Esa información combínase coa do GPS
-
2:12 - 2:15para conseguir unha estimación da localización do coche.
-
2:15 - 2:18Tamén se usan dúas cámaras para detectar o movemento das liñas dos carrís.
-
2:18 - 2:20E tamén tres lasers telemétricos
-
2:20 - 2:23que examinan o entorno para detectar obstáculos:
-
2:23 - 2:25un coche acercándose por diante ou por detrás
-
2:25 - 2:28e calquera obstáculo que pode aparecer na carreteira,
-
2:28 - 2:30calquera obstáculo arredor do vehículo.
-
2:30 - 2:33Así que toda esta información é enviada ao ordenador,
-
2:33 - 2:35e o ordenador fai dúas cousas:
-
2:35 - 2:38Unha, e primeiro de todo, procesa a información
-
2:38 - 2:40para comprender o entorno:
-
2:40 - 2:43estas son as liñas dos carrís, estes son os obstáculos;
-
2:43 - 2:45e despois comunícalle esta información ao condutor.
-
2:45 - 2:47O sistema é suficientemente intelixente
-
2:47 - 2:49para definir a forma máis segura de conducir o coche,
-
2:49 - 2:51polo que pode xerar as instrucións
-
2:51 - 2:53sobre como conducir o vehículo.
-
2:53 - 2:55Pero o problema é: Como comunicar
-
2:55 - 2:57esta información e instrucións
-
2:57 - 2:59a unha persoa que non pode ver
-
2:59 - 3:02e facelo coa suficiente rapidez e precisión para que poida conducir?
-
3:02 - 3:04Para isto deseñamos varios tipos de interfaces de usuario
-
3:04 - 3:07baseadas en tecnoloxías non visuais.
-
3:07 - 3:09Comezando por un sistema tridimensional de avisos sonoros,
-
3:09 - 3:11una chaleco vibrador,
-
3:11 - 3:14un volante con ordes por voz, unha cinta para as pernas,
-
3:14 - 3:16e incluso un zapato que aplica presión no pé.
-
3:16 - 3:18Pero hoxe imos falar sobre
-
3:18 - 3:20tres destas interfaces non visuais.
-
3:20 - 3:23A primeira interface chámase DriveGrip ("Control de condución").
-
3:23 - 3:25Está composto dun par de guantes
-
3:25 - 3:27con elementos vibratorios nos cotelos
-
3:27 - 3:30para transmitir a información sobre o control da dirección
-
3:30 - 3:32e da súa intensidade
-
3:32 - 3:34Outro dispositivo é o chamado SpeedStrip ("cinta de velocidade").
-
3:34 - 3:37Está composta dunha cadeira, de feito é unha cadeira de masaxes.
-
3:37 - 3:41Abrímola e reorganizamos os elementos vibratorios seguindo distintos esquemas
-
3:41 - 3:44e conseguimos que transmitan a información sobre a velocidade
-
3:44 - 3:47así como instrucións sobre como usar o acelerador e o freo.
-
3:47 - 3:49Aquí poden ver
-
3:49 - 3:51como o ordenador interpreta o entorno.
-
3:51 - 3:53E como a vibración non pode ser vista
-
3:53 - 3:56puxemos un díodos LED vermellos no condutor para observar que está a pasar.
-
3:56 - 3:58Esta é a información sensorial,
-
3:58 - 4:01e esta é a información transferida aos dispositivos a través do ordenador.
-
4:01 - 4:03Estes dous dispositivos, DriveGrip e SpeedStrip,
-
4:03 - 4:05son moi efectivos.
-
4:05 - 4:07Pero o problema é
-
4:07 - 4:09que son dispositivos que proporcionan ordes.
-
4:09 - 4:11Así isto non é unha liberdade real, non si?
-
4:11 - 4:13O ordenador indica como conducir:
-
4:13 - 4:15xire á esquerda, á dereita, acelere, pare.
-
4:15 - 4:17Chamamos a isto o problema do condutor no asento de atrás.
-
4:17 - 4:20Así que nos alonxamos destes dispositivos que proporcionan ordes
-
4:20 - 4:22e estámonos a centrar
-
4:22 - 4:24en dispositivos máis ben informativos.
-
4:24 - 4:26Un bo exemplo deste tipo de interfaces de usuario non-visuais
-
4:26 - 4:28é a chamada AirPix.
-
4:28 - 4:30Pensade nela como nun monitor para invidentes.
-
4:30 - 4:32É unha pequena táboa con moitos orificios
-
4:32 - 4:34dos que sae aire comprimido
-
4:34 - 4:36e dese forma pode debuxar imaxes.
-
4:36 - 4:38Así aínda que sexas cego, podes colocar a túa man enriba del
-
4:38 - 4:40e imaxinar como son os carrís da carreteira e os obstáculos.
-
4:40 - 4:43De feito, podes cambiar a frecuencia coa que sae o ar
-
4:43 - 4:45así como a temperatura.
-
4:45 - 4:48Así que en realidade é unha interface de usuario multidimensional.
-
4:48 - 4:51Aquí poden ver a cámara esquerda e dereita do vehículo
-
4:51 - 4:54e como ordenador interpreta e transmite a información a AirPix.
-
4:54 - 4:56Usamos un simulador
-
4:56 - 4:59para que a persoa cega poida conducir usando AirPix.
-
4:59 - 5:02O simulador resultou tamén moi útil para adestrar condutores cegos
-
5:02 - 5:04e probar de forma rápida distintos tipos de ideas
-
5:04 - 5:06para distintos tipos de interfaces non visuais.
-
5:06 - 5:08Así que, en esencia, é así como funciona.
-
5:08 - 5:10Hai tan só un mes,
-
5:10 - 5:12o 29 de xaneiro,
-
5:12 - 5:14exhibimos o vehículo por primeira vez ao público
-
5:14 - 5:17no famoso circuíto internacional de Daytona,
-
5:17 - 5:19coincidindo coa carreira Rolex 24.
-
5:19 - 5:22Tamén nos levamos algunhas sorpresas. Botemos unha ollada.
-
5:22 - 5:32(Música)
-
5:32 - 5:36(Vídeo) Locutor: Este é un día histórico [inintelixíbel]
-
5:36 - 5:40Estase a aproximar á tribuna, queridos espectadores.
-
5:40 - 5:46(Aclamacións)
-
5:46 - 5:49(Bucinazos)
-
5:49 - 5:51Agora está ao lado da tribuna.
-
5:51 - 5:55Está a seguir [inintelixíbel] a furgoneta que vai diante.
-
5:55 - 5:57Aquí chega a primeira caixa.
-
5:57 - 6:00Veremos se Mark a evita.
-
6:00 - 6:03Faino. Evítaa pola dereita.
-
6:05 - 6:08A terceira caixa está fora, e a cuarta.
-
6:08 - 6:11E consegue pasar sen problemas entre as dúas.
-
6:11 - 6:13Está acercándose á furgoneta
-
6:13 - 6:16para adiantala.
-
6:17 - 6:19Ben, isto foi o máis importante
-
6:19 - 6:23desta exhibición de audacia e enxeño.
-
6:24 - 6:27Acércase o final do percorrido,
-
6:27 - 6:32pasa entre os barrís colocados nel.
-
6:32 - 6:35(Bucinazos)
-
6:35 - 6:38(Aplausos)
-
6:41 - 6:43Dennis Hong: Estou tan contento por vós.
-
6:43 - 6:45Mark vaime levar en coche de volta ao hotel.
-
6:45 - 6:47Mark Riccobono: Si.
-
6:50 - 6:59(Aplausos)
-
6:59 - 7:01DH: Dende que comenzamos este proxecto,
-
7:01 - 7:04temos recibido centos de cartas, correos electrónicos, chamadas
-
7:04 - 7:06de xente de todo o mundo.
-
7:06 - 7:09Cartas de agradecemento, pero ás veces tamén algunhas simpáticas como esta:
-
7:09 - 7:13"Agora entendo por que hai indicacións en Braille nos caixeiros para condutores."
-
7:13 - 7:15(Risos)
-
7:15 - 7:17Pero ás veces
-
7:17 - 7:19(Risos)
-
7:19 - 7:21Pero ás veces tamén recibimos,
-
7:21 - 7:23non as chamaría cartas de odio,
-
7:23 - 7:25pero son realmente preocupantes.
-
7:25 - 7:27"Dr. Hong, está mal da cabeza?,
-
7:27 - 7:29quere poñer cegos ao volante?
-
7:29 - 7:31Tes que ser tolo."
-
7:31 - 7:33Pero este vehículo é un prototipo,
-
7:33 - 7:35e non estará nas carreteiras
-
7:35 - 7:37ate que se comprobe que é igual ou máis seguro que calquera vehículo actual.
-
7:37 - 7:40E creo sinceramente que isto pasará.
-
7:40 - 7:42Aínda así, o pensa a sociedade?
-
7:42 - 7:44Está preparada para aceptar unha idea tan radical?
-
7:44 - 7:46Como o tratarán as aseguradoras?
-
7:46 - 7:48Que pasarán cos carnés de conducir?
-
7:48 - 7:51Existen numerosos obstáculos similares, alén dos problemas técnicos,
-
7:51 - 7:54que aínda están por afrontar antes de que isto se converta en realidade.
-
7:54 - 7:56Por suposto, a principal meta do proxecto
-
7:56 - 7:58é desenvolver un coche para os cegos.
-
7:58 - 8:00Pero quizais máis importe que iso
-
8:00 - 8:03é o inmenso valor dos subprodutos tecnolóxicos
-
8:03 - 8:05que poder xurdir de este proxecto.
-
8:05 - 8:07Os sensores que usamos poden ser utilizados para ver na escuridade,
-
8:07 - 8:09na néboa e baixo a chuvia.
-
8:09 - 8:11E xunto con este novo tipo de interfaces,
-
8:11 - 8:13podemos utilizar estas tecnoloxías
-
8:13 - 8:15e aplicalas para construír coches para videntes máis seguros.
-
8:15 - 8:18Ou tamén electrodomésticos para invidentes
-
8:18 - 8:20no entorno educativo e nas oficinas.
-
8:20 - 8:23Tan son imaxinen, unha clase na que o profesor escrebe no encerado
-
8:23 - 8:26e un estudante cego pode ver o está escrito e lelo
-
8:26 - 8:28usando estas interfaces non visuais.
-
8:28 - 8:31Isto non ten prezo.
-
8:31 - 8:34Por agora, o que lles mostrei hoxe, é só o comezo.
-
8:34 - 8:36Moitas gracias.
-
8:36 - 8:47(Aplausos)
- Title:
- Dennis Hong: Construindo un coche para conductores cegos
- Speaker:
- Dennis Hong
- Description:
-
Mediante o uso de robótica, laser telemétricos, GPS e ferramentas intelixentes de retroalimentación, Dennis Hoing está a construír un coche para invidentes. Isto non é o coche que se conduce só, sinala el coidadosamente, é un coche no que o condutor invidente pode escoller a velocidade, proximidade e ruta e conducir de forma independente.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 08:48