0:00:00.000,0:00:03.000 Moita xente pensa que a condución é unha actividade 0:00:03.000,0:00:05.000 unicamente reservada para os que poden ver. 0:00:05.000,0:00:08.000 Que unha persoa cega conducise de forma segura e independente 0:00:08.000,0:00:11.000 era unha tarefa considerada imposíbel ate agora. 0:00:11.000,0:00:13.000 Ola, o meu nome é Dennis Hong, 0:00:13.000,0:00:15.000 e mediante a construción dun vehículo para invidentes 0:00:15.000,0:00:18.000 estámoslles a dar máis liberdade e independencia. 0:00:18.000,0:00:21.000 Pero antes de falar deste coche para invidentes, 0:00:21.000,0:00:23.000 permítanme referirme a outro proxecto no que traballei 0:00:23.000,0:00:25.000 chamado DARPA Desafío Urbano. 0:00:25.000,0:00:27.000 A idea era construír un coche robótico 0:00:27.000,0:00:29.000 que se conducise el so. 0:00:29.000,0:00:31.000 Púlsase o botón de inicio, e sen tocar nada, 0:00:31.000,0:00:34.000 pódese chegar ao destino de forma completamente autónoma. 0:00:34.000,0:00:37.000 En 2007, o noso equipo gañou medio millón de dólares 0:00:37.000,0:00:39.000 gracias a conseguir o terceiro premio nesta competición. 0:00:39.000,0:00:41.000 Nese momento 0:00:41.000,0:00:43.000 a Federación Nacional de Cegos, ou en inglés NFB, 0:00:43.000,0:00:45.000 propuxo ao comité de investigación o reto 0:00:45.000,0:00:47.000 de desenvolver un coche 0:00:47.000,0:00:49.000 que permitise a unha persoa cega conducir de forma segura e independente. 0:00:49.000,0:00:51.000 Decidimos intentalo, 0:00:51.000,0:00:53.000 porque pensamos: eh, no pode ser tan complicado! 0:00:53.000,0:00:55.000 Xa temos un vehículo autónomo. 0:00:55.000,0:00:57.000 Poñemos un persoa cega dentro e xa está, non? 0:00:57.000,0:00:59.000 (Risos) 0:00:59.000,0:01:01.000 Non podíamos estar máis equivocados 0:01:01.000,0:01:03.000 o que a NFB quería 0:01:03.000,0:01:06.000 non era un vehículo que transportase a unha persoa cega. 0:01:06.000,0:01:09.000 senón un vehículo no que un persoa cega puidese tomar decisións e conducir. 0:01:09.000,0:01:11.000 Así que tivemos que tirar todo pola borda 0:01:11.000,0:01:13.000 e comezar de cero. 0:01:13.000,0:01:15.000 Para ensaiar esta disparatada idea, 0:01:15.000,0:01:17.000 desenvolvemos un prototipo dun pequeno coche areiro 0:01:17.000,0:01:19.000 para comprobar a viabilidade. 0:01:19.000,0:01:21.000 No verán de 2009, 0:01:21.000,0:01:24.000 invitamos a ducias de mozos e mozas invidentes de todo o país 0:01:24.000,0:01:26.000 e démoslles a oportunidade de dar unha volta no prototipo. 0:01:26.000,0:01:28.000 Foi unha experiencia absolutamente incríbel. 0:01:28.000,0:01:30.000 Pero o problema do coche era 0:01:30.000,0:01:33.000 que estaba estaba deseñado só para ser conducido nun ambiente controlado: 0:01:33.000,0:01:35.000 nun aparcadoiro plano e pechado 0:01:35.000,0:01:37.000 no que incluso os carrís estaban marcados con conos de tráfico. 0:01:37.000,0:01:39.000 Con este logro, 0:01:39.000,0:01:41.000 decidimos dar o seguinte gran paso 0:01:41.000,0:01:44.000 e desenvolver un coche que puidese ser conducido en carreteiras de verdade. 0:01:44.000,0:01:46.000 E, como funciona? 0:01:46.000,0:01:48.000 Ben, é un sistema bastante complexo 0:01:48.000,0:01:51.000 pero permítanme intentar explicarllo, e quizais simplificalo. 0:01:51.000,0:01:53.000 Temos tres partes: 0:01:53.000,0:01:55.000 Percepción, cálculo 0:01:55.000,0:01:57.000 e interfaces non visuais. 0:01:57.000,0:01:59.000 Obviamente o condutor non pode ver, 0:01:59.000,0:02:01.000 así que o sistema necesita percibir o entorno 0:02:01.000,0:02:03.000 e reunir a información para o condutor. 0:02:03.000,0:02:06.000 Para elo, usamos un módulo de medición inicial 0:02:06.000,0:02:08.000 que calcula a aceleración, a aceleración angular 0:02:08.000,0:02:10.000 como se fora un oído humano, o oído interno. 0:02:10.000,0:02:12.000 Esa información combínase coa do GPS 0:02:12.000,0:02:15.000 para conseguir unha estimación da localización do coche. 0:02:15.000,0:02:18.000 Tamén se usan dúas cámaras para detectar o movemento das liñas dos carrís. 0:02:18.000,0:02:20.000 E tamén tres lasers telemétricos 0:02:20.000,0:02:23.000 que examinan o entorno para detectar obstáculos: 0:02:23.000,0:02:25.000 un coche acercándose por diante ou por detrás 0:02:25.000,0:02:28.000 e calquera obstáculo que pode aparecer na carreteira, 0:02:28.000,0:02:30.000 calquera obstáculo arredor do vehículo. 0:02:30.000,0:02:33.000 Así que toda esta información é enviada ao ordenador, 0:02:33.000,0:02:35.000 e o ordenador fai dúas cousas: 0:02:35.000,0:02:38.000 Unha, e primeiro de todo, procesa a información 0:02:38.000,0:02:40.000 para comprender o entorno: 0:02:40.000,0:02:43.000 estas son as liñas dos carrís, estes son os obstáculos; 0:02:43.000,0:02:45.000 e despois comunícalle esta información ao condutor. 0:02:45.000,0:02:47.000 O sistema é suficientemente intelixente 0:02:47.000,0:02:49.000 para definir a forma máis segura de conducir o coche, 0:02:49.000,0:02:51.000 polo que pode xerar as instrucións 0:02:51.000,0:02:53.000 sobre como conducir o vehículo. 0:02:53.000,0:02:55.000 Pero o problema é: Como comunicar 0:02:55.000,0:02:57.000 esta información e instrucións 0:02:57.000,0:02:59.000 a unha persoa que non pode ver 0:02:59.000,0:03:02.000 e facelo coa suficiente rapidez e precisión para que poida conducir? 0:03:02.000,0:03:04.000 Para isto deseñamos varios tipos de interfaces de usuario 0:03:04.000,0:03:07.000 baseadas en tecnoloxías non visuais. 0:03:07.000,0:03:09.000 Comezando por un sistema tridimensional de avisos sonoros, 0:03:09.000,0:03:11.000 una chaleco vibrador, 0:03:11.000,0:03:14.000 un volante con ordes por voz, unha cinta para as pernas, 0:03:14.000,0:03:16.000 e incluso un zapato que aplica presión no pé. 0:03:16.000,0:03:18.000 Pero hoxe imos falar sobre 0:03:18.000,0:03:20.000 tres destas interfaces non visuais. 0:03:20.000,0:03:23.000 A primeira interface chámase DriveGrip ("Control de condución"). 0:03:23.000,0:03:25.000 Está composto dun par de guantes 0:03:25.000,0:03:27.000 con elementos vibratorios nos cotelos 0:03:27.000,0:03:30.000 para transmitir a información sobre o control da dirección 0:03:30.000,0:03:32.000 e da súa intensidade 0:03:32.000,0:03:34.000 Outro dispositivo é o chamado SpeedStrip ("cinta de velocidade"). 0:03:34.000,0:03:37.000 Está composta dunha cadeira, de feito é unha cadeira de masaxes. 0:03:37.000,0:03:41.000 Abrímola e reorganizamos os elementos vibratorios seguindo distintos esquemas 0:03:41.000,0:03:44.000 e conseguimos que transmitan a información sobre a velocidade 0:03:44.000,0:03:47.000 así como instrucións sobre como usar o acelerador e o freo. 0:03:47.000,0:03:49.000 Aquí poden ver 0:03:49.000,0:03:51.000 como o ordenador interpreta o entorno. 0:03:51.000,0:03:53.000 E como a vibración non pode ser vista 0:03:53.000,0:03:56.000 puxemos un díodos LED vermellos no condutor para observar que está a pasar. 0:03:56.000,0:03:58.000 Esta é a información sensorial, 0:03:58.000,0:04:01.000 e esta é a información transferida aos dispositivos a través do ordenador. 0:04:01.000,0:04:03.000 Estes dous dispositivos, DriveGrip e SpeedStrip, 0:04:03.000,0:04:05.000 son moi efectivos. 0:04:05.000,0:04:07.000 Pero o problema é 0:04:07.000,0:04:09.000 que son dispositivos que proporcionan ordes. 0:04:09.000,0:04:11.000 Así isto non é unha liberdade real, non si? 0:04:11.000,0:04:13.000 O ordenador indica como conducir: 0:04:13.000,0:04:15.000 xire á esquerda, á dereita, acelere, pare. 0:04:15.000,0:04:17.000 Chamamos a isto o problema do condutor no asento de atrás. 0:04:17.000,0:04:20.000 Así que nos alonxamos destes dispositivos que proporcionan ordes 0:04:20.000,0:04:22.000 e estámonos a centrar 0:04:22.000,0:04:24.000 en dispositivos máis ben informativos. 0:04:24.000,0:04:26.000 Un bo exemplo deste tipo de interfaces de usuario non-visuais 0:04:26.000,0:04:28.000 é a chamada AirPix. 0:04:28.000,0:04:30.000 Pensade nela como nun monitor para invidentes. 0:04:30.000,0:04:32.000 É unha pequena táboa con moitos orificios 0:04:32.000,0:04:34.000 dos que sae aire comprimido 0:04:34.000,0:04:36.000 e dese forma pode debuxar imaxes. 0:04:36.000,0:04:38.000 Así aínda que sexas cego, podes colocar a túa man enriba del 0:04:38.000,0:04:40.000 e imaxinar como son os carrís da carreteira e os obstáculos. 0:04:40.000,0:04:43.000 De feito, podes cambiar a frecuencia coa que sae o ar 0:04:43.000,0:04:45.000 así como a temperatura. 0:04:45.000,0:04:48.000 Así que en realidade é unha interface de usuario multidimensional. 0:04:48.000,0:04:51.000 Aquí poden ver a cámara esquerda e dereita do vehículo 0:04:51.000,0:04:54.000 e como ordenador interpreta e transmite a información a AirPix. 0:04:54.000,0:04:56.000 Usamos un simulador 0:04:56.000,0:04:59.000 para que a persoa cega poida conducir usando AirPix. 0:04:59.000,0:05:02.000 O simulador resultou tamén moi útil para adestrar condutores cegos 0:05:02.000,0:05:04.000 e probar de forma rápida distintos tipos de ideas 0:05:04.000,0:05:06.000 para distintos tipos de interfaces non visuais. 0:05:06.000,0:05:08.000 Así que, en esencia, é así como funciona. 0:05:08.000,0:05:10.000 Hai tan só un mes, 0:05:10.000,0:05:12.000 o 29 de xaneiro, 0:05:12.000,0:05:14.000 exhibimos o vehículo por primeira vez ao público 0:05:14.000,0:05:17.000 no famoso circuíto internacional de Daytona, 0:05:17.000,0:05:19.000 coincidindo coa carreira Rolex 24. 0:05:19.000,0:05:22.000 Tamén nos levamos algunhas sorpresas. Botemos unha ollada. 0:05:22.000,0:05:32.000 (Música) 0:05:32.000,0:05:36.000 (Vídeo) Locutor: Este é un día histórico [inintelixíbel] 0:05:36.000,0:05:40.000 Estase a aproximar á tribuna, queridos espectadores. 0:05:40.000,0:05:46.000 (Aclamacións) 0:05:46.000,0:05:49.000 (Bucinazos) 0:05:49.000,0:05:51.000 Agora está ao lado da tribuna. 0:05:51.000,0:05:55.000 Está a seguir [inintelixíbel] a furgoneta que vai diante. 0:05:55.000,0:05:57.000 Aquí chega a primeira caixa. 0:05:57.000,0:06:00.000 Veremos se Mark a evita. 0:06:00.000,0:06:03.000 Faino. Evítaa pola dereita. 0:06:05.000,0:06:08.000 A terceira caixa está fora, e a cuarta. 0:06:08.000,0:06:11.000 E consegue pasar sen problemas entre as dúas. 0:06:11.000,0:06:13.000 Está acercándose á furgoneta 0:06:13.000,0:06:16.000 para adiantala. 0:06:17.000,0:06:19.000 Ben, isto foi o máis importante 0:06:19.000,0:06:23.000 desta exhibición de audacia e enxeño. 0:06:24.000,0:06:27.000 Acércase o final do percorrido, 0:06:27.000,0:06:32.000 pasa entre os barrís colocados nel. 0:06:32.000,0:06:35.000 (Bucinazos) 0:06:35.000,0:06:38.000 (Aplausos) 0:06:41.000,0:06:43.000 Dennis Hong: Estou tan contento por vós. 0:06:43.000,0:06:45.000 Mark vaime levar en coche de volta ao hotel. 0:06:45.000,0:06:47.000 Mark Riccobono: Si. 0:06:50.000,0:06:59.000 (Aplausos) 0:06:59.000,0:07:01.000 DH: Dende que comenzamos este proxecto, 0:07:01.000,0:07:04.000 temos recibido centos de cartas, correos electrónicos, chamadas 0:07:04.000,0:07:06.000 de xente de todo o mundo. 0:07:06.000,0:07:09.000 Cartas de agradecemento, pero ás veces tamén algunhas simpáticas como esta: 0:07:09.000,0:07:13.000 "Agora entendo por que hai indicacións en Braille nos caixeiros para condutores." 0:07:13.000,0:07:15.000 (Risos) 0:07:15.000,0:07:17.000 Pero ás veces 0:07:17.000,0:07:19.000 (Risos) 0:07:19.000,0:07:21.000 Pero ás veces tamén recibimos, 0:07:21.000,0:07:23.000 non as chamaría cartas de odio, 0:07:23.000,0:07:25.000 pero son realmente preocupantes. 0:07:25.000,0:07:27.000 "Dr. Hong, está mal da cabeza?, 0:07:27.000,0:07:29.000 quere poñer cegos ao volante? 0:07:29.000,0:07:31.000 Tes que ser tolo." 0:07:31.000,0:07:33.000 Pero este vehículo é un prototipo, 0:07:33.000,0:07:35.000 e non estará nas carreteiras 0:07:35.000,0:07:37.000 ate que se comprobe que é igual ou máis seguro que calquera vehículo actual. 0:07:37.000,0:07:40.000 E creo sinceramente que isto pasará. 0:07:40.000,0:07:42.000 Aínda así, o pensa a sociedade? 0:07:42.000,0:07:44.000 Está preparada para aceptar unha idea tan radical? 0:07:44.000,0:07:46.000 Como o tratarán as aseguradoras? 0:07:46.000,0:07:48.000 Que pasarán cos carnés de conducir? 0:07:48.000,0:07:51.000 Existen numerosos obstáculos similares, alén dos problemas técnicos, 0:07:51.000,0:07:54.000 que aínda están por afrontar antes de que isto se converta en realidade. 0:07:54.000,0:07:56.000 Por suposto, a principal meta do proxecto 0:07:56.000,0:07:58.000 é desenvolver un coche para os cegos. 0:07:58.000,0:08:00.000 Pero quizais máis importe que iso 0:08:00.000,0:08:03.000 é o inmenso valor dos subprodutos tecnolóxicos 0:08:03.000,0:08:05.000 que poder xurdir de este proxecto. 0:08:05.000,0:08:07.000 Os sensores que usamos poden ser utilizados para ver na escuridade, 0:08:07.000,0:08:09.000 na néboa e baixo a chuvia. 0:08:09.000,0:08:11.000 E xunto con este novo tipo de interfaces, 0:08:11.000,0:08:13.000 podemos utilizar estas tecnoloxías 0:08:13.000,0:08:15.000 e aplicalas para construír coches para videntes máis seguros. 0:08:15.000,0:08:18.000 Ou tamén electrodomésticos para invidentes 0:08:18.000,0:08:20.000 no entorno educativo e nas oficinas. 0:08:20.000,0:08:23.000 Tan son imaxinen, unha clase na que o profesor escrebe no encerado 0:08:23.000,0:08:26.000 e un estudante cego pode ver o está escrito e lelo 0:08:26.000,0:08:28.000 usando estas interfaces non visuais. 0:08:28.000,0:08:31.000 Isto non ten prezo. 0:08:31.000,0:08:34.000 Por agora, o que lles mostrei hoxe, é só o comezo. 0:08:34.000,0:08:36.000 Moitas gracias. 0:08:36.000,0:08:47.000 (Aplausos)