Por que ter unha partida de nacemento é un dereito humano
-
0:01 - 0:03Cando tiña 14 anos
-
0:03 - 0:08a miña familia estaba adoptando
os meus irmáns pequenos de Etiopía. -
0:08 - 0:10E un día a miña nai preguntou:
-
0:10 - 0:12"que día deberiamos poñer
para o seu aniversario?" -
0:13 - 0:16"O día que naceron, obviamente?"
-
0:16 - 0:18Foi unha pregunta ridícula.
-
0:18 - 0:20E entón dixo a miña nai:
-
0:20 - 0:21"Olla, Kristen,
-
0:21 - 0:24ningún dos teus irmáns
ten un certificado de nacemento, -
0:24 - 0:26así que, como pretendes que
o descubramos?" -
0:27 - 0:28Estoupoume a cabeza.
-
0:28 - 0:31Agora, 20 anos máis tarde,
sigo traballando niso, -
0:31 - 0:33mais en lugar de resolver o misterio
-
0:33 - 0:35das partidas de nacemento
dos meus irmáns, -
0:35 - 0:37intento arranxar o problema
no mundo. -
0:37 - 0:41Que teñen que ver as partidas de nacemento
co desenvolvemento internacional? -
0:41 - 0:45A resposta a iso está
na axenda de desenvolvemento orixinal, -
0:45 - 0:46a axenda dos dereitos humanos.
-
0:46 - 0:50En 1948, a Declaración Universal
dos Dereitos Humanos, -
0:50 - 0:52por primeira vez,
-
0:52 - 0:56estableceu unha visión compartida
de dereitos humanos e dignidades básicas -
0:56 - 0:59que se aplicaban a todas as persoas
en todas as nacións: -
0:59 - 1:03O Artigo 6, o dereito a ser recoñecido
como unha persoa ante a lei. -
1:03 - 1:05Ou, unha identidade legal.
-
1:05 - 1:07Para os nenos, isto é
a partida de nacemento. -
1:07 - 1:10E, aínda que isto sexa
un dereito humano universal, -
1:10 - 1:15mil millóns de persoas hoxe en día
non teñen un documento de que existen, -
1:15 - 1:18isto supón unha das maiores violacións
dos dereitos humanos do noso tempo, -
1:19 - 1:21aínda así parece que ninguén
ten coñecemento disto. -
1:22 - 1:25Ante a pobreza e a fame no mundo,
-
1:25 - 1:27asegurármonos de que todos
temos unha identidade legal -
1:27 - 1:29non parece importante,
-
1:29 - 1:31pero si que o é.
-
1:31 - 1:33Nos comezos da miña carreira
-
1:33 - 1:37traballei cunha traballadora social
nunha comunidade de asilo en Mumbai -
1:37 - 1:39e estivemos seguindo
o caso dunha rapaza pequena -
1:40 - 1:44que tivera polio cando era un bebé e tiña
o corpo paralizado da cintura para abaixo. -
1:44 - 1:46Cando chegamos á casa,
-
1:46 - 1:48atopámola no chan.
-
1:48 - 1:51Tiña moitas cicatrices nas pernas
e estaban infectadas, -
1:51 - 1:53estaba desnutrida,
-
1:53 - 1:55non fora nunca á escola
-
1:55 - 2:00e pasara case toda a súa vida confinada
nese cuarto pequeno e escuro. -
2:01 - 2:05Ao marchar, pregunteille á traballadora
social cal era o plan para ese caso -
2:05 - 2:08e díxome: "primeiro temos que conseguir
a súa partida de nacemento". -
2:08 - 2:09Isto sorprendeume un pouco.
-
2:09 - 2:13Eu dixen: "non cres que deberíamos
conseguirlle asistencia social -
2:13 - 2:15e un lugar seguro
para vivir e ir á escola?" -
2:15 - 2:19E dixo: "exacto, por iso precisamos
a súa partida de nacemento". -
2:19 - 2:21Sen identidade legal,
-
2:21 - 2:23o goberno non nos recoñece como persoas.
-
2:23 - 2:28Unha persoa que non existe oficialmente
non pode acceder aos servizos do goberno, -
2:28 - 2:30e o goberno só pode ofrecer servizos
-
2:30 - 2:32para as persoas
das que ten coñecemento. -
2:32 - 2:37Por iso, algunhas persoas son ignoradas
polos servizos de inmunización rutinarios. -
2:38 - 2:43As persoas sen unha identidade legal
non contan nin están protexidas. -
2:43 - 2:45Atópanse entre
os membros máis pobres da sociedade -
2:45 - 2:48que pertencen
ás comunidades máis marxinadas. -
2:48 - 2:50Son vítimas de tráfico de persoas.
-
2:50 - 2:54Os traficantes de persoas saben
que é case imposible atopar a alguén -
2:54 - 2:57se non hai ningún rexistro
de que esa persona existe. -
2:57 - 3:01Son vítimas de explotación,
como o matrimonio e o traballo infantil. -
3:01 - 3:05Sen partida de nacemento, como
demostras que un neno segue a ser un neno? -
3:06 - 3:07Atópanse entre os apátridas;
-
3:07 - 3:10as partidas de nacemento mostran
quen son os teus pais -
3:10 - 3:11e cando naciches,
-
3:11 - 3:14os dous factores principais
para adquirir unha nacionalidade. -
3:15 - 3:18Das mil millóns de persoas no mundo
sen identidade legal, -
3:18 - 3:22a gran maioría son nenos que nunca
foron rexistrados ao nacer. -
3:22 - 3:24Nos países menos desenvolvidos,
-
3:24 - 3:28os nacementos de máis dun 60 % dos nenos
nunca se rexistraron. -
3:28 - 3:32Un estudio realizado en 17 países
en África subsahariana -
3:32 - 3:35descubriu que o 80 % dos nenos non tiñan
unha partida de nacemento. -
3:36 - 3:38Dos países que non teñen aínda
-
3:38 - 3:41a cobertura
do rexistro universal de nacementos, -
3:41 - 3:45en 26, é necesaria a partida de nacemento
para acceder aos servicios sanitarios, -
3:45 - 3:47incluídas as vacinas.
-
3:48 - 3:51En 37 países é necesaria para acceder
á asistencia social, que intenta -
3:51 - 3:53sacar as persoas
da súa situación de pobreza. -
3:55 - 3:59En 59 países, a partida de nacemento
é necesaria para que os nenos -
3:59 - 4:02poidan ir á escola
ou completaren a súa formación. -
4:03 - 4:07Tamén se precisa a partida de nacemento
para outras formas de identificación legal -
4:07 - 4:09como o carné de identidade ou o pasaporte.
-
4:09 - 4:13Estas formas de identificación legal
son necesarias en case todos os países -
4:13 - 4:16para votar, obter unha tarxeta SIM
ou abrir unha conta no banco. -
4:16 - 4:20De feito, dos 1 700 millóns de persoas
no mundo sen servizos bancarios, -
4:20 - 4:23un 20 % non os teñen porque non teñen
un documento de identidade legal. -
4:24 - 4:28Non hai que ser un experto para ver
que isto, multiplicado por mil millóns -
4:28 - 4:29é un grave problema.
-
4:30 - 4:32Non nos sorprende que as probas demostren
-
4:32 - 4:35que mellorar a cobertura de rexistro
de nacementos mellora -
4:35 - 4:37os resultados de desenvolvemento,
-
4:37 - 4:38desde a redución da pobreza
-
4:38 - 4:41ata unha mellora da saúde, a nutrición
e a educación, -
4:41 - 4:42a mellora económica
-
4:43 - 4:45e a migración segura e organizada.
-
4:47 - 4:51En 2015, os líderes mundiais reuníronse
-
4:51 - 4:55e prometeron que defenderían
os dereitos humanos de todas as persoas -
4:55 - 4:57e non deixarían a ningúen atrás
-
4:57 - 4:59no seu esforzo por acabar coa pobreza,
-
4:59 - 5:00a fame
-
5:00 - 5:01e reducir a desigualdade.
-
5:01 - 5:04Pero, en primeiro lugar, como van defender
-
5:04 - 5:06os dereitos humanos e como van saber
-
5:06 - 5:09se están deixando a alguén atrás
se non saben -
5:09 - 5:11quen son nin onde están?
-
5:14 - 5:16Que poden facer os países sobre este asunto?
-
5:16 - 5:18Non hai un modelo que sirva para todos
-
5:18 - 5:20porque o contexto de cada país é único.
-
5:20 - 5:24Hai cinco intervencións probadas
que poden aplicarse a calquera sistema. -
5:25 - 5:27A primeira é reducir a distancia.
-
5:27 - 5:29A segunda, eliminar o coste.
-
5:29 - 5:31A terceira, simplificar o proceso.
-
5:31 - 5:33A cuarta, eliminar a discriminación.
-
5:33 - 5:35A quinta, aumentar a demanda.
-
5:35 - 5:38A discriminación por xénero aínda é
un problema oculto, -
5:39 - 5:41porque, por estatística, non hai diferenza
-
5:41 - 5:43entre
as cifras de rexistro de nenos e nenas. -
5:43 - 5:46Pero non se discrimina aos nenos
-
5:46 - 5:47senón á nai.
-
5:47 - 5:51Angola era un dos 35 países que precisaban
o nome do pai -
5:51 - 5:54ou que el estivese presente para
que se rexistrase o nacemento do neno. -
5:54 - 5:58Así que, en situacións nas que o pai
é descoñecido, non quere -
5:58 - 6:00ou non pode reclamar a paternidade,
-
6:00 - 6:03as nais son impedidas de legalmente rexistrar
os nacementos -
6:03 - 6:05dos seus propios fillos.
-
6:05 - 6:08Para abordar este problema,
Angola aplicou unha política -
6:08 - 6:11que permite ás nais rexistrar
o seu fillo como nai solteira. -
6:12 - 6:14En Tanzania, en 2012,
-
6:14 - 6:17só un 13 % dos nenos
tiñan unha partida de nacemento. -
6:18 - 6:20Así que, o goberno
desenvolveu un novo sistema. -
6:21 - 6:26Estableceron centros de rexistro
en infraestruturas xa existentes, -
6:26 - 6:28como salas comunitarias
-
6:28 - 6:30e en instalacións médicas.
-
6:30 - 6:33Así levaron estes servizos
máis preto da xente que os precisaba. -
6:33 - 6:34Eliminaron a taxa.
-
6:35 - 6:38Simplificaron o proceso e automatizárono,
-
6:38 - 6:40para poder emitir
a partida de nacemento no momento. -
6:41 - 6:44Para aumentaren a demanda, lanzaron
unha campaña de concienciación social -
6:44 - 6:46para que a xente saiba
que hai un novo proceso -
6:46 - 6:49e por que é importante rexistrar
o nacemento dos seus fillos. -
6:51 - 6:54En poucos anos, nos distritos
onde se puxo en marcha o novo sistema, -
6:54 - 6:57o 83 % dos nenos
teñen partidas de nacemento -
6:57 - 7:00e están en proceso de amplialo
ao ámbito nacional. -
7:01 - 7:03Así que, que podemos facer?
-
7:04 - 7:07Creo que todos estamos unidos
pola nosa humanidade. -
7:07 - 7:10Vivimos no mesmo planeta.
Respiramos o mesmo aire. -
7:10 - 7:14E, mentres que ningún de nós elixiu
onde nace ou a situación en que naceu, -
7:14 - 7:16si que podemos elixir como vivimos.
-
7:17 - 7:20Os cambios prodúcense cando
un momento de concienciación -
7:20 - 7:22ou un intre de compaixón
-
7:22 - 7:24inspiran a unha persoa para que actúe.
-
7:24 - 7:25E coa nosa ación colectiva
-
7:25 - 7:29seremos
os axentes máis poderosos do cambio. -
7:29 - 7:33Se o custo da inacción é que
nenos inocentes estean desprotexidos, -
7:33 - 7:36sen vacinar e sen poder ir á escola,
-
7:36 - 7:40crecendo para ser adultos incapaces
de atopar un bo traballo ou votar, -
7:40 - 7:45atrapados nun círculo de pobreza,
exclusión e invisibilidade, -
7:45 - 7:46é a nosa responsabilidade
-
7:46 - 7:49sacar este tema da escuridade
-
7:49 - 7:50e traelo á luz.
-
7:51 - 7:54Porque non todos os días
temos a oportunidade de cambiar o mundo, -
7:54 - 7:56pero hoxe
-
7:56 - 7:57podemos.
-
7:58 - 7:59Grazas.
-
7:59 - 8:01(Aplausos)
- Title:
- Por que ter unha partida de nacemento é un dereito humano
- Speaker:
- Kristen Wenz
- Description:
-
Máis de mil millóns de persoas en todo o mundo, a maior parte delas son nenos, non teñen unha partida de nacemento. En moitos países, isto fai que non podan acceder a servizos vitais como a atención médica e a educación, afirma a experta en identidade legal Krsiten Wenz. Ela expón a razón pola que este problema é unha das grandes violacións dos dereitos humanos no noso tempo e comparte cinco estratexias que aseguran que todos poden estar rexistrados e protexidos.
- Video Language:
- English
- Team:
closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 08:14
![]() |
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for What if a single human right could change the world? | |
![]() |
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for What if a single human right could change the world? | |
![]() |
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for What if a single human right could change the world? | |
![]() |
Claudia Álvarez González edited Galician subtitles for What if a single human right could change the world? | |
![]() |
Claudia Álvarez González edited Galician subtitles for What if a single human right could change the world? | |
![]() |
Claudia Álvarez González edited Galician subtitles for What if a single human right could change the world? |