0:00:00.718,0:00:03.222 Cando tiña 14 anos 0:00:03.246,0:00:07.640 a miña familia estaba adoptando[br]os meus irmáns pequenos de Etiopía. 0:00:07.664,0:00:09.956 E un día a miña nai preguntou: 0:00:09.980,0:00:12.483 "que día deberiamos poñer[br]para o seu aniversario?" 0:00:13.216,0:00:16.152 "O día que naceron, obviamente?" 0:00:16.176,0:00:17.891 Foi unha pregunta ridícula. 0:00:17.915,0:00:19.553 E entón dixo a miña nai: 0:00:19.577,0:00:20.825 "Olla, Kristen, 0:00:20.849,0:00:23.573 ningún dos teus irmáns[br]ten un certificado de nacemento, 0:00:23.597,0:00:26.027 así que, como pretendes que[br]o descubramos?" 0:00:26.804,0:00:28.093 Estoupoume a cabeza. 0:00:28.117,0:00:31.282 Agora, 20 anos máis tarde,[br]sigo traballando niso, 0:00:31.306,0:00:33.409 mais en lugar de resolver o misterio 0:00:33.433,0:00:35.449 das partidas de nacemento[br]dos meus irmáns, 0:00:35.473,0:00:37.284 intento arranxar o problema[br]no mundo. 0:00:37.308,0:00:41.099 Que teñen que ver as partidas de nacemento[br]co desenvolvemento internacional? 0:00:41.123,0:00:44.733 A resposta a iso está [br]na axenda de desenvolvemento orixinal, 0:00:44.757,0:00:46.447 a axenda dos dereitos humanos. 0:00:46.471,0:00:50.306 En 1948, a Declaración Universal[br]dos Dereitos Humanos, 0:00:50.330,0:00:51.783 por primeira vez, 0:00:51.807,0:00:55.528 estableceu unha visión compartida[br]de dereitos humanos e dignidades básicas 0:00:55.552,0:00:58.633 que se aplicaban a todas as persoas[br]en todas as nacións: 0:00:58.657,0:01:03.372 O Artigo 6, o dereito a ser recoñecido[br]como unha persoa ante a lei. 0:01:03.396,0:01:05.202 Ou, unha identidade legal. 0:01:05.226,0:01:07.386 Para os nenos, isto é[br]a partida de nacemento. 0:01:07.410,0:01:10.235 E, aínda que isto sexa[br]un dereito humano universal, 0:01:10.259,0:01:14.732 mil millóns de persoas hoxe en día[br]non teñen un documento de que existen, 0:01:14.756,0:01:18.496 isto supón unha das maiores violacións[br]dos dereitos humanos do noso tempo, 0:01:18.520,0:01:20.959 aínda así parece que ninguén[br]ten coñecemento disto. 0:01:22.475,0:01:24.872 Ante a pobreza e a fame no mundo, 0:01:24.896,0:01:27.436 asegurármonos de que todos[br]temos unha identidade legal 0:01:27.460,0:01:28.926 non parece importante, 0:01:28.950,0:01:30.608 pero si que o é. 0:01:31.401,0:01:32.775 Nos comezos da miña carreira 0:01:32.799,0:01:36.787 traballei cunha traballadora social[br]nunha comunidade de asilo en Mumbai 0:01:36.811,0:01:39.485 e estivemos seguindo[br]o caso dunha rapaza pequena 0:01:39.509,0:01:43.680 que tivera polio cando era un bebé e tiña[br]o corpo paralizado da cintura para abaixo. 0:01:44.476,0:01:46.447 Cando chegamos á casa, 0:01:46.471,0:01:48.248 atopámola no chan. 0:01:48.272,0:01:51.265 Tiña moitas cicatrices nas pernas[br]e estaban infectadas, 0:01:51.289,0:01:52.878 estaba desnutrida, 0:01:52.902,0:01:55.278 non fora nunca á escola 0:01:55.302,0:01:59.569 e pasara case toda a súa vida confinada[br]nese cuarto pequeno e escuro. 0:02:00.912,0:02:04.771 Ao marchar, pregunteille á traballadora[br]social cal era o plan para ese caso 0:02:04.795,0:02:07.983 e díxome: "primeiro temos que conseguir[br]a súa partida de nacemento". 0:02:08.007,0:02:09.374 Isto sorprendeume un pouco. 0:02:09.398,0:02:12.834 Eu dixen: "non cres que deberíamos[br]conseguirlle asistencia social 0:02:12.858,0:02:14.922 e un lugar seguro[br]para vivir e ir á escola?" 0:02:14.946,0:02:18.570 E dixo: "exacto, por iso precisamos[br]a súa partida de nacemento". 0:02:18.594,0:02:20.721 Sen identidade legal, 0:02:20.745,0:02:23.278 o goberno non nos recoñece como persoas. 0:02:23.302,0:02:27.936 Unha persoa que non existe oficialmente[br]non pode acceder aos servizos do goberno, 0:02:27.960,0:02:30.255 e o goberno só pode ofrecer servizos 0:02:30.279,0:02:32.269 para as persoas[br]das que ten coñecemento. 0:02:32.293,0:02:36.902 Por iso, algunhas persoas son ignoradas[br]polos servizos de inmunización rutinarios. 0:02:37.902,0:02:42.676 As persoas sen unha identidade legal[br]non contan nin están protexidas. 0:02:42.700,0:02:45.045 Atópanse entre[br]os membros máis pobres da sociedade 0:02:45.069,0:02:47.585 que pertencen[br]ás comunidades máis marxinadas. 0:02:47.609,0:02:49.628 Son vítimas de tráfico de persoas. 0:02:49.652,0:02:53.705 Os traficantes de persoas saben[br]que é case imposible atopar a alguén 0:02:53.729,0:02:56.866 se non hai ningún rexistro[br]de que esa persona existe. 0:02:57.438,0:03:01.223 Son vítimas de explotación,[br]como o matrimonio e o traballo infantil. 0:03:01.247,0:03:04.902 Sen partida de nacemento, como[br]demostras que un neno segue a ser un neno? 0:03:05.636,0:03:07.182 Atópanse entre os apátridas; 0:03:07.206,0:03:09.854 as partidas de nacemento mostran[br]quen son os teus pais 0:03:09.878,0:03:11.057 e cando naciches, 0:03:11.081,0:03:13.953 os dous factores principais[br]para adquirir unha nacionalidade. 0:03:15.382,0:03:18.454 Das mil millóns de persoas no mundo[br]sen identidade legal, 0:03:18.478,0:03:21.993 a gran maioría son nenos que nunca[br]foron rexistrados ao nacer. 0:03:22.380,0:03:24.034 Nos países menos desenvolvidos, 0:03:24.058,0:03:28.335 os nacementos de máis dun 60 % dos nenos[br]nunca se rexistraron. 0:03:28.359,0:03:31.562 Un estudio realizado en 17 países[br]en África subsahariana 0:03:31.586,0:03:35.115 descubriu que o 80 % dos nenos non tiñan[br]unha partida de nacemento. 0:03:35.846,0:03:38.321 Dos países que non teñen aínda 0:03:38.345,0:03:41.120 a cobertura[br]do rexistro universal de nacementos, 0:03:41.144,0:03:45.251 en 26, é necesaria a partida de nacemento[br]para acceder aos servicios sanitarios, 0:03:45.275,0:03:46.654 incluídas as vacinas. 0:03:47.589,0:03:50.951 En 37 países é necesaria para acceder[br]á asistencia social, que intenta 0:03:50.975,0:03:53.298 sacar as persoas[br]da súa situación de pobreza. 0:03:55.226,0:03:59.135 En 59 países, a partida de nacemento[br]é necesaria para que os nenos 0:03:59.159,0:04:01.951 poidan ir á escola[br]ou completaren a súa formación. 0:04:02.883,0:04:06.765 Tamén se precisa a partida de nacemento[br]para outras formas de identificación legal 0:04:06.789,0:04:09.029 como o carné de identidade ou o pasaporte. 0:04:09.053,0:04:12.586 Estas formas de identificación legal[br]son necesarias en case todos os países 0:04:12.610,0:04:15.960 para votar, obter unha tarxeta SIM[br]ou abrir unha conta no banco. 0:04:15.984,0:04:19.741 De feito, dos 1 700 millóns de persoas[br]no mundo sen servizos bancarios, 0:04:19.765,0:04:23.195 un 20 % non os teñen porque non teñen[br]un documento de identidade legal. 0:04:23.969,0:04:27.797 Non hai que ser un experto para ver[br]que isto, multiplicado por mil millóns 0:04:27.821,0:04:29.327 é un grave problema. 0:04:29.946,0:04:31.950 Non nos sorprende que as probas demostren 0:04:31.974,0:04:34.775 que mellorar a cobertura de rexistro[br]de nacementos mellora 0:04:34.799,0:04:36.521 os resultados de desenvolvemento, 0:04:36.545,0:04:37.951 desde a redución da pobreza 0:04:37.975,0:04:40.947 ata unha mellora da saúde, a nutrición[br]e a educación, 0:04:40.971,0:04:42.483 a mellora económica 0:04:42.507,0:04:44.777 e a migración segura e organizada. 0:04:46.714,0:04:51.375 En 2015, os líderes mundiais reuníronse 0:04:51.399,0:04:55.081 e prometeron que defenderían[br]os dereitos humanos de todas as persoas 0:04:55.105,0:04:56.676 e non deixarían a ningúen atrás 0:04:56.700,0:04:58.723 no seu esforzo por acabar coa pobreza, 0:04:58.747,0:04:59.913 a fame 0:04:59.937,0:05:01.389 e reducir a desigualdade. 0:05:01.413,0:05:03.554 Pero, en primeiro lugar, como van defender 0:05:03.578,0:05:06.027 os dereitos humanos e como van saber 0:05:06.051,0:05:09.331 se están deixando a alguén atrás[br]se non saben 0:05:09.355,0:05:10.726 quen son nin onde están? 0:05:13.639,0:05:16.102 Que poden facer os países sobre este asunto? 0:05:16.126,0:05:18.040 Non hai un modelo que sirva para todos 0:05:18.064,0:05:20.307 porque o contexto de cada país é único. 0:05:20.331,0:05:24.391 Hai cinco intervencións probadas[br]que poden aplicarse a calquera sistema. 0:05:24.851,0:05:26.776 A primeira é reducir a distancia. 0:05:26.800,0:05:28.665 A segunda, eliminar o coste. 0:05:28.689,0:05:30.561 A terceira, simplificar o proceso. 0:05:30.585,0:05:32.699 A cuarta, eliminar a discriminación. 0:05:32.723,0:05:34.749 A quinta, aumentar a demanda. 0:05:35.429,0:05:38.010 A discriminación por xénero aínda é[br]un problema oculto, 0:05:39.092,0:05:41.162 porque, por estatística, non hai diferenza 0:05:41.186,0:05:43.326 entre[br]as cifras de rexistro de nenos e nenas. 0:05:43.350,0:05:45.681 Pero non se discrimina aos nenos 0:05:45.705,0:05:47.155 senón á nai. 0:05:47.179,0:05:50.923 Angola era un dos 35 países que precisaban[br]o nome do pai 0:05:50.947,0:05:54.374 ou que el estivese presente para[br]que se rexistrase o nacemento do neno. 0:05:54.398,0:05:58.076 Así que, en situacións nas que o pai[br]é descoñecido, non quere 0:05:58.100,0:05:59.995 ou non pode reclamar a paternidade, 0:06:00.019,0:06:03.276 as nais son impedidas de legalmente rexistrar[br]os nacementos 0:06:03.300,0:06:04.506 dos seus propios fillos. 0:06:05.079,0:06:07.869 Para abordar este problema,[br]Angola aplicou unha política 0:06:07.893,0:06:10.988 que permite ás nais rexistrar[br]o seu fillo como nai solteira. 0:06:12.346,0:06:14.379 En Tanzania, en 2012, 0:06:14.403,0:06:17.189 só un 13 % dos nenos[br]tiñan unha partida de nacemento. 0:06:17.523,0:06:20.006 Así que, o goberno[br]desenvolveu un novo sistema. 0:06:20.782,0:06:26.109 Estableceron centros de rexistro[br]en infraestruturas xa existentes, 0:06:26.133,0:06:28.019 como salas comunitarias 0:06:28.043,0:06:29.945 e en instalacións médicas. 0:06:29.969,0:06:33.138 Así levaron estes servizos[br]máis preto da xente que os precisaba. 0:06:33.162,0:06:34.496 Eliminaron a taxa. 0:06:35.141,0:06:37.559 Simplificaron o proceso e automatizárono, 0:06:37.583,0:06:40.144 para poder emitir[br]a partida de nacemento no momento. 0:06:40.753,0:06:43.825 Para aumentaren a demanda, lanzaron[br]unha campaña de concienciación social 0:06:43.849,0:06:46.199 para que a xente saiba[br]que hai un novo proceso 0:06:46.223,0:06:49.319 e por que é importante rexistrar[br]o nacemento dos seus fillos. 0:06:50.562,0:06:54.450 En poucos anos, nos distritos[br]onde se puxo en marcha o novo sistema, 0:06:54.474,0:06:57.472 o 83 % dos nenos[br]teñen partidas de nacemento 0:06:57.496,0:07:00.382 e están en proceso de amplialo[br]ao ámbito nacional. 0:07:01.334,0:07:02.632 Así que, que podemos facer? 0:07:03.632,0:07:06.720 Creo que todos estamos unidos[br]pola nosa humanidade. 0:07:06.744,0:07:10.170 Vivimos no mesmo planeta.[br]Respiramos o mesmo aire. 0:07:10.194,0:07:13.774 E, mentres que ningún de nós elixiu[br]onde nace ou a situación en que naceu, 0:07:13.798,0:07:15.770 si que podemos elixir como vivimos. 0:07:16.592,0:07:19.891 Os cambios prodúcense cando[br]un momento de concienciación 0:07:19.915,0:07:21.624 ou un intre de compaixón 0:07:21.648,0:07:23.563 inspiran a unha persoa para que actúe. 0:07:23.587,0:07:25.440 E coa nosa ación colectiva 0:07:25.464,0:07:28.901 seremos[br]os axentes máis poderosos do cambio. 0:07:28.925,0:07:33.097 Se o custo da inacción é que[br]nenos inocentes estean desprotexidos, 0:07:33.121,0:07:35.803 sen vacinar e sen poder ir á escola, 0:07:35.827,0:07:39.672 crecendo para ser adultos incapaces[br]de atopar un bo traballo ou votar, 0:07:39.696,0:07:44.567 atrapados nun círculo de pobreza,[br]exclusión e invisibilidade, 0:07:44.591,0:07:46.313 é a nosa responsabilidade 0:07:46.337,0:07:48.766 sacar este tema da escuridade 0:07:48.790,0:07:49.942 e traelo á luz. 0:07:50.535,0:07:54.359 Porque non todos os días[br]temos a oportunidade de cambiar o mundo, 0:07:54.383,0:07:55.713 pero hoxe 0:07:55.737,0:07:56.888 podemos. 0:07:57.944,0:07:59.104 Grazas. 0:07:59.128,0:08:01.105 (Aplausos)